Cofrarías Sociedades de Resistencia Internacional Obreira Partidos Obreiros Dende a Idade Media as co- frarías dos santos patróns de cada oficio tiñan un papel de asistencia ós enfermos, e axuda mútua en caso de loita contra os inimigos dos arte- sáns. Poñían cartos entre todos para unha causa común, fose vestir ó santo ou loitar polos seus dereitos. Movementos Luditas O ludismo era o movemento obreiro non organizado que tra- taba de eliminar as máquinas, ás que culpaba do paro, xa que afo- rraban postos de traballo. Os primeiros movementos ludi- tas en españa déronse en Alcoy (Alicante), no 1821 (Trienio Libe- ral) e foron na industria lanar. Uns 1200 obreiros asaltaron as fiadoras mecánicas. En Galicia hai que coñecer a folga das cigarreiras de coruña que en 1857 romperon as máqui- nas da Fábrica de Tabacos e ti- ráronas á ría. Na década dos 30 e dos 40 en Cataluña confórmanse os primeiros sindicatos, coñeci- dos de aquela coma socieda- des de resistencia. Eran caixas de aforro dos obreiros, que entregaban unha pe- quena parte do salario cada mes, para ter algo aforrado para cando as folgas se pro- longaban. O primeiro sindicato será a Asociación de Texedores de Barcelona en 1840 (Rexen- cia de Espartero). Dereito de Asociación No sexenio democrático (1868-1874) permitiuse a libre creación de sindicatos e partidos políticos obreiros. En 1870 nace a Federación Rexional Española da AIT (Asociación Internacional do Traballo). Significa a che- gada da Primeira Internacio- nal de Londres (1864) a España. Comezará a extenderse pri- meiro o anarquismo e logo o socialismo. En 1879 Pablo Iglesias Posse funda o PSOE (Par- tido Socialista Obreiro Espa- ñol), o primeiro partido político obreiro do país. Él mesmo fundará o sindicato Unión General de Trabajado- res (UGT) en 1888. Todo isto baixo o goberno da restaura- ción (Alfonso XII e rexencia da súa muller María Cristina). O proletariado rural e o caso especial de España En España non haberá unha revolución agraria como tal ata o século XX. O latifundismo basearase na agricultura extensiva de secaño (olivo, vide, trigo), que precisa de moita man de obra en pou- cas xornadas de traballo (vendimia, co- lleita, varear). Vivirán así, de forma miserable e dependentes dos grandes te- rratenentes, un grupo enorme de traballa- dores do campo que non posúen terras propias, os coñecidos coma xornaleiros (non se podían chamar de outra forma: traballan xornadas soltas por un xornal... o pago dun día). A presión demográfica fai que estes xor- naleiros sexan máis dos que o campo pre- cisa, o que provoca que os soldos sexan moi baixos e desincentiva ós poderosos latifundistas a invertir en maquinaria (non precisan abaratar custos). No norte, os foros (os contratos para que un campesiño cultive a terra) desapare- cen de súpeto co liberalismo e os campe- siños pasan a traballar a soldo dos propietarios, pero alí case todos suelen ter algunha finca propia. Aínda así, as propiedades agrarias pasan a ser explotadas na súa maioría por xente que non é a súa propietaria e isto xenera unha explotación dura, e unha resisten- cia importante. Os campesiños desexa- rán que as leis xeneren un reparto de terras para quen as traballa, esta é unha interpretación que encaixará coa visión anarquista do movemento obreiro. As desamortizacións primeiro e logo a Reforma Agraria (II República) serán in- tentos do estado por transformar a vida no campo español, principalmente no anda- luz e extremeño... Pero sempre sen éxito. O control do campo polas oligarquías foi motivo de moitas revoltas. Explotación e folgas Ó inicio da R. Industrial, as con- dicións laborais non están regu- ladas; as xornadas eran tan longas coma se puidese aguan- tar, sen seguridade e sen idade mínima. O caso máis duro era o dos nenos e nenas: Cobraban entre un 15 e un 20% dun salario e co- mezaban a traballar ós 7 anos. As primeiras fiadoras mecánicas atascábanse con facilidade e eran os dediños dos nenos os únicos que cabían para desatas- calas, pero era habitual que su- frisen accidentes e mutilacións. A ley Benot (1874) foi a primeira en moderar a idade de entrada ó traballo e o seu horario: 10/12 anos-5 horas, 13/15- 8h. A ley Dato de (1900) prohibía o traballo infantil antes das 5 da mañá, os traballos subterráneos, ou a limpeza de motores men- tras estiveran en funionamento. Tras unha folga de 44 días da in- dustria catalana, España será o primeiro país do mundo en regu- lar a xornada de 8 horas ó día, seis días á semana.