- 175 - A escavación arqueolóxica do xacemento de O Fuxiño formulouse como medida correctora trala localización do mesmo durante as tarefas de control e seguimento arqueo- lóxico da construción da Autoestrada (AG-53) Santiago-Ouren- se. Subtreito: enlace de Dozón-enlace de Cea, Fracción II. Dita actuación foi autorizada o 15 de febreiro de 2006, con prórroga de ampliación do 11 de abril de 2006. Os traballos desenvolvéronse do 1 de marzo ó 2 de xuño de 2006. O xacemento localízase na parte media dunha suave ladei- ra dun esporón con dirección NNE-SSW cerca do regato Asneiros (90m) que o percorre pola súa marxe E. e S. no lugar de O Fuxiño na parroquia de Santiago de Torrezuela, Conce- llo de Piñor, Ourense. As súas coordenadas UTM son: X: 580.915, Y: 4.709.315, Z: 635-615 m.s.n.m. Escavación arqueolóxica en O Fuxiño, Piñor (Ourense) MIGUEL A. VIDAL LOJO CD 102A 2006/092-0 II. ACTUACIÓNS ARQUEOLÓXICAS PREVENTIVAS · 2. MEDIO RURAL Os traballos arqueolóxicos iniciáronse cunha fase previa de sondaxes avaliativas que xa presumían a existencia dun xacemento habitacional de envergadura. Nesta fase escavá- ronse 25 sondaxes de 5x5m e unha de 10x10m, para un total de 725m2. A partir deste momento e tralo positivo dos resul- tados ampliouse a área de intervención quedando a zona circunscrita a unha trama base de 130 m no eixo N-S e 70 m no eixo E-W, é dicir 9.100m2 divididos convencionalmente en 5 sectores. A grande superficie escavada foi posible grazas á axuda puntual no sector 2 dunha roza mecánica controlada que eliminou de maneira áxil o horizonte A. A escavación sistemática do sitio executouse seguindo unha estratexia de open area adoptando os principios de Matrix Harris. As medicións realizáronse con estación total. Ademais do rexistro fotográfico e videográfico, utilizouse a fotografía ortogonal como unha ferramenta de traballo que permite unha documentación precisa da escavación así como a articulación de planimetrías fotográficas en arquivos dixitais. RESULTADOS Os resultados preliminares amosan un xacemento excep- cional cunha tipoloxía i estructuras que indican un uso do- méstico do espazo con delimitacións de diferentes áreas de actividade (habitación, almacenaxe, limitación) e que se pode encadrar cronoculturalmente, de forma provisional (á espera de resultados analíticos e radiométricos), na Prehistoria Re- cente no intervalo Neolítico Final - Bronce Inicial. A nivel de estruturas hai que salientar a documentación dun interesante conxunto de seis fondos de cabana de tres tipoloxías diferentes, dous pequenos silos globulares, nume- rosas fosas, buracos de poste, seis estruturas de combustión, dúas gabias lineais tipo estacada, así coma dúas pequenas gabias de cimentación circulares interpretadas coma estrutu- ras aéreas de almacenaxe. Cunha única excepción, non hai unha superposición de estruturas no hábitat, esto non presu- pón unha sincronía para todo o xacemento intervido, de feito parece albiscar nesta primeira aproximación, polo menos dúas áreas de desenrolo diferenciadas, reflectindo momentos de ocupación diacrónicos que se desenvolveron nun lapsus tem- poral o suficientemente amplo como para configurar o hábi- tat existente, dentro moi posiblemente dun proceso acumula- tivo de ocupación semipermanente. Á área localizada ao S (sector 1 e 2), vincúlanse tres fondos de cabana con material arqueolóxico asociado que nos refire a un Neolítico Final en datas absolutas arredor do 2.500 a.C. Na parte superior negativos da gran cabana oval. En segundo plano, cabana circular no sector 1. Na fotografía inferior pegada da gabia de cimentación dun fondo de cabana circular no sector 4.