Page 1
1
A busca de emprego
Introdución O camiño cara ó emprego
o O teu obxectivo profesional o Autodiagnóstico o A busca de emprego activa e
planificada
Recursos para buscar emprego o Internet como ferramenta
fundamental :a web 2.0. O emprego
o O emprego na administración pública o O emprego na empresa privada o O autoemprego
A modo de reflexión.... O cine e o emprego
INTRODUCIÓN
Se te atopas nun proceso de busca de emprego porque estás desempregado ou
ben porque queres mellorar a túa situación profesional aquí poderás atopar algunhas
ferramentas que te axudarán no teu camiño.
A busca de emprego é un proceso dinámico que require dunha constante
actualización pois o mundo que nos rodea cambia e continuamente estanse xerando
novas oportunidades no mercado laboral. As ferramentas que antes utilizábamos para
buscar emprego agora poden estar en desuso á vez que xorden outras que amplían as
nosas posibilidades. Neste contexto a busca de emprego convértese nun proceso
complexo que precisa dunha “actitude axeitada”
A través deste documento pretendemos axudarte a realizar unha busca “Activa
e Planificada” baseada no coñecemento de ti mesmo e no uso de novas ferramentas.
Page 2
2
O CAMIÑO CARA O EMPREGO
Para realizar unha busca Activa e Planificada precisas deseñar o teu “Plan
Estratéxico Persoal” a través de tres eixes:
1º Define claramente o teu obxectivo
profesional .
Se non tes claro o que queres buscar será
moito máis difícil que o atopes. ..No
momento en que saibas cara onde queres
ir comprobarás que atopar o camiño será
máis doado.
2º Autodiagnóstico
Unha vez que sabes o que queres debes
determinar tamén se posúes o que
necesitas.
3º Deseña a túa busca de emprego Unha vez que estás totalmente
capacitado e preparado para
desempeñar o posto de traballo deberás
planificar adecuadamente ónde buscalo.
1. O TEU OBXECTIVO PROFESIONAL
Para atopar un emprego, primeiro, é requisito saber o que buscas. Para elo,
pódeche servir de axuda este pequeno test de preguntas:
1. ¿Coñeces realmente o mercado laboral ? Si Non
2. ¿Sabes que postos de traballo son os máis ofertados? Si Non
Page 3
3
3.¿ Coñeces os novos xacementos de emprego ? Si Non
4. ¿Sabes que requisitos solicitan neses postos de traballo? Si Non
5. ¿Sabes que formación necesitas? Si Non
6. ¿Tes as competencias técnicas necesarias? Si Non
7. ¿Posúes os requisitos mínimos? Si Non
8. ¿Realmente podes acceder a eses requisitos ? Si Non
9. ¿Sabes ónde buscar para informarte? Si Non
10. ¿Algunha vez solicitaches información? Si Non
Se, en ningún momento te plantexaches algunha destas preguntas, esta é a ocasión
idónea para reflexionar e recompilar toda a información posible sobre os aspectos que
consideres dos que necesitas axuda.
No caso de que sexas capaz de definir cal é o camiño que queres seguir,
teremos que tirar pola segunda alternativa:
Cando non saibas algo... pregúntalle a quen dispoña desa información
Onde atopar ofertas de emprego:
- No teu centro educativo: te informarán se teñen unha bolsa de emprego.
- No Servizo Público de Emprego.
- Periódicos, revistas, etc.
- Organizacións empresariais, asociacións e confederacións de empresarios,
cámaras de comercio, colexios profesionais, etc.
- Centros de información xuvenil e centros de información á muller.
- Rede Europea de Busca de Emprego (EURES), que actúa como unha axencia
europea de emprego.
- Internet, a través de distintos buscadores e portais específicos de emprego.
- Coñecidos: familiares, amigos, veciños...
Page 4
4
Os Centros de Orientación Laboral
A través do Servizo Público de Emprego existe un Programa de información,
asesoramento e orientación laboral cos Centros Colaboradores da Consellería de
Traballo da Xunta de Galicia. Asemesmo, nas propias Oficinas de Emprego existen
departamentos de orientación laboral. Tódolos demandantes de emprego poden
solicitar unha entrevista de orientación laboral no Centro titor (Oficina de Emprego,
Cimo, Cogami, etc.) que teñan designado. De todos modos, no momento que unha
persoa se inscribe como demandante de emprego o máis probable é que dende o
Servizo Público de Emprego se lle envíe unha carta cunha cita concertada de
orientación laboral.
A través da páxina web da Consellería de Traballo tamén podes acceder a
unha serie de servizos para, os cales, remitiráseche unha contrasinal ó teu correo
electrónico unha vez que o solicites na túa oficina.
http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/sgc
Servizos dirixidos ós/ás demandantes de emprego
Renovación de demanda e DARDE
Ofertas de Emprego, Adscrición e Confirmación de Dispoñibilidade
Cursos de Formación Ocupacional e Inscrición
Modificación do Currículum Vitae
¿Pero que é a orientación laboral?
Os obxectivos da orientación laboral son os seguintes:
- Orientar e Informar ós/ás demandantes de emprego sobre o seu perfil
profesional.
- Actualizar e activar o currículo de cada demandante.
Page 5
5
- Optimizar a oferta formativa existente.
- Compatibilizar a demanda do individuo coa oferta existente.
- Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer ós/ás usuarios/as, o
seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.
Tipos de accións que se levan a cabo a través da orientación laboral:
- Entrevista en profundidade para coñecelo perfil do/a usuario/a.
- Recibir información profesional dentro do espazo territorial
- Busca activa mediante grupos de traballo, o/a usuario/a planifica e organiza a
busca de emprego.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1. Entrevista onde se levará a cabo un diagnóstico de necesidades previas.
2. Análise das demandas do solicitante e a confrontación das expectativas do/a
usuario/a coas posibilidades na busca de emprego.
3. Itinerarios personalizados de inserción laboral
O obxectivo é potenciar a autonomía dos/as usuarios/as no seu proceso de
inserción laboral.
Aspectos fundamentais:
Posuír un currículo ben elaborado e actualizado.
Dotarse das habilidades necesarias para a entrevista de traballo e para unha
adecuada busca de traballo.
Actualmente, hai 51 oficinas de emprego e existen máis de 200 centros que
colaboran co Servizo Público de Emprego de Galicia. Recoñecerás eses centros porque
neles verás un cartel informativo do Servizo.
Page 6
6
Os Itinerarios Personalizados de Inserción (IPI)
Dende o Servizo Público de Emprego de Galicia axúdase ós usuarios/as a
acadar os seus obxectivos profesionais ofrecéndolles orientación e información laboral
sobre as ferramentas para levar a cabo unha busca de emprego autónoma. Sen
embargo, a propia busca de emprego require unha continua actualización de recursos
e de información, coa súa consecuente toma de decisións por parte do
desempregado/a. Considerando a busca de emprego como un camiño a percorrer,
ofrécese esta acción que consiste en elaborar para cada demandante o seu propio
itinerario personalizado de inserción configurado como un conxunto de accións
dirixidas a mellorar a empregabilidade. A través deste procedemento, as persoas
poden acceder a tódalas políticas activas de emprego segundo así o requira a
situación socioprofesional do demandante de emprego podendo incorporarse a
actividades tales como: formación para desempregados, escolas obradoiro, obradoiros
de emprego...
Etapas do IPI
O itinerario personalizado de inserción laboral consta de diversas fases:
Fase inicial: a través dunha entrevista semi-estructurada definirase o teu perfil
socioprofesional
Fase de seguimento: elabórase o teu itinerario e mediante un consenso co teu
orientador/a recóllense o conxunto de programas, servizos, técnicas, estratexias e
actividades a realizar a curto medio e longo prazo, esta información quedará
reflectida nun documento do Servizo Público de Emprego.
Fase de peche: o fin do itinerario chega cando se acadan os obxectivos
propostos.
Aspectos a ter en conta:
Solicitar un Itinerario Personalizado de Inserción Laboral é algo voluntario e
como tal require o total compromiso por parte do demandante de emprego. Se non
demostras interese e proactividade nese proceso non se acadarán os obxectivos.
Page 7
7
Recorda que estarás sendo asesorado e guiado por un profesional e que a ruta que
vaias a seguir dependerá única e exclusivamente da túa actitude e dispoñibilidade.
Os itinerarios personalizados de inserción laboral está especialmente deseñados
para apoiar a aquelas persoas que teñen máis dificultades ben porque pertencen a
colectivos en risco de exclusión social ou ben porque necesitan un reforzo extra a nivel
persoal e laboral.
Unha recomendación...
E se aínda así continúas perdido recomendámosche unha boa lectura sobre un
mundo en constante cambio: ¿Quién se ha llevado
mi queso? de Spencer Jones.
É un pequeno conto sobre o cambio que ten lugar
nun laberinto onde catro persoaxes buscan o seu
“queixo”. Ven a ser unha metáfora do que unha
persoa quere ter na vida
xa sexa un traballo, unha
relación amorosa, liberdade, saúde...
E se tes presa non te preocupes poder ver a versión
corta no seguinte vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=sxb7kAKKXKE
O Mercado Laboral
Neste punto de valoración e de definición dos obxectivos profesionais, é
importante que teñas en conta tamén a situación actual do mercado laboral e o
lugar onde queres traballar xa sexa no teu concello, provincia, país...e cales son os
perfís profesionais máis demandados para cada ámbito xeográfico. Lembra que no
teu centro colaborador de orientación laboral axudaranche a coñecer os focos de
mercado do teu territorio así como na túa propia Oficina de emprego.
Page 8
8
En caso de que non descartes buscar emprego en Europa recorda
que a través do Servizo Público de Emprego Estatal podes contactar
ca REDE EURES que ven a ser o Servizo Europeo de Emprego. En
Galicia podes solicitar información en cada unha das provincias cun
Euroconselleiro que te asesorará, existen en total 700 conselleiros en
toda Europa cos que tamén podes contactar facilmente.
Provincia PONTEVEDRA CORUÑA OURENSE LUGO
Corresponsa
l
Serrano Moreno,
Mª Teresa
Lopez Lopez,
Covadonga
Iglesias Suarez-
Noguerol, Manuel
Santalla Novo,
Carmen
Centro Conselleria De
Traballo.
Delegacion
Provincial. Servizo
Promocion De
Emprego.
Delegación
Provincial Conselleria
De Traballo
Oficina De Emprego
Centro. Servicio
Galego De
Colocacion
Conselleria De
Traballo. Servizo De
Formacion E
Colocacion - Eures
Domicilio C/ Concepción
Arenal, 8 2ªplanta
C/Fernando Macias
18 - 20, 1º A
C/ Progreso,11,Baixo Ronda De La
Muralla, 70
Código
Postal
6201 15004 32003 27071
Municipio Vigo A Coruña Ourense Lugo
Teléfono 986817747 981291244 988222636 982294285
En caso de que estés interesado en buscar emprego transfronteirizo tamén
disporás dun asesor para cada zona.
http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/eures/info_red_eures/index.html
Neste link amosan de xeito claro toda a información necesaria.
Page 9
9
http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es
Páxina web oficial do Portal Europeo de Emprego.
Neste estudo do mercado laboral ademais de asesorarte nos centros de
emprego ti mesmo podes ir buscando a información pola túa conta do seguinte xeito.
- Ler a prensa tódolos días. Non deixes que se te escape información das últimas
novas en materia de emprego.
- Consulta o catálogo de ocupacións de difícil cobertura. Este é un documento
elaborado polo Servizo Público de Emprego Estatal de carácter trimestral onde
figuran por provincias as ocupacións con más dificultade para xestionar dende os
servizos de emprego.
http://www.sepe.es/contenido/empleo_formacion/catalogo_ocupaciones_dc/pdf/Ca
talogoOcupacionesDificilCobertura.pdf
- Consulta estatísticas e estudos de mercado laboral. No Instituto Galego das
Cualificacións poderás acceder a esta información.
http://emprego.xunta.es/SIBILA2/localeAction.do?page=success&language=
gl
Busca os últimos datos estatísticos por comarcas e segundo sectores
profesionais.
http://emprego.xunta.es/WebProfesionPro/Principal.do
Novidoso aplicativo da web do Instituto Galego das cualificacións once
poderás buscar completa información sobre as profesións e a súa relaciòn
co mundo laboral.
http://www.mtin.es/es/
Informes e memorias do mercado de traballo elaborados polo Ministerio de
Traballo e Inmigración.
Page 10
10
2. AUTODIAGNÓTICO
O seguinte paso para levar a cabo unha busca adecuada de
emprego é coñecerte a ti mesmo, a persoa que sabe como é, o
que quere de si mesma e o que pode ofrecer levará a cabo
unha moito máis axustada e ben dirixida busca de emprego
posto que estará dotada das directrices fundamentais para
presentarse como futuro traballador. É por iso conveniente que
leves a cabo unha análise persoal de todos aqueles factores que poidan estar
dalgunha maneira implicados na constitución do teu PERFIL PROFESIONAL.
Os factores a ter en conta son os seguintes:
1.- Gustos e motivacións: cales son ás áreas ou sectores cos que nos sentimos
máis identificados ou sobre o que son gustaría desempeñarnos como profesionais.
2.- Capacidades: fai referencia a que é o que sabemos facer. En qué nos
formamos onde poderíamos destacar. E sobre isto queremos facer un breve inciso
amosando o significado de cada un dos seguintes conceptos a fin de que estedes para
estar familiarizados ca terminoloxía que se manexa no ámbito de recursos humanos.
Page 11
11
Neste recadro poderás observar varios exemplos das capacidades que requiren
determinados postos de traballo para que así reflexiones sobre cáles serían as que
necesitarías para o emprego que ti desexas desempeñar.
PROFESIÓNS
CAPACIDADES Albanel Animador
sociocultura
Caixeiro de
comercio
Conductor
de camións
Vixiante de
seguridade
Adaptabilidade A
Análise A MA M
Atención A A A A
Autonomía M
Capacidade de anticipación A
Capacidade de estimular A
Capacidade de observación A
Capacidade numérica M
Comprensión especial A
Comprensión oral e escrita A
Constancia A M
Creatividade A
CAPACIDADE. (Del lat. capacĭtas, -ātis).
1. f. Aptitude, talento, calidade que dispón a alguén para o bo exercicio de algo.
2. f. Oportunidade, lugar o medio para executar algo. ~ de obrar.
1. f. Der. Aptitude para exercer persoalmente un dereito e o cumprimento dunha obriga.
COMPETENCIA. (Del lat. competentĭa; cf. competente).
1. f. Pericia, aptitude, idoneidade para facer algo ou intervir nun asunto determinado.
DISPOSICIÓN. (Del lat. dispositĭo, -ōnis).
1. f. aptitude (adecuación para algún fin). 2. f. Desembarazo, soltura en preparar e despachar algo que alguen
ten o seu cargo. E home de disposición. 3. f. Medio que se emprega para executar un propósito, o para evitar o
atenuar un mal. 4. frs. Atoparse apto e listo para algún fin.
MAÑA. (Quizá del lat. vulg. *manĭa, habilidad manual).
1. f. Destreza, habilidade.
Page 12
12
Decisión A
Dinamismo A
Dirección de equipos A
Discreción M
Don de xentes M
Estimación de cantidades B
Estimación de medidas B MB
Facilidade de palabra M
Honradez A
Imaxinación A
Iniciativa A M A
Intuición A A
Memoria M
Memoria visual M
Organización A
Percepción de detalles MA
Percepción de diferenzas M MA
Precisión M MA
Razoamento concreto A
Razoamento numérico M M
Resistencia á monotonía M A
Responsabilidade A A A
Traballo en equipo A A
A: ALTA . M: MEDIA. MA: MEDIA ALTA B: BAIXA . MB: MEDIA BAIXA
3.- Habilidades: fai referencia a aquelas cousas que se nos dan ben pero que
sería bo mellorar para que se convertan en capacidades.
HABILIDADE.
(Del lat. habilĭtas, -ātis).
1. f. Capacidade e disposición para algo.
2. f. Gracia e destreza en executar algo que sirve de adorno á persoa, como bailar, montar a
cabalo, etc.
3. f. Cada unha das cosas que unha persoa executa con gracia e destreza.
4. f. Enredo disposto con inxenio, disimulo e maña.
Real Academia Española © Todolos dereitos reservados
Page 13
13
Cando falamos de capacidades e habilidades facemos referencia tamén as
APTITUDES E ACTITUDES das persoas.
APTITUDE
(Del lat. aptitūdo).
1. f. Capacidade para operar competentemente
nunha determinada actividade.
4. f. Suficiencia ou idoneidade para obter e
exercer un emprego ou cargo.
ACTITUDE
(Del lat. *actitūdo).
3. f. Disposición de ánimo manifesta
dalgún modo. Actitude benévola,
pacífica, amenazadora, dunha persoa,
dun partido, dun goberno.
4.- Puntos fortes e puntos febles: recoñecer en qué destacamos e en que
sería necesario mellorar tanto nas nosas competencias persoais como na formación e
cualificación profesional que posuímos.
Agora que xa coñeces o mercado laboral e te coñeces a to mesmo debes
estimar se necesitas completar o teu perfil profesional ca formación e capacitación
laboral requirida para ese traballo.
Page 14
14
A Formación
Dependendo do posto de traballo que queiras desempeñar poida ser que
necesites dunha formación básica ou ben algunha mais específica e para que coñezas
tódalas alternativas amosámoste un breve esquema dos recursos formativos existentes
e tamén ós que podes acceder como desempregado.
No modelo educativo español coexisten as Ensinanzas de Réxime Xeral e as de
Réxime Especial que fan referencia ás ensinanzas artísticas e de idiomas. .
FORMACIÓN REGRADA
Sometida a un riguroso sistema normativo
legal en canto a contidos, avaliación,
alumnos, docentes, profesores…
Ministerio de Educación
FORMACIÓN NON REGRADA
Non regulada pola normativa da Administración
educativa.
Ministerio de Traballo e Inmigración.
FORMACIÓN
PROFESIONAL
CONTÍNUA.
Fundación Tripartita
para a formación e o
emprego.
FORMACIÓN
PROFESIONAL
OCUPACIONAL
Consellería de
Traballo e
Benestar
Page 15
15
Hoxe en día existen alternativas para que as persoas adultas que no seu momento
non puideron acceder ós estudos básicos poidan completar a súa formación xa sexa
presentándose directamente ás probas de acceso ou ben realizando dita formación
nos centros que a xestionan.
http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXFP/adultos/CENTROS.pdf
Link ó listado de centros que imparten Educación de Adultos.
https://www.edu.xunta.es/xadeautomatri/
Plataforma para acceder ó Bacharelato a distancia.
http://cidead.cnice.mec.es/present.htm#
Page 16
16
Páxina web do Centro para a Innovación e o desenvolvemento da
Educación onde podes realizar a oferta formativa de ensinanzas
regradas. Iniciativa do Ministerio de Educación.
http://www.mature-project.eu/
Plataforma de teleformación e emprego da Unión Europea dirixida a
persoas maiores.
http://www.educacion.es/mecd/jsp/plantilla.jsp?id=6&area=titulos
Homologación de estudos e Títulos estranxeiros ós seus equivalentes
españois de Educación non Universitaria.
Unha novidade....Competencia Profesional
Agora podes acreditar a túa competencia profesional se non tiveches ocasión
de realizar os estudos relacionados co posto de traballo que estiveches a desempeñar.
Mediante unha convocatoria de probas poderás recoñecer o teu emprego.
http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm
Link á web da Consellería de Educación que xestiona a acreditación das competencias
profesionais.
Page 17
17
No caso de que desexes acreditar a túa competencia profesional
independentemente do camiño empregado para ela, é mediante as probas
convocadas pola Consellería de Traballo e Benestar o modo para obter o
CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE. Algunhas das accións formativas para
desempregados/as que conforman o catálogo de AFD están articulados para obter o
Certificado de profesionalidade unha vez que remates a acción formativa e presentes
a túa solicitude na Dirección Xeral de Formación e Cualificacións.
Link á web da Consellería de Traballo con información sobre os certificados de
profesionalidade.
http://www.educacion.es/educa/incual/ice_incual.html
Página web do Instituto Nacional das Cualificacións, órgano estatal que elabora o
sistema e o catálogo de cualificacións profesionais.
http://iceextranet.mec.es/iceextranet/bdqAction.do
Apartado do Incual onde podes acceder a unha diversa e completa información das
familias profesionais a través da súa base de datos.
FORMACIÓN CONTÍNUA DO SPEE EDUCACIÓN NON REGRADA
DESEMPREGADOS
Formación profesional ocupacional:
AFD: Accións formativas para desempregados/as
Escolas obradoiro/Casas de oficios
Obradoiros de emprego
Cursos FSE desempregados/as.
OCUPADOS
Contratos programa
Plans de formación intersectoriais
Plans de formación sectoriais
Cursos cofinanciados polo FSE
Page 18
18
Formación profesional
ocupacional:
Beneficiarios Duración
AFD: Accións formativas para
desempregados priortariamente.
Desempregados
inscritos no paro.
Entre 250 e 1000 horas aprox.
Axuda económica por
desprazamento/cargas
familiares/discapacidade/aloxamento…
Escolas obradoiro/Casas de oficios
Xovenes
desempregados
inscritos nas Oficinas de
emprego
Maiores de 16 anos e
menores de 25.
É formación
traballando.
Escolas obradoiro
(1 e 2 anos)
1º etapa: 6 meses.
Formación profesional teorico e
practica.
Axuda económica (beca).
2º etapa 6-18 meses
Contrato de traballo formativo.
Obradoiros de emprego
Programas mixtos de
emprego e formación.
Desempregados
inscritos nas Oficinas de
emprego
Maiores de 25 anos.
Formación en obras de
utilidade pública ou
interese social.
1 ano repartidos en dúas etapas de 6
meses.
Formación en alternancia ca práctica
laboral.
Contrato de traballo formativo.
Cursos FSE desempregados. Cofinanciados polo
Fondo Social Europeo.
Podes completar a túa información nos seguintes links:
http://traballo.xunta.es/portada-formacion-e-cualificacions
Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar, apartado de formación e
cualificacións.
Page 19
19
http://www.upd.depontevedra.es/ESCOLAS/escolasecasas.htm
Páxina web da Unidade de promoción e desenvolvemento da Deputación de
Pontevedra.
http://www.maiv.org/upd/
Web da UPD da Mancomunidade área intermunicipal de Vigo onde podes
consultar os obradoiros de emprego en activo na provincia de Pontevedra.
Unha anotación…
Os desempregados/as podedes acceder ós cursos dirixidos ás persoas ocupadas,
por exemplo segundo a Orde de Subvención dos Plans Sectorias ata un 40% de límite
total dos participates de cada plan poden ser desempregados/as tendo dereito tamén
ás bolsas e axudas previstas nesa orde. Consulta na entidade organizadora da
formación a dispoñibilidade de prazas. A ventaxa que podes atopar como neste tipo
de formación é que son cursos de duración máis curta e que complementan a túa
capacitación profesional pero non te ensinan a desempeñar en sí o propio posto de
traballo dado que os seus obxetivos son diferentes.
2. A BUSCA DE EMPREGO ACTIVA E PLANIFICADA.
Agora que xa sabes o que queres, que estás preparado e cualificado de forma óptima
para desempeñar un emprego non podes perderte na fase decisiva que é a de buscar
dunha forma activa o teu traballo. Podes solicitar axuda para atopar un emprego
pero has de ser consciente que a busca de emprego é unha actividade que depende
única e exclusivamente de ti mesmo. O nivel de motivación que teñas e a enerxía que
nelo invirtas será definitivo para que acades o antes posible os teu obxetivos
profesionais. Sen embargo moitas veces pode suceder que por moito entusiamo que
Page 20
20
poñamos na tarefa non demos cos resultados que queremos por iso é importante ter
unha disciplina á hora de plantexarnos a busca do noso emprego.
Buscar un traballo é un traballo.
En realidade as responsabilidades que implican buscar un emprego levan consigo
funcións e competencias tan similares coma se estiveras desempeñando un posto de
traballo. Has de ter un horario e unha disciplina así coma unha axenda propia para
xestionar os teus eventos e a información que vas recollendo. Non é necesario que
adiques ás oito horas da xornada laboral para buscar emprego pero sí que é moi
importante que todos e absolutamente tódolos días adiques un tempo estipulado
para facer esa busca de emprego. Dentro dese tempo que teñas designado á tarefa de
buscar emprego podes combinar diferentes actividades:
Buscar información xeral do teu sector profesional.
Buscar ofertas de emprego por diferentes vías: rede contactos, entidades,
prensa, internet..
Buscar formación relacionada ca profesión.
Enviar a túa autocandidatura
Establecer contactos laborais
Por iso é importante que te fagas unha axenda onde vaias rexistrando as tarefas
realizadas e a información atopada para que non se te esqueza nada.
Ademáis de buscar has de ter ben xestionada esa información, que a túa labor non se
ciña a recopilar información, senón que deberás usala no seu momento e manter unha
certa iniciativa persoal e proactividade para acercarte ás empresas e entidades.
Page 21
21
Non hai receitas únicas nin máxicas para atopar un emprego pero o que sí que existen
son uns bós ingredientes que contribuirán de xeito positivo.
Motivación
Proactividade
Organización
Disciplina
RECURSOS PARA BUSCAR EMPREGO
As ferramentas para atopar un emprego son dúas:
- O Currículum Vitae
- A carta de presentación
Podes consultar a información no apartado O CURRÍCULUM VITAE da nosa
páxina web.
As vías para traballar e acceder a un emprego son tamén dúas:
- Inscribirse nas ofertas de emprego existentes.
- Busca de emprego mediante autocandidatura
Page 22
22
Combinar ambas accións é o procedemento ideal para encontrar un emprego.
Pero os recursos ou medios para acercarse ó mundo laboral son diversos e a dificultade
maior pode residir en que non teñamos a suficiente información se reducimos a nosa
busca ós medios tradicionais:
Prensa
Boletíns oficias
Rede de coñecidos/contactos laborais (networking)
Entidades vinculadas co emprego:
o Servizos Público de emprego
o Empresas de traballo temporal
o Consultoras especializadas
o Sindicatos
o Colexios profesionais
o Asociacións/confederacións empresarias
o Universidades
o Asociacións/entidades sen ánimo de lucro
o Cámaras de comercio
Todos sabemos que o recurso para buscar información por excelencia reside en
internet. Existe unha gran cantidade de información e para atopar un emprego posto
que é o medio máis utilizado nestes tempos tanto por empresarios como por
desempregados.
Na rede de internet poderás acceder á seguinte información de xeito rápido :
Información actualizada de ofertas de emprego en páxinas web
especializadas en xestión de ofertas de traballo.
Información empresarial e laboral do teu interese.
No apartado DIRECCIÓNS DE INTERESE poderás consultar listados de páxinas
webs relevantes.
Page 23
23
http://www.cxg.org/mediateca/cec/Guiaderecursoswebsobreemprego.pdf
Guía de recursos web de emprego. Consello da Xuventude de Galicia.
Unha novidade…
https://puntodeencuentro.sepe.es/portalPunto/
O Ministerio de Traballo e Inmigración acaba de crear unha páxina web que te
axudará a atopar un emprego e onde tamén poderás tramitar a prestación por
desemprego.
Pero en ocasións tamén pode ser que busquemos unha información un pouco
máis específica para o cal seremos que utilizar un buscador de información . O máis
utilizado é www.google.es onde ademáis poderás atopar unha gran cantidade de
feramentas útiles.
http://www.commoncraft.com/search
Neste video poderás aprender de xeito moi sinxelo estratexias de busca de
información en internet, que poderás aplicar ó emprego. Podes seleccionar o idioma
para unha traducción simultánea do video.
Sen embargo se queremos sacarlle un verdadeiro partido á Rede teremos que
adentrarnos noutros conceptos e complementos que farán que a busca de información
sexa máis próxima e acertada. Falamos da WEB 2.0. como un novo recurso, e para iso
faremos unha breve introducción aclaratoria.
A WEB 2.0.
Internet é unha rede de comunicación cun servizo denominado WORLD WIDE
WEB W.W.W. a través do cal podemos consultar arquivos hipertexto, é dicir as páxinas
web co información do noso interese. Cando utilizamos a web para buscar emprego
Page 24
24
podemos chegar a unha situación en que podemos salir desbordados debido á gran
cantidade de información que nos podemos atopar e que ademáis non saibamos
xestionar ou ordear de forma adecuada para que a nosa busca de emprego sexa o
máis efectiva posible.
A modo de exemplo mostraremos dúas situacións moi comúns:
A)Non atopar o que buscas . Non sabes ónde consultar a información e a que
aparece é sempre mesma.
Exemplo:” busco ofertas de traballo pero sempre atopo o
mesmo”
ou ben.. “había unha oferta moi interesante pero se me
pasou o prazo…”
B)e seguro que en máis dunha ocasión saíches a
buscar un traballo na rede e te perdeches …
Exemplo: entras nunha web de ofertas de emprego e non sabes cómo pero
acabas nunha web de artigos de decoración…
Éste é o perigo que ten internet pois non hai ningúen que nos poña o límite de
cara ónde temos que tirar . Sen embargo grazas ós avances na xestión da información
podemos adentrarnos nunha rede que nos servirá de gran apoio para ordear,
Page 25
25
preferenciar e optimizar o que queremos buscar, estamos a falar da…
“A web 2.0. é unha representación da evolución das aplicacións tradicionais
hacia aplicacións web enfocadas ó usuario”.
Se queres entender en qué consiste a web 2.0. para poder utilizar tódalas novas
aplicacións que ofrece para ó emprego no video que te amosamos poderás
comprender de forma moi sinxela que é e para qué nos pode servir.
http://www.youtube.com/watch?v=OwWbvdllHVE
A web 2.0. a revolución social de internet.
Como poderás comprobar o propio feito que vos amosemos un video é froito
das vantaxes que ten o avance en internet e as redes sociais que se están xerando as
cales dan lugar a unha grande cantidade de información do noso interese.
Nesta imaxe podedes observar un mapa das novas aplicacións que están a
xurdir.
A WEB 2.0.
Page 26
26
http://internality.com/web20/files/mapa-web-20.pdf
Neste link poderás descargar o mapa representativo das aplicacións da web
2.0. e consultar directamente as webs seleccionadas.
E agora que xa coñeces o que é imos ver para qué nos pode servir na nosa
busca de emprego.
APLICACIÓNS DE INTERNET PARA Ó EMPREGO.
Algunhas destas novas aplicacións da web2.0. utilízanse actualmente para
buscar emprego ou ben para facer contactos profesionais. Imos enumerar as
ferramentas mási coñecidas:
WEBLOG
Son páxinas web onde pódense colgar artigos e facer comentarios sobre eles.
Page 27
27
http://www.commoncraft.com/blogs
No video verás unha clara explicación do que son e cómo usalos.
Blogs de emprego
Blogs
http://blogderrhh.blogspot.com Blog de recursos humans, moi recomendado.
http://bloguiadeempleo.com/ Blog sobre a busca de emprego
http://bonificate.wordpress.com/ Información sobre as bonificacións da
Fundación Tripartita
http://deformadores.blogspot.com/ Blog de información sobre o ámbito da
formación
http://lapesga.blogspot.com/ Blog de orientación laboral
http://paroyempleo.blogspot.com/ Blog con información sobre paro, emprego,
axudas
http://rrhh-seleccion-
orientacion.blogspot.com/ Blog de recursos humans
http://sergioibanezlaborda.blogspot.com/ Blog de noticias de emprego elaborado por
expertos en recursos humáns e emprego
http://tipsdetrabajo.blogspot.com/ Blog internacional de consellos para buscar
emprego na rede
http://t-orienta.info/ Blog recurso de recursos laborais
http://www.buscarempleo.es/ Blog sobre a busca de emprego
http://www.empresasypersonas.com/ Blog de xestión empresarial e recursos
humans
http://www.orientacionprofesional.org/ Blog de orientación laboral
http://www.seniorm.com/ Blog sobre a busca de emprego
http://www.xuventudevigo.org/BIX/
Blog a modo de boletín de información
xuvenil do Concello de Vigo. Artigos
interesantes de novidades de emprego e
formación
Page 28
28
Artigos de interese de diversos blogs de emprego :
http://www.seniorm.com/comprobando-como-la-ignorancia-de-la-web-2-0-
contribuye-al-desempleo.html
“Comprobando como la ignorancia de la Web 2.0 contribuye al desempleo”
http://www.seniorm.com/la-busqueda-de-empleo-actual-necesita-de-una-
red-social-como-pilar-fundamental.html
“La búsqueda de empleo actual necesita de una red social como pilar
fundamental”.
REDES SOCIAIS
En internet podes atopar diversas páxinas web adicadas exclusivamente a
establecer contactos entre a xente de xeito que se crean comunidades de persoas con
algún obxetivo ou meta común. Co nacemento destas comunidades surden así as
posibilidades de incrementar o noso NETWORKING que fan referencia ós contactos
que poidamos establecer, sendo esto unha ferramenta imprescindible para atopar un
emprego.
http://nextwave.universia.net/desarrollo-profesional/BE19.htm
Neste artigo podedes atopar as respostas ós usos do networking
http://www.youtube.com/watch?v=Jos7CADwzss&feature=player_embedded
Neste vídeo podes consultar en que consisten as redes sociais.
As más comúns son :
www.facebook.com
Sitio eweb de redes socias orixinario de EEUU, é unha das webs máis visitadas.
http://twitter.com/
Page 29
29
Rede social basada en microblogging, con poucos caracteres podes dar conta
do teu estado.
http://www.youtube.com/watch?v=_8y79gnc35E&feature=player_embedded
Video explicativo de Twitter.
http://twitter.com/Valora
Perfil de Twitter do noso centro onde consultar as ofertas de traballo,
información sobre a busca de emprego…
http://twitter.com/Yoriento
Perfil de twitter do creador do coñecido blog de emprego Yo Oriento.
O avance deste tema derivou na creación de redes sociais profesionais. O
exemplo máis representativo o atopamos en:
www.xing.com .
É a rede profesional máis importante de toda Europa que ofrece a
posibilidade de poñer en contacto a profesionais, establecer oportunidades de
negocioe colgar ofertas de emprego así como asistir a eventos de networking
convocados en todo o mundo. . En España ten máis dun millon de usuarios.
RSS E OS LECTORES DE NOTICIAS
RSS (really simple syndication) é un formato de datos utilizado para
redifundir (sindicar) contidos a suscriptores dun sitio web .
http://www.commoncraft.com/rss_plain_english
Video explicativo do RSS.
Page 30
30
Lector de noticias /agregador de rss
Un agregador de noticias é un tipo de software para suscribirse a fontes de
noticias en formatos RSS.
Os máis coñecidos e que son aplicacións que se executan na propia web os
podemos atopar en :
https://www.google.com/accounts/ServiceLogin?hl=es&nui=1&service=
reader&continue=http%3A%2F%2Fwww.google.com%2Freader
http://www.bloglines.com/
http://www.netvibes.com/#General
Para que elabores a túa propia páxina de inicio.
Mediante os lectores de noticias non necesitarás visitar diariamente esas
páxinas web que utilizas para buscar información dado que se as tes suscritas,
poderás configurar a túa propia aplicación para a busca de emprego de xeito que
poderás recibir no teu lector as ofertas de emprego seleccionadas, noticias de
emprego interesantes, noticias de cursos, artigos de emprego de interese, etc.. Pouco a
pouco poderás elaborar o teu propio perfil de forma que teñas configurada a túa
propia ferramenta de BUSCA DE EMPREGO EN INTERNET.
Page 31
31
Podes recibir ofertas
de emprego ó
momento de ser
publicadas.
Page 32
32
MARCADORES SOCIAIS
Os marcadores socias é unha forma sinxela de almacenar, clasificar e compartir
enlaces en internet. É unha moi boa ferramenta para nunca esquecerte da
información do teu interese e buscar por afinidade links doutra xente.
Del. icio.us
http://delicious.com/
http://gennio.com/
É a rede social de busca de información
podes clasificar a
información por temas
Page 33
33
Aquí poderás gardar e
compartir ofertas de
emprego, formación,
noticias
Page 34
34
O EMPREGO
O EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
A clasificación da Administración en España é a seguinte:
España Administración central
Comunidades autónomas Administración Autonómica
Concellos,mancomunidades Administración Local
Tipo de persoal que traballa na administración:
FUNCIONAR
IOS
Dispón da súa propia
regulación
GRUPOS Grupo A:licenciados
universitarios
Tarefas de dirección e alta xestión
Grupo B: diplomatura
universitaria
Tarefas de execución e xestión
Grupo C: Bacherelato
Superior ou BUP
Traballos de carácter administrativo,
secretaría e oficina, mantemento de
arquivos…
Grupo D: graduado
escolar
Tarefas administrativas de apoio
Grupo E: certificado de
escolaridade
Tarefas de manuales e auxiliares
SITUACIÓN Funcionario de carreira Principio de carreira,
proceso selectivo de oposición
Ocupan prazas con orzamento para elas
Persoal eventual Libre nombramento
Réximen non permanente
Posto de persoal de confianza ou de
asesoramento non reservado a funcionarios
Os servizos prestados non se consideran
como mérito nin para promoción interna
Suxeito ó dereito administrativo o cese se
acorda libremente e nunca xenera
indemnización
Page 35
35
Persoal interino Prestan servizos de carácter transitorio
Se rixe por dereito administrativo
Ocupan prazas de reservadas a
funcionarios de carreira
Deben cumprir requisitos xerais de
titulación
Perden a condición de interino cando xa
non son necesarios os seus servizos
Nombramento :
1. Cobertura temporal de prazas que
han de ser ocupadas
definitivamente por funcionarios
de carreira
2. Para facer programas temporais
3. Sustitucións de funcionarios que
teñan dereito de praza e destino
tipo excedencias por maternidad.
LABORAL
Persoal laboral fixo Contrato de natureza laboral
Ocupan postos de traballo laborais
Persoal laboral non
permanente
De carácter excepcional ou po
rcircunstancias de urxencia.
O ingreso na Administración:
A Constitución Española art.103.3 define dous principios de acceso: Principio de
mérito e Principio de capacidade.
A Lei 30/1984 de medidas de Reforma DA Función Pública establece o modo
de ingreso na Administración.
A vía para informarse das convocatorias de emprego público é mediante:
- Prensa
- Boletin/publicacións oficias: BOE, DOG, BOP, DOUE
Page 36
36
Podes consultar os seguintes links para ampliar información:
Entidades Públicas
http://eur-
lex.europa.eu/JOIndex.do?ihmlang=es
Diario Oficial da Unión Europea
http://www.boe.es/diario_boe/ Boletín Oficial do Estado
http://www.xunta.es/diario-oficial Diario Oficial de Galicia
http://bop.depontevedra.es/html/ga/ Boletín Oficial da Provincia de
Pontevedra
http://www.dicoruna.es/ Boletín Oficial da Provincia de Coruña
http://bop.deputacionlugo.org/ Boletín Oficial da Provincia de Lugo
https://bop.depourense.es/portal/ Boletín Oficial da Provincia de Ourense
http://funcionpublica.xunta.es/ Dirección Xeral de Función Pública
http://funcionpublica.xunta.es/?q=node/92 Listas de contratación de persoal laboral
temporal da Xunta
http://www.eidolocal.es/portal/serv_concellos/
empr_local.html
Emprego local
http://www.mpr.es/ServiciosCiudadano/OPE/c
oncursos.htm
Ministerio De Presidencia. Oferta Pública
de Emprego
http://www.060.es/te_ayudamos_a/trabaje_e
n_la_administracion/buscador_empleo-ides-
idweb.html
Buscador de Convocatorias de emrpego
publico do Goberno de España.
Entidades Privada
http://www.buscaoposiciones.com/ Web de busca de oposicións. Podes crear
alertas.
http://www.empleopublico.net/ Web con información de emprego público
http://oposiciones.universia.es/guia.jsp Web con información sobr emprego
público
Page 37
37
O EMPREGO NA EMPRESA PRIVADA.
Se te decidiches pola empresa privada, moitas son as fontes de información a
través das que poderás realizar listaxes de empresas e atopar ofertas de emprego (xa
comentadas no apartado “Recursos para buscar emprego”)
Recordámoste que é importante que envíes o currículo acompañado dunha
carta de presentación na que amoses o teu interese cara o posto ofertado ou a
empresa en si mesma. Como manexarás unha importante cantidade de datos, será
interesante que elabores unha axenda diaria na que vaias anotando as empresas cas
que contactaches, a data, a persoa responsable, etc.
Con respecto o tipo de traballo que poderás desempeñar, aquí te deixamos
dúas alternativas ó traballo habitual:
O TELETRABALLO Nun mudo interconectado a través da World Wide Web (como vimos no
apartado de “Web 2.0”) xorden novas formas de traballar que permiten o
desempeño das tarefas habituais sen necesidade da presenza física do traballador na
empresa; así, o teletraballo, diferénciase do traballo habitual en que é a información
a que se despraza en lugar do traballador/a. A información se transmite a través de
liñas telemáticas o que provoca cambios asociados á política, organización, dirección e
estrutura laboral o que fai a este tipo de traballo non apto para todas as empresas
aínda que si para moitos departamentos dentro das mesmas.
As vías máis factibles de acceso ó teletraballo son:
Directas: Empresas que necesitan reducir gastos ou que dispoñen de maior
flexibilidades e escollen trasladar parte do persoal da modalidade de centro laboral
a teletraballo.
Empresas intermediarias: Similares ás Empresas de Traballo Temporal
dedícanse a recoller perfís de teletraballadores/as vía correo electrónico e poñelas a
disposición de empresas que desexen aumentar os seus empregados/as co
teletraballo. Foros de autoemprego: Outro tipo de entidades, normalmente
Page 38
38
sen ánimo de lucro, que manteñen bolsas de emprego gratuítas, con un
funcionamento similar ó caso anterior, só que poñen en contacto directo a
teletraballadores/as e empresas.
Medios de comunicación: en periódicos e outros medios de comunicación
publícanse anuncios nos que se requiren teletraballadores/as. O modo de acceso é o
habitual nestes casos: Carta de presentación, CV e entrevista.
Links sobre teletraballo www.teletrabajo.es - É unha iniciativa dun grupo de profesionais das novas
tecnoloxías e do sector do teletraballo, que coñecendo as necesidades do mercado
neste área, e como resposta á crecente demanda de perfís de teletraballadores/as,
puxeron en marcha esta especializada bolsa de teletraballo.
http://deteletrabajo.uji.es - Noticias e articules sobre el teletraballo en
España. Enlaces de interese, cursos , etc
www.agoratel.com – É un lugar de encontro para empresas ou profesionais
e teletraballadores/as. Libremente intercambian e poden acceder os recursos que
necesiten.
www.centraldeteletrabajo.com - Son un grupo de profesionais que creen nas
posibilidades que supón combinar as Novas Tecnoloxías da Información ca
externalización de traballos e servizos.
O TRABALLO DE TEMPORADA Supón outra alternativa baseada no feito de que vivimos nunha época de
crise e, á hora de buscar emprego, debemos analizar en profundidade as
posibilidades do mercado laboral (como sinalamos no apartado “O camiño para
o emprego”). Neste senso temos que ter en consideración que existen épocas do
ano onde se incrementa a demanda de traballadores/as.
Somos un país turístico e a necesidade de traballadores/as en épocas de
verán é maior pero non debemos esquecer que existen outras épocas do ano onde
Page 39
39
esa demanda tamén se incrementa como son o Nadal, festas locais, épocas
agrícolas... Sen esquecer a posibilidade de traballar no estranxeiro á vez que
aprendes un idioma.
A continuación presentámoste algúns deses traballos para que comeces a
elaborar a túa propia listaxe:
OCUPACIÓN PERFIL REQUISITOS DIRIXIRTE A ...
Camareiro
Capacidade de relación. Limpo.Ordenado e con Facilidade de palabra
Carné de manipulador de alimentos
* Bares e restaurantes. * ETT´s especializadas en hostalería. * Medios de comunicación. * Webs especializadas como: www.hosteleo.com
Animador turístico: Programación e realización de espectáculos, organización de xogos, excursións,itinerarios turísticos…
Creativo. Dinámico. Facilidade de trato
Curso de animador turístico. Organízano empresas privadas ou a través de formación ocupacional
* Hoteis * Empresas turísticas. * Rede de contactos
Repoñedor Metódico e ordenado
Cursos de formación ocupacional
* Empresas distribuidoras. * ETT´s * Rede de contactos
Socorrista
Maior de 16 anos. Nivel alto de natación. Certificado médico
Curso de técnico de salvamento acuático
* Urbanizacións privadas. * Concellos * Piscinas públicas e privadas. * Rede de contactos
Traballos agrícolas Maior de 16 anos. Ningún
* Empresas agrícolas (Vitivinícolas, etc) * ETT´s * Medios comunicación. * Rede de contactos * Listas de contratación do SEAGA
Promotor/a
Boa presenza Facilidade de palabra Ningún
* Ett´s * Empresas de azafatas *www.azafatasypromotoras.com
Page 40
40
Os tipos de contratos que nos podemos atopar o podedes consultar non
apartado específico da nosa web: Tipos de Contratos.
O AUTOEMPREGO
Crear a túa propia empresa é outra das saídas profesionais que debes tener en conta, neste documento atoparás algunhas ferramentas para poñela en marcha. No momento de emprender un proxecto empresarial debes plantexarte varias cuestións - Eres Emprendedor/a? - Dispós dunha idea? - Diseñaches o teu Plan de Empresa? Para axudarte a resolver estas cuestions, tes a opción de visitar un servizo destinado a impulsar o desenvolvemento de novas iniciativas profesionales e potenciar o ánimo emprendedor que posees. Este tipo de servizos pódenche ofrecer asesoramento para a maduración da túa idea empresarial, informarte sobre os incentivos que ofrece o Servizo Público de Emprego de Galicia e moita de información interesante para a creación e consolidación do teu propio negocio. Neste sentido, a Consellería de Traballo e Benestar, impulsa a Rede de Técnicos de Emprego, un servicio destinado a apoiar a consecución dos teus obxetivos empresariais. Recordámoste que, nas delegacións de Valora, contas con dúas técnicas esperando a atender as túas consultas de emprendedor pero, por se estás demasiado lonxe, a través do seguinte enlace poderás acceder o buscador de Técnicos de Empregoe localizar o profesional que, pola súa localización, máis te conveña visitar. http://www.tecnicosempregogalicia.xunta.es/RedTecnicosEmprego/portal.aspx?st=1&tabindex=3&tabid=22. Alguns links de interese: A DIRECCIÓN GENERAL DE POLÍTICA DE LA PEQUEÑA Y MEDIANA EMPRESA http://www.ipyme.org IGAPE. INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA http://www.igape.es
Page 41
41
BIC GALICIA http://www.bicgalicia.es GUÍA DE RECURSOS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS http://www.emprenderengalicia.org VENTANILLA ÚNICA EMPRESARIAL http://www.vue.es CÁMARAS DE COMERCIO http://www.camerdata.com SECOT, SENIORS ESPAÑOLES PARA LA COOPERACIÓN TÉCNICA http://www.secot.org CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA Colección empresa. Agenda del Autoempleo http://www.ceg.es CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LA PROVINCIA DE OURENSE http://www.ceo.es FUNDACIÓN DA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE LUGO. Apuntes a Emprendedores http://www.fundacioncel.org LA CONFEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIONES DE JÓVENES EMPRESARIOS -AJE Confederación http://www.ceaje.es LA ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA http://www.ajepontevedra.com UNIVERSIDADE DE VIGO http://www.uvigo.es/empresa/index.gl.htm UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA http://www.usc.es UNIVERSIDADE DA CORUÑA http://www.udc.es/cap5
Page 42
42
TECNÓPOLE. PARQUE TECNOLÓGICO DE GALICIA http://www.tecnopole.es CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIALES CIE A GRANXA http://www.zonafrancavigo.com RED BANG. BUSINESS ANGELS NETWORK GALICIA http://www.red-bang.net FUNDACIÓN NEURONILLA PARA LA CREATIVIDAD E INNOVACIÓN- técnicas de creatividad http://www.neuronilla.com
Page 43
43
A MODO DE REFLEXIÓN….
O desemprego é unha realidade social que hai que afrontar, é por iso que vos
recomendamos visitar esta recopilación onde poderedes consultar unha filmografía
onde tratan temas variados dende o paro, clima laboral, a entrevista de traballo…
http://www.sieres.org/v_portal/informacion/informacionver.asp?cod=2645
&te=53&idage=4136&vap=0
Voltar ó Inicio