Top Banner
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 17 febreiro de 2010 Non me sinto menos galego por non falar galego. Falando cas- telán son tan galego como calquera que fale galego. Un galego non deixa de ser galego por falar inglés ou francés ou moitas máis linguas. Non, é un galego políglota. Pero un galego que falase en Galicia todo o día e con todo o mundo en francés sería estraño. Se un grupo de galegos fa- lase todo o día entre eles e con todo o mundo en francés en Galicia serán un grupo de snobs ou friquis ou modernos ou curiosos ou o que sexa, pero non deixarían de ser galegos. Agora ben, se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízos etc.), pero tampouco respecta a quen o fala, nin defende o uso público do galego, nin defende o xusto equilibrio e normali- zación de usos entre as linguas oficiais, nin quere que os seus fillos falen ben tamén o galego, menospreza a quen usa o galego e non toma partido pola lingua do país desfa- vorecida e asoballada (xustiza, sanidade etc.) segue sendo un galego, pero un galego renegado que padece a síndrome de Michael Jackson, o negro que non quería ser negro, que renegaba dos seus, que quería ser branco e derivou nun triste androide. Do libro 55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA. Dirixido por Xosé -Henrique Costas, Edicións Laiovento Do nº 24 (febreiro-marzo de 2010) da revista de humor RETRANCA
2

En galego, máis e mellor!

Jul 19, 2015

Download

Education

Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: En galego, máis e mellor!

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 17 febreiro de 2010

Non me sinto menos galego por non falar galego. Falando cas-telán son tan galego como calquera que fale galego.

Un galego non deixa de ser galego por falar inglés ou francés ou moitas máis linguas. Non, é un galego políglota. Pero un galego que falase en Galicia todo o día e con todo o mundo en francés sería estraño. Se un grupo de galegos fa-lase todo o día entre eles e con todo o mundo en francés en Galicia serán un grupo de snobs ou friquis ou modernos ou curiosos ou o que sexa, pero non deixarían de ser galegos. Agora ben, se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízos etc.), pero tampouco respecta a quen o fala, nin defende o uso público do galego, nin defende o xusto equilibrio e normali-zación de usos entre as linguas oficiais, nin quere que os seus fillos falen ben tamén o galego, menospreza a quen usa o galego e non toma partido pola lingua do país desfa-vorecida e asoballada (xustiza, sanidade etc.) segue sendo un galego, pero un galego renegado que padece a síndrome de Michael Jackson, o negro que non quería ser negro, que renegaba dos seus, que quería ser branco e derivou nun triste androide.

Do libro 55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA. Dirixido por Xosé -Henrique Costas, Edicións Laiovento

Do nº 24 (febreiro-marzo de 2010) da revista de humor RETRANCA

Page 2: En galego, máis e mellor!

A igrexa de San Domingos é unha gran construción do gótico das ordes mendicantes en Galiza. E os espazos do convento son unha grande oportunidade para facer un museo en Tui.

GRANDE ou GRAN? SANTO ou SAN?

O día de SAN Telmo será unha GRANDE ocasión para pasalo ben. A romaría de SANTO André é unha GRAN festa do verán.

É moi doado saber cando temos que usar unha ou outra opción: Sempre que a palabra que veña a continua-ción comece por vogal hase poñer a forma rematada en vogal, se a palabra seguinte comeza por consoante tense que poñer a forma rematada en consoante.

POST ou POS?

A miña avoa foi á escola canda a POSGUERRA. Matías levou moi ben o POSTOPERATORIO.

Tampouco é difícil saber cando empregar un ou outro; só hai que seguir a seguinte regra:

VOGAL + VOGAL CONSOANTE + CONSOANTE

POS + CONSOANTE POST + VOGAL