BILIOTECA do CEIP A PAZ - TINTUREIRA Se no Nadal queres triunfar, cun bo libro deberás agasallar ! GUÍA DE LECTURAS PARA O NADAL 2011 Vaite logo meu meniño marcha agora pra camiña que vai vir o Apalpador a palparche a barriguiña. Xa chegou o día grande, día do Noso Señor, xa chegou o día grande e virá o apalpador. Mañá é día de cachela e haberá gran nevarada e ha de vir o Apalpador cunha mega de castañas. Por aquela cemba xa ven relumbrando o señor Apalpador Para darvos o aguinaldo. Fel i ces libros e lecturas ! Ceip A PAZ-TINTUREIRA O Apalpador, personaxe mítico galego, é un vello xigante que vive nos fermosos bos ques das monta- ñas do Courel, na provincia de Lugo. En Noitevella, a noite do 31 de decembro, baixa ata as aldeas e pobos onde durmen os nenos e as nenas. Entra de noite nos seus cuartos cando están dur- midos e apálpalles a barriguiña por ver se están manti- dos e déixalles unha presa de castañas. As veces, se os nenos e nenas son moi bos tamén lles deixa como Aguinaldo algún dos xoguetes que fai artesanalmente durante o ano. A cantiga que tedes a continuación foi recollida na zona do Courel e cántanlla os pais e as nais das criaturas para que bulan e marchen para cama de seguido esa noite: Recomendacións da Meigatintureira para este Nadal: 1. Gozade coas vosas familias nestes días de lecer. 2. Lembrade que un libro sempre é un bo amigo. 3. Non deixedes de visitar no Nadal os nosos ende- rezos web: meigatintureira.blogspot.com e www.edu.xunta.es/centros/ceipapaz/ PARA OS MAIORES DA CASA...