CUARTO CURSO, SEGUNDO SEMESTRE Horario Xeral Grao en Física 2019-20 GRAO EN FÍSICA USC - CURSO 2019/2020 HORARIO XERAL DE CLASES DO CUARTO CURSO, SEGUNDO SEMESTRE (incluíndo os dous períodos do segundo semestre) Grupos de docencia (grupos de estudantes): Esta sección é unha guía rápida da programación temporal das clases. O número de grupos docentes (grupos de estudantes) é distinto para cada materia, segundo indican os cadros horarios. A asignación inicial a cada grupo, no caso de haber varios, farase por orde alfabética directa (A->Z) do primeiro apelido. Abriranse datas, que incluirán como mínimo a primeira semana do curso, nas que os estudantes poderá solicitar cambio de grupo, a presentar no decanato da facultade, en materias individuais ou en todas elas, sempre argumentando causas xustificadas (coindidencias de horario con outros cursos do grao, etc.) Dous períodos de calendario xeral por semestre No grao en Física, o horario de clases expositivas e interactivas de seminario é diferente durante os primeiros 10 días lectivos (aprox.) de cada semestre, nos que as clases son principalmente expositivas. Por eso, neste documento hai cadros horarios diferentes para cada un dos dous períodos. (Estes períodos están tamén recollidos nas bases de datos das páxinas web da USC, pero a web reúne nun só cadro semanal os dous períodos simultáneamente, e hai que seguir os enlaces de cada entrada para ver as datas que se aplican a cada unha). Xornada de Presentación O día martes 28 DE XANEIRO 2019 terá lugar a xornada inicial do segundo semestre. O horario é detallado nos cadros de horario xeral (dentro do apartado do primeiro período do mesmo). É CRUCIAL A ASISTENCIA , xa que terán actividades que poderán ser informativas, organizativas e/ou de clase de temática regular.