www.quepasanacosta.com / [email protected]T. 637 704 893 - Corcubión www.facebook.com/quepasanacosta DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com Quepasanacosta, o diario dixital da Costa da Morte QPC centraliza na rede toda a actualidade social, política, cultural e deportiva da Costa da Morte. QPC é un novo punto de encontro, xerador de opinión, co claro obxectivo de xerar un pensamento de comunidade. Que é Quepasanacosta.com 1. 18 concellos da Costa da Morte: Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas. 2. Unha poboación estimada de 95.000 per- soas que chega ata as 200.000 contando coa diáspora e o fútbol da Costa, que abran- gue dende Laracha ata a Serra de Outes. QPC é unha iniciativa comunicativa que nace do compromiso co territorio da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios e que continúa dende o 2007 vertebrando a bisbarra.
O Dossier do diario dixital da Costa da Morte www.quepasanacosta.com (actualizado en abril de 2015, tras case 8 anos de existencia). Para que vexades a verdadeira incidencia, con datos do señor Google, da rede na Costa.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Quepasanacosta, o diario dixital da Costa da MorteQPC centraliza na rede toda a actualidade social, política, cultural e deportiva da Costa da Morte.
QPC é un novo punto de encontro, xerador de opinión, co claro obxectivo de xerar un pensamento de comunidade.
Que é Quepasanacosta.com
1. 18 concellos da Costa da Morte:Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
2. Unha poboación estimada de 95.000 per-soas que chega ata as 200.000 contando coa diáspora e o fútbol da Costa, que abran-gue dende Laracha ata a Serra de Outes.
QPC é unha iniciativa comunicativa que nace do compromiso co territorio da empresa corcubionesa Galinus, Taller de Novos Medios e que continúa dende o 2007 vertebrando a bisbarra.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Ademais do Equipo QPC hai máis dun centenar de veciños da Costa da Morte que nos achegan información de toda clase (texto e imaxes), tando deportiva, social como festeira. A participación dos veciños da bisbarra aumenta cada día situando QPC como o diario máis vangadista en xornalismo cidadán.
Sen eles sería imposible estar tan preto da nova e, dende logo, este diario non sería posible sen a súa aportación. QPC é Comunidade.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Contidos habituais
CONTIDOS QPC
Quepasanacosta.com informa diariamente de toda actualidade que ocorre na bisbarra. A nosa media de publicación é de 15 novas ao día, que abran-guen a actualidade política, social, empresarial, cultural, patrimonial, festeira e deportiva da bisbarra.
ACTUALIDADE: Boa parte dos contidos son os que atinxen aos 15 concellos da Costa tanto en materia política, social como cultural. Un dos temas que máis seguimento merece é a defensa do patrimonio natural, un dos meiran-des tesouros da nosa terra. Concello a concello coñecemos a realidade das entidades sociais, visitando as actividades que organizan asociacións ou concellos.Ademais, a sección de Bisbarra inclúe as novas que abranguen a máis dun concello e son, habitualmente das máis importantes para o desenvolvemento socio-económico da bisbarra.
CULTURA E FESTAS: O diario informa diariamente de toda clase de eventos culturais que suceden no noso territorio. As festas son citas ineludibles para a bisbarra e QPC está alí para contalas. Tamén participa en foros de debate, representación teatrais, exhibicións de artesanía, de gastronomía, exhibicións poéticas ou concertos musicais.
DEPORTES: QPC xa é a referencia do Fútbol da Costa. O noso seguimento das Ligas da Costa, así como as ligas de fútbol base e do fútbol sala da zona, convírtenos no punto de encontro de todos os amantes do deporte rei. Ademais facemos un completo seguimento de outros deportes como pira-güismo, vela, remo, baloncesto, balonmán, hoquei, atletismo, voleibol e xo-gos tradicionais.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Horarios de autobusesUn dos proxectos máis comprometidos socialmente é o que facilita información sobre os Horarios de autobuses da Costa da Morte.
O diario é a día de hoxe o único espazo (non só dixital) onde se poden atopar os horarios integrados das 3 empresas concesionarias do servizo de transporte colectivo que operan na bisbarra.
Ademais, temos creado un cartel integrando os horarios, que foi distribuido a entidades sociais, establecimentos hosteleiros e concellos de toda a bisbarra co único obxectivo de manter informados aos veciños e aos visitantes.
SalvacadelosIniciativa artellada entre QPC e a Clínica Veterinaria Argos de Cee que procura que non haia un só can abandonado na Costa da Morte.
Xa son 4 anos nos que o portal serve de escaparate para que veciños da bisbarra coñezan dende as súas casas os animais que poden acoller nas súas familias.
Máis de 3.000 persoas crean unha comunidade salvadora a través do Facebook de Salvalcadelos e máis de 350 cans e gatos atoparon familia.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Recunchos da Costa Xa son máis de 150 os Recunchos da Costa descubertos polo diario. Trátase dunha sección que existe dende o 2008 en QPC, onde cada semana visitamos un deses lugares, máis ou menos coñecidos, que merece a pena visitar pola súa riqueza paisaxística, natural, cultural ou etnográfica.
O novo blog www.recunchosdacosta.com conta cun novo deseño, un sistema de Xeolocalización GIS, e unha nova estrutura con identidade propia que se poderá extender non só aos lectores diarios de QPC senón a todos os visitantes que se acheguen pola Costa da Morte.
SERVIZOS QPC
QPC MOTOR
Todo en www.quepasanacosta.com/motor
DEPORTES QPC
Espazo especializado e único para os amantes do Motor na Costa da Morte. O Rali Galego, a Fórmula 1, novidades en maquinaria agrícola, Autocross...
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Gran aposta polo Fútbol da Costa
QPC é a maior referencia para o fútbol da Costa. Resultados ao momento, clasificacións actualizadas, crónicas completas de todas as Ligas da Costa, entrevistas... QPC ten o meirande seguemento do fútbol da Costa.
A última aposta é a web de resltados e clasificacións: www.futboldacosta.com e www.copadacosta.com
Ademais, nos últimos anos facemos un carrusel tecnolóxico en directo, cos goles en tempo real a través da APP “Fútbol da Costa”.
Futboldacosta.com
Dende 2014 organizamos a Gala con entrega de Premios do Fútbol da Costa - QPC, e un partido solidario entre a Selección da Costa e un combinado de categoría como o Fabril, ou o Coruxo.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Que pasou na Costa
Esta iniciativa histórica, desenvolta ca web www.corcubion.com, serviu para que os internautas elexiran aos persoeiros máis senlleiros da historia da Costa da Morte. Un xeito distinto de coñecer a nosa historia a través dos seus nomes máis importantes.A través da web www.eleccionhistorica.com, os internautas escolleron os persoeiros máis singulares de cada concello.
Elección Histórica da Costa da Morte
HISTORIA QPC
Da man do historiador ceense Víctor Castiñeira, realizamos un completo re-paso á Historia da Costa da Morte.
Máis de 100 artigos que comezan no Megalistismo e abranguen ata a Época Contemporánea.
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Tesouros da FundaciónSeguindo co programa de dixitalización de contidos, e coa colaboración do Secretario da Fundación Fernando Blanco de Lema e Coordinador do Museo, Darío Areas, o diario inclúe unha sección semanal onde se repasan pezas hstóricas da Fundación. Cada semana publícase a fotografía e descrición dunha peza da colección cunha completa descripción con fotografías.
HISTORIA QPC
A cara máis íntima do Naufraxio
Unha ollada diferente do Naufraxio da man do fisterrán Xusto Gómez e do muradán Manuel M. Caamaño.
A influencia do mar nesta bisbarra é innegable, e a dixitalización de contidos que teñan que ver coa mar é importante.
A Guerra da IndependenciaDa man do corcubionés Alejandro Lamas realizamos unha completa viaxe ata 1809 para conmemorar o Bicentario da Guerra da Independencia.
A serie está forma por 13 capítulos, baixo o título "Corcubión e a súa Xuris-dición na Guerra da Independencia".
DIARIO DIXITAL DA COSTA DA MORTE / www.quepasanacosta.com
Facebook
QPC aproveita unha das grandes ferramentas da internet como son as redes sociais. Na nosa páxina de Facebook xa contamos con máis de 11.000 siareiros. O espazo serve de referencia informativa nas redes sociais e a tempo real, cun alcance que supera as 40.000 persoas ao mes.
Twitter
Autobuses, Salvacadelos e Recunchos no Facebook
Ademais QPC aproveita a rede máis instaurada na bisbarra para promocionar as nosas iniciativas particulares. Cos Autobuses Costa da Morte facemos chegar os horarios a máis e máis xente.A presencia de Salvalcadelos fai que os animais que busquen familia cheguen a máis casas.
QPC nas Redes Sociais
QPC tamén está activo nesta ferramenta sociais. No Twitter mantén, en 140 caracteres, informados a todos os siareiros de dentro e fóra da bisbarra. Xa superamos os 6.000 siareiros.
Youtube e VimeoQPC xa é o maior agregador da produción audovisual da Costa da Morte. A través dos nosos espazos en Youtube e Vimeo traemos tanto vídeos de produción propia como outros moitos feitos na bisbarra.