DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns de documentos. Este portal alóxase na Universidade da Rioja, pero a base de datos é alimentada por bibliotecas universitarias españolas e iberoamericanas, bibliotecas públicas e outras institucións, conformando un amplo marco de cooperación bibliotecaria. Se queres saber máis desta fonte de información en canto a produtos e servizos, consulta: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/plus INSTRUCIONS PARA ACCEDER E UTILIZAR DIALNET. Le atentamente esta información e segue os pasos para usar a base de datos con eficacia. Podes acceder a esta base de datos desde: o a súa páxina web http://dialnet.unirioja.es/ o a web da BUSC, entrando en reBUSCa e buscando por bases de datos o Google, buscando directamente por “Dialnet” o este documento Vas ter que utilizar moito esta base de datos ao longo dos teus estudos, polo que é mellor que te rexistres na súa plataforma para ter acceso a todos os seus produtos e servizos.
6
Embed
DIALNET - usc.es€¦ · DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre máis de catro millóns
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
DIALNET é un portal que proporciona unha serie de servizos e as
ferramentas necesarias para optimizar as buscas de información entre
máis de catro millóns de documentos. Este portal alóxase na Universidade
da Rioja, pero a base de datos é alimentada por bibliotecas universitarias
españolas e iberoamericanas, bibliotecas públicas e outras institucións,
conformando un amplo marco de cooperación bibliotecaria.
Se queres saber máis desta fonte de información en canto a produtos
e servizos, consulta: http://dialnet.unirioja.es/info/ayuda/plus
INSTRUCIONS PARA ACCEDER E UTILIZAR DIALNET. Le atentamente esta
información e segue os pasos para usar a base de datos con eficacia.
Podes acceder a esta base de datos desde:
o a súa páxina web http://dialnet.unirioja.es/
o a web da BUSC, entrando en reBUSCa e buscando por bases
de datos
o Google, buscando directamente por “Dialnet”
o este documento
Vas ter que utilizar moito esta base de datos ao longo dos teus estudos, polo que é mellor que te rexistres na súa plataforma para ter acceso a todos os seus produtos e servizos.
O primeiro paso é, como dicimos, “Rexistrarse”. Despregarase un
formulario que terás que cumprimentar.
Cómpre que te rexistres co teu correo electrónico da USC, xa que o dominio @rai.usc.es é o que Dialnet recoñecerá como autorizado para empregar todos os seus produtos e servizos.
Cando esteas rexistrado, entra na base de datos sempre co teu nome de usuario e contrasinal para que che identifique. Isto pódelo facer tanto desde os equipos da rede interna da USC como desde a túa casa, sempre e cando te rexistraras có enderezo electrónico institucional que che da a USC.