Había unha vez unha raíña moi, moi boa, amable e bela que se chamaba Sara. A raíña Sara vivía nunha casiña entre as pólas dunha gran árbore máxica. Moi preto había un lago encantado onde se escoitaban paxariños divinos, especialmente o canto dos xílgaros.
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Había unha vez unha raíña moi, moi boa, amable e bela que se chamaba Sara. A raíña Sara vivía nunha casiña entre as pólas dunha gran árbore máxica. Moi preto había un lago encantado onde se escoitaban paxariños divinos, especialmente o canto dos xílgaros.
Un día a raíña Sara decidiu ir alí e descubriu o segredo do lago. Nel habitaba unha fada….A FADA DAS AUGAS!!!
- Como te chamas?-Preguntoulle a raíña.- Eu chámome Lili e son a gran Fada das
Augas- respondeulle a fada.- E que eres capaz de facer?-Quixo saber
a raíña, que estaba moi intrigada.- Convertir todo aquilo que chega as
miñas augas en cisnes fermosos e marabillosos. Ademais a quen me axuda a manter as augas limpas concédolle os desexos que me pida.
Nun intre, a raíña que tiña moita curiosidade por saber si todo o que dicía a fada era certo púxose a limpar o lago e despois pediulle un desexo: quería un xardín ao lado da súa casiña!!! A fada das Augas en agradecemento ao seu labor de limpeza condeulle o que lle pedira……Un fermoso xardín!!!!
A raíña quedou moi impresionada e prometeu gardarlle o segredo para sempre.
Lembra que sempre que axudes a manter as augas limpas tes dereito a pedirlle A FADA DAS AUGAS un desexo…. Seguro que se che cumpre!!!!