“EU DURMINDO ESTABA” Eu durmindo estaba cando veu meu pai tiroume da orella: ¡levántate Brais! E eu salín fuxindo, envolto nun mantelo arrimado a un moco feito de ameneiro E vin desde “lexos” un pobre pendello e nel unha nena coidando dun neno. E xunto a un pesebre estaba un carpinteiro facendo un barrelo e enchéndoo de fieitos. E díxome entonces tirando dun dedo Díxome: Braisiño ¿gústache o pequeño? E eu díxenlle entonces con moito recelo: O neno é moi guapo se mo dá eu lévoo. Eu na miña vida vin neno máis feito Ten unhos olliños que nin un luceiro. Bo Nadal e mellores lecturas ! GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL 2012 CEIP A PAZ TINTUREIRA PARA OS MAIORES DA CASA