VICERREITORÍA DE INTERNACIONALIZACIÓN UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Colexio de San Xerome -Praza do Obradoiro. s/n 15782 Santiago de Compostela Tel.+34 881 811 008 E-mail: [email protected]1 CÁTEDRA JOSÉ ÁNGEL VALENTE DE POESÍA E ESTÉTICA ACTIVIDADES 2015 e PROGRAMACION 2016 DIRECTOR Claudio Rodríguez Fer ENLACE Á PAXINA WEB www.usc.es/catedras/valente CONTIDOS: 1. Datos xerais 2. Actividades realizadas 3. Xustificación das modificacións sobre a planificación presentada 4. Planificación de actividades 5. ANEXOS • Anexo 1: Actas das reunións da comisión de seguimento • Anexo 2: Dossier de prensa Data presentación: 6 febreiro 2016 Data aprobación: 10 marzo 2016
12
Embed
CÁTEDRA JOSÉ ÁNGEL VALENTE DE POESÍA E ESTÉTICA ......VICERREITORÍA DE INTERNACIONALIZACIÓN UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Colexio de San Xerome -Praza do Obradoiro.
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
PRESENTACIÓN DO LIBRO VALENTE VITAL (GINEBRA, SABOYA, PARÍS) NO SALÓN
INTERNACIONAL DA EDICIÓN E DO LIBRO DE CASABLANCA (MARROCOS) O MARTES 17
DE FEBREIRO DE 2015 (gastos sufragados polo Instituto Cervantes).
VALENTE VITAL (GINEBRA, SABOYA, PARÍS) debido a Claudio Rodríguez Fer, Tera Blanco
de Saracho e María Lopo, aborda o período de madurez do poeta proseguindo o
camiño iniciado por Valente vital (Galicia, Madrid, Oxford), elaborado por Claudio Rodríguez Fer, Marta Agudo e Manuel Fernández Rodríguez, que trataba da infancia e mocidade do autor en cuestión. A nova obra componse de máis de cincocentas páxinas presididas polo logotipo cedido por Antoni Tàpies á Cátedra Valente e por un debuxo de Baruj Salinas, pintores ambos amigos e colaboradores do poeta.
Esta presentación en Casablanca, demandada polo Instituto de Estudios Hispano-Lusos
de Marrocos que dirixe a profesora e investigadora Fatiha Benlabbah, doutorada cunha
tese sobre Valente publicada pola Cátedra, é unha proba máis do interese que suscita
Valente en dito país. Valente vital (Ginebra, Saboya, París) fora xa presentado en 2014
no Centro de Arte Moderno de Madrid, cidade onde Valente estudou e casou, e na
Sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, da que o poeta foi membro fundador en
consecuencia co seu compromiso social cos emigrantes galegos en Suíza e co seu
activismo antifranquista.
Das actividades previstas para 2015, unicamente non se puido acometer a EDICIÓN DO LIBRO SOBRE A BIBLIOTECA DE JOSÉ ÁNGEL VALENTE, a cargo do bibliotecario Francisco Xavier Redondo Abal e da doutora Margarita García Candeira por insuficiencia de fondos financeiros.
3. Xustificación das modificacións sobre a planificación presentada
EDICIÓN DO LIBRO BIBLIOTECA DE JOSÉ ÁNGEL VALENTE, a cargo do bibliotecario Francisco Xavier Redondo Abal e da doutora Margarita García Candeira. Pensamos que presentar á comunidade universitaria e literaria a gran colección
multilingüe de obras reunidas por Valente nun volume dará máis visibilidade á
importancia de tal legado e internacionalizará aínda máis á Cátedra Valente da USC
como centro de documentación de valor universal.
EDICIÓN DO LIBRO VALENTE VITAL (Magreb, Israel, Almería), a cargo dos
doutores Fernando García Lara, Manuel Fernández Rodríguez e Claudio Rodríguez
Fer.
As extraordinarias recepción crítica e repercusión mediática dos primeiros volumes da
serie Valente vital (o primeiro sobre a súa nenez e mocidade en Galicia, Madrid e
Oxford, e o segundo sobre a súa madurez en Xenebra, Saboia e París), así como a
propia coherencia metodolóxica do proxecto, aconsellan acometer o volume centrado
nos seus últimos anos, onde foron importantes referentes o Magreb, Israel e a cidade
de Almería, lugar ao que se retirou.
ACTOS DE DIVULGACIÓN INTERNACIONAL DA PUBLICACIÓN SOBRE OS PRIMEIROS
QUINCE ANOS DA CÁTEDRA VALENTE: NOVA YORK, PARÍS, BRETAÑA, ATENAS, TRENTO,
BOS AIRES, ETC. A CARGO DO DIRECTOR DA CÁTEDRA (sempre con financiamento
externo)
TRABALLO HABITUAL DE BIBLIOTECA, ARQUIVO, COMUNICACIÓN E