Top Banner
H H Haiche aiche aiche aiche o o outra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP Ferrolterra CIFP Ferrolterra CIFP Ferrolterra CIFP Ferrolterra haiche OUTRA A Revista do CIFP FERROLTERRA Xuño 2012 No interior poderás atopar: Interesantes artigos técnicos As Térmites Imaxes en 3D Repintado de coches Funcionamento dun dispensador de xabón Outros artigos sobre a vida do centro neste último ano…. E para rematar, as orlas dos que se van CIFP ANO CERO
20

Haiche Outra 2011-12

Mar 11, 2016

Download

Documents

biblio marques

Esta é a revista da ENDL do CIFP Ferrolterra, desexamos que che guste
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Haiche Outra 2011-12

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

haiche

OUTRA A Revista do CIFP FERROLTERRA

Xuño 2012

No interior poderás atopar: Interesantes artigos técnicos

• As Térmites • Imaxes en 3D • Repintado de coches • Funcionamento dun dispensador de xabón

Outros artigos sobre a vida do centro neste último ano…. E para rematar, as orlas dos que se van

CIFP

ANO CERO

Page 2: Haiche Outra 2011-12

2

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Outro ano máis... e as cousas non mello-ran Estamos outro ano máis rematando a andaina do curso, pensando no feito e no que quedou por facer, no que teriamos que mellorar.... e, sobre todo, no que po-deriamos facer pola nosa dura e pesada tarefa de impulsar e defender aquelo polo que nos comprometemos a loitar, a nosa lingua. As cousas non melloran, as crises van e veñen e parece que non podiamos quedar atrás. Parece que é máis prescindible o traballo das ENDL que outros moitos gastos do diario -organización de eventos para saír en máis fotos, mercar cadeiras a uns pre-zos que fan pensar en todos os retallos habidos e por haber, e outras moitas e longas historias que non caberían nestas páxinas-. Organizamos e planificamos o noso traba-llo para facer unha serie de tarefas que puideran dar algo de pulo á nosa lingua. Pensamos en como botar adiante todo isto despois de moitos cambios, de moitas idas e voltas. Empezamos unha andaina nova, con novos obxectivos, novos atran-cos e novas loitas, sen o Bacharelato, sen a E.S.O. e coa falta de moitos compañei-ros que colaboraban activamente con nós.... -para non esquecernos de ninguén non imos nomear pero hai que lembrar que se organizaron obras de teatro, entroi-dos, revistas, xincanas e tantas e tantas actividades que non poderían terse feito sen a axuda de moitos dos que nos deixa-ron-, parecíannos cambios dabondo para unha vez. Pero non contabamos co atranco maior, o que nos podería facer case pechar, seme-lla que non quedamos lonxe dos EREs que tanta aplicación teñen noutros eidos,

retallos que tanto nos afectan, retallos e máis retallos. Este ano quedamos coas axudas -seguímoslles chamando así- reducidas á mínima expresión, 340 € para un centro de mais de 750 alumnos e alum-nas. Non imos botar contas sobre a por-centaxe de rebaixa, non imos pensar nou-tros intereses nin a que se dedican os nosos cartos -as axudas son cartos de todos os contribuíntes, non esquecer esta verdade que moitas veces parece quedar esquecida- e, para iso convocadas tarde, mal e ás arrastradas, e aínda sen resolu-ción definitiva para saber o que podemos gastar ou non. O centro, como non era de agardar outra cousa, tamén se atopa en situación eco-nómica apurada para non ser menos e vivir cos tempos. De todos os xeitos, a achega que asignou ao noso labor incre-mentouse case un 20% dende a que se fixo o ano pasado, pero aínda así conta-mos con 790 €!!!! para poder levar a cabo a nosa tarefa naquelas actividades que poidamos deseñar e planificar para todo o curso académico, o cal parece unha bro-ma de mal gusto. Pero non creades que nos vai faltar de nada con esa cantidade de cartos, faremos economía de guerra, simplemente gastaremos moito menos. Deixaremos de facer algunhas das cousas que tiñamos programadas -algunhas en proxecto avanzado, outras feitas pero sen poder ser acabadas tal e como se quería, etc- e outras quedarán dentro das posi-bles para o ano que ven, tentaremos bo-tarlle máis imaxinación.... se cabe. Non sei se estaremos moito máis tempo no barco, cando a nave se afunde os ratos tíranse á auga, pero mentres sigamos, faremos todo aquilo que estea na nosa man para tentar aportar algo máis para mellorar, para loitar, para procurar que as forzas

que nos veñen á contra non poidan con nós, non fagan calar as nosas escasas voces..... Seguro que no noso traballo cometemos moitos erros, deixamos moitas cousas sen facer, non miramos o suficiente para as necesidades dos nosos alumnos e alum-nas e pode ser que puideramos ter feito moito máis aínda, ..... fixemos o que pui-demos. Tratamos de levar a nosa cruz da mellor maneira posible, repuxémonos ás baixas dos compañeiros e compañeiras que se foron, acollemos tan ben como soubemos a todos e a todas as que che-garon, loitamos a brazo partido contra os atrancos -neste caso non se sabe se dicir que os atrancos eran de alta calidade ou por mor da calidade- e, despois de todo, sobrevivimos, o cal non é pouco nos mo-mentos que corren, con vento de fronte e de moitos nós de intensidade... Nesta revista quixemos facer algo distinto, darlle un xiro cara a un campo máis técni-co, coma as nosas actuais etapas educati-vas. Esperamos telo conseguido e quere-mos que nos vindeiros anos se poidan facer aínda mellores labores, sexa con cartos ou sen eles, con nosoutros ao ti-món ou con xente distinta con folgos no-vos, ou todos xuntos se se pode, facéndo-nos máis fortes e loitando mellor contra aqueles que nos tentan soterrar. Queremos chegar a todos os nosos alum-nos e alumnas, abrirlles as portas á súa participación, darlles máis oportunidades de expresarse e de facer aquelas cousas que poidan ser interesantes para eles e elas, que son os destinatarios e o obxecti-vo último do noso traballo... Esperemos que o curso que vai vir non nos maltrate moito máis que o que rema-ta.... como di o dito, non hai mal que cen anos dure, nin corpo que o resista

EDITORIAL

Un pouco de

HUMOR

por Xaquín Marín

Page 3: Haiche Outra 2011-12

3

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Estamos vivindo tempos convulsos, tempos duros e difíciles, sumidos nunha crise que parece non rematar, e que

está a provocar profundos cambios. O noso centro foi este ano protagonista -ou vítima, se se prefire- desa ondada de reformas que está a sufrir o sistema educativo, polo que a nosa identidade, que tiñamos asentada dende hai anos sufriu un drástico cambio.

O noso é, e sempre o foi, un centro tecnolóxico de formación profesional

de referencia na nosa bisbarra. A nosa vocación tecnolóxica data, pois, de moi-tos anos atrás (non en van somos her-deiros daquela histórica Escola de Artes e Oficios de Ferrol, berce da formación

profesional), e agora, se cabe, acentúase, ó seren centro de formación profesional

exclusivamente.

Nembargantes, o que non queremos esquecer é que

seguimos sendo un centro educativo, e como tal, seguimos coa pretensión de dar unha formación integral aos nosos alum-nos, inxectando na actividade do centro contidos culturais, que como tales non aparecen nos currículos das nosas ensi-nanzas técnicas.

Con esta perspectiva naceu a idea de inaugurar este ano un museo, que poña en valor a tecnoloxía dende o punto de vista da súa historia, das etapas polas que foi pasando no seu esforzo por facernos a vida máis cómoda.

Trátase por tanto dun museo tecnolóxico, porque ese é o tema, pero tamén dun museo didáctico, porque ese é o seu fin.

Non quixemos cerrar o ano sen dar a co-ñecer a súa existencia a toda a comunida-de educativa, e facémolo cunha pequena exposición de pezas antigas, e coa idea de seguir avanzando e mellorando no futuro.

Museo

Tecnolóxico

Didáctico

Primeira exposición de pezas antigas do noso novo Museo Tec-nolóxico Didáctico

Algunhas das pezas expostas (de esquerda a dereita, e de arriba abaixo): máquina electrostática de Carré; cámara filmadora Bolex Pailar H16; microscopio Nachet; osciloscopio Phillips; lámpada de soldar.

Page 4: Haiche Outra 2011-12

4

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Este ano celebra-mos unha nova edición do noso tradi-cional concurso, a Olimpiada Cultural, pero non era unha edición máis, xogábase o ser ou non ser desta actividade, e de rebote, doutras organizadas pola nosa biblioteca. O que facía esta edición diferente das anteriores era o drástico cambio que tivo lugar no centro, en relación coa desapari-ción da ESO e o Bacharelato. Baste indi-car, que ata este ano había dúas categorí-

as, unha delas -a junior- exclusiva para os alumnos ata 3º da ESO. Isto facíanos

temer aos organiza-dores deste concurso unha escasa partici-pación que poñería

en

perigo a súa existencia.

A gran sorpresa foi que a participación non so foi boa, senón que foi

aínda mellor que outros cursos: En total 51 equipos de dúas e tres persoas cada un, unha cifra para lembrar.

Felicitacións aos gañadores, pero non só a eles, senón a todos os participantes, especialmente a aqueles que aínda sen opcións de vitoria seguiron xogando ata o final, porque eles encarnan mellor que ninguén o espírito deste concurso, xa que se ben os premios están ben (moi ben),

non esquezamos que o que se persegue con este xogo é que sen darnos conta, dunha forma divertida, practiquemos na busca e interpretación da información, tanto en internet coma nos libros, e que o saber e a cultura sexan protagonistas na vida do centro, non de forma puntual, senón continuada, durante todo un mes.

O ano pasado demos un paso importante publicando diariamente as probas na páxi-

na web do centro, unha gran vantaxe, xa que as preguntas poden ser consultadas polos partici-

pantes dende calquera lugar. Este ano, avanzamos un paso máis, apoiándonos nas ferramentas informáticas ao noso alcance, facendo que a totalidade das probas da olimpíada foran contestadas a través da aula virtual do centro. A idea de facilitar ao máximo o desenvolvemento do xogo, xa que desta maneira pódese con-testar comodamente dende calquera com-putador, a calquera hora dentro do prazo. A pesar de que tivemos algún que outro atranco, unhas veces por fallo de organi-zación (non esquezamos que foi o primei-ro ano en facelo así), a maioría debidas aos contrasinais e o mecanismo de res-posta, que non quedou moi claro; outras veces foi por fallos na rede, que obede-cendo a Lei de Murphy, sempre colapsaba nos últimos minutos para entregar a res-posta. Finalmente sempre se solucionaron os problemas, sempre nun clima cordial.

Falando diso, temos que salientar a de-portividade dos concursantes e o bo am-biente, que se mantivo durante as catro

Olimpiada CulturalOlimpiada CulturalOlimpiada CulturalOlimpiada Cultural

Camisetas para os participantes

Unha das probas

desta edi-ción da

Olimpiada Cultural

1ª PISTA

É BRANCA

2º PISTANON TEN PROPIETARIOS

3ª PISTA NON MIDE O MESMO NO VERÁN QUE NO INVERNO

4ª PISTA É MOI, MOI FRÍA

5ª PISTAESTA PROTEXIDA POR UN TRATADO INTERNACIONAL FIRMADO EN WASHINGTON EN 1959

Page 5: Haiche Outra 2011-12

5

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

semanas que durou a competición.

Tamén é de salientar o tema das reclama-cións. Tamén por iso debemos felicitar aos concursantes, xa que tanto verbal-mente como por escrito, foron feitas sem-pre con educación, e na maioría dos ca-sos, con argumentos defendibles, que foron escoitados e aceptados: é moi im-portante saber empregar as canles ade-cuadas para loitar polo que é noso e saber defendelo con argumentos. Tamén as suxestións en canto ás normas foron es-coitadas, especialmente no referido aos comodíns, e serán modificadas na vindei-ra edición.

Finalmente, expoñemos a relación de gañadores, non sen antes agradecer den-de o equipo da biblioteca a desinteresada colaboración dos nosos compañeiros Emi-lio, Antonio e Patricia, sen os que nos veriamos desbordados.

Os primeiros clasificados foron os equi-pos:

1º, medalla de ouro:

Oscar ñoscar moscar zoscar

Formado por: •Eloy Rodríguez Domínguez •Santiago Salgado Morado

•Arberte Martínez Bardanca 2º, medalla de prata:

Pic16f84

Formado por: •Luis Núñez Rodríguez •José Manuel Pereira Rodríguez •Fernando Amor Vizoso

3º, medalla de bronce:

O catarro maila tos

Formado por: •Carol Martínez Martínez •Eva Orjales Ramírez

4º:Los cupeiros

Formado por: •Andrés Fernández Ríos •Silvia Trinidad Porta •Sabela Bollo Lorenzo

5º, Las niñas

Formado por: •Mª Jesús Martínez Serantes •Esperanza Prieto Novo

6º, Por un bocadillo

Formado por: •Angel Francisco Vázquez Izagui-rre •Manuel Sineiro Palacios •Carlos Rodríguez Rodríguez

7º, Culombios combatientes

Formado por: •Juan Martínez Montero •Estefanía Pérez Fernández

8º, Ou vai ou rebenta!!

Formado por: •Jorge Gestoso Marcos •Diego González Pallarés •Javier López Graña

9º, Salami team

Formado por: •Marcos Pita Barcia •Marta Agrafojo Aradas

10º, Los caballitos de mar Formado por:

•Jorge Otero da Rocha •Pablo Bouza Rodríguez

10º, Los tiritistores

Formado por: •Carlos Puig Pintos •Bernardo Cornide López •Martín Novais Nieto

Os equipos gañadores da olimpiada

Page 6: Haiche Outra 2011-12

6

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

A palabra virtual procede do latín virtus, e entre outros significados, emprégase para referirnos a algo aparente pero que non é real. Estamos afeitos ao virtual dende que nacemos: por exemplo, cando nos mira-mos no espello e nos vemos detrás deste, o que vemos e a nosa imaxe virtual.

O ser humano esforzouse dende hai moito tempo en conseguir imaxes virtuais o máis fieis posible á realidade. Pensemos na inven-

ción da fotografía, o cine, a televisión... Pri-meiro foron en branco e negro, despois chegou a maxia da color; máis tarde perfeccionáronse as técnicas, e con elas a perfección das imaxes. A chegada da tecnoloxía dixital permitiu mellorar a definición das imaxes ata rozar a perfección. Sen embargo, ata aquí, todos os avances están limitados por un número: o 2.

Todo, a pantalla do or-denador, da tele, do cine

están contidas nun plano, e a xeometría ensínanos que un plano ten dúas dimen-sións, mentres que o mundo real ten tres.

Pero como reproducir unha imaxe virtual con tres dimensións? Nos últimos anos estamos vivindo grandes avances nese eido. A industria do cine foi unha das grandes impulsoras, perfeccionando paso a paso as técnicas, de xeito que hoxe xa moitas das grandes superproduccións teñen a súa versión 3D. A idea básica consiste en que cada ollo perciba unha informa-ción dife-rente, polo

que hai que empregar uns lentes que discriminen a información, deixando pasar a cada ollo a que lle corresponde.

Hai diferentes sistemas para ofrecer cine en 3D que co paso do tempo se foron perfeccionando, pero todos eles baséanse no mesmo principio: a visión estereoscópi-ca.

A visión estereoscópica é unha adapta-ción evolutiva da que gozan os seres vi-vos que dispoñen dous ollos mirando cara diante, de xeito que ambos poidan enfocar ao mesmo punto. Cada ollo recibe unha imaxe bidimensional, pero como están separados no cranio por unha distancia, cando enfocan un punto, teñen que xirar un determinado ángulo, que depende do lonxe que estea. Igualmente, cando mira-mos a un obxecto, a imaxe percibida por cada ollo é lixeiramente distinta, xa que o recibe dende unha posición diferente. O

cerebro encárgase do resto, e con am-bas imaxes forma unha única imaxe tridimensional, con profundidade e volu-me.

Así que os diferentes sistemas de cine tridimensional intentan reproducir a for-ma en que os nosos ollos rexistran ima-

xes do mundo real, para que percibamos unha imaxe con volume e profundidade, a partires dunha proxección nunha pantalla plana.

Moito tempo pasou desde os primeiros intentos, aqueles baseados na cor, nos que o espectador utilizaba unhas lentes especiais que cubrían os ollos cun celofán

semitransparente de cor vermella sobre un ollo e de cor azul sobre o outro. Así cada ollo percibía unha imaxe diferente, segundo a porción de cor que cada un dos celofáns deixaba pasar. O resultado era unha aceptable sensación de tridimensio-nalidade.

Posteriormente empezaron a pro-xectarse as imaxes en cor real e a usarse lentes de cristais polariza-dos. De forma simplificada podemos dicir que a luz procedente dunha

fonte de luz normal vai “xirando” se-gún avanza, mentres que unha luz polarizada avanza sempre no mesmo plano. Os cristais polarizados son capaces de filtrar a luz, deixando pasar só a que ven nun determinado plano. No cine, dous proxectores polarizan a luz nun plano distinto, de modo que cada cristal dos lentes deixa pasar a información adecuada a cada ollo, conseguindo asé a sen-

Universo 3D Imaxes 3DImaxes 3DImaxes 3DImaxes 3D

Primeiros pasos no cine 3D.

Uns lentes de celofán

de cores discrimina-ban a in-forlación

para cada ollo

Page 7: Haiche Outra 2011-12

7

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

sación tridimensional con máis calidade ca no caso anterior.

Este sistema non funciona en televisión, debido a varios problemas, entre eles, un filtro que incorporan as pantallas na parte frontal. A solución adoptada consiste en que en lugar de emitir as dúas imaxes simultaneamente, emítense alternadas, primeiro a esquerda e logo a dereita, e a unha velocidade tan elevada que o cere-bro integra ambas nunha única imaxe tridimensional. Neste caso requírese un sistema formado por unhs lentes activos de cristal líquido capaz de oscurecerse (igual que os segmentos dos números dun

reloxo dixital) e un emisor de infravermellos que envía un sinal indicando en cada instante cal é o ollo que se ten que tapar.

O seguinte paso parece que será o

cine holográfico, aínda en desenvolvemento, que consta dunha pantalla composta de multitude de pequenas unidades ás que se lles pode cambiar a súa transparencia, brillo e cor. Ao incidir a luz sobre eses elementos en diferente estado, consé-guese que a luz reflectida na pantalla forme a imaxe desexada. Se os cambios se realízan coa suficiente rapidez lógrase a sensa-

ción de movemento.

parece que o seguinte paso será a proxec-ción holográfica de imaxes, como a que

Este ano en 2º de desenvolvemento de productos electrónicos, propuxémonos, entre outros proxectos moi interesantes, levar a cabo un sistema para crear imaxes en 3D, pero dun modo completamente diferente aos descritos para o cine e a tv, de acordo coas nosas capacidades.

O que se trata de facer con este prototipo é a representación tridimensional do pla-neta terra, así como imaxes e textos aére-os esféricos en rotación. grazas á tecnolo-xía RBG (vermello, verde e azul) empre-gada dispoñemos dunha gama de cores ampla xa que poden ser combinados, para conseguir calquera cor. Para conseguir o efecto óptico dunha esfera tridimensional con imaxes, ponse a xirar un aro con leds, que emiten a luz adecuada no instante

adecuado e na posición adecuada para conformar a imaxe que queremos repre-sentar.

A idea inicial non se parecía en nada ao produto final desenvolvido. Tras debatelo e pensalo e vendo que se poderían bara-llar moitas máis opcións, fíxose unha aposta arriscada por combinar varios tipos de mecanismos e conseguir un mellor efecto óptico.

Logo de desenvolver un primeiro bosque-xo do prototipo observouse que tiña moi-tas máis posibilidades do que inicialmente poderiamos alcanzar. Pasou de ser un arco simple de 15 leds dunha soa cor a 24

leds tricolores; de ser alimentado por unhas vasoiriñas rozando cun disco metá-lico a un sistema de transformación de enerxía baseado na inducción magnética, sen necesidade de elementos que rocen, e dun sistema de xiro cun simple motor de continua a un sistema servocontrolado que axusta a velocidade a unhas revolu-cións determinadas totalmente estables.

O arco led componse dun aro cun radio exterior de 60,4 mm e un radio interno de 50,4 mm. Nunha das metades do aro van colocados 24 leds tricolor de tecnoloxía SMD, de 6 patiñas, dun tamaño de 3 mm

O Anel de Leds Rotativo O Anel de Leds Rotativo O Anel de Leds Rotativo O Anel de Leds Rotativo (LED Rotating Ring)(LED Rotating Ring)(LED Rotating Ring)(LED Rotating Ring)

Imaxe creada cun anel de leds

rotativo

Page 8: Haiche Outra 2011-12

8

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

e cunha separación entre eles doutros 3 mm. De cada elemento parten 3 cables á correspondente placa de control. Para o control dos leds empréganse 3 placas de control, cada unha delas goberna 8 leds; ademais, a do medio, máis grande leva o microcontrolador (un 16F876A), o cerebro

do circuíto. Estas placas van colocadas horizontalmente e unidas rixidamente ao aro, como pode verse na foto.

O microcontrolador, ademais de gobernar a información que re-presentan os leds require o con-trol de diversos sensores:

• Un sensor para a posición do aro, xa que sen o noso micro-controlador estaría literalmente cego, este envíalle un pulso a través dunha das patiñas cada vez que un imán induce un cam-po magnético sobre el. O noso micro saberá en cada momento de xiro onde se atopa, e poderá establecer un campo de coorde-nadas de activación de columnas de leds.

• Un sensor de temperatura para obter a información da temperatura ambiente, que o microcontrolador transfor-ma en valores comprensibles, en graos centígrados. Logo poderemos representar esa temperatura na nosa esfera luminosa.

Un sensor de infravermellos ten vital im-portancia xa que como está dando voltas,

para cambiar de programa ou realizar unha acción non podemos activar ningún pulsador físico do dispositivo, (está viran-do, non é recomendable introducir ningún obxecto físico no seu campo de xiro). Polo tanto, en lugar de pulsadores emprega-mos un mando a distancia para cambio de programa, axustes de velocidade, axuste dun reloxo, etc. O sensor recibirá o sinal llo comunica ao microcontrolador por unha das súas patiñas. Ademais das placas de control da parte móvil, requírese outra na parte fixa para o control de velocidade do motor

A pregunta importante que debemos plan-texarnos agora é: Como se representa unha imaxe nun aro de leds? A resposta parece moi complexa, pero en realidade é bastante simple, por agora esquezámonos do aro e non pensemos na súa forma circular. Imaxinémonos os 24 leds postos nunha columna vertical, simple non?, ago-ra collemos esa columna e poñemos outra igual a continuación, e así sucesivamente. O que conseguimos é un sistema de coor-denadas como o do seguinte cadro.

RepresentaciRepresentaciRepresentaciRepresentación gráficaón gráficaón gráficaón gráfica

Se nos paramos a observar o cadro ve-mos que os 24 led divídense en bloques de 8, que corresponderán a cada un dos 3 circuítos de control. O que conseguimos son as coordenadas de activación das columnas de leds. O microcontrolador encargáse de activar en cada instante os leds que teñen que estar activos en cada columna (color e posición) por medio dos

Martín montando unha das placas do proxecto

Coordenadas de iluminación dos 24

leds con referencia ao tempo

Placa central, con algúns compoñentes de montaxe superficial (SMD) xa soldados

Page 9: Haiche Outra 2011-12

9

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Para o proxecto, empregouse tecnoloxía SMD (dispositivos de montaxe superficial) que son compoñentes que van montados

na superficie da placa, sen nece-sidade de facer trades para intro-ducir os terminais, como ocorre nos elementos convencionais. Son moito mais pequenos e opti-mizados que os compoñentes discretos. Esta tecnoloxía ten grandes vantaxes xa que nos aforran moitísimo espazo na ela-boración das placas diminuíndo notablemente o tamaño destas, afórrannos moito peso que en caso contrario podería transfor-marse nun mal rendemento do

motor xa que ao virar menos masa non consome tanta enerxía.

Á marxe das súas propiedades físicas e mecánicas, hoxe en día esta tecnolo-xía está firmemente implantada a nivel industrial, a súa estética dá un aca-bado limpo e preciso aos circuítos e gra-zas a que a elabora-ción das placas faise mediante sistemas

automatizadas por control de computador, resulta máis fácil e simple a súa montaxe e soldadura nas placas de circuíto impre-so. Sen embargo, debido ao seu pequeno

integrados que se atopan en cada circuíto de control e a través do bus de conexións. Transcorrido o tempo correspondente, envía as sinais de control para activar os leds da seguinte columna, e así unha detrás doutra, co cal represéntase os ob-xectos debuxados.

Con isto xa podemos ver como se repre-sentan imaxes, pero Como se poden ver? Pois ben, grazas ao xiro do arco. O micro-controlador a través do sensor de posición sabe onde está en cada momento e o que fai é representar as columnas leds en cada instante, (sempre na mesma posi-ción, se queremos unha imaxe estática). Ao virar o aro, o ollo humano o que obser-va é unha imaxe no aire. Grazas a isto podemos representar imaxes sobre unha esfera luminosa aérea.

Ben ata aquí sen problema, pero que non se nos esqueza que o noso sistema ade-mais da parte física necesita o software. Para elo hai que elaborar o código nece-sario para que funcione correctamente todo o anterior, o cal se fai nun PC con axuda de ferramentas informáticas, e final-mente ese código grávase no microcontro-lador

tamaño, a súa montaxe manual na confec-ción de prototipos coma este, é máis com-plexa e require un equipamento máis so-fisticado ca os compoñentes convencio-nais (ademais dunha boa lupa).

Para deseñar os circuítos empregamos ferramentas informáticas CAD (deseño asistido por computador) e para a súa elaboración ferramentas CAM (fabricación asistida por computador) mediante unha pequena pero precisa máquina de control numérico.

O camiño dende o primeiro día ata o últi-mo foi un calvario, unha desesperación de fracaso tras fracaso, pero por iso é polo que sexa un éxito o prototipo e grazas ao interese o afán de superar os obstáculos, o que nun principio era un simple proxec-to, ao final resultou ser unha gran combi-nación de sistemas e solucións que non só avanzaban cara ao desenvolvemento final senón que fomentaban a investiga-ción de novos campos. A tecnoloxía requi-re sacrificio e estudo para poder chegar a un produto final, e antes débense ter ex-perimentado e comprobado miles de ide-as, ata chegar á meta.

Martín Novais

Tecnoloxía SMDTecnoloxía SMDTecnoloxía SMDTecnoloxía SMD

Proxecto montado, no que se observa o

anel exte-rior cos

leds (cadrados brancos),

as 3 placas de control

xiratorias e o motor

(reciclado dun vídeo),

na parte baixa

As placas de circuíto impreso deséñanse no ordenador e logo se confeccionan na placa final, neste caso mediante unha máquina de control numérico

Page 10: Haiche Outra 2011-12

10

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

As térmites son insectos sociais, que se agrupan en termeiros formados por varios miles de indi-viduos, e aliméntanse principalmente da celulo-sa da madeira e os seus derivados. Estes insec-tos non viven na madei-ra, como ocorre coas polillas, senón en termi-teiros situados no inte-rior do chan.

A maior parte das térmites son de climas tropicais ou subtropicais, pero unhas pou-cas especies viven en climas temperados. Coñécense unhas 3.000 especies no Mundo. En España so hai 3. Son os insectos máis danosos para a madeira. Os danos prodúcenos os insec-tos adultos da caste obreira. Polas noites, as térmites obreiras saen do termiteiro

para dirixirse á zona onde existe madeira para alimentarse. Para iso, constrúen galerías polo interior do chan, que nalgúns casos chegan a ter centenares de metros. Sen saír nunca ao exterior, son capaces de introducirse en edificios, tradeando ata formigón, ou practicando galerías exterio-res a base de fabricar unha argamasa extraordinariamente dura. Unha vez alcan-

zada a madeira obxectivo, aliméntanse aproveitando a celulosa da madeira, para

o que fabrican galerías por dentro dela en dirección da fibra, deixándoas libres de serraduras, dado que todos os días deben volver ao seu termiteiro. As térmites non deixan pegadas visibles dos seus ataques, pois non deixan orifi-cios de saída, detectándose a súa pre-senza só cando a madeira rompe por falta de resistencia. Existen moitas curiosidades sobre o ataque destes insectos, aparte dos xa mencionados. As térmites necesitan humidade para poder vivir, pero poden atacar madeiras secas, para o que levan humidade ata a madeira. Respecto dos seus desprazamentos, poden desprazar-se a centenares de metros ata o seu obxectivo, para o que adoitan construír niños de resistencia cada certa distancia. Todas as circunstancias anteriores, uni-das ao feito de que son insectos sociais, nos que se poden chegar a agrupar va-rios miles de individuos, fan que as súas

PERIGO, TÉRMITES !

Distintos individuos de térmi-

tes, segun-do a súa

función na complexa sociedade que for-

man:

raíña,rei, reproducto-ra (sen ás), reproducto-ra (con ás), ninfa, re-productora suplemen-

taria, soldado, obreira

As mandíbulas das térmites son incriblemente fortes, adap-tadas para romper as fibras da madeira

Page 11: Haiche Outra 2011-12

11

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

accións poñan en perigo de forma simultánea ba-rrios enteiros, feito do que en España existe gran experiencia. As térmites poden facer que se derrube unha ca-sa. As casas antigas te-ñen a súa estrutura so-portada por elementos de madeira. Estes elementos son as vigas de madeira presentes nos teitos, os dormentes, onde apoian as vigas e os cargadeiros de portas e fiestras. As térmites acceden, a tra-vés da obra, a esta ma-

deira, consumíndoa e eliminando progresi-vamente a estrutura que serve de sostén

á vivenda, polo que o edificio pode vir abaixo antes de que se detecte a súa presenza. Unha colonia de térmites consta de tres castes básicas: obreiras, soldados e re-produtivos, ademais da raíña. A caste das obreiras cumpre un papel importante nas colonias, xa que é a que desenvolve a maior parte dos traballos no niño e sae a obter o alimento, é dicir, a celulosa necesaria para a supervivencia da colonia. Os soldados son adultos estériles de am-bos os sexos. Recoñécense facilmente por ter unha cabeza grande, que ás veces chega a ser máis grande que o resto do corpo. Son as encargadas de protexer a colonia. Os reprodutores que aínda manteñen as súas ás son os que poden producir novas térmites, fecundando á raíña. Os reprodutores primarios son chamados Rei e Raíña. Os seus corpos están nor-malmente ben esclerotizados. Que se pode facer para combater as tér-mites ? Actualmente, no mercado, existen dous tipos de tratamentos contra térmites ; cada un dos cales, presentan unhas ca-racterísticas diferentes. Trátase das Ba-rreiras químicas e Cebos:

O tratamento de barreira química consis-te na inxección de líquido insecticida no chan, paredes e elementos de madeira de todo o edificio. Inxéctase mediante unha xiringa que se introduce en bura-cos previamente tradeados na madeira. Desta forma, a madeira queda impregna-da tanto na súa superficie como no seu interior co produto. O sistema de cebos, consiste na instala-

ción de estacións de control no chan e nos lugares onde se detecta a presenza de térmites . Nestas estacións, introdúcese un cebo desde o cal subminístraselle ás térmites o insecticida que vai eliminar a colonia. Yago Martínez

As térmi-tes exca-van galerías dende o temiteiro ata a ma-deira, sen saír ao exterior

Os efectos do ataque das térmites non se perciben dende o exterior, e poden cau-sar graves danos sen que se detecta a súa presenza

Page 12: Haiche Outra 2011-12

12

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Os obxectos tecnolóxicos están ao noso arredor e comparten con nós a súa vida. Exemplos deles son o coche, o móbil ou o ordenador. Xunta eles aparecen trebellos tecnolóxicos máis sinxelos, que con fre-cuencia pasan desapercibidos, como a maquiniña de afeitar, ou o secador, que empregamos para a nosa limpeza diaria, ou a simple fibela do cinto, ou mesmo un clip. Servímonos deles, pero habitualmente non reparamos na súa presenza. Por iso, os seus inventores son coñecidos como Hidden Heroes (heroes agachados). Nem-bargantes, se miramos con atención e nos preguntamos como fan o seu traballo a maior parte das veces quedamos sen res-posta. Non sabemos como funcionan. En realidade só están esperando por aqueles que teñan curiosidade e xogando con eles nas mans se pregunten como o fan. Como funciona o dosificador de xabón que temos no baño, ou o pulverizador de colo-nia? Esa foi unha das preguntas que nos fixemos este ano no CS Diseño en Fabri-cación Mecánica. A resposta no foi doada, tivemos que exa-

minar o seu interior, recoñecer as súas partes e descubrir os elementos que as forman. Logo estudamos as relacións entre elas, e só entón che-gou o meigallo: a razón pola que can-do prememos cara abaixo nos entre-ga un pouco de xabón . En realidade atopámonos diante dun vello invento: unha bomba aspirante impelente, como as que utilizaban para o achique da auga nos barcos, ou as que utilizaban os bombeiros…A tecnoloxía moderna reducida case case ata os niveis de micromecánica. O debuxo é claro. Vexamos como funciona, paso a paso: A primeira vez que se utiliza o xabón, o pulsador (peza 9) está roscado na tapa (peza 8). Ao xirar no sentido antihorario, comeza a funcionar o mecanismo, que se eleva por efecto do resorte (peza 4), que estaba com-primido e recupera agora a súa for-ma. Ao subir o émbolo (peza 5), que vai solidario ao pulsador, a bóla de 5mm de diámetro (peza 3), que funciona como válvula antirretorno, situada no depósito, elévase por acción do balei-ro. Esta bóla non se pode desprazar axialmente porque está situada no interior do resorte, e este estréitase para que non poida ascender máis do desexado. O xabón ascende polo

tubo (peza 1) tamén por acción do baleiro. O xabón queda retido no depósito de xa-bón (o espazo no que se atopa o resorte coa bóla, peza 2). Ao presionar a parte superior do tapón, baixa o émbolo, comprimindo o resorte, e o volume de xabón retido no depósito non pode baixar, taponado pola bóla (peza 3), así que sube polo furado superior do ém-bolo, desprazando ata o tope a esfera de 3mm de diámetro (peza 6), que funciona tamén como válvula antirretorno. O xabón sae expulsado a través da canle de saída. Cando se libera o pulsador, o mecanismo volta á súa posición orixinal e repítese o proceso de subida. Silvia Trinidad Porta

COMO FUNCIONA?... O dispensador de xabón

O dosificador de xabón é un

deses trebellos que usamos a diario, e que

encerra un simple, pero

gran invento. Aquí vemos o

despece

Con so premer un

botón, temos a dose de

xabón nas nosas mans

Page 13: Haiche Outra 2011-12

13

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Sección da bomba que ten no seu interior o dispensa-

dor, en posición de

reposo

Cando se preme o

pulsador, o xabón acu-mulado no depósito é forzado a

subir e saír ao exterior

Detalle das partes, de esquerda a dereita: émbolo (peza 5), de-pósito (peza 2) e resorte de sección variable (peza 4).

Page 14: Haiche Outra 2011-12

14

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Un dos principais recursos dun narrador ou narradora de contos é a súa voz. É importantísimo, pois, modulala ben e apro-veitar tódolos recursos que nos ofrece : o ton , volume e expresividade.

O ton do narrador aportará sentido á histo-ria.

A regulación do volume é outra cuestión importante.

A súa modulación aportará matices signifi-cativos. Poderá alzar ou baixar a voz can-do a historia o xustifique.

Resaltar a importancia da expresividade como recurso imprescindible para o que pretenda narrar un conto os nenos e ne-nas pequenos.

Implicará a proximidade afectiva e o grao de adecuación do narrador con respecto aos personaxes. A voz do narrador poderá ser cálida ou fría, anhelante, acariciadora,

tenra, distante, ameazadora ou permisiva, desprezativa, etc.

Vai a aportar sentido ás personaxes e, por tanto, influirá no achegamento cara eles (sorpresa , medo, entusiasmo, alegría , magoa, ....)

Co obxectivo de poñer en práctica estes recursos, o primeiro curso do C.S. de Educación Infantil, dentro do módulo de expresión e comunicación, puxo en mar-cha un obradoiro de gravación de contos. Para iso contamos coa estimable colabo-ración de Juan, responsable da bibliote-ca do centro.

Tiña relación coa unidade didáctica “Literatura infantil: a arte de contar con-tos”. Os contos seleccionáronse en fun-ción dos temas máis significativos para os nenos/as (a amizade, a familia, os ani-mais…), tendo moi presente tamén o tema da ilustración, outros recursos como ri-

mas, cantareiras, etc.

Tivemos a posibilidade de dobrar os dis-tintos personaxes que protagonizaban os contos, aprendendo a modular o noso ton de voz, aínda que algunhas das voces modificáronse para que se adaptaran mellor aos personaxes dobrados. Ó mes-mo tempo, coa axuda de Juan, aprende-mos a manexar a mesa de mezclas para encaixar os distintos tramos lidos, incorpo-rar a música apropiada para cada conto, efectos sonoros, etc.

Tamén gardamos varias tomas falsas demostrando o ben que o pasamos reali-zando a actividade.

A raíz desta actividade, para o vindeiro curso está previsto a organización conxunta entre o departamento de Educa-ción Infantil e a Biblioteca dun “Obradoiro de Técnicas de Dramatización”

OBRADOIRO DE GRABACIÓN

poñemos a nosa voz:

Organizadas por grupos, gravamos o texto de dis-tintos contos, para logo fa-cer unha mon-taxe

Page 15: Haiche Outra 2011-12

15

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Agardamos poder recibilo novamente o vindeiro ano, para que nos volva a trans-

mitir a través dos seus contos, algúns dos valores que tanto botamos a faltar no mundo de hoxe disfru-tando da transmisión dos seus valores.

de ritmo, o poder do silen-zo... foron algunhas das armas das que falou, imprescindibles para captar a atención dos nenos.

Encandilounos tamén coas súas historias que foron recibidas con gran expecta-ción... e calorosos aplausos.

“...Tomar a palabra!” É o lema do narrador camerunés, autor do álbum “O león Kan-dinga”, que percorre toda a nosa xeografía e viaxa incluso a outros países proclaman-do a importancia da oralidade e contando contos tradicionais africanos.

Aproveitando a súa recente estancia en Galicia, visitou o noso centro para impartir unha charla sobre “O valor da palabra, a transmisión oral e as técnicas da narra-ción”.

Coa súa presenza, e case no mesmo instante de penetrar na sala, atopouse cun público ávido de historias, e ansioso por aprender como se pode transmitir esa herdanza máxica inmaterial: “Tódalas noites, na miña casa, a falta de luz e tele-visión, facíamos veladas arredor do lume, a base de cantos, lendas, epopeias, pro-verbios, mitos......durante horas e horas...” explicou Boni. A modulación da voz, a expresión do rostro, do corpo, os cambios

BONIFACE OFOGO:

UNHA VIDA DE CONTO

BRINQUEDOS Centro de interpretación de Xogos Tradicionais da Capela

• Dar unha alternativa máis para os tempos de lecer.

• Promover a práctica cotiá dos xogos tradicionais.

• Fomentar a consecución duns valores humanos correctos.

• Difundir a experiencia e dala a coñecer a outros centros educati-vos.

• Manter vivo o noso Patrimonio lúdico.

A visita foi monitorizada polos nenos e nenas de Educación infantil da escola, que nos explicaron os diferentes xogos.

Compartimos unha xornada moi interesante e divertida, esperan-do volver a visitar ós nosos ami-gos o curso próximo.

O profesorado do CEIP Mosteiro de Caa-veiro implicado no proxecto escolleu os xogos, redactou as normas polas que se rexerían, fixo unha distribución espacial dos mesmos e marcou e pintou os cam-pos de xogo.

Os obxectivos que pretende acadar este recurso educativo son:

Como en cursos anteriores, o alumnado do Ciclo Superior de E.I. do CIFP Ferrolte-rra realizou unha visita ao Centro de Inter-pretación de Xogos tradicionais “Brinquedos” situado no CEIP Mosteiro de Caveiro da Capela.

Trátase dun parque no que se poden practicar ata vinte e cinco xogos tradicio-nais diferentes; está situado nos espazos exteriores do patio de recreo do colexio.

Creouse a partir do tra-ballo realizado pola me-tade do claustro, dentro dun seminario permanen-te do Centro de Forma-ción e Recursos (CFR) de Ferrol, desenvolvén-dose ao longo do curso 2005/06 e foi inaugurado o 24 de Xuño de 2006.

Boniface, contando unha das

súas histo-rias afri-

canas na biblioteca

De visita no CEIP Mos-teiro de Caaveiro, cos nen@s de infantil

Page 16: Haiche Outra 2011-12

16

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

o nivel do mar (pode ir voando nun dos avións que pasan por riba do instituto) Poderemos facer o mesmo cunha cor? Poderemos situala nun espazo e medir a que distancia está de outra?

No día a día nunca se nos pasaría pola cabeza asociar a cor e as matemáti-cas, sen embargo na nosa vida profesional vémonos obrigados a medir con total exactitude a cor dun obxecto en moitas ocasións. Non so os pintores cando repintamos un coche, tamén noutras profesións: nas artes gráficas, na industria téxtil, na construción civil ou na de estru-turas metálicas. Como medir é con-tar, non queda máis remedio que usar as matemáticas para poder contar a cor.

Isto obríganos a describir a cor me-diante números, e para poder face-lo, primeiro temos que caracterizar ou definir a cor con precisión. Vexa-mos uns exemplos:

• Cando queremos saber canto líquido podemos gardar nun depósito temos que medir a súa altura o seu fondo e o seu largo, dispoñendo des-tas tres dimensións podemos calcular o seu volume cunha simple multipli-cación. Poderemos facer o mesmo coa cor? Teñen as cores altura, fon-do e longo? • Cando queremos situar na Terra a unha persoa necesitamos saber a súa latitude, lonxitude e altura sobre

Establecer estas coordenadas das dife-rentes cores, non foi un proceso sinxelo nin corto no tempo, pero si fomos quen de resolver o problema. Dende Aristóteles a Newton, dende Goethe a Maxwell, filóso-fos, físicos, poetas e matemáticos busca-ron a solución, ata que en 1.931 un grupo de expertos reunidos na CIE (Commission internationale de l'éclairage) desenvolven un modelo de cor matemático, elaborando un espazo de cores perceptibles que asig-naba un conxunto de tres números (as

coordenadas que buscabamos) a cada un deles.

Cales son estas coordenadas? Pois o ton, o valor e a saturación, por exemplo: é unha cor laranxa (ton) escura (valor) moi brillante (saturación). Como vedes esta definición non parece moi matemática, xa que algún dirá que ese laranxa non é tan escura como di outro; por iso, temos que recorrer aos expertos para precisar o valor das coordenadas con moita exactitude. Hoxe en día no só usamos o espazo de cor da CIE, tamén usamos moitos outros como poden ser o RGB, o Munsell, o Ost-wald, o RAL, o NCS… e algún máis que deixaremos no tinteiro.

No espazo deste artigo non imos a afon-dar no estudo das ecuacións que nos permiten facer o que dicíamos ao princi-pio, as medicións e as comparacións exactas dunhas cores con outras, iso deixámolo para as clases de colorimetría, pero nas imaxes que acompañan ao texto podedes ver algúns exemplos de cores

A COR, AS MATEMÁTICAS E O REPINTADO DE COCHES

Triángulo de cores. Na periferia están as cores saturadas e no centro o branco (punto C)

Outros sistemas de representación das cores

Page 17: Haiche Outra 2011-12

17

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

representadas de xeito matemático.

Subamos un chanzo máis; vale, xa sabe-mos contar as cores, ou polo menos que se pode facer, pero nós para pintar so temos botes de pintura con nomes tan exóticos como Miami Mint ou Sunbeam Gold, ou tan normais como Green ou Blue, como fago a cor de efecto perlado do coche que teño que pintar? Como me axudan as matemáticas no taller?

Un xeito de facelo é o método do ensaio-

erro: partindo da fórmula orixinal ir reto-cando pouco a pouco ata dar coa cor des-exada; este método é o habitual nos talle-res ata hoxe en día, pero é lento e require de moita práctica e bo ollo. Para poder preparar a cor dunha forma máis rápida podemos utilizar os espectrofotómetros, uns aparellos que miden a forma na que se reflicte a luz e polo tanto a cor, para iso utilizan a xeometría da reflexión da luz. Explicado dun xeito sinxelo, o que fan e comparar os ángulos de reflexión medidos

sobre a peza a repintar e comparalos cos almacenados nunha base de dados, esta-blecendo a cantidade de Miami Mint que

precisamos.

Xosé Manuel Pérez Lodeiro

PTFP Transporte e Mantemento de Vehí-culos.

Interior dun espectro-fotómetro, no que se aprecia distintos ángulos de incidencia

Ángulos de reflexión da luz sobre a peza

Procedemento de observación do ángulo de reflexión e representa-ción gráfica

Page 18: Haiche Outra 2011-12

18

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

O sete de maio do dous mil doce acompaña-mos os alumn@s do PCPI “instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións” e dos ciclos superiores de “educación infantil” e “instalacións eléctricas e automáticas” a representación da obra “Pelos na lingua” no Teatro Jofre de Ferrol. A obra mostra os prexuizos lingüísticos to-mando como referencia a realidade sociolin-güística do país. Tenta facer unha reflexión tráxico-cómica en dez sketchs dos prexuizos e tópicos , na miña opinión, totalmente errados do que acontece coa nosa lingua, prexuizos como estes: lingua para brutos, non é unha lingua

fina, perxudica a aprendizaxe doutras lin-guas, non serve para nada,, etc, etc, . Todos eles tópicos promovidos por certos sectores sociais (políticos, económicos, mass-media, educativos, etc. ) . “Pelos na lingua” debería ser obrigatoria para todos os que falan galego pero sobre todo para aquelas persoas que “non o falan”, xa que co humor como linea conductora vai mostrando, un a un, a maioría dos tópicos que afectan hoxe en día a nosa lingua. A obra é moi amena, divertida e chea de situacións moi próximas á realidade que tanto custa mudar xa que todos os tópicos que critica con moita intelixencia son desgracia-damente actuais. Esteban Sanesteban Fernández

Talía Teatro

cultura e ilusión, ao mesmo tempo que con-solida un equipo de traballo estable.

Desde os seus inicios, a compañía perse-guiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asig-naturas pendentes do teatro feito en Galicia.

Esta obra foi galardoada cos premios María Casares e Max ao mellor texto teatral en galego.

Escrito por Avelino González, Séchu Sende, María Ordoñez e Artur Trillo, o texto enca-dea unha serie de gags que convidan a re-flexionar, con retranca e ironía, sobre os ataques que sofre a lingua e as situacións tan incribles como verdadeiras que vive a nosa fala.

Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denomina-ción de orixe que definen un estilo e unha for-ma de facer teatro.

Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías gale-gas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera

O grupo Talía Teatro, na súa interpretación da obra “Pelos na lingua”

Page 19: Haiche Outra 2011-12

19

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra Promocións 2012

Page 20: Haiche Outra 2011-12

20

HHHHaiche aiche aiche aiche ooooutra 2012 utra 2012 utra 2012 utra 2012 CIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP FerrolterraCIFP Ferrolterra

Ata

sempr

e

Promocións 2012