Top Banner
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 788 - Do 11 ao 24 de maio de 2009 L L e e t t r r a a s s g g a a l l e e g g a a s s 2 2 0 0 0 0 9 9 R R a a m m ó ó n n P P i i ñ ñ e e i i r r o o , , d d e e o o f f i i c c i i o o , , s s e e m m e e n n t t a a d d o o r r
16

LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

Jan 26, 2020

Download

Documents

dariahiddleston
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778888 -- DDoo 1111 aaoo 2244 ddee mmaaiioo ddee 22000099

LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099RRaammóónn PPiiññeeiirroo,, ddee ooffiicciioo,, sseemmeennttaaddoorr

Page 2: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

A foto que fala

Esquerda nova O trasnoDaniel López Muñoz

As guerras caladas.Huambo (Angola). Vítimas das minas agardan para iniciar a fisioterapia no centro ortopédico.

Agustino Neto.

Hai algo que non deberían esqueceros que andan a participar notreboento deseño do futuro BNG: sóun proxecto –alguén- que representealgo novo pode cambiar a tendenciaá marxinalidade política donacionalismo en Galicia.

E non é unha novidade calquera aque se precisa. As liortas entrefaccións, o escurantismo, certasmanobras de grupos –e deindividuos- , reforzan a imaxedeformada e interesada de que o quese busca é pisar moqueta como sexa,e vivir da política con coche oficialmentres non se poida vivir daxubilación. Así de duro.

Hai quen pensa que o que fai falla émáis esquerdismo. Pero non, o quecómpre é menos pose, menosconsigna baleira, menos obsesiónpola imaxe e máis enxebreza nese“ser de esquerda”.

O esquerdismo, no seu rexeitamentovisceral de calquera posición quedefenda a importancia decisiva dadimensión moral –xa non digamosespiritual- da persoa, bótalle a culpade todo “ao sistema”, “ás forzasreaccionarias”, “á manipulación dosmedios” e a “Rouco Varela”. Oesquerdismo non fai introspección,

nin exame de conciencia, non sepregunta polas actitudes profundas,polos valores que realmente se vivene incorporan interiormente, polaautenticidade entre o que se predica“para a sociedade” e o que un vive,pola diferenza entre o ser e oaparentar. O esquerdismo non pensana ecoloxía interior, porque estádogmaticamente convencido de quetodo iso é cristianismo reseso oudespreciable “new age”. E así locencertos pelos.

Cando é nacionalista, o esquerdismode pose e slogan, ademais, tende anotarse na fala. Será outro tema, vale,pero que inauténtico soa ese usodesleixado do galego, esa falta decariño pola enxebreza da fala, esedesprezo sintáctico, cocido de temposcompostos, pronomes mal postos emodismos alleos, iso si, trufados deindispensables Galizas e equipas!

A novidade estaría aí. Non nosdocumentos, proclamas, titulares. Sino convencemento de que non sepode facer algo novo con estilosvellos, por exemplo o de “todo vale,que tamén o fan os outros”.

A novidade sería ser de esquerda.Con menos retórica e máis fibramoral.

2

Page 3: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

Editorial Ramón Piñeiro

Rumores de esperanza

Ramón Piñeiro, dezanove anos despois da súa morte, aínda provoca suspicacia en certos sectoresnacionalistas polas decisións políticas que tomou na última etapa da súa vida. Pero antes desa etapaPiñeiro percorreu moitas e, se é culpable de algo, tamén o é de que hoxe esteamos lendo eescribindo esta revista na nosa lingua. Piñeiro foi un político toda a súa vida, xa desde que aos 16 anos publicou os seus primeiros artigosna revista Yunque de Lugo. Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e oseu labor a prol do Estatuto de autonomía de 1936, o traballo decisivo de Piñeiro hai que procuralodespois da Guerra Civil. Foi el e o pequeno grupo Galaxia os que mantiveron vivo o galeguismobaixo o peso dunha ditadura cruel que tamén o levou a el mesmo ao cárcere. Tanto Piñeiro comaPaco del Riego, Xaime Illa Couto e os outros compañeiros de xeración xogaron con sabedoría aspoucas cartas coas que contaban. Piñeiro fixo, ademais, da súamesa camilla o centro onfálico -comodiría Pepe Chao- do galeguismo da posguerra. Por ela pasaron as forzas -escasas- do galeguismo dointerior e nela foi formando os “galegos conscientes” que quería para a Galicia do futuro.O que se deu en chamar piñerismo, a extensión do galeguismo a todos os partidos facendo deste

movemento algo transversal e nonexclusivo do Partido Galeguista, foi unhateoría, sobre o papel, impecable, porque anosa identidade non debería estar ligadaa unha única opción política. Foi así comoquixo poñer a andar, nos anos 60, unpartido de dereitas e outro de esquerdas.

A idea non funcionou e de aí deita unha eiva que aínda padecemos. Se Piñeiro se equivocou ao nonreactivar ao Partido Galeguista no momento axeitado, non foi el o único que cometeu erros: outrostamén se equivocaron antes e despois. Se non, non se explica a actual composición do nosoParlamento.Pero de todas as angueiras de Piñeiro, este 17 de maio debemos reparar, máis ca nunca, no seucompromiso auténtico coa lingua. É a el a quen lle debemos a xestión política para que a Lei denormalización lingüística fose aprobada por unanimidade, un logro que nestes tempos de acoso aogalego vemos aínda máis valioso. Por iso subscribimos as palabras deste labrador de Láncara quese converteu na persoa máis influente de Galicia cando dixo que “somos un pobo dotado dunhalingua e, polo mesmo, dunha cultura. O noso destino -a nosa responsabilidade- é cultivala eofrecerlle os seus froitos orixinais ao patrimonio cultural humano”.

Xan Guillén

a Piñeiro debemos a actual lei denormalización lingüística, todo un logro avalorar nestes tempos de acoso

Ata agora sempre fun de dous equipos de fútbol. Ser seareiro do fútbol dá unhas poucas satisfaccións emoitos desgustos. Agora xa teño un equipo máis que coido que só me dará satisfaccións. É o Cáritas ArousaC.F. A boa xente de Cáritas de Arousa acaba de montar un equipo cun grupiño de subsaharianos. Demomento só xogarán pequenos partidos amigables con equipos da zona de Arousa pero se cadra acaban encompetición. Os rapaces que xogan no equipo teñen ilusión e gañas ademais dun poderío físico envexable.

Dicía un dos membros de Cáritas que se corren no campo igual quetraballan chegarían a primeira división. A isto hai que engadir que asolidariedade non é exclusiva de Cáritas. Axiña o Portonovo que xoga naterceira división lles cedeu parte do seu vestiario deportivo o mesmo queunha tenda de roupa. Solidariedade futbolística.

Veñen de darse os premios literarios Frei Martín Sarmiento onde oxurado é un grupiño de 5.500 nenos e nenas de toda Galicia. Na entrega houbofesta. Se cadra non oíches moito deles e se cadra nin o sabías. Os medios de

comunicación andaban a cousas máis importantes. Tampouco saberías o do equipode fútbol. Non esquezas que son Rumores baixiños, dos que case ninguén sabe nada. A ver se pouco

a pouco tamén comeza a medrar o rumor de que a lingua galega está viva. Haiquen non se dá enterado. Feliz día das letras (e dos sons, e das palabras) galegas.

3

Page 4: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

4

A “Declaración de Foz”,presentada o pasado 19 deabril, incentivará o uso dogalego na xustiza. Asinousenesta vila en homenaxe a XoséX. Barreiro Prado, que redactou20.000 sentenzas na nosa fala.RAMÓN PIÑEIROloubou o compromiso deBarreiro como maxistrado daAudiencia de Pontevedra, polacreación de formulariosprocesuais en galego. Piñeiroafirmou: “Xa podo morrertranquilo porque a linguaqueda en boas mans”. Barreirocontinuou construíndo unhalinguaxe xurídica anovadoranos expedientes, na edición doscódigos civil e penal, na RevistaXurídica Galega, no Plan deNormalización Lingüística.Ademais implicou á IrmandadeXurídica e a moitos xuíces, queaínda hoxe pulan pola nosaidentidade.

Os flashes de Obama ecompañía non deixaron ouvir oIV Cumio dos Pobos,convocado por ENLAZANDOALTERNATIVAS, enTrinidade. O internacionalismoavanza polas redes sociais docampo e a cidade, en Américae Europa: labregos, indíxenas esindicatos buscan mundos, quesubstitúan á orde neoliberalque xera miseria. Este cumioenrriquécese con debates sobrea soberanía alimentaria e aenerxética, a diversidade e aintegración, denunciando ostratados de libre comercio.Dende 1998 os cumiospermiten a construción políticade movementos populares, conculturas diferentes,transnacionalmente:coordinación, investigación,resistencia, estratexias decomunicación, creación deinstrumentos legaisinnovadores, etc.

As MULLERES contra ocódigo chii, que permite aviolación marital, comoposesión do varón. Mentres,Arabia lexisla matrimoniosconcertados: menores vendidase escravas por catropetrodólares. Marxinadas nasrelixións, que ata auspicianviolencia, coma a ablaciónxenital a 140 millóns demulleres, perdendo a liberdade.Na India, a metade cásansemenores, con risco de mortedurante o parto. Estepatriarcalismo machaca amuller. 200 millóns“desapareceron“, por abortosselectivos e infanticidios, enAsia... A igrexa ten que loitarpola igualdade, como asociedade civil. Hai 15 anosforon ordenadas mulleresanglicanas, o que tamén,demandou, hai 30 anos, a irmáT. Kane a Xoán Paulo II enEEUU.

O 25, Solidariedade Galega coPobo Saharaui organiza unrastrillo en Lugo, para recadarfondos e traer máis nenos/as,dos campamentos derefuxiados de Tinduf para as“Vacacións en paz”, que seconvocan dende hai 15 anos.En 2008 viñeron 846. Xa son30 anos de espolio doSAHARA por Marrocos,ante a falsidade do mundo, quese esquece que hai 10 anosque a ONU urxiu un referendo.Mentres, o invasor fire conminas aos propios cidadánsque se achegan ao seu país. Xahai 20 anos que SolidariedadeInternacional organiza, paravoluntarios/as, “VacaciónsSolidarias”(cooperació[email protected]) en Tinduf, para apoiar odesenvolvemento local, enoutubro. No verán podenapuntarse para ir a Guatemala,Bolivia, Ecuador.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

5

No “Día dos Museos”mergullámonos nos mananciaisda arte, que abrollan en todaspartes, co espírito da Festa dasLetras. Hai escultores comaIGNACIO BASALLO(1952), que traballan amadeira coa emoción dalinguaxe poética, transmitindo osentido do espazo a través daescultura figurativa, ou conpezas máis reais, en referenciaá vida cotiá, que teñen unhalectura sociolóxica, filosófica,ao xeito de Ramón Piñeiro, queaxudan a coñecernos. DeOurense, recanto privilexiadode escultores, igual co Morrazoou Cambados, que celebra oAno Cabanillas, coa esculturado “poeta da raza”, de LucasMíguez, escribindo nunha tardede outono, cando se vancelebrar os 50 anos dopasamento. Un artista quedialoga coa paisaxe das RíasBaixas a través de pezas quevisualizan a veciños: ValleInclán, Julio Camba...

A loita contra o NARCOTRAFICO foiarrastro. Cómpren novosmedios para combatelo, senónGaliza vai ser a entrada enEuropa. Foron asociacións,coma “Érguete”, as quedenunciaron esta pasividade,mentres sufrían nas familias asdesfeitas da drogadición.Carme Avendaño, a fundadora,segue ollando lonxe parabuscar horizontes de saúde, aconsumidores e familias. Comaen “Heroína”, o filme de G.Herrero, implicando a axentessociais e políticos, provocandoo cambio do Código Penal,intervindo no ParlamentoEuropeo, asesorando ásadministracións arxentina,suíza, etc. A fin, penetrou noPazo de Baión, incautado,despois da loita das nais. Osnarcotraficantes teñen moitoscartos e frean o cumprimentoda lei de 1995, que obriga aoembargo dos seus bens.

Volvemos a GANDHI, noremate das eleccións, o 13.Traballou en Sudáfrica coscompatriotas, discriminados porser hindús. Loitou contra osingleses, coa non violencia, ena independencia, a prol dospobres, polo desenvolvementorural. Nunha guerra quesupuxo o desprazamento de 14millóns e a morte de miles dehindús, sikhs e musulmáns nasfronteiras. O mahatma ou“alma grande”, foi asasinado(1947) por un extremista, que oacusaba de ignorar a hindús, edefender a musulmáns.Percorreu o país co doti, que elconfeccionara coa roca, queloce a bandeira. Está aconstruírse un sistemaaconfesional, seguindo aNehru, despois daindependencia. Aínda hoxe haisectores con fobia aosmusulmáns, porque consideranestranxeiras as relixións, fórada hindú.

Mini e Mero van presentar olibro-disco, ‘Lembranzas ereflexións de Avelino PousaAntelo”, o 14 de maio noTeatro Principal de Santiago,nesta FERVENZA de “bose xenerosos”, na que se alongao mes das nosas letras. Os tres,mestres a prol do pobo, sentraizonar o seu espírito. Úneosmoitos compromisos, como éinvestigar na nosa culturapopular, a literatura oral, elesno eido musical, dende os anosdo Centro Fingoi de Lugo,mesmo achegando innovaciónsna produción agrícola. Naprimeira liña da recuperaciónda memoria, están a loitarcontra o esquecemento das edos mártires da liberdade. Minie Mero van recibir o Pedrón deOuro, o 24, na Casa deRosalía, en Padrón.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

6

Pedro Pedrouzo Devesa

Cal é a liña que separa a ideoloxía do prexuízo?

A ideoloxía foi pensada como unha utopía, un lugar cara onde ir, un conxun-to de valores que consideramos esenciais na organización dunha sociedade edeben guiar as nosas accións. Tradicionalmente houbo ideoloxías liberais, coacento na liberdade de cada persoa; ideoloxías sociais, co acento na igualda-de; ideoloxías nacionalistas, co acento no berce cultural; ideoloxías feministas,co acento na desigualdade de xénero, etc. Cada unha delas rebelouse contradistintas formas de inxustiza. A ideoloxía persigue un fin; non marca osmedios que se deben seguir: marca os fins aos que hai que tender.

Ao longo da historia moitos colectivos asumiron como razón de ser a loitacontra unha determinada forma de inxustiza: os sindicatos loitaron contra aopresión laboral; os ecoloxistas, contra a contaminación; os movementos doterceiro mundo contra a opresión dos países ricos, etc. Todos se guiaron porun afán de xustiza que puntualizaba o aspecto que consideraban máis grave.Descuberta unha inxustiza, as persoas máis sensibles a ela organizábansepara loitar na súa contra, buscando poñerlle fin.

Porén, non abonda con ser conscientes dunha inxustiza para dar coa solu-ción, nin para vencela. Si serve para chamar a atención sobre ela e aunarvontades para que sexa toda a sociedade quen loite. Pero as solucións pro-postas poden non ser as máis adecuadas, ou ben pode que haxa distintassolucións diferentes para atacar unha inxustiza. Quen di cal é a mellor? Nonserá a primeira vez que os enfrentamentos máis enconados entre dúas perso-as sexan, non por ter distinta idea de xustiza, senón por ter distinta idea decal é a forma de vencela. Rivais dentro dun mesmo grupo, os máis cercanosadoitan ser, con relativa frecuencia, os máis odiados. Cando estamos diantede persoas que, estando dacordo no esencial, diverxen nos medios, o conflitoestá servido.Son moi frecuentes as historias de escisións de grupos que son incapaces decentrarse na súa ideoloxía, relativizando os medios que cada un cre impres-cindibles para defendela. Os prexuízos aparecen cando sacralizamos osmedios e esquecemos a ideoloxía. Diferenciar ideoloxía de prexuízos, é dicir, diferenciar os fins dos medios, édifícil, pois téndense a fusionar nunha única alternativa. Para moito activista,non aceptar os seus medios supón renunciar á ideoloxía. Un dos grandes pro-blemas da esquerda a comezos deste século é, e será, diferenciar claramenteentre ideoloxía e prexuízos: saber cales son os principios irrenunciables ecales son os medios posibles para acadalos, sabendo que, se nalgún momentoalgúns foron útiles, agora poden non ser tan válidos. Pode ser que respondanmáis á preguiza intelectual que a unha militancia activa.

Ideoloxía ou prexuízo?

Non abonda con ser conscientes dunhainxustiza para dar coa solución.

Page 7: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónTraio novas e boas. O amigo Vicente Cerdeiriña, cura de Poio, vén de recibirunha grande homenaxe por parte dos veciños ao cumprir 30 anos depárroco. Tamén se uniu o Concello que o gabou polo seu compromisoininterrompido coa lingua galega. A parroquia do Divino Salvador de Poioten unha chea de publicacións relixiosas, todas en galego, e sobresae a follaparroquial, que antes se chamaba Tambo, e era voceira de varias freguesías.Parabéns a Vicente e oxalá o seu exemplo anime a moitos párrocos a coidara lingua que é agasallo de Deus.Tamén o noso Miguel Fernández Blanco, irimego de sempre, é agasallado pormoitísimos amigos ao cumprir 50 anos de cura comprometido coa xente e copaís. Desde a Limia acode sempre a reunións, romaxes, irimianzas,asembleas…aportando bondade e ánimos. Hai que contar un día o seutraballo nas cooperativas, o seu empeño por facer de Galiza un país dexustiza e progreso.Aguiño tamén celebra 50 anos, pero como parroquia. O día 9 houbo grandefesta, e nomearon amigos de Aguiño a Manolo Espiña, Manolo Dourado eChao Rego. O bispo Xulián celebrou a misa de aniversario. No fondo semprepresente o mariñeiro que largou as primeiras redes nas augas parroquiais:Paco de Aguiño, que dende a gloria segue a animar á comunidade.E remato cun aniversario ben bonito para nós. A familia franciscana celebraos 800 anos da aventura que comezou o pobriño de Asís, aló na Umbriaitaliana. 800 anos de presenza na nosa terra, cando pasou polas abas doMonte Pedroso e decidiu que aquelas chousas de carboeiros facían un boconvento de frades pobres. Que San Francisco nos devolva a santa pobreza,a alegría e humildade para sermos pobres de Xesús nun mundo que presumede ricachón.

Page 8: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

8

Por que se homenaxea este ano aRamón Piñeiro na festa porexcelencia da lingua e da literaturagalegas?Ui!, por moitas razóns. Piñeiro puidoser unha figura controvertida dendeo punto de vista político, pero dendeo punto de vista do seu papel nadefensa durante o franquismo dacultura galega en xeral, e da nosalingua e literatura en particular, a súaimportancia é indiscutible. De feito, amin a homenaxe a Ramón Piñeiroparéceme fundamental porque nosdá pé para ir máis aló da súa figura ecoñecer algo que é moi relevantepara entendermos a situación actualdo galego: a represión lingüística ecultural da posguerra. O momentohistórico no que Piñeiro desenvolveuo groso da súa actividade merece sertraído á luz e á reflexión.

E nese contexto represivo, cal é opapel de Ramón Piñeiro?Máis ca un papel, ten catro (ou máis).O primeiro é o de denunciante darepresión cultural do Estado españolsobre as culturas periféricas. En 1954,Piñeiro argallou unha estratexia paradifundir o folleto Denuncia ante daUnesco da persecución do idiomagalego polo Estado español na VIIIAsemblea Xeral deste organismo noque España, cun réxime moinecesitado daquela derecoñecemento internacional,lograra entrar dous anos antes. Odocumento foi repartido en inglés,francés e galego durante a asembleacelebrada en Montevideo e íaasinado por varios centros galegos deAmérica, aínda que o redactaraPiñeiro. Causou grande impacto

entre os delegados asistentes e colleucompletamente fóra de xogo árepresentación española, quereaccionou relaxando un pouco apresión sobre as linguas periféricas.Mais este é un acontecementosignificativo, pero puntual. O queocupou a vida de Ramón Piñeiroforon outras dúas cousas: a súa mesade braseiro e o seu labor comodirector cultural da editorial Galaxia.

Mesa de braseiro?Nos anos 50 os galeguistasdecatáronse de que, grazas ao férreocontrol ideolóxico que exercía aditadura franquista, as novasxeracións estaban medrando sensaber nada da existencia dunhacultura galega diferenciada. Así pois,encargáronlle a Ramón Piñeiro amisión de instalarse en Santiago deCompostela para tomar contacto cosmozos que acudían á que daquela eraa única universidade de Galicia. Foiasí como pola súa casa pasaron apartir dos anos 50 todos cantosmozos con inquedanzas intelectuaischegaban á cidade do Apóstolo.Piñeiro conversaba con eles arredorda mesa de braseiro que tiñainstalada no seu estudio. Seicaescoitaba máis ca falaba e que ofrecíaunha das poucas visións críticas,diferentes do discurso oficial, ás quenaquel tempo era posible acceder.Dende ese espazo, Piñeiro descubriua vocación literaria de moitos dosescritores en galego da posguerra edos primeiros anos da democracia ouorientou a carreira de futurosestudosos da historia, da lingua e daliteratura galegas.

EntrevistaNusca Senín

Ramón Piñeiro, de oficio sementador

Beatriz García Turnes, que foi membro da mesa de redacción de Irimia, é

profesora de Lingua no Ensino Secundario. Galaxia acaba de publicar o

seu libro titulado “Vida e Obra de Ramón Piñeiro” e, sobre este senlleiro

personaxe, a quen se dedica o día das letras deste ano, conversei con ela.

Beatriz García Turnes.

Page 9: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

9

Fálanos agora do seu papel enGalaxiaA editorial Galaxia naceu en 1950para dar resposta á mesmapreocupación. Foi unha estratexiapara darlle cobertura legal aogaleguismo co fin de que este puideselevar a cabo o seu plan de facervisible unha lingua, unha literatura,unha cultura galega diferenciadas.Como director literario de Galaxia,Ramón Piñeiro tivo un papeldecisivo na elaboración do plan depublicacións da editorial e, en xeral,na súa orientación. Galaxia quixo serun espazo que servise de ponte entreos escritores en lingua galega deantes da guerra, descoñecidos para amocidade, e os novos autores que sedecidisen a publicar na nosa lingua.Tamén se planeou dende o principioabrir unha colección de materiais(ensaios e manuais) directamenteorientados a espertar a concienciagaleguista. Mais a publicación estrelade Galaxia foi Grial.

isto último, Grial e, en conxunto,Galaxia, puxo especial coidado enfavorecer o cultivo dos xénerosliterarios menos presentes na nosaliteratura de posguerra e, dunhamaneira especial, do ensaio. Cultivar ensaio en galego supoñíademostrar a capacidade da linguapara sobardar os límites do

sentimentalismo, do mundo afectivoe familiar. O ensaio en galegopermitía constatar as posibilidadesdeste idioma no eido daracionalidade, así como a súaidoneidade para tratar calqueratemática con rigor e precisión; é dicir,as súas potencialidades de cultivo ede promoción en todos os ámbitos.Unha lingua que valía para falarseriamente de metafísica, ou de arte,ou de economía, ou de psicoloxía...por que non había ter presenza entodos os niveis do ensino, nos mediosde comunicación, na Administración,na vida pública en xeral?Evidentemente, non pola súaincapacidade intrínseca, senón por

Por que?Xa dende antes mesmo da fundaciónda editorial se acariciou o proxectodunha revista que, dende o principio,se viu como unha plataformadestinada a presentar o laborconxunto de todo o colectivogaleguista, pois as persoas queformaron Galaxia sempre tiveronpresente que o seu tiña que ser unlabor de equipo, non deindividualidades. Asemade, Grialestaba destinada, non só a facervisible a cultura galega, senón taména facilitar a incorporación a esta domellor e máis novo da culturauniversal e mais a contribuír aoprestixio da lingua. Para conseguir

imposicións e limitacións externas aela mesma. Os promotores de Grial ede Galaxia eran ben conscientes datranscendencia que tiña apublicación de prosa non ficcional engalego, mais non foron os únicos quese decataron das implicaciónsideolóxicas e políticas do seu labor.

En quen estás pensando?Estou pensando nas autoridades enos problemas que Grial tivo coacensura. Cando Grial naceu non seconcedían autorizacións para novaspublicacións periódicas, mais nocanto de aprazar o seu proxectodunha revista, en Galaxia idearondar ao prelo unha coleccióncomposta por volumes monográficosde autoría colectiva que saíron conperiodicidade trimestral e que tiñan,ademais, seccións fixas. Saíron catronúmeros da Colección Grial antes deque as autoridades reaccionasen anteun proxecto que dignificaba a galegacomo cultura europea e, sobre todo,que promovía a lingua do país máis

Cultivar ensaio en galego supoñía demostrar acapacidade da lingua para sobardar os límites dosentimentalismo, do mundo afectivo e familiar.

Don Ramón

Page 10: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

Portada do libro de Bea sobre Piñeiro.

Entrevista Ramón Piñeiro, de oficio sementador

Piñeiro adicouse á causa da lingua, apromover que outros escribisen, polo que elten poucas obras de seu.

alá dos estreitos límites que o réximefranquista lle tiña reservados.Parece ser que foi precisamente oartigo de Ramón Piñeiro “Siñificadometafísico da saudade”, que axiñachamou a atención de intelectuaisgalegos e portugueses, o que acaboude espertar a besta durmida. Oprimeiro número da Colección Grial,onde se publicou, foille enviado aofalanxista Juan Aparicio, daqueladirector do diario Pueblo de Madrid,que non dubidou en sacar no seuxornal unha irada carta dirixida aoministro de Xustiza en que, entreinsultos a Piñeiro, animaba árepresión de quen tiña a ousadía deescribir de filosofía en galego. Poucassemanas despois desta denuncia,quizais en resposta ao seu celo endefensa da ideoloxía do réxime,Aparicio foi nomeado director xeralde Prensa. Unha das primeirasmedidas que adoptou dende esecargo foi a suspensión da ColecciónGrial. Xosé Manuel Dasilvaatribúelle tamén a Juan Aparicio aprohibición para que Galaxia

publicase a tradución do texto deHeidegger Da esencia da verdade,tradución elaborada por RamónPiñeiro e Celestino Fernández de laVega e á que o primeiro lle atribuíaunha clara significación política. Apesar de que o censor encargado derevisar o texto non viu no seu contidoobstáculos á publicación e emitiuinforme favorable á súa saída doprelo, esta foi denegada durantevarios anos.

Mais Grial volvería saír nos anos 60Si, en realidade nunca deixou de

publicarse. Piñeiro decidiu continuarsacando do prelo libros colectivos,pero sen integralos nunha colecciónnin darlles número. Nalgúns desesvolumes foi publicando outrosensaios sobre a saudade. En 1963,chegou Manuel Fraga ao Ministeriode Información e Turismo. Elautorizou novas publicaciónsperiódicas, entre elas, a revista Grial.

Antes falaches de catro papeisdiferentes na defensa da lingua e daliteratura galegas. Xa te referiches atres, pero fáltanos un.En realidade, xa fun falando deltamén. É o seu papel de tradutor e deescritor de prosa non ficcional engalego.

Mais Piñeiro non ten unha obraabondosa.Non, é verdade. Ramón Piñeiropuido dar un prolífico filósofo eensaísta, mais dedicou moito tempoda súa vida a sumar vontades para acausa da lingua e da literaturagalegas, para promover que osdemais escribisen, para que outrospublicasen na nosa lingua. En todocaso, ademais de mirala dende unpunto de vista cuantitativo, a súaobra hai que valorala dende un puntode vista cualitativo. Á calidade eclaridade da súa prosa, ao seudominio do galego, comocorresponde a quen o mamou e ocultivou, hai que sumar o valorsociolingüístico que tiña o facerensaio filosófico en galego.

Quédanos algo?En realidade, si. Por exemplo, Piñeirotamén se interesou e traballou polaelaboración dunha norma para ogalego culto e, ademais, ten un par deescritos onde se mostra comointrodutor en Galicia dunha novadisciplina, a sociolingüística, e para aanálise da situación da nosa lingua.

Vamos, que empezamos, e nonparamosSe nos deixan…

10

Page 11: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

Temos Historia, facemos porvir

Celebración do San Cidre en Maceda, Ourense16 de maio

Un ano máis a xente dos grupos do Movemento RuralCristián de Galicia xuntarémonos para a celebración dodía da xente do campo, o San Cidre. Vímolo facendodesde o ano 1985, cando o celebramos por primeira vezen Melide; e, seguindo co costume que fomosestablecendo, cada ano imos a un punto diferente deGalicia, por aquilo de saír e ver e coñecer Galicia; poraquilo de coñecer outras realidades que teñan que ver comundo rural; por aquilo de aprender compartindo conque nos acolle. Así que este ano farémolo en Maceda,Ourense, onde o cura Manolo Vences e a súa xente seresponsabilizarán de todo o necesario para que a xornadasexa unha xornada ben proveitosa e feliz.

O lema co que celebraremos este ano é o de “Temoshistoria, facemos porvir”; un lema escollido en parte porqueasí é a nosa realidade da aldea: temos unha historia densa,moi densa, marabillosa polo menos no referente á entregacoa que a xente do campo apostou por unha vida digna naaldea, máis aló de que algunha vez houbese erros e fracasosnos camiños emprendidos; e, ademais diso, as persoas queintegramos os grupos do Movemento Rural, xuntamentecon outra moita xente que cada vez máis valoran o campono que é e no que pode ser, colaboramos para facer unporvir igualmente digno para a xente que opte por seguirfacendo vida na aldea.

E, por se iso fose pouco, este ano aproveitaremos a festado San Cidre para facer unha presentación dun libriñoque acaba de editar o Movemento Rural Cristián deGalicia que leva por título Terra de seu. Recolle os 24capítulos dunha historia do campesiñado galego queforon saíndo durante seis anos na revista do MovementoRural FERVENZA. Manolo Regal foi o encargado daorganización deste material que tanto significa para nós.

Así que, calquera que sexa o lector ou lectora, estadesinvitados a esta festiña, que terá o seguintedesenvolvemento: de 11 a 12 da mañá acollida dosromeiros onda a igrexa de Maceda; ás 12 a celebración, ás14 o xantar, e logo a festa e o baile, ata que nosmarchemos para ir ver algo do moito fermoso que hai noentorno de Maceda. Quen veña, seguro que quedaráalimentado na súa fe cristiá, poderá compartir comida,ledicia, preocupacións e ilusións coa máis xente, e sairáanimado a querer e respectar algo máis o mundo rural,que, como sabemos, desde hai moito tempo non anda nassúas mellores horas.

Para chegar ata Maceda, non hai máis ca ir ata Ourense,e alí coller a estrada que vai a Trives-Ponferrada; a uns 20km., no alto do Couso, coller a derivación indicada quenos leva en 5 km. máis ata Maceda.

Movemento Rural Cristián de Galicia

detalle do castelo de Maceda

11

Page 12: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

12

Ás furtadelas*

De Xerusalén a Emaús viaxaban a pétres camiñantes ao mediodía do domin-go (Lc 24,13). Cleofás con cara de cir-cunstancias (Lc 24, 17), Myriam exul-tante (Mt 28, 8), Lucas morriñento.

“Alegra esa cara, home”, di Myriam aCleofás cunha palmada no ombro, “amañá está fermosa, escampou, bro-tan flores na veiga e chegou a prima-vera (Cant. 2,11); ceo azul, arrecendode romeu e tomiño, amendoeirascoma neve, nardo, enebro e azafrán,canela e cinamomo? (Cant.4,14)?.

”Non estamos para esas bobadas,Myriam”, di Cleofás”. “Pero, irmáns,cantas veces terei que repetilo paraque me creades? (Mc 16, 10?11) Xavos dixen que está vivo o Alfa eOmega, o que Vive (Ap 1,17-18), queo vin de madrugada (Jn 20,1), estabacomo nunca, radiante (Mc 9,3). Dixoque nolo imos a atopar en Galilea(Mt 28,7), que vai por diante (Mc16,7), eu quería abrazalo con toda aalma e corpo, estreitar a súa cabelei-ra mentres lle bicaba, pero primeiroera o de subir a Abba (Jn 20,17), logoa Ruah daríanos ollos do corazón (Ef1,18) para verlle e sexto sentido, paracaer na conta de que penetrou nomáis dentro do noso dentro comonon penetra nin o abrazo máis íntimoneste mundo (Jn 14,23)”.

”Cala, cala, soñadora, que nos posmáis tristes”, dixo Cleofás. “As mulle-res sodes ilusas”, dixo Lucas. “E oshomes? corazóns pechados en cun-cha de tartaruga, tedes ollos que nonven e oídos que non entenden ( Mal,3,1; Lc 7,27), non sodes quen de tocaro corpo do Unxido en lirios e pardaisou na brisa que acariña o centeo?(Jn20-25; Jn 4,35; Mt 6,25-28)”.

Así dicía Myriam cando se lles ache-gou un peregrino, alto, moreno, deturbante ladeado a estilo galileo.“Shalom, raparigos. ¡Que cousas tanpreciosas di a vosa compañeira decamiño!”. “Shalom, contestaron elesde mala gana. “Por que esas caraslongas?”, dixo o do turbante. “Es tilogo o único que está na lúa esta

* Tomado de “Religión digital”

Juan Masiá Caravel, teólogo

Camiño de Emaús: Myriam, Lucas e Cleofás

Page 13: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

13

mañá? Non sabes o do Gólgota?”.“Non, que foi logo”? “Pois o deXesús, o mellor home do mundo, oinocente que non debía morrer, perolevárono por diante os dous poderes:a xerarquía relixiosa e a política. Nósdeixámolo todo para enrolarnos noseu movemento de liberación, invo-lucrounos na lea ese das Redes doReino, puxeramos a esperanza nel(Lc 24, 16-21). Jesús era o que se dibo, partía o pan con pobres, a nin-guén negaba o seu viño (Jn 6), era untenro amigo de todos e encargounosdifundir a tenrura (Jn 13, 34-35).Pero... todo finou, agora está baixo alaxe e os mortos na tumba non podencantar a gloria (Baruc, 2,17)?

Mentres así se desafogaba Cleofás,Myriam e o do turbante intercambia-ban miradas significativas. E dixo odo turbante, dirixíndose a Cleofás eLucas: “É que vós non ledes asEscrituras? Tiña que ser así, pasou oque sempre pasa na historia, o malgana, as curias involucionistas derro-tan ás correntes conciliares renova-doras, ao inocente liquídano, ditado-res e inquisidores conspiran a unhacontra a persoa xusta (Ps 2), peroAbba xustifícao e dálle a razón (Act2,24), e vén a Ruah para libralo doSheol e introducilo na Vida máis alóda morte (Rom 8,11;Rom 1,3; 1Tim3,16; 1Pe 3,18). Iso chámase Éxodo(Lc9,31) e Pascua (Jn 12,1).Recoñecer o seu rostro ao partir,compartir e repartir (Lc24,31-32) ori-xina lugares de transfiguración portodas as partes (Mc 9,2ss.; Mt 17,1ss.;Lc 9,28ss.)”.

Así dicía cando chegaron a unharevolta con sombra. Era mediodía eían cansos. Detivéronse a repousarbaixo unha figueira. Myriam sacoudo seu fardel un anaco de pan e, pordetrás de Cleofás, pasoullo ao do tur-bante. Aproveitou para gozar o con-tacto coa súa man dereita suorenta,mentres el devolvíalle a caricia aper-tándolla coa outra man.

”Peregrino, vas necesitar isto parapersuadirlles”, dixo Myriam, e pasou-

lle tamén unha cunca de viño. O doturbante tomou o pan e o viño e, antea mirada desconcertada de Cleofás eLucas, elevou os ollos ao ceo e come-zou a partir o pan (Mc 6,40?41).“¡Logo es ti!”, exclamaron xuntosCleofás e Lucas, recoñecéndoo.

Nese instante desapareceu da súavista (Lc 24, 32-35). Estaban os douspampos. Ante eles soamente estabaMyriam de pé, cun pan partido nassúas mans. Nunca brillaron tanto ossedutores ollos acibeche de Myriamcomo naquel momento, mentres dicíamirando ao ceo: “Abba, envía a Ruahpara que transforme o que este pan eviño simbolizan e consagre a vida dequen o comparten, converténdoa enCorpo do que Vive para vida domundo. Este é o enigma no que cre-mos quen revivimos a súa presenzacada vez que repetimos as súas pala-bras e practicamos o seu camiño”.

Alongou Myriam o pan a Cleofás eLucas, que seguían apampados”. Enque quedamos, eras ti ou era el ou foisó un soño? Non sería unha ilusión?”,preguntaban. “Irmáns, dixo Myriam,quen me ve facendo o que el fixo, veo aEl e así ve a Abba?(Jn 14,9)”.

”Pero, onde marchou? Por ondeveu?”. “Nin marchou, nin vén,irmáns, como dicían os budistas, nin oAsí-Ido, nin o Así-Vido, o Tathâgata

é o Así-Sempre-Presente, que dicíanen Afgán os mestres aqueles que meensinaron de pequena a descubrir naflor do loto o camiño da iluminación.Cando llo contei a Xesús un día,sorriume dicindo que tamén alí esta-ba funcionando a Ruah, que sopraonde quere e como quere (Jn 3,8),nas espiritualidades irmás, sen queche decates. Por iso calquera fillo dehome e muller que se deixa levarpola Ruah esperta e vive desa Vida”.

Cleofás e Lucas, por fin, acordaron”.Como non nos demos conta, se assúas palabras eran de vida, ...refres-counos a cabeza e caldeounos o cora-zón con ese xeito tan orixinal de leras Escrituras? (Lc 24,32)

”Pois veña, en marcha, dixo Myriam,correndo a Xerusalén, isto hai quecontalo, que corra a noticia e seestenda o movemento (Lc 24,33; Jn20,18; Mt 28,11; Mc 16,7). El vive, é oVivente, é a Resurrección e a Vida”.

”Isto xa non hai quen o pare, o deXesús vai estar vixente por séculos, apesar das relixións e os seus xefes, apesar das inquisicións e ditaduras, apesar das persoas descorazonadas oudescerebradas, pese a quen pese, odel prevalecerá (Mt 16,18), que émáis forte que a morte o amor desteamor meu...(Cant. 8,6)”.

Page 14: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

14

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, XerardoCastedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, MarianoGuizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto e Marisa Vidal.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 778888 -- DDoo 1111 aaoo 2244 ddee mmaaiioo ddee 22000099

LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099RRaammóónn PPiiññeeiirroo,, ddee ooffiicciioo,, sseemmeennttaaddoorr

A Coruña 22/4/2009Na revista Irimia nº 780, debaixo da sonrisa acolledora e tenra de AgustínBueno dise: “Só a bondade permanece”. Certo, pero paréceme que podíacompletarse engadindo tamén “o servizo aos demais”.Remedando a Castelao, podemos dicir de Agustín (a quen botamos moitode menos), que a doazón do seu corpo á ciencia foi “a derradeira leccióndo mestre”.Por se algún de vós estades interesados no tema, dígovos que o trámite édo máis doado: unha chamadiña ao Departamento de CienciasMorfolóxicas da Universidade de Santiago (tfno. 981 563 100 Ext. 12301).Recibirides toda a información que queirades. Aos poucos días envían afolla coas explicacións e máis outra para cubrila cos datos persoais, etamén a sinatura e o DNI de dúas testemuñas familiares. Remitides todopor correo, e a volta de poucos días teredes o carné de doador..., erematou, ata que Deus quixer, como di a nosa mestra Celia Castro.Emilio e máis eu xa temos os nº 740 e 741 respectivamente.Graciñas, Agustín!, por axudarmos a caer na conta deste servizo, que coidoque pode valerlle a outros.Apertas,

Loli Cambón.

P.D.Quero aproveitar esta carta para agradecerlle a Daniel o seu artigo doTrasno “Holocausto Negro”, da revista nº 785, onde fala sobre a SIDA enÁfrica, aclarando a complexidade e magnitude do drama que viven alí.Remata sinalando o inmenso dano que fan as declaracións erecomendacións do Papa Ratzinger sobre os preservativos. É abraiante olonxe que está a xerarquía da Igrexa da realidade e das necesidades daxente. Isto parece non ter remedio.

Page 15: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

15

Boa Nova

Permanecede no amorHoxe atopámonos con este fondo pasaxe que sempre nos resulta tan familiar e á vez tan cheo de misterio.Está situado dentro do segundo dos dous discurso de despedida que o evanxeo de Xoán nos ofrece nocontexto da derradeira cea de Xesús.Estes discursos teñen a función de afondar na identidade de Xesús para preparar os seus/súas discípulos/aspara afrontar a vida cando el xa non estea en medio deles e delas. Nun momento de gran intimidade Xesúsrevélalles o mandamento do amor co que sintetiza todo o que el recibiu do Pai (15, 15). Ese mandamentofocaliza toda a experiencia vivida co mestre nos tempos de itinerancia por Palestina e plenifica o camiño deachegamento a súa persoa que se fora progresivamente manifestando dende o comezo da súa predicación(15, 10-11). A comunidade que escoita este evanxeo séntese identificada con estas palabras de Xesús pois ven de serexpulsada da sinagoga (16,2) e esta a procura de deseñar a súa identidade coma grupo. O Espírito vai ser apartir de agora a súa guía e mestre (14, 15-31) e cada un nos membros da comunidade debe manterseunido a Xesús coma único Señor (5, 1-8). Xesús chámalles aquí amigos o que está a indicar un tipo de organización non xerárquica senón horizontalda comunidade. O único que elixe e Xesús (15, 16), os demais son convocados a estar o seu lado ecompartir a súa intimidade (15, 11), é dende o amor dar froito na fe (15, 16)No amor centrarase a vida da comunidade (15, 17) coa mesma fondura que brotou do xesto de Xesús candona cea axeonllouse para lavarlles os pes (13, 4-5).

Carme Soto

A C

LAVE

Domingo 17 de maio. 6º Domingo dePascuaXn 15, 9-17Naquel tempo, dixo Xesús aosdiscípulos: “Coma me amou o Pai, asívos amei eu: permanecede no meuamor. Se gardades os meusmandamentos, permaneceredes no meuamor, coma eu gardei os mandamentosdo meu Pai, e permanezo no seu amor.Díxenvos estas cousas, para que a miñaalegría estea en vós, e a vosa alegríasexa plena. Esta é o meu mandamento:que vos amedes uns a outros como euvos amei. Ninguén ten amor máisgrande ca este: que un dea a súa vidapolos amigos. Vós sodes amigos meus,se facedes canto eu vos mando. Xa nonvos chamo servos, que o servo non sabeo que fai o seu señor: a vós tratareivosde amigos, pois todo o que lle oín ameu Pai déivolo a coñecer. Non meescollestes vós a min, senón que vosescollín eu a vós; e púxenvos para quevaiades e levedes froito e o voso froitopermaneza; de este xeito que todo oque lle pidades ao Pai no meunome,volo conceda. Mándovos isto: quevos amedes uns a outros”.

A PALA

BRA

Lin estes días que a risa é a distancia máis curtaentre dúas persoas. É algo no que nuncapensara, mais que xa sentira moitas veces. Porsorte, non todo o que nos pasa, pasa pola nosacabeza. A alegría é un estado de ánimo querapidamente se contaxia (aínda que sexacontraproducente falar disto en tempos dahisteria da gripe a). Nada me impacta máis queesas persoas que, tal cal fachos, irradian aalegría que posúen alá por onde van. No que euchamaría un problema, eles atopan unhaoportunidade e onde eu vexo persoas elesobservan alguén con quen compartila.Seguramente serán un perigo, porque non parande referirse a eles coma ilusos ou mesmoutópicos.

José A. Martínez

O E

CO

Page 16: LLeettrraass ggaalleeggaass 22000099 RRaammóónn ...asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA_788_WEB.pdf · Malia a súa actividade como membro das Mocidades Galeguistas e o seu labor a

16

Falando da lingua Que significa liberdade?Lidia e Valentina

Poucas veces un premio está tan benoutorgado coma o Pedrón de Ouro doano 2009, que nesta edición distingue otraballo de Mini e Mero. Recíbeno pordedicaren toda a súa vida a recollerenmelodías e letras do noso patrimoniooral, unha tarefa imprescindible einaprazable se temos en conta quemoitas delas van ligadas a un mundorural que devece e desaparece. E aíndadixeron facelo por egoísmo, polo pracerde beberen da fonte limpa da culturatradicional! Pero esta angueira de paixónetnográfica é só unha de moitas. Os

Parabéns

irimegos sabemos ben que o premio quevan recibir o próximo día 24 por esarazón ben o podían ter recibido por outromilleiro delas. Calquera que lea unhacrónica sobre Mini e Mero ha atopar amesma selección léxica: compromiso,lingua, loita, Galicia, autenticidade,xenerosidade, amabilidade. Levanacompasado moitas romaxes e este poreste fachineiro quere coarse unha airexade agradecemento polo moito que llesdebemos.

A.Q.

O Fachineiro da Quenlla

Nena ante as múltiples posibilidades de elec-ción que pode ofertar o sistema educativo.

Visto o visto... imos comezar esta lingua centrándonos na semántica.Primeiro paso, ir ó dicionario para recordar a definición de dous termos fun-damentais en toda sociedade democrática, que parece que hai sectores dapoboación, gobernantes incluídos, que empregan sen saber o que significan.

Liberdade:Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, senmandato ou imposición.Liberdade individual: Estado dos cidadáns que son libres en todo aquiloque a lei non prohibe explicitamente.

Lexislación:Conxunto de leis que regulan a vida xurídica dunha comunidade, ouunha rama determinada da actividade dunha comunidade.Lexislación educativa: Conxunto de leis que regulan a educación.

Entón non entendemos a última mensaxe do goberno: “liberdade para que oalumnado, e parece que tamén o profesorado, escolla a lingua que quereempregar nas aulas”.Isto significa que non entenden o significado de “lexislación educativa”: haiunhas leis que regulan o uso do galego no ensino que pretenden que nos cen-tros se impartan polo menos o 50% das materias en galego para que o nosoalumnado saiba ben as dúas linguas. Xa vos contamos isto aí atrás, recorda-des? Se a lexislación di isto e a liberdade individual non pode ir en contra doque se di na lei, entón... que significa que o alumno escollerá?Tamén vai poder escoller cando se quere estudar a revolución rusa, a sinta-xe, a literatura medieval, as ecuacións ou a célula?Tamén vai poder escribir todo con b porque o v non lle gusta? ou todo sen h?Tamén vai poder escoller que profesor quere que lle dea clase en cada materia?Tamén se lle vai deixar liberdade para facer ou non os exames?Tamén vai poñer as notas?Si, ho, si, sexamos “amables” e/ou “harmónicos”..., pero en todo, non só nalingua!