GRAO EN FILOSOFÍA | 3º CURSO GUÍA DOCENTE | 2018-2019 ESTÉTICA 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia Estética, código G5031328 é unha materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso do Grao en Filosofía. Ten 6 créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía. PRERREQUISITOS Presuponse a formación propia do nivel do grao en que se imparte e, sobre todo, a que corresponde á Introdución á Estética e as materias do bloque de “Metafísica e Teoría do Coñecemento”. IMPARTICIÓN En principio será impartida en lingua galega, agás no caso de por haber estudantes non galegos/as, se faga conveniente impartila en español. A materia impártena os profesores da área de Filosofía Rafael Martínez Castro –coordinador- 36 horas (75%) e o profesor Javier Barcia González 12 horas (25%). A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, aparecerá na páxina correspondente no campus virtual da USC. Horario da materia: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia).
21
Embed
ESTÉTICA - usc.es · A "Estética" é unha materia obrigatoria de terceiro curso integrada no Bloque ou Módulo de “Estética”, xunto coa "Introdu ción á Estética" (materia
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
GRAO EN FILOSOFÍA | 3º CURSO
GUÍA DOCENTE | 2018-2019
ESTÉTICA
1. INFORMACIÓN BÁSICA
DESCRICIÓN
A materia Estética, código G5031328 é unha materia obrigatoria do segundo semestre do terceiro curso
do Grao en Filosofía. Ten 6 créditos ECTS. Trátase dunha materia da área Filosofía, integrada no do
Dpto. de Filosofía e Antropoloxía.
PRERREQUISITOS
Presuponse a formación propia do nivel do grao en que se imparte e, sobre todo, a que corresponde á
Introdución á Estética e as materias do bloque de “Metafísica e Teoría do Coñecemento”.
IMPARTICIÓN
En principio será impartida en lingua galega, agás no caso de por haber estudantes non galegos/as, se
faga conveniente impartila en español.
A materia impártena os profesores da área de Filosofía Rafael Martínez Castro –coordinador- 36 horas
(75%) e o profesor Javier Barcia González 12 horas (25%).
A información relevante da materia, así como os avisos e cualificacións, aparecerá na páxina
correspondente no campus virtual da USC.
Horario da materia: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia).
TITORÍAS
Horario das titorías: ver páxina web (http://www.usc.es/filosofia). Na medida do posible recoméndase
reservar hora. Tamén é posible recibir asistencia titorial fóra do horario de titorías solicitandoo en persoa
ou por correo electrónico. As titorías poden ser individuais ou colectivas.
Lugar: despacho 220; 2º andar da Facultade de Filosofía, Praza de Mazarelos, s/n. No caso de titorías
colectivas programadas poderase solicitar do decanato o uso dunha aula ou seminario.
A materia require necesariamente da participación activa do alumado. Por asistencia entendemos
“asistencia regular” e por tal entendemos a asistencia de como mínimo o 80% das sesións. En todas
as sesións haberá un control de asistencia.
A asistencia regular será condición necesaria para a “avaliación continua”
A entrada na aula terá lugar nos dez primeiros minutos, pasados os cales rógase que se absteñan de
entrar. O incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de avaliación
continua.
Durante o tempo da clase non se pode abandonar a aula, agás en caso de extrema necesidade, o
cal debe ter o carácter extraordinario que ten en calquera acto público. En todo caso que por
necesidade teña que abandonar a aula non pode volver a entrar na mesma sesión. O
incumprimento desta norma poderá obrigar a revisar as condicións de avaliación continua.
6. AVALIACIÓN
A avaliación total resultará da media ponderada das cualificacións obtidas por cada alumno/a nas
partes respectivamente impartidas
AVALIACIÓN DA PARTE IMPARTIDA POLO PROF. JAVIER BARCIA GONZÁLEZ.
O Tema 0, impartido polo Prof. Javier Barcia, será avaliado do seguinte xeito:
-Exame sobre os textos correspondentes a este Tema 0. (20%). Este examen podrá realizarse en la
fecha que se determine al inicio de curso o en la fecha del examen oficial de la materia.
-Realización das actividades propias das clases interactivas. (5%)
Porcentaxe da avaliación: 12 horas (tema 0) de 48 totales de la materia, equivale al 25%
SISTEMA DE AVALIACIÓN PARA ALUMNOS CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
- Exame acerca dos textos correspondentes a este tema, incluíndo ademáis unha pregunta
específica sobre o material das clases interactivas que estes alumnos/as non puideron facer
presencialmente (25%).
AVALIACIÓN DA PARTE IMPARTIDA POLO PROF. RAFAEL MARTÍNEZ
CASTRO.
“Avaliación continua” (para alumnas/os con asistencia regular: asistencia ao 80% das sesións)
Asistencia regular a clase 10 ptos.
Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
Participación en clases presenciais 0-25 ptos.
2 exames parciais non presenciais 0-60 ptos.
Os 120 ptos. máximos faranse corresponder con 100 e a partir de aí axustaranse porcentualmente os
resto das cualificacións. Finalmente faranse corresponder coas notas de 0-10 axustando as décimas
por arriba.
Para acadar a suficiencia é preciso:
Acadar 50 ptos. finais
Aprobar –15 ptos.– cando menos un dos exames.
Obter no outro unha cualificación non inferior a 10 pts.
Explicación. Este procedemento de avaliación responde ao seguintes criterios:
O seguimento regular do curso debe permitir superar a materia.
Permitimos que a suma inicial de puntos sexa superior a 100 para que se poidan compensar as dúas
partes (actividade nas aulas e exames), de xeito que o axuste non xere graves distorsións; que non
deben darse pois o normal é que o rendemento nos exames coincida bastante co rendemento nas
clases.
Os criterios de avaliación son obxectivos (participación, coñecementos, claridade conceptual, orde
expositiva, calidade da expresión) e subxectivos (responden a apreciacións do profesor), pero nunca
arbitrarios –ha de ser posible argumentar–. Unha obxectivación extrema resulta radicalmente
imposible nunha materia deste tipo. No só nos exames, senón tamén na avaliación cualitativa das
intervencións nas clase e na AV entran en xogo múltiples factores de gran complexidade,
maximamente agudizada no caso da filosofía.
Exames non presenciais: Para o alumnado con “asistencia regular” os exames serán sempre “non
presenciais: Ao respecto cómpre deixar claro:
Trátase de exames, non de “traballos”. No seu momento daranse pautas de realización que convén
seguir rigorosamente. Propoñerase unha ou varias cuestións relativas aos temas e problemas tratados
no curso e que han de ser respondidas sobre a base dos textos e as liñas marcadas no curso. Isto non
significa que cada quen non poida orientar a súa exposición da maneira que mellor se acomode á súa
comprensión. O que nunca debe facer é reformular –implícita ou explicitamente– a cuestión temática
proposta. Calquera dúbida ao respecto ha de ser resolta previamente co profesor. Pódese dar –e tense
dado– o caso dun “exame” aparentemente brillante que, porén, obteña unha cualificación baixa, moi
baixa ou mesmo ningunha, pola sinxela razón de que, aínda no caso de que o dito sexa correcto e
interesante, se desentenda do preguntado.
Por iso cómpre recordar que se trata dun exame e non dun traballo. Un exame que só se diferencia
dos convencionais exames presenciais en que non o é. E non ó é para evitar determinados trazos do
exame presencial que resultan prexudiciais para avaliación nunha materia desta índole. O exame
presencial sirve, no mellor dos casos, para comprobar “coñecementos”, sobre todo en materias na que
importa moito a memorización de certos contidos. A memoria é sempre importante, pero no noso
caso non sirve para avaliar. O exame presencial propicia unha simplificación escolar dos temas que
é absolutamente incompatible co sentido e obxectivos da materia. No exame “non presencial” prima
a composición, a articulación do tema; e a calidade da articulación correlaciona coa claridade
conceptual e a capacidade expositiva. Se trata de saber ata que punto cada alumno/a comprende os
problemas; e para iso non serve de nada saber o que non sabe; só importa saber como sabe o que sabe.
Os/as alumnos/as con asistencia regular teñen que facer unha proba presencial de control; está, sen
embargo, só servirá para interpretar mellor o exame presencial, cuxa avaliación poderá tamén nesetir
algunha entrevista para aclarar aspectos eventualmente escuros.
Tal e como está fixado oficialmente haberá un exame final. Este servirá para:
1º) Avaliación do alumnado que non fora cualificado pola avaliación continua.
2º) Mellora de cualificacións.
3º) Realización de probas de control.
Os temas do exame final serán comunicados a través da AV o día que remate o período lectivo.
Os/as alumnos/as de “avaliación continua” que non teñan acadado a suficiencia Terán que reelaborar
as mesmas cuestións para a convocatoria da segunda oportunidade.
Os alumnos/as que tendo acadado a suficiencia desexen mellorar nota na segunda oportunidade deben
solicitar por correo electrónico a renuncia á cualificación o desexo de figurar nas actas da 1ª
oportunidade como “non presentados”.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os