AFRIGA ANO XX - Nº 109 AGRICULTURA 146 DOSSIER: SEMENTEIRA DO MILLO INTRODUCIÓN O millo é o segundo cultivo forraxeiro, despois das pra- deiras, en importancia económica en Galicia e cada vez ten máis presenza nas explotacións galegas fronte a prados e pasteiros (Fernández-Lorenzo et al., 2009). É un culti- vo que require elevadas achegas de nitróxeno (N), e que despois da colleita pode abandonar no chan importantes cantidades de N mineral residual non utilizado polo cul- tivo, razón pola que desde o punto de vista ambiental é recomendable establecer unha cuberta invernal capaz de extraer nutrientes que doutra forma contaminarían as au- gas subterráneas (Báez et al., 2000). Está demostrado que o establecemento dun cultivo de inverno en rotación co millo optimiza a produción forraxeira na España Húmida Neste traballo analizamos desde o punto de vista produtivo e de calidade forraxeira o tipo de cuberta invernal con presenza de leguminosas en rotación co millo, así como o efecto do tipo de fertilización no cultivo de millo, co fin de ofrecer pautas para unha acertada valoración agronómica e xestión ambiental de xurros no millo forraxeiro. M. D. Báez Bernal, M. I. García Pomar, C. Gilsanz Rey, A. Louro López e J. Castro Insua Dpto. de Pastos e Cultivos. CIAM-INGACAL Apdo. 10, 15080, A Coruña (España) FERTILIZACIÓN NITROXENADA NO MILLO FORRAXEIRO EN ROTACIÓN CON VARIOS CULTIVOS DE INVERNO (Báez, 1999; Piñeiro e Díaz, 2005). Hoxe en día existe un interese crecente na recuperación de cultivos de legumi- nosas nas explotacións galegas (Piñeiro et al., 2008; Flores et al., 2011). Estas especies, en monocultivo ou formando parte de mesturas con gramíneas, son capaces de fixar o N atmosférico, por tanto, de reducir custos debidos ás ache- gas de fertilizantes nitroxenados fronte a rotacións máis estendidas na actualidade, coma a de raigrás-millo, e, en consecuencia, poden axudar a mitigar outros efectos adver- sos derivados da utilización de fertilizantes nitroxenados, como a lixiviación de nitratos ou as emisións de óxidos de N á atmosfera. Os resultados que se presentan a continuación son par- te dos obtidos no marco do proxecto 10MRU503001PR “Emisións de gases efecto invernadoiro en cultivos fo- rraxeiros”, financiado pola Xunta de Galicia (INCITE: Programa sectorial de investigación aplicada, I+D Suma. Medio Rural). Ensaio no CIAM
7
Embed
FERTILIZACIÓN NITROXENADA NO MILLO FORRAXEIRO EN …ciam.gal/uploads/publicacions/825archivo.pdf · 2015-02-05 · 2012. No segundo ano, a sementeira foi o 6 de novembro e a colleita,
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
AFRIGA ANO XX - Nº 109
agricultura146 DOSSiEr: SEMENtEira DO MillO
INTRODUCIÓN O millo é o segundo cultivo forraxeiro, despois das pra-deiras, en importancia económica en Galicia e cada vez ten máis presenza nas explotacións galegas fronte a prados e pasteiros (Fernández-Lorenzo et al., 2009). É un culti-vo que require elevadas achegas de nitróxeno (N), e que despois da colleita pode abandonar no chan importantes cantidades de N mineral residual non utilizado polo cul-tivo, razón pola que desde o punto de vista ambiental é recomendable establecer unha cuberta invernal capaz de extraer nutrientes que doutra forma contaminarían as au-gas subterráneas (Báez et al., 2000). Está demostrado que o establecemento dun cultivo de inverno en rotación comillo optimiza a produción forraxeira na España Húmida
Neste traballo analizamos desde o punto de vista produtivo e de calidade forraxeira o tipo de cuberta invernal con presenza de leguminosas en rotación co millo, así como o efecto do tipo de fertilización no cultivo de millo, co fin de ofrecer pautas para unhaacertada valoración agronómica e xestión ambiental de xurros no millo forraxeiro.
M. D. Báez Bernal, M. I. García Pomar, C. Gilsanz Rey, A. Louro López e J. Castro InsuaDpto. de Pastos e Cultivos. CIAM-INGACAL Apdo. 10, 15080, A Coruña (España)
FERTILIZACIÓN NITROXENADA NO MILLO FORRAXEIRO EN ROTACIÓN CON VARIOS CULTIVOS DE INVERNO
(Báez, 1999; Piñeiro e Díaz, 2005). Hoxe en día existe un interese crecente na recuperación de cultivos de legumi-nosas nas explotacións galegas (Piñeiro et al., 2008; Flores et al., 2011). Estas especies, en monocultivo ou formando parte de mesturas con gramíneas, son capaces de fixar o N atmosférico, por tanto, de reducir custos debidos ás ache-gas de fertilizantes nitroxenados fronte a rotacións máis estendidas na actualidade, coma a de raigrás-millo, e, en consecuencia, poden axudar a mitigar outros efectos adver-sos derivados da utilización de fertilizantes nitroxenados, como a lixiviación de nitratos ou as emisións de óxidos de N á atmosfera.
Os resultados que se presentan a continuación son par-te dos obtidos no marco do proxecto 10MRU503001PR “Emisións de gases efecto invernadoiro en cultivos fo-rraxeiros”, financiado pola Xunta de Galicia (INCITE: Programa sectorial de investigación aplicada, I+D Suma. Medio Rural).
120 m2 nos tratamentos de xurro e 60 m2 nos tratamentos mineral e control) e para cada cultivo de inverno prece-dente aplicáronse os seguintes tratamentos de fertilización no millo: mineral (M), aplicado en dúas achegas, 60 kg N/ha (Nitrato Amónico Cálcico 27 %) en sementeira e 100 kg N/ha (Nitrato Amónico Cálcico 27 %) cando o millo tiña 5 follas; xurro de vacún (PV), aplicado inme-diatamente antes da sementeira, inxectado a 25-30 cm de profundidade; xurro de porcino (PC), aplicado no mesmo momento e da mesma forma que o PV; e control (C), que non recibiu achega de N. Na táboa 2 preséntanse as doses, o N achegado e a composición química dos xurros utili-zados no experimento. Antes de sementar igualáronse en todos os tratamentos as achegas de P e K a doses de 100 kg P2O5/ha e 250 kg K2O/ha. Na figura 1 preséntase un esquema do experimento de campo.
EXPERIMENTACIÓN O ensaio iniciouse no outono de 2011 nunha parcela ex-perimental do Centro de Investigacións Agrarias de Ma-begondo (Abegondo, A Coruña, zona costeira atlántica de Galicia) coa sementeira de catro cultivos de inverno: raigrás italiano (RG), trevo encarnado (TE) e as mesturas de raigrás italiano/trevo encarnado (RG/TE) e triticale/chícharo (TR/GU). O deseño experimental foi en bloques ao azar con 4 repeticións e un tamaño de parcela elemental de 24 x 15 m. Na táboa 1 móstranse as especies, variedades e doses de sementeira. A análise inicial do chan (0-15 cm) presentou unha textura franco-limosa cun contido en C de 32,7 g/kg de MS e en N de 2,23 g/kg de MS, e unha relación C/N de 10. O primeiro ano, os cultivos semen-táronse o 21 de outubro, excepto o raigrás italiano, que foi sementado o 14 de outubro, e cultiváronse o 23 de abril de 2012. No segundo ano, a sementeira foi o 6 de novembro e a colleita, o 30 de abril de 2013. No raigrás efectuouse un corte intermedio o 2 de marzo de 2012 e o 14 de marzo de 2013 no segundo ano.
Previamente á sementeira, todos os cultivos recibiron unha fertilización de 50 kg N/ha, 100 kg P2O5/ha e 100 kg K2O/ha, e ao longo do crecemento do cultivo de inverno só o RG recibiu unha achega de 60 kg N/ha (Nitrato Amóni-co Cálcico 27 %) tras o corte de marzo.
Unha vez feita a colleita dos cultivos de inverno semen-touse millo (cv LG 33.85). A parcela elemental de 24 m foi dividida en catro subparcelas (tamaño de subparcela:
táboa 1. Especies, variedades e doses de sementeira nos cultivos de inverno
Especies e variedades estudadas Dose de sementeira
Raigrás italiano alternativo 4n(Lolium multiflorum L.), cv. Promenade
RECOLLIDA DE MOSTRAS E DETERMINACIÓNSPara determinar a produción de biomasa dos cultivos de inverno rexistrouse o peso en verde de dúas bandas de 0,8 x 7 m en cada parcela. De cada unha delas recolléronse submostras de planta onde se levou a cabo a separación de gramíneas, leguminosas e outras especies, e determi-nouse a materia seca (MS). En cada mostra foi analizado o contido en materia orgánica (MO) e proteína bruta (PB) e outros parámetros relacionados coa calidade da forraxe, como fibra neutro deterxente (FND), fibra acedo deter-xente (FAD) e o contido de carbohidratos solubles en auga (CSA), utilizando técnicas de laboratorio vía húmida ou por espectroscopía de reflectancia no infravermello próxi-mo (NIRS, Win ISI 1.5).
No momento da colleita do millo (estado do gran pasto-so-vítreo), colléronse mostras en dúas liñas centrais cunha lonxitude de 8 m. No campo pesouse a produción en fres-co, e tomouse unha submostra de 10 plantas onde se sepa-rou a mazaroca da parte verde (talos, follas e espatas) para coñecer a fracción de cada compoñente e posteriormente analizar certos parámetros de valor nutritivo como PB, dixestibilidade, carbohidratos non estruturais (CNET), CSA e amidón (AM).
Para estudar o efecto dos tratamentos na eficiencia no uso do N achegado no millo calculáronse índices como a recuperación aparente de N (RAN) e a eficiencia agronó-mica (EA), segundo as seguintes expresións:
RAN=(Extracción de Ntrat fertilizado - Extracción de Ntrat control)/N achegado*100EA= (MStrat fertilizado –MStrat control)/N achegado
A análise estatística dos datos levouse a cabo mediante a análise da varianza para un deseño experimental de par-cela dividida completamente aleatorio, considerando como parcela principal o cultivo de inverno e como subparcela o tipo de fertilización no millo. Utilizouse o paquete estatís-tico SPSS (15.0), e para a separación de medias utilizouse o test de Duncan cun nivel de significación p<0,05.
Cultivo de inverno: RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. Fertilización no millo: C: tratamento control sen achega de N; M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porco.
AS LEGUMINOSAS SON CAPACES DE FIXAR O NITRÓXENO ATMOSFÉRICO, POR TANTO, DE REDUCIR CUSTOS DEBIDOS ÁS ACHEGAS DE FERTILIZANTES NITROXENADOS FRONTE A ROTACIÓNS MÁIS ESTENDIDAS COMA A DE RAIGRÁS-MILLO
táboa 2. Doses, N total aplicado e composición química dos xurros usados nos experimentosTipo de xurro Data de aplicación Dose m3/ha N Aplicado Kg N/ha pH MS % 1MO 1N 1P 1K 1Ca 1Mg
1 CI: cultivo de inverno; RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. 2 Sig.: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns, non sig. Para cada parámetro valores seguidos por letras diferentes son significativamente diferentes a p<0,05 (test de Duncan). MS: materia seca; MO: materia orgánica; PB: proteína bruta; FND e FAD: fibra neutro e ácido deterxente; CSA: carbohidratos solubles en auga.
1 CI: cultivo de inverno; RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. 2 Sig.: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns, non sig. Para cada parámetro valores seguidos por letras diferentes son significativamente diferentes a p<0,05 (test de Duncan). MS: materia seca; MO: materia orgánica; PB: proteína bruta; FND e FAD: fibra neutro e ácido deterxente; CSA: carbohidratos solubles en auga.
táboa 3. Produción de biomasa, separación de especies en gramíneas (gram.), leguminosas (leg.) e outras (Outr. Esp.) e composición química dos cultivos de inverno no primeiro ano
táboa 4. Produción de biomasa, separación de especies en gramíneas (gram.), leguminosas (leg.) e outras (Outr. Esp.) e composición química dos cultivos de inverno no segundo ano
RESULTADOSCultivo de invernoA produción de MS dos cultivos de inverno móstrase nas táboas 3 e 4. O primeiro ano, o RG con dous cortes (prin-cipios de marzo e finais de abril) e a mestura RG/TE nun só corte foron os cultivos máis produtivos, proporcionan-do 7,8 t MS/ha. Coa mestura TR/GU alcanzouse unha produción intermedia (6,3 t MS/ha) con respecto á obtida co monocultivo de TE. No segundo ano, o TE e a mes-tura RG/TE foron os cultivos máis produtivos, seguidos da mestura TR/GU e, finalmente, o RG, cunha produción total en dous cortes de 4,3 t MS/ha.
Desde o punto de vista de valor nutritivo, no primeiro ano, o maior contido en PB obtívose co TE (17,66 %), seguido do TR/GU e, finalmente, o RG, só ou en com-binación con TE. A presenza dun 36 % de leguminosa na mestura RG/TE no momento da colleita proporcionou contidos de proteína similares ao RG que recibira 60 kg N/ha de fertilizante mineral tras o corte de marzo. Segundo o observado por outros autores (Flores et al., 2011), nestetipo de mesturas necesitaríanse porcentaxes de leguminosa superiores ao 50 % na mestura (expresado en MS) para alcanzar valores de PB superiores ao 12 %.
No segundo ano observouse unha redución no conti-do de PB nas colleitas de RG e TE, probablemente rela-cionado co atraso na data de corte (Pereira-Crespo et al., 2012), mentres que se deu un incremento nas mesturas RG/TE e TR/GU a consecuencia dunha maior presenza nelas de leguminosas.
AS LEGUMINOSAS EN MONOCULTIVO OU EN MESTURAS CON GRAMÍNEAS PROPORCIONAN BOAS PRODUCIÓNS DE FORRAXE NUN SÓ CORTE A FINAIS DE ABRIL CON BOA CALIDADE NUTRITIVA
Cultivo de millo Nos dous anos de estudo, o cultivo de inverno precedente e o tipo de fertilización no millo afectáronlles de forma significativa aos rendementos de MS total no millo. Con-siderando os rendementos de mazaroca e parte verde por separado, o tipo de fertilización influíu na produción de ambas as partes, mentres que o cultivo de inverno só lle afectou á produción de mazaroca.
As producións de MS obtidas tras o TE e a mestura TR/GU como cubertas invernais foron superiores ás obti-das tras o RG e a mestura RG/TE (figuras 2 e 3). Consi-derando a cuberta de RG como control, o feito de incluír o TE na mestura RG/TE incrementou nos dous anos nun12 % a produción de MS total do millo; coa mestura TR/GU, o incremento produtivo foi superior, do 34 % e do 29 % o primeiro e o segundo ano, respectivamente; final-mente, co TE en monocultivo, o incremento foi do 43 % e do 28 % o primeiro e o segundo ano, respectivamente. Nos dous anos, tras o TE observáronse incrementos pro-dutivos similares en mazaroca e parte verde (figuras 2 e 3). No caso da mestura RG/TE deuse esta situación cando a leguminosa tivo maior presenza, é dicir, no segundo ano (figura 3). No caso da mestura TR/GU, o efecto benefi-cioso observouse en ambas as partes (mazaroca e parte verde) no primeiro ano (figura 2) e, maioritariamente, na mazaroca o segundo ano (figura 3). En xeral, ao aplicar N cos fertilizantes mineral e orgánico (PV e PC), o efecto do cultivo precedente diminuíu.
Nos dous anos de estudo, a fertilización con PC propor-cionou as maiores producións. No primeiro foi superior (13,94 t MS/ha) á obtida con fertilizante mineral e PV (va-lor medio de 12,28 t MS/ha), e tamén superior á obtida no tratamento C (9,20 t MS/ha) que non recibiu achega de N. No segundo ano, as producións tras os dous tipos de xurros foron similares (valor medio de 12,54 t MS/ha). Do mes-
Figura 2. rendementos de MS no millo o primeiro ano do experimento en función do cultivo de inverno precedente e do tipo de fertilización no millo
Cultivo de inverno: RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. Fertilización no millo: C: tratamento control sen achega de N; M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porcino.
mo xeito que no primeiro ano, a fertilización mineral e con PV derivou en producións similares (valor medio de 11,80 t MS/ha) e superiores ao tratamento C (7,61 t MS/ha).
No que respecta á extracción de N, o primeiro ano o TE incrementou a extracción de N pola mazaroca e a parte verde e, por tanto, a extracción total respecto das cubertas de TR/GU, RG/TE ou RG en monocultivo (táboa 5). No segundo ano (táboa 6) tamén se aprecia un incremento na extracción tras os cultivos de TE e TR/GU. No que res-pecta aos efectos do tipo de fertilización, no primeiro ano alcanzáronse extraccións similares para o PC e mineral (va-lor medio de 87,20 kg N/ha), superiores ás obtidas con PV (72,43 kg N/ha) e C (51,97 kg N/ha). No segundo ano, a maior extracción de N alcanzouse co PC (81,77 kg N/ha), superior ao resto de tratamentos. Neste ano, os tratamentos PV e M mostraron as mesmas extraccións (valor medio de 73,99 kg N/ha).
O TE e a mestura TR/GU como cultivos de inverno incrementaron o contido de PB na mazaroca (táboas 5 e 6). Parece que a achega de N en forma mineral e con PC tamén incrementa o contido en PB na mazaroca. Nos dous anos, o contido en amidón foi superior tras a achega de fertilizantes orgánicos.
Figura 3. rendementos de MS no millo o segundo ano do experimento en función do cultivo de inverno precedente e do tipo de fertilización no millo
Cultivo de inverno: RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. Fertilización no millo: C: tratamento control sen achega de N; M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porcino.
PC 81,77a 4,66a 80,83a 62,36a 6,62b 54,31a 3,05 56,61b 11,303Sig CI ns(0,068) ** ns ns *** ns ns ns ns
FM *** *** *** *** *** *** ns ** ns
CI*FM ns ns ns ns ns ns * ns ns1 CI: cultivo de inverno; RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. 2 FM: fertilización no millo; C: sen achega de N; M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porcino; PB: proteína bruta; IVMOD: dixestibilidade da materia orgánica in vitro; CNET: carbohidratos no estruturais totais; CSA: carbohidratos solubles en auga; AM: amidón.3 Sig.: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns, non sig. Para cada parámetro valores seguidos por letras diferentes son significativamente diferentes a p<0,05 (test de Duncan).
1 CI: cultivo de inverno; RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. 2 FM: fertilización no millo; C: sen achega de N; M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porcino; PB: proteína bruta; IVMOD: dixestibilidade da materia orgánica in vitro; CNET: carbohidratos no estruturais totais; CSA: carbohidratos solubles en auga; AM: amidón.3 Sig.: ***(p<0,001); **(p<0,01); *(p<0,05); ns, non sig. Para cada parámetro valores seguidos por letras diferentes son significativamente diferentes a p<0,05 (test de Duncan).
táboa 6. Extracción de N total polo cultivo e composición química da mazaroca e da parte verde o segundo ano do experimento
táboa 5. Extracción de N total polo cultivo e composición química da mazaroca e da parte verde o primeiro ano do experimento
Trevo AS ROTACIÓNS CON INCORPORACIÓN DE LEGUMINOSAS INCREMENTAN A PRODUCIÓN DE MATERIA SECA OBTIDA COA ROTACIÓN RAIGRÁS/MILLO E A EXTRACCIÓN DE NITRÓXENO, MANTENDO O VALOR NUTRITIVO DA FORRAXE
Recuperacións e eficiencias do N aplicado ao millo Na táboa 7 preséntanse as recuperacións aparentes do ferti-lizante mineral aplicado e orgánico, expresadas en porcen-taxe, así como as eficiencias en kg MS/ha. As recuperacións atopáronse entre o 11 e o 37 % do N aplicado no primeiro ano e entre o 10 e o 36% no segundo ano, valores baixos probablemente relacionados co estrés hídrico sufrido polo cultivo de millo durante o crecemento e, especialmente, des-de o establecemento (millo 5 follas) ata a colleita nos dous anos do experimento. Exceptuando as parcelas nas que fora cultivado o RG, onde os tratamentos M e PC presentaron recuperacións de N similares, co resto de cubertas o PV e o fertilizante M presentaron recuperacións similares e inferio-res ao PC. En xeral, para todos os cultivos de inverno obser-váronse valores similares da eficiencia no uso do N cando se fertilizou co PV respecto ao tratamento M, e un incremento cando se aplicou o xurro de porco.
CONCLUSIÓNSA incorporación de leguminosas en monocultivo, como o trevo encarnado, ou en mesturas con gramíneas, como rai-grás italiano/trevo encarnado ou triticale/chícharo, presen-tan unha boa alternativa ao raigrás italiano, cultivo invernal
táboa 7. recuperacións (raN %) e eficiencias (Ea kg MS/kg N aplicado) nos dous anos do experimento
raN % Ea kg MS / kg Nci1 FM2 2012 2013 Media 2012 2013 Media
RG
M 27 17 22 21 23 22
PV 11 10 11 22 18 20
PC 25 24 25 37 40 39
Media 21 17 19 27 27 27
TE
M 14 23 19 14 23 19
PV 19 18 19 30 22 26
PC 29 36 33 40 45 43
Media 21 26 23 28 30 29
RG/TE
M 25 20 23 28 27 28
PV 25 15 20 36 22 29
PC 37 25 31 55 34 45
Media 29 20 25 40 28 34
TR/GU
M 21 19 20 16 24 20
PV 18 14 16 23 20 22
PC 26 29 28 23 39 31
Media 22 21 21 21 28 24
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICASBÁEZ M. D., ESTAVILLO J.M., PINTO M., RODRÍ-GUEZ M. (2000) Nitrate leaching losses in forage systems with ryegrass, crimson clover and maize. Grassland Farming. Balancing, environmental and economic demands. Grassland Science in Europe, 11, 471-473.
BÁEZ M.D. 1999. Evaluación de las pérdidas y transfor-maciones de nitrógeno en un sistema forrajero intensivo. Tesis Doctoral. Universidad del País Vasco.
FERNÁNDEZ-LORENZO B., DAGNAC T., GONZA-LEZ-ARRÁEZ A., VALLADARES J., PEREIRA-CRES-PO S., FLORES G. (2009) Sistemas de producción de leche en Galicia. Evolución y estado actual. Pastos, 39(2), 251-299.
FLORES G., DÍAZ N., VALLADARES J., FERNÁN-DEZ B., GONZÁLEZ A., BANDE M.J., PEREIRA S., RESCH C., RODRIGEZ X. Y PIÑEIRO J. (2011) Legu-minosas anuais en asociación con raigrás italiano como cultivo invernal nas rotacións forraxeiras intensivas. AFRIGA AÑO XVII-Nº 94, pp86-98.
PEREIRA-CRESPO S., VALLADARES J., FLORES G., DÍAZ N., FERNÁNDEZ-LORENZO B., RESCH C., GONZÁLEZ-ARRÁEZ A., BANDE-CASTRO M.J., RODRÍGUEX-DIZ X. (2012) Rendimiento y valor nutritivo de nuevas leguminosas anuales como cultivo de invierno en ro-taciones forrajeras intensivas de Galicia. Pastos, 42 (1), 29-50.
PIÑEIRO J., DÍAZ N. (2005). La producción forrajera en la España Húmeda. En: B. de la Roza et al. (Eds.) Produccio-nes agro-ganaderas: Gestión eficiente y conservación del me-dio natural (Vol. II), pp. 425-463. Asturias, España: Sociedad Española para el Estudio de los Pastos.
1 Cultivo de inverno: RG: raigrás italiano; TE: trevo encarnado; RG/TE: mestura RG + TE; TR/GU: mestura triticale + chícharo. 2 Fertilización no millo: M: Nitrato Amónico Cálcico 27 %; PV: xurro de vacún; PC: xurro de porco.
moi estendido nas explotacións galegas, proporcionando boas producións de forraxe nun só corte a finais de abril con boa calidade nutritiva.
No que respecta ao cultivo de millo, as rotacións con incorpo-ración de leguminosas incrementan a produción de MS obtida coa rotación raigrás/millo, e tamén a extracción de N, manten-do o valor nutritivo da forraxe. Atendendo ao tipo de fertiliza-ción nitroxenada neste cultivo, apréciase un lixeiro incremento nas recuperacións do N cando se aplica en forma orgánica, con xurros de vacún e porcino, respecto ao fertilizante mineral.
A fertilización con xurro de porcino proporcionou nos dous anos de estudo os maiores índices de eficiencia no uso de N.