Top Banner
Xerardo Agrafoxo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xerardo Agrafoxo, nado en Noia (A Coruña) o 15 de Outubro do ano 1952. É licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria pola universidade de Santiago de Compostela e dedícase á investigación histórica, especialmente sobre a guerra civil en Lousame e Noia. A súa obra mais destacada é Unha viaxe no Ford T, coa cal gañou Premio de Novela García Barros, en 2004. Recentemente acaba de publicar Viaxe á última revolución. lunes 13 de febrero de 2017
9

Entrevista agrafoxo

Jan 22, 2018

Download

Education

Asnosasletras
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Xerardo Agrafoxo, nado en Noia (A Coruña) o 15 de Outubro do ano 1952. É licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria pola universidade de Santiago de Compostela e dedícase á investigación histórica, especialmente sobre a guerra civil en Lousame e Noia. A súa obra mais destacada é Unha viaxe no Ford T, coa cal gañou Premio de Novela García Barros, en 2004. Recentemente acaba de publicar Viaxe á última revolución.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 2: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

1. A maior parte das veces vemos que un autor ou unha autora xa comeza a escribir dende os primeiros anos independentemente da súa profesión, mais no seu caso o primeiro foi honrar a profesión, ou é que xa a arte literaria andaba a ter algo de vida?

Como estudante de Xeografía e Historia na UNED, comecei a investigar sobre temas relacionados coa prehistoria. Daquela, a miña arte literaria estaba oculta.

2. Ah, e por riba os seus ensaios verbo da Barbanza moi especialmente... un é de onde nace, non?

Un é de onde estuda e ten os seus primeiros amigos. A Barbanza foi sempre o meu territorio xeográfico e sentimental. Aquí comezaron as miñas primeiras pescudas históricas.

3. Os seus ensaios verbo da evolución política en Noia e Barbanza van dende a República até a actualidade... unha mostra da evolución histórica personalizada nestes lugares ou aquí a historia tivo algunhas diferenzas?

A historia desta contorna é moi semellante. E moi descoñecida, por culpa da ditadura, ata hai pouco en calquera das súas etapas históricas.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 3: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

4. Por que tivo que pasar medio século de vida até a aparición da súa primeira mostra literaria (O triángulo de Óscar Wilde), cando menos a nivel de publicación?

Tiven a sorte de atopar na miña vida o escritor Antón Riveiro Coello, que me animou a darlles pulo ás miñas inquedanzas literarias.

5. Até que punto a súa especialización como ensaísta histórico vai repercutir na súa obra literaria? É esta a plasmación artística das súas inquedanzas históricas?

Coido que a miña tarefa de investigador sempre estará presente na miña obra literaria.

6. Mais, un ano máis tarde da súa irrupción narrativa chégalle un dos máis importantes premios a nivel narrativo de Galiza, o premio de novela “Manuel García Barros” coa súa obra Unha viaxe no Ford T... Unha sorpresa, unha nova experiencia, ou un novo incentivo artístico?

Todo incluido, e sobre todo un novo compromiso intelectual.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 4: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

7. E na anterior obra vemos o mundo de Ernest Hemingway galeguizado... a súa “Finca Vigía” cubana en Galiza... por que este traslado espacial?Porque visitara Cuba nos anos oitenta e quedara cativado por este país.

8. E por que o personaxe e a personalidade de Ernest Hemingway?

Por una carta que lle remitiu a John dos Passos, coido que Hemingway coñeceu Noia antes da Guerra Civil, onde seguramente tivo algún compromiso, talvez de natureza sentimental.

9. E falando da súa obra narrativa, na súa seguinte novela (O violinista de Mala Strana) outro símbolo literario universal, Antoine de Saint-Exupéry... Igual ca antes, por que este personaxe?

É un home que sempre me interesou, se cadra pola súa misteriosa morte e a súa complexa amante.

Por certo, acabo de visitar en Senegal a cidade de Saint Louis, onde el residiu cando foi aviador da Aeropostale, a primeira empresa que levou o correo de Francia a África.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 5: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

10. Toda a súa actividade tanto ensaística coma narrativa desenvólvese no noso idioma. Xamais pensou en empregar outro idioma ou na tradución como elemento universalizador da súa obra?

Só teño traducida una obra: El triángulo de Óscar Wilde. É un tema que depende máis ben das editoriais. 11. E por seguirmos a preguntar polos protagonistas da súa narrativa, na súa última obra narrativa publicada (A maleta de Victoria Kent) decidiu trocar un personaxe literario polo da histórica republicana Victoria Kent... unha vez máis, por que esta protagonista?

Era o alcume que lle puxeron uns falanxistas de Noia, detidos no depósito municipal na primavera do 36, ao carcereiro da vila.

12. Tivo Vostede un fondo contacto con Cuba dende ben anos atrás, e incluso antes falabamos de Ernest Hemingway, que tamén tivo a este país como referente... Que supuxo para Vostede o contacto con aquela cultura onde a nosa emigración tivo tanta acollida?

Vivir unha dura realidade: a pobreza dun pobo e ver como a mocidade só pensa en marchar.

Xerardo Agrafoxo recibindo o premio de novela Manuel García Barros

lunes 13 de febrero de 2017

Page 6: Entrevista agrafoxo

Xerardo Agrafoxo

13. E recentemente acaba de chegar ás nosas librarías precisamente un ensaio verbo deste país (Viaxe á última revolución). Trátase dun ensaio ou perfectamente podería ser unha novela onde vostede actuase como un narrador e protagonista principal?

Podería ser una novela pola carga literaria das súas páxinas e algunas historias que me contaron que semellan pura ficción.

14. E para rematarmos, que cambios enxergou Vostede entre esta Cuba actual e aquela que coñecera hai anos?

Ningún positivo. A mesma ditadura, a mesma represión.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 7: Entrevista agrafoxo

CUESTIONARIO

lunes 13 de febrero de 2017

Page 8: Entrevista agrafoxo

Taj Mahal

Un monumento

salientábel?

Antón Riveiro Coello.

Laura no deserto.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Un personaxe galego e un estranxeiro?

O protagonista de Seda, de Alexandre

Baricco.

Un personaxe literario co que

se identifique?

A curiosidade.

Cal é a súa fonte de inspiración?

! Pelle, O conquistador

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

“Vodas de sangue”

Thomas Hardy: Lonxe do mundanal ruído.

Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros?

Castelao e Mandela

lunes 13 de febrero de 2017

Page 9: Entrevista agrafoxo

Atravesar o deserto do

Sáhara

Un anceio por realizar?

Urbanita Vs. Deserto.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Etiopía. Asilah (Marrocos)

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A viaxe do capitán Scott

á Antártida.

Un feito histórico?

Sentido común nos

políticos

Unha utopía?

A miña biblioteca.

Un lugar axeitado para a lectura?

Os Beatles. Submarino amarelo

Un tipo de música? Unha

Rosa Aneiros.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Viaxar, canto máis lonxe, mellor.

Outro entretemento ademais da lectura?

lunes 13 de febrero de 2017