Top Banner
Serra da Cova da Serpe
22

Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Apr 15, 2017

Download

Education

monadela
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Serra da Cova da Serpe

Page 2: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Espazo de media montaña na Dorsal Galega, que colle sobre todo as abas occidentais da provincia da Coruña (concellos de Aranga, Curtis, Sobrado e Toques, e unha pequena parte na provincia de Lugo (concellos de Guitiriz e Friol). Conecta polo sur co LIC Serra do Careón.Superficie: 4.063,4 ha

Page 3: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

CONCELLOS: Aranga, Curtis, Sobrado e Toques (A Coruña); Guitiriz e Friol (Lugo)

Page 4: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).Pendiente de aprobación.

Page 5: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo de linde entre Guitiriz e Friol (Lugo) e Curtis e Sobrado (A Coruña).Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. Na vertente leste nacen afluentes do Parga e na oeste do Mandeo.

Page 6: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

O monte máis alto é o Pico da Cova, con 841 m.

Vista desde Friol.

Page 7: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Cova da Serpe antes de instalarse o parque eólico (2006)

Page 8: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas.

Page 9: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Vista desde o Pico da Cova cara a Curtis.

Page 10: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Vista desde o Pico da Cova cara a Guitiriz.

Page 11: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Vista de Corno de Boi desde a Cova da Serpe.

Page 12: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

SERRA DE CORNO DE BOIPequena serra situada entre os concellos de Friol (Lugo) e Toques e Sobrado (A Coruña). Na vertente oeste nace o río Mandeo e na leste afluentes do Narla (Miño).

Page 13: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

O Campelo, cume do Corno de Boi, con 803 m.

Page 14: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Vista desde o cume de Corno de Boi cara a Sobrado.

Page 15: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

FLORA:A maioría do terreo está ocupado por mato de xestas, toxos, breixos e fentos con amplas zonas de repoboación con piñeiros e eucaliptos, e prados. Nas partes baixas consérvanse pequenas áreas de carballeiras.

Page 16: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Prados e carballeira nas abas do Cova da Serpe.

Page 17: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Os breixos (Erica cinerea) forman parte das matogueiras que cobren os cumes

Page 18: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Echium plantagineum

Page 19: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Gando no Marco das Pías

FAUNA:O máis destacado son as aves de monte, de bosque ou de matogueira: miñato común, lagarteiro, azor, papuxas, lavercas, cotovías...

Page 20: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Pyronia cecilia, unha bolboreta común nos lindeiros dos camiños.

Page 21: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Papuxa das amorias (Sylvia atricapilla), un paxaro típico das matogueiras.

Page 22: Espazo natural Serra da Cova da Serpe

Montaxe e fotos: Adela Leiro e Mon Daporta (xullo 2012).