Top Banner
CRER OU NON CRER (Posicións ante o fenómeno relixioso) Nesta lección investigaremos nos conflictos que a cuestión relixiosa plantexa ao ser humano, sexa este crente ou non. A cuestión está non tanto en si se cree ou non, senon no tipo de actitude que asumimos e as razóns últimas polas que o facemos. Todos os seres humanos adoptan unha postura persoal ante o fenómeno relixioso, nalguns esta postura e mera indiferencia e noutros provoca unha reflexión intelectual. Pero tanto o indiferente como o crente, como o que nega a relixión establecen unha relación coas crenzas relixiosas que teremos que plantexarnos facendo unha análise conceptual, histórica, sociolóxica e mesmo artística das variadas expresións que xeran estas posturas vitais. Como temos visto a orixe do homo sapiens e a do sentimento relixioso teñen, máis ou menos a mesma idade evolutiva. A mente humana posúe unha función imaxinativa, que nos separa e nos distingue doutras especies. Con ela podemos construir universos de ficción, mundos imaxinarios e simbólicos que axudan na busca da explicación e o sentido da vida. Hai estudiosos que defenden a tese de que as experiencias relixiosas son producidas por sinais eléctricas nos lóbulos temporais, que poden ser provocadas por situacións de ansiedade, crisis dolorosas, falta de oxíxeno ou glucosa no sangue. Os seus efectos serían moi semellantes aos ataques epilépticos, como os sufridos por algúns dos máis famosos místicos da historia. Semella claro que esa experiencia, que se orixina individualmente transformase moi pronto nun fenómeno colectivo, que a través da sociedade organizase en “relixións”. Outra explicación deste fenómeno suxire que a orixe deste sentimento relixioso é a intuición ou mesmo a revelación do sagrado. A orixe está na mente individual, pero no mesmo grao na colectiva propiciando a creación dos mitos e os ritos colectivos Contra as dúas explicacións anteriores que fan da relixión un fenómeno sicolóxico, E, Durkheim defende que a relixión é un produto social, un factor necesario para manter a cohesión social. A relixión dende este punto de vista sociolóxico é invención, non en canto á súa realidade histórica, senón na súas expresións e crenzas. Neste sentido pódese dicir que non hai relixións falsas, porque todas 68
50

crerounoncrer

Dec 05, 2015

Download

Documents

Eva Garea Traba

propuesta de trabajo
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: crerounoncrer

CRER OU NON CRER(Posicións ante o fenómeno relixioso)

Nesta  lección  investigaremos nos conflictos que a cuestión relixiosa plantexa ao ser humano, sexa este crente ou non. A cuestión está non tanto en si se cree ou non, senon no tipo de actitude que asumimos e as razóns últimas polas que o facemos. Todos os seres humanos adoptan unha postura persoal ante o fenómeno relixioso, nalguns esta postura e mera indiferencia e noutros provoca unha reflexión intelectual. Pero tanto o indiferente como o crente, como o que nega a relixión establecen unha relación coas crenzas relixiosas que teremos que plantexarnos facendo unha análise conceptual, histórica, sociolóxica e mesmo artística das variadas expresións que xeran estas posturas vitais.

Como temos visto a orixe do homo sapiens e a do sentimento relixioso teñen, máis ou menos a mesma idade evolutiva. A mente humana posúe unha función imaxinativa, que nos separa e nos distingue doutras especies. Con ela podemos construir universos de ficción, mundos imaxinarios e simbólicos que axudan na busca da explicación e o sentido da vida.

Hai estudiosos que defenden a tese de que as experiencias relixiosas son producidas por sinais eléctricas nos lóbulos temporais, que poden ser provocadas por situacións de ansiedade, crisis dolorosas, falta de oxíxeno ou glucosa no sangue. Os seus efectos serían moi semellantes aos ataques epilépticos, como os sufridos por algúns dos máis famosos místicos da historia. Semella claro que esa experiencia, que se orixina individualmente transformase moi pronto nun fenómeno colectivo, que a través da sociedade organizase en “relixións”.

Outra explicación deste fenómeno suxire que a orixe deste sentimento relixioso é a intuición ou mesmo a revelación do sagrado. A orixe está na mente individual, pero no mesmo grao na colectiva propiciando a creación dos mitos e os ritos colectivos

Contra as dúas explicacións anteriores que fan da relixión un fenómeno sicolóxico, E, Durkheim defende que a relixión é un produto social, un factor necesario para manter a cohesión social. A relixión dende este punto de vista sociolóxico é invención, non en canto á súa realidade histórica, senón na súas expresións e crenzas. Neste sentido pódese dicir que non hai relixións falsas, porque todas responden, aínda que de formas diferentes ás necesidades da vida humana.

Tamén os non crentes deben atopar as respostas que o ser humano necesita para conseguir a felicidade, e tamén esas respostas buscan a cohesión social pero sen usar o instrumento da relixiosidade.

As grandes preguntas do ser humano, ¿Por qué hai algo en vez de nada? ¿Cómo se explica a natureza humana? ¿Qué lle pasa a unha persoa cando morre? ¿Cómo determinar o que está ben e o que está mal?, son todas elas preguntas que precisan respostas que non necesariamente teñen que provir da relixión. Os ateos, agnosticos, escepticos ou incredulos teñen tamén que contestar a estas e outras cuestións e a súas respostas conforman outra forma de ver o mundo (cosmovisión) e tamén de entender á sociedade e ao ser humano.

68

Page 2: crerounoncrer

Para pensar.......O tema máis profundo da historia do mundo e da humanidade, ao que tódolos demáis temas

se subordinan, segue a ser realmente o conflito entre a incredulidade e a fe.

Goethe

ACTIVIDADE EMPÍRICA

ESQUEMA DE TRABALLO

Análise

Análise do noso contexto social

As nosas crenzas relixiosas As crenzas relixiosas en España

A crenza A indiferencia A incredulidade

Entrevistas

A relixiosidade de hoxe:

Moitas estadísticas actuais apuntan á idea de que esta semella ser a etapa histórica máis atea de tódolos tempos. Os costumes e os ritos perden, cada vez máis, o seu carácter sagrado: aumentan os matrimonios civis, as igrexas cada vez teñen menos fieis...

A sociedade de hoxe basease en tres pilares: a vida urbana, o progreso económico e os medios de comunicación de masas. A fin das sociedades rurais illadas fai perder aos rituais o seu sentido unificador da comunidade. O intercambio de ideas e as relacións sociais están garantidas na nova sociedade urbana. Cada vez valórase máis o respeto pola intimidade o que provoca que o individualismo se acentúe á vez que a relixión tende a considerarse como algo persoal, íntimo, sen mediadores. Así, a igrexa institucional perde as súas funcións e importancia. Cada vez escoitase máis: “son crente pero non practicante”

O progreso económico xeral é outro factor esencial do abandono da relixión. Nunha sociedade na que as necesidades básicas están cubertas e é posible acceder a calquera tipo de actividade de ocio, a busca do sentido da vida e a explicación do infortunio, vése aprazado e, en ocasión, semella innecesario. As normas morais asociadas a esta busca do sentido evítanse porque, canto máis rica é unha sociedade, máis molestas as normas restrictivas da conducta moral que impiden facer uso de tódalas posibilidades que esta sociedade ofrece.

Por outra parte á importancia que cobran nas nosas sociedades os medios de comunicación de masas, antes prácticamente inexistentes, fai posible o coñecemento de outras culturas outras formas de vida, igualmente válidas e que fan cuestionar os principios da nosa propia cultura e, por ende, da nosa relixión.

69

Page 3: crerounoncrer

Para pensar.......De rapaz crin en deus, pero en canto logrei

unir dou pensamentos, esqueceuseme que existía. Creo que deus é unha necesidade para

moita xente, o que non demostra que exista...Hanryk Ibsen

¿Crer ou non Crer?: Plantexamento do debate

-Ler os tres textos seguintes e escolle aquel co que mellor concorden as túas ideas. Logo contesta ás cuestións.-Resposta ti as cuestións que se plantean na entrevista do texto escollido-Explica en que termos coincides co entrevistado e en cales difires.-Reunirvos en grupos, sgundo a elección de texto que fixerades e tratar de resumir os puntos en común respecto de cada posición. Logo leer por orde cada un dos grupos o resultado do traballo, e iniciade o debate sobre as seguintes cuestións:

1. A crenza en Deus é/non é unha crenza racional. Consecuencias2. A vida sen crer en Deus é mellor/peor ca dun crente.3. A vida sen crenzas relixiosas ten máis/menos sentido ca vida dun crente.

A crenza¿Cree vostede en Deus? Si, gracias a Deus creo en Deus. E digo “gracias a Deus” porque, se ben pola soa razón, ante a perfección do universo –como escalador son moi dado a contemplar a natureza- e ante a complexidade da propia persoa humana, chego ao convencemento da necesidade da existencia dunha primeira causa creadora e ordeadora de canto exite, a crenza no verdadeiro e único Deus, trinidade de persoas e unidade de sustancia só pode ser obra da fe. E a fe é un don de Deus. Considero unha gracia ter nacido nun país católico, e nunha familia cristiana- a inmensa maioría dos fogares españois son, polo menos, de “humus” cristiano- e ter recibido antes da semana o bautismo, desenvolveu esa fe infusa e, gracias a Deus repito, a persares das miñas debilidades persoais, nunca perdín a fe nin dubidei da verdade da relixión católica. O que non me impide setir un gran respeto por aquelas persoas honradas que non cren, e con boa vontade buscan, sen atopala, unha fe que nunca tiveron, ou tal vez perderon, e que, nalgúns casos, desexarían verdadeiramente ter.¿Cree vostede que hai en nos algo que sobrevive á morte corporal? Si, creo firmemente nesto. Creo que a alma da cada home e de cada muller é inmortal, no sentido de que comeza a existir, para unirse co seu corpo nun momento concreto da historia, que é o da concepción, pero sobrevive á morte do corpo, para entrar na eternidade. De novo ista é unha verdade asequible só pola razón. De feito, na antigüidade, os filósofos pagáns, partindo do desexo innato de felicidade non plenamente realizable nesta vida mortal, afirman a inmortalidade da alma. Pero é pola fe que creo que ao final dos tempos, os corpos de tódolos homes resucitarán incorruptibles, en forma que sobrepasa á nosa imaxinación e entendemento, para unirse de novo coa súa alma. Rafael Termes. En 100 Españoles y Dios de J. M. Gironella. Editorial Planeta 1994

70

Rafael Termes Inxenieiro industrial, Académico da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas e Académico da Real Academia de Ciencias Económicas e Financieiras.

Page 4: crerounoncrer

A incredulidade

¿Cre vostede en Deus? Non. Interesame moito máis crer no home como ente espiritual. En canto á creación, moitas das teorías científicas son válidas. O tempo e os traballos que se realizan ao respecto cuidaránse de aclaralo. Son agnóstico e non me sento por iso un home castrado En cambio, non estou totalmente seguro de ser un home liberado polo feito de non sentir temor de Deus. Quero dicir con isto, que seguramente, se o noso país, as súas características, tradicións, os seus atavismos non foran a carga que son, o crer ou non en Deus non tería máis importancia que a de ser un feito persoal e individual. Non sei como, quizais gracias a unha cultura e, sobre todo, a observar moito, atopei formas de espiritualidade que non me deixan ningún baleiro. Non sinto a necesidade dun Todopoderoso para poder vivir cada día, traballar e darme conta de que a miña existencia poida ter un sentido, a persares de saber perfectamente que son un individuo condicionado a un tempo.¿Cre vostede que hai algo en nós que sobrevive á morte corporal? Naturalmente. Sobreviven as nosas obras, grandes ou pequenas. Un mestre na miña infancia dixome algo que me quedou moi dentro: que un home, na súa vida, tiña tres accións importantes que realizar e que podían sobrevivir a el: escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo. Eu grabo discos e de vez en cando escribo contos curtos.

Plantei bastantes árbores, porque son perito agrícola e podo ter moitos fillos ou algúns. Tal vez alguén ao ler isto pense maliciosamente nunha posible esterilidade do abaixo firmante. Polo momento podo garantir unha certa fecundidade. Con isto só pretendo dicir que os actos soen estar por riba do propio individuo que os realiza, sempre con independencia dun premio ou dun castigo. A existencia dunha eternidade co seu premio e o seu castigo semellame algo tan retorcido que non podo asociala a un Deus infinitamente misericordioso; máis ben pareceriame digno do Marqués de Sade. Joan Manuel Serrat en 100 Españoles y Dios de J. M. Gironella.

A indiferencia relixiosa

Ao final do ciclo escolar primario (tiña trece anos), decidín que quería ir a unha escola secundaria pública, non relixiosa. Non foi unha decisión conscientemente pensada como rexeitamento á relixión. Os meus pais non estaban moi conscientes de que, para entón, comezara a evitar ir a Misa. Era simplemente aburrido para mín; as mesmas cousas unha e outra vez, que xa escoitara moito tempo e agora dábame conta de que soaban moi ben, pero que nunca as vira poñer en práctica. (...) Entrei na escola secundaria e atopei que a maioria dos meus compañeiros non eran moi relixiosos; isto non era raro, xa que la escuela tiña alumnos de todo o espectro social. Pero creo que foi entón cando caín na conta de que os meus compañeiros anteriores (suxeitos a unha educación relixiosa dende a nenez) eran tamén así, e pensei: "¿Cál é a diferencia? ¿Por qué ter unha relixión que non aporta nada novo?". Non podo poñer unha data ao meu descreemento inicial; como se ve, foi un proceso, non unha acción, que duró varios anos, e pasou casi na súa maior parte desapercibido para mín mesmo excepto en certos momentos especiais. Nunca rexeitei as miñas ensinanzas explícitamente nesa etapa. No ia a misa, excepto cando tiña que facelo; cando un sacerdote ou alguén da parroquia viña a cear á casa (que non era inusual), agradecía a Deus pola comida co resto, aínda que sentía que era unha fórmula baleira; recitaba de memoria, e sen crelas, as pregarias que aprendera.

¿Cómo é a vida sen Deus? No meu caso, nin mellor nin peor que a vida con Deus (é dicir, coa miña crenza en Deus), salvo que agora non teño ningunha razón para sentirme culpable cando durmo ata tarde ou fago algo de utilidade o domingo pola mañá en vez de ir a Misa. Nun sentido, é un pouco máis difícil se un ten unha mente inquisitiva, porque cando non entendes algo xa non podes dicir simplemente "Deus sabe" e poñer a mente a durmir. Se sentes, por exemplo que toda vida é sagrada, tes que atopar unha razón; se queres matar a alguen, tes que atopar unha razón para non facelo, porque os recursos do medo e da ameaza infernal non funcionarán.

As estadísticas71

Joan Manuel Serrat. Músico e Cantautor español

Pablo David Flores, 26 anos, filósofo de pacotilla, opinón impertinente e iniciador de debates. Traballo na vida real: administración xeral de rutina. Nos ratos libres escribe para a súas páxinas web e mirz as estrelas ou océspede. Arxentina

Page 5: crerounoncrer

Tira as conclusións acerca da situación de España en canto a crenzas relixiosas con respecto aos países do seu entorno

  BELGIUM

GREECE PORTUGAL

FRANCE NEDERLAND ITALY SPAIN

Importancia de Deus na vida

Grado 1º(a)  22 2 2 28.5 25.5 7 13

Grado 10º(a) 10 54.5 38.5 10 16.5 31 29.5

Crenzas relixiosas

1 - 4 (b)  36 22.5 33 40 36 40.5 43.5

5 - 7 (b)  50 50.5 53.5 49 53 44.5 44

8 - 10 (b)  14 23 13.5 11 11 15 13

Asist.semanal á igrexa 23 24 34.5 16 14 36.5 29

Religioxo  65.5 94 91.5 48.5 55.5 84.5 67.5

Non religioxo 23 4.5 5.5 25 34.5 4.5 18.5

Agnóstico  2 0.5 1.5 5.5 3.5 1.5 7.5

Ateo  9 1 2 21 6 2.5 6.5

 (a): Escala 1 - 10 na importáncia de deus na vida de un; 1 é mínima, 10 é máxima. Nas crenzas políticas,  podíase escoller tamén:

ecoloxismo, liberalismo, comunismo, socialdemocrácia, laicismo, conservadurismo, e outras.  (b):  Escala esquerda - dereita. As catro últimas respostas eran de opinión personal.  NOTA: Os 4 países da dereita són para comparar, o extracto non contén o resto de países comunitarios. Extracto do Eurobarómetro

42 (1994); ICPSR #6518.  

  SPA

UK  ITA  NL  BEL  AUS  FRA  CAN  USA  ICE  E.GE  W.GE  GER  DK  FIN NOR SWE SWI 

Religión, moi  importante 21 16 34 19 15 25 14 31 53 24 16 13 14 9 15 15 10 24

% Muy feliz 20 38 16 48 40 30 25 30 41 41 14 16 15 43 20 29 41 36

Misa, asisténcia mensual + semanal

39 24 53 30 31 44 17 40 58 9 20 34 30 11 11 13 10 43

é relixioso 70 56 86 61 68 81 51 71 84 75 38 65 58 73 59 48 31 74

Cre en Deus 86 78 91 64 69 87 62 89 96 85 36 78 60 64 76 65 45 -

Deus Personal 49 33 67 27 32 29 22 44 69 51 17 25 23 20 29 30 16 23

Vida despois 52 52 68 47 44 56 44 69 78 81 21 50 42 34 60 45 38 64

Reencarnación 28 29 27 22 16 29 28 31 26 40 13 26 21 17 34 15 20 36

Resurrección 39 37 53 30 32 51 30 56 73 51 20 40 35 23 49 32 21 48

No Inferno 30 28 42 13 17 20 17 42 71 12 9 15 14 8 27 19 8 24

No Ceo 52 59 54 37 34 47 32 72 87 57 25 38 35 19 55 44 31 44

Reza (sempre ou algunhas veces)

56 43 67 46 41 57 34 62 78 51 28 46 41 25 53 36 25 -

 

Datos extraídos dispoñibles no libro Human Values and Beliefs: A Cross-Cultural Sourcebook. Political, Religious, Sexual,  and

Economic Norms in 43 Societies: Findings from the 1990-93 World Values Survey; de Ronald Inglehart, Miguel Basañez y  Alejandro Moreno (The University of Michigan Press, 1998)

Como exercicio final podes ti realizar algunhas entrevistas a persoas relevantes da túa localidade (alcalde, xuíz, crego, director de instituto....) Comenta despois en que categoria das anteriores se situarían

72

Page 6: crerounoncrer

Para pensar.......O primeiro pecado da humanidade foi a fe; a

primeira virtude a dúbida. Carl Sagan 

ACTIVIDADES TEÓRICAS

POSTURAS ANTE O FENÓMENO RELIXIOSOCrenza, incredulidade e indiferencia relixiosa

COÑECEMENTO E RELIXIÓN

Un pouco de Teoría

TEÍSMO DEISMO PANTEISMO TEISMO AGNOSTICIMO

Utopías e realidades

O ATEISMO NA SOCIEDADE ACTUAL

Crenza, increnza e indiferencia relixiosa

James McAuley, nun poema satírico, no que se refire aos “desherdados” dende o punto de vista relixióso di: “os que nin pensan, nin soñan, nin negan nin dubidan;simplemente, non teñen idea de todo isto”[“Who do not think or dream, deny or doubt,But simply don’t know what it’s all about]

Moitas voces se fan eco desta idea de indiferencia relixiosa que plantexa o anterior poema e, sen embargo as relixións seguen a ten unha forza e unha influencia social importante e en ocasións desproporcionada co número de crentes oficiais que presentan. Nesta lección estudiaremos as principais posturas teóricas que se poden plantexar respecto ao fenómeno relixioso. Englobadas en dúas grandes tendencias temos a “crenza” ( na súa variedade de acepcións: teísmo, deísmo, panteísmo) e a “increnza” ( tanto entendida como ateísmo ou como simple agnosticísmo). A metade de camiño de ningunha parte parece que xurde como un fenómeno característico das sociedades contemporáneas unha postura antirelixiosa que non ven producida por unha reflexión teórica nin dos principios teoloxícos (ateísmo) nin dos posibilidades do coñecemento (agnosticísmo) senón pola apatía, que ten a súa orixe nunha percepción dos principios relixiosos como irreais ou desvinculados da vida. Estudiaremos este fenómeno ao final da lección cando se aborde o tema do ateísmo na sociedade actual.

73

Page 7: crerounoncrer

 Para pensar.......Os homes cren que a epilepsia é divina

simplemente porque non a entenden. Pero se chaman divino a todo o que non entenden,

entón, non terán fin as cousas divinas".     Hipócrates

O coñecemento de Deus e a ciencia

De acordo coa famosa lei dos tres estadios formulada por Augusto Comte, o positivismo do século XIX afirmaba que a humanidad tiña pasado a través de tres épocas ou estadios. O primeiro viña cualificado como estadio mítico ou teolóxico porque, segundo Comte, cando non existían a ciencia nin a técnica, o ser humano buscaba o sentido aos sucesos a través de explicacións sobrenaturais non demostrables Na segunda fase, o estadio metafísico, o ser humano sustituiría os mitos relixiosos por sistemas racionais abstractos que, sen embargo, tampouco respondían á realidade. Por fin, o desenrolo da ciencia na época moderna permitiría ao ser humano entrar na fase definitiva, o estadio científico: deixando de lado as explicacións teolóxicas ou metafísicas, para centrase no único que ten valor obxectivo, ou sexa, a ciencia. A ciencia prescinde das preguntas últimas, que non teñen resposta, para centrarse exclusivamente no estudio dos fenómenos, dos feitos, para tentar explicalos mediante leis que permitan conseguir un dominio da natureza. Dende esta perspectiva, a relixión sería un produto pasaxeiro da humanidade, que quedaría abandonado cando esta acadara á madurez histórica, gracias á ciencia e a técnica.Sen embargo, e en pleno século XXI, todavía continúa estando presente a relixión, pese aos grandes adiantos científicos e técnicos (mesmo en personalidades científicas). O positivismo non pode dar razón desta presencia, que máis ben indicaría un alto grao de irracionalidade mesmo en sociedades moi evolucionadas científicamente. O positivismo actual manifestase como un naturalismo que exclúe a Deus de calquera explicación racional seria. Céntrase no estudio da persoa a partir das súas dimensións materiais, físico-químicas e neuronais. Pretenden explicar todo humano, incluída a conciencia e a relixión, mediante a química do cerebro.Polo tanto as discusións continuarán entre aqueles que defenden un mundo libre das ataduras relixiosas e do coñecemento non probado e transmisible e aqueles que sosteñen que ciencia e relixión non se opoñen senón que mesmo se complementan.

Supón que che digo que o teu can morreu. Poriaste moi triste e probablemente preguntariasme: “¿estás seguro? ¿Cómo o sabes? ¿Cómo sucedeu?” e supón que eu che respondo: “En realidade non sei que o can morreu. Non teño ningunha evidencia. Pero sinto no meu interior a curiosa sensación de que morreu” Enfadariaste conmigo por terte asustado, porque sabes que unha “sensación” interior non é razón suficiente para crer que un can está morto. Fan falta probas. Todos temos sensacións interiores de cando en vez, e ás veces resulta que son atinadas e outras non. Está claro que dúas persoas distintas poden ter sensacións contrarias, de xeito que ¿cómo imos decidir cal das dúas acerta? O único xeito de asegurarse de que un can está morto é velo morto, oir que o seu corazón se parou, ou que nolo conte alguén que ten visto ou oido algunha evidencia real de que morreu.

¿Podería ser isto o que ocurreu coas relixións? Crer nun ou varios deuses, no ceo, na inmortalidade de María, en que Xesús non tivo un pai humano, en que as oracións son atendidas, en que o viño se transforma en sangue..., nungunha destas crenzas está respaldada por probas auténticas. Sen embargo, millóns de persoas cren nelas, posiblemente porque se lles dixo que as creran cando todavía eran o bastante pequenas como crer calquera cousa.

Outros millóns de persoas cren en cousas diferentes, porque se lles dixo que cresen nelas cando eran nenos. Aos nenos musulmáns dínselles di cousas diferentes das que se lles din aos nenos cristianos, e ambolos dous grupos crecen absolutamente convencidos de que eles teñen razón e os outros están errados. Mesmo entre os cristianos, os católicos cren cousas diferentes das que cren os anglicanos, os episcopalianos, os shakers, os cuáqueros, os mormóns ou os holly rollers, e todos están absolutamente convencidos de que eles teñen a razón e os outros están errados. Cren cousas diferentes exactamente polas mesmas razóns polas que ti falas inglés e a túa amiga Ann Kathrin fala alemán. Cada unha das dúas linguas é o idioma correcto no seu país. Pero das relixións non se pode dicir que

74

Page 8: crerounoncrer

cada unha delas sexa a correcta no seu propio país, porque cada relixión afirma cousas diferentes e contradí ás demáis. María non pode estar viva na católica Irlanda do Sur e morta na protestante Irlanda do Norte.

¿Qué se pode facer con todo isto? A ti non che vai resultar fácil facer nada, porque só tes 10 anos. Pero poderías probar unha cousa; a próxima vez que alguén che diga algo que pareza importante pensa para ti: “¿ É ista unha das cousas que a xente adoita crer baseandose en evidencias? ¿Ou é unha das cousas que a xente cre por tradición, autoridade ou revelación?” E a proxima vez que alguén che diga que unha cousa é verdade, proba a preguntarlle: “¿Qué probas existen diso?” E se non poden darche unha resposta, agardo que o penses moi ben antes de crer unha soa palabra do que che digan.Richard Dakins. Carta a Juliet, no libro “Así son las cosas” Edit. Debate.Pódese ler o texto completo en castelán en: http://digital.el-esceptico.org/leer.php?id=234&autor=109&tema=11

Cuestións

1. ¿Cále das seguintes expresións de apoio a unha opinión che parece máis convincente?: "Sinto que é así no meu corazón." "Eu mismo o probei." "Todo o mundo sabe que é así." "Está probado pola ciencia." "As maiores mentes científicas creen niso." "Non sabemos se é certo, pero tampouco se probou que sexa falso." "Todo pode ser." "Non puede existir outra razón." "É inexplicable, pero é así." "Experimentouse moitas veces, en condicións controladas, de múltiples formas, e nin unha soa vez fallou."

2. ¿Crees que a ciencia pode explicalo todo? ¿Crees que podería? ¿Crees que está en camiño de facelo? ¿Cres que xa o fixo (a pesar de que moitos opinan o contrario)? ¿Qué clase de explicacións aporta a ciencia?

3. ¿Crees que hai cousas inexplicables? Da exemplos. Da exemplos tamén, se podes, de cousas que noutro tempo se creron inexplicables, e resultaron non selo.

4. ¿Crees que hai cousas que poden ser explicables, pero que son incomprensibles? En tal caso, ¿explicables para quén?

Suxerencias de lectura:

Para visitar en Internet:http://www.um.es/eutsum/escuela/Apuntes_Informatica/1trab.htm Sobre explicacións científicas e non científicas e os criterios de elección entre elashttp://www.arp-sapc.org/articulos/argumentos_teistas2.html Sobre o argumento do diseño e a resposta evolucionista.

75

Los científicos y Dios. Antonio Fernández Rañada, Nobel, Oviedo 1994. Plantexa a relación entre ciencia e relixión e tamén a posición ante a relixións de científicos relevantes.

Page 9: crerounoncrer

 Para pensar...Estou convencido de que Deus non creou ao

mundo, pero sí de que o mundo está creando a deus Bertrand Russell

As Posturas teóricas ante a existencia de Deus.

O resultado da relixión é a fe y e o da razón, a ciencia. Creencia e Saber resultan coñecementos incompatibles pois alí onde comeza a ciencia (o saber) remata a fe (a crenza).

A relixión ten como fundamento a experiencia individual e incomunicable; falanos da sensación de serenidade, da captación do sentido da vida, da serenidade e o sosego, da manifestación da divinidade. É unha experiencia privada que non pode soportar unha análise racional.

A razón nega a validez das experiencias privadas e só admite aquilo que pode confirmarse universalmente e sobre o que pode obterse un consenso.

A pluralidade de relixións e a vocación universalista do coñecemento racional opoñense, e sen embargo moitos pensadores tentaron tender pontes entre ambas maneiras de coñecer e comprender o mundo. De estas tentativas xurdiron algunhas das posicións teóricas ante a relixión que estudiaremos a continuación.

Crenza en Deus IncreenzaTEÍSMO DEÍSMO   PANTEÍSMO   ATEÍSMO AGNOSTICISM

OAfirma a existencia

da divinidade:Politeísmo

ou Monoteísmo

Deus existe, creou a

natureza, pero non se

relaciona co ser humano

  Identifica a divinidade

coas forzas do universo e a totalidade do

mesmo

  Nega a existencia de Deus

Nega a capacidade da mente humana para coñecer e/ou demostrar a Deus.

As doutrinas que afirman a existencia de Deus diron lugar a tres posturas básicas: 1. teísmo, crenza relixiosa nun ser supremo, fonte e soporte do universo e que é ao mesmo tempo

diferente deste. Está crenza pode asumir moitos deuses (politeísmo) ou un único Deus, supremo, persoal e único (monoteísmo).

2. panteísmo que identifica á divinidade co todo. 3. deísmo que cre nun Deus que creou o mundo e lle deu as súas leis, pero que non intervén no

acontecer posterior á creación e do que non é posible coñecer nada. Panteístas e deístas, sen embargo, son a miudo acusados de ateísmo polos teístas.

Da negación do valor da experiencia relixiosa xurden tamén dúas posturas: 1. ateísmo que nega os principios básicos da relixiosidade (existencia da divinidade,

trascendencia...). 2. E o agnosticismo que nega a capacidade do ser humano para enfrontarse ao coñecemento da

divinidade e que non se pronuncia sobre a súa existencia e formula teses para vivir ao marxe da relixiosidade.

76

Page 10: crerounoncrer

Para pensar.......Deus de Abraham, Deus de Isaac, Deus de

Jacob, no o dos filósofos e sabios, o Deus de Xesúcristo: só polos camiños que ensina o

evanxeo podese atopar.Blaise Pascal

O teísmo

O teísmo é a crenza nun Deus, creador e trascendente ao Universo. O teísmo resposta á pregunta ¿por qué existe o mundo en vez da nada, afirmando que ao principio existía só Deus e que creou o universo a través só da súa palabra. Neste universo o ser humano ocupa un lugar privilexiado porque ten liberdade de acción é intervén directamente sobre o seu destino. Tódalas relixións que asumen a existencia dun Deus trascendente que crea o mundo e intervén nel a través ben sexa da revelación (relixións monoteístas), ben sexa pola acción directa no mundo (politeísmo), levan consigo a idea de que a relación do ser humano con Deus (ou cos deuses) axuda ao ser humano na súa próxima existencia. A existencia trala morte pode ser de novo unha existencia física mellorada (no caso das teorías da reencarnación) ou ben unha existencia no mundo do espírito. Esta relación do ser humano con Deus enténdese como:

1. Unha petición de auxilio para sobrelevar as desgracias da existencia presente ou o paso a unha existencia mellorada (hinduísmo, zoroastrismo..).

2. Como subordinación do ser humano a Deus e como redención do pecado (relixións monoteístas: xudaísmo, cristianismo, islam).

Nos teísmos o ser humano ten ao mesmo tempo un lugar privilexiado no universo que fundamenta a súa relación con Deus, e unha relación de subordinación coa deidade que o sitúa nunha situación de precariedade que só se pode salvar a través da fe.

A razón tentou, durante séculos, demostrar a existencia dese Deus. Destes intentos xurdiron algunhas das filosofías teístas máis coñecidas, unha teoloxía natural que tenta captar o fenómeno da divinidade sen atender á experiencia relixiosa. Algúns dos seus máximos representantes foron Anselmo de Canterbury, Tomás de Aquino, Descartes...

Pero a tentativa de demostrar a existencia de Deus non é do agrado das personalidades relixiosas, porque ven convertir a Deus nun concepto dubidoso. Este empeño convertese nunha sorte de blasfemia. Sen embargo case tódalas personas relixiosas aceptan que a moralidade proba dun xeito indirecto a idea de Deus. I. Kant formulou teóricamente este argumento ao afirmar que debemos postular a existencia de Deus se non queremos caer no absurdo de admitir que as accións boas ou malas non teñen ningunha consecuencia e polo tanto é tan indiferente para o individuo actuar ben como mal.

Fronte a este intento de conseguir probar a Deus pola razón, pensadores como Pascal, no século XVII, ou Kierkegaard no XIX, recalcan a idea de que o camiño da relixión é o camiño da fe e non o da razón. A fe sería segundo eles a única capaz de poñernos en contacto con Deus.

A fe é a nosa máis persoal intuición da verdade, intuición “impregnada” polos nosos desexos e temores, os nosos riscos de carácter, o noso temperamento e condicións de vida, pero tamén polos nosos hábitos de pensamento e ideas. Coa fe trato de conseguir resposta á cuestión de Deus e ao sentido da nosa existencia. Non se trata para mín dunha visión do mundo, dunha cosmovisión, nin dun saber teolóxico, filosófico ou esotérico. O que a mín non me proporcione interiormente rexugio, tranquilidade e forza e non me serva exteriormente de orientación na miña conduta, non é fe

77

Page 11: crerounoncrer

segundo o meu sentir. Durante longo tempo da miña vida mantiven por verdadeiro canto aprendín nas clases de relixión e nas de preparación para a confirmación. Ese saber non tiña para mín una real importancia. Profesión, familia ou deporte eran máis importantes. Despois, a raíz dos enfrentamentos profesionais, comecei a indagar o sentido da miña vida. Advertín que a miña fe estaba morta, que non me sostiña. Na miña búsca tiven a experiencia de que a fe non se fai viva en tanto un non axuste a ela as súas vivencias. Só entón se "opera" algo tanto interna como externamente. Dende que me esforzo por observar a miña conduta, por indagar os motivos, desexos e temores e tamén por debatirme a fondo conmigo mesmo, constato unha e outra vez que algo me guía tanto interna como externamente. Crer é para mín confiar nesa dirección interior, fiarme desa forza rectora e vivir de acordo a ela. A fe como vivencia dunha forza interior xurde, segundo a miña experiencia persoal, do esforzo por facer o ben. Jens von Bandemer.Doctor en Filosofía. Nac. en 1936 en Berlín. Doctorado en Economía Política en el año 1961 por la Universidad de Basilea. En En Creo Yo. K. Deschner e A. Sanjuán. Ed. Yalde. Zaragoza.

Cuestións:1. ¿É razoable, na túa opinión, a existencia dun ser con poderes infinitos e bondade infinita que sen

embargo non utiliza ese poder para solucionar os problemas dos seres humanos?2. ¿Cres que o universo foi creado da nada por un ser consciente e persoal? Explica por qué o cres.3. Si crees que o universo foi creado por un ser persoal, trata de inferir a clase de personalidade

deste creador, baseandote nas cualidades da súa creación. ¿É indiferente, cruel, bondadoso, ambivalente, ambiguo?

4. Se crees nun creador persoal, explica en qué sentido. ¿Ten sentimentos similares aos humanos? ¿Ten un corpo similar ao dun ser humano ou algún outro ser vivo que coñezas? Se non o sabes, explica por qué o consideras persona.

Suxerencias de lectura:

Para visitar en Internet:http://www.menteabierta.org/html/articulos/ar_resurgimiento_teismo.htm http://www.hemerodigital.unam.mx/ANUIES/itam/estudio/estudio07/sec_36.html

78

José Antonio Marina Dictamen sobre Dios. Edit. Anagrama ¿Podemos saber algo seguro sobre a existencia de Deus? Se non existira ese obxecto cultural teriamos que inventalo ¿Por qué e para qué?  ¿É intelixente a estas alturas ser relixioso?.

Page 12: crerounoncrer

Para pensar.......Se atopasemos unha resposta a por qué existe o universo , sería o triunfo definitivo da razón

humana, porque entón coñeceríamos o pensamento de Deus.

R. Hawking

O deísmo

Unha das consecuencias do enfrontamento entre as crenzas relixiosas e a fe xurde a raíz do intento de comprender e xustificar a divinidade coa sóa luz da razón. Este intento dá como resultado unha posición que se caracteriza por abandonar a visión persoal de Deus que mantén o teísmo e pensar a Deus como unha entidade creadora do mundo. Deus é, segundo os deístas, a xustificación do mundo e da moralidade, pero que non garda relación co xénero humano. Dende o deísmo perden sentido os intentos de comunicación con esa divinidade e os intermediarios que a levan a cabo.

O deísmo nace dun rexeitamento radical da relixión cristián por parte dos librepensadores da Ilustración e acaba por invadir toda Europa . Deus que lle ten dado ao ser humano a razón non pode imporlle unha revelación, senón que debe agardar del que a use libre e expontaneamente. O ilustrado segue a relixión natural que exclúe a revelación, a autoridade da iglesia e tamén a súa intolerancia. O deísmo renega de calquera culto e de calquera práctica relixiosa institucionalizada fundada sobre preceptos ou sacramentos. Podemos dicir que son racionalistas que cren nunha relixión filosófica. Os seus principais teóricos foron os pensadores ilustrados: Voltaire, Diderot

         Deus existe. Iso é algo no que creo firmemente. Pero segundo a dogmática eclesiástica é triple como o cristián proclama mesmo ao facer o sinal da cruz: "No nome do Pai, do Fillo e do Espirito Santo". Isa complicada crenzia, ¡só un Deus, pero tres divinas personas sen que implique tres deuses!, acompañame dende a infancia sen causarme grandes quebraderos de cabeza. Só nos últimos tempos-, é dicir, non antes de rematar os estudios de teoloxía, nin sequera nos anos da miña actividade sacerdotal- asaltame máis a miudo a cuestión de se o Deus no que creo só pode ser entendido como tripersonal.

         Séi moi ben que con isa dúbida na Trinidade poño en perigo a fe na divinidade de Xesús de Nazaret e tamén no Espírito Santo. ¿Pero cómo podería reprimir violentamente eses interrogantes cando emerxen do meu interior? (...)

         Ao símbolo da fe eclesiástica pertence asimesmo a fe na mesma Igrexa. Noutros tempos resultabame moi fácil crer na Igrexa Católica. Hoxe, en cambio, nin sequera sei exactamente qué é o que se quere dicir coa expresión "fe na Igrexa". Georg Denzler. Doctor en Teoloxgía  En En Creo Yo. K. Deschner e A. Sanjuán. Ed. Yalde. Zaragoza.

Cuestións: Cres en Deus, pero non estás seguro de aceptar as crenzas de ningunha relixión. A opción do ateísmo non te convence... Ao mellor eres deísta. Se respostas afirmativamente ás seguintes cuestións podes selo.-Cres que a revelación de Deus é o Universo e a natureza, pero non os libros sagrados.- Gústache razoar acerca de cómo pode ser Deus, en lugar de aceptar o que din sobre el.-Cres que as ideas relixiosas deben coincidir coa ciencia.-Cres que Deus se atopa con máis facilidade á marxe dunha relixión institucional.-Prefires guiar a túa moralidade pola túa conciencia e reflexión racional e non polas autoridades relixiosas.-Prefires considerarte espiritual antes que relixioso.-Cres que a relixión e o Estado deben estar separados.

79

Page 13: crerounoncrer

Suxerencias de lectura:

Para saber máis:http://www.iespana.es/DEISMO/deismo1.htmhttp://www.filosofia.org/enc/ros/deis.htm

80

El Mundo Creado. Franco Ferrucci. Ed. Debate. Autobiografía de Deus.

Page 14: crerounoncrer

Para pensar.......O meu ollo e o ollo de Deus son un só ollo.

Eckhart O panteísmo

Panteísmo, doutrina que identifica o universo (do grego, pan, todo) con Deus (do grego, theos, deus). No pensamento occidental, o filósofo holandés Baruch Spinoza é o máximo representante da visión panteísta. A visión panteísta da divinidade percibe o mundo como algo vivo e en movemento, un fondo espiritual presente en todas as conciencias e en toda a realidade. Ese todo ou fondo universal presente en todas as formas de vida, identifícase coa conciencia universal, verdadeira realidade. O panteísmo nega a existencia dun ser trascendente, pero na súa variante máis común, non pretende definir a natureza do todo, nin considera que a súa naturaleza teña que necesariamente material, senón que lle atribue un carácter espiritual. Neste sentido o panteísmo alonxase das visións animistas da realidade.

A orixe da doutrina panteísta atópase en Oriente, chega ata a filosofía grega a través do orfismo e inflúe na filosofía de Platón e Aristóteles. A través da tradición platónica entra en contacto coa revelación bíblica.O credo panteísta segue a expresarse principalmente nas relixións orientais, pero ten unha presencia importante en Occidente a través do coñecemento cada vez máis importante do Budismo na nosa civilización. Este credo impregna tamén a mentalidade de moitos novos movementos relixiosos que se inspiran nas relixións orientais, como o movemento New Age, que pretende facer unha síntese superadora de tódas as relixións, eliminando para iso a referencia a un Deus persoal. Tamén está presente en nalgunha expresións da relixión islámica como o sufismo.

       

 Si, creo en Deus..., pero non nese Deus de quen se fala, por norma xeral, mediante símbolos masculinos.         Creo que apenas tentamos falar sobre Deus, esforzándonos por definilo, perdemos de vista que Deus/Deusa é indefinible, indescriptible e que existe nunha dimensión distinta, na que non ten cabida o espacio, o tempo, as "cousas" ou o "movemento".         Sí, creo en Deus/Deusa... pois creo que nós só somos o corpo, que perecerá no seu día, senón tamén a alma viva de eterna perduración. Creo nunha conciencia inmortal, que estará sempre alí onde esté a nosa alma, onde estea a nosa sutil materialidade, sexa que nos movamos nun corpo físico, sexa que nos desprendamos deste.         Deus/Deusa é para mín unidade total, amor total, luz, forza e moitas cousas máis. É tamén fundamento de toda natureza viva, de tódalas cosas... Parte de todos nós, existente en todos nós, vivinte en todos nós.(..)         Estou convencida de que tódolos seres humanos teñen unha orixe divina que, sen embargo, reprimer e esquecen. (...)         A crenza en Deus/Deusa e a pertenza a "esta" Igrexa oficial fixeronseme incompatibles... Fai xa moitos anos que abandonéi a Igrexa a causa da doblez moral da cúpula eclesiástica. Penso no papa Pío XII, que esqueceu o fascismo, pero contaba o divorcio entre os males da época. Penso nas oracións dos sacerdotes antes do despegue do avión dos USA que bombardeou Hiroshima. ¡Penso asimesmo no Vaticano que non condeou entón o ataque con bombas atómicas ao Xapón!... Petra Kelly. Conselleira administrativa da Unión Humanística, da Sociedad Pacifista

81

Año 2065. a humanidade enfróntase á extinción total. Gracias a un estrano soño, l científica Aki Ross tenta capturar os oit espíritus coa esperanza de crear unha forza que destrua aos alieníxenas, pero tan pura que protexa o espíritu do planeta.

FinalFantasy

Director: Hironobu Sakaguchi

Ciencia ficción

Película de animación

Page 15: crerounoncrer

Alemana, da Unión de Adversarios de la Guerra....  En En Creo Yo. K. Deschner e A. Sanjuán. Ed. Yalde. Zaragoza.

Cuestións:

¿Eres panteísta? Se contestas afirmativamente ás seguintes cuestións... Quizais sexas panteísta.Cree Vd. que os humanos son e deben ser parte da Natureza, en vez de sentirse por riba dela? Eres escéptico acerca da existencia dun Deus separado do universo? Sintes necesidade da relixión e cres nalgo por riba da túa persoa e da humanidade?

Suxerencias para a lectura:

Para visitar en Internet:http://www.geocities.com/finis_stellae/sp/pan/pan-cien.html http://members.aol.com/Heraklit1/indexspa.htm http://es.groups.yahoo.com/group/WPMlatin/ lista de discusión sobre panteísmo

82

El nombre del mundo es bosque U. K. Le Guin ed. Minotauro. Descubre un universo dinámico en equilibrio que se mantén no tempo de acordo con leis propias que non admiten a intromisión do home. No planeta Athshe,o ciclo da vida, a cultura, os costumes, os modos mentais nacen e desenvolvense na estabilidade autónoma do cosmos

Page 16: crerounoncrer

Para pensar......."Eu digo que ambos somos ateos. Eu

simplemente creo nun deus menos ca ti. Cando entendas por qué descartas a tódolos outros

posibles deuses, entenderás por qué eu descarto ao teu. Stephen Roberts

O ateísmo(do grego, a, non; theos, Deus), doutrina que nega a existencia da divinidade. A negación da

divinidade pode facerse dende dúas perspectivas diferentes:A primeira consiste en negar a posibilidade de probar a existencia de Deus é a resposta do

agnóstico ante o fenómeno relixioso. O agnósticismo parte da premisa de que en tanto non exista unha demostración máis aló de toda dúbida non se pode afirmar ou negar nada acerca da existencia da divinidade.

A segunda consiste en afirmar que se pode demostrar que Deus non existe. Para esta posición, máis terminante, reservase a denominación de ateísmo. O ateísmo parte da presunción de que se non se demostra a existencia dalgo, queda demostrada a súa non existencia.

A nivel práctico –existencia, moral, conductual, etc.- o agnóstico e o ateo compórtanse de xeito equivalente. De feito a posición agnóstica é unha posición que só ten sentido nun contexto teórico e, moitos dos que se declaran agnósticos, só o fan porque declararse ateo en contextos públicos nos que a presión social é moi forte pode conlevar riscos para os seus intereses persoais. A posición do agnóstico, máis pasiva considerase moito menos perigosa, e polo tanto é unha posición máis confortable.

O teísmo presenta ao ateísmo como un crente “ao revés”, obsesionado polo tema de Deus. Sen embargo a posición atea asume que está en posesión de razóns suficientes para negar que exista un referente real para a idea de Deus e, polo tanto esta idea non interfire nin condiciona xa ningunha das súas decisión nin normas de conducta.

Históricamente tense confundido o ateísmo coa negación dalgunha crenza relixiosa, así chámaouse ateo ao que só era deísta ou panteísta, mesmo aos seguidores dalgún culto politeísta, porque dende a perspectiva dun credo relixioso, o non crente na súa noción de divinidade sempre é un “ateo”.

O termo ateísmo está tamén cargado de connotación pexorativas e negativas no noso ámbito cultural. Isto pódese atribuir a varias razóns:

Por unha parte as crenzas animistas están ancoradas nos mecanismo xenéticos de supervivencia da nosa especie e impregnan tanto o noso acervo cultural que declararse ateo esixe moito carácter e unha gran capacidade teórica, ademáis da capacidade de soportar o rexeitamento do entorno social e familiar.

Por outra parte o ateísmo estivo vinculado en moitas ocasións a posicións teórico-políticas que cuestionaban a orde social vixente que, en moitos casos, protexía a relixión e, noutro, estaba fundada directamente nela. O Nihilismo, o Marxismo, o Comunismo, o Anarquismo... son expoñentes desa rebelión e da consideración negativa do fenómeno relixioso. Ser tachado de ateo nas nosas sociedade equivale a ser políticamente incorrecto, en moitos casos.

Eu non creo en nada. Para mín a fe é algo tan odioso como é o pecado para os crentes.A miña subxectividade necesita valores obxectivos que me poidan servir de orientación. Crer é manter subxectivamente algo como verdadeiro e, en canto tal, non posúe validez algunha.Se alguén afirma saber algo resultame imposible entablar unha discusión con él. Pero se afirma crer algo só podo aceptar o feito. O que sabe, non pode crer. O que cre, non pode saber. "Fe cega" é unha tautoloxía, pois a fe sempre é cega.Eu quero criticar e ser criticado. A fe, sen embargo, constitue unha actitude básica marcada pola ausencia de crítica fronte á vontade "divina" e esixe sumisión fronte ao seu sentido "inescrutable". Respresenta unha forma de violación espiritual. Teño que posuir o dereito de opoñerme. Eu interpreto ese dereito como deber.Se a teoloxía cristiana postula que só encamiñado pola fe podo chegar ao auténtico saber (credo ut intelligam), o que fai é por cabeza abaixo a relación efectiva entre saber e crer (credo quia absurdu). Ernest Bornemann. En En Creo Yo. K. Deschner e A. Sanjuán. Ed. Yalde. Zaragoza.

83

Page 17: crerounoncrer

Cuestións:¿Como se diferencian os ateos da xente relixiosa?¿Os ateos son menos morais que a xente relixiosa?¿A vida dun ateo está carente de obxectivos?¿É o mesmo non crer en Deus que crer que non existe?¿Qué tipo de evidencia sería necesaria para probar que Deus existe?

O ateísmo actual está hoxe moi vinculado aos enormes avances técnicos e científicos, máis, no terreo das ideas é unha idea moi antigua. Algúns dos pensadores máis importantes neste terreo escribiron a súa obra no século XIX. Podemos distinguir catro correntes fundamentais:

O materialismo: Os seus principais representantes son Ludwig Feuerbach (1804-1872). Filosofo alemán discípulo de Hegel. E Karl Marx (1818-1883). O punto de partida do materialismo é que non existen entidades trascendentes e/ou espirituais. A explicación dos sucesos do mundo ten que darse a través do coñecemento empírico e da ciencia.

Luwidg Feuerbach. Nas súas obras fundamentais (Teogonía, A esencia do cristianismo) desenvolveu unha crítica da relixión e do cristianismo baseada na idea de que Deus non é máis que unha proxección da grandeza humana. A súa intuición fundamental é que mentras o ser humano necesite de Deus, este queda diminuído como tal ser humano. Ao atribuir a Deus o que pertence ao ser humano, este alienase e para recuperar a súa verdadeira natureza debe aceptar que “o Home é o ser supremo para o home”.

Karl Marx. Creador do materialismo histórico e do socialismo científico, cuia tese central é que a base social, política e intelectual de cada época histórica é o resultado da relación na que se atopan as forzas económicas e a estructura social en cada época. Marx estivo moi influído por Feuerbach na súa primeira época, para máis tarde alonxarse desta visión da relixión. Marx afirma que a alienación relixiosa da que fala Feuerbach non é o máis importante, senón a alienación social e economica. A relixión non é máis que un subproducto da alienación económica fundamental que ten como función adormecer o sentimento de inxusticia social, postergando a solución dos problemas inmediatos a unha posible felicidade futura no máis aló: “A relixión é o opio do pobo”

Sen embargo, como para o home socialista toda a chamada historia universal non é outra cousa que a producción do home polo traballo humano, o devir da natureza para o home ten así a proba evidente, irrefutable, do seu nacemento de sí mesmo, do seu proceso de orixinación. Ao terse feito evidente dunha maneira practica e sensible a esencialidade do home na natureza; ao terse evidenciado, práctica e sensiblemente, o home para o home como existencia da natureza e a natureza para o home como existencia do home, fixose prácticamente imposible a pregunta por un ser extrano, por un ser situado por riba da natureza e do home (unha pregunta que conleva o recoñecemento da non esencialidade da natureza e do home). O ateísmo, en canto negación desta carencia de esencialidade, carece xa totalmente de sentido, pois o ateísmo é unha negación de Deus e afirma, mediante esta negación, a existencia do home; pero o socialismo, en canto socialismo, non precisa xa de tal mediación; comeza coa conciencia sensible, teórica e práctica, do home e a natureza como esencia. Karl Marx. Manuscritos de economía y Filosofía. Ed. Alianza, Madrid, 2001.

O Nihilismo: O seu principal representate é F. Nietzsche (1844-1900). A tese fundamental do Nihilismo é a idea de que os valores serven a intereses (económicos, de poder...) e que polo tanto a construcción dun mundo espiritual que xustifique eses valores obedece aos mesmos intereses. Esclarecer cales son eses intereses acaba coa construcción social da relixión.

84

Page 18: crerounoncrer

Nietzsche expuso as súas teorías sobre a relixión en moitas obras, entre as que destacan Asi falou Zaratustra, Máis aló do ben e do mal, Xenealoxía da moral... A idea central do pensamento de Nietzsche sobre a relixión é que os valores dominantes na moralidade occidental e, en particular, os expresados no cristianismo, están levando ao ser humano a negar os instintos básicos da vida e, polo tanto a unha negación da vida mesma. As relixións propoñen a moral do rabaño que limita a capacidade creadora do ser humano. O discurso moral cristiano e toda a cultura occidental, mesmo a ciencia, están fundamentados sobre o concepto de Deus único, idea na que se apoia todo o ideal de certeza e verdade da civilización occidental. Pero este proxecto posto en marcha polo monoteísmo cristián, coa súa imposición dunha verdade única, conduce, a dicir de Nietzsche, paradoxicamente ao ateísmo e ao nihilismo. Tal imposición está condenada ao fracaso porque vai contra a vida. A morte de Deus deixa ao descuberto a inexistencia de verdades absolutas: o Nihilismo, que só se superará cando a vontade creadora do ser humano xere novos valores en continua transformación.

Non tedes esoitado falar dese home tolo, que en pleno día, acendía unha lanterna e botava a correr pola praza pública, berrando sen cesar: Busco a Deus, busco a Deus? Como alí había moitos que non crían en Deus, o seu berro provocou hilaridade. -¿Qué, perdeuse Deus?, dicia un. -¿Perdeuse como un neno pequeño?, preguntaba outro. -¿Ou é que está agachado? ¿Ten medo de nós? ¿Embarcouse? ¿Emigrou? Así berraban e rían en rebumbio. O tolo botouse en riba deles e traspasounos coa ollada. –¿Onde foi Deus? Vóvolo dicir, berroulles. ¡Mátamolo nos, vosoutros e máis eu! ¡Todos nós sómos os seus asasinos! Pero, ¿Cómo puidemos obrar así? ¿Cómo puidemos variar o mar? ¿Quen nos deu a esponxa para borrar o horizonte? ¿Qué fixemos cando xebramos esta terra da cadea do seu sol? ¿Onde lle conducen agora os seus movementos? ¿Lonxe de tódolos soles? ¿Non caemos sen cesar? ¿Cara adiante, cara atrás, de lado, de tódolos lados? ¿Aínda hai un arriba e un abaixo? ¿Non erramos como a través dunha nada infinda? O baldeiro. ¿non nos persegue co seu bafo? ¿Non vai máis frío? ¿Non vedes escurecer, cada vez máis, cada vez máis´¿Non é preciso acender lanterna en pleno mediodía? ¿Non escoitamos aínda o ruído dos sepultureiros que enterran a Deus? ¿Nada cheiramos aínda da descomposición divina? ¡Tamén os deuses se descompoñen! ¡Deus morreu! ¡E somos nós quen lle demos morte! ¿Cómo nos consolaremos, nosoutros, asasinos entre os asasinos? O que o mundo posuía de máis sagrado e máis poderoso perdeu o seu sangue baixo o noso coitelo. ¿Quen borrara ese sangue? ¿con que auga poderemos purificarnos? ¿Qué expiacións, que xogos nos veremos forzados a inventar? ¿A grandeza deste acto non é demasiado grande para nós? ¿Non estamos forzados a trocarnos en deuses, polo menos para parecer dignos dos deuses? Non houbo no mundo acto máis grandioso e as xeracións futuras pertencerán, por mor desta acción a unha historia máis elevada do que foi deica o presente toda a historia. Aquí calou o tolo... Nietzsche. A gaia ciencia. . Editorial Laia, Barcelona Pax 995-6.

A sicoanálise: o seu principal representante Sigmund Freud (1856-1939). A sicoanálise ten como principio fundamental a teoría de que a nosa mente consciente é só unha pequena parte da nosa personalidade que está ademaís condicionada tanto por un elemento inconsciente (instinto) como polas superestructuras sociais (normas morais). En ocasións os instintos son reprimidos para obedecer as normas sociais aprendidas xerando neuroses e obsesións.

Sigmund Freud analiza o fenómeno relixioso dende a perspectiva da sicoanálise afirmando que se poden ver como neuroses obsesivas de carácter colectivo. Os rituais e a escrupulosidade coa que se cumpren as normas relixiosas son semellantes as carácteristicas que se observan nas personalidades neuroticas. Freud afirmaba que a persistencia das crenzas relixiosas máis aló dunha ceerta idade, na que se acada a independencia, só é posible en personalidades infantis que non son capaces de enfrontar a vida sen a autoridade da figura paterna e sustitúen ista polo Deus persoal das relixións.

85

Page 19: crerounoncrer

Deste xeito quedan condenados a desaparecer tódolos terrores, os sufrimentos e asperezas da vida. A vida de ultratumba, que continúa a nosa vida terreal como a parte invisible do espectro solar, continúa a visible, trae consigo toda a perfección que aquí votamos de menos. A suprema sabiduría que dirixe este proceso, a suprema bondade que nel se manifesta e a xustiza que nel se cumpre son os atributos dos seres divinos que nos crearon e crearon o Universo enteiro. Ou, mellor dito, de aquel único ser divino, no que as nosas civilizacións condensaron o politeísmo de épocas anteriores. O pobo que primeiro conseguiu semellante condensación dos atributos divinos mostrouse moi orgulloso de tal progreso. Revelara o nódulo paternal, oculto dende sempre detrás de toda imaxe divina. Pero, no fondo, isto non significa senón un retroceso aos comezos históricos da idea de Deus. Ao non existir xa máis que un único Deus, as relacións con él puideron recobrar todo o fervor e toda a intensidade das relacións infantís do individuo co seu pai. Mais a cambio de tanto amor querese unha recompensa: ser o fillo predilecto, o pobo elexido. Moito tempo despois elevou a piadosa América a pretensión de ser God's own country, e é así ciertamente en canto a unha das formas baixo as cales adoran os homes á divinidade. El porvenir de una ilusión c.III Sigmund Freud, Alianza Editorial, 1984

O existencialismo. O seu principal representate foi J. P. Sartre. A tese fundamental do existencialismo é que non existe a “natureza humana” o Ser humano non é máis que o que el mesmo fai de si. Neste sentido a existencia precede á esencia (o que é). Pero o existencialismo asume tamén unha posición atea, e dicir, esta existencia non se debe a ningún ser creador. O ser humano é un ser que está no mundo sen que deba esta existencia a ningunha causa.

J. P. Sartre (1905- 1980) declarou que os seres humanos necesitan unha base racional para as súas vidas pero son incapaces de conseguila y, por iso viven nunha situación de angustia . Para Sartre a característica fundamental do ser humano é a liberdade ou capacidade de elección e a responsabilidade que conleva. Sartre reivindica o nome de humanismo para o ateísmo que profesa. É un humanismo porque o ser fundamental do universo é o Ser humano. Segundo Sartre a existencia só pode preceder á esencia e a liberdade do ser humano só pode darse se Deus non existe. A existencia dun Deus creador é a negación da liberdade do home. Se, pola contra Deus non éxiste non hai nada necesario e todo se define polas accións humanas. Para o exitencialismo todo está permitido moralmente o que no significa que non se elixa unha moral de relación cos outros. O ser humano é libre, pero está condenado a ser libre e debe elexir unha moral. Nesto consiste o seu compromiso.

O existencialista, pola contra, pensa é moi incómodo que Deus non exista, porque con el desaparece toda posibilidades de atopar valores nun ceo intelixible; xa non se pode ter o ben a priori, porque non hai máis conciencia infinita e perfecta para pensalo, non está escrito en ningunha parte que o ben exista, que se deba ser honrado, que non se deba mentir; posto que precisamente estamos nun plano onde só hai homes. Dostoievski escribe: “Se Deus non existise todo estaría permitido”. Este é o punto de partida do existencialismo. En efecto, todo está permitido se Deus non existe e en consecuencia o home está abandonado, porque non atopa nin en si nin fora de sí unha posibilidade de aferrarse. Non atopa ante todo excusa... non se poderá xamais explicar por referencia a unha natureza dada e fixa, dito doutro xeito, non hai determinismo, o home é libre, o home é liberdade. Se, por outra banda Deus non existe, non atoparemos fronte a nós valores e ordes que lexitimen a nosa conducta. Así, non temos nin detrás nin diante de nós no dominio luminoso dos valores, xustificacións ou excusas. Estamos sós, sen excusas. É o que expresarei dicindo que o home está condenado a ser libre. Condenado, porque non se ten creado a si mesmo, e sen embargo, por outro lado, libre, porque unha vez guindado ao mundo é responsable de todo o que fai. Jean Paul Sartre. O existencialismo es un humanismo, Edicións do

80 pp.21-22           

Cuestións:-¿Con cal das catro posturas anteriores te identificas máis e porque? Valora cada unha por separado e redacta un ensaio sobre o tema do ateísmo que inclúa a túa posición ao respecto.

86

Page 20: crerounoncrer

Suxerencias de lectura

Para visitar en Internet.http://www.nietzscheana.com.ar/ Páxina sobre Nietzsche onde se poden atopar os seus principais textos.http://www.geocities.com/SoHo/Cafe/3627/elegio.htm Sobre as ideas de Puente Ojea expresadas no seu libro Elogio del Ateísmohttp://www.el-esceptico.org/ revista atea na rede.

87

Mesías. Gore Vidal. Ed. Minotauro. Na California moderna, un novo Mesías irrumpe como xa sucedeu noutras épocas, acompañado por un grupo de mulleres e apóstolos -administradores e publicistas- que escribirán e difundirán a doutrina. O Mesías, predica dende a TV o culto da morte.

Page 21: crerounoncrer

Para pensar....... Eu afortunadamente non teño a necesidade de

crer en Deus Laplace

O agnosticísmo

Termino derivado de a-gnoscere, ausencia de coñecemento, ou imposibilidade de coñecer. O agnosticismo é a posición do que afirma que non se pode admitir a existencia de Deus en tanto non se atope unha demostración do mesmo. Un agnosticismo forte afirma tamén que tal demostración é imposible para a razón humana. Polo tanto o agnóstico pon en suspenso toda afirmación acerca do sobrenatural. O termo foi acuñado por Huxley cara 1860: o termo agnóstico –escribe Huxley en Collected Essays, V. 240- veulle á cabeza como antitético ao termo gnóstico usado pola Igrexa católica para referirse a aqueles sistemas relixiosos que crian coñecer moitas cousas acerca da divinidade, do mundo invisible, da materia e o pecado.... A posición do agnóstico presume que é o crente o que debe probar a súa crenza e afirma que as demostración ata o momento non son concluíntes. Polo tanto a única posibilidade que queda e suspender provisionalmente o xuízo definitivo sobre a posibilidade de saber se Deus existe ou non. Este aplazamento da cuestión, deixándoa en suspenso sine die é un plantexamento que pode levar a unha indefinición persoal. A vida cotiá e tamén a vida profesional esixen decisións en moitos aámbitos o que fai necesario un posicionamento que o agnóstico teóricamente non é capaz de dar. Por iso agnósticos famosos como Bertrand Russell declaránse agnósticos teóricos e ateos prácticos.

O agnosticismo, de feito, non é un credo senón un método, a esencia do cal fundamentase na rigurosa aplicación dun so principio. Ese principio é moi antigo, é vello como Sócrates, vello como o escritor que dixo "Probao todo, aférrate ao bo"; é o alicerce da Reforma, que ilustrou con simplicidade o axioma que todo home debería ser capaz de dar razón da fé nel, é o gran principio de Descartes; é o axioma fundamental da ciencia moderna. Positivamente, o principio pode ser expresado así: En cuestións do intelecto, siga a súa razón tan lonxe como o leve, sen prestar atención a outras consideracións. E negativamente: En cuestións do intelecto, non supoña certas as conclusións que no foron demostradas ou non son demostrables. Tomo iso como a fe agnóstica, que si un home a respeta enteira e incorruptamente, no deberá ter vergoña de mirar nos ollos ao universo, calqueira sexa o futuro que éste lle garde.Os resultados da definición do principio agnóstico variarán de acordo ao coñecemento individual e a capacidade, e de acordo á condición xeral da ciencia. O que non se probou ata hoxe pode ser probado, coa axuda de novos descubrimentos, mañán. Os únicos asuntos negativos inmutables serán aquelas negacións que fluen da demostrable limitación das nosas facultades. E a única obriga aceptada é ter a mente sempre aberta á convicción. Huxley. Agnosticismo en Huxley y Dios Editorial Thassàlia

Cuestións-¿Pensas que se pode vivir coa dúbida acerca da existencia de Deus sen que iso teña consecuencias na vida cotiá? ¿En que situación se atoparía unha persoa agnóstica á que convidaran a formar parte dunha cerimonia relixiosa? ¿Cómo debería actuar?-¿Cres que se pode ser realmente agnóstico ou máis ben o agnóstico é un ateo que non se atreve a recoñecer que o é? Razoa a resposta.

88

Page 22: crerounoncrer

Suxerencias de lectura

Para visitar en Internet:http://groups.msn.com/DebatesobrelaexistenciadeDios/textos.msnw?action=get_message&mview=0&ID_Message=665&LastModified=4675442971586648969 Debate Coplestón-Russellhttp://www.angelfire.com/az/ateismo/librepensador.html páxina sobre librepensamento e enlace coa páxina de apoio da Freedom From Religion Foundationhttp://www.mercurialis.com/spiritus/hombre_y_religion.htm Pódese ler a conferencia de A. Huxley O home e a relixión

89

O fin da infancia A. C. Clarke. Ed. Minotauro. Ten como tema a futura evolución do ser humano. Unha raza alienixena chega á Terra e trae paz, prosperidade..., Sen embargo non se deixan ver. ¿Quen son eses seres? ¿Xa visitaron o noso planeta antes? Quizais son a base de todas as nosas lendas e crenzas relixiosas....

Page 23: crerounoncrer

Para pensar.......O que importa hoxe non é a diferencia entre

os que cren e os que non cren, senón entre aqueles aos que lles importa e aqueles aos que

non. Abbé Pierre

O ateismo na sociedade actual

Existe a tendencia, dende a perspectiva relixiosa, de considerar os fenómenos relixiosos como un feito universal e inseparable do ser humano, de maneira que parecería que calquera ser humano, polo feito de selo, atópase coa relixión como resposta aos problemas da existencia. Aínda que logo podería posicionarse, fronte ou a favor, da relixión dende unha perspectiva personal.

Pero, aínda que é certo que as diversas sociedades optaron por ofertar visións relixiosas da vida e a conduta ao longo dos séculos, non é menos certo que, a nivel individual, existen persoas que non se preocupan nin lle afectan este tipo de plantexamentos.

A relixión cumple un rol social que será analisado na seguinte lección, e a maior parte das persoas son educadas dende a infancia no repecto á relixión (ben sexa á aceptada socialmente na súa comunidade) ou no respecto á tódalas relixión (non ó a aceptada socialmente), pero isto non quere dicir que a relixión forme parte do conxunto de intereses vitais de tódalas persoas. De feito un fenómeno recoñecido pola totalidade das relixións institucionais e o feito de que, na actualidade moitas persoas viven á marxe das crenzas relixiosas, non porque se posicionen a favor ou en contra, senón porque non lle interesan os temas relixiosos, en absoluto. É a posición do indiferente relixioso.

A explicación que se da deste fenómeno varía segundo a perspectiva que se adopte. Dende as relixións institucionais afirmase que é un proceso producido por unha sociedade de consumo carente de valores. Dende a perspectiva do ateísmo teórico propónse como explicación a idea da falta de reflexión persoal. En calquera caso o número destes indiferentes aumenta día día como reflicten as estadísticas.

Unha das explicacións máis plausibles deste fenómeno é o pouco esforzo que exisen as relixións e os sistemas de crenzas baseados nelas. A maíoria dos sistemas relixiosos piden o consentimento para o ingreso nesa relixión e despois de rexistrar ao fiel non exisen deste nada máis. No cristianismo o recén nado é bautizado sen o seu consentimento e despois de pasar por unha serie de rituais na súa infancia pode chegar á vellez sen ter que comprometerse coas súa crenzas nin co dogma relixioso nin unha sóa vez.

Cando alguén nega a súa herdanza relixiosa dun modo público existe unha reación social, ben por parte dos crentes comprometidos (que si fan oir a súa voz) ou ben polo resto dos indiferentes que sinten perturbada a súa existencia e mostran o seu enfado por iso. Cando alguén titubea ou dúbida tampouco é moi ben recibido. En cambio non preocuparse por saber ou non saber é a via do menor esforzo sobre a que se construen a maior parte das crenzas relixiosas.

Tamén é certo que é máis facil ingresar nunha relixión que saír dela. “Apostatar” figura legal para non figurar no rexistro dunha relixión é complicado, e algunhas relixións nin sequera aceptan ese dereito. No cristianismo podes declararte apostáte pero non podes borrar a “marca” do bautismo. Tampouco é moi fácil manter unha posición atea nun mundo condicionado pola institucionalización dos ritos de paso de orixe relixiosa. Iso conleva que, en moitos casos, se opte por unha posición de indiferencia práctica.

90

Page 24: crerounoncrer

Para pensar.......

ACTIVIDADE CULTURAL

ESQUEMA DE TRABALLO

Aplicación

A CRENZA E A INCRENZA

noINTELECTUAL

no COMIC

na SOCIEDADE

naMÚSICA

CINE

Creación CONCLUSIÓNS

91

Page 25: crerounoncrer

Para pensar.........Calqueira fe é unha forma de cegueira. Cando dicimos: «A fe és crer o que non vemos», nese

mesmo instante a fe impidenos ver o que vemos. José Luis Sampedro

O IntelectualO 'factor Deus'

José SaramagoEl País 18 de septiembre del 2001

Nalgún lugar da India. Unha fila de pezas de

artillería en posición. Atado á boca de cada unha delas hai un home. No primeiro plano da fotografía, un oficial británico ergue a espada e vai dar orde de disparar. Non dispoñemos de imaxes do efecto dos disparos, pero ata a máis obtusa das imaxinacións poderá 'ver' cabezas e troncos dispersos polo campo de tiro, restos sanguinolentos, vísceras, membros amputados. Os homes eran rebeldes. Nalgún lugar de Angola. Dous soldados portugueses erguen polos brazos a un negro que quizais non estea morto, outro soldado empuña un machete e preparase para separar a cabeza do corpo. Esta é a primeira fotografía. Na segunda, esta vez hai unha

segunda fotografía, a cabeza xa está cortada, está clavada nun pau, e os soldados rin. O negro era un guerrilleiro. Nalgún lugar de Israel. Mentras algúns soldados israelíes inmovilizan a un palestino, outro militar rómpelle a martelazos os osos da man dereita. O palestino tirara pedras. Estados Unidos de América do Norte, cidade de Nova York. Dous avións comerciais norteamericanos, secuestrados por terroristas relacionados co integrismo islámico, lánzanse contra as torres do World Trade Center e derribanas. Polo mesmo procedemento un terceiro avión causa danos enormes no edificio do Pentágono, sede do poder bélico de Estados Unidos. Os mortos, enterrados entre os escombros, reducidos a migas, volatilizados, contanse por miles.

(...) Sempre teremos que morrer dalgo, pero xa se perdeu a conta dos seres humanos mortos dos peores xeitos que os humanos foron capaces de inventar. Unha delas, a máis criminal, a máis absurda, a que máis ofende á simple razón, é aqela que, dende o principio dos tempos e das civilizacións, manda matar en nome de Deus. Xa se dixo que as relixións, todas elas, sen excepción, nunca serviron para aproximar e congraciar aos homes; que, polo contrario, foron e seguen sendo causa de sufrimentos inenarrables, de matanzas, de monstruosas violencias físicas e espirituais que constituen un dos máis tenebrosos capítulos da miserable historia humana. Alo menos en sinal de respeto pola vida, deberíamos ter o valor de proclamar en tódalas circunstancias esta verdade evidente e demostrable, pero a maioría dos crentes de calqueira relixión no só finxen ignoralo, senón que se erguen iracundos e intolerantes contra aqueles para quen Deus non é máis ca un nome, nada máis ca un nombre, o nome que, por medo a morrer, lle puxemos un día e que viría a dificultar o noso paso a unha humanización real. A cambio prometíanos paraísos e ameazabanos con infernos, tan falsos os uns coma os outros, insultos descarados a unha intelixencia e a un sentido común que tanto traballo nos costou conseguir. Di Nietzsche que todo estaría permitido se Deus no existise, e eu resposto que precisamente por causa e en nome de Deus é polo que se permiteu e xustificou todo, principalmente o peor, principalmente o máis horrendo e cruel. Durante séculos, a Inquisición foi, tamén, como hoxe os talibán, unha organización terrorista adicada a interpretar perversamente textos sagrados que deberían merecer o respeto de quen neles dicia crer, un monstruoso connubio pactado entre a Relixión e o Estado contra a libertade de conciencia e contra o máis humano dos dereitos: o dereito a dicir non, o dereito á herexía, o dereito a escoller outra cousa, que só iso é o que a palabra herexía significa.

E, con todo, Deus é inocente. Inocente como algo que non existe, que non existiu nin existirá nunca, inocente de ter creado un universo enteiro para colocar nel seres capaces de cometer os maiores crimes para logo xustificalos dicindo que son celebracións do seu poder e da súa gloria, mentras os mortos se acumulan, estos das torres xemelgas de Nova York, e tódolos demáis que, en nome dun Deus convertido en asasino pola vontade e pola acción dos homes, cubriron e insisten en cubrir de terror e sangue as páxinas da Historia. Os deuses, penso eu, só existen no cerebro humano, prosperan ou deterioranse dentro do mesmo universo que os inventou, pero o `factor Deus´, ese, está presente na vida como se efectivamente fose dono e señor dela. Non é un deus, senón o `factor Deus´ o que se exhibe nos billetes de dólar e se amosa nos carteis que piden para América (a dos Estados Unidos, non a outra...) a bendición divina. E foi no `factor Deus´ no que se transformou o deus islámico que lanzou contra as torres do World Trade Center os avións da revolta contra os desprecios e da vinganza contra as humillacións. Dirase que un deus adicouse a sementar ventos e que outro deus resposta agora con tempestades. É posible, e quizáis sexa certo. Pero non

92

Page 26: crerounoncrer

foron eles, pobres deuses sen culpa, foi o `factor Deus´, ese que é terriblemente igual en tódolos seres humanos onde queira que estean e sexa cal sexa a relixión que profesen, ese que intoxicou o pensamiento e abreu as portas ás intolerancias máis sórdidas, ese que non respeta senón aquilo no que manda crer, o que despois de presumir de ter feito da besta un home acabou por facer do home unha besta.

Ao lector creente (de calqueira crenza...) que conseguira soportar a repugnancia que probablemente lle inspiren estas palabras, non lle pido que se pase ao ateísmo de quen as escribiu. Simplemente rogolle que comprenda, co sentimento, se non pode ser coa razón, que, se hai Deus, hai un só Deus, e que, na súa relación con él, o que menos importa é o nome que lle ensinaron a darlle. E que desconfíe do `factor Deus´. No lle faltan inimigos ao espíritu humano, mais ese é un dos máis pertinaces e corrosivos. Como quedou demostrado e desgraciadamente seguirá demostrándose.

José Saramago, escritor portugués, premio Nobel de Literatura

- Recoñeces que posición atea está implicita no artigo de Saramago. Xustifica a resposta.- Investiga sobre a vida do premio nobel José Saramago e averigua que grao de compromiso

mantén coas súas ideas ateas.

- Cantos personalidades din publicamente que son ateas. Averiguao.

- Buscar ateos famosos e recoller unha biografía básica. Montar coas súas imaxes e fotos un cartel. www.primenet.com/~lippard/atheistcelebs/ http://agora.ya.com/hiperboreoo/ffamosas.html

- A función do intelectual é comprometerse socialmente e denunciar os problemas sociais. ¿Pódese facer dende calquera posición relixiosa? Busca exemplos ao respecto.

- Investiga as distintas posicións sobre o compromiso do intelectual e a súa relación actual co tema da relixión e os fundamentalismos.

93

Page 27: crerounoncrer

Para pensar.........Un mito é unha relixión na que xa ninguén cre

James Feibleman

Análise dun comic:

Predicador

-¿Qué visión de Deus se usa no Comic?. Dirias que plantexa un ateísmo ¿De que tipo?-O uso das mitoloxías cos seus deuses e semideuses tamén está presente nos comics, fai unha revisión dos personases da Marvel (superherois) describindo as características que presentan e os deuses mitoloxicos que se pudieron usar na súa construcción.

-Fai unha análise a través de distintas paxinas de comics sobre como se usa o plantexamento da relixión nos comics. Nos mangas atoparás visións panteísta, tamén podes ver posicións maniqueistas e teístas (loitas do ben contra o mal, anxos e demos, espiritus positivos e negativos....).

94

Page 28: crerounoncrer

Buda Predicador Portal de SueñosEstudio Utopia©Historia: María Sampers San Millán.Arte: Miguel Ángel Hernández Cedillo.

Contrato con DiosAutor: Will Eisner

The SandmanAutor: Neil Ganman

Buda é a historia da vida de Shiddarta, o príncipe indio que co tempo se convertiu en profeta e fundou unha relixión. Trala segunda guerra mundial, contexto de emergencia do manga, un tema era esencial en todo o planeta: a resurrección. Esta é a trama que subxace en toda a obra

Predicador é un cómic de difícil cualificación no seu argumento mézclanse elementos fantásticos e sobrenaturais. O seu protagonista, Xénese, fillo da cópula dun ánxo e un demo, é unha entidade probablemente tan poderosa como o mesmo Deus. Asustado, Deus abandoa a súa posición no Ceo e agáchase no mundo. Xénese entra no corpo de Jesse Custer. Co coñecemento e capacidades que lle proporciona Xénese, emprenderá a busca de Deus para pedirlle explicacións polo seu abandono

Historieta protagonizada por anxos e demos, enmarcada nun dos momentos máis crus da 2da. Guerra Mundial, xorde dunha discusión sobre relixión onde o argumento principal foi a forma en que as distintas crenzas se contradin entre sí, pero tamén en ocasións poden chegar a complementarse.

Catro historias que evocan a vida dos barrios humildes de Nova York durante os anos 30. Na primeira un home que ten un contrato con Deus, só que Deus incumpreuno....

"¡violaches o noso contrato! Se Deus ordea que o home cumpra o acordado... ¿non ten que cumprilo Deus tamén? Eu preguntoche... ¿non estaban claras as claúsulas?... ¿pasei por alto algunha frase... saltéi unha soa coma?"—Frimme Hersh—

Esta saga de comics trata de deuses, pesadelos, historias sobre a verdadeira esencia dos soños. O protagonista Soño dos Eternos, pertence a unha arcana familia cuios membros son máis que deuses (porque os deuses morren, cando a xente deixa de crer neles). Os Eternos, sen embargo, existen dende o principio do tempo, cando Destino abriu o seu libro; e existirán ata o fin dos tiempos.

http://www.utopiacomics.com/comic1.htm#img para a historia e imaxes de Omahahttp://www.norma-ed.es/magazine/report/reppredicador.asp Articulos sobre Predicador e algunhas imaxes.http://www.arquired.es/users/karawapo/sandman.htm Sipnosis da historia e libros que compoñen a saga

95

Page 29: crerounoncrer

Para pensar.........A única cousa boa que saiu da relixión foi a

músicaGeorge Carlin

A Música

El cromosoma

Hace tiempo que me importa un cominoque el último jalón de mi caminocaiga lejos de Roma,hace tiempo no juego al acertijotan esdrújulo de un padre y un hijoy una blanca paloma.

Y lo cierto es que no me desesperodesde el día que al célebre maderolo comió la carcomapero si me preguntan y lo digoaparte de algún que otro íntimo amigotodos creen que es broma.

Y como con eso no se bromeaesperan que Dios me dé con la teade churrusca Sodomao que al menos diga yo reconfortanteque me he hecho mahometano o protestantehablamos otro idioma.

Pues nada más que eso me faltabaque tuviera que asirme a la chilabadel profeta Mahomani a tripa de Lutero ni aun de Budaprefiero caminar con una dudaque con un mal axioma.

Porque dudo que al final de este asuntola cosa no se acabe con un puntosino con punto y comay no espero un cielo o un infiernono más confío en que seré algo eternogracias al cromosoma.

Tranquilo puedo vivirme mi historiasabiendo que a las puertas de la gloriami nariz no se asomala muerte no me llena de tristezalas flores que saldrán por mi cabezaalgo darán de aroma.La mandrágora

De muerte lenta

Morir por las ideas, la idea es excelente.Por no tenerla, a punto estuve de morir,pues los que la tenían, en multitud ardientecon sus gritos de muerte cayeron sobre mí.Y ahora que la tengo mi musa insolente,abjura de su error, se une a ellos al finno sin darle al asunto un cierto retintín:Muramos por ideas,mas de muerte lentade muerte lenta.

Gocemos, ya que no hay peligro en el retraso,del viaje por las curvas del camino a seguir;que podemos morir, si forzamos el paso,por una idea absurda, vacía y baladí.Y al dar el alma a Dios es triste darse cuentaen medio de amargura y de desolaciónque equivocamos rumbo, camino y convicción.Muramos por ideas,mas de muerte lenta

ADAPTACIÓN A LA CANCIÓN DE George Brassens

Hijos de Caín

La Biblia cuenta una historia,que un dios terrible dictó.El drama de dos hermanos,el justo y el traidor.Abel mezquino y cobarde,el siervo de su señor.Caín que no entró en el juego,y que se rebeló.Te maldigo truena la voz de su juez.Padre nuestro que nos privó del Edén.

Caín rompió con un gesto,Su yugo de esclavitud.Huyó del ojo implacable,Llevó su propia cruz.Perseguido, por quebrantar una ley,que no entiende, y que no cuenta con él.Sufrirás, morirás, esta es su voluntad,Pero aún hay aquí, ¡¡¡ Hijos de Caín !!!

Las estirpe del fugitivo,creció y se multiplicó.El signo que los margina,ya nunca se borró.Te maldigo, claman los hijos de Abel,a la diestra de su señor el poder.

Sufrirás, morirás, esta es su voluntad,Pero aún hay aquí, ¡¡¡ Hijos de Caín !!!

Quizá los hombres seamos,a un tiempo Abel y Caín.Quizá algún día destruya,lo oscuro que hay en mí.El destino no está marcado al nacer.Yo he elegido ser lo que siempre seré.

¡¡¡ Hijos de Caín !!!

Barón rojo.

Silent Warrior John Lennon Duran Duran

96

Page 30: crerounoncrer

Long ago, for many yearsWhite men came in the name of GOD.They took their land, they took their livesA new age has just begun.

They lost their GODS, they lost their smileThey cried for help for the last time.Liberty was turning into chainsBut all the white men saidThat's the cross of changes.

In the name of GOD - The fight for goldThese were the changes.Tell me - is it right - In the name of GODThese kind of changes?

They tried to fight for libertyWithout a chance in hell, they gave up.White men won in the name of GODWith the cross as alibi.

There's no GOD who ever triedTo change the world in this way.But for the ones who abuse his nameThere'll be no chance to escapeOn judgment day.

In the name of GOD - The fight for goldThese were the changes.Tell me - Is it right - In the name of GODThese kind of changes?

Tell me why, tell me why, tell me why,The white men said:That's the cross of changes?Tell me why, tell me why, tell me why,In the name of GODThese kind of changes.

God is a concept by which we measure our painI'll say it againGod is a concept by which we measure our painI don't believe in magicI don't believe in I-ChingI don't believe in BibleI don't believe in tarotI don't believe in HitlerI don't believe in JesusI don't believe in KennedyI don't believe in BuddhaI don't believe in mantraI don't believe in gitaI don't believe in yogaI don't believe in kingsI don't believe in ElvisI don't believe in ZimmermanI don't believe in Beatles --I just believe in meYoko and me -- and that's realityThe dream is over -- what can I say?The dream is over -- yesterdayI was the dream-weaver but now I'm rebornI was the walrus but now I'm JohnAnd so dear friends you'll just have to carry on --The dream is over.

There was a time I was so afraidOf everything people around me saidThat I wanted to hide my face in the shadows.There was a time on a bed of nailsI was dreaming a plan I thought could failBut no power under the sun could pull it together I can't take this attitude Got to show now I got to move on God knows where I'm going to It's a lonely burning question

I am I myself aloneRealise I never need to use No-oneMoney, power, Holy roads.Freedom puts my faith in none of the above.If there's a time that we ever seeThe nature of life in realityThen I want to be thereTo kick at the answer I can't take this attitude Got to show now I got to move on God knows where I'm going to It's a lonely burning questionI am I myself aloneRealise I never need to use No-oneMoney, power, Holy roads.Freedom puts my faith in none of the above.I am I myself aloneRealise I never need to use No-oneWhen it comes down to my soul.Freedom puts my faith in none of the above.

MIDDLEI am I myself aloneRealise I never need to use No-oneMoney, power, Holy roads.Freedom puts my faith in none of the above.I am I myself aloneRealise I never need to use No-oneWhen it comes down to my soul.Freedom puts my faith in none of the above.None of the above I stand by none of the above

Cuestións:¿Que teñen en común as cancións anteriores? ¿Qué aspectos do tema do ateísmo toca cada unha delas?Buscar algún fragmento musical inspirado na dúbida acerca na existencia de Deus e o desgarramento existencial que supón. Algúns autores posibles: Así falou Zaratustra de Wagner, Don Juan de Strauss. Tamén se pode plantexar unha audición musical con algunhas obras musicais ateas. Podes atopar unha selección e a explicación en inglés das obras na seguinte dirección en Internet: http://www.telemark.net/atheistmusic/

97

Page 31: crerounoncrer

Para pensar.........Pode ser que o noso rol neste planeta non seza adorar a Deus, senón crealo.

Arthur C. ClarkeA Sociedade e os seus símbolos.

Creado en 1963 pola American Atheists, é un logotipo internacional simbolizando o ateísmo. Un símbolo da ciencia, da abstración do pensamento e un símbolo da universalidade. Escolleuse o átomo por ter sido un redescubrimento da ciencia contemporánea, con orixe nos pensadores gregos da antiguidade. Asi, o pasado da humanidade, o presente que nós construímos, e o futuro que nos reserva estan presentes neste símbolo. O átomo era, no momento en que foi concebido, a partícula mais pequena da matéria. Ao mesmo tempo, o átomo está presente en todo o universo. É a partícula de un elemento, e a propiedade dese mesmo elemento. É a unidade e a totalidade.

La A simboliza negación e a T Theos (deuses), así que a súa mensaxe é clara. Posta de lado semella un peix ao que se lle devorou o corpo que representa un ataque directo ao cristianismo. Ten a figura dunha frecha cara riba, o que representaría á súa vez a ascensión do ser humano a unha etapa atea. A T maiúscula é como unha cruz sen cabeza, as religiones son asi, no usan el intelecto.

O mesmo co símbolo anterior pero co dentro dun círculo, ten as letras "A" "Te" e "O", así que di ATeO por sí mesmo

Os loureiros fan pensar que o coñecemento só está ao alcance duns poucos. A T en forma de torre da a entender que o coñecemento xera forza e permite estar vixilante e alerta. O pau atravesado en forma de cornamenta indicaría o férreo que é o coñecemento.

¿Cal dos símbolos anteriores che parece máis adecuado? Elabora ti un símbolo do ateísmo e describeo.

Investiga o significado dos diferentes símbolos do cartel.

98

Page 32: crerounoncrer

Para pensar.........En tanto tódalas preguntas sexan respondidas

coa palabra 'Deus', a investigación científica é simplemente imposible.

Robert IngersollNo cine

Sinopse: retrata a búsca de vida extraterrestre polos científicos. Baseada na novela de Carl Sagan a loita contínua entre saber e crenza impregna o filme. O misterio, o fanatismo, os soños da infancia, a política, a relixión, conforman unha película que non ofrece respostas, só preguntas. A mensaxe que transmite é que, creamos ou non creamos, a verdade segue a eludirnos.

Título: ContactDirector: Robert Zemeckis, 1997. Actores principais: Jodie Foster, Matthew McConaughey, James Woods, ...

Cuestións:Se a relixión non é máis que unha toleria, e o noventa por cento da Humanidade está tolo, ¿debe representala un tolo?¿Qué diferencia á ciencia da relixión cando non atopa probas do que di?Comenta a frase: "Sempre pensei que o mundo é tal e como nós o facemos" ¿quen a di? ¿En que contexto? ¿Qué posición plantexa ante a existencia de Deus?Na película repitese en tres ocasións e por tres personaxes distintos a frase: "Se non hai vida aló en riba, cánto espacio desaproveitado". ¿Cal é a posición respecto ás crenzas relixiosas de cada unha desas personaxes? ¿Qué se quere dicir en cada caso?

Bibliografía

BLOCH, Ernst, El ateísmo en el cristianismo. La religión del éxodo y del Reino, Ed. TaurusBORGHELLO, Ugo, Ersnt Bloch: Ateísmo en el cristianismo, Ed. Magisterio EspañolBORNE, GUITTON, RICOEUR y otros, Dios hoy, Ed. KairósBOWKER, J., El sentido de Dios, Ed. PenínsulaCARO BAROJA, Julio, De la superstición al ateísmo, Ed. TaurusCOHEN, Esther, El silencio del nombre, Ed. AnthroposFEUERBACH, Ludwig, La esencia del cristianismo, Ed. TrottaFLEW, Anthony, Dios y la filosofía, Ed. El AteneoFREUD, Sigmund, Moisés y la religión monoteísta.Y otros escritos sobre judaísmo y antisemitismo, Alianza Ed.GALILEO GALILEI, Carta a Cristina de Lorena y otros textos sobre ciencia y religión, Alianza EdGELLNER, E., Postmodernismo, razón y religión, Ed. PaidósGONZALEZ DE CARDENAL, Olegario, Cuatro poetas desde la otra ladera:Unamuno, Jean Paul, Machado, Oscar Wilde, Ed. TrottaHANSON, N.R., NELSON, B. y FEYERABEND, P.K., Filosofía de la ciencia y religión, Ed. SíguemeJASPERS, Karl, La fe filosófica ante la revelación, Ed. GredosJORDAN, P., El hombre de ciencia ante el problema religioso, Ed. GuadarramaKANT, Immanuel, La religión dentro de los límites de la mera razón, Alianza EdKOLAKOWSKI, Leszek, Si Dios no existe ... Sobre Dios, el diablo, el pecado y otras preocupaciones de la llamada filosofía de la religión, Ed. TecnosKOLAKOWSKI, Leszek, Cristianos sin iglesia, Ed. TaurusKRÜGER, Hans J., Teología e Ilustración, Ed. Alfa

99

Page 33: crerounoncrer

LUBAC, Henri de, El drama del humanismo ateo: Comte, Feuerbach, Nietzsche, EPESALLOBERA, J.R., El dios de la modernidad, Ed. AnagramaMIETHE, Terry y FLEW, Anthony, ¿Existe Dios?, Ed. CátedraNOÜY, Lecomte du, De la ciencia a la fe, Ed. GuadarramaOTTO, Rudolf, Lo santo. Lo racional y lo irracional en la idea de Dios, Alianza Ed.PUENTE OJEA, Gonzalo, Elogio del ateísmo. Los espejos de una ilusión, Ed. Siglo XXIROMERALES, Enrique (Ed.), Creencia y racionalidad. Lecturas de filosofía de la religión, Ed. AnthroposRUSSELL, Bertrand, Religión y ciencia, Ed. F.C.E.TIERNO GALVAN, Enrique, ¿Qué es ser agnóstico?, Ed. TecnosZUBIRI, Xavier, El hombre y Dios, Alianza Ed.

100