PROGRAMA DE ESTUDO EFICAZ Esquemas de Coñecemento do medio Os contidos imprescindibles da Primaria resumidos en 30 esquemas Ficha 1 Os seres vivos 2 Ficha 2 Os animais invertebrados 4 Ficha 3 Os animais vertebrados 6 Ficha 4 As plantas 8 Ficha 5 Os ecosistemas 10 Ficha 6 Función de relación: o sistema nervioso 12 Ficha 7 Función de relación: os sentidos 14 Ficha 8 Función de relación: o aparello locomotor 16 Ficha 9 Función de relación: a coordinación interna 18 Ficha 10 Función de nutrición A dieta 20 Ficha 11 Función de nutrición: o proceso dixestivo e a respiración 22 Ficha 12 Función de nutrición: a circulación e a excreción 24 Ficha 13 Función de reprodución 26 Ficha 14 A materia 28 Ficha 15 A enerxía, a luz e o son 30 Ficha 16 A electricidade e o magnetismo 32 Ficha 17 As forzas e as máquinas 34 Ficha 18 A Terra e o universo 36 Ficha 19 Capas da Terra 38 Ficha 20 Xeografía: paisaxe, relevo e clima 40 Ficha 21 Xeografía física de España 42 Ficha 22 Xeografía humana e económica 44 Ficha 23 Xeografía política de España 46 Ficha 24 Xeografía de Europa 48 Ficha 25 A Prehistoria na península Ibérica 50 Ficha 26 A Idade Antiga na península Ibérica 52 Ficha 27 A Idade Media na península Ibérica 54 Ficha 28 A Idade Moderna en España 56 Ficha 29 A Idade Contemporánea en España (século XIX) 60 Ficha 30 A Idade Contemporánea en España (século XX) 62 PRIMARIA Recursos para o profesorado
64
Embed
Esquemas de PRIMARIA Coñecemento do medio · 1 PROGRAMA DE ESTUDO EFICAZ Esquemas de Coñecemento do medio Os contidos imprescindibles da Primaria resumidos en 30 esquemas Ficha
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
1
PROGRAMA DE ESTUDO EFICAZ
Esquemas de Coñecemento do medioOs contidos imprescindibles da Primaria resumidos en 30 esquemas
Células: parte máis pequena dun ser vivo. Forman tecidos.Tecidos: agrupación de células que realizan a mesma función. Forman órganos.Órganos: grupos de tecidos que traballan conxuntamente realizando a mesma función. Forman sistemas.Sistemas: grupos de órganos que realizan a mesma función. Forman aparellos.Aparellos: sistemas e órganos que realizan a mesma función. Forman un organismo.Organismo: ser vivo completo formado por aparellos e sistemas.
Seres inertes (non vivos): non realizan funcións vitais. Son…
Forman parte da función de relación. Os sentidos fan posible o contacto dos seres humanos co mundo exterior: reciben informacións e estímulos do exterior (sons, olores…); transforman os estímulos en sinais eléctricos; pasan eses sinais ao sistema nervioso.
Órganos: os ollos, que teñen varias partes
Exterior
Interior
Funcionamento: a luz entra pola pupila, atravesa a córnea e chega á retina. A través do nervio óptico, envíase información ao cerebro.
Función: captar a luz para percibir as cores, as formas e o tamaño das cousas, e a distancia á que se encontran.
Olfacto
Función: captar os olores.
Órgano: o nariz, concretamente a pituitaria amarela, que está no seu interior.
Funcionamento: o aroma que está no aire entra polo nariz e chega á pituitaria, que a través do nervio olfactivo envía a información ao cerebro.
Gusto
Función: detectar o sabor dos alimentos.
Órgano: a lingua, concretamente as papilas gustativas, que informan dos sabores (doce, salgado, ácido, amargo, umami).
Funcionamento: as papilas gustativas recollen as sensacións dos sabores e envían os datos ao cerebro.
Funcionamento: as terminancións nerviosas da derme captan os estímulos do exterior e envían información ao cerebro polos nervios táctiles.
Epiderme, a máis externa.
Derme, no interior, onde se encontran as terminacións nerviosas.Órgano: a pel, coas dúas capas
Función: recibir sensacións das cousas que tocamos, como a temperatura, a dor, a presión...
Funcionamento: os sons entran polo conduto auditivo e chegan ao tímpano, que vibra. A vibración transmítese ata o caracol, desde onde o nervio auditivo transmite información ao cerebro.
Función: captar os sons, distinguilos e saber de onde proceden.
Protexer os órganos máis delicados. Por exemplo, o corazón, os pulmóns…
Facilitar o movemento.
Ósos do cranio: protexen o cerebro.
Ósos da cara: fixos e móbiles. Por exemplo, a mandíbula.
Articulacións(unións entre ósos)
Cartílagos: órganos brandos e flexibles. Por exemplo, as orellas.
Ósos
Cabeza
Fixas. Por exemplo, as do cranio.
Móbiles. Por exemplo, o xeonllo.
Semimóbiles. Por exemplo, as das vértebras.
Extremidades: ósos dos brazos e das pernas.
Sistema esquelético (óseo)
Funcións
Está formado polos músculos, que son órganos brandos e elásticos que poden contraerse ou relaxarse e recuperar despois a súa forma e tamaño orixinais. Únense aos ósos mediante tendóns.
Elementos
Facilitar o movemento das distintas partes do corpo.
Larinxe e farinxe: por onde pasa o aire antes de chegar á traquea.
Traquea: conduto desde o cal pasa o aire aos pulmóns.
Bronquios: son dúas ramificacións da traquea que entran nos pulmóns.
Bronquíolos: son uns tubos finos nos que se ramifican os bronquios.
Alveólos pulmonares: saquiños cheos de aire que saen dos bronquíolos.
Pulmóns: órganos esponxosos que se encontran na caixa torácica.
O aire entra polas fosas nasais.
Pasa pola larinxe, a farinxe e a traquea e chega aos bronquios e bronquíolos.
Desde os bronquíolos chega aos alvéolos pulmonares.
Nos alvéolos o osíxeno pasa ao sangue e este libera o dióxido de carbono.
O aire pobre en osíxeno e rico en dióxido de carbono expúlsase ao exterior.
Ocorren porque a caixa torácica se dilata e se contrae.
Proceso
Movementos respiratorios
A respiración consiste na entrada e saída do aire do noso corpo para obter osíxeno e expulsar dióxido de carbono. Esta función realízaa o aparello respiratorio.
Inspiración
Os pulmóns énchense de aire.
Prodúcese a entrada de aire polas vías respiratorias ata os alvéolos pulmonares.
O aire sae dos pulmóns.
O aire é obrigado a saír dos pulmóns e percorrer as vías respiratorias ata chegar ao exterior.
Función de nutrición: a circulación e a excreción12
Elementos do aparello circulatorio
A circulación
Corazón: órgano que bombea o sangue continuamente. Ten catro cavidades: dúas aurículas e dous ventrículos.
Arterias: levan o sangue desde o corazón ata os órganos do corpo.
Veas: levan o sangue desde os órganos do corpo ao corazón.
Capilares sanguíneos: comunican as arterias e as veas.
Sangue
Vasos sanguíneos
Compoñentes
O plasma: parte líquida do sangue.
Células sanguíneas
Glóbulos vermellos: transportan osíxeno.
Glóbulos brancos: deféndennos de infeccións.
Plaquetas: ocúpanse da coagulación.
A circulación é o traslado do sangue polo aparello circulatorio para transportar substancias nutritivas, osíxeno e substancias de refugo. Realízaa o aparello circulatorio.
O sangue nunca sae do aparello circulatorio.
Circulación pulmonar: percorrido do sangue entre o corazón e os pulmóns para recoller osíxeno e liberar dióxido de carbono.
Circulación xeral: percorrido do sangue por todo o corpo, excepto os pulmóns, para repartir nutrientes e osíxeno, e recoller substancias de refugo.
Ovarios: onde se producen os óvulos (células reprodutoras).
Trompas de Falopio: comunican os ovarios co útero.
Útero: cavidade onde se desenvolve o meniño durante o embarazo.
Vaxina: órgano que comunica o útero co exterior.
Testículos: é onde se producen os espermatozoides (células reprodutoras).
Condutos deferentes: conducen os espermatozoides ata a uretra.
Uretra: conduce os espermatozoides ao exterior.
Vesículas seminais e próstata: fabrican o líquido que serve de vehículo e de alimento aos espermatozoides.
Pene: polo seu nterior discorre a uretra. Encárgase de expulsar os espermatozoides.
Escroto: bolsa de pel que protexe os testículos.
Órganos xenitais externos: Vulva.
Órganos xenitais externos
A función de reprodución permítelles aos seres humanos ter descendentes. A reprodución humana é sexual porque nela as células sexuais de dous individuos de distinto sexo (macho e femia) se unen para formar un novo individuo. Os aparellos reprodutores da muller e do home permiten que isto sexa posible.
Substancias puras: formadas por un só tipo de materia (ouro, ferro…).
Mesturas: formadas por varias substancias puras.
Heteroxéneas: poden distinguirse os seus compoñentes. Por exemplo, unha ensalada.
Homoxéneas: non se distinguen os seus compoñentes; disolucións coma a auga do mar.
Propiedades da materia
Todos os corpos do Universo están formados por materia (o sol, as plantas, nós mesmos…). A materia está composta por átomos: partículas diminutas, invisibles (pódense ver a través dun microscopio electrónico).
Contén o osíxeno necesario para a respiración dos seres vivos.
Conserva a calor da Terra.
Filtra os raios solares e protexe a Terra.
Nela prodúcense fenómenos atmosféricos
Precipitacións.
Vento.
Tormentas.
Está formada por capas
Troposfera: capa baixa onde se desenvolve a vida.
Estratosfera: nela encóntrase a capa de ozono.
Outras capas máis externas.
Xeosfera
É a parte sólida da Terra
Capas que a forman
Parte está baixo os océanos formando os fondos mariños.
Parte emerxe e forma os continentes e as illas.
Codia: capa máis externa. Está composta por materiais sólidos e é máis grosa nos continentes que baixo os océanos.
Manto: é a capa intermedia. A súa temperatura é máis elevada ca a da codia. Nalgunhas zonas do manto encóntranse rochas fundidas, que reciben o nome de magma.
Núcleo: é a capa máis interna. Componse de ferro e doutros metais. Ten unha temperatura moi elevada. Divídese en dúas partes: o núcleo externo e o núcleo interno.
É o conxunto das augas do planeta (nos tres estados). Ocupa as ¾ partes da superficie terrestre.
Diferéncianse dous grupos
Augas continentais
Os ríos: cursos continuos de auga.Os lagos: extensións de auga rodeados de terra.Os glaciares: masa de auga conxelada en lento movemento.Augas subterráneas: filtracións das augas superficiais.
Supoñen o 94 % da auga da Terra.
A auga está en continuo movemento
Ondas: ondulacións da superficie do mar causada polo vento.Correntes: movementos de grandes masas de auga que flúen en determinada dirección.Mareas: subidas e baixadas do nivel do mar producidas pola atracción entre o Sol, a Lúa e a Terra.
Océanos e mares
Ciclo da auga: comprende os cambios de estado e de posición que experimenta a auga na Terra.
A Xeografía céntrase na descrición da Terra no seu aspecto físico e como lugar habitado polas persoas e os demais seres vivos.
É o aspecto que ten unha zona da superficie da Terra. Está determinado polas formas do relevo e do clima.
Está constituído polas distintas elevacións e depresións existentes na superficie da Terra.
A altitude é a altura dun punto da superficie da Terra con relación ao nivel do mar.
Pode modificarse debido a
Hai grandes diferenzas entre as zonas de interior e as zonas costeiras.
Relevo terrestre
Montañas e serras (conxunto de montañas).Cordilleiras e sistemas montañosos: conxunto de serras.Chairas: superficies de terreo chan.Mesetas: superficies case planas e altas.Vales: chairas entre montañas polas que discorre un río.Depresións: extensións máis baixas ca as terras de arredor.
Cabo: saínte de terra que penetra no mar.Golfo: entrante de mar na terra.Península: porción de terra rodeada de auga por todas as partes menos unha.Illa: porción de terra rodeada de auga por todas as partes.Arquipélago: conxunto de illas.Cantil: costa montañosa e alta que cae ao mar verticalmente.Praia: zona de costa chá formada por area ou pedras.Ría: entrada da auga do mar na desembocadura dun río.Marisma: terreo pantanoso que se forma na desembocadura dun río.Delta: terreo de forma triangular que se forma na desembocadura dos ríos pola acumulación de terra.
Relevo costeiro
Causas naturais
Acción dos seres humanos
Os pasos dunha estación a outra.
A acción do vento e da chuvia.
As catástrofes naturais.
A construción de estradas, pontes e outras obras públicas.
Cantábrica: desde a fronteira con Francia ata a punta da Estaca de Bares. É unha costa alta e rochosa.
Mediterránea: desde o estreito Xibraltar ata o límite de Xirona con Francia. É unha costa longa, formada por praias baixas e areentas que alternan con zonas de costa acantilada.
Vertente cantábrica: son ríos curtos, de réxime regular e gran caudal. Por exemplo, Bidasoa, Navia, Nalón, Nervión, Besaya, Eo.
Oceánico ou atlántico
Dáse nas Comunidades do norte da Península.
As temperaturas son suaves todo o ano e as precipitacións son abundantes.
Dáse nas illas Canarias.
As temperaturas son suaves todo o ano e as precipitacións escasas.
Dáse nas zonas de alta montaña.
As temperaturas no inverno son moi baixas e no verán son frescas.
As precipitacións son abundantes e no inverno caen en forma de neve.
Mediterráneo
Subtropical
De montaña
Vertente atlántica: son ríos caudalosos e de réxime regular
Vertente mediterránea: excepto o Ebro, son ríos curtos, de escaso caudal e réxime irregular. Por exemplo, Turia, Xúquer, Segura, Llobregat.
Costa galega: desde a punta da Estaca de Bares á desembocadura do río Miño. É unha costa alta, rochosa e recortada.
Costa andaluza: desde Portugal ao estreito de Xibraltar. É unha costa baixa e areenta con amplas praias.
Costa canaria: costas altas e acantiladas nas illas do oeste e costas baixas nas illas do leste.
Poboación absoluta: é o número de habitantes dun territorio.
Densidade de poboación: é a relación existente entre a poboación dun lugar e a superficie do territorio en que vive. Obtense dividindo a poboación absoluta dun lugar entre a superficie do territorio en que vive.
Censo: serve para coñecer o número de habitantes dun país. Realízase cada dez anos e nel recóllense datos como a idade, o sexo, o lugar de nacemento, etc.
Padrón: permite coñecer o número de habitantes que hai nun municipio. Realízase cada ano.
Natalidade: é o número de nacementos que se producen nun lugar nun período de tempo.
Mortalidade: é o número de falecementos que se producen nun lugar nun período de tempo.
Esperanza de vida: é o tempo medio estimado de vida que ten un individuo ao nacer.
Emigración: é a saída de persoas desde un lugar para establecerse noutro.
Inmigración: é o establecemento de persoas nun lugar distinto do que proceden.
Crecemento natural: é a diferenza entre os habitantes que nacen e os que morren nun lugar durante un ano.
Crecemento migratorio: é a diferenza entre os inmigrantes que chegan e os emigrantes que marchen dun lugar durante un ano.
Poboación absoluta: Algo máis de 46 millóns de habitantes.
Densidade de poboación: 91 habitantes/km2.
Esperanza de vida: 83,7 anos en mulleres e 77,2 anos en homes.
A poboación crece como consecuencia do crecemento natural positivo e da inmigración.
A poboación distribúese de forma desigual, a maior parte concéntrase nas cidades e na costa, co que quedaron despoboadas as zonas rurais do interior.
A poboación envellece cada vez máis, é dicir, aumenta o número de persoas maiores.
Lagos: son moi numerosos en todo o continente. Por exemplo, Ladoga e Onega.
Climas
MediterráneoPropio do sur de Europa.Invernos suaves e veráns calorosos.Precipitacións escasas e irregulares.
ContinentalPropio do centro e do leste de Europa.Invernos fríos e veráns calorosos.Precipitacións escasas. No inverno, poden caer en forma de neve.
Oceánico ou atlántico
Propio do oeste de Europa.Invernos e veráns suaves.Precipitacións abundantes todo o ano.
Relevo
Chaira CentralNo centro e oeste do continente.
Hai macizos de escasa altitude nalgunhas zonas. Por exemplo, o Macizo Central francés.
Sistemas montañosos
No sur, bordean o mar Mediterráneo e teñen montañas elevadas. Por exemplo, os Alpes.
No norte, teñen montañas máis baixas. Por exemplo, os Montes Escandinavos.
Relevo costeiro
Penínsulas. Por exemplo, Escandinava, Xutlandia, Ibérica, Itálica e Balcánica.
Golfos. Por exemplo, de Biscaia, Xénova, Finlandia e Botnia.
Cabos. Por exemplo, Fisterra, Norte, Matapán.
Estreitos. Por exemplo, de Xibraltar, Bósforo, Canal da Mancha.
Illas. Por exemplo, Islandia, Gran Bretaña, Irlanda, Malta, Chipre.
Ríos
Vertente ártica: os ríos teñen abundante caudal, pero permanecen conxelados durante o inverno. Por exemplo, Dvina Septentrional e Pechora.Vertente atlántica: os ríos son moi caudalosos. Por exemplo, Dvina Occidental, Vístula, Oder, Elba, Reno, Sena, Loira, Texo.Vertente mediterránea: os ríos son irregulares e de escaso caudal. Por exemplo, Ebro, Ródano, Po.Vertente do mar Caspio: os ríos son largos. Por exemplo, Volga, Ural.Vertente do mar Negro: os ríos son moi longos. Por exemplo, Don, Dniéper, Dníester, Danubio.
A Idade Antiga na Península Ibérica26Época da Historia que comeza coa aparición da escritura e termina, na Península Ibérica, coa fundación do reino visigodo no século V d. de C.
Iberos
Habitaban no sur e no leste da Península.
Organizábanse en tribos gobernadas por un rei.
Vivían en poboados elevados e amurallados.
A maioría eran agricultores, gandeiros e artesáns.
Comerciaban cos fenicios e cos gregos, e utilizaban a súa propia moeda.
Celtas
Habitaban na Meseta e na costa atlántica da Península.
Organizábanse en tribos.
A maioría dedicábase á gandaría.
Eran expertos ourives.
Tartessos
Reino que existiu no val do Guadalquivir.
Eran expertos ourives, pois o seu territorio era rico en metais (ouro, prata e cobre).
Comerciaron cos fenicios, primeiro, e cos gregos, despois.
Pobos prerromanos (desde o ano 1000 a. C. aproximadamente ata o ano 218 a. C.)
Pobos colonizadores
FeniciosProcedían de Asia.
Fundaron colonias na costa andaluza da Península, como Gadir.
Gregos Procedían de Grecia.
Fundaron colonias na costa mediterránea, como Emporion.
Cartaxineses
Procedían do norte de África.
Fundaron colonias nas illas Baleares e no leste da Península, como Cartago Nova.
Loitaron contra os romanos polo control da Península, pero foron derrotados.
O reino de Portugal independizouse do reino de León.Os condados cataláns e o reino de Aragón uníronse creando a Coroa de Aragón (1137).Os cristiáns venceron aos musulmáns na batalla das Navas de Tolosa (1212).Os reinos de León e de Castela uníronse formando a Coroa de Castela (1230).
Os Reis Católicos
Uniron as Coroas de Castela e de Aragón (1479).Conquistaron o reino de Granada (1492).
Formación (séculos VIII ao X)
Na zona cantábrica
Nos Pireneos
Os cristiáns do norte peninsular ofrecen forte resistencia aos musulmáns e organízanse arredor de Pelaio. Pelaio venceu aos musulmáns na batalla de Covadonga (722): xorde o reino de Asturias.Do reino de Asturias xurdiron máis tarde o reino de León (910) e o reino de Castela (951).
O reino de Navarra.Os condados cataláns.Os condadados aragoneses, que máis tarde deron lugar ao reino de Aragón.
Sociedade
Privilexiados
Non privilexiados
Os cabaleiros ou nobres encargábanse de defender á poboación. O clero dedicábase á oración e á cultura.
Os campesiños eran o grupo máis numeroso, e vivían nas aldeas.Os artesáns vivían nas cidades.Os comerciantes vivían nas cidades.
Arte e cultura
Creáronse as universidades, como a de Palencia e a de Salamanca.
Estilo románico (séculos XI a XIII)
Estilo gótico (séculos XIII a XV)
Edificios con muros moi grosos.Poucas fiestras e pequenas: o interior é escuro.Arcos de media circunferencia.
Edificios con muros esveltos.Grandes fiestras decoradas con vidreiras.Arcos apuntados.
Gobernan conxuntamente as Coroas de Aragón e de Castela, pero cada unha ten as súas leis e institucións.
Financiaron a expedición de Cristovo Colón (1492), que rematou co descubrimento de América.
Organización do imperio
Rei: dirixe o goberno, declara a guerra e a paz, organiza as institucións, establece impostos.
Cada territorio mantivo as súas propias leis e as súas institucións.
Problemas externos
Enfrontamento con Francia, que pretendía a hexemonía en Europa.
Enfrontamento cos turcos, que querían controlar o comercio no Mediterráneo.
Enfrontamento de Carlos I cos luteranos, que non aceptaban a autoridade do papa.
España converteuse nun grande imperio con territorios por todo o mundo
España. Países Baixos. Gran parte de Italia. Territorios no centro de Europa. Colonias americanas. Posesións en África e Asia. Portugal (desde 1580 ata 1640).
Ampliaron os territorios
Conquistaron o reino de Granada (1492).Concluíron a conquista de Canarias.Incorporaron á Coroa de Aragón o reino de Nápoles.Conquistaron pequenos territorios no norte de África.A Coroa de Aragón anexionou o reino de Navarra (1512).
Problemas internos
Revolta das Comunidades de Castela (1520).
Revoltas dos campesiños e dos artesáns de Valencia e Baleares.
Empobrecemento da poboación por Os gastos inmensos para pagar as guerras. O aumento dos prezos. A diminución de ouro e prata americanos.
Enfrontamento cos Países Baixos
Subleváronse contra o dominio español en 1566.As provincias do norte declaráronse independentes, pero o rei non o aceptou.Inglaterra apoiou os rebeldes sublevados: venceu á Armada Invencible española en 1588.
Século XVIII Filipe V Fernando VI Carlos III Carlos IV
Independencia de Portugal (1640).
Independencia dos Países Baixos (1648).
Perda de territorios no centro de Europa (1648).
O imperio español fragmentouse
Organización do imperio: os reis deixaron o goberno nas mans dos validos.
Problemas exteriores: continuou o enfrontamento cos Países Baixos; tras a tregua dos Doce Anos (1609-1621) volveu comezar a guerra, que finalizou coa independencia dos Países Baixos en 1648.
Establécese a monarquía absoluta.
Os Decretos de Nova Planta abolen os foros e as institucións de Cataluña, Aragón, Valencia e Mallorca.
Organización do imperio
Enfrontamento con Gran Bretaña e Portugal, que queren participar no comercio das colonias americanas.
Empobrecemento da poboación polo aumento dos gastos das guerras e polo aumento dos impostos.
Protestas populares, como o Motín de Aranjuez (1808).
Principais problemas
Guerra de Sucesión (1700-1713)
Guerra internacional
Francia apoiou a Filipe de Anjou.
Austria apoiou o candidato alemán.
Guerra Civil
Castela apoiou a Filipe de Anjou, que será o vencedor e reinará co nome de Filipe V, que dará inicio á dinastía dos Borbóns.
Aragón apoiou o candidato alemán.
Administrativas: aparecen os secretarios de Estado.
Económicas: créanse as manufacturas reais e as compañías comerciais.
Obras públicas: constrúense estradas e canles.
Empréndense reformas
Problemas internos
Empobrecemento da poboación.
Problemas sucesorios tras a morte de Carlos II, o que deu lugar á guerra de Sucesión.
Revoltas de 1640 Cataluña. Portugal: independizouse de España. Italia.
166157 _ 0001-0064.indd 57 17/2/09 08:58:14
58
Sociedade
Arte e cultura
Organízase en
É pouco tolerante
Arte
Literatura
Ciencia: no século XVIII creáronse moitas institucións científicas: academias, sociedades económicas, museos, observatorios, xardíns botánicos… Por exemplo, o Museo do Prado.
O período que vai desde a metade do século XVI ata o final do século XVII coñécese como Século de Ouro pola abundancia e óptima calidade das obras de arte e da literatura.
Estilo herreriano (século XVI): austero e con pouca decoración. Por exemplo, o mosteiro de San Lourenzo do Escorial.
Estilo barroco (século XVII): con abundantes liñas curvas e con decoración recargada. Por exemplo, a catedral de Murcia. Estilo neoclásico (século XVIII): imita as construcións romanas. Por exemplo, o Museo do Prado.
Realízanse retablos e figuras relixiosas en madeira policromada, como as obras de Salzillo, Alonso Cano e Gregorio Montañés.
Século XVI: destacou O Greco, que pinta figuras estilizadas. Século XVII: destacou Velázquez, que foi pintor da corte. Século XVIII: destacou Goya.
Privilexiados: nobreza e clero
Expulsión dos xudeus (1492).Expulsión dos mouriscos (1609).
Arquitectura
Escultura
Pintura
Século XVI: destacan escritores relixiosos, como San Juan de la Cruz e Santa Teresa de Jesús; e poetas, como Garcilaso de la Vega. Século XVII: xorden grandes escritores, como Cervantes, Quevedo, Góngora, Lope de Vega e Calderón de la Barca.
Século XVIII: destacaron os ilustrados, como Gaspar Melchor de Jovellanos.
Non privilexiados: xente do común (campesiños e burguesía)
Grandes diferenzas económicas. Propietarios de grandes extensións de terra. Ocupan os cargos políticos. Non pagan impostos
Grandes diferenzas económicas. Non poden acceder ao goberno. Pagan impostos.
Realizou reformas sociais, políticas, económicas e culturais.
Aprobáronse todos os Estatutos de Autonomía e o Estado español quedou organizado en dezasete Comunidades Autónomas e dúas Cidades Autónomas.
España ingresou na Comunidade Económica Europea (1986).
José Luis Rodríguez Zapatero (PSOE) (2004-ata os nosos días)
Iníciase unha época de reformas sociais: igualdade entre homes e mulleres, legalización do matrimonio homosexual, atención ás persoas dependentes…
José María Aznar (PP) (1996-2004)
Logrouse a estabilidade económica de España.
O euro substituíu á peseta (2002).
Transición (1975-1982)
En 1975 foi proclamado rei de España Xoán Carlos I.
Goberno de Adolfo Suárez
Legalizáronse os partidos políticos e os sindicatos.
Tiveron lugar as primeiras eleccións democráticas (1977).
Aprobouse a actual Constitución (1978).
En 1981, produciuse un intento de golpe de Estado, tras a dimisión de Suárez e durante a toma de posesión de Calvo Sotelo.
Houbo graves problemas
Problemas económicos.
Folgas.
Atentados terroristas.
Ditadura (1939-1975) (continuación)
A ditadura terminou en 1975, coa morte de Franco.
Evolución
Ata 1950
Represión moi dura.
España quedou illada internacionalmente.
Empobrecemento da poboación e escaseza de alimentos.
A economía mellorou.
Normalizáronse as relacións internacionais.
Persistía a ausencia de democracia.
A partir de 1950
166157 _ 0001-0064.indd 63 17/2/09 08:58:18
64
Esquemas de Coñecemento do medio é unha obra colectiva concibida, creada e realizada no Departamento de Primaria de Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L., baixo a dirección de Ana María Guerra e José Tomás Henao.
A presente obra está protexida polas leis de dereitos de autor e a súa propiedade intelectual correspóndelle a Obradoiro/Santillana. Aos lexítimos usuarios desta só lles está permitido realizar fotocopias para o seu uso como material de aula. Queda prohibida calquera utilización fóra dos usos permitidos, especialmente aquela que teña fins comerciais.