Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]1 Foron peiraos feit0s pola necesidade creada coa crecente industria da salga, serradoiros de madeira e algún incluso da industria pesada e logo das fábricas de conservas que evolucionaran a partires dos almacéns de salagre. Industrias que por outra banda apareceron coa incursión dos fomentadores cataláns nas nosas costas. O curioso é que foi un tipo de inmigración moi parecida as nosas emigracións, explícome, nas nosas idas polo mundo adiante case que sempre ocorreu que un que o conseguía, chamaba o cuñado, este o irmán, o irmán o veciño, etc, etc. Pois o dos cataláns debeuche ser o mesmiño porque todos proceden de unha franxa moi concreta entre Arenys de Mar e Blanes (segundo estudos J.A.C.) . Como o trasporte tiña que ser a través de barcos non só os de pesca, tamén os que se dedicaban a compra e carrexo do peixe pas fábricas das citadas industrias e troncos de piñeiro e material manufacturado das diversos serradoiros e das telleiras, a parte de iso, estaba o movemento comercial e que xeralmente viña todo de Vigo e Vilagarcía nos veleiros, Balandros, Galeóns, Pailebotes, Polacras, etc. E deste xeito agromaron por toda veira do mar dando testemuña do industrializada que se encontraba esta parte de Galicia. Como tales foron efémeros debido no só o material empregado senón, tamén, a evolución nos sistemas de trasporte que pasou a ser por estrada. Na década dos sesenta aínda quedaba algún en pé e en uso, nembargante a maioría xa non estaban pa andar por enriba con certa seguridade. Onde os encontramos é a partires dun imaxinario eixo dende o Touro de Ribeira ao Touro da Illa de Arousa, pero con unha actividade extra na zona de Vilagarcía que daquela era o embigo dinámico-socio-comercial e xurídico-administrativo (no eido marítimo) de toda a Ría.
112
Embed
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA ......Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected] 4 E esta é unha “habilidá miña” para reflexar
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
1
Foron peiraos feit0s pola necesidade creada coa crecente industria da
salga, serradoiros de madeira e algún incluso da industria pesada e logo
das fábricas de conservas que evolucionaran a partires dos almacéns de
salagre. Industrias que por outra banda apareceron coa incursión dos
fomentadores cataláns nas nosas costas. O curioso é que foi un tipo de
inmigración moi parecida as nosas emigracións, explícome, nas nosas idas
polo mundo adiante case que sempre ocorreu que un que o conseguía,
chamaba o cuñado, este o irmán, o irmán o veciño, etc, etc. Pois o dos
cataláns debeuche ser o mesmiño porque todos proceden de unha franxa
moi concreta entre Arenys de Mar e Blanes (segundo estudos J.A.C.) .
Como o trasporte tiña que ser a través de barcos non só os de pesca,
tamén os que se dedicaban a compra e carrexo do peixe pas fábricas das
citadas industrias e troncos de piñeiro e material manufacturado das
diversos serradoiros e das telleiras, a parte de iso, estaba o movemento
comercial e que xeralmente viña todo de Vigo e Vilagarcía nos veleiros,
Balandros, Galeóns, Pailebotes, Polacras, etc. E deste xeito agromaron por
toda veira do mar dando testemuña do industrializada que se encontraba
esta parte de Galicia.
Como tales foron efémeros debido no só o material empregado senón,
tamén, a evolución nos sistemas de trasporte que pasou a ser por estrada.
Na década dos sesenta aínda quedaba algún en pé e en uso, nembargante
a maioría xa non estaban pa andar por enriba con certa seguridade.
Onde os encontramos é a partires dun imaxinario eixo dende o Touro de
Ribeira ao Touro da Illa de Arousa, pero con unha actividade extra na
zona de Vilagarcía que daquela era o embigo dinámico-socio-comercial e
xurídico-administrativo (no eido marítimo) de toda a Ría.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
2
Nestes cadros adxacentes procedente de un documento editado pola FAO
no seu departamento de pesca, podemos ver a durabilidade das madeiras
sen tratamento, obviamente o ser tratadas contra as incrustacións
conseguíase unha maior duración pero, non cabe dúbida, dentro de un
marxe.
Como se pode apreciar nos seguinte cadros vemos o deterioro ocasionado
por este crustáceo da madeira que lles producía o efecto “reloxo de area”
nos pilotes de soporte verticais.
E neste outro da dereita, vemos como este tipo de lombriga chamado
teredo ten o pilote todo comesto internamente.
Crustáceo de la madera y efecto «reloj de arena» en los pilones
Gusano teredo y pilón perforado internamente.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
3
RIVEIRA
(Cando o mar ronca en Corrubedo, mariñeiro fica quedo)
O TOURO
Os primeiros que topamos en senso de unha viaxe norte-sur, como fan os
ingleses nas cartas náuticas, e que se poden considerar como molles, son os
das fábricas da AREA SECADA e do TOURO, se ben o primeiro debía ser
moi pouquiña cousa, parece ser que era un aproveito entre os cons en que
acababa o recheo o outros un pouco mais afora. Puxéronlle unhas vigas de
madeira entre eles e logo as travesas. Nesta foto en branco-negro sacada
do voo americano do ano 1956, vemos un pequeno apéndice saíndo de
terra . Logo debeu ser modificado por un acabado na punta en pedra
coma a ponte de cemento tal como se ve nestoutra foto dos anos setenta.
Isto sería bastante lóxico xa que e un lugar moi aberto o sur e sudoeste só
un pouco abrigado (se se pode considerar) po las pedras das Airó.
Pertencía a fábrica dos Briz, oriundos casteláns da parte de Salamanca;
os últimos tempos estivo nas mans dos Colomer de Palmeira que cerraran
a da Pobra. E por último ate hoxe nas de un señor de Pobra, Mauricio
Rebollido, pero sen actividade algunha.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
4
E esta é unha “habilidá miña” para
reflexar como habería podido ser nun
primeiro momento. Logo xa se lle puxo a
punta de pedra.
Logo ven o do TOURO, moi a caronciño do primeiro. Este xa era mais
grande ainda que non moito, coido que porque nesta parte da Ría as
augas collen profundidade moi rapidamente e non teñen a necesidade de
alargarse mais.Tamén era case que todo en pedra e só unha pequena
parte era de madeira (as vigas e traversas), os pedestales eran de pedra.
Estaba mais protéxido do ventos do sur que o anterior non só por unha
barra de praia alta senon que lle fixeran un muro de pedra para abrigo.
Este pertencía a fábrica dos Valeiras e aínda que a foto dí que é do 1929,
coido que en absoluto, por dúas razóns: unha, o molle xa está moi
deteriorado pa unha época que debía estar en pleno apoxeo, a outra,
demasiados nenos tomando baño para daquela. A fábrica xa non existe,
só as paredes restauradas co interior sen teito, foi habilitado coma parque
infantil
E unhas recreacións miñas de como podería haber sido.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
5
Estas luces entre a base da factoría e tramo maioritario de pedra, debe
ser a resposta a un imperativo de normativa legal para que as praias
tivesen continuidade no acceso público libre a súa totalidade.
CERQUEIRAS
Este debía ser moi fotoxénico xa que topeime con unha fartura de tomas.
Pertencía en segue pertencendo a Cerqueiras e hoxe ese espazo está recheo aínda que a fábrica segue. O interesantísimo de estas secuencia e que nos mostra o desenrolo no tempo desa parte de Riveira que é o barrio de Bandorrio. Como vemos este tiña as bases de soporte en pedra, non che era moi habitual pero algún mais atopamos como era o anterior do Touro e outro na Illa de Arousa. Na foto aérea do ´56 vémolo claramente e na actual púxenlle unha simulación de onde quedaría hoxe no recheo.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
6
Nos primeiros tempos vese que está toda a fábrica xa en espazo gañado o
mar.
Nesta excelente panorámica, seguramente dos cincuenta-sesenta,
podemos chegar a ver o peirao de
Valeiras que aínda está todo
enteiro, e mais o abrigo que o
separa da Area Secada, unha
verdadeira lástima que non se poda
ver o da Area Secada, aínda que
esta perspectiva ía ser difícil polo
pequecho que debía ser e tapado
pola mesma factoría. Tamén se
constata a gaña de expansión a
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
7
costa de roubarlle ao mar anacos, a praza da verdura (hoxe debe ser onde
está o Auditorio).
E nesta derradeira, da
direita, con un pouquiño
mais de escombro o mar, xa
temos outra edificación ,
logo seguirán mais ate
covertilo en carreteira e
estes días con paseo
marítimo incluído.
Tiña unha característica exclusiva e era que a parte de madeira tiña
unha orientación mais o menos o leste e a parte final en pedra xiraba
hacia o norte coma buscando de aveirar as embarcacións atracadas o
socaire dos ventos do nerdés tan habituais.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
8
Embarcadero de madera.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
9
RIBEIRA-FRANXA PORTUARIA
(Cando ronca Teira, ou chuvia ou neboeira)
E xa en Santa Uxía, nos mesmos alicerces, ou sexa, aínda parece que lle
estaban facendo as cementacións a vila. Comentando con algúns dos mais
vellos sabemos que esta foto amósanos o molle do Filipino co almacén onde
estaban ate fai pouco os efectos navais de A Poutada pegado a fábrica do
xeo, nesta rampla en primeiro plan amarraban as veces algún barco
porque tiña unha argola de pedra furada.
Este almacén aínda se pode ver a pesares de uns pequenos cambios nos
accesos e xanelas. Estaba ocupado ate foi pouco como escaparate da
mentada tenda de efectos navais e de
lecer náutico
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
10
E aquí enriba vemos o de Mariano Maldonado (“o Abadiño”) e mais o do
Filipino, vistos posiblemente dende a rampla do Cabalán, e xa se aprecia o
movemento de terras para os recheos que sucesivamente se irán
producindo. E esa laxe sería o que daba nome o lugar do Castelo? é onde
están hoxe o semáforo fronte o os barcos de Salvamento e os da Xunta.
En primeiro plan o molle do Abadiño e o que está mais o fondo era o de
Cardona. O instante e posterior a 1904 en que esta datada a construción
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
11
da casa dos Vilas. Logo, debaixo, os mesmos dous molles vistos
seguramente dende a rampla do Cabalán.
E nelas aproveito e poño unhas calcamonías
miñas imaxinando o molle de “Pelos Blancos”, que
grazas os amigos Juan Pérez Pérez (xa sabemos
que en Santa Uxía hai un cento deles) pero
acláranolo moi ben Chenel Pérez Lustres quen
tamén me falou del e queda resumido nesta
mensaxe que me mandou: con respeto a "pelos Blancos" o nome era José
Antonio Martinez , era de Pontevedra, en Ribeira tubo Camións e tenda de
texidos e o fresco, a Rambla era donde che dixo meu primo Juan o do Julimar,
era toda de tablóns de madeira coma o de Cardona, non tiñan na punta pedras
como as outras, estaba fronte o que
hoxe é o Bulebar. El viviu na casa
onde era o bar Nordeste e tamén no
Castelo en unha casa que era da
familia da muller entre a casa
matriz dos " Prixelos” e a de
Maria Bandin ou sexa o estanco de
Picher e Carniceiria , Este señor tubo
que marchar cando a guerra. Esta
información pregunteina a persoas
mais vellas que min e a unha
familiar.
Nesta das redes, podemos ver este molle, loguiño, case que pegado o de
Cardona e o fondo, o do Abadiño, só se aprecian os paus, a plataforma
queda moi esfumada no borde do malecón.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
12
Aquí o lado, posterior as outras,
os mesmos dous molles. O de
Cardona debía coincidir case que
onde hoxe está pastelería Fina ou
o Liceo e un pouco mais dereita a
fábrica que logo foi garaxe do
Baltar y Sarasquete, o do
Abadiño mais o menos onde a
actual edificio de N.G.B.
E agora un pegado de tres fotos que aínda que o meu xeito de facer, danos un pouco a idea dunha sacada con grande angular.
A que ficaron unha chulada? E en todas estas fotos de esta parte de Sta.
Uxía, estamos seguros de que existía a rúa Rosalía de Castro? Ou só sería
un camiño bordeando o río da Caloia?
E nesta outra actual que si non é pola casa dos Vilas, non o creríamos.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
13
O Peirao de Colón que xa foi feito a base de pedra e cemento (onde hoxe
amarran os barcos da Xunta), xa se fixera un considerable recheo e
desapareceran os de Cardona e o Abadiño, e tamén a zoa do Castelo onde
se atopaba o Eitón. Mais cerca o do Filipino, por debaixo da lonxa vella e
abaixo de todo o de Canucho, no medio deles as pedras que quedaban do
de D. Andrés do Río.
O do Filipino estaba dedicado o primeiro a almacén de salgadura e logo ao
tráfico de materiais de construción, principalmente ladrillo e tella das
telleiras de Dena e do Abanqueiro e os mais finos dende Vilagarcía.
Fotografía de superviventes do Santa Isabel, despedíndose agradecida ó
pobo de Ribeira, despois de tal catástrofe marítima. Supoño que o molle
será o de Cardona ou o de Maldonado “o Abadiño”.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
14
Nestas dúas fotos contrastando a do ¨56, puxen os tacos onde estarían
hoxe as antigas construcións: na parte superior o de Canucho, logo
baixando D. Andrés do Río, o do Filipino, O do Abadiño, o de Cardona e
finalmente, o mais a baixo da foto o de Pelos Blancos. Xa destaca esa
barra branca do molle de Colón en pedra.
Nestas dúas seguintes pódense ver na primeira, mais acá o que quedaba a
parte en punta de pedra do de D. Andrés Do Río, e o fondo o de Canucho e
na outra o mesmo pero cos plans cambiados.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
15
O de D. Andrés del Río Ferrer, fomentador/armador de barcos e varias veces alcalde de Ribeira tiña este almacén de salga e outro por Aguiño. O de Canucho tiña unha base saínte onde ademais nunha caseta estaba o taller da fábrica. Despois o almacén convertese nun taller mecánico, Tarisa. Tamén nos sesenta estaba nestes outros galpóns o estaleiro do Sr. Pepe Rodríguez Saavedra (Pepe
Saavedra), foto a esquerda, que se viñera seguindo a industria pesqueira, detrás dos posibles seareiros: A principios do século pasado estaba nos Areos da Pobra logo na posguerra asentouse en Palmeira e este foi o derradeiro, pero aquí polo menos estaba baixo teito cuberto . Fixo coma os
pescadores seguindo os bancos das especies migratorias, coma na Pobra e Palmeira a xentes do mar trataron de saír do marasmo miserento a procura dunha vida mais ilusionante na navegación mercante española e estranxeira e na emigración principalmente a USA, pois o mestre tamén foi migrando as zoas onde o traballo non lle faltaría, e acertou. Os seus barcos poñíalle un sinal identificativo que consistía nunha lanza
ao largo do costado debaixo da tapa de regala, mais o menos polo cintón.
Esta parte de Riveira foiche moi activa industrialmente e a pesares de
que non foi todo a mesmo tempo, estivéronche varias industrias
mecánicas coma o taller do “alemán” e mais a fundición do Nervión que
fabricaba os motores mariños HMR; qué mágoa de motores!.
Estas dúas fotos no
Caramecheiro,
unha a súa xente e
outra o maestro co
seu fillo Xosé
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
16
Embarcadero sobre pilones.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
17
PALMEIRA
(Os de Palmeira, beben a caña na cunca dunha vieira)
EN INSUELA: A FÁBRICA DE LOJO, O SECADERO/SALAZÓN DE
COLOMER, O ALMACÉN DO ABADIÑO, A FÁBRICA DE CONSERVAS
DE CRUSAT E UN SERRADOIRO DE CRUSAT
O primeiro que encontramos é o da fábrica de Lojo, non tiña nada de
particular soamente que non acababa nunha punta de pedras. Como soía
acontecer tamén se aproveitaba para o tráfico de mercancías varias que
se movían comercialmente no entorno das dúas bandas da Ría, así temos
constancia de que se traballaba con cerámicas, madeiras, animais nos día
de feira e
loxicamente cos
produtos propios das
conservas de peixe.
Foi o que mais tempo
se mantivo útil,
seguramente ate
primeiros dos
setenta.
Esta fábrica foiche
bastante antiga,
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
18
procedía dos García Millán, (familiares de D.Vicente García Millán
famoso médico-director do balneario da Toxa e
sobriño de Romero Ortiz), dos que por casamentos
sucesivos, (coa familia Ribadulla de tradción
escribanos), da Pobra e estes derradeiros con D. José
Núñez Enriquez), pasaron de vivir en Palmeira (no
“xardín”, o palacete que sae en tódalas fotos de
Palmeira no alto envolvendo a igrexa) para vivir na
Pobra (J.A.C.), e emparentaron cos Lojo Gelpí de
Cures (os irmáns Lojo Núñez). Logo estivo os últimos
tempos nas mans do señor Alvaro Mariño (Alvarito) un pobrense moi
emprendedor.
E esta xoia que son os plans deste pantalán que como vemos tiña 76
metros de longo. O documento é do 1912, e gozámolo grazas a amabilidade
de César Alonso (Pobra Histórica).
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
19
Nestes outros, debaixo, si que encontramos unha singularidade, os de
Maldonado (alcumado “O Abadiño”) e Colomer, dunha banda e Crusat da
outra, xuntábanse case que o final formando unha Y, seguido de un tramo
mais ancho ate finalizar en unha tradicional punta de construción de
pedra. Os barcos de Crusat atracaban polo norte e os do Abadiño e
Colomer polo banda do sur. Como vemos nestas dúas, era moi normal a
descarga de bacallau para proceder o seu curado no descampado.
Maldonado tiña unha sociedade nomeada Maldonado, Baspino y
Domínguez, con domicilio en Insuela. Tiñan dous balandros que habían
mandado facer nos numeroso “estaleiros” pola parte norte da ría de Noia.
Un deles embisteu nun dos cons do Camallón o 22 de Maio de 1925, parteu
en dous cachos e afundeuse. O tal Domínguez da Sociedade era D.
Esmeraldo Domínguez Macaya, sevillano, tiña un fantástico barco
bacaladero, o Melitón Domínguez e traía o bacallau pa ser curado e
elaborado aquí en Insuela en un campo de estacas situado onde hoxe está
o que queda da fábrica de Xaquín Gago
.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
20
Tamén no ano 1925, comprou a D. Francisco Villoch Gelabert da Pobrado
Caramiñal outro barco, un galeón nomeado Paquito. Logo o terceiro socio,
Baspino, no sei nada só que nese tempo na Pobra do Caramiñal había un
taller de mecánica naval “Paz y Baspino”. Coido por aí debería andar a
cousa.
Ámbolos dous deberon desaparecer mediados os sesenta.
Aquí dúas panorámicas de todo este emporio industrial, na da esquerda
vemos en primeiro plan o estaleiro do señor Pepe Rodríguez Saavedra,
sitio que hoxe ocupa os restos da posterior fábrica de Xoaquín Gago e
dende xa bastantes anos a granxa de rodaballos Stolt Farmer. Tamén se
aprecia a falla de un peirao mais. Estaba situado xusto debaixo das pilas
de madeira do serradoiro dos Crusat. Foi feito por Gerardo Cobas que
había emparentado cos Crusat. Como era moi alto polo desnivel que alí
tiña a carreteira coa praia pois pasaba o mesmo cos barcos atracados coa
marea baixa. Na primeira carga de madeira argallaron unha prancha
escorreguenta e…qué pasou?..., pois que as pezas de madeira collían tal
velocidade esfuracaron o plan da bodega facéndolle unha vía de auga e
aí acabou o uso do peirao, Despois a actividade madeireira finou e
escomenzou a traballar coma telleira, primeiro co mesmo señor Gerardo
Cobas e logo unha sociedade de D. Luís Sexto (un profesor do Galaxia) e
mais o señor Maneiro (un emprendedor do Caramecheiro, Ribeira) e logo
o derradeiro dono foi o Maroto, tamén de Ribeira hasta finais dos setenta,
en este caso si que chegaban balandros cargados de barro de Dena.
O que si se rumoreaba é que unha das actividades foi a de “denoite“ pouco
lícita. Déixolle pegada unha “calcamonía” onde mais o menos debía estar.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
21
Na toma da dereita vemos un galeón atracado pola banda norte ou sexa
a dos Crusat.
O que foi quedando do molle de Lojo, nas dúas dos extremos vemos a súa
dereita unha pequena rampla onde estaba o de Colomer e que logo quedou
tapada polo actual molle de pedra.
E nesta a carón, cos restos dos últimos piares, aínda se pode ver o que
quedaba da punta de pedra da rampla do de
Colomer-Crusat. E o fondo, sempre no alto, a
igrexa. Polas casas a carón da praia, o
momento debe ser arredor de finais oitenta.
A cinta branca non é por un loito chino-
xaponés senón o dedo acusador das nosas
porcalladas que lle votamos o mar.
E xa que che estamos. O señor alcalde
aproveitando que anda co paseo Coroso-
Riazor a voltas estes días , non podería
arranchar uns poucos paus e unhas cantas
táboas e restauralo? Non sería unha chulada?
Eu coido que estaríache moi ben..
Nesta de fai pouco: a esquerda onde estaba o estaleiro de Saavedra temos
as ruínas da fábrica de Xoaquín Gago e a granxa dos rodaballos Stolt
Farmer, logo o edificio da fábrica de Lojo que actualmente está sendo
habilitado coma invernadoiro de embarcacións, un peirao de pedra con
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
22
ramplas que ocupa o lugar aproximadamente onde estaban os de Colomer-
Crusat e a dereita todo o dominio dos Crusat derruído (agora son unha
tira de chalets adosados) e a posible ubicación do último molle.
E gracias a esta foto da
santiaguesa familia Morán cedida
por D. Regueira, podémolos
distrutar. Están situados xusto no
arranque do peirao novo no cal
está o veleiro atracado, ao fondo os
outros xa mencionados antes.
Foto do Dr. Morán cos catro
primeiros fillos, Manolo, Paco
(q.e.p.d.), Mary en Tansy
Como anécdota, podo contar, que na punta de este novo peirao que se
encontra, como sinalei antes, practicamente ubicado no mesmo sitio que o
antigo de Colomer (na foto aquí o lado), filmouse a primeira escena da
película MARADENTRO de Amenabar (logo algunhas escenas mais aquí
e na veciña praia de Riazor). Cando Belén Rueda está meditando cos ollos
fixos no se sabe onde, a cámara tivo ben de coidado en enfocar soamente a
casa do Abadiño xa estartelada e un pouco a
dos Crusat en ruínas pero non a dos Torres
Colomer acabada de restaurar, puidera ser que
se tratase de resaltar o tópico do ancestral
atraso galego en contraste a unha Cataluña na
que na película xa contaban con pantallas de
plasma nos PCs , cando nos tempos de Ramón
Sampedro, onde se ubica a acción, aínda non se
inventaran.
Esta última foto dese abrente na punta que
mento, como é tan boa, “roubinlla” do face-book
a J.A.Lojo.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
23
NA CAMBRA
HABÍA TRES ALMACÉNS DE SALGADURA (SOLER, CRUSAT E
MARTÍNEZ RIVEIRO (OS NAFONSOS )
Na foto do ´56 non se aprecia o que había, asegúrovos que aínda estaba,
dan fe as fotos que me cedeu D. Regueira da familia Morán. Debeu ser
que a hora en que sobrevoaron Palmeira destellaba moito a area porque a
penas se nota algo nos de Insuela. Había tres salgaduras, contaba con
peirao só o dos Nafonsos, na superior, ós outros dous, accedíase por
rampla de pedra. Ningún deles evolucionou a fábrica de conservas de
peixe, os de Soler e Crusat serviron para gardar dornas. O de Soler chegou
a ser matadoiro de puchos e hoxe é a depuradora de Ojea. As travesuras
das mareas, xulio do 2016, deixaron un par de “fósiles” de poste de
madeira ó descuberto. Polo que anovo algo do escrito nas anteriores
versións. Lóxicamente fago os meus montaxes un pouco mais
experimentados.
O achádego, a situación respecto o almacén e finalmente, unha recreación miña do que coido a que foi debido: Esta parte da praia xunto cos terreos lindeiros en toda a contorna do almacén pertencían,
tamén, os Soler que tiñan na parte superior un encascadoiro (nos derradeiros tempos manexábao a familia dosFranco Rial, “os Sereiros”).
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
24
Polo que toda esta parte era coñecida coma o “Campo das redes” por ser a utilidade do secado destas pezas, tanto nas varas da praia (de aí os restos na area) coma estiradas logo no campo que falta lle facía para a súa flota de galeóns, racús, bucetas e sobre todo dornas. Tamén, durante a pos-guerra, Marcial, o xastre, fíxose socio con un alemán “Erwin o alemán” e tiveron neses terreos un afumadoiro de peixe feito bastante malamente con casqueiro de pedra. Durou ben pouco. E volvendo ós almacéns, preséntovos estas dúas fotomontaxes, para dar
idea do que había. Unha feita por un artista dos trucos estes e outra miña en cores sen aspiracións artísticas ningunhas. Como me acaban de suministrar catro fotos nesta praia dos anos ´48 e
´49, propiedade dos “veraneantes” santiagueses que xa formaban parte
da paisaxe do estío nesta praia.
Aloxábanse na vivenda-almacén dos
Crusat. Érache a familia do afamado
meco D. Daniel Morán (na foto,
pescando) que non
faltaban a cita do
verán e aínda que sen
el, a familia
continuou
facendo así.
Son a
familia de
D. Daniel
Morán ex-
director do
istituto do Carril.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
25
O Molle pertencía a fábrica de salazón dos “Nafonso” Martínez Ribeiro
do Adro, logo a primeiros do século pasado acadou a mans de D.Paulino
Santos residente na Pobra pero de procedencia boirense (J.A.C.) logo un
dos fillos, Paulino, exerceu de médico da Pobra, había emparentado coa
acaudalada familia dos Ribademar e o complexo estivo na súas mans ate
os sesenta, en que xa non estaba operativo, cando o comprou o veciño de
Palmeira Andrés Domínguez como domicilio familiar.
NA CORNA (o muelliño de Peña)
Pertenceu en principio tamén os Nafonsos do Adro (Martínez Ribeiro) e
1904 convértese, xunto con outra de
Insuela, nas primeiras de Palmeira en
conservar o peixe en escabeche. No
1912 pasa a ser de D. Pedro Peña
industrial (J.A.C.) emparentado cos
Peña de Vilaxoan e Cambados. Por
último fíxose con todo o señor Anselmo
Millán de O Grove e converteu o solar
en cine e pista de baile de verán. Nesta foto do ´58 aínda se poden ver
unha fila de pedras pegadas o muro (no medio a dereita) que eran os
restos da plataforma de
arranque do peirao.
Cando os caprichos do
mar fan das súas e deixan
a praia esquilmada de
area podemos topar
restos, case fosilizados, de
algún pau vertical.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
26
Como tampouco conseguín unha
foto, poño esta recreación miña
para dar unha lixeira idea, coma
nas anteriores, do lugar que
aproximadamente ocupaba
baseándome nos restos dos bloques
de cemento, que é unha estraña
particularidade, da punta que
aínda quedan a dar testemuña.
A orquestra “Ritmo Swing” actuando nesa
pista de verán. Os compoñentes eran de
Palmeira, Pobra e Vilagarcía: Enrique
Paisal, Juan Torres, Tatino, Gildo e Siso, e
algún mais esporádico.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
27
Muelle de desembarco en playa abierta.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
28
A POBRA DO CARAMIÑAL
(Faille ríspeto a Curota cando lle vexas capota)
Tamén (Curota cuberta, vendaval na porta)
NOS AREEIROS: O DE BARRERAS
Este permaneceu longo tempo, coido que igual que o de Lojo en Palmeira,
chegou ate finais dos sesenta ou quizais un pouquiño mais, unha das fotos
xa é a cores. Pertencía a fábrica da familia Barreras. Estivo nesas mans
ate os sesenta en que estes fabricantes, descendentes dos fomentadores
cataláns do século anterior, cambiáronse pa unha nova de maquinaria
con tecnoloxía de vangarda no lugar do Castro en Castiñeiras. Esta da
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
29
Pobra, quedou en réxime de aluguer explotada por Xoaquín Gago ate que
se foi tamén pa que fixo en Insuela-Palmeira.
Aquí o curioso é que sendo o que poderíamos chamar o polígono industrial
da Pobra, con un fato de instalacións de
serradoiros, de almacéns de salagre e de
conservas de peixe, tan só houbese este
peirao. Sería polas características da
praia tan plana que só se inclina ao final e
os barcos coa marea chea debían varar
case que ca proa na carreteira. Ou sexa
nas portas mesmas das factorías. Este,
como se ve, tiña a parte final na punta un
apoio en pedra sen chegar a ser rampla.
E agora aquí temos unha foto que está sendo polémica en face-book pola
situación. En Boiro Histórico puxérona fai un par de meses (xaneiro-
febreiro), logo sacárona. A polémica é que se é ou non o molle do Bodión e
que ao fondo vese Neixón e Rianxo. Ben, pois conseguín falar coa familia
do patrón/armador: O señor de Barraña era Juan José Trasbach,
coñecido coma o cheriff, pois incluso tivo un bar con ese nome o final da
Avenida de Barraña. A foto é do ano ´54 ou ´55 e é no molle de madeira
de Barreras . Este señor dedicouse case que exclusivamente a compra de
luras, ameixas, sardiña, etc. pa os Barreras do Caramiñal. Coma
comprobación da situación saquei unha foto dende o mesmo lugar e
superpúxenas e van calcadiñas. O fondo é a Lomba-Angustia logo pa
dereita a Ribeiriña, Escarabote.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
30
NO CENTRO DA VILA
Estes día marabilloume Pobra Histórica en face-book cunha foto do centro
da vila , unha foto que reflexa unha Pobra pa nos incomprensible sen
xardín, parécenos que xa estaba aí de toda a vida. Entón a foto e entre o
1920 e o 1925 que se empezou a recheo, (pero hoxe 17-4-1914 acabo de vela
nun bar e ten unha inscrición que di 1988, fíome mais de P.H. polo aporte
de datos e coñecemento) . No centro da foto aparece unha rampla que
deduzo sexan os vestixios de un anterior molle. Posiblemente fose o peirao
comercial para uso público antes de ter o de pedra e seguramente
empezase a súa desfeita coa construción da estrada xeral se neses intres
xa a dotaron dese pretil. Dicían que os barcos de gran porte varados na
praia chegaban co botalón-bauprés os balcóns do Liceo e mailo Casino.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
31
Como digo, non se sabe a quen pertencía pero puidera ser a un tal
Cadarso, posiblemente noiés, que no solar do Casino tiña un almacén de
suministros varios hasta o abrio de 1,920 que llo comprou Manuel Ferro ,
que foi a que mandou facer oeste edificio.
Unha hipótese recreada con pouca habilidade pero que serve pa o
cometido. Unha vela de dorna a secar estendida na area dinos que era un
día soleado, pero tampouco moito, a punta do molle e as xentes apenas
teñen sombra. Non nos fixemos na sombra do molle que iso xa é
demasiado pa mín.
O que me parece tremendamente difícil de crer e que esta obra de recheo
que pa esa época senón faraónica, si mastodóntica fose só coa intención de
dedicala o esparximento cando seguramente se necesitasen chabolas e
instalacións necesarias pa o desenrolo activo do mundo marítimo-
comercial-industrial. Ben pois parece ser que o aterramento fíxose co un
desmonte no Maño do que dou en ser despois o campo de fútbol e
descargábana en cestas dos galeóns, balandros e pailebotes que atracaban
nas ramplas que había xunta o actual bar Gelys (ex-Gildo) e mais outra
na de Maestú. A terra traída da parte de Vilanova foi pa superficie
cultivable en parterres e xardíns. Chegados a este punto, póñome a
cavilar e desvarío: Sería por isto que o Marqués de Bradomín cando
estaba na Viana del Prior se sentise coma na súa terra? E por qué lle
puxeron o seu nome os xardíns? Habería que preguntarllo os de Cuarto
Milenio
OPEIRAO COMERCIAL para a descarga xeralmente de túnidos.
Non é de madeira, obviamente, foi feito a finais do setenta a base de
recheo de pedras e terras. Poño porque coido que nunha liña que vaia
dende a Punta de Cabío a Punta Cabalo na Illa, a Ría vólvese un abeiro
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
32
natural e o mais claro exemplo é a enseada do Caramiñal. Non tíñamos
moita necesidade de facer molles a base de encher o mar de escombro,
seguro que por aí arriba, o pasar os Pirineos, diante de tamaña
construción da natura como é esta Ría, non andarían modificando
correntes e mareas a base de cachotes e sarso senón que o farían con
pilotes e unha plataforma ben de cemento ou ben incluso de malla
metálica (digo porque os pisei) que deixase pasar o sol. A que estaría mais
bonito, práctico e sen cambiar o motor da natureza? tal como esta foto,
que eu me permitín retocar, nos amosa.
SAN LÁZARO
Esta foto, que pertence a unha serie
do partido xudicial de Noia do ano
1934, por mor da inscrición que trae
nela, despistounos, e na primeira
emisión de este relato, situeina na
Cobecha
Grazas a un “flash-back” do amigo
señor Joaquín Domínguez
(octoxenario), fíxome ver que esta
foto é na praíña de San Lázaro e a
instalación está nunha plataforma de
contención do almacén de salgado con
rampla entre o molle de Casto Dios e a
Punta Salera. Funme a comprobalo e
saquei unhas fotos.
Despista un pouco esa pedra no medio
da praia aínda que a marea na foto
vella está mais chea. Debe ser que
houbo un efecto de remoción de area dende a
construción do peirao comercial, aquí houbo
aporte porque tamén están tapadas as do final
da rampla, por contra na praíña polo sur do
molle de Casto Dios quedou sen ela, coas pedras
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
33
o aire. Recordo que xa tíñamos comentado, no seu momento,
estes feitos.
O señor esta sentado recostado no cruceiro
(posiblemente Juan Pazos - Juanito o
Quico) que había na esquina onde acaba a
plataforma e empeza a inclinación do
molle. Na outra vemos o oco onde estaba a
base do cruceiro. Hoxe, e dende finais dos
setenta, este referente relixioso foi levado
pa o xardín de Casto Dios alegando que era seu.
Está no medio da horta, non confundilo co que está a veira do muro. O
principal “dano colateral” foi a perda de marcas das enfilacións de touzas
fanequeiras que estaban baseadas neste “marco”.
O peirao pertencía o almacén de salgadura cuxo edificio se ve na foto a
esquerda que era do fomentador D. José Abal, coñecido coma “O Marelo”,
os dous barcos que están abarloados son o “Elvira” e o “Luisa” que eran os
nomes de dúas irmáns mudas que tiña este
empresario. Este señor tamén tiña unha boa
flota de lanchas de pesca. Vivía onde hoxe
está o Bar Malecón (ex-Pilman) e na planta
baixa tiña a chabola cos apeos e enseres da
pesca e na parte alta a vivenda. Tiña dúas
casas mais na costiña do Couto e entre as
dúas pola parte de abaixo tiña o
encascadoiro, hoxe vivenda privada.
Logo nos cincuenta a propiedade da salagre
pasou a ser do señor Ramón Franco e un
pouco mais ao norte, Punta
Salera, quen reencheu e fixo a
fábrica de conservas ate hoxe,
pero neses intres xa o molle era
recordo e coma sempre só
quedaban algún dos paus
verticais.
Do molle de Casto Dios xa che
vai quedando ben pouco,
practicamente os bordes de
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
34
contención. Este conxunto casa-almacén-molle foi feito con autorización
de 1909 (P.Histórica) por D.
Enrique do Río Ferrer (“o
Ghopiño”, ou tamén “de Duriño”
que eran alcumes familiares),
fomentador de esa influinte
familia palmeirán. Logo dun
tempo como salgadura pasou a
converterse en serradoiro de
madeira e despois pasou as mans
de Casto Dios e por último, a casa
fixo de escola mixta (pero cada
uns pola súa banda: as nenas coas nenas e os os rapaces cos rapaces) e o
almacén acabou coma serradoiro. Hoxe está todo a broza e silvas.
Pobra Histórica o 13 de marzo do 2016 ven de poñer esta preciosa foto no
seu muro de F.B. cedida por Esperanza Pazos e que nos axuda coa súa
beleza a recordar como era aquel entorno.
NA MERCED
Aquí o abrigo da punta do mesmo nome, encóntranse os restos de outro
almacén de salga, posiblemente sexa este é o almacén fundado en en 1896
polo palmeirán D. Higinio Andrés del Rio González (casado con Josefa
Ferrer Casellas y Marlés do Caramiñal) no quinteiro da Merced despois
de haber deixado outro almacén que tiña nos Areos do Caramiñal. A
partires de 1901, pasa a rexentalo o seu fillo D.Enrique del Río Ferrer (o
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
35
Ghopiño) (J.A.C.) . Posiblemente
mais tarde pasou a mans de un
Marlés, Pepito Ferrer, alcumado
“sen queixo” que vivía nos Areos na
casa onde oxe está Gadis a carón da
do ilustre pobrense Victoriano
García Martí.
Nos anos corenta xa pertence a
dous socios, D. Emilio Barreras en
D. Paco Crusat Barnet, tiña un
peirao de madeira que foi posto enriba da rampla de pedra xa existente
dende os tempos da construción do almacén e que resiste o paso do tempo.
Aínda hoxe, logo
de que o actual
propietario lle
pasase a
desbrouzadoira,
pódense ver os
lagares en moi bo
estado. Nas fotos
comparativas do
´56 e actual, vemos
que na vella seguía
o almacén enteiro
e coa teitumbre completa onde apreciase o patio interior, pero non o
molle, o que se ve é o derrubamento de un pouco do bosque e na foto
actual vense os restos do muro de
contención e tamén se debuxan as
liñas dos lagares.
Tiña unha particularidade que era
unha fonte no medio do patio que daba
auga pa autoservicio do emporio tanto
pa beber coma de lavadoiro, e hoxe
segue correndo ate a praia.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
36
Estes dous socios eran das familias Barreras na Pobra e Crusat en
Palmeira moi ben levadas (din
que chegaron xuntas dende
Cataluña), pois xa dende
pequenos foran o colexio de Noia
xuntos.
D. Paco viviu un tempo na casa
de D. Paulino Santos Mieites, logo
outro pouco en Escarabote e
finalmente foi a vivir coa súa
irmán en Palmeira onde está
enterrado. O almacén seguiu
ocupado por catro familias de mantemento ate que o adquiriu o actual
propietario Rosendo, empresario da construción, a dona Sabela Tato
viúva do Emilio Barreras.
NA RIBEIRIÑA
O serradoiro de D. Emilio Barreras tiña un molle case que todo en pedra
coma na Area Secada, só unha pequena ponte de madeira era a única luz
entre o recheo da fábrica e o resto en pedra. A día de hoxe pódese ver este
peirao pero a parte da madeira foi substituída por formigón.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
37
Parece ser que tiña bastante mal feita a parte de madeira con moitos
tramos demasiado separados que o facían un pouco perigroso, de feito un
neno colouse e caeu a praia, coma case sempre pasa cos nenos que alguén
está mirando por eles, sen moito que lamentar.
Coma digo,
pertenceu a D.
Emilio Barreras un
tempo como almacén
de salga e
finalmente, coma en
tantos casos,
somellando fose
unha evolución
natural nesta parte
da Ría, acabou
sendo un serradoiro.
Coma anécdota contan que un volta uns homes lle foron a pedir suba de
soldo a este patrón e que entre gargalladas lles dixo se o queredes mais
alto gaveade a chimenea.
Tamén ocorreu nos primeiros dos ´40 que estando un mercante de dous
paus fondeado un pouco por fora do molle a espera para cargar de táboas
de madeira, caeuse un temporal e tirou co barco na praia con algún
pantoque rompido contra as pedras. O barco varado na area foi unha
especie de parque infantil, pois os nenos da contorna en vez de ir a escola
íanse xogar colgados das jarcias de labor (brazas, escotas, etc) para
columpiarse e levaban ferramentas da casa pa sacarlle os aros metálicos
dos paus e faceren aros de xogar. Algunha malleira por non ir a escola
había de haber pero pagaba a pena a novidade. Algún tempo despois
conseguiron reflotalo e levalo.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
38
Coma no anterior caso a complexo quedou nas mans da súa viúva, ate a
década dos sesenta, cando fíxose con él un señor de Escarabote dedicado a
construcción, Castro o Picoño, e a finais de esa década, debeu de estar
asociado con outro de Santander, Miguelín Pombo, nunha aventura de
criadoiro de salmóns. Preparouno pa cría facéndolle dúas piscinas, na de
mais arriba recollía a auga do regato que escorre polo lindeiro sur da
finca pa racionalizar o suministro a segunda piscina (hoxe cuberta e
climatizada) onde depósitaba os alivíns de salmón traídos en camións.
Logo de un período de crecemento íanos adaptando a auga do mar co
suministro paulatino da mesma con
unhas tuberías con bomba istalada no
molle. Unha volta adaptados, levábanos
pa unhas xaulas que tiñan no mar alí a
carón….. pero puxeron de guardian a un
Fancho (o raposo gardando as galiñas),
de maneira que aínda que somellaba
que todo ía ben resultaba que os
exemplares mellores e mais grandes
disque morrían, decílle o “vixilante” e
polo visto mandáronlle que cando morresen que llos enseñase. De tódolos
xeitos, a cousa non callou, e o cabo de catro ou cinco anos deixárono.
Logo parece ser que o Sr. Castro estuvo usando coma depósito de
embarcacións de lecer e mais escola de vela outro pouco tempo. E por
último gardaba toda aferramenta e maquinaria da súa empresa edil .
Dín que a cheminea era moi fetiña e tiña unha franxa en azulexos co
nome de EMILIO BARRERAS.
O fomentador fixérase con bastantes terreos enderredor froito da
adquisición, ben por compra direta, ben como cobro de préstamos
impagados.
Na actualidade ese espazo está ocupado por chalés adozados pero o
entorno fica a bastanza descoidado.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
39
NO CONCHIDO
Seguindo a José Alvarez Castrelo (J.A.C.), sabemos que D. Enrique del Río
Ferrer (O Ghopiño) cando se fixo cargo do almacén da Mercede en 1901
incorpora ao patrimonio familiar un novo establecemento, a construción
de un serradoiro de madeira no Conchido. No 1907 traspásallo a D.
Gabino Crusat Barnet e il monta outro na Conlleira.
Tiña un molliño de madeira pequeneiro (sinalado con dous puntos
amarelos) que logo mudou no de pedra que aínda resiste o paso do tempo a
pesares dos movementos
industriais que alí tivéronse feito.
Despois pasou a mans de D. José
Barreras. E nos últimos tempos
tamén elaboraban carbón vexetal;
pero a transformación total foi a
conversión nunha fábrica de
fariña de peixe (a fábrica do
cheiro), HADASA que algúns
veciños din que nun primeiro
tempo non daba olor pero mais tarde era
un cheiro total que so era soportable polos
veciños porque lles daba traballo. Ai quen
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
40
di que ese cheiro posterior era porque a fariña entón non era só de peixe.
Logo a carón de esta factoría
tamén se estableceu a famosa
fábrica de peixe La Onza de Oro no
solar onde estaba o emporio dos de
Rábago.
Entrámbalas dúas fixeron un
peirao de pedra mais grande.
Hoxe todo está desfeito e
abandonado e de Hadasa aínda
quedan restos de casetas muros e
partes metálicas que alguén de vez
en cando ía “retirar” o que pasa que agora téñenlle medo porque unha
volta afrouxando unhas pezas derramóuselle un líquido enriba deles sen
saber que diaños era e houbo que chamar a ambulancia que se
queimaban vivos.
Todo está valado cun letreiro que di que
vai a ser rehabilitado pa espazo natural.
Consérvase esta reliquia que é a
cheminea do serradoiro (sinalada con un
punto amarelo). De planta octogonal de
ladrillo pero non de moi boa factura.
Nesa praia tamén os de Rábago
mandaran facer un bo barco mercante e
o mestre de ribeira fora o Sr. Núñez da
Vila. O caso foiche parecido o do barco
que co mal tempo se esnafrou na
Ribeiriña, pois do mesmo xeito, con outro
temporal dos nosos, que sempre veñen do
sur ou suroeste, tiroulle co barco, grada e
tódolo demais escachizando a
construción.
Mais tarde o fillo tivera un taller de pequenas embarcacións no campo
da feira.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
41
Mareas y método de medir sus variaciones.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
42
BOIRO
(Cando a Barbanza ten touca, auga, moita ou pouca)
EN ESCARABOTE
Non sei de ningún molle de madeira en este porto pero si que na zoa de
Peralto houbo un estaleiro e aínda que os
que o recordan coinciden en que era só de
chalanas o certo é que a primeiros do século
XX concretamente entre o 1917 e 1919
construíuse unha magnífica goleta
mercante de tres mástiles co nome de
BARBANZA, de 384 toneladas e 41,35
metros de eslora pertencente a sociedade
Dios, Gómez y Cía, (familia dos Treus da
Madanela). O mestre que a fixo foi Manuel
Meledo Meledo veciño de San Cosme (ría de
Muros-Noia). Empeza a súa “corta vida
laboral” en xuño do ´19. Fixo uns viaxes o
estranxeiro, Cardiff, Bayonne, Lisboa e
algún que outro o levante, Valencia,
Alacante, pero no 1921 xurdiulle unha viaxe, tiña que cargar en Tuy o
mais que puidera e lle permetese o calado con destino a Gandía. Estes
condicionantes foron a súa perdición, o ter que saír so coas mareas vivas
e ser en decembro cos malos tempos, total que unha serie de desgrazas
encadeadas, temporais, garreo das ancoras, embarrancar, etc deixaron o
barco tan mal treito que o trouxeron para a Pobra do Caramiñal e alí
acabou os seus días onde son hoxe os
xardíns Valle Inclán1. No agosto do ´26
certificase a súa baixa por desguace.
O que sí foi un acontecemento que
trastocou a monotonía da xente foi o
embarrancamento dunha balea alí mesmo
en Peralto, que debeu ser bastante grande
1 Para saber moito mais, ler TIEMPOS DE VELA de d. J. Villoch. Páx. 193
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
43
e aínda viva. Dela queda a memoria en algunhas poucas persoas que
daquela eran moi novas e lémbrana porque xurdiron unhas coplas do
feito. Estas chégannos moi eivadas e grazas a señora María Treus (dos
Casais de Graso) dado que ela era da Madanela dende onde tiña que ir
vender os produtos da horta a Vila e de nena cantábanas polo camiño.
Logo sobre todo a señora Tareixa Abuín da Ribeiriña (xunto co seu home
Bieito López, un artista sacándolle a golpe de cicel as figuras que as
pedras levan dentro), que ma recitou case completa, e xa por último,
topeime co amigo Manuel González Davila (Manolo das Taras), primo de
Bieito, que me abraiou cando íamolos dous para a súa casa nas Taras,
dixome que il tíñaa toda completa fotocopiada, dín un respingo na
cadeira do coche. Este home, que de neno ía andando ata a escola en
Escarabote fixera o tempo que fixera, ten gardadas moitas cousas de
cando rapaz con verdadeira tenrura. Grazas Manolo. E velaí todiña: PRIMERA PARTE
Aquí vimos a cantar Escoitade unha gran cousa Un peixe de vinte metros Entrou na Ría da Arousa Dixemos os mariñeiros Aí ven un barco de guerra E cando varou na Praia Vimos que era una balea Cando se encontrou varada Non vin cousa coma ela Cos zapatazos que daba Anegaba a Madanela O día sete de maio O que houbo de suceder En Boiro en Escarabote Desgracias houbo de haber Eran as catro da tarde Oeuse una “ghritaría” Que lle foran acudir Que a balea os comía Acudiron de Rianxo De Cespón en Taragoña Para matar a balea Todos traían lagoña
Mátalo, mátalo, mátalo, No lo puedo matar Qué dientes, qué ojos Tiene el animal Viñeron de Sanisidro De Gonderande e Lesón Para matar a fera Todos traían arpón E dixo un home de mando Que de patrón ten a fama Collede remos e picas E embarcarse nas chalanas Cando chegaron as gamelas Quixeron manobrar Non se acercaban o peixe Nin de terra nin do mar E dixo un “moso” solteiro Que é un home de traballo Larguémoslle un ahorcaperros Faise firme a este carballo Fixeron a manobra O lazo foi ben botado Levou malletas e homes Hasta arrincou o carballo Dixeron os da Madanela E tiñan moita razón
Para matar a balea Ten que vir un avión E contestou outro home Non fai falta o aparato Vou buscar outro invento De matar con zapato Non valeron as chalanas Nin valeron os arpóns Que quen matou a fera Foi un tal José Ramón Cando estaba na agonía Moito traballou co rabo Que chalana que collía Botaba o campanario De que morreu a balea Todos fomos a “ghritar” Que viva José Ramón Matou o peixe do mar. SEGUNDA PARTE E dixo un mozo da Lomba Casado en Escarabote: Non lle toquedes ao peixe Que é meu o ballenote Contestóulle moito un “moso” Coa palabra lixeira:
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
44
Quen me paga o meu traballo De darlle coa pandulleira? Dixo o dono da balea: Tamén entendo de mar Por lle dares co pandullo Non tes nada que cobrar Contestoulle un compañeiro: Eu pesco peixes sen bica E merezo parte e media Por ir a cravar coa pica E dixeron os dos bistés Na casa do taberneiro: Que non “destraghen” o peixe Que sabe coma carneiro E o dono da balea Colleu rumbo a Ribeira E foi vende-lo peixe A una fábrica de Palmeira Contestóulle o fabricante: Comprareicho meu amigo Pero antes de comprarcho Teño que falar con Vigo O que se chamou ao peixe Non se levou mal calote Chamou homes o xornal Para abrir o ballenote Foron abrir a balea Con machados e serróns Dentro da barriga tiña Un tren con vinte vagóns Dixemos mosos e vellos Polo sí, polo non Este tren pertenecelle A provincia de Lesón
E chegou o fabricante Co vendedor a falar: Pode dispor do peixe Que non cho podo comprar E falou por conferencia A praza de San Martiño Véndense cachos de atún A peseta medio quilo E veu unha muller gorda Que vive alá en San Paio Eu quero cincuenta quilos Se mos dades polo rabo E para o levar nun feixe Xa foi pedir un cabestro E tanto quixo cargar Que ata lle rompeu o cesto Comeron peixe sen conto Ela e mailo seu señor Alá pola media noite Chamaban por un doutor Ainda que sexa da boliña Tamén temos que falar Que de tanto que comeron Tivéronse que purgar O peixe coma era grande No poideron acabar Tiveron que vir os barcos Para pódelo sacar TERCEIRA PARTE Desmarraron os mercantes Do río de Pumadiño E foron carga-lo peixe Para Ouxo e Vilariño E caeuse un temporal
Que se picou moito o mar E fórono descargar a capital de Baltar E cargaron as chalanas De Escarabote e Ribeira Para ir a descargar A fábrica da Plagueira Tendes que esperar un pouco, Contestóulles o encargado Non podo meter o peixe Sen me vir razón do amo E dixo moito un patrón Que gobernaba unha gamela: Imos a rogar co peixe A cidade da Aldea Vella Contestóulle un labrador: Non esteas disgustado Aquí non se vende nada ata xoves que é mercado Saleu o tren de Lesón E veu pola carreitera Alí envisteu cun burro Que saleu da Aldea Vella E díxolle moito o burro: Aí quedas escarrilado Que eu sigo para Palmeira Coa miña ama cargado Aquí se acaba a historia Deste peixe desgraciado Porque xa nacera co signo Que había de ser varado
O “bardo” artífice de esta “poesía” parece ser que foi o señor Abelardo o
Tatano da Angustía, e aquí ven o bo: era analfabeto. Cóma o facía? Pois
cada vez que lle viña a inspiración (ou ocorrencia), chamaba pola muller
pa que llas escribira sen importarlle se eran as tres da tarde ou as dúas da
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
45
mañán, haiche cousas que non poden esperar, e a señora xa o sabía e ía
con lapis e papel pa mesiña de noite.
Esta composición foi escrita en papel coma as “historias”
dos cegos e cantada por tódolos sitios pola xente da
contorna que ata competiron nun especie de certame na
Coruña. En un cornecho da copia reza o seguinte: VENDIDO EN LAS FERIAS DE MOAÑA, VILLAGARCIA.
PUEBLA Y RIBEIRA.
E contan algúns, que daquela eran nenos, que como non
se daban desfeito do peixe, aquilo empezou a feder que tiña todo
Escarabote apestando. A solución foi picalo en cachos e tiralo no medio do
mar, o que pasa e que non foron moi lonxe fondealos, e qué pasou?: Pois
como nesta vila mariñeira éranche moito das artes de arrastre coma a
rapeta e vou de vara, non facían mais que enganchar os cachos espallados
da besta co resultado de cabreo por perde-lo día coa avaría da rotura das
mallas ou mais perdendo o aparello.
EN BARRAÑA
Dous en Barraña, pero unha
instalación mais impactante é
a de unha telleiriña do señor
Manuel Lojo Blanco.
A cousa debeuche ser así :
Dous socios, Arturo Sieira o
capitalista e Manuel Lojo
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
46
Blanco o currante tiñan un serradoiro. Andando o tempo, Sieira
propúxolle o socio aquelo de “ou véndesme ou cómprasme”, coma Lojo non
era o de posibles, pois vendeulle. Lojo, que tiña alí mesmo unha casiña con
un cachiño de terra, preparouno, xunto cos seus oito fillos, con unha cova
grande a maneira de lagoíña pa o “atraque” dos barcos, unhas covas
redondas (as pías) de entorno de 75 cms a 1 metro de profundidade pa
depósito e amasado do barro e logo unha eira chan pa o secado das tellas
e cerrou todo con uns muros de perpiaño que parecen de un profesional .
Isto contoumo a señora Josefa Sánchez, esposa de Manuel Lojo Torrado,
fillo de este personaxe. Parece ser que tiña o forniño preto do estaleiro do
señor Silva que estaba entre a telleira e o serradoiro do ex-socio o señor
Arturo Sieira. Coma solución pa o suministro do barro e distribución da
tella argallou unha auténtica marabilla. Unha solución alternativa a esta
praia tan tendida na que coa marea baixa cánsaste antes de chegar o
mar. Entón dou en cavar, aproveitando, o curso dun regato, xa que tiña
tantos brazos dispoñibles, e entre todos, unha canle en U entorno a metro
e medio de fondo dende o cantil onde acaba o solo areoso e empeza coller
profundidade o mar ate o seu obradoiro onde dispuxo unha lagoíña.
Desta maneira, os botes tiñan calado a partires dun pouco de marea
(poñamos que o mar tivese un calado de medio metro sobre a area, pois xa
en total teríamos case que dous metros, polo que os galeóns poderían subir
e chegar a lagoa artificial. Obviamente, pa que non se lle tapase de area
espichou uns puntais cravados en forma de uve e forrados por táboas.
Coñecíase coma “o dique”. Estes días por mor dos temporais puidemos ver
os restos dos madeiros que daba a impresión de restos dun barco ao que só
lle quedan as cadernas, apenas xurdían da area e bastaba pa
imaxinarnos a magnífica obra que levaron a cabo estas xentes a base de
golpe de brazos. Aproveito para facer una recreación baforda de como
sería a cousa (un pouco ladeada para que se vexan os tocos dos paus que
sobresaen na area). Continuaba así ¿?, ata as chousas onde tiña a piscina.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
47
Vemos nestas seguintes fotos os restos dos puntais e mais o tramo do río
canalizado nos tempos do alcalde Velo, aínda que un pouco cambiado o
seu curso.
Como se pode ver na foto final, nesta especie de estanque estaba a alberca.
Cando o mar devalaba o barco pousaba no fondo e procedíase as tarefas
de carga/ descarga segundo fose o caso.
Podería ser algo así? A telleira en primeiro plan e o barco chegando pola
canle artificial recórdanos os barcos subindo dende Maasluis Pilot ate
Bottlek ou Dordrecht ou aínda mais ate o mesmo Rotterdam. Quedaríame
mais creíble coa marea chea?
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
48
A primeira montaxe foi cando a señora Josefa me dixo o da telleira pero
non se acordaba como era e fíxena collendo un barco e unha telleira do
Facho, pero agora encontreime no bar Manuela o señor José Romero (o
Crecho) do Saltiño de toda a vida e díxome que tiña cheminea e o tellado
era soportado con postes sen cerrar con ladrillo, polo que tiven que
cambiar a montaxe. Como a primeira me quedara tan chula despois do
traballo que a min isto me da só coas ferramentas de Word, pois doume
lástima quitala. O que me pasou nas dúas versións e que “machaquín” os
restos do estaleiro do señor Silva. (Non importa moito porque agora son
galpóns feitos con bloques de cemento).
Chegou a ter tamén barco propio.
Se eu fose de Boiro promovería unha plataforma para dedicarlle unha
rúa a Manuel Lojo Blanco, este xenio.
O tío apréndelle o rapaz coma eran os
trafegos daquela co barro nas pequenas
telleiras familiares. O momento recolle o
feito, no banco de telleiro onde se estendía o
barro, logo bruñiase co baño de barro moi
fino diluído en auga, pasábaselle o formal
pa darlle a curvatura da tella e por último
tendíase na eira a secar. Logo viría a fase
do forno. Aquel rapaz é quen me facilitou
estes datos e a telleira da foto superior era a de seu tío e a segunda
montaxe é a de súa avoa, ámbalas dúas na zoa do Facho-Cambados.
A lagoíña seguiu dando servizo despois de cerrada a telleira, pois foi
aproveitada polo estaleiro do señor Silva alí cerquiña (un pouco mais
contra o Cabo da Cruz), pois botaba as táboas de carballo e castaño pa
logo ir collendo delas pa os barcos que facía, porque daquela os barcos
facíanse pa durar e a madeira tiña os seus tempos e procesos antes de
chegar a súa clavazón definitiva.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
49
O DO SERRADOIRO DE CASAIS (o Cunqueiro)
Situado tamén no mesmo lugar un pouco mais ao sur, onde actualmente
se atopa o ambulatorio de
Boiro. A fábrica foi feita,
coma dixen antes polo
señor Arturo Sieira, que
tamén era socio na
empresa de explotación
de volframio de Lampón ,
logo cando xa ía vello e
as cousas
economicamente non ían
ben, o señor Manuel
Casais Sánchez, de Graso,
fíxose coa fábrica por liberación bancaria. Non durou en vida moito mais
o fundador.
O señor Casais nos principios dos cincuenta meteuse tamén no emerxente
e puxante negocio das bateas de mexilón (segundo o seu xenro Ruperto do
Bar O Rodas).
Tiña, segundo se pode medir na toma aérea en torno os 75 metros, dende
onde se cargaban as vigas e táboas de todo los tipos para levalas a
Vilagarcía aos mercantes con destino as Canarias e o sur da Península.
O DE CHOUZA
Tamén se encontraba moi preto do anterior un pouco mais ao sur, que
aínda se pode ver nas fotos do ´56 e nas actuais xa con unha plataforma e
un peirao de pedra, que foi a substitución do primeiro de madeira, agora
nesa base hai unha estación de bombeo de augas
residuais (estaría ben que a coidasen e non botase
nada por fora, por ben non só dos veciños, senón de
todos).
Na foto de Boiro Histórico, mulleres apiando as
táboas nese serradoiro.
Coma o outro, era principalmente pa dar servizo o
serradoiro con fretes comerciais propios. Logo
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
50
tamén se dedicou aos materiais de construción e de esta maneira xa os
barcos non tornaban en lastre ben si, cargadiños cos novos materiais en
saneamento e construción que vía tren chegaban a metrópole arousana
por excelencia coas novidades que os avances económicos ían facendo
necesarios nas novas vivendas.
A factoría o primeiro estaba na outra banda da estrada e tamén contaba
con un muíño fariñeiro, pero despois de ser pasto do lume, refixo todo,
incluído o muíño, na banda do mar.
Este empresario tamén instalou unha telleira de considerables dimensións
pa época no lugar de Exipto-Abanqueiro. Tiña un socio principal que era
meco, D. Gonzalo, e tamén estaba na sociedade o Sr. Manuel Escurís.
Parece ser que un empregado familiar, nun mal día, cando estaba
xuntando barro cunha pala mecánica tivo unha mala manobra e caeu
coa máquina encima del e xa quedou no sitio. O Señor Chouza ademais
chegou a ser alcalde de Boiro. Tamén se meteu no das bateas que contou
ata dez.
Tamén era armador e tiña varios barcos. Nuha ocasión, alá po los anos
´50 ou ´52, cargaron troncos de pino para Vilagarcía pero a causa do mal
tempo non completaron a capacidade. Cando ian a altura de “O Seixo”, o
patrón díxolle ó xoven Ricardo Pérez, (O Polveiro, de Taragoña, o
informador), que cobrase a maior pero o chaval xa veu que lles chegaba a
auga a cociña, avisáronlle ó mozo timonel que metese a caña a outra
banda pero xa, sen saber cómo, encontrouse sobre a quilla do barco
emborcado, o timonel consigueu recuperar a gamela que se lles marchara
e os tres subíronse a ela. Veulles a socorrer o barco de mantemento dos
faros que estaba cerca y decidiron, logo de esperar a que acabasen de saír
coma obuses a superficie tódolos troncos, de remolcalo hasta Vilagarcía
para non deixalo no medio do canal. Loxicamente paseniño xa que tiña
os paus coas velas despregadas. Ó seu pesar non lles quedou mais remedio
ó patrón que decidir levalo hasta o molle causándolle lla perda de paus e
velas. Desde alí púsoxose en contacto co Sr. Chouza quen xa tomou as
rendas. Apareceu no peirao con un camión de Lantero cargado de pinos e
con el largaron uns cabos ó costado exterior do bote e conseguiron darlle a
volta e poñelo a flote.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
51
EN ABANQUEIRO
Aquí tampouco había ningún tipo de peirao de maneira que cando tiñan
algún evento especial na que se invitaba a xente de alcurnia ou
autoridades non lles quedaba mais que recorrer a solucións de fortuna.
Aquí vemos as autoridades subir a bordo de un barco e mais o embarque
da imaxe na procesión marítima do Carme, tiveron que armarlles unha
pasarela con unha escada e unhas táboas de madeira de reforzo e mais
facendo de tapacoños.
Estas xentes débenche ser moi gaiteiras, por un nadiña móntanche unhas
copliñas, sen ir mais lonxe, no ano´35 na praia de Angados apareceu
unha toniña e tamén lle montaron outra “homenaxe” que a recorda moi
ben o señor Bautista Suárez, nonaxenario, de Porto de Mouro:
Anda lixeira María
traime a cortiza do sal
para salala toniña
que saleu en Sucordal
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
52
O BODIÓN
Este peirao foi durante moitos anos o punto de escada e logo o último
terminal do derradeiro vapor dende esta banda do mar a Vilagarcía. Era
de titularidade pública.
A ubicación e a mesma que ten hoxe en día o porto-explanada que usa a
fábrica de Gealsa . Parece ser que nunca foi de madeira, o inicio era unha
canteira onde, coma noutras partes puxeran uns raís para uso de unha
vagoneta ata a parte mais saínte e poder cargar a pedra nos barcos.
Como nese sitio o fondo é moi fangoso, decidiron reenchelo empezando
con bloques de formigón e logo xa votarlle a pedra enriba. Isto ocorreu
entorno o corenta e tres, díxomo unha señora que tiña daquela catro
anos e agora tamén cóntamo un matrimonio que tamén andaban polos
nove e catro anos, xa que nas tomas aéreas do ´56 non parece que sexa de
dimensións de madeira e mais pola continuidade co terreo.
Como anécdota, contan, este matrimonio o mesmo que señora da
primeira versión, que antes do cambio, unha balea quedou atrancada
entre os bloques do molle e xerou unha
boa novidade porque chegaban xentes de
toda a contorna pa vela (o mesmo que en
Peralto). A ela pareceulle unha pedra
entre as outras, pero a parella dime que
incluso xogaban por enriba dela e que
estivo moito tempo, fálanme de anos,
aquí teño que discrepar dos recordos
porque seguramente foi un tempo largo que lles pareceu moi largo. O
animal chegou vivo coa marea alta e logo o devalar quedou nas obras,
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
53
polo visto daba uns “zapatazos” que ata retumbaban nas casas. O que
pasa é que unha vez morta cando empezasen a saír os “aromas” da
descomposición e dun animal tan grande, probe Bodion! Non sei se aínda
hoxe darían volto! Certo é que así debeu pasar e alguén aproveitou o feito
pa sacarlle unhas copliñas. Grazas a excelente memoria da señora Lola
Trasbach (a Cuca, irmán do Cheriff de Barraña) de Ferreiros hoxe
podémolas disfrutar:
Decían os mariñeiros
aí ven un barco de guerra!
E cando varou na Praia
resultou ser unha balea.
Acudiron de Cespón,
de Bealo e Taragoña
para matar a Balea
todos traían lagoña.
Xa vos direi mais tarde
o que lle ocorreu a Barreiro,
non lle quixo dala carne
os vecinos de Abanqueiro.
Xa veredes vos agora a Praia do Bodión
qué bonito queda o ancoradoiro coa graxa do xibarrón.
Uns dín que é unha balea
outros un xibarro
quen levou un saco dela
foi Cachiñas o de Graso
O señor Agustín viña na procura dunha rebanda
non tiña onde levala,
lévalla a neta na faldra.
Veciños do Bodión* Andades mortos de pena. seica vos chegou o cheiro
que traía a balea?
*suposición míña do verso en esta estrofa que xa me chegou eivada.
Como vemos ten algunhas semellanzas coa de Peralto, vese que o vate de
estas composicións tamén a coñecía.
Cóntame o señor Ricardo Herbón, que seu pai Manuel lle conta cos seus
oitenta e catro anos, que o tal Barreiro da copla era un veciño de
Ferreiros que se dedicaba a compra-venda de peixe no seu barco e
dándose conta do negocio, chamouse a dono do cadavre. Logo
arrastrárona para ó serradoiro do señor Figueiras xunto co señor Manuel
Herbón e mailo “Peiteado” e outro home mais e alí mesmo a tronsaron en
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
54
toros e fixeron con ela grasa (e velaí o cheiro das coplas) que encheron en
barrelos cos que se supón debeu negociar o señor Barreiros.
Os restos e mailo esquelete tiráronos alí mesmo por fora do novo dique en
construción e tivo as súas consecuencias: unha que entre os osos pescábase
lorchos coma mans de grandes e outra que dín que os curriolos,
anguiachos e ata os congros sabían a touciño.
Como digo, alí cerquiña, onde se atopa actualmente o multi-servizos de
fibra e PVC dos Otero y
Losada, estaba o
serradoiro do señor
Figueiras, pero o peirao
que lle fixo xa foi de
pedra. Esta foto
“collida” de Boiro
Histórico, é dos anos
cincuenta, a xente do
lugar está no molle do
serradoiro do señor Figueiras e o fondo o do Bodión.
E xa postos, temos un actual que combina o cemento coa madeira (a
madeira está coma elemento de
protección) e que está operativo e
ademais é o que podíamos chamar
ecolóxico porque este tipo de
instalacións non amola o
funcionamento rutinario da natureza.
É o de Talleres Piñeiro dedicado o
montaxe e reparación de motores
mariños. Como lles pasaba a tódolos “seus antergos”, ten o problema dos
calados coa marea baixa, pois cando devala o mar queda todo en seco. Foi
feito polo propio titular do taller Luís Piñeiro. No mesmo sitio xa o seu pai
tiña unha fragua de maneira que o dos ferros sexan quentes, oxidados ou
brilantes xa o leva no ADN.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
55
Martillo pilón simple para terrenos de arcilla blanda.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
56
RÍA DO BELUSO
(Para mariñeiros, Rianxo)
(tamén podería dicir: Pa carpinteiros de ribeira, Rianxo)
PONTE BELUSO
Neste fermoso curruncho, entre Boiro e Rianxo, non había ningún peirao
de madeira pero traio a este espazo porque coido que paga moito a pena.
Esta ría do Beluso formaba parte de un espazo que dende o Chazo en
Boiro ate o peirao de Rianxo, poderíamos decir que érache coma fai uns
anos atrás Ferrol-Terra ou Vigo-Bouzas pola cantidade concentrada de
Estaleiros de ribeira que se reuniron, así a ollo: No Chazo o de Francisco
Places Fernández e mais o de GerardoTriñáns (aínda capeando esta
enésima crise), aquí no Beluso pola parte de Boiro o de Manuel Places
Piñeiro, fillo do anterior e xa pola parte de Rianxo o de Jolías e o de
Forjan e en Targoña tamén o de Muíños na praia da Torre e xa entrando
en Rianxiño, Carracedo (xubilado), Lojo (que se desprazara nos sesenta
dende a praia do Porrón por falta de electricidade) ,resistindo tamén
como pode, os irmáns Losada (os Morechos) desmantelado cando se fixo o
paseo marítimo, e por último o dos irmáns Collazo Mosquera (antes
Collazo Dieste mais coñecido coma “o de Catoira”) xa no porto
aguantando a capa.
Pero tamén o Beluso foi un recuncho de enorme actividade económica no
eido da madeira pola cantidade se serradoiros, case que toda a veira rúa
entre o mar e a estrada eran apiamentos de táboas. Outra
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
57
particularidade que lles vexo e que fixeron barcos de considerable
envergadura pa ser de madeira. Voume a referir só a un, o do Señor
Places na banda sur (Boiro).
Estaba ubicado xusto debaixo do peto da Santa Ritiña que tantos
seareiros ten polas cantidades de ofrendas que sempre ten e case que a
tapan entre botellas de aceite e flores.
Aínda hoxe se poden ver os galpóns nos que se desenvolvía esta
carpintería. A toma do ´56 púxenlle uns círculos onde parece que ai uns
barcos atracados, a foto non
se pode acercar mais que se
pixela demasiado, tamén na
outra banda parece que se
ven dous no de Forján.
Nesta toma o sitio actualmente, o cuberto
columnado era o estaleiro, o galpón da
dereita e posterior.
E aquí temos o Sr. Manuel Places Piñeiro
desembarcando no peirao de ferro, nunha
visita a Vilagarcía. Tiña moi boa man pa
construción de ribeira e na súa conta ten a
do mercante
extraordinariamente grande
para época e loxicamente en
madeira o “Bella Otero”. Foi
un mercante feito coa idea
de fretalo pa o carrexo de
madeira entre Marín e
Barcelona. E a pesares de
que cando se acabou a súa
construción xa a sociedade
de dos dous cuñados
armadores de Pontecesures
non ía por bo camiño, o certo é que o barco
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
58
estivo case que sempre facendo a rota ideada, aínda que logo tivo
desprazamentos distintos. A foto foi feita en Santander e alguén
contoume que o veu por Palma de Mallorca. Logo acabou de batea na
parte de Bueu. Foi construído entre os anos ´59 e 62. Tiña 36 metros de
eslora total, un motor de 300CV e 300 TPM.
Tamén podemos ver un cachiño da súa proa durante ese
tempo no estaleiros. Danos idea das dimensións o home
que quixo saír na foto, quizais a posta.
Nos plans que figuran no proxecto de construción, danos
a data do 1958 por un enxeñeiro naval do Ferrol. O
motor asentáronllo en Marín. Grazas a que esta xente
descendentes Places conservan coma unha reliquia estes
recordos, hoxe podemos gozalos todos un pouco e
apreciar o esmero con que estas cousa se fixeron. O plan
xeral tíveno que sacar a cachos e volvelo a encanar .
A que era fantástico?
Como digo o primeiro, este
golfiño de mar, tiña abundante
actividade, non só a dos
estaleiros senón tamén varios
serradoiros a unha e outra
marxe da ría, o pasar pola
estrada en coche todo eran pilas
de táboas de madeira no
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
59
recorrido da circunvalación dela.
E na parte norte estaba o estaleiro de Forján e mais o do “Jólias,” ámbolos
dous de Taragoña.
O Jólias xa traballara con Places e logo co Forján pero como era “moi seu”, púxose “en por el “ con outro asentamento o carón de este último. Entre as súas construcións cabe destacar un barco arredor de 500 trb nos anos ´54-´55, chamábase “Pilaruca” e foi un encargo de un dos Pérez Lafuente de Vilanova para mercante de navegación costeira. O señor tivo moi mala sorte porque xa tendo unha placa metálica no cranio de outro accidente, cando estaba poñéndolle a este o bao do castelo de proa, este madeiro zafóuselle e caeulle na testa, deixándoo no sitio. E así, nos tempos en que Manuel Places estaba facendo o Bella Otero, o Señor Bieito Forján facía o “Isla de Sagres” de 200 TRB, tamén un bo cachopo pa dous socios de Riveira con destino de mercante (no 1956 había ardido o Tritón varado durante as festas do verán), e a intención era pa sustituílo na liña Ribeira-Vigo. Esta sociedade o mesmiño que a anterior, xa facía auga antes de acabalo, resultado do cal
o barco (que non chegou a ser), acabou amarrado unha porrada de anos nos molles de Ribeira. Namentres o tráfico marítimo de liñas cortas empezou a decaer e parece ser que houbo un amago de preparalo coma baka, pero
tampouco callou, e deste xeito “navegou” dun molle pa outro onde menos estorbase, sendo fogar de unha coñecida parella de indixentes voluntarios. Finalmente, despois de “aproveitárenlle” algunha chatarra e pouco mais, o resto quedou pa sempre enterrado no recheo onde están as primeiras chabolas do porto. Qué pena, non? Nestas catro fotos
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
60
comprobamos o seu peculiar tipo de navegación dentro do porto ribeirán e atracando “onde menos estorbara”: no molle externo, no malecón fronte a rúa Rosalía de Castro e a carón do varadoiro do Cabalán.
E esta derradeira é un recorte, con reproducción parcial da popa, de outra mais
extensa con partes ocultas pola xente.
Nesta “instantánea”, algúns dos persoeiros que viviron estas istorias, os
fillos do mestre 1 – Ramón Places, 3 – Manuel Places, 2 -Francisco Piñeiro
e 4 – O Jólias.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
61
Ao fondo estaba estaleiro de Forján e xusto encima do 3 o “Taloli,” un
mercante de Prego (consignatario/armador) de Vilagarcía que estaba pa
reparar, por certo, nese mesmo sitio xa lle fixeran, tamén pa Prego outro
mercante de 200 TRB chamado “Sara”.
Aquí temos o INDUSTRIAL feito por BieitoForján no 1945 con 18,02
metros de eslora e 33,64 TRB pao fomentador ABALO-OZORES de
Vilanova de Arousa. Logo de unha larga tempada na compra de peixe a
flote, nese tempo que tuvo unha embestida con unha baka de Ribeira a
altura de Sálvora e morreran dous mariñeiros da baka. Despois pasou a
pertenecer a confraría de Arcade onde o tiveron traballando de areeiro e
ao sal , mais tarde pasou os armadores Domínguez Oliveira de Carril e
atraballar de draga, dende o 2008 que pasou a mans de Dragados del
Noroeste, S.L. de Vilanova e restaurado nos estaleiros de Aguiño, exerce
actualmente coma barco de lecer co nome de MANUYAEL
INDUSTRIAL.
O señor Manuel Places Piñeiro, tiña seu pai Francisco Places Fernández,
coma xa dixen antes, que tamén
posuía un estaleiro no Chazo (xusto
onde a capela) e fixera parece ser
que no ano ´22, un super-barco de
400 TRB de nome “Guadaira”,
encargo dun armador andaluz2. Debía ser
magnifico, tiña tres paus, moi parecido o 2 No me extrañaría nada que hubese sido D. Esmeraldo Domínguez
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
62
Barbanza polas características. Houbo moita festa e algarabía o día da
botadura. O certo é que só fixo unha viaxe a ultramar, un frete de follas
de tabaco e de capitán foi un señor de Burata-Rianxo. Logo cando chegou
de volta co cargamento xa veu, como lle pasara o Barbanza, ferido de
morte (os barcos tamén debería ir vacinados a eses mares quentes, ou
sexa, tratada a madeira) co casco todo podrecido do teredo tropical que
lle entrou e entón deixárono fondeado na Ría de Muros-Noia por moitos
anos, mais tarde trouxérono pa praia de Rianxo coñecida coma da Torre
ata que un mal día do inverno do ´55 o ´56 que foi dos peores que se
recordan, tan malo foi que a mortaldade do marisco foi total e os
mariñeiros xovens de Rianxo tiveron que ir a procura de subsistencia nas
minas asturianas (consecuentemente algúns xa se afincaron alá pa
sempre), pois, coma digo, cun temporal dos bos que houbo, o barco garreou
e foi dar mal treito a praia da Torre onde finou. Entón comezou a
“reciclaxe natural” por parte dos veciños ate que non quedou nadiña.
Andiveron a procura da botavara, polo visto non resultara atacada do
mal, pero non se encontrou, lóxico porque algún listiño xa soterrara na
area antes que chegara os outros.
Neste derradeiro emprazamento do Chazo, montáranse os maquínallos
para intentar arrastrar os restos que puidesen do pecio do “Cabo Razo”
logo do seu afundimento o 4 de agosto do ´58 . Aínda hoxe se poden ver os
asentos onde estiveran. Os
traballos foron feitos polos buzos
e persoal da fábrica de
fundición “la Atlántica” de
Vilaxoán.
Unhas fotos de esa desgraza,
feito que grazas a Boiro
Histórico e os amigos de Graso
podemos tristemente lembrar e
cuxo avó foi náufrago deste barco e
salvouse porque o recolleron cando
ía polo mar a baixo xa chegando a
illa de Sálvora.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
63
O rescate de restos do relicto, o funeral de campaña multitudinario polos
trece mortos e o enterro de algúns dos desdichados en Vilagarcía
Aínda que non todo saía sempre ben, pois resulta que nos albores do século
pasado, na praia da Torre en Taragoña, no estaleiro de Muiños, durante
unha botadura o barco caeulles tres veces, menos mal que o puideron
recuperar e levalo a flote, o feito chegou a nos grazas as coplas populares
que sempre estaban prestas pa cantar “as xestas” do que se saía co cotián.
O barco de Muiños
Nazareno é
dou as tres caídas
e caeu de pé.
Os de Taragoña
tirabeques son
que o dixo o cura
na Santa Misión
Témollas que agradecer o señor José “o Carrileiro”.
Falando de Taragoña, ainda que a día de hoxe carece case de flota
(exceptuando a bateeira con base en Rianxo), na primeira metade do
século pasado era todo o contrario pois contaba con unha abondosa flota
de costeiros de dous e tres mástiles.
No cabe dúbida de que isto dos estaleiros de ribeira merecería de, per sé,
un monográfico.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
64
Configuración de una estación de observación de olas.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
65
Extremo de un Pilote
NO RÍO ULLA
(Néboa en Padrón, sinal de cerrazón)
Neste treito de ámbalas dúas marxes, na época en que eu me estou a
mover, non encontro ningún, aínda falando coas familias dos
descendentes dos valeiros e algún deles de oitenta anos.
Pero o señor Francisco Barreiro (Picafolla), andou interesándose por
axudarme e deixoume (con volta) un libro “Historia de Puentecesures” de
José Piñeiro Ares, edición 1989.
Non me queda mais que repetir o que neste libro se pon.
Que no 1959 durante unhas reformas do peirao de Pontecesures, unha pala
escavadora tropezou con un “tesouro” : uns madeiros xa fosilizados que
eran da época romana e que formaban parte de un molle pa o atraque
das súas galeras.
O lugar é no Porto, xunta onde está hoxe a Cerámica Celta.
Deixo algunhas das fotos que
alí aparecen dos achádegos
encontrados nestas
escavacións, tal coma esta
punta dun dos pilotes, vemos
que ten unha entalladura que
debía servir coma amarre.
En moitas destas vigas
apareceron estes rebaixes polo
que se pensou fosen pa o encapillamento dos cabos.
Este entrabado de pontóns e vigas,
coma todo o resto da instalación,
estaba carente de cravazóns metálicas
e estaba confeccionado a base de
machembrados e espigas de madeira.
Vigas e pontóns liados en “cola de milano”
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
66
Arrastrando as vigas que no seu
orixen debían ter polo menos uns
doce metros. A todo o largo delas
tiñan uns furacos que debían ser
pa encastre dos outros paus.
Nunha destas vigas apareceu
unha inscripción “C O R”.
Este pilote aínda o puideron
fotografar cando
desterraron todo este
achádego
E finalmente unha mostra do
armazón do peirao.
Parece ser que esta armazón tiña hasta 20
metros de fronte por seis de fondo. Tamén
se comenta no libro, que as vigas e os
pontóns chegaban a medidas considerables
de 10 metros de longas por 20 ou 30
centímetros de espesor. Ademais
comprobaron que no enterramento destes
pilotes había uns restos de material que
podería ser morteiro.
Aí! Qué pouco publicitamos os nosos
tesouros!. Nalgures por bastante menos
danlle un bombo que parece unha exclusiva mundial.
Restos do entramado do molle
Pontón petrificado e
mailo autor
Extraendo enormes vigas
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
67
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
68
O CARRIL
(O inglés non se lle pode dar confianza nin na Malveira)
En Carril, na época en que, asegundo me contou o finado do Sr. Agustín o
“Tecelán”, chamábanlle a das tres sirenas: a dos barcos, a das fábricas e
a do tren. Tamén eran os tempos en que en calquera casa podíase escoitar
unha conversa doméstica coma esta:
Nai - Encarnita
Nena – Mande
Nai – Agora que está a marea baixa, vaite a praia e trae un
caldeiro de ostras, logo cando chegues machúcalas e bótasllas as
ghaliñas,
Esta ilustración debe de ser de cando veu o rei e maila súa nai a “recollelo
agasallo” da Illa de Cortegada.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
69
Póster cedido polo bar “La Plaza” de Carril
Tamén era o porto mercante mais importante da Ría de Arousa, antes de quedar absorbido pola puxanza de Vilagarcia e acabar formando os tres pobos, xunto con Vilaxoán, un único concello a principios do século. ¿Cántos dos nosos emigrantes haberán visto marchar estas vellas pedras?
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
70
Contaba con un tecido de industrias considerable incluído de pesada con
varias fundicións. Con todo só encontro dous molles de madeira, seguindo
o paseo marítimo actual,
NA PRAIA DE COMPOSTELA
A altura do lavadoiro polo lado sueste do actual peirao de pedra despois
do que queda da fundición dos Alemparte, chamábanlle o de
“Cantalarrana”. Outro mais, pasado o actual centro de interpretación do
areal, era o de D. Juan Gil. Ámbolos dous de serradoiro.
Estes dous peiraos tiñan raís para o uso de vagonetas na descarga/carga
da madeira.
O de Cantalarrana pertencía os Cambón que tiñan, nunha grande
extensión de terreos a un lado e outro da carreteira, un serradoiro que
debía ocupar todo o entorno do actual istituto de Carril, ou sexa entre os
dous accesos a Trabanca, o da rúa dos Anxos ate a carreteira por debaixo
da vía do tren. Esta panorámica sacada dende a Tomada no cincuenta,
danos unha idea da situación destes emporios industriais.
Mediados os corenta xa os Cambón (que habían constituído NAVICOM logo FINSA en Pontecesures), ían deixando esta propiedade de lado e na parte baixa a carón da estrada, instalárase Mequinsa, unha fundición de volframio. Tamén naquel entón tíñamos onde hoxe está o hotel Carril e mais os chalets adosados outra fundición, a de Mensa (Metales del Norte SA). Cantos postiños de traballo!
O mineral traíano en carros de bois dende as minas de San Fins “The San Fins Tin Mines Ltd.” en Lousame. Tamén posiblemente virían co mesma procedencia, a través dos galeóns cargados desde os carros en Pontebeluso e posiblemente algo tamén desde Escarabote das minas de Lampón e mais da pequena mina de Mondelo en Palmeira. Por certo, nesta derradeira
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
71
cargábanos mo molle da fábrica de Ignacio e dunha volta, cando non lles viñeron os botes recoller o mineral, os carreteiros tiraron con todo o mar, agora ó sítio quedoulle “Pedras Negras”.
Algúns barcos de ferro que facía escada nestes portos e encontrábanse con algún problema de chapa na súa estrutura, varábano nestas praias e procedíase a s reparación ou cambio das láminas e remachado das mesmas. Tamén din que aquí se fixo o primeiro barco de aceiro a vapor de toda a Ría..
Nestas dúas fotos (grazas a D. Daniel Garrido e O faiado da Memoria)
vese o comezo do peirao, posiblemente algún dos nenos sexa D. Mariano
Rajoy que veraneaba a carón de este emporio.
Dende o serradoiro de Pontecesures a miúdo facía o trasporte das táboas
en feixes amarrados en fila a un barco e este remolcábaos hasta o porto de
Vilagarcía. Debía parecer os madeireiros do Tajo polo río abaixo.
Un momento de un día de actividade “frenética” no molle de Cantalarrana, basta fixarse na gabarra primeira pola esquerda e preguntarse cómo tal aguantaban.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
72
Pola banda de Carril deste peirao, hoxe temos outro de pedra, e un pouco mais alá aínda se pode apreciar na praia un cercado de pedra que non é unha linde de concesión marisqueira, senón a testemuña de unha poza onde os da fundición de Alemparte enfreaban os caldeiros e outras pezas metálicas que elaboraban. Nunha das nosas crises periódicas, alá polos sesenta, as mulleres da contorna pa axudar a sempre maltreita economía ían escarvar nesta poza a procura de pezas metálicas residuais pa vendelas coma chatarra.
Nesta foto aérea do ´56 podemos ver os tres, o primeiro nótase pouco de Cantalarrana, logo o de D. Juan Gil e por último a caseta de Lantero.
A montaxe aquí debaixo, corresponde a ubicación que tería oxe esta marabilla, debe terse en
conta a cantidade de area con que se cubreu esta praia, daquela xa
tíñamos mais de un metro de altura no arranque da istalación, as pedras que se ven na foto vella xa non están
ou foron tapadas pola area, a instalación chegaba case que a altura da “pedra redonda” que sobre sae das outras. De fondo Carril e a dereita a
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
73
factoría de Alemparte coas xanelas selladas con ladrillo. Abaixo na praia a poza de enfreado. Aínda que a foto seguinte pertence o Ramal podería
ser común a estes outros. A pesares que tiñan os molles para estes servizos, vese que a voltas estes botes (galeóns?) coa marea moi devalada
non estaban para operar amarrados e habería que recorrer a facer de funambulistas para cargalos varados. Esa mulleriña coa táboa a cabeza
andando por unha prancha de madeira que ademais seguro que abaneaba ben cos andres, namentres os homes estibábanas na cuberta do barco.
O de D. Juan Gil, debía estar mais ou menos a altura do edificio a continuación da pulpería SUSO, ou fronte o Museo de Renfe. Tamén era, como dixen, un serradoiro con unha boa extensión de terreo, polo menos dende o mamotreto de
vivendas Ribainsa ate a altura do grupo de casas baratas por ámbalas dúas marxes da estrada. Tiña, ademais un muíño fariñeiro pa o gran de millo, trigo ou cebada, etc. Sufreu un incendio no ´33 e no ´55 vendeullo a explotación a Carbonell y Cia. de Córdoba que ademais tiña outro serradoiro e Pontebeluso. De este temos esta espectacular foto aérea en que aparece en primeiro plan, o que segue despois do xardín de Artime debe ser o de Lantero que antes de ser de pedra foi unha caseta-almacén
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
74
tipo palafito sobre puntais que parece ser tiña un pequeno atracadoiro con raís hasta o serradoiro que estaba na outra banda da avenida, aínda hoxe quedan unhas vías na beirarrúa que da a ex-factoría cruzando a estrada. E logo das innumerables fotos que hai da praia de Compostela en que se
aprecia ao fondo o molle
do señor Gil, escollín esta
porque é a mais preto. A
cheminea destaca por
encima dos paus
abandeirados.
E finalmente, por seguir
esta teima, poño outra
montaxe coma e onde
estaría a día de hoxe. O mesmo que na anterior, a praia quedaba moito
mais baixa como se ve na foto desa época notando os pasos das escaleiras
de baixada dende os xardíns.
Maqueta deste molle feita
polo xubilado de Fenosa,
Antonio Rodríguez
Cóntanme que unha particularidade de este era que tiña no metade del un “escusado” para as donas.
E por último un plano de estas instalacións que debe ser de finais do século XIX, porque esta estrada fíxose nesa época, antes non había o camiño a
Carril bordeando praia, eran unhas propiedades privadas, os Artime cuxo xardin quedou divido en dous e dunha familia Martínez que cedeu os terreos e o primeiro nome desta carreteira de Carril a Chapas neste treito foi o de Avda. De los Martínez, qué menos.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
75
Método de líneas paralelas para fijar la posición de sondeos.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
76
VILAGARCIA DE AROUSA
(Cando amolega o Xiabre, mal tempo espera)
Nesta toma do 1956 xa se ve como Vilagarcía se empezaba a alonxar do
mar; as fermosas e produtivas praias que a lambían ían quedando
cubertas para dar paso o “progreso” que dunha capital se esperaba. E
chegando a situación actual na toma adxacente.
O RAMAL
De este molle, acabado de construír no 1903, debemos dicir da moita
importancia que tivo, xa que dotado de raís chegaba a vía ate a estación
do ferroviaria, polo que contribuíu tremendamente o fomento de
desenrolo industrio-comercial da Vila. O propio avó de Camilo José Cela
(John Trulok) chegou a escribir da importancia económica que lle estaba
dando a Vila e a profusión de talleres e industria que se estaba desenrolar
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
77
a carón del. O trazado aínda hoxe é o mesmo, pero nestes intres estase
derivando para o peirao de contenedores no Ferrazo.
Contoume un señor de Carril, que no ano ´44 neste molle sucedera un
episodio moi lamentable, pois ocorreu que un tren de mercadorías
cargado con vacas que ía de Santiago pa Vigo, algo pasou nos controis de
cambio de agullas nas vías que o convoy acabou no Ramal
descarrilándose e precipitándose o mar. O momento cólleo a foto da
dereita destas tres arriba, grazas A.P.V. Morreron moitos animais e como
a marea ía pa arriba as reses mortas flotando subían por Cortegada e
polo río que daba a impresión de que estaban tornando aos seus prados en
vez de ir pa O Porriño, o de tantas xuntas o mais seguro que ese fose o seu
destino.
Na primeira pola esquerda, vémolo en
construcción. Se a ampliásemos veríamos
a caseta-almacén de Lantero e
apreciaríanse tamén os molles de D. Juan
Gil e Cantalarrana.
E finalmente, outras tomas mais do
mesmo e tamén grazas a D. Daniel
Garrido.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
78
O MUELLE DE FERRO
Con ríspeto a este peirao sobran as palabras dada a enorme importancia
que tivo, non só para Vilagarcía se non pa toda a Ría. O tráfico de
mercantes, aínda que tiñan que quedarse fondeados por mor da falla de
calado, logo se procedía a través das gabarras a carga/descarga deles.
Verdadeiramente este molle era de ferro pero “meto no paquete” porque a
plataforma peonil era de madeira. Foi acabado facer en xaneiro de 1890
con unha lonxitude de 420 metros. Tanto de este coma o do ramal os que
queiran saber mais ou ver fotos ben bonitas, poden facelo nas páxinas de
O FAIADO DA MEMORIA, e mais PATRIMONIO VILAGARCIA, este
último tamén case que sempre apoiando as ilustracións con escrito
contando algo sobre o momento que reflexan.
Estivo activo ate finais dos cincuenta. As fotos púxennas en pequeno en
grupos pa non ocupar moito porque como digo arriba, o que guste de estas
cousas pódeo pasar moi ben nas páxinas web vilagarcianas mentadas.
Como anécdota, debo suliñar a tremenda manifestación que no seu
entorno se celebrou no 1900 co gaio da visita do Rei D. Alfonso XIII (polo
asunto de ver o agasallo que lle facían da illa de Cortegada para
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
79
residencia real de verán); pois ocorreu que se xuntaron unhas catro mil
embarcacións de toda a Ría cuns vinte mil homes protestando polo uso
das traíñas na pesca da sardiña que
puxeran “de moda” os fomentadores
cataláns e que estaba desequilibrando non
só o sistema ecolóxico se non tamén o
financeiro das xentes da pesca. Cos remos
en alto oíase o grito: “morran as traíñas,
viva a nosa nai”. O que non sei é o que
siñificaba “nosa nai”, puidera ser porque
co rei tamén estaba a su nai a raíña rexenta? Este momento corresponde
as fotografías do último grupo a mais da dereita e mais esta o carón. O
que si ben recordo unha copla que debeu xurdir de estes feitos e que na
casa de meus avós, na Ameixida, cando había comida familiar acabábase
cantando:
“Algún día largábanse as redes
e quitábanos a nosa pobreza,
e caeuse a motora no mar
e acabóusenos toda a riqueza”
O certo é que este peirao case que foi unha solución de fortuna porque non
solucionou o principal problema que era o dos atraques dos mercantes,
polo que mediados os cincuenta, puxéronse mans a obra de reencher un bo
treito de praia e logo dragar o fondo para dar o calado necesario e poder
operar con eficacia por mor de ser competitivo cos outros portos
circundantes, en materia comercial.
Como neses tempos en esta Vilagarcía en fervente transformación de
poboado encharcado a cidade, dedicóuselle unha rúa ao palmeirán
Romero Ortiz (verdadeiro nome
Antonio Romero García) (J.A.C.),
supoño que sería porque debeu
influír en algo positivo para a
Vila durante algún dos seus
períodos alternantes: bos de
ministro no goberno liberal de
Sagasta, ou malos fuxindo no
conservador de Cánovas. Aqueles
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
80
presidentes que mais parecían competidores de cucañas no pau ensebado
nas festas do verán, pois estábase mais pendentes de cando caerían
entroques do que farían.
Unha manifetación dos estivadores
nos anos ´20-´30.
Vese que coa “contundente resposta”
por parte das Autoridades
Competentes.
Deixo esta postal que parece de
primeiros do sesenta. O barquiño en
primeiro plan é o que facía a liña a
Rianxo, o Cambeses, nome do barco e
mais da familia do armador
rianxeiro. Logo mais alá a temida
“patrulleira” da Armada.
Esta póñoa porque me informaron que xusto pola dereita da foto a carón
da praza vella había un pequeno
embarcadoiro de madeira.
A foto corresponde a unha regata
de botes de Carril (faluchos) co gaio
das festas de San Roque, feito que
era moi normal nestas festas
estivais do santo patrón da Vila.... e
ben tiñan razón os que me falaran
de este peiraiño porque cedida por D. Daniel Garrido aparece esta
reliquia. O lugar era coñecido coma As Hortiñas no que hoxe é o empece
da Avda. da Mariña e o molle
pertencía a D. José Bouzada
que tiña un establecemento de
ultramariños e coloniales
entre outras actividades
xusto onde hoxe está o banco
de Santander. Posiblemente
sexa este personaxe o que foi
socio de D. Ramón Gil no
almacén de salga ao que me
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
81
refiro situado no Cantiño da Illa da Arousa. Aínda no estaba a praza da
pescadería
AS PONTES DO CASTRO
Nestas dúas foto poño estas pontes que datan da primixenia Vilagarcía, o
lugar ou insuela do Castro, para pasar a praia de Vista Alegre salvando o
río Con. Obviamente non son molles pero coido que vale a pena recollelos
aquí. Posiblemente sexan as dúas fotos no mesmo sitio o que nos levaría a
un recambio, o da esquerda sería o primeiro, digo polas formas arcaicas, o
da dereita xa está mellor acabado.
Tamén había unha
pequena carpintería de
ribeira no Castro dando o
río do Con. Aquí vese o
pendelliño con un par de
chalanas varadas.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
82
COMBOA
Este foi un peirao privado da casa dos Duques de Terranova e Medina de
las Torres e verdadeiramente é un lugar
moi abrigado como parece ser que significa
a palabra comboa. Como detalle,
seguramente andou por el o rei Afonso XIII
que era moi amigo desta Casa.
Foi feito no 1877, tiña tres metros de ancho , unha altura sobre a preamar de 0,60 metros e tamén era bastante longo sobre 145 metros. Na foto da dereita un rapaz rastrexa e amorea argazo para abonalas leiras.
Desapareceu co recheo polo novo
deseño do porto no Ferrazo e unión
por estrada con Vilaxoán pola
costa.
Nesta derradeira foto xa se ve que comeza o deterioro.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
83
Utilización de una cuerda flotadora para fijar la posición de cada sondeo (embarcación B).
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
84
VILAXOAN
(Nubrado na Armenteira, norte na ribeira)
NA PRAIA DO CASTELETE
O DE CONSERVAS PITA (Hoxe GARABILLA)
Neste aínda quedan os restos de algún pilote. Pertencía a fábrica de Pita
(dixéronme que este señor era indiano). Logo un pouco mais contra
Vilaxoán estaba outro pequeniño que era o de Bieito Guillán (Benitiño)
que se viñera da Illa para asentarse nesta outra localidade Mais tarde
cambiou o molliño de madeira por un de pedra que hoxe segue en pé. O
curioso de está factoría era que na fachada en alto púxolle unha furniña
con un San Bieito. A fábrica decontado foi absorbida por Pita e o santiño,
como non che era moi valioso, feito en cemento por algún mañoso local,
acabou xunto cos restos de cascallos da reforma, na barreira de escombro
que dende a rúa daba a praia. O mesmo que o cruceiro na Pobra, tamén
causou danos colaterais por mor do servizo que tiña coma enfilación de
fanequeiras .
PITA
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
85
A fábrica de Pita acabou nas mans de Garabilla (Cuca)e xa sabemos en
que trafegos andan coa xente estes días.
Coma anécdota cóntanme algúns veciños que de pequenos (coido que na
incipente adolescencia, como as tardes eran tan largas, dábase en todo
como corresponde a esas idades), unha
das actividades era a de ir axexar por
debaixo das rendixas das táboas as
mulleres cando pasaban na súa
actividade cotiá. Supoño que isto sería
común en tódolos portos. O que pasa e
que vendo esas mulleres de Palmeira
ou na Illa con esas saias escuras, logo
enaguas e toda a trapallada que
levarían daquela por debaixo, vexo
difícil que obtivesen “premio”. Estou por crer que nalgún destes casos, con
o evidente cabreo, alguén soltou aquilo que logo se fixo tan popular:
“Negra sombra que me asombras”. (perdón Rosalía)
Hoxe estamos a tempo de ver o
que queda del. Pero se o Señor
Durán aproveitando que é veciño
e que está nesa posición política
tan propicia, non estaría tentado
de restauralo como fixeron os da
Illa?
Esperemos que algunha comisión
lle leve esta idea e non se perda a
oportunidade.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
86
NA PRAIA DO PREGUNTOIRO
Nesta parte de Vilaxoán, había catro peiraos de madeira.
Coma nas outras, poño as dúas fotos comparativas onte/hoxe e no caso da
segunda coas calcamonías dos peiraos onde estarían se non fosen os
recheos e alguén lles procurase mantemento.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
87
O de mais o norte era o de D. Zoilo que tiña almacén de salagre onde
hoxe e o bar As Eiras e mais na casa que da a carreteira antiga antes do
recheo. Era de dous espazos, o mais o norte con orientación leste-oeste e
pegado o outro coa casa en senso norte-sur. Tiña dúas ramplas de pedra
unha na esquina dos dous bloques e
outra no extremo sur. Este espazo foi
cuberto fai moi pouco. Nestas dúas fotos vemos o emporio industrial de D.
Zoilo.
Na esquina da esquerda nos últimos tempos un tal señor Rial que
fora encargado na fábrica de Pita, puxo un aproveito de tanques de batea
de madeira e uns tablóns facendo un tingladiño que usou un pouco tempo
coma atraque de barcos e os rapaces pa chimparse del o mar. Tiña bateas
e barco e o seu edificio é xusto esa casa branca que está pegada ao de D.
Zoilo.
Logo viña o de D. José Rodríguez Alarcón tiña tamén un almacén
de salazón que hoxe nas mans de outros propietarios, COINBA,
dedicábase a elaboración do
bacallau. Comprou tamén o pazo
dos marqueses de Pardiñas pero
moito da súa vida familiar facía
en Madrid. Tiña tres barcos
propios a traballar pa súa
industria. Posiblemente esta
foto corresponda a ese molle, foi
sacada do vídeo “Lembranzas”
de Vilaxoan (paréceme que de Teo Cardalda). A escena corresponde a un
carrexo de peixe nun carro, a polo xulgar da cantidade de mulleres e o
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
88
esforzo, debía pesar bastante. O molle digo que pode ser o de D. José
Rodríguez Alarcón porque era o mais grande e ademais este tiña filas de
tres pilotes en fondo, ou
sexa,
extraordinariamente
consistente ao que
levamos visto con
pilotes. Mais tarde tivo
tamén bateas.
O seguinte, moi
preto cara o sur, estaba
o de RECUNA que
tamén era almacén pa
salgadura. Tamén tiña un barco propio. Este empresario foi o primeiro
alcalde socialista de Vilagarcía. Mais tarde pasou a mans do boirense
Jesús Alonso e despois a doutra xente A MARISCADORA, fai un tempo
que deixaron estes locais para marchar pa Cambados. A casa segue case
que en pé detrás do que era a fábrica.
Esta foto vese pola popa enriba do barco o de D. José e un pouco
mais a proa apreciase mal o de Recuna. Mais o fondo a Atlántica e logo o
palacete dos Peña.
Aquí a miña habitual recreación de onde estarían hoxe.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
89
No illote que está na punta do Preguntoiro montábase o matadoiro
para suministrar a escuadra inglesa cando arribaba a Vilagarcía, que
daquela era moi a miúdo.
E por último, xa mirando contra o
oeste, despois da curva que está no
carreiro do Preguntoiro e que da saída a
carreteira principal polas casas de
Fontán, estaba o molle de PEÑA que xa
era fábrica de conservas. Era moi
pequeno.
E xa que che andamos cos contos de antes, aproveito para poñer
unhas coplas que os de Rianxo lle
regalaron aos de Vilaxoán co gaio
dunha da botadura falida do barco
VILAJUAN PRIMERO alá polos
albores do pasado século.
O estaleiro estaba situado na
praia das Saiñas que aquí temos na foto
e na seguinte durante a construción do “famoso” barco. Hai que ter en
conta que antes do tráfico
rodado todo era por mar e as
xentes de ámbalas dúas bandas
estaban moito mais
relacionadas, unha porque case
que todo o comercio e papeleo
dependía de Vilagarcía e outra
de seguro que cos malos tempos
e aquelas barcas, moitas das
voltas quedaríanse sen poder volver pa “súa banda”, o que trabaría
amizades e bastantes casamentos. Pois ben, os de Rianxo viñeron ver a
dichosa botadura en plan festivo e aos de Vilaxoán non se lles ocorreu
mais que facelo mal e o barco escoróuselle, rompeulle as amarras e alí
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
90
quedou pa sempre tirado, feito que lles faltou tempo os rianxeiros para
soltarlle unhas copliñas, pero os de Vilaxoán pensaron que non era pa
tanto e que non era xusto porque no se debía xeralizar e corrixiron a
mala uva dos da banda norte da Ría.
Versión Rianxeira Versión de Vilaxoán
Por Ricardo Cebreiro (o Caramuxo) Por Ramón Vidal Durán (Ramoné)
Si supieras ingrata la pena que pasamos la gente está mirando
como se echaba el barco
Nosotros trabajamos con toda la ilusión
rompieron las estachas el barco allí quedó
Ay Jesús que barbaridad!
os de Villajuan fixeron o barco e no souberon votar
e despois que se emborrachou
fixeron o barco e alí lles quedou
Si supieras ingrata qué tristes nos quedamos
todo el mundo miraba como se echaba el barco
. . . .
¡Ay Jesús qué barbaridad! os “mexa na cama”fixeron un barco
e no souberon votar
E despois que o rapaz marchou e quedou o barco onde se empezou
Tamén ocorreron nalgunha praia de esta parroquia uns feitos que deben
estar un pouco confusos na memoria.
A cousa foi o embarrancamento de unha (ou dúas) balea(s).
Segundo nos conta Teo Cardalda no seu libro A BEIRA DA RIA DE
AROUSA: VILAXOÁN, alá polo nove de novembro do 1916, dúas lanchas
que saían po mar encontráronse na punta do Rial con algo insólito, un
vulto enorme de cor azul amourado. O primeiro pensaron que era un
submarino pero logo déronse conta que era una balea moi grande. O
animal estaba moribundo e aínda dou unhas sacudidas e acabou na praia
onde logo de unhas moqueadas, sobre das seis da tarde, morreu.
Os patróns xunto con ámbalas tripulacións e mais dous homes de Corón
que traballaban nun serradoiro, metéronlle un par de rizóns nun hoco
detrás da testa e tiraron por ela ate embarrancala. Xuntouse un mundiño
de xente. Seica medía uns 16,40 metros e pesaba 16 toneladas e media.
Pola mañán do outro día poxárona por 550 pesetas. Un pastón!
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
91
Foto cedida por O FAIADO DA MEMORIA no cal pon que foi do 1929 e
que no libro do señor Cardalda figura coma no 1916.
Estes días na zoa das Sinas falei co señor Xosé Conde Torrado, dos de
Conde de Boqueirón de toda a vida. Acaba de facer estes días 94 anos,
naceu no ´20.
Díxome que il lémbrase de neno do embarrancamento de unha balea moi
grande na praia da Ostrícula, polo camiño do Con na zoa coñecida coma
As Brañas (debe ser mais ou menos por onde hoxe está o INTECMAR da
Xunta). Lembra que os rapaces saltábanlle enriba e que levaron un bo
susto porque de repente votou un chorro de auga polo lombo. Polo visto
aínda non estaba morta de todo. Logo, seguiu, contoume que pola mañán
viñeron uns homes e logo de faceren toros dela, levárono todo.
É a mesma ou foron dúas e a memoria enribiríchase facendo novelos cos
recordos?
Pois ben, coido que foron dúas que por esas casualidades das que a voltas
temos coñecemento, esta foi unha delas.
O insigne rianxeiro Rafael Dieste escribeu que os desta vila no 1917, cando
souberon do prezo da balea que arrancharan os de Vilaxoan, votáronse o
mar na procura de que os da outra banda, lles deran a parte que lles
correspondía. Qué foi o que pasou pa que os rianxeiros fosen con esas
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
92
esixencias? Eu coido que debeu ser que a balea primeiro varou pola
banda de Rianxo e estas xentes deberon tentar de capturala zoscándolle
algún tipo de golpe ou ferida, pero o animal aínda no estaba para
deixarse matar e tivo folgos pa escapar e chegou ata a outra banda. Unha
volta que os rianxeiros souberon do prezo acadado, sentíronse no seu
dereito da reclamación (o mellor foi doutro xeito, sabeo alguén?).
Grazas a Xosé Comoxo e Xesús Santos, aclaráronnos este pequeno feito
nun estupendo artigo de La Voz de Galicia-Barbanza do domingo 1 de
febreiro do 2015: A balea de Tanxil , e que, como poño no preámbulo, podédelo ler
neste link, donde tamén se pode comprobar que as miñas suposicións no
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
93
Embarcación para la realización del estudio.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
94
VILANOVA DE AROUSA
(Barqueiros de Vilanova, qué vento queredes levar?
Pola mañán da ría e pola tarde do mar)
Este porto, debeu ser un auténtico fervedoiro de actividade económica
conserveira pois tiña unha morea de almacéns de salazón e fábricas de
conservas. Nunha entrevista do faro de Vigo a un mariñeiro
nonaxenario que lle fixeran no ano 1999, contaba que había 24 fábricas de
salazón e con cadanseu barco pa o abastecemento (menos mal que non
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
95
tiñan tamén cadanseu molle). Tamén dicía que con doce anos foi pa
fábrica ganando un patacón (dez céntimos de peseta), logo fixo durante
moito tempo de patrón do barco Industrial dos ABALO-OZORES.
Nesta vista aérea (que a primeira tamén parece que corresponde o mesmo
voo americano dos anos ´55-56) danos unha Vilanova veneziana . Na
seguinte, posterior, xa esta empezado o recheo da zoa dos Olmos, por iso
puxen as dúas para poder completar a ubicación dos molles. Enumereinos
para poder seguilos no relato.
E nesta outra foto
militar aprezase mellor
os molles que figuraban
nese tempo.
Dos que conseguín ter
coñecemento que tivesen
molle de madeira foron,
empezando sempre polo
norte, Na praia da
Cartalería o de Rafael
Sanmartín (1) que tiña
unha especie de cetárea-
depuradora con lagares de auga mariña, debeuche ser un pioneiro nesto
das depuradoras. Fíxolle un molle peculiar para o desembarco de
mexillóns das bateas. Aínda que na toma do ´56 non se aprecia, pero sí na
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
96
segunda, vese nembargante a factoría de formas xeométricas irregulares.
Consistía nun peirao soportado por piares en pedra e o ancho era o da vía
de raís coas travesas de madeira. O carrexo levábase a cabo con un carro
tirado por un sistema de cable dende un molinete con cabrestante situado
dentro da factoría de maneira que o carro chegaba ate unha plataforma
andén onde se procedía a súa
descarga. Nesta foto miña ao
lado coa marea baixa, vemos
aínda as formas de pedra
enfiladas. Este señor que polo
visto tiña unha fartura de bateas, tamén se di que foi o primeiro en facer
os tanques pa elas de poliéster. Actualmente os terreos pertencen a
coñecida familia dos Janeiro, quen xa non quixeron renovar a concesión
da Autoridade Portuaria, cuxo período se esgotaba.
Tendo en conta que este tipo de concesións administrativas son por un
período máximo de 99 anos (mais de iso pasa a consideración con termo
de Inmemorial), pois podemos
supoñer o tempo que tiña o
peirao.
Coma nas outras, unha miña
“habilísima” suposición de
como sería.
Logo xa na zona da Basella
estaba o de D. Isidoro Peña (2) que era de salgadura e por último facendo
fariña de peixe que sempre se lles coñece a
estas factorías co nome popular de “fabrica do
cheiro”. Xa está desaparecida no recheo do
IES.
Logo unha rampla de pedra de D. Antonio
Pérez Lafuente que aparte de ser de esta
influinte familia tamén era mestre de escola, a
instalación aínda funciona onda sempre, só
que co recheo e as edificacións posteriores o
mar xa lle queda case que a cen metros. Na
rúa que vai dar a igrexa nova que aínda se
estaba a facer, xusto a esquerda da foto. Os
que quedan por dentro do abeiro dos diques son de pedra, na páxina
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
97
anterior do ´61, o dos Nogueira e o dos Oubiña, mais coñecidos polos
Chazo. A de Paladar (Pomares), xusto fronte o dique, na outra banda da
rúa a de A. Pérez Lafuente, non debeu ter molle propio. Xa se pode ver
tamén a “rampla da motora”, chamada así porque era onde atracaba a
barquiño de pasaxe que facía liña a Illa da Arousa ate os tempos en que
se fixo a ponte no Bao.
Nesta foto a carón podemos constatar que en aqueles tempos as relacións
das xentes das dúas bandas era
moito mais común, a familia
Pomares con xente de Palmeira.
Manolo Pomares (o Vaquero) en
xionllos, tíñalle alugado o almacén
de salgadura a D. Antonio Soler de
Palmeira, o señor maior con
sombreiro e paxariña . Xa postos,
meu pai agochado con pantalóns
brancos e gorra. Ao fondo as
fábricas de D. A. Pérez Lafuente e
a dos propios Paladar.
Logo os outros xa me comentaron que estaban polo abeiro na zoa mais
central do pobo dando a entrada o Terrón , éranche o dos Abalo-Ozores
no Cabo, que sae nas fotos como de pedra pero un tempo antes que foi de
madeira ate que un militar de alta graduación do Ferrol, fixo a
restauración con pedra. Logo estaba o dos Portas (3), nun pequeno
entrante de praia-mar (Os Olmos) xusto onde hoxe está o BBVA, (estas
dúas fotos encima) nese recheo que fai toda a praza, nelas vemos na zoa
chamada Os Olmos ao señor Portas coa familia e o fondo o seu almacén de
salazón e na outra dos anos ´30 o seu peirao propio
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
98
O de Santos é unha rampla que debeuche ser xa sempre de pedra e logo viña o do señor Juan Pérez Lafuente (Poutada) (4) que tamén tiña o cine e mais era socio de dous en Vilagarcía. Este molle quedou absorbido polo recheo da actual Confraría, despois seguindo viña outro de Abalo-Ozores (5) que, por certo, non estaba perpendicular a dársena como é habitual senón un pouco o sesgo. E finalmente dándolle a volta o Castro estaba un pequeneiro que era o de Francisco Pérez Lafuente (6). Este momento permítenos ver un chisco o peirao de Poutada (D. Juan
Pérez Lafuente), hoxe xa recheo onde se atopa o local da Confraría. Peirao que tamén podemos ver na seguinte na punta do Castro, en primeiro termo, debe ser mais vella que outras porque aquí aínda é todo de madeira e ao fondo o de Abalo-Ozores.
E xa nesta encima, os mesmos tres, a esquerda de todo
o de Portas, logo o de Poutada e mais a dereita, o dos
Abalo-Ozores.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
99
Foto no molle deste derradeiro no Castro,
o barco INDUSTRIAL (hoxe
MANUEYAEL INDUSTRIAL) que
como xa dixemos, restaurado e dedicado
a náutica de lecer. Fora feito no estaleiro
de Places na Ponte Beluso. O armador
tamén segue sendo de Vilanova. Ao
fondo a casa dos Abalo-Ozores no Cabo. E
na seguinte unha foto que poderíamos
dicir invertida coa anterior porque é no
molle de
A-Ozores
no Cabo
vendo o
Castro.
Era un ex-tripulante deste barco que vivía
na Arxentina e veu de visita fai pouco e
conservaba esta foto doutra volta anterior.
O molle de Abalo-Ozores aquí xa era de
pedra despois do cambio polo anterior de
madeira.
É obvio que con tanta industria houbese tamén un bo rexistro de flota
para abastecela de peixe e sal e logo transportar o elaborado pa
seguramente Vilagarcía, Marín eVigo
como portos de mercantes e viaxes de
longo percorrido. Nestas tres fotos
podemos contemplar algo de este
potencial flotante en torno os anos
corenta. O
primeiro e o
Camallón, un
dos dous que tiña Fco. Pérez Lafuente, logo
seguen unha
na procesión
do Carme e
outra na
parte do Cabo con algo da flota
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
100
atracada. Qué destreza no manexo e qué barullo se non fosen quen de
espíar ben os cabos pa que cada un seguise o seu camiño sen tropezar cos
alleos.
O recheo na parte de Santos xa estaba operativo.
Aquí unha Vilanova xa co recheo dos Olmos que hoxe está axardinado
coa estatua de D. Ramón no medio; o recheo tamén seguiu no Cabo e xa
desapareceu o peirao dos Abalo-Ozores e todo ese frontal son edificios
novos.
Daquela Vilanova debía semellarse a unha pequena Venecia. O mar
chegaba por todas partes. Aquí vemos o Grupo Escolar e a esquerda
estaba o Concello, o mar batíalle os
pes. Alguén aínda recorda que con
mareas vivas as voltas o mar chegaba
o curral do recreo.
E se houbesen desenrolado a vila sen
facer recheos e tivesen bo coidado de
ourillala ben? Mi madriña! Qué luxo
pa vista; seguro que saía unha unha
postal que daría moita vida turística.
Poderanse algún día compatibilizar o progreso e a conservación dos
medios que a Natura nos regalou?
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
101
Dos tipos de muelle tipo espigón
Dos tipos de muelle tipo espigón
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
102
A ILLA DA AROUSA
(O barco cachou, mariñeiro pa o illó!)
Tamén (Polo illó anda quen pa nos traballa) din as mulleres da Illa.
NA PRAIA DO CAMPO
Aínda que parece ser, tópome varias opinións de recordos encontrados,
que había uns cuantos pero o que conseguín en fotos e hoxe tópase
restaurado é o da praia do Campo de CONSERVAS GODAY. Este foi un
dos Fomentadores Cataláns que xunto cos Massó do Morrazo e os Curbera
de Vigo chegaron coma pioneiros de toda a avalancha que logo se
espallaría polas costas galegas.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
103
Anterior a este había dous moi preto un do
outro: un era o do propio Goday e o outro de
Bieito Guillán (Benitiño). Mais tarde este
segundo marchou para establecerse en
Vilaxoán e os seus dominios pasaron as mans
de Campaneiro. Ámbolos dous tiñan cancela.
O Sr. Goday e o Campaneiro refixeron os dous
peiraos en un só, tal como se pode ver nas fotos
antigas e mais nas de agora restaurado. Coma
os dous primeiros, tiña cancela e emitíanse uns
tickets para o pago por uso do atraque os que
necesitasen o servizo. Obviamente o servizo
principal era o dos donos coas fábricas de
salgadura e conservas de peixe. Podemos contemplar este grupo de
mulleres carrexando a cabeza as pandeiretas (ou tabales) seguramente
con sardiña salgada e
prensada. Cargaríase en
algún bote de vela con
destino a Vilagarcía pa
súa exportación nos
mercantes. A familia
Goday tiña casa na Illa
pero tamén en
Vilagarcía dende onde
mais ben levaban o
seguimento e control do
negocio. Como
curiosidade, que segue
sendo a mesma que tiña
a xente daquela, era
que tódolos días levaban
do almacén pa unha
rampliña que había no
Cantiño un baúl de
considerables
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
104
dimensións po los mozos empregados que se vía que ían ben cargados.
Metíana no vapor que chegaba as oito da mañán procedente de Ribeira
continuaba pa Vilagarcía. Pola tardiña traíano no mesmo medio de volta.
Coidase que debían ser víveres, peixe verduras e viño que de todo tiñan
na Illa.
Na outra foto temos o peirao vello e de paso podemos ver este barquiño
que era o Victoria feito en Vilanova no 1949 para un señor de Corbillón-
Cambados, tiña 4,20 metros de eslora.
E unha vez restaurado e dando exemplo de como se pode e deben facer as
cousas para conservar algo do patrimonio que se está perdendo dun xeito
tolemio.
Nesta foto, xentileza de
Xaquín Besada (Casa do
Mar), vemos coma se
traballaba nos primeiros
tempos do cambio, 1925,
segundo o carteliño da
esquina. O envasado en
latas feitas a man (o
vasío) e posterior selado.
Coma sempre os Goday,
tamén nesto, foron
pioneiros.
Seguindo un pouco para ó sur, na parte de Semoiño topámonos no lugar
de CONRRETELLADO outro almacén de salagre pertencente neses tempos
ao señor Manuel Guillán, irmán de Bieito. Algún home maior me dixo que
cando él era neno ían as ameixas nesa
praíña e topaban cos tocóns do que
foran os piares dun molle de madeira
dese almacén, por aquel entón xa tiña a
rampliña de pedra que se pode ver
hoxe. O fomentador alcumábano
“poucacousa” e foiche porque cada vez
que lle preguntaban qué tal lle había
ido con esta ou outra pescaduría a conservar, sempre respostaba o mesmo:
eh, pouca cousa.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
105
PRAIA DO NAVAL
Pola parte do norte tíñamos tres, un preto do Naval xusto onde está hoxe
a brasería A SALGA. O nome do Naval podería vir de que alí en tempos
remotos había un estaleiro. Na década dos sesenta, cóntanme que os paus
verticais que quedaban servíanlles os xeiteiros para poñer a secar as
pezas e alguén tamén dixo que secaban os polbos.
Os días de mareas vivas, cando o mar está devalado aínda se poden ver as
pedras da punta. Pertencía a unha fábrica que se lle coñecía polo nome de
A FRANCESA e que estaba situada onde hoxe está o edificio de vivendas
xusto na outra banda da rúa. A Francesa (¿Lola?) era a persoa mais
influinte da Illa, non había cousa ou situación que ela non resolvese, non
só alí senón tamén en toda a comarca e no eido das autoridades en
Vilagarcía. Non había favor que ela non puidese solucionar. O feito no
soia ser gratuíto e era amiga de cobralos dende o mellor peixe hasta
terreos segundo fose o compromiso. Dese xeito chegou a ser dona do mais
da Illa.
Aquí poño o molle da Francesa, a miña maneira onde seguramente
estaba, baseándome nas pedras da punta que aínda quedan como
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
106
testemuñas vivas de aquel tempo. Os outros dous peiraos xa foron
cubertos por area ou polo recheo e que estaban
NO CANTIÑO
No Cantiño, cerca do actual miradoiro, o da fábrica de D. Ramón Gil que
mais tarde pasaría a Dardo. Este D. Ramón tiña un socio de Vigo que
tiña un almacén de COLONIALES en
Vilagarcía (posiblemente D. José
Bouzada) pero a cousa, como sole
pasara a miúdo, non ía ben. Entón o
señor Gil dou en facer de masidán
secando e exportando polbo (o de
masidán ven de que os primeiros que
empezaron o secado e exportación
do polbo eran de Maside-Ourense). O
lugar de secado era toda a praia do
Campo e maila Carbonera (fotos doadas polo señor Pasensia de Carril e
mais Xaquín Besada) que
daquela eran praias case que
tipo duna coa súa clásica
vexetación de litoral.
Logo cando pasou a mans de
Dardo todo empezou a
funcionar moi ben.
NO XUFRE
O do fabriquín de D. Ramón
Nieto (o da Ghesusa).
Érache un pequeno almacén de salgadura que mais tarde foi convertido
en fábrica de conservas e xa por último de todo, acabou poñendo unha
churrasquería ate fai mais o menos vinte anos no mesmo sitio onde a día
de hoxe esta o Banesto.
Nel atracaba tódolos martes e sábados a lancha de Paco “o vello” que
traía do mercado de Vilagarcia as mercadurías que na Illa se carecían. É
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
107
curioso coma aínda hoxe os días de mercado semanal en Vilagarcía se
manteñen o mesmiño.
Outra curiosidade mais, coma isto das fanequeiras coñécense coas marcas
que cada un ten que as garda ben secretas, pero outras sonche case que
de dominio popular, pois aquí na banda sur da Ría, tiñan unha delas que
daba nunha fanequeira no canal, unha das enfilacións era a casa do
médico en Palmeira pola falante de Rúa (o último con polo norte do illote).
Chamábanlle a casa do médico e non recordan por qué. É obvio que se
refería ao xardín que fago mención nos molles de Palmeira e non saben
que era o médico D. Vicente García Millán, famoso director do balneario
da Toxa.
E xa por último, para acabar con bo sabor esta aventura, unha perla: esta
espléndida vista aérea da Illa, que debe ser dos anos sesenta.
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
108
Como epílogo a este recorrido, debo dicir que, a pesares que xa sabía algo,
non me esperaba coñecer a inxente cantidade de instalación industrial
porque aquí só se reflexa o que tiven coñecemento con molles de madeira,
pero a inmensa maioría das industrias non tiña ningún e noutros casos
xa o fixeron de pedra desde un principio. Cabe subliñar que non aparecen
poboacións como Corrubedo, Aguiño, Castiñeiras, Escarabote, Ponte
Beluso-Taragoña e Rianxo pola banda norte e incriblemente na outra
ribeira, non os tiñan nin Cambados nin O Grove e mais, con un rexistro de
tráfico fantástico, as telleiras de Dena, xa que a estas accedíase a traveso
de canles que cruzaban a marisma ate os andeis das fábricas
aproveitando as mareas altas.
Coido que se toda esta inxente cantidade de persoal en vez de traballar
arreo por unha paga de subsistencia houbese tido un salario que
minimamente lles houbese permitido vivir e aforrar un pouco, daría paso
a un desenrolo económico tremendo de toda a zona litoral : o que ten o
estómago agasallado e aforra, pódese permitir ter ilusións de mellorar o
que leva a adquirir melloras e as veces caprichos que redunda nunha
actividade socio-comercial-cultural-etc.. ou sexa, a unha xeración de
riqueza no entorno. E o mellor non teríamos que andar tiradiños polo
mundo adiante, coma así foi e non nos quedou outra.
Doutra banda, as fundicións, xa que algunhas delas ían en función da
creatividade. Supoñamos na mecánica que algunhas mentes destacadas
foron capaces de desenrolar. O exemplo foron uns motores mariños que
todo o mundo vello conta que eran extraordinarios, duradeiros e case que
sen avarías e ademais irrompibles, con moi pouco mantemento.... pero nos
anos sesenta foron empezando a desaparecer , a causa? O mais seguro a
pouca ou nula evolución e falla de continuidade na ilusión primixenia por
quen tiña que coller o relevo para facelos competitivos cos que estaban
entrando de fora. Eiquí debemos lembrar os ANYÓN de Noia, os HMR de
Ribeira e os LORES de O Grove.
En esta experiencia ai dúas cousas sobre todo: unha pa marabillarme e a
outra pa abraiarme: Unha, que en tódolos casos de concentración de
fábricas de salgadura e conserva, e non debía ser fácil, principalmente no
caso de Vilanova porque era extraordinario, (viñan a traballar ate de
Portas e as voltas, as horas de entrada ou saída, parecía mais unha
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
109
procesión de algún/ha santo/a moi avogoso/a que un día de fatigas). Un
gran misterio: tendo en conta que cada industria tiña a súa serea con ton
distinto e que aparte diversos toques segundo a xente que estaban
requirindo, cómo as mulleres entendían esa especie de sinales Morse pa
acudir o traballo cando desa maneira eran chamadas?. Pois ben,
seguramente pasaría algo asi:
- Unha veciña: Moncha, cómo vas ti soa e onte ías canda
Hermelinda?
- A que pasaba: E que hoxe tocou só pas encargadas pa preparar o
“vasío” e onte era tamén pas das mesas pa empacar.
todo isto multiplicado por vintecatro, coma pa distinguir quén tocaba e
por quén chamaba.
A outra e que con todo este potencial contaminante no que cando se
procedía o fregado das mesas de elaborar e baldeo de toda a fábrica, o
mar enchíase de unha espuma color crema (peor, marrón claro) e con un
cheiro a potasa e sosa cáustica que tiraba pa atrás, todo iso aboiando
chegaba as pedras e praias pringandoo todo, íamos a bañarnos e
chegábamos a casa para unha sesión de xabón “lagarto” que traíamos os
pes cheos desa morca graxenta, pero.... en cambio...nembargantes..., as
pedras estaban cheas de queimacasas (queimonas), as pozas da mallante
cheas de lorchas, lorchóns, camaróns, etc, as praias cheas de saltóns
(pulgón) e pateiriños brancos e verdes e lorchiñas da area. E aquí chega a
pregunta, qué co...(perdón) compoñentes lles meten agora na limpeza das
fábricas que quedan e as ramplas e mais as depuradoras que fai que todo
isto sexa un morriñento recordo?
En canto os refráns, que son todos sacados do Refraneiro do Mar de
Clodio González, son coma tódolos refráns moitas, veces para reflexar a
experencia popular pero sabendo que o que un dí, ai outro que o desdí,
coma aquelo de a quén madruga... e o outro non por moito madrugar....
pero un si que me chamou a atención: De terra virán que o mar
queimarán , mais ben parece unha profecía, Paracelso e Nostradamus
acolloados, o que o inventou sabería que un día aparecerían os bateeiros?.
Xeralmente son xentes procedentes do agro e alternan esas actividades
coa “leira” que plantaron no medio do mar, a mesma actividade:
sementar, rarear, cosechar. Pero a onde van parar case que tódolos
residuos que xenaran? O primeiro capitán Marítimo de Vilagarcía,
Roberto Rietz (q.e.p.d.) estivera estudando o tema e comentoume un día
Manuel Gago Pérez OS PEIRAOS DE MADEIRA NA RÍA DE AROUSA [email protected]
110
que entorno a unhas duascentas mil toneladas de residuos de bateas ían o
fondo da ría anualmente e iso antes de vedar o arrastre do mal chamado
mexilón de fondo. Uou! diría un yanqui. Poderíamos facer algo o
respecto?
Coma na manifestación de 1900 polo desequilibrio que estaba ocasionando
a actividade nova da motora, a cousa non se arreglou e a xente de mar
¿?, seguimos a estas alturas facendo o que nas nosas mans está para
exhaustar os recursos naturais que esta nosa Ría nos regala a pesares das
barbaridades que lle seguimos facendo sen cortarnos un pelo e de este
xeito podemos preguntarnos: onde están os tranchos?, ulos buraces? e ate
as queimacasas (ou queimonas) se marcharon (un día de xaneiro do 2012,
mentres os meus fillos -Manuel Gago Mariño–
http://www.manuelgago.org/blog/ e (Xurxo Gago Mariño-
http://blogueiros.axena.org/) gravaban o vídeo de Unha viaxe a Illa dos
Mortos no Ghidoiro Areoso, eu anduben desesperado por se acadaba
algún, pero por ningures o mirei ¡nin alí!) e xa non digamos os argazos
coas novidades das “verduras” pas delicatessen, os golfos (lLaminaria
ochroleuca, Saccorhiza polyschides hyperborea) segados con algunha
especie de fouciño que cando a marea está ben baixa o mar parece unha
leira de millo en outubro, só os tocos dos canotos sobresaíndo do mar; e as
correas (ou agora spaghetti de mar (Himanthalia Elongata)) arrancadas
sen miramentos para encher os salabardos dos individuos enfundados en
neoprenos, que deixaron as pedras coma planchas de PVC e xa están
sendo colonizadas por outras especies, ¡sen flora, no ai fauna! Cómo nos
queixamos cando arde o monte e o tempo que vai tardar e rexenerarse,
pois esto éche o mesmo. Din que van a empezar a repañar as anémonas
(Actinaria, pa nos “mexonas”) que en Cádiz están moi ricas fritas, e qué
será logo? O arneirón (crustáceo cirrópodo) das pedras que en algures o
liofilizarán, tostarán e dirán que é un “sabroso y crujiente aperitivo”
cantando as bondades que nos trae o corpo principalmente a mellora no
tránsito no colon descendente, ou peor aínda, algún carota que coñeza que
son da familia dos percebes e lles endose propiedades afrodisíacas que
entón xa o tería todo vendido pa o Xapón agora que os cornos de
rinoceronte lles andan escasos. Está visto que a esta FEMIA TAN
ABONDOSA E FARTURENTA que tanto nos quer e tanto nos da sen