Top Banner
PLAN LECTOR Páx. 1 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Nov 17, 2018

Download

Documents

nguyendang
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 1 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Page 2: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 2 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

INDICE

1.- CONTEXTUALIZACIÓN ..................................................................................... 3

1.1. O NOSO CENTRO: Descrición do Centro. ...................................................................... 3

1.2. AS NOSAS AULAS: ¿ Onde estamos?, ¿ Quen somos?: Situación e características. ...... 3

2.- FUNDAMENTACIÓN ........................................................................................... 6

3.- OBXECTIVOS. ....................................................................................................... 8

3.1. LINGUA ORAL ................................................................................................................ 8

3.2. APROXIMACIÓN Á LINGUA ESCRITA ...................................................................... 9

3.3. ACERCAMENTO Á LITERATURA. ............................................................................ 10

4.- A BIBLIOTECA ...................................................................................................11

5.- PAUTAS DE ACTUACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA .....................13

6.- ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS ...........................................................19

6.1. CONCRECIÓN DE PAUTAS PARA PAIS E NAIS...................................................... 20

7.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN .......................................................................21

Page 3: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 3 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

1.- CONTEXTUALIZACIÓN

1.1. O NOSO CENTRO: Descrición do Centro.

Somos un Centro Educativo Rural con alumnado de 2º ciclo da Etapa de

Educación Infantil, creado no ano 1999 a partir da agrupación das antiguas

escolas unitarias dispersas no concello de Tomiño. Somos un C.R.A. de

Educación Infantil.

Ao xubilarse o noso compañeiro Manuel Garcés que levaba 30 anos

como mestre na escola de Estás, do noso CRA, onde antes estivera toda a

vida como mestre o seu pai, a nosa comunidade educativa quixo levar o seu

nome, como símbolo do valor das persoas concretas e cercanas ,os mestres e

mestras rurais que co seu traballo sementando e coidando ano tras ano o

eido educativo, participaron e participan no crecemento de todos nós

1.2. AS NOSAS AULAS: ¿ Onde estamos?, ¿ Quen

somos?: Situación e características.

O noso Colexio Rural Agrupado “Mestre Manuel Garcés” de

Tomiño, está constituído por 13 edificios escolares/aulas e unha sede

administrativa no centro urbano de Tomiño.

Page 4: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 4 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

AMORÍN : Aula situada na parroquia de San Xoan de

Amorín. O edificio escolar atópase a poucos metros da igrexa e a uns cen

metros da estrada Tui-A Guarda.A zona é unha zona rural, cun núcleo de

casas nas proximidades do colexio,na súa maioría vivendas unifamiliares,

rodeado por zonas verdes de monte e leiras.

AURORA : Aula situada nunha zona chamada Costa, no rural

do interior do Baixo Miño. O seu emplazamento xeográfico, nun alto rodeado

por natureza é un regalo para todos nós. O edificio, emblemático na nosa

zona, foi feito polos veciños emigrantes, en terreo doado para uso escolar

pola Sociedade “Aurora del Porvenir” de Tomiño.

BARRO :Barro é unha zona situada a un kilómetro, oitocentos

metros aproximadamente do centro urbán de Tomiño, en dirección do interior,

cara a Tebra. O alumnado que se acolle nela procede do propio Barro e das

zonas de Lameira, a Pedra e Hospital.

CARREGAL :A escola está situada na estrada principal que

vai de Tui- A Guarda, a uns cinco kilómetros do centro de Tomiño.

FIGUEIRÓ: Aula situada na entrada principal ó lugar de

Figueiró, sito a uns oito kilómetros do concello pola estrada que vai de Tui á

Guarda.

Page 5: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 5 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

FORCADELA :A escola está situada na estrada xeral entre Tui e

A Guarda. O entorno son casas unifamiliares rurais.Está situada a uns tres

kilómetros do centro.

PIÑEIRO :Aula a oito kilómetros da sede do centro. O edificio

escolar é de pedra e atópase en bastante bó estado. Consta dun vestíbulo,

unha aula ampla e uns baños. O espacio exterior é amplo e rodea a escola.

SEIXO :Escola composta por tres unidades de Educación

Infantil atópase situada nun edificio de pedra con tres aulas amplias e dous

patios pechados. O edificio está situado na rúa Gondomar nº 18 e atópase

anexo á sede do C.R.A.

TABORDA :O edificio, de pedra, con dous andares, no

primeiro deles sitúase a aula, á que se accede por unhas escaleiras. O patio é

amplo, atópandose fraccionado en dúas partes, unha a cada lado do edificio. A

escola atópase a seis kilómetros da sede.

VILACHÁN :A escola dista da sede uns dous kilómetros, é un

edificio de pedra con dúas plantas. Na planta baixa atópase o ximnasio e os

baños e na planta superior hai dúas aulas,tamén con baños.Ten un patio de

recreo cun pequeno anaco cuberto.

Page 6: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 6 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

VILAMEÁN :A escola está situada a sete kilómetros da sede. O

edificio é unha construcción antiga de pedra, con grandes ventanais. Consta

de dúas aulas contiguas das cales unha úsase para impartir clases de

Educación Física. Nesa aula celebránse tamén xuntanzas e actividades da

asociación de montes da parroquia. Accédese a ambas a través dun soportal

que a súa vez serve de patio cuberto para o recreo.

2.- FUNDAMENTACIÓN

A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, a LOE, recolle a necesidade de

potenciar o hábito lector entre os alumnos/as, ante a constatación das

deficiencias de expresión oral e escrita que éstes presentan; ao mesmo tempo

sinálase que o currículo para a Educación Infantil deberá incluir actividades

que estimulen o interese e o hábito de lectura.

O proxecto lector de centro marca as actuacións destinadas ao fomento

da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas.

Incorporando a biblioteca de centro , a biblioteca itinerante e as bibliotecas de

aula como recursos fundamentáis para a súa posta en marcha.

O plan lector, de acordo coa lexislación vixente, a LOE, defínese como

un conxunto de estratexias para fomentar, incitar e promover nos nenos e

nenas o apego aos libros, o gusto pola lectura a partires de situacións

creativas, lúdicas e placenteras. Estas estratexias están orientadas a

desenvolver nos nenos e nenas unha actitude positiva en relación coa lectura

e a escritura, que permita constituÍla nunha ferramenta para o

desenvolvemento de capacidades para a vida, de cara á formación de

cidadáns activos e solidarios.

Page 7: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 7 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Por outra banda, deseñaránse estratexias de comprensión lectora

traballando diversos tipos de texto: contos, poesías, trabalinguas, ditos,

textos xornalísticos, dixitais…

Fomenta-lo hábito lector é tarefa de todos aqueles que comparten a

responsabilidade na educación dos nenos e nenas e compromete a toda a

sociedade, especialmente ás familias e aos centros educativos.

O ámbito familiar é un dos máis influíntes no fomento dos hábitos

lectores nos nenos e nenas. Que os pais lean cando os nenos/as son cativos,

que os agasallen cun libro, e que se preocupen polo que os seus fillos/as len,

son actuacións que terán unha influencia fundamental nos futuros hábitos

lectores dos seus fillos/as.

A escola tamén ten un papel relevante neste senso. A lectura é un dos

principais instrumentos de aprendizaxe e abre portas a novos coñecementos,

por iso o desenvolvemento dos hábitos lectores debe comenzar a idades moi

temperás.

Os diferentes frentes dos que partiremos para incentivar os nenos/as

serán :

Dende a lectura: debemos poñer ao alcance dos alumnos/as

unha oferta variada e atractiva de libros; hai que darlles liberdade para a súa

elección. Presentándolles os novos libros de xeito atractivo.

Dende a escritura: participación na revista escolar, na recollida

de ditos, nos eslogans de nadal, nos carteis das diferentes festas e na

elaboración das súas propias produccións.

Dende a linguaxe oral: traballar a linguaxe e a expresión oral;

facer xogos coas palabras, recitar poesías ou retahílas; cantar cancións;

contar contos, anécdotas e historias, inventar historias disparatadas,

principios e finais de contos…

Page 8: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 8 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Dende outras formas de expresión: utilizar a fotografía, o

vídeo, o teatro, o cine, as dramatizacións, a música e demais recursos que

potencien a expresión en tódo-los ámbitos.

O plan lector no noso centro levarase a cabo dun xeito globalizado,

empregándoo como un recurso que dinamize o proxecto de centro;

concretado nos diversos talleres didácticos que se levan a cabo.

3.- OBXECTIVOS.

3.1. LINGUA ORAL

Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para evocar e

relatar feitos, expresar e comunicar ideas e sentimentos e como axuda para

regular a propia conducta e a dos demais.

Usar progresivamente, acorde coa idade, un léxico variado cunha

estructuración apropiada de frases, entonación axeitada e pronunciación clara.

Participar e escoitar activamente nas situacións habituais de

comunicación.

Acomodar progresivamente os enunciados aos formatos

convencionais.

Utilizar axeitadamente as normas que rixen o intercambio

lingüístico, respetando a quenda de palabra, escoitando con atención e

respecto.

Amosar interese por participar en interaccións orais en lingua

estranxeira, en rutinas e situacións habituais de comunicación e valorar a

lingua estranxeira como un instrumento para comunicarse.

Page 9: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 9 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Desenvolver estratexias básicas para apoiar a comprensión e

expresión oral de mensaxes en lingua estranxeira.

Manter unha actitude positiva cara as diferentes linguas utilizadas

no contorno e hacia os usos particulares que fan delas as persoas.

3.2. APROXIMACIÓN Á LINGUA ESCRITA

Aproximarse á lingua escrita como medio de comunicación,

información e disfrute.

Amosar interese por explorar algúns dos seus elementos.

Distinguir entre as formas escritas e outras formas de expresión

gráfica.

Identificar palabras e frases escritas moi significativas e usuais e

recoñecer as diferenzas e semellanzas entre elas.

Usar autónomamente e de xeito gradual, os diferentes soportes da

lingua escrita; como libros, revistas, periódicos, ordenadores, carteis ou

etiquetas.

Interesarse pola escoita de poesías, narracións, explicacións ou

descripcións transmitidas ou lidas polas persoas.

Iniciarse no uso da escritura para cumplir finalidades reais: avisos

as familias, elaboración de carteis, notas informativas, invitacións…

Aproximarse ao uso dalgunhas convencións do sistema da lingua

escrita como linealidade, orientación e organización do espazo.

Page 10: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 10 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

3.3. ACERCAMENTO Á LITERATURA.

Escoitar e comprender contos, lendas, poesías, rimas ou adiviñas,

tanto tradicionais como contemporáneas, como fonte de placer e de

aprendizaxe.

Recitar poesías, rimas, textos de tradición cultural ou de autor,

disfrutando das sensacións producidas polo ritmo, a rima e a beleza das

palabras.

Divertirse e aprender coa participación en xogos lingüísticos.

Favorecer a capacidade de dramatización, disfrutando coa

expresión e axuda de recursos extralingüísticos.

Mostrar interese por compartir as sensacións e emocións

provocadas polos contos, textos…

Utilizar a bibliteca con respeto e coidado, valorándoa como recurso

de información, aprendizaxe, entrenemento e disfrute.

Escoitar, comprender e memorizar fragmentos de cancións,

poesías ou rimas en lingua estranxeira.

Page 11: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 11 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

4.- A BIBLIOTECA

A biblioteca constitúe unha das ferramentas máis importantes, para

animación e fomento da lectura e como fonte de información, motivo polo que

cada curso intentamos enriquecela con novas adquisicións; sobre todo

relacionadas co proxecto didáctico que abordamos cada ano escolar e cos

talleres que se artellan.

A día de hoxe, existe unha considerable selección, onde podemos atopar

gran variedade de tipos de texto (enciclopedias, contos, poesía, adiviñas,

DVD....)

A biblioteca do C.R.A. estructúrase do seguinte xeito:

Biblioteca común do centro

Biblioteca itinerante

Biblioteca de aula

O centro conta cunha biblioteca común para tódalas unitarias,

organizada según os contidos curriculares:

Coñecemento de si mesmo e autonomía personal:

Corpo e a propia imaxe

Xogo e movemento

Actividade e a vida cotidiá

Coidado persoal e a saúde

Page 12: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 12 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Coñecemento do entorno

Medio físico: elementos, relación e medidas

Acercamento á Naturaza

Cultura e vida en sociedade

Linguaxes: Comunicación e representación

Linguaxe verbal:escoita, fala, conversa

aproximación á linguaxe escrita

acercamento á literatura

Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a

comunicación.

Linguaxe artístico

Linguaxe corporal

Esta biblioteca está ubicada na sede do C.R.A., onde tamén se ubican as

caixas co material da biblioteca itinerante

A biblioteca itinerante, consiste nunha selección de libros variados,

contos de dramatización, marionetas e DVD, que irán rotando temporalmente

entre as diversas unitarias.Este curso será presentada por un personaxe

imaxinario chamado Lectoriño, habitante do planeta Librolandia, que disfruta

lendo e viaxando polo seu planeta do saber.

Lectoriño vainos propoñer diversas actividades para levar a cabo co

material que nos ofrece. Estes libros son viaxeiros, e serven de préstamo ás

familias o fin de semana.

A biblioteca de aula, conta cos traballos dos proxectos didácticos que

ano a ano vanse recollendo en forma de dossier, as revistas escolares, contos

inventados polos alumnos/as; e libros convencionais como dicionarios, libros

de información, libros de cociña, contos, revistas variadas...

Page 13: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

PLAN LECTOR Páx. 13 de 22

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

5.- PAUTAS DE ACTUACIÓN E INTERVENCIÓN

EDUCATIVA

No noso centro partimos dun enfoque metodolóxico baseado no

construtivismo, motivo polo que a nosa intervención educativa lévase a cabo

dun xeito globalizado, partindo de situacións contextualizadas e significativas

para o neno/a.

Entendemos que no plan lector, está sumerxido toda a comunidade

educativa e abrangue dende a psicomotricidade, grafomotricidade, linguaxe

oral, dramatización, música …

Algunhas das actividades máis concretas que levamos a cabo son do

tipo:

Etiquetado de recunchos e materiais escolares

Rutinas: data, calendario, pasar lista…

Traballo da sonoridade das letras a partir de

cartas

Xogo do bingo de nomes

Tempo adicado aos contos

Page 14: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Elaboración de abecedarios temáticos

Lectura de imaxes

Exploración de trazos e liñas

Elaboración de murais (normas, proxecto…)

Producción de notas informativas para as

familias.

Creación de contos entre tódalas unitarias

Libros elaborados a partir dos coñecementos

do proxecto didáctico

Dende o equipo das TICS, a ferramenta empregada fundamentalmente

é o encerado dixital xunto co ordenador, a través dos cales se fomenta a

comprensión das mensaxes audiovisuais e se propoñen tarefas e xogos

propios da lectoescritura, apoiados en soportes diferentes aos convencionais.

Page 15: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

En relación co Taller de Xogos de

pensar, queremos

destacar a través

de xogos como as

ras saltarinas, sair

do atasco, a

familia tres en

liña… a

importancia da

adquisición de destrezas intelectuais. O

obxectivo específico para o plan lector, vai

enfocado cara a mellorar a comprensión e

resolución de problemas, empregando a

linguaxe oral de maneira axeitada.

No Taller de non- matemáticas ten relevancia a lectura, comprensión

e interpretación de símbolos da vida cotiá relacionados coa matemática.

Na Biblioteca itinerante, para que sexa operativa, todo o material

itinera nunhas caixas, que conteñen un bloc para realizar actividades do tipo:

Contos absurdos: a partires de tres palabras que van no sobre, cada aula

crea un conto que escribe e ilustra.

Adiviñas: cada aula escribe e ilustra dúas adiviñas (algunha relacionada

co proxecto).

Poesía: a partires de dúas poesías que xa van no bloc refacémolas e

completámolas

Trabalinguas: escribir e ilustrar dous trabalinguas

Rimas: facemos rimas cos nomes dos planetas e ilustrámolas

Page 16: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

O calcetín amarelo: a partires da lectura do libro cada aula fará a súa

creación cun calcetín. No bloc poñeremos por diante a foto e por detrás a

explicación da realización

Dramatización de contos, que poderán ser postos en escena nas festas

común do centro

Dende o de Departamento Orientación, a especialista en Audición e

Linguaxe, propón

Unha serie de suxerencias, para unha mellora na adquisición do proceso

lectoescritor.

Para chegar a adquirir a lectoescritura debemos traballar os seguintes

procesos:

Procesos perceptivos

Procesos léxicos tanto pola ruta visual como pola ruta fonolóxica

Procesos sintácticos

Procesos semánticos.

EXEMPLIFICACIÓN DOTRABALLO DOS PROCESOS PERCEPTIVOS

En Educación Infantil resulta imprescindible o traballo dos procesos

perceptivos que son básicos para o desenvolvemento da lectoescritura. Para

traballalos facemos actividades como as seguintes:

Actividades visuais

identificar unha imaxe concreta entre varias

Page 17: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

BUSCA NESTE DEBUXO: UNHA

XIRAFA, UN POLBO, UN COCRODILO…

discriminar entre imaxes iguais e diferentes

FACEMOS TARXETAS CON DEBUXOS IGUAIS E CON OUTROS

SEMELLANTES E OS NENOS/AS DEBEN IR DICINDO SE SON IGUAIS OU NON

A UN MODELO QUE LLE DAMOS.

atopar as diferenzas entre dous debuxos case iguais

Page 18: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

Actividades auditivas

-Escoita de onomatopeas e imitación das mesmas. Dámoslle a imaxe

para que eles fagan o ruído correspondente.

- Discriminación auditiva de sons.

Partindo de cintas nas que estean gravados sons do medio ambiente

como por exemplo: cantos de paxaros, o ruído da choiva, martelos

golpeando... Traballamos a discriminación auditiva de sons.

- Discriminación figura-fondo auditiva.

Os nenos/as deben distinguir dous sons que aparecen simultaneamente

no CD que escoitamos, por exemplo o ruído duns pasos fortes e dunha porta

que se pecha.

- Discriminación auditiva de palabras semellantes. Con tarxetas que

conteñan imaxes de palabras case iguais foneticamente como por exemplo:

bota-gota, rata-pata ...

NAVE CHAVE

Page 19: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

6.- ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

A nosa comunidade educativa de educación infantil afronta unha

problemática crecente no eido da audición e linguaxe. Cada ano son máis ons

nenos e nenas que chegan ao noso centro con dificultades na linguaxe, con

frecuencia xunguidas a outras necesidades no eido da autonomía personal. A

sobreprotección e os malos hábitos alimenticios ( que prolongan o estadio de

“bebé” ata idades próximas a escolaridade obligatoria) favorecen unha

inmadurez que sería pouco previsible no mundo mediático cheo de estimulos

no que vivimos.

O papel das familias na estimulación lingüística e no fomento da

competencia en todos os ámbitos das linguaxes nos parece un eido

imprescindible de traballo para atallar esta e outras problemáticas asociadas.

Este curso 2008-2009 empeza a funcionar unha iniciativa compartida

“Escola Municipal de nais e pais” organizada pola concellalía de asuntos

sociais, pensada para tratar temáticas de reflexión e formación para as

comunidades escolares do noso Concello.

Pensamos ir desenvolvendo de xeito progresivo estratexias para

fomentar a sensibilización das familias e a formación conxunta da nosa

comunidade educativa nestes temas de tanta interese a medio e longo plazo

hacia a adquisición das competencias básicas facendo fincapé no ámbito

comunicativo e de relación.

Estas carencias obrígannos a impulsar a implicación das familias,

ofertándolle unha serie de pautas que parten de nocións moi básicas, pero

non menos importantes.Pois sentarán as bases de futuros aprendizaxes.

Page 20: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

6.1. CONCRECIÓN DE PAUTAS PARA PAIS E NAIS

Coa fin de que o desenvolvemento lingüístico dos nosos nenos/as vaia

en aumento e poidamos corrixir algúns erros de pronunciación sabemos que é

indispensable evitar algúns hábitos inadecuados e fomentar outros:

-Despois dos dous anos non deben usar o chupete nin o biberón.

¿Por que? Porque poden aparecer deformacións nos dentes, alteracións

no padal, cambios na musculatura dos labios, dificultades no

desenvolvemento psicoemocional e erros na pronunciación de algúns fonemas

e palabras. O mesmo ocorre se adquiren o costume de chupar un dedo.

- É moi aconsellable comer sólidos e alimentos duros como pan de

barra, chocolate, froitas enteiras (non partidas)... O tomar sempre purés,

bocadillos de pan sen cortiza, ... non é beneficioso porque deixan de traballar

algúns músculos da boca que logo precisan para pronunciar axeitadamente

fonemas como o /r/ que require unha grande precisión dos movementos da

lingua.

- Non debemos imitar ao neno/a nas súas producións erróneas. Por

exemplo se o neno/a di: a caziña de Zara (en vez de “A casiña de Sara” o que

debemos facer e repetir nós esa frase correctamente para darlle un bo modelo

pero nunca nos debe facer graza nin debemos imitalo.

- Ter un tempo ao día para dedicar exclusivamente a falar co

neno/a. É importante estimular ao neno/a, facelo saber escoitar e que vexa

que o escoitades. Os contos son unha boa ferramenta para practicar todos

estes exercicios e ademais con eles aprenden vocabulario, a estruturar a

linguaxe e a traballar a atención auditiva.

Page 21: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

7.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

O seguimento e avaliación do Plan Lector, é un elemento esencial xa

que permite a valoración do grado de consecución dos obxectivos propostos,

das actuacións que se levan a cabo e dos recursos e medios utilizados asi

coma a realización de propostas de mellora.

A valoración do plan ten que ser continua, co fin de ir axustando os

obxectivos e actuacións previstas, ás necesidades, demandas e problemáticas

do centro. Un filtro importante será a través das xuntanzas da Comisión de

Coordinación Pedagóxica.

Aspectos que valoraremos serán:

Grado de cumprimento dos obxectivos plantexados.

Repercusión do Plan Lector nos documentos do centro: Proxecto

didáctico, Proxecto de Normalización Lingüística, Programación

Xeral Anual ...

Nivel de implicación do Plan Lector cos talleres postos en marcha

Utilización dos materiais e recursos asignados para a dinamización

da biblioteca e a potenciación do hábito lector

Receptividade por parte do profesorado ante as posibles propostas

que recolle o noso Plan Lector.

Para sistematizar o proceso de seguimento e avaliación das actuacións

que se desenvolven, realizarase:

Un proceso de seguimento das actividades propostas, que estará

envolto nunha dinámica de autoavaliación, nas que se analizarán :

Page 22: CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 …lector+3.pdfPLAN LECTOR Páx. 2 de 22 CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño cra.tominho@edu.xunta.es

CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]

A metodoloxía empregada

As actitudes e motivacións do profesorado, das familias e do alumnado

A idoneidade das propostas desenvolvidas, materiais e recursos

Para realizar este seguimento é convinte levar un rexitro das incidencias,

logros... das experiencias postas en marcha.

Unha avaliación final que sintetice aspectos como:

O grado de consecución dos obxectivos propostos

A consecución das actuacións plantexadas e a coherencias cos proxectos

didácticos.

Aproveitamento de recursos

Implicación do profesorado, das familias e dos alumnos e alumnas.

Desenvolvemento de medidas de coordinacións.

As conclusións da avaliación final, así como as propostas de mellora, se

procede, incluiranse ao rematar o curso escolar, na memoria anual do centro.

Servindo de referente para a revisión das actuacións ao inicio do curso

seguinte.