Top Banner
UPOMBA DOURADA Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños
39

Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

Aug 17, 2021

Download

Documents

dariahiddleston
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

UPOMBA DOURADA

Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños

Page 2: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

2

2014 SUMARIO

Portada: Foto da Praza da Libertade. Carballo-Ano 1929 Álvaro Cunqueiro: Pomba Dourada (páx. 3) Roberto Vidal Bolaño (páx. 4) “Na frente unha estrela…” Homenaxe a Rosalía de Castro (páx. 5,6) Gañadores do concurso de microrrelatos nas dúas categorías (páx. 7) Corcoesto (páx. 8-10) Somos, inconscientemente, cómplices silenciosos do conflito máis sanguinolento do planeta dende a segunda guerra mundial? (pax 11-13) O pasado mineiro de Santa Comba (pax 14) Inflúe a cor da taza no sabor do chocolate? (pax 14) VIII Feira das Ciencias- IES Alfredo Brañas (páx. 15) As drogas (páx. 16-20) Non te esquezas do día do Alzheimer (páx. 21) Alzheimer (páx. 22,23) Dende o seu punto de vista (páx. 24,25) Cine de terror: Industria en decadencia? (páx. 26) Ode au sommier (páx. 27) A Física dalgúns contos, como As viaxes de Gulliver e O Principiño (páx. 28-31) Se tivera dezaseis anos (páx. 32-34) Vento morno da tarde (páx. 35) Boliña de azucre (páx. 36-38) De invernos, Cancións de berce e Voltar (páx. 39) Aproximación ao metabolismo urbano de Carballo: O ciclo da auga (páx. 40-43) Excursión a Portugal (páx. 44,45) Saída a Compostela (páx. 46) Excursión de 4º ESO a Padrón (páx. 47-49) Viaxe ao parque eólico experimental de Sotavento (Lugo) (páx. 50,51) Fragmento de: Plastic Dolls Show (páx. 52-57) Chemin, Crucigrama e Caricatura (páx. 58) Montanha e Arbore. Autor - Xulio García Rivas (Páx. 59) POMBA DOURADA, REVISTA DO IES ALFREDO BRAÑAS Coordinador: Xan Fraga Deseño e Maquetación: Carlos Álvarez e Xan Fraga Supervisión Lingüística: Filipe Diez Pombas: Óscar Vázquez Abelenda Rúa Corcubión s/n, Carballo. Tfno.: 981 700 911 Fax: 981 704 014 Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/iesalfredobranas/

Page 3: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 3

QUEN PUIDERA NAMORALA

No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Ten aires de flor recente, cousas de recén casada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

(Álvaro Cunqueiro, 1911-1981)

Page 4: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

4

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Nado nunha famila labrega do Vilariño (Os Vilares, Guitiriz) o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un importante poeta e tradutor galego. Estudou sete anos no Seminario de Mondoñedo, onde coñeceu o tamén poeta Aquilino Iglesia Alvariño.

Licenciouse en Filosofí e Letras pola Universidade de Salamanc,a especializándose en línguas modernas. Traballou moito como tradutor de francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas. Foi tamén durante anos profesor de linguas clásicas e modernas.

Casou en 1954 con María Teresa Zubizarreta Bengoechea, natural de Urretxu (Guipúscoa), con quen tivo tres fillos: Jose María, Maite e Íñigo.

Obra

Díaz Castro fixo poemarios xa antes da guerra civil (Follas verdes, 1934; Follas ao aire, 1935), aínda que a súa obra non será publicada en forma de libro ata 1961, ano en que a Editorial Galaxia publica Nimbos, que tivo moita influencia nos poetas posteriores pola súa perfección, pola preocupación por Galicia e polos problemas básicos do ser humano, como a vida, a morte e o tempo. Díaz Castro adoita ser encadrado dentro da Xeración do 36 a carón de poetas coma Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño. Na obra, que inclúe revisados os poemas que escolmara Fernández del Riego, móstrase unha reflexión sobre o destino humano a través da preocupación existencial e relixiosa e da comuñón coa natureza.

Nimbos consta de 32 poemas divididos en sete epígrafes: Pórtico, Noite, Lus, Esperanza, Milagre, Soño e Ferida. Nun dos seus poemas máis coñecidos, "Penélope", reflexiona sobre unha Galicia que permanece durmida, mais sen refugar a esperanza para a súa terra.

Detalle da portada do libro Nimbos (Galaxia, 1961)

Page 5: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 5

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡Xesús, María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

A voz poética de Díaz Castro apóiase nunha linguaxe rica e exacta, da que xurde a xusteza da imaxe e o fondo poder evocador que se desprende dos seus versos. Os temas, que aparecen sempre envoltos na roupaxe elegante dun clasicismo exemplar, son os da grande poesía universal: a dor do home, o amor, a paisaxe, os sentimentos relixiosos, a liberdade... Carvalho Calero dixo que Nimbos veu restaurar na literatura galega a poesía total.

Page 6: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

6

Xosé María Díaz Castro (Guitiriz 1914-Lugo 1990), ademais de poeta, foi docente e tradutor (de francés, italiano, alemán e inglés, entre outras linguas). Por iso, como dixo o seu amigo (e tamén poeta) Luis González Tosar, “a tradución dos seus poemas a outras linguas é a mellor homenaxe que a un tradutor coma el se lle pode facer”. Velaquí, pois, un dos seus poemas de Nimbos versionado ao portugués (se é que o galego non é xa un portugués doutro xeito), ao asturiano, ao catalán, ao italiano e ao francés.

ESMERALDA (galego)

Herba pequerrechiña

que con medo sorrís

ao sol que vai nacendo

e morrendo sen ti.

Por que de ser pequena

te me avergoñas ti?

O universo sería

máis pequeno sen ti!

ESMERALDA (português)

Erva pequenina

que com medo sorris

ao sol que vai nascendo

e morrendo sem ti.

Por que de ser pequena

te envergonhas assim?

O universo seria

mais pequeno sem ti!

ESMERALDA (asturianu)

Yerba pequeñina

que con mieu sonríes

al sol que va naciendo

y morriendo ensín ti.

¿Por qué de ser pequeña

te avergüences, di?

¡L’universu sería

más pequeñín ensín ti!

Page 7: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 7

ÉMERAUDE (français)

Toute petite herbe

qui sourris pleine de peur

au soleil qui naît

et qui, sans toi, meurt.

Pourquoi d’être si petite

as-tu honte, ma chère?

L’univers, sans toi,

serait plus petit, c’est vrai!

SMERALDO (italiano)

Erba piccolina

che con paura sorridi

al sole che va nascendo

e che muore senza te.

Per ché d’essere così piccola

hai vergogna di te?

L’universo sarebbe

ancora più piccolo senza di te!

MARAGDA (català)

Herba petiteta

que amb por sonries

al sol que neix

i que mor sense tu.

Per què ésser tan petita

et fa tanta vergonya?

L’univers seria encara

més petit si tu li faltes!

Traducións de Xosé Carlos Rodríguez Rañón (Departamento de Francés)

Page 8: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

8

A XUSTIZA POLA MAN

Xustiza, estraña palabra, nunca de todo comprendín o seu significado. Nunca ata hoxe. Aqueles homes, si, eses “honrados”, por todos amados, por todos respectados; os mesmos que por pura malicia me fixeron a min, muller indefensa, pagar faltas doutros. Aqueles demos que mesmamente coma ratos que furan e furan fixeran da miña vida un inferno. Inferno saído das súas entrañas fedorentas, das súas mentes

podres. Pero tal vez non o pensaron o suficiente, tal vez non era eu a muller indefensa que crían. E a noite na que o meu segundo fillo morreu de fame e frío deitado nas eiras, seguindo o camino da súa irmán, xurei ante eles que lles faría entender a eses demos mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso, do mesmo xeito que a pobreza non te fai vulnerable. Nin unha soa bágoa caeu dos meus ollos mentres me dirixía á vila.

E nesta noite, cando a miña man se pechou sobre a empuñadura do vello coitelo, sentín dentro de min a chamada de todas aquelas mulleres que, impotentes, tiveran que calar e deixarse facer, tal e como eu fixen unha vez. E non só sentín a súa dor, a súa frustración, senón que sentín despertar a súa furia, e por vez primeira sentín como todas as mulleres vexadas do mundo, todas elas poderosas de espírito, me daban a súa forza e me facían a min moito máis forte. Nese momento, aínda pobre e muller, eu era a todopoderosa, pois loitaba do bando dos xustos que foran humilladados, pois representaba coa miña acción a xustiza máis pura e clara. E fíxeno, un a un, a pouco e pouco. E ese sangue seu recordoume a convicción que me embargaba dende aquel día en que dentro de min comezaba xa a correr ese sangue noxento e indigno. Pero non pasaría, ese fillo do demo morrería comigo esa mesma noite, na que que morreran tamén seu pai e os da súa condición. Chegara o momento, e sentíndome limpa e pura, xusta en definitiva por primeira vez en moito tempo, busquei o mar. Todas as miñas débedas foran saldadas, podía seguir o camiño dos meus anxos. Mentres a ola de prata me devoraba por fin vin a lúa e comprendín que me sorría, que me sorría por ser muller coma min e porque eu, dunha vez por todas, fixera xustiza. Eu era todas. Todas eran eu. O ceo voltouse negro e a lúa desapareceu. Por fin, meus anxos…

Carolina Carreira Pacoret - 1º Bach C

Page 9: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 9

REVISTA VALLE INCLÁN

Damos os parabéns ao diretor da revista Cuadrante, Francisco Xavier Charlín Pérez, ex profesor do IES Alfredo Brañas; e ao seu deseñador, Carlos Sánchez Crestar, que segue a ser profesor no noso centro, polo gran traballo realizado.

Page 10: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

10

CONFERENCIA ANGEL CARRACEDO

Sempre é agradable escoitar a quen sabe, e máis a quen sabe moito. Escoitar convértese nun pracer se quen nos fala non o fai para demostrarnos o listo que é. Ángel Carracedo é dos que saben, dos que saben moito e xa teñen todo demostrado. Os que escoitamos a conferencia con que nos deleitou o pasado 24 de abril no noso instituto non é preciso que busquemos o seu curriculum en Google para darnos conta de que é un científico realmente bo.

Ángel Carracedo fala como o fan os xenios, simple e sinxelo, non utiliza expresións complexas, non nos fala de técnicas e de compostos de nomes impronunciables, fala con rigor científico dun xeito moi simple, e aí está a proba da súa excelencia. Todos os que alí estabamos lle entendemos, e iso que estaba a falar dun dos campos máis complexos, punteiros e difíciles da ciencia do século XXI. Este científico de prestixio mundial estaba a falar de ADN, xenómica, enxeñería xenética, biotecnoloxía… a un público na súa maioría adolescente en idade e en pañais canto a coñecementos tan específicos, un público que lle atendía e lle entendía independentemente dos coñecementos previos na materia. Uns sabían algo (algo máis que algo, temos moi bo alumnado en bioloxía de bacharelato), outros pouco, outros moi pouquiño e ata pode que algún nada; tanto tiña, o profesor Carracedo conseguiu o milagre. Atendémoslle e entendémoslle todos, os moi interesados, os interesados e os pouco interesados na xenética, e todos saímos enriquecidos coa súa lección sabia e simple de xenética e de vida ao tempo que nos transmitiu unha mensaxe de humildade (a humildade dos grandes, non a falsa modestia de quen pretende ser ou aparentar ser grande), de ilusión e de paixón.

Só os sabios poden ser simples, e o profesor Carracedo é simple, falto de complexidades e enrarecementos que só ocultan carencias e complexos persoais. Para ser simple hai que ser moi bo, e o noso conferenciante é o mellor científico galego e forma parte da elite mundial no seu campo.

Page 11: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 11

Falounos do seu traballo, aplicado á criminalística e á diagnose de enfermidades xenéticas, e entendemos iso tan complicado que fan el e o seu equipo, sentímolo próximo.

Falounos dos seus colaboradores, máis de un cento de profesionais, a maioría biólogos, tamén informáticos, técnicos de laboratorio… ata un veterinario. Contounos que cando escollen novos membros do equipo de investigación teñen moi en conta a ilusión e a paixón desa persoa, sentímolo próximo.

Falounos da súa vida, da súa avoa, das súas raíces bergantiñás, dos seus parentes de Rus. Sentímolo próximo.

Falounos da súa filla, que está cursando segundo de bacharelato, e das preocupacións á hora de escollera a carreira universitaria. Sentímolo próximo.

Escoitou as nosas preguntas como se foran todas interesantísimas e contestounos como se nós fósemos os seus iguais, facéndonos sentir que sabiamos do que falabamos. Sentímolo próximo.

Preocupouse polo futuro do noso alumnado e aconselloulles que se deixen levar pola ilusión, que cando rematen esta etapa académica escollan a vía que máis lles guste e lles ilusione. Sentímolo próximo.

Sentímolo próximo, un dos nosos, e esta sensación fíxonos sentir importantes e achegou ese empurrón “para comer o mundo” que tanto precisa a nosa xuventude.

En fin, unha lección de Ciencia do século XXI e de vida atemporal.

Quedamos agradecidos ao profesor por vir ao noso Instituto a contarnos o que está a facer e tamén por esa marabillosa invitación para que, este e os vindeiros cursos, un grupo de alumnos de bacharelato visite o Centro de Investigación en Medicina Xenómica que el dirixe. Quen sabe… pode que algún día os nosos futuros biólogos, biotecnólogos, informáticos, veterinarios… estean no seu grupo ou noutros equipos de investigación igual de prestixiosos, quen sabe… talento haino, ilusión e paixón tamén, e máis despois de escoitalo.

María Díaz Rama

Page 12: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

12

PARA QUE SERVE O ADN

Ese foi o título da charla que ofreceu Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, no IES Alfredo Brañas de Carballo o 25 de marzo do 2014. Ante a expectación do acto, acudiron alumnos carballeses non só do Alfredo Brañas, senón tamén do Monte Neme, do Parga Pondal e do Artai. O científico aterrou en Carballo no seu “momento de descanso”,

xa que afirmou que “agora cando me preguntan onde vivo, digo que no avión, porque ando sempre dun lado para o outro”. O seu propósito era falar do aparentemente complexo papel do ADN, que os alumnos entenderon facilmente grazas ás magníficas explicacións do científico.

Nado en Santa Comba, Ángel Carracedo é un prestixioso xenetista a nivel global. É, entre outros moitos cargos, o director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, do Centro Nacional de Xenotipado e dun grupo de Medicina Xenómica en Galicia punteiro internacionalmente. Fóronlle concedidos numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, como a medalla de ouro e brillantes polo Colexio Médico da Coruña polo seu excelente labor no campo da medicina e da xenética.

Coa súa explicación, combinada cun toque de humor, conseguiu cativar o público alí presente. Describiu o ADN como un gran libro escrito por palabras de tres letras (A, G, T ou C), onde unha mínima variación pode alteralo todo: “ás veces cambia unha letra, e iso xa é unha enfermidade”. Mesmo explicou como obter o ADN dun chícharo ou por que a morte e a enfermidade son consubstanciais á vida. «A vida sempre é un libro de instrucións», explicou. «Cal é a vosa media de idade? 16 anos? Pois imaxinade, se non houbese morte celular, o voso cerebro pesaría 550 quilos e o voso intestino chegaría de aquí a Madrid, algo máis de 700 kilómetros». «Por iso o ADN programa esa instrución que é a morte celular. Cando algunha desas instrucións falla, chámase cancro». Tamén explicou con moita maña a técnica para ler o ADN, citando Frederick Sanger como «a persoa que máis admiro. Recibiu dous Nobel de Química e descubriu como ler o ADN».

O conferenciante explicou tamén que, xunto co seu equipo, estiveran presentes en tarefas de investigación forense en casos tan coñecidos como o das nenas de Alcàsser ou o atentado terrorista do 11-M.

Foto La voz de Galicia: José M. Casal

Page 13: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 13

Sempre próximo ao alumnado, que o escoitaba con atención e sincero interese, de seguro a súa conferencia non deixou ninguén indiferente. Grazas ás súas explicacións, todos os asistentes comprenderon á perfección o papel do ADN e a súa importancia. A acollida do público foi magnífica; non só por parte dos estudantes, a quen lles resultou do más interesante, senón tamén por parte de asistentes como o alcalde de Carballo.

Ao rematar, algúns temas suscitaron especial interese en moitos alumnos, que non dubidaron en preguntar. Tantas foron as cuestións que o tempo establecido non puido abarcalas todas. De feito, só se puideron formular nove preguntas, e polo menos outras tantas quedaron na recámara. Non obstante, todos marcharon cun bo recordo, e de seguro serán moitos os que despois desta conferencia teñan máis claro o camiño académico que desexan seguir. Tanto foi así que, en mostra de agradecemento pola súa visita, os alumnos carballeses decidiron colectivamente facer un libro no que poder asinar e poñer as impresións que causou a conferencia en cada un deles, así como formular aquelas preguntas que, por falta de tempo, o científico non puido responder durante a conferencia. De seguro que isto marcará un antes e un despois na vida daqueles que puidemos escoitar este experto.

Imaxe do periódico La Voz de Galicia: José M. Casal

Manuel Gundín Martínez 1º Bach B

Page 14: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

14

CONVERSANDO CON ÁNGEL CARRACEDO

-Bo día, nós somos de antropoloxía, así que nos gustaría preguntarlle se hai algún antropólogo no seu grupo de traballo.

Si, mira, eu fixen a miña tese en xenética de poboacións, antropoloxía molecular. E temos dende aquela un grupo de xenética de poboacións importante que está levado como investigador principal por Antonio Salas, que é un antropólogo boísimo. Pois en que traballamos? Traballamos moito en poboacións europeas e africanas, aínda que agora estamos máis interesados en americanas, de feito estamos facendo moitísimas cousas en nativos americanos e tamén interésanos bastante Asia, pero sobre todo en nativo-americanos. Estamos facendo moitos traballos nisto para entender ben como foron todas as emigracións que aconteceron nese continente, porque isto entronca moito con cousas de clínica que tamén facemos.

-E as súas achegas son imprescindibles?

Nada do que fixen na miña vida é imprescindible para nada.

-Non, refírome aos antropólogos.

Ben, mira, o que sabemos das migracións e da composición das poboacións humanas, primeiro é importante para o coñecemento, para entender a nosa historia, para entender as nosas migracións, para entender de onde vimos, que isto é importantísimo. Pero ademais ten consecuencias moi importantes para a nosa investigación. Unha maneira que temos agora de ver os xenes que están detrás das enfermidades comúns coniste en

que nos gusta moito traballar en poboacións que teñan o que se chama mestura recente (recent admixture1), como son as poboacións americanas ou as de Cabo Verde por exemplo, porque temos estratexias a través do que chamamos ‘admixture mapping2’ e é moito máis fácil de atopar os xenes responsables de enfermidades ou de trazos físicos. E para saber iso importa moito a composición de poboacións parentais. Tamén sabemos que moitas enfermidades son producidas polo efecto fundador, gran parte da enfermidade humana é así e hai que entendela; por exemplo, aquí hai pouco descobrimos unha forma de ataxia que padece moitísima xente, máis de duascentas persoas, unha enfermidade da que descubrimos cal era o xene causal, e lle chamamos ataxia da Costa da Morte; e entender estes efectos fundadores, como afecta a cada unha das poboacións incluso a nivel tan reducido como pode ser unha escala de Galicia, é importantísimo. Claro que é importante para nós.

-Os seres humanos somos máis ca xenes, ou non todo está nos xenes: entón, como prexudica a endogamia aos nosos descendentes?

Os seres humanos somos sempre xenes e ambiente. Curiosamente, a percepción de canto é xenético e canto é ambiental é sorprendente, e pódese facer realizando o que se chama estudios de ambientabilidade. O físico en xeral é moi xenético e pouco ambiental, aínda que o ambiental sempre inflúe un pouco en todo, nalgunhas cousas máis e noutras menos. Pero mirade 1 Refírese a poboacións que proveñen da mestura dunha ou dúas poboacións xeneticamente distintas, coma os indios da India, que proveñen unicamente da mestura de dúas poboacións, co que non hai moita variabilidade xenética. 2 É un método de mapeo xenético de poboacións mesturadas para saber de qué poboación ven cada xen.

Ángel con Sergio, Ángela e Ana

Page 15: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 15

se é sorprendente, se eu vos pregunto: que é máis herdable, o cancro de mama ou a esquizofrenia? A xente normalmente diría cancro de mama, porque se herda de pais a fillos, directamente, pero é a esquizofrenia, que ten un 80% de varianza xenética e nada máis que un 20% de varianza ambiental, é dicir, a herdabilidade –que é un compoñente xenético no total da varianza– é o 80%, mentres que no cancro de mama é o 34%. Pero sempre somos xenes e somos ambiente.

-Falando de cultura, canto da nosa maneira de ser depende dos xenes e canto do ambiente?

Non o sabemos ben. Sabemos que somos produto das dúas cousas, pero canto é dos xenes e canto do ambiente é complicado de averiguar porque para empezar, os trazos culturais son difíciles de definir. Pero o único que podemos decir é que somos as dúas cousas e na herdanza de caracteres culturais é tremendamente complicado porque veñen os dous moi aparellados: quero dicir que, se fas estudos familiares, canto e por que, por exemplo fillos de pais músicos, que saia un neno músico, canto é que teña habilidade para a música ou canto é que estea escoitando música desde que naceu, é difícil de cuantificar pero sempre tendes que pensar que somos unha proporción das dúas cousas.

O ambiente é dende a educación ata os cambios ambientais producidos por causas físicas. O ADN transmítese pero tamén altérase, que é o que se chama metílase. Entón o que son as modificacións postas relacionais do xenoma, que fundamentalmente son dúas, a metilación e as histonas3, pois isto é outra cousa case tan importante coma a herdanza.

Por último, conteste coa primeira palabra que se lle ocorra:

-Unha ilusión? Estar máis coa familia.

-Unha obsesión? Teño moitas (risas). O buceo, durmo soñando como estou mirando os sargos.

-Unha compañía? A da miña muller e os meus fillos.

-Un xantar? A tortilla de patacas de miña nai.

-Un entretemento? Aparte de bucear, correr, tocar a guitarra... teño moitos.

-Un proxecto? O que máis me ilusiona hoxe en día é intentar entender máis as enfermidades psiquiátricas da xente, dos rapaces das vosas idades.

-Un camiño? Un camiño físico: de Cabo Vilán a Arou, este é o camiño físico máis bonito que hai.

-Unha parada? Louro. Os de Santa Comba invadimos Louro porque tiñamos que ter unha saída ao mar que en Santa Comba non había.

-Un destino? O destino que temos todos está claro... (risas). Como son de xenética e os cromosomas se transmiten aos fillos, pois que herden o bo.

-Un faro? Faro de Cabo Vilán, seguido polo de Sálvora e o de Ons, que é onde traballan os meus irmáns.

Grazas!45

As preguntas fixéronas Ángela Criado e Sergio Castiñeira, de Antropoloxía; e Ana López, de Anatomía Comparada. 1ºBac

3 Son unhas proteínas que están no núcleo das células. 4 Se queredes escoitar a conversa, só tedes que entrar en http://youtube/SIUxY_9qC-E 5 Pedimos desculpas se algunha palabra non está ben transcrita. O teléfono non lle deixou de soar, o que fai a gravación (de baixa calidade) difícil de entender por momentos.

Page 16: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

16

Durante a Feira das Ciencias, no taller de Antropoloxía, os alumnos desta optativa de 1º de Bacharelato quixemos profundizar na definición dada por Malinowski desta ciencia: o estudo do home abrazado á muller. Por iso desenvolvemos unha exposición na que analizamos as diferenzas entre o home e a muller a nivel físico e cultural, e fixemos un xogo moi interesante.

Escollemos unha gran cantidade de frases ditas por personaxes famosos (homes e mulleres, do mundo da política, literatura, historia…), repartímolas en papeis azuis ou rosas, independentemente de se as dixera un home ou unha muller, e sen poñer o nome da persoa que a escribira, xuntamos todas esas frases nunha caixa. A xente que visitaba o noso obradoiro, no final tiña que coller un papel ao chou, ler a súa frase e adiviñar ou intuír se se trataba dunha frase dita por un home ou dita por unha muller. Na aula había dúas urnas, unha para o sexo masculino e outra para o feminino. Á medida que a xente ía saíndo, botaban os papeliños azuis ou rosas –segundo lles parecese frase de home ou de muller– nas caixas correspondentes. E nós iamos tomando nota de quen votaba: se era home ou muller o/a que metía o papel na urna azul (de home) ou na rosa (de muller). Finalizado este proceso de votación, faríase o posterior reconto, cuxo obxectivo é saber un número aproximado de cantas persoas acertaron e cantas se equivocaron ao pensar que aquela frase era dunha persoa do sexo que eles crían.

A continuación, amósanse os resultados. Un 59% acertou á hora da votación, mentres que un 41% errou. Un 29,4% das mulleres votou por muller, un 24,72% por home, un 19,6% de homes decantouse por home, e por último, un 26,28% elixiu muller. Posiblemente gran parte dos erros sexan debidos a que moita xente se deixou influír polas cores dos papeis e das caixas (habitualmente asociamos o rosa ás mulleres, e o azul aos homes), que estaban preparadas así co obxectivo de analizar o “impacto” e as sensacións que causan as cores nas persoas por motivos culturais, algo que predominou na nosa exposición, e que predomina tamén no estudo da Antropoloxía.6

6 Redacción de Tania Tuñas e gráficos de Ángela Criado.

Page 17: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 17

Perspectiva ética de MARXINADOS

Marxinados é o título do último libro de Pepe Carballude, da editorial Galaxia. Saiu á luz en marzo do 2014. Pepe foi profesor de latín deste instituto entre os anos 80 e 90. Lembra do alumnado de Carballo como xente moi especial (no bo sentido).

Na biblioteca do centro hai outros títulos do mesmo autor: Miña avoa ten 13 anos, Os gazafellos, O talismán dos druídas, La vida diaria de los romanos, S.O.S., Investigación 091, A historia do home can, Maldito DNI, Romaxe de desventuras, Paisaxe con fondo gris. Neste libro cóntanse historias de persoas enmarañadas nunha realidade marxinal pero cotiá. Os personaxes sofren sentimentos, paixóns, emocións, amor, desengano, acoso. Disfrutan das verdades e mentiras, da amizade e do egoísmo, dos risos e dos choros, dos triunfos e dos fracasos, das virtudes e dos vicios. O autor dálle un enfoque dinámico a problemas como o abandono, a orfandade, a enfermidade, a pobreza, a prostitución, as drogas, os roubos. Ademais é quen de non caer no sentimentalismo, deixando os trazos das historias inacabados, para que o lector se distancie, reflexione e responda dalgunha maneira aos porqués que o autor lle amosa.

Os personaxes saben o que é a lotería natural, a lotería social e como na loita por conseguir os retos que se propoñen, buscan eles mesmos outros resultados desas “loterías” para conseguir cambiar o que lles tocou en sorte.

Non faltan as pinceladas de denuncia ao esquecemento da sociedade en xeral, e dos políticos en particular, polas persoas que non teñen un fogar de seu, e que mantemos o máis lonxe de nós para non ver en que convertemos o mundo no que vivimos.

Pepe Carballude reúne en 136 páxinas os problemas éticos do noso tempo, ademais dos xa mencionados, botando man das diferenzas culturais. As vivencias das despedidas, do perdón, dos proxectos, conforman un libro que engancha e que un non quere que acabe.

Grazas, Pepe, por este novo libro.

A súa lectura non deixa indiferente.

Page 18: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

18

IX FEIRA DAS CIENCIAS

Este ano celebrouse, como dende hai nove anos se leva facendo, o acto de ámbito científico máis importante do centro IES Alfredo Brañas: a Feira das Ciencias. Os días 25 e 26 de febreiro, os alumnos actuaron como profesores, ensinándolles aos seus compañeiros os misterios da ciencia. Deste xeito preténdese saír da rutina e, sen abandonar a intención didáctica, ensinar ao mesmo tempo que fascinar e emocionar aos asistentes. Así, durante eses dous días o corredor do terceiro andar do centro educativo convértese literalmente nunha feira, nun ir e vir de monitores e alumnos. No último día celebrouse pola tarde o día de portas abertas, polo que moitos curiosos puideron se achegar, como fixo o alcalde Evencio Ferreiro.

Este ano participaron os departamentos de Matemáticas, Antropoloxía, Tecnoloxía, Bioloxía, Debuxo, Física, Química e Obradoiro de Artesanía. Os monitores de cada departamento ensinaron que a ciencia non é algo aburrido que se aprenda nas aulas, senón que pode ser moi entretido. Así, os corredores cobríronse de postos onde os monitores ensinaban o seu traballo, podendo ver dende distintas actividades sobre o reino animal ata curiosos efectos ópticos.

En Matemáticas, os monitores engaioláronnos cos misterios que agochan os números, chagando a demostrar que é máis probable que morramos hoxe a que nos toque a lotería. O departamento de Antropoloxía estreouse este ano amosándonos dunha forma tanto lúdica como didáctica o obxecto de estudo da súa materia. Mesmo tivemos a ocasión de ver a profesora de

Antropoloxía vestida cun traxe galego de época!

No departamento de Tecnoloxía, sempre á vangarda da innovación, trouxéronnos un dos últimos inventos: a impresora 3D. Tamén explicaron o funcionamento do torno, creando pezas con el, ou as enerxías renovables, coas que mesmo cargaron un móbil. Pola súa parte, Bioloxía e Anatomía Aplicada explicaron o funcionamento dun ser vivo dende o interior; pero non con aburridos libros como se fai nas clases, senón con órganos de verdade que os visitantes tiveron ocasión de tocar. Elaboraron tamén prácticas para extraer ADN e para calcular a pulsación cardíaca. De seguro os asistentes quedaron gratamente impresionados coas exposicións.

Page 19: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 19

Nos departamentos de Física e de Química, os monitores optaron por empregar o humor para facer os seus experimentos. Así, dunha banda en Física atopamos uns magos recén chagados de Hogwarts que deciden practicar cunhas variñas a levitación,

aínda que en realidade é electrostática. Tamén se nos explica o que é o Efecto Venturi para logo ensinarnos un coche teledirixido que anda polas paredes e polo teito grazas a este fenómeno. Doutra banda, en Química, un equipo de investigación do CSI xoga coas tintas invisibles, facendo que dun simple papel en branco aparezan de súpeto unhas letras. No mesmo departamento, un grupo de mafiosos tráenos un conxunto de produtos que foi “importado” ilicitamente. Un deles é un líquido que parece auga e que, con só tocalo ou vertelo sobre unha placa de vidro, se conxela no instante. O outro produto son unhas bengalas que poden facer lume mesmo debaixo da auga. Todo un espectáculo para os visitantes, que quedaron asombrados con ambos departamentos.

Sen dúbida, este ano a Feira das Ciencias deu moito xogo. Non só foi un espectáculo divertido para todas as idades, senón que tamén serviu para introducir a novos e maiores na ciencia. Este acontecemento comezou hai nove anos a raíz dunha innovadora idea. Grazas á colaboración de profesores e alumnos, púidose levar a cabo. Entrevistamos un dos profesores que colaborou na creación desta feira, José María de la Viña, para que nos contara como comezou todo.

O profesor de Física e Química explicounos que o seu mestre lle levaba experimentos á clase, algo que a el lle encantaba, polo que decidiu levalos el tamén. A súa experiencia foi moi positiva, pois aos alumnos gustábanlles, aínda que o tempo dispoñible non lle

permitía levar todo o que el quería. Partindo da Feira das Ciencias da Coruña, pensou en celebrar algo do estilo no Alfredo Brañas, e xunto cos seus compañeiros de departamento decidiron intentar poñelo en marcha. Contou coa aprobación por parte de todos e, aínda que na primeira Feira das Ciencias só se animaron a participar tres departamentos, axiñá esa cifra foi en aumento.

A grande vantaxe que presenta esta feira, dicíanos o profesor, é que “podes facer cousas que de ningunha maneira se poderían facer se non chegase a existir”. Aínda que tamén é moi complexa de levar a cabo, non só pola cuestión de financiamento ou obtención de materiais, senón pola dirección e coordinación dos grupos ou polo deseño do cartel, camisetas e demais detalles. Aínda así, saíu adiante e hoxe en día podemos participar nesta Feira das Ciencias que vai camiño do seu décimo aniversario, e que agardamos continúe moitos anos máis como un símbolo que define o noso centro.

Manuel Gundín Martínez 1º BACH - B

Page 20: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

20

SEMANA DAS ARTES, DAS LETRAS E DA MÚSICA

A Semana das Artes, das Letras e da Música é unha idea que nace no curso 2011-2012, despois da aprobación dos Contratos-Programa e logo dunha proposta feita polo equipo directivo.

Os primeiros pasos resultaron difíciles e complicados. Difíciles porque non sabiamos como organizar cinco días con actuacións. Complicados porque compaxinar os horarios coas clases era unha tarefa ardua. Pero puxémoslle ganas e ilusión.

O máis complexo e peliagudo veu o curso pasado, xa que non tiñamos subvencións, só

o que achegou o IES. Aínda así saímos adiante e contamos con escritores da categoría de Xabier Alcalá e os primeiros pasos da compañía de teatro baixo a dirección de Javier e Mónica. Quen non se lembra do espectáculo de Grease?

Este ano as cousas foron máis doadas. De novo cos Contratos-Programa aprobados polo Claustro e o Consello Escolar, foi posible unha gran Semana das Artes, das Letras e da Música, a terceira, que como vén sendo habitual, faise coincidir coa celebración do Día

do Libro e, tamén, coa Revolucão dos Cravos.

Este ano tivo lugar xusto á volta da Semana Santa. Cando a comunidade educativa regresou das vacacións, atopou a entrada do centro diferente. Grazas a Cristina González Bustos, profesora de Educación Plástica, e dos seus alumnos de 1º da ESO, parecía unha pinacoteca. Unha chea de cadros de pintores galegos dos séculos XX e XXI embeleceron a zona. Dende Luís

Seoane a Maruja Mallo, pasando por Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell e Jorge Peteiro, entre outros. Ademais, no corredor que conduce a secretaría, esta profesora deixou a súa pegada con ilusións ópticas, onde puidemos ver Picasso a través dunha ventá imposible, saudar Alfred Hitchock ou Dolly e visualizar a imaxe de Castelao, autor que precisamente tamén formou parte da Aula de Creación Literaria. Quen pensaba que a AAE non se podía converter nunha magnífica Aula de Creación Literaria… equivocábase! A transformación feita por María Xesús Lema, Bea Moreno, Carme Vázquez e María José Martínez, cos seus alumnos, foi espectacular. As paredes desapareceron e, no seu lugar, xurdiu a palabra en galego. E na vitrina xogos tradicionais e libros de gran valor, sobre todo, sentimental.

Page 21: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 21

Pero non terminou aí. A aula de vídeo converteuse nunha aula de arte e de música. Helena, Uxía e Enma mostraron o seu traballo fóra das aulas e María, Paula e Belén, vestidas con traxes típicos, déronnos unha lección de instrumentos tradicionais galegos.

E aínda máis, nesa mesma aula, alumnos de 3º da ESO transportáronnos á Grecia clásica cos seus mitos. A nai de Sergio quedou abraiada cando escoitou o seu fillo falar en galego (Sergio vén de Castellón, aínda que xa leva tempo connosco).

Tamén o alumnado de Xosé Carlos Rodríguez contribuíu coa súa pegada francesa, falando de comidas, moda, estilo, cultura e política. E Emilia Gende e os seus alumnos de 1º da ESO levárannos por terras de La Mancha cunha mostra excepcional de El Quijote, axudada por unha mesa ateigada de libros cedidos pola libraría Brañas onde se lembrou, por descontado, a Gabo.

Cada día da Semana Cultural estivo adicado a un personaxe importante a título póstumo. O martes a Mozart, o mércores a Cervantes, a Peteiro o xoves e o venres a Zeca Afonso. Na III Semana das Artes, das Letras e da Música disfrutamos dos xogos tradicionais, do ioga, da capoeira, de exposicións varias e de música en directo (The Gentlemand Band), da charla de tres ex-parlamentarios do PP, PSOE e BNG, da amena conferencia de Ernesto Sánchez Pombo, da música de Miro Casabella, do saber de Xan Fraga, dos xogos de Paquita Pacheco e, como non, do teatro.

Primeiro o teatro dos alumnos do IES Fernando Wirtz, que coa súa crise nas neuronas nun país incerto abarrotaron o salón de actos o martes pola tarde. O xoves foron os nosos actores do IES Alfredo Brañas coa lenda da Perla Rosa. Que fixeron, ademais, dúas sesións o mesmo día, pola mañá para os alumnos e pola tarde para os seus familiares. Impresionantes!!!

E o máximo: o lipdub, unha aposta arriscada e complicada. Que difícil foi sincronizar case todo o alumnado nos corredores, nas aulas, nos obradoiros e no patio!!! Ata trouxemos un guindastre para unha visión global. O resultado foi do gusto de todos: simpático, divertido, movido e transmitindo a idea que se buscaba, a da unión.

A III Semana das Letras, das Artes e da Música non sería posible sen o traballo de todos os que dun xeito ou outro axudaron para que todo saíse a pedir de boca. Profesorado e alumnado fixeron posible todo isto. E este profesorado e o Consello Escolar aprobando os Contratos-Programa. Oxalá poidamos seguir nesta liña e que a Semana Cultural se manteña moito tempo no centro e na lembranza. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

Mónica Mariño

Page 22: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

22

25 DE ABRIL, SEMPRE!

O día, no instituto, comeza cunha mistura de nervios, emoción e unha alegría difícil de conter. As meninas e meninos de 3ºA de Portugués ensaian por última vez o “Grândola, Vila Morena”, que van cantar ao finalizar o acto con que se conmemora o 40º aniversario da Revolução dos Cravos. Vamos todos con camiseta branca e as mozas levamos lazos vermellos no cabelo e pintamos as uñas tamén de vermello. Son cousas que non teñen moita importancia na celebración, mais gustamos de facelas porque, desta forma, nos sentimos máis identificadas como grupo. Agora xa sorrimos ao cantar este himno de liberdade e nos deleitamos no contacto visual cos outros, porque sabemos o seu significado, o que quería transmitir o Zeca Afonso cando o compuxo. Non está mal, para só dous días de ensaio.

O tempo voa nesta primeira hora da mañá, encanto nos preparamos, ensaiamos, colocamos os cravos no salón de actos, comprobamos o son (esas cousas que nunca funcionan á primeira), cruzámonos polo corredor ás carreiras, sen deixarmos de tararear versos soltos da canción. Non podemos evitar sentirnos un pouquiño decepcionados e tristes cando Miro Casabella, o músico convidado, que vai partillar esta conmemoración do 25 de abril con Xan Fraga e connosco, só acepta acompañarnos co “Grândola” no final, mais sen tiralo do seu repertorio esta mañá. Como poderemos estar nós á altura?

Por sorte, o acto comeza e, previa presentación –desas que destilan cariño– de Ana Riveiro, Xan refírenos o panorama histórico da revolta dos capitáns. Fálanos, tamén, de “Grândola”, do seu papel naquel 25 de abril. Os meus cativos non deixan de moverse e sei que están a argallar calquera cousa. Só cando, puño en alto, en plena actuación –tan linda e emotiva– de Miro Casabella, erguen as súas voces para cantar con el, con todas as súas forzas unidas, nese exercicio de fraternidade e de igualdade que aprenderon nestes días. Só un verso. Forte. Aplausos dos compañeiros e algunha mirada de reprobación ou sorpresa por parte dalgunha profesora. Eu, orgullosa deles. Nin imaxinan de que maneira.

Cravos vermellos de recordo para Xan e para Miro. Nós, con cadanseu cravo na man. Cantamos despois de máis problemas técnicos que finalmente conseguimos resolver. “25 de abril, sempre”, berra unha profesora, ao nós acabarmos, desde o fondo do salón de actos. Desta vez, aplauso noso para ela.

Os nervios comezan xa a desaparecer e nós a descontraer. Xan Fraga aínda nos pide máis unha actuación, porque ninguén se move polo momento das butacas. Repetimos. Isto está moito mellor.

Agora, por fin, respiramos tranquilos.

Olivia Pena

Page 23: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 23

TEATRO

CRISE NAS NEURONAS NUN PAÍS INCERTO

Ir ao teatro é sempre como ir a unha festa, é asistir a unha porción de vida enriba dun escenario; de xeito que se produce unha comuñón entre o público e os actores, un fío invisible que conecta os dous extremos que forman parte da representación.

O día 22 de abril tiven a sorte de voltar a Carballo e ao IES Alfredo Brañas para asistir, ademais, a unha representación teatral que para min era moi importante; porque vir aquí é sempre regresar á casa, onde teño tan excelentes amigos e ata …un irmán!

Producíase unha especie de unión entre o pasado e o presente: o que foi o meu centro tantos anos achegaba o espazo e o público, e o meu novo instituto trouxo a obra, os actores e o autor. Esta obra foi Crise nas neuronas nun país incerto e o autor o meu compañeiro profesor de Física e Química, Carlos Freire; que tamén ten unha querencia especial polo Alfredo Brañas, porque aquí representou na década dos noventa unha obra que lle ten dado moitos premios e alegrías, Noite máxica.

Carlos é un excelente escritor e científico, que reflicte nas súas obras preocupacións sociais conectadas sempre co seu ámbito de traballo, que é a ciencia.

E da obra e da representación en Carballo, prefiro que vos fale el porque é unha voz moito máis autorizada que a miña.

Dori Fernández Diez

Os faranduleiros do I.E.S. Fernando Wirtz visitan o Instituto Alfredo Brañas

Somos un grupo de profesores-as e alumnos-as que conformamos a sección teatral do I.E.S. Fernando Wirtz da Coruña, que estivemos en Carballo o 22 de abril de 2014, acompañados polo noso director.

Para esta visita tivemos a sorte de contar cunha colaboradora que, ademáis de facernos a presentación cando actuamos, exerce dende xa de representante do grupo. Trátase de Dori Fernández Diez, profesora de Lingua Española do noso instituto, e que tamén desempregou o seu labor docente no Alfredo Brañas.

Quizais foi esta circunstancia a que levou a Dori a matinar na posibilidade de que o noso grupo teatral participase este ano na semana cultural que organiza o seu antigo instituto.

Nin que dicir ten que a nosa compañeira axiña se puxo a mover os fíos para que o grupo “Mestría teatro” do Fernando Witz representase en Carballo a peza que tiña preparada: “Crise nas neuronas, nun país incerto”.

Page 24: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

24

Logo de que Dori concertase co equipo directivo do instituto Alfredo Brañas a mellor data para a posta en escena da peza, os profesores e alumnos-as puxémonos a organizar a viaxe, e o día sinalado dispuxemos sen problemas a embalaxe de todos os elementos necesarios para a montaxe do escenario.

Podemos dicir que, xa no instituto Alfredo Brañas, tivemos unha recepción por parte da dirección, profesorado e alumnado do máis afable e coidada, e que quedamos moi impresionados das magníficas instalacións das que dispón o Centro. Nese senso, salientamos o marabilloso salón de actos, que máis ca un salón de actos dun instituto, calificámolo coma un teatro dos bos da xeografía galega.

A representación tivo unha coidada organización por parte do equipo docente que montou a Semana Cultural.

Nós captamos dende o escenario esa complicidade tan necesaria para os actores e actrices que interactúan co público e saímos co convencemento de que esta actitude non ocorre por casualidade.

Temos que agradecer o comportamento do alumnado do I.E.S. Alfredo Brañas, que asistiu á representación cuhna actitude na que amosou a súa educación cultural, o que nos leva a calificalo de “público entendido e amable”.

Aprezamos a manutención que nos propiciou o Centro nas súas instalacións de cafetería e, como bos cómicos que desexamos ser, lembramos nesa sensibilidade do equipo directivo o transfondo que acompañou os faranduleiros doutros tempos, que concibían que “o bo xantar” era o premio primordial ao seu traballo, cando ían de vila en vila representando as súas pezas.

Finalmente, deixamos constancia neste escrito dunha intención que derivamos da visita que fixemos ao I.E.S. Alfredo Brañas: “Que nos vindeiros anos, nos convirtamos en dous Centros irmáns, que estreiten a colaboración para outros eventos”.

Carlos Freire

Page 25: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 25

TEATRO NO INSTITUTO

A LENDA DA PERLA ROSA

Estamos a xoves 24 de abril, na terceira xornada da tercerira Semana das Letras. O reloxo marca as doce e media e a tensión comeza a notarse no salón de actos. Alí estamos nós: o grupo de teatro do instituto, formado por dezaseis alumnos e alumnas de 1.º, 2.º e 3.º de ESO (síntoo, compañeiros/-as, pero non dispoño de espazo suficiente para os créditos).

Por primeira vez desde que cheguei ao centro e tras un par de intentos, representaremos unha obra de teatro enteira.

Imos “todas” vestidas de piratas e armadas con espadas, salvo a parelliña de época. Atopámonos repasando esas partes que se resisten a saír de todo despois de catro meses traballando e de toda esta semana de intensos ensaios matinais cos nosos incansables e pacientes directores, Xavier e Mónica.

De súpeto, soa o timbre da quinta hora e, tras uns segundos de pánico, dispoñémonos a deixalo todo listo para que, dez minutos despois, comece a chegar a xente. Todos estamos nerviosos tras o pano, buscando un oco polo que mirar os/as asistentes que entran e coa primeira frase gravada a lume na cabeza.

Faise o silencio e comeza a soar a música, abrimos o pano deixando o barco ao descuberto, escoitamos os primeiros aplausos e, cando se apagan coa música, óese a voz da capitana. Comeza “A lenda da Perla Rosa”: neste barco de tripulación exclusivamente feminina preséntase un delicado conflito sucesorio agravado pola presenza dunha peculiar parella a bordo. Ademais desta trama tan interesante, contamos con algúns elementos completamente inesperados e eficaces: a abordaxe, o canón de confeti, as persecucións e, sobre todo, as moedas de chocolate.

Case dúas semanas despois xa representamos a obra tres veces e participamos nun certame de teatro coruñés representando o noso centro.

Esta experiencia foi fantástica para o grupo e espero que vós, queridísimo público, tamén gozásedes do noso traballo.

A contramestre,

María Añón Mallo (3º ESO B)

Page 26: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

26

A ORIXE DA MÚSICA GALEGA:

A orixe da música tradicional galega é escura.

As primeiras referencias remóntanse á música medieval. Mais aínda que se conserven cancioneiros, xeralmente non incluen notación musical. Temos alguha excepción como Martín Codax (trobador do século XIII) ou Don Denís, pois consérvanse dous pergamiños coa letra e música das súas composicións (pergamiño Vindel e pergamiño Sharrer). Significativas son tamén as cantigas de Santa María de Afonso X, non só por incluír parte musical senón tamén pola súa extensión e calidade.

INSTRUMENTOS GALEGOS

A Gaita

A gaita é un instrumento de vento madeira e consta de:

Un soplete: é un tubo de madeira, co que se introduce aire no fol.

Un fol: é unha cavidade de pel ou de goretex, na que se almacena o aire.

Un punteiro: é un tubo de madeira, provisto duns furados onde se colocan os dedos para tocar e onde se coloca a palleta, que é a que produce o son e pode estar afinada en distintas tonalidades.

Un ronco: é un tubo de madeira, que se coloca no ombro esquerdo do gaiteiro, e soa na mesma nota que o punteiro, só que dúas oitavas máis abaixo.

Unha ronqueta: é un tubo de madeira que se coloca no antebrazo dereito do gaiteiro, e soa na mesma nota que o ronco, só que unha oitava máis arriba.

As gaitas adórnanse con gravuras na madeira, deseños sobre o fol, farrapos e borlas.

A gaita galega, adoita ser construída con madeira de buxo, de pau santo ou de granadillo.

A Pandeireta

A pandeireta é un instrumento de percusión formado por un ou dous aros superpostos, provistos de ferreñas, cuxo van está cuberto por un dos seus cantos cunha pel moi lisa e estirada, chamada pergamiño.

O Tambor

O tambor é un instrumento de percusión que consta dunha caixa de resonancia, xeralmente cilíndrica, e de dúas mebranas, tamén chamadas parches, que cobren a abertura da caixa. O tambor é golpeado por unhas baquetas, coas que tamén se pode percutir a caixa. O tambor adoita ter uns bordóns na parte inferior, aínda que tamén os pode ter na parte superior.

Page 27: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 27

O Bombo

O bombo é un instrumento de percusión que consta dunha caixa de resonancia, xeralmente cilíndrica pero máis grande que a do tambor. O bombo é de timbre moi grave, aínda que de ton indeterminado. Debido ao seu ton grave, úsase habitualmente para marcar e manter o pulso en diversos estilos da música. O bombo é golpeado cunha maza.

MANUEL IGLESIAS SÁNCHEZ

Manuel foi un artesán moi coñecido aquí en Carballo.

Naceu en Sofán o 1 de Xaneiro de 1933. A súa afección pola artesanía xa viña dende moi neno, xa que cando ía coas vacas para o monte, pasaba o tempo transformando pequenos anacos de madeira en frautas ou pitos por onde saía música. Aínda que tivo infinidade de oficios, a maioría estivo relacionada coa artesanía, adicándose de rapaz a axudar a seu pai no seu obradoiro de zoqueiro.

Ao igual que moitos galegos, Manuel emigrou a Francia, onde estivo aproximadamente uns 7 anos. Logo, cando volveu, adicouse a vender carne polas feiras, e posteriormente, introduciuse no sector da papelería. Pero nunca deixou de crear cousas coas súas propias mans, dende maquetas de navíos ata todo tipo de instrumentos do folklore galego, como gaitas, zanfonas, pandeiretas, tamborís, bombos, etc.

Para el, o importante era sacarlle a mellor afinación posible aos instrumentos, non o valor económico que podía alcanzar. El non buscaba clientes, o que quería era que os seus instrumentos soasen ben.

Belén Fariña Veiga e María Lista Iglesias (3º ESO C)

Page 28: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

28

O MELLOR OFICIO DO MUNDO

Díxoo Ernest Hemingway, e tamén García Márquez. Dous extraordinarios xornalistas e premios Nobel de Literatura. “O xornalismo é o mellor oficio do mundo”. E con este título pronunciou unha charla a alumnos do IES Alfredo Brañas o xornalista Ernesto Sánchez Pombo, quen explicou, a través de máis de 200 fotografías e gráficos, o estado actual da profesión xornalística tras facer un rápido percorrido polos seus inicios e polo desenvolvemento dos medios ata hoxe.

O ponente comezou por diferenciar entre o que considera xornalismo, informar sobre xeitos de interese xeral, e o que non o é, informar sobre relacións sentimentais, discusións amorosas, etc. “O xornalista”, dixo “non é un artista; é un cronista da actualidade que ten a obriga de contala o mellor que poida e que lle deixen”. Defendeu a idea de que o xornalismo é unha forma de vida; una actitude diante da vida, e que como tal hai que ter un compromiso e unha militancia activa diante dela. Porque xornalismo non é só informar, é tamén achegar puntos de vista que sirvan á sociedade para tomar postura diante dos acontecementos.

Tras referirse aos perigos de exercer a profesión en conflitos bélicos ou en zonas perigosas, lembrando os casos de José Couso, Ricardo Ortega e Julio Anguita, entre outros, asegurou que “a noticia é sempre a primeira vítima de calquera guerra”. O pasado ano perderon a vida exercendo a súa profesión más de 130 xornalistas de todo o mundo e a liberdade de información atópase nun dos peores momentos dos últimos anos.

A manipulación de fotografías ao longo da historia e na actualidade, o xornalismo de calidade, o diseño como atracción e impacto para o comprador de xornais, os perigos principais da profesión na relación cos poderes públicos, a rendabilidade empresarial e o instrusismo, foron outros aspectos abordados antes de defender a publicación de calquera tipo de documento fotográfico que sirva para dar claridade e datos ás informacións. Fotos de vítimas mortais en guerras ou atentados, do accidente ferroviario de Angrois e do maratón de Nova York serviron para ilustrar a exposición, que pechou mostrando unha serie de erratas e curiosidades aparecidas nos xornais nos últimos tempos e que divertiron especialmente aos asistentes.

Page 29: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 29

CAPOEIRA

A Capoeira é unha arte marcial brasileirao de orixe africana que combina facetas de baile, música e acrobacias, así como expresión corporal. Foi desenvolvida no Brasil por descendentes africanos de escravos de Angola con influencias indíxenas, probablemente a principios do século XVI. É coñecida polos seus rápidos e explosivos movementos, que utilizan os brazos e as pernas para levar a cabo manobras de gran axilidade en forma de patadas, xiros e derribos, entre outros. A capoeira en situacións

reais incorpora movementos baixos e varridos, mentras que no ámbito deportivo se fai máis énfase nos movementos altos e nas demostracións de habilidade. Adoita ser practicada con música tradicional de berimbau.

Despois de que a escravitude fose abolida en 1888, os escravos libertos trasladáronse ás cidades de Brasil. Coa escaseza de emprego, moitos

uníronse e formaron bandas criminais. Como resultado, a capoeira foi prohibida no Brasil en 1890 e o castigo por practicala era extremo, mais mesmo así seguiu practicándose na clandestinaidade.

Desde sempre, a capoeira realízase en rodas. Os practicantes dispóñense nun círculo pechado formado por capoeiristas e músicos, que levan o ritmo e a intensidade do "jogo" e onde se mostra a maña ("mandinga").

No instituto realizáronnos diversas exhibicións de capoeria os monitores da Asociación Capoeira de

Bergantiños, Alejandro Pensado Ferreiro e África Albertí de Mas, en abril deste ano, nas cales demostraron que posúen grandes coñecementos desta arte marcial.

Eu, como participante da capoeira, penso que é un deporte que necesita concentración e ter confianza en ti mesmo, por iso creo que está moi ben practicala.

Nicolás Barros Lista (1º ESO C)

Page 30: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

30

A AULA DE XOGOS

Ola, chámome Cristian Varela Verdes e son o gañador do torneo de xadrez. Vouvos explicar o que me pareceu a aula de xogos e o torneo.

A aula de xogos é moi pequena pero aínda que sexa pequena nós, os alumnos, divertímonos moito. A profesora Paquita Pacheco, do Obradoiro de Artesanía, é a garda da aula e sempre estamos desexando que chegue axiña para que nos abra os ficheiros. Alí, os días que chove ou fai moito aire aproveitamos para abrigarnos e para botarlle unhas partidiñas.

Agora vouvos falar dos torneos. Hai varios: xadrez, damas e parchís. Aínda que só levo seis meses xogando ao xadrez, apunteime poque me gusta moito. Tiven que xogar tres partidas ata chegar á final. En todas as partidas estaba moi nervioso e era cada máis complicado gañar. E chegou o gran momento. Foi difícil pero gañeille. O subcampeón era Hugo Souto Torrado, ademais compañeiro de clase.

Agora a disfrutar do premio: unha pizza para repartir por toda a clase e uns refrescos.

Algunha vez tiñamos que gañar algo, se non nos toca a lotaría.

Cristian Varela Verdes (1ª ESO A)

A sala de xogos é un dos meus lugares preferidos no recreo, porque é o momento onde estou cos meus amigos xogando a un dos meus xogos de mesa preferidos, o xadrez.

Eu comecei este ano a xogar a este deporte. Aprendín na sala de xogos, de xeito casual, xa que tiña pensado ir xogar ás damas, ata que vin dous nenos xogar ao xadrez e viñéronme as ganas de aprender a xogalo. Un día, dixéronme de ir xogar a un torneo durante os recreos na sala de xogos. Eu díxenllo a Paquita (que é quen dirixe a sala de xogos) e apuntoume.

Por sorte quedei subcampeón, só superado por Cristian Varela, que me fixo un gran xaque mate.

De premio déronos aos dous 25 anacos de pizza e dúas bebidas.

Recoméndovos a sala de xogos porque quizais teñades sorte de atopar un xogo tan bonito e divertido coma o xadrez.

Hugo Souto Torrado (1º ESO A)

CAMPEONATOS DE XOGOS

Xedrez

Campión: Cruistian Varela Verdes, 1º ESO A Subcampión: Hugo Souto Torrado, 1º ESO A

Damas

Campión: Rubén Gómez Liñares, 2º ESO A Subcampión: Aarón Casás Vázquez, 3º ESO C

Parchís Campión: Arón Figueiras Seijo, 1º ESO C Subcampión: Angel García Amado, 1º ESO D

Page 31: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 31

ANTROIDO 2014

Rotundo triunfo do alumnado da ESO

Unha das festividades mais agardadas durante o curso é o festival de Antroido. A preparación dos disfraces, a asociación entre compañeiros do mesmo curso ou de outros é en si mesmo xa divertida. Os ensaios, nos recreos ou tal vez perdendo algunha clase, a competición entre os participantes por gustar, e tamén polos premios, é mesmo a comparsa preparada polos profesores con absoluto secreto, axudan a animar a participación

Dende sempre o Antroido no Alfredo Brañas conmemorase cun festival. De “teloneros”, sempre os profesores. Iste ano ían de punkis, coma sempre, algún de choqueiros e outros moi metidos no papel, profusamente pintados, tatuados e peiteados. Os competidores preparan con antelación as comparsas. Os temas son moi variados pero todos son recollidos dos medios de comunicación audiovisuais, programas de tv, internet, youtube.., acompañados da actuación ou coreografía correspondente. O xurado, que nesta ocasión estivo composto por un pai, unha profesora e alumnos, tivo traballo demais, xa que todos acadaron un grandísimo nivel e foron aclamados por un público absolutamente entregado

As actuacións de gran nivel coreográfico, executáronse maxistralmente, e os disfraces dignos da celebración, fixeron dificilísima a elección dos gañadores, tendo que deliberar por longo espazo de tempo. Mentres o publico moi entretido aplaudía os trucos de maxia tan ben executados que mesmo semellaban magos profesionais e non alumnos de 1º de bacharelato.

Os premios, merenda-cea para o grupo nunha pizzería, foron conqueridos polos alumnos de 2º e 4º da ESO:

A actuación mais divertida: parodía de alius sailus

Mellor actuación temática: 4º eso B

Mellor disfraz entre o público: Princesa chicle

Premio a mellor actuación temática

Cabe destacar a profesionalidade dos presentadores, que con tanta soltura e simpatía levaron o festival que, segundo fontes ben informadas, serán contratados para futuros festivais.

Page 32: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

32

TOTAL ALUMNADO E GRUPOS CURSO 2013/2014

TOTAL ALUMNADO: 592 TOTAL PROFESORADO: 58

Réxime ordinario Alumnos Grupos ESO 1º 105 4 ESO 2º 107 4 ESO 3º 89 3 PDC 3º 7 ESO 4º 59 2 PDC 4º 11 TOTAL ESO 378 13 BACH. 1º Ciencias e tecnoloxía 47 1/1 BACH. 1º Humanidades e ciencias sociais 38 1/1 BACH. 2º Ciencias e tecnoloxía 40 1/1 BACH. 2º Humanidades e ciencias sociais 31 0/1 TOTAL BACHARELATO 156 5 (*) Grupos mixtos

Réxime ordinario Alumnos Grupos CF GM 1º Comercio 29 1 CF GM 2º Comercio 2 1 CF GM 2º Comercio (só FCT) 17 0 TOTAL CF GM 48 2

Réxime ordinario Alumnos Grupos PCPI 1º Carpintaría 3 0/1* PCPI 1º Mantemento de vehículos 1 0/1* PCPI 1º Servizos de restauración 1 0/1* PCPI 1º Pastelaría 2 0/1* PCPI 1º Comercio 2 0/1* PCPI 1º Peiteado 1 0/1* PCPI 1º Fontanaría, calefacción e climatización domésticas

1 0/1*

TOTAL PCPI 11 1 (*) Grupos mixtos

Page 33: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 33

EXPOSICIÓN DOS ALUMNOS SOBRE PINTORES GALEGOS

Na semana das Artes púidose ver A Exposición sobre Pintores Galegos realizada polos alumnos/as do 1º ESO B, C e D. “Sería imposible comprender a identidade da arte galega do século XX sen ter presente a contribución da chamada Vangarda Histórica”.

O meu obxectivo era divulgar a arte galega, a través dunha serie de artistas plásticos de recoñecido prestixio, cun plantexamento didáctico moi atractivo ao facer partícipes os/as alumnos/as do proceso creativo e da interpretación da arte, coñecendo diferentes estilos e técnicas creativas. Toda unha experiencia moi satisfactoria de traballo en equipo na que os alumnos/as reinterpretaron pintores protagonistas da renovación plástica galega, entre eles os seguintes: Luís Seoane, Urbano Lugrís, Maruxa Mallo, Lago Rivera, Laxeiro, Eugenio Granell, Isaac Díaz Pardo e Jorge Peteiro.

Esta exposición completouse cos traballos de documentación sobre a biografía de cada artista, realizados polos alumnos, e con fotos do proceso de creación, reflectindo as diversas fases, ata o acabado final de cada obra de arte.

“En Galicia temos un rico e variado patrimonio de creativos e no I.E.S. Alfredo Brañas todo un conxunto de promesas de futuros artistas”.

Page 34: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

34

ESCRITOS DOS ALUMNOS

“ Durante uns días sentímonos artistas famosos, Isaac Díaz Pardo, Maruja Mallo, Luís Seoane… A entrada do insituto quedou realmente chea de cor. Pareceume moi interesante traballar con obras de pintores galegos, é unha forma entretida de aprender sobre os nosos artistas e o seu traballo”

Antón Vila Leis (1ºESO C) “ Os alumnos de 1º ESO traballamos con cadros de pintores galegos. No meu grupo traballamos cun cadro de Seoane. Algúns traballaron máis ca outros pero todos ían con moitas ganas e facían todo o que podían. Aínda que algún día nos manchabamos moito, pasámolo moi ben e aprendemos que en Galicia temos moitos artistas. Gústame moito a experiencia e repetiríaa.”

Simón Díaz Sánchez (1º ESO D) “Durante os últimos meses, na clase de Plástica dedicámonos a unha tarefa que consistía en reinterpretar cadros de artistas galegos.

Foi moi divertido porque traballamos en equipo e desenvolvemos unha actividade nova e diferente coa que aprendemos un pouco máis sobre pintura. Brindounos a oportunidade de coñecer os grandes pintores que temos en Galicia e decatámonos de que cun pouco de esforzo e moitas ganas, pódense crear auténticas marabillas.

Encantoume a actividade e repetiríaa sen lugar a dúbidas.”

María Gálvez Marque (1º ESO)

E para o resto da comunidade escolar, como xa dixo Renoir:

“A única forma de entender a pintura é ir e vela”

Cristina González Bustos (Profesora de Debuxo)

Page 35: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 35

O PAGAMENTO POR MÓBIL: O NOVO MOEDEIRO ELECTRÓNICO

Xa non necesitas tarxetas nin cartos para pagar. Con que achegues o teu smartphone ao datafono da tenda, poderás realizar pagamentos seguros, rápidos e cómodos.

Segundo estudos de Nielsen, é máis da metade da poboación a que quere pagar directamente co seu móbil cando compra nunha tenda. Por ese motivo existen xa moitos métodos, entre os que destacan as app de e-wallet, é dicir, dun dispositivo electrónico que nos permite facer as compras mediante o comercio electrónico. Un deles a destacar é o "Clashcloud", que permite o pagamento grazas á combinación da banca online coas funcións das tarxetas de pagamento previo, usando NFC para poder comprar. Pero, que é NFC? "Near field communication" é unha tecnoloxía de comunicación sen fíos e a curto alcance para intercambiar datos entre dispositivos móviles.

Existen tarxetas SIM con tecnoloxía NFC coas que non fan falta móbiles específicos de última xeración para utilizar NFC, chámaselles "tag" e funcionan con todo tipo de dispositivos móbiles e mesmo coa consola de videoxogos Wii U. Por exemplo, Samsung S, Galaxy Ace 2, S3, S4, S5, distintos modelos de Nexus, etc. xa dispoñen desta tecnoloxía.

Os pioneiros no uso destes novos métodos foron Xapón e Corea, e en España estase comezando a introducir, destacando Barcelona como o lugar onde máis xente utiliza este novo xeito de pagamento.

Para poder levar a cabo este sistema en España, La Caixa lanzou un servizo de pagamento móbil NFC coas grandes operadoras de telefonía móbil e xunto coa empresa de tarxetas Visa.

Prevese que entre as tres principais operadoras nacionais, haxa entre seis e sete millóns de móbiles NFC a finais do ano 2015. Xa son moitos os expertos que pensan que no 2020 a metade das compras se fará desta forma.

Con este método, as operacións cuxo importe de compra sexa inferior a 20 euros realizaranse simplemente pasando a pantalla do Smartphone polo terminal; e se fose de máis da devandita cantidade, será necesaria a marcación do número PIN.

A pesar de todos os beneficios que todo isto supón, os usuarios seguen tendo medo á posible pirataría. Non obstante, empresas financeiras determinan como "totalmente seguros" estes pagamentos.

Patricia Cotelo Romero (4º ESO A)

Page 36: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

36

METABOLISMO DE CARBALLO II (RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS)

Poderiamos medir as toneladas de productos de todo tipo que entran en Carballo ao longo dun ano. Teriamos que contar dende unha simple pataca a un tractor ou coche, pasando por teléfonos, lavadoras, peixe .... son moitos e todos xeran Residuos dos que nos temos que desfacer civilizadamente. Estamos a falar da producción de Residuos Sólidos. O obxectivo está marcado polas tres R: Reducción da creación de residuos e Reciclar e Reutizar o que se poida.

Os que produce a actividade industrial (RSI) teñen o seu propio circuíto. As pezas repostas nun taller mecánico ou restos dunha carpintería teñen que entregarse a un xestor autorizado e os gastos desa xestión corren por conta de quen fai a entrega.

O que nos interesa principalmente como veciños son os demais. Os Residuos Sólidos Urbanos (RSU), xa que a nosa actitude ten moita máis importancia da que podemos pensar. Podemos reducir e reutilizar pero sobre todo facilitar o reciclado depositando cada tipo no seu colector.

A seguinte táboa clasifica os RSU, indica o lugar onde se deben depositar e as consecuencias de facelo ben ou mal.

Tipo de Residuo Colector ou lugar de depósito e consecuencias Amarelo Azul Iglú: Verde Específico

Pilas Resto: Verde Punto Limpo

Envases Lixeiros

☺ +Ingresos Reciclaxe

(-)Ingresos

(-)Ingresos

(-)Ingresos

(+)Gastos

Incineración

Papel e Cartón

Penalidade

☺ (+)Ingresos

Reciclaxe

(-)Ingresos

(-)Ingresos

(+)Gastos

Incineración

Envases Vidro Penalidade

(-)Ingresos

☺ (+)Ingresos Reciclaxe

(-)Ingresos

(+)Gastos

Vertedoiro

Pilas

Penalidade

Voluminosos (+)Gastos

Incineración

Vertedoiro

Reciclaxe

Aparellos Eléctricos

Resto

Penalidade

Penalidade

Penalidade

Incineración

Vertedoiro

Industriais Ten que xestionalos quen os xera recorrendo a empresas especializadas

Page 37: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 37

Hai unha diferencia fundamental entre os tres primeiros tipos da táboa e os restantes. Os primeiros teñen gastos de recollida e transporte a planta de tratamento pero non gastos de tratamento. Ao contrario, o Concello recibe unha cantidade de diñeiro importante por entregalos en planta. Aos demais temos que engadirlle un gasto moi importante de tratamento. No caso do colector verde, o que chamamos resto, o custo de tratamento en SOGAMA é de 82,41 €/tonelada. Por outro lado o primeiro grupo está destinado integramente ao reciclado mentres que do colector verde SOGAMA recupera unha pequena parte, o resto remata na incineradora. Así que, cando depositamos unha botella de vidro, unha Caixa de cartón o unha lata de refresco no colector verde non só non se vai reciclar senón que pagamos por xestionalo e perdemos de cobrar pola súa recuperación.

No caso do vidro e do papel-cartón estámolo a facer bastante ben, tal vez porque somos conscientes do seu valor. Pero os denominados Envases Lixeiros son novos e parecen desprezables.

Entendemos por Envases Lixeiros as latas de refresco e conservas, bricks e outros tipo plástico. Diante da dúbida teñen impreso o Punto Verde , símbolo de que a empresa emisora está adherida ao Sistema Integral de Xestión e paga unha cantidade por cada envase que pon en circulación para que posteriormente sexa retirado e xestionado. A día de hoxe esa cantidade vai parar á Sociedade ECOEMBES, que recibe do Concello o Colector Amarelo valora o seu contido, clasifícao para reciclaxe e págalle ao Concello unha cantidade que pode ser moi importante. O obxectivo de Carballo para os próximos anos é acadar unha media de 177 000 €/ano en función do número de toneladas e da pureza das mesmas. É dicir, no colector de envases debe ir todo o que ten ir e só o que debe ir, do contrario verémonos penalizados economicamente.

Resumindo: No Colector Xeral ou de Resto debe ir o menos posible xa que nos costa 82,41 € por tonelada o seu tratamento e o seu destino final é a incineración ou o vertedoiro. Pola contra o papel-cartón, vidro e demais materiais do Punto Verde deben depositarse puros e no seu colector propio pois van directamente á liña de reciclaxe e recibimos por eles unha cantidade que se estima en douscentos mil euros por ano de media nos próximos.

Finalmente e para romper a lenda urbana de que os esforzo que facemos seleccionando nos fogares queda en nada porque se mestura todo na recollida sabede que eses douscentos mil euros cóbraos directamente a empresa de recollida. Ademais cobra outro plus por reducir a entrega de resto en SOGAMA. Pola conta que lle ten faino o mellor posible

Cadro de Números Gordos

Toneladas entregadas en SOGAMA cada ano: 10 400 Custo Anual do Tratamento coa subida prevista: 850 000 € Custo Anual de Prerrecollida, Recollida e Transporte (*): 1 000 000 € Ingreso Anual medio estimado por Envases, Vidro e Cartón: 197 000 € Redución Anual Media Estimada en Colector Verde: 100 toneladas Custo da Concesión: 755 000 € Custo Total Aproximado a satisfacer polo Concello: 1 650 000 € Ingresos Anuais por tarifas: 1 340 000 € Déficit: 310 000 €

(*): inclúe Punto Limpo e Canceira

José Antonio Viña Patiño

Page 38: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA

38

TRABALLO SOBRE O MEGALITISMO

Como poderedes observar no título, o traballo consiste no megalitismo.

O que tiñamos que facer consistía en representar un megálito (dolmen, menhir ou crómlech) en forma de “escultura” ou facer un traballo escrito. Eu elixín a primeira das opcións que vos dixen, máis en concreto o dolmen, porque me parecía fascinante que uns homes poideran facer iso e que semellante traballo fose para enterrar unha persoa.

Se vos digo a verdade, non pensei que facer o traballo me fose gustar tanto, xa que me entretivo bastante e divertínme ao facelo.

En primeiro lugar fun por unhas pedras (que non tiña por que facerse con pedras, pero a min parecíame máis realista) e intentei collelas con tal de que encaixaran e de que tiveran a forma que eu desexaba. Despois fun por herbas para decorar un pouco.

E logo de ter o material (xa que o resto xa o tiña na casa), comecei a montaxe. Primeiro collín una pedra base na que asentar todo, limpeina para que pegara e logo comecei a facer o dolmen, colocando as outras dúas pedras que actuarían como “columnas” sobre as que logo poría a pedra que faría de “teito”.

Logo desmonteino e púxenlle silicona ás pedras e xa as peguei. Despois pintei a silicona de cor marrón para que non se notase tanto e pegueille as herbas –silvestres, claro está.

Logo como me sobraba unha pedra, fixen nela un petroglifo da seguinte maneira: collín a pedra, limpeina e cun cravo fixen un petroglifo perforándoa, o que me costou bastante, e logo paseille xiz por encima para que quedase máis marcado.

Logo quedei mirando para el, pero esquecéuseme sacarlle una foto e non podo amosárvolo.

Si vos mandan facer un, non vos disgustedes, que non é para tanto (ou iso é o que opino): se isto se nos fai pesado, imaxinade o que debería ser un de verdade.

E esta é a miña opinión sobre este traballo.

Que penso sobre os dolmens? Eu penso que é fascinante que naqueles tempos xa fixeran construcións deste tipo. Como os construirían? Ao mellor as pedras transportábanas con troncos e levantaban as pedras tirando cunha corda varias persoas.

Pero eu sigo pensando que é fascinante. E aquí remato.

José Antonio Álvarez Amarelle (1º ESO C)

Page 39: Instituto Alfredo Brañas · 2021. 4. 6. · mestizos, a eses malditos bastardos que nin eles nin eu eramos inferiores. Que ás veces nin os cartos nin o poder te fan todopoderoso,

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 39

MONUMENTOS MEGALÍTICOS

Chámome Antón e estou en 1º ESO C. Vouvos contar como fixen o traballo de ciencias Sociais sobre os monumentos megalíticos.

1º. Collín pedras nunha leira, marqueinas e pedinlle a un adulto que as cortara (hai que usar unha rebarbadora). Despois laveinas para quitarlles toda a terra.

2º. Pintei unha prancha de poliespan de cor verde.

3º. Comecei polo crómlech. Debuxei un círculo na prancha cun prato e fun pegando as pedras cunha pistola de silicona quente. Coidado, queima moito, asegúrovolo!

4º. Despois fixen o dolmen e o menhir con pedras que atopei tiradas na leira.

5º. Para rematar, decorei o solo con terra e musgo e fixen no computador unhas fichas con información dos monumentos.

Aínda que me levou bastante tempo facelo, pareceume un traballo moi interesante e divertido e gustoume o resultado. Espero que a vós tamén.

Antón Vila Leis (1º ESO C)