Top Banner
25

Contos de Samaín

Mar 06, 2016

Download

Documents

BoqueFLE

 
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Contos de Samaín
Page 2: Contos de Samaín

CONTO DE MEDO

Érase unha vez unha familia que non tiña cartos e íanlle confiscar a casa. Entón puxéronse a buscar casa, xustamente na súa cidade había unha casa de luxo. Xusto cando ían entrar na casa, aparece un home coa cara tapada que lles dixo:

–Non debedes entrar. Esa casa é unha casa encantada. Non lle fixeron caso e entraron; cando abriron a porta quedaron abraiados. A casa tiña dez dormitorios, iso que eles só eran catro: pai, nai e os dous fillos. Ademais tiña unha cociña e varios baños de luxo. A familia estaba encantada ca súa nova casa e tiñan que ir durmir. Cando estaban na cama no dormitorio dos nenos oíanse uns ruídos paranormais. Entón os nenos chamaron polos pais para que durmiran con eles. Entón empezaron a oír outra vez eses ruídos, daquela o pai dixo:

- Vén do faiado, imos ver.Cando entraron no faiado viron vampiros por todos lados, e a familia saíu correndo. Un dos nenos quedou alí e dixo:

–Se son só estatuas!E puxéronse todos a rir:–Ha, ha, ha, ha...

(MIGUEL SÁNCHEZ CARPINTEIRO, 5ºB)

Page 3: Contos de Samaín

A CASA ABANDONADA

Nunha aldea chamada Espanto había unha casa abandonada na que poñía “prohibido entrar”. Todos dicían que alí os nenos aparecían mortos. Catro nenos chamados Xulián, David, Xabier e Luís, chegados da cidade, que viñan de visita á aldea, non sabían nada diso. Xulián dixo:

–Imos entrar todos, que non hai ninguén. Ao entrar decatáronse de que alí pasaban cousas moi raras.

David dixo:–Botámoslle unha ollada e despois xa marchamos.De pronto apareceu un oso e colleu a David dunha man. Pero

Xabier tiña un coitelo e feriu ao oso. Puxéronse a correr e cando chegaron a porta estaba pechada. Ao xirarse aparecéuselles unha pantasma, e Luís como era o máis listo, quitoulle a saba. Eran todos os seus pais que querían darlles un escarmento!!

(NOA SOUTO MERA, 5ºB)

Page 4: Contos de Samaín

A CASA ENCANTADA

Había una vez catro nenos moi amigos chamados Nico, Pablo, Ainoa e María.

A noite de Samaín quedaron para ir pedir chuches polo barrio.Cando estaban preto do camiño para ir pedir á primeira casa, Nico

estrañoulle porque de cerca había unha casa que nunca vira antes e díxollo aos amigos. Entón avanzaron, tocaron o timbre e ninguén abriu. Decidiron entrar. Cando deron as doce en punto da noite empezaron a escoitar voces e ruídos estraños, e de repente escoitaron a unha nena gritar: “¡Socorro, axudádeme!”

De inmediato os rapaces acudiron a rescatala, e cando ían a abrir a porta... Espertáronse todos, só era un pesadelo.

(MARTA GONZÁLEZ SALGUEIRO, 5ºB)

Page 5: Contos de Samaín

AS CURUXAS MALAS

Érase unha vez dous nenos en Samaín que cada vez que era ese día, o de ir coller caramelos, perdían a cabeza coa ledicia. O día de coller caramelos, Jake e Nina eran felices e, o día ese de coller caramelos, sempre ían cun disfrace.

Este ano Jake ía cun disfrace de nomo. E Nina cun de meiga. Saíron da casa, despedíronse dos seus pais, e alá foron á casa do señor Warner, timbraron e... Non apareceu ninguén !

Jake dixo :-Seguro que están durmindo.Seguiron e ninguén contestou na vila, e volveron para casa. Chamaron aos seus pais pero ninguén contestou e de repente amosouse

un burato negro no teito da casa que os absorbeu. Caeron por un tubo que ía cambiando de cor e por fin caeron dentro. Ao final este tubo era escuro e húmido como a pel dunha ra, estaba todo cuberto por curuxas voando polo teito.

Cando Jake deu uns pasos escoitou voces que dicían “axuda, axuda”. Todos dicían o mesmo, Jake asustouse pero soou unha voz que só el podía saber quen era sen velo. Era o seu mellor amigo, Simos. Este acendeu un misto e viuno todo. Alí estaban os da vila pechados en cárceres grandes. A pechadura era dunha orella de nomo doutros anos. Abriron coa orella de Jake. Todos os do pobo déronlle as grazas.

(RAÚL CASTRO FIJÓ, 5ºB)

Page 6: Contos de Samaín

UN CONTO DE MEDO

Cando pechei o libro estaba completamente impresionado. Os contos de medo que lera eran aterradores, ademais encontrábame só nunha cabana solitaria.

Fóra, a noite estaba moi escura, calquera mínimo ruído que escoitaba recordábame a calquera mínima tolería dos contos de medo que lin.

De súpeto, unha neniña petoume na pota e díxome:- Señor, déixeme entrar! Xa veñen, non deixe que me collan!Abrinlle a porta e ela entrou correndo e pregunteille:- Que che pasa?- Viñan zombis atrás miña con fachos con lume e con coitelos -, díxome

aterrorizada.Mirei pola ventá e xa non había ninguén e tratei de deitala para que

durmira, e de súpeto oín unhas pegadas, pero na realidade eran os pasos de miña nai, porque todo isto era un soño.

(IVÁN GARCÍA CASAL, 5ºB)

Page 7: Contos de Samaín

O RUÍDO

Era inverno e coma todos os invernos a noite é moi longa. Cando a miña nai me dá a cea, eu xa teño ganas de ir para a cama. Póñome a ler un pouco ou repaso a lección do día seguinte, e así era todo normal.

Pero unha noite cando estaba na cama empezando a durmir, escoitei uns ruídos que nunca escoitara. Primeiro pensei que estaba soñando, pero un pouco despois oínos outra vez. Chamei pola miña nai. Cando chegou ao meu cuarto xa non se escoitaba nada. Tranquilizoume e volvín durmir.

Á noite seguinte volveu pasar o mesmo, pero os meus pais non estaban, ían cear fóra. Os ruídos eran coma se fosen pisadas e máis tropezóns, tamén saltos. Eu non daba durmido, poñía a almofada tapando a cabeza e de cando en vez escoitaba. A cousa ía a peor, xa me parecía oír chorar a un rapaz. Oía tamén unha voz ronca. Nunca pensei que cear fóra levase tanto tempo. Pero por fin sentín despechar a porta, os meus pais chegaban. Eu berrei por eles con todas as miñas forzas. Viñeron coma raios, conteilles o que me pasaba. Quedáronse alí comigo a escoitar, e de novo comezou todo. Os saltos, os berros, o chorar e meus pais puxéronse a rir, eu non entendía nada e explicáronmo.

Deixaran a fiestra do faiado aberta e entraran os gatos para dentro, e isto pasa sempre que os gatos andan á xaneira.

(RUBÉN FERREIRO RENDO, 5ºA)

Page 8: Contos de Samaín

A BONECA TERRORÍFICA

Hai moitos anos, cando a xente era pobre, a unha nena mercáronlle unha boneca fermosa. Despois duns meses á nena empezáballe a aburrir a boneca e unha noite a nena foi a tirala ao contedor do pobo.

Esa mesma noite a boneca volveuse de verdade, terrorífica e maligna. Cando se despertou sabía andar, e baixou do contedor e asomouse por todas a ventás ata atopar a nena adecuada. Tiña lásers nos ollos e derreteu a ventá cos seus lásers e conseguiu entrar. Despois volveuse unha boneca para que a nena que estaba nesa casa a collera. A continución colleuna e todas as noites, cando a nena marchaba á cama, a boneca durmía con ela e... volvíase mala outra vez.

Esa noite a boneca saíu pola ventá e destrozou todo (o xardín, as plantas, a casiña de xoguetes...). Á mañá seguinte ían todos de vacacións e á nena ao facer as maletas caeulle a boneca e deixárona na casa. No aeroporto a nena acordoulle a boneca e tiveron que volver á casa .

A casa estaba queimada e viron que a boneca era terrorífica e mala. Despois rompérona e xa non tiña poderes.

(CARLA GÓMEZ IGLESIAS, 5ºA)

Page 9: Contos de Samaín

Unha noite tenebrosa

Era unha noite espesa, chea de néboa e moi escura. Uns nenos achegáronse a un monte por curiosidade, pero eles sabían que nunha parte do monte dicían que estaban uns lobos feroces. Os rapaces sabendo iso asustáronse e saíron correndo agás un que seguiu. De alí a pouco oiuse un son coma se fose un pau rompendo e de súpeto apareceron OS LOBOS.

O neno correu a toda mecha ata unha casa abandonada, alí estaba. Escondeuse no armario e apareceulle un monstro peludo!!!!

O neno escapou e foise cara o sótano e alí había un colchón. Ao neno pareceulle estraño, mirou cara atrás e viu un vampiro!!!!!

Correu outra vez cara a unha porta e alí encerrouse. Estaba só sen axuda e de súpeto petaron á porta tentando tirala. O neno puxo na porta unha morea de obxectos, mesas, cadeiras, un armario... Entón os lobos derrubaron a porta e alí quedou atrapado, sen escapatoria, só e cos lobos cheos de sangue, o monstro peludo e o vampiro, a punto de comer ao neno, pero de súpeto apareceron todos os habitantes do barrio do que viña porque os nenos que escaparon contáronlles aos pais que se adentrara no monte. Entón foron todos polo lobo, o monstro e o vampiro con fachos e ganchos.

Así foi como rescataron ao neno da casa encantada e do monte.

(ALEX GARCÍA BENDAÑA, 5ºA)

Page 10: Contos de Samaín

O Soño de Xosé

Unha noite de inverno Xosé durmía coma de costume. Era unha noite fría, con tronos e moito vento.

Xosé é un neno tranquilo, estudoso e moi bo. Ten 10 anos e gústalle moito soñar. Xosé durmía tranquilo pero de súpeto escoitou que alguén o chamaba. “Xoséeeee”, oíase moi ao lonxe. Sentou na cama e preguntou “Quen chama?”, pero ninguén contestou. El non estaba tranquilo, ergueuse da cama e abrigouse ben, puxo as catiuscas, colleu a lanterna, o paraugas e saiu da casa sen que ninguén se decatase na procura da voz misteriosa.

O vento non paraba de soprar e a auga de caer, a Xosé tremíanlle as pernas pero el tiña que saber quen o chamaba.

“Xoséeee...” cada vez oía a voz máis preto.Chegou a un monte que estaba preto da súa casa, as árbores

batíanse dun lado para outro e a voz tíñaa detrás. Xosé sentía cada vez máis medo. ”Quen é?”, preguntaba. Pero só lle respondían “Xoséeeee”. De súpeto sentiu que alguén lle agarraba unha man e lle dicía: “non teñas medo que só quero ser o teu amigo”. El deu media volta e berrou “mamáaaaa axúdame”. Pero o monstro agarrouno e díxolle: “tes que ser o meu amigo, porque non teño a ninguén”. Era feo, moi feo, era unha bola con moito pelo, tres ollos, unhas orellas moi longas, unha boca moi grande e dúas pernas. “Tes que vir comigo”, dicíalle o monstro, “o meu país é moi diferente, seguro que o pasas moi ben. Non hai que madrugar nin ir á escola”. Xosé tiña medo e non quería ir co monstro, quería volver para a súa casa.

“Mamáaaa”, berrou Xosé; abriu a porta da habitación e deuse conta de que todo fora un soño.

(ANDREA SEOANE RODRÍGUEZ, 5ºA)

Page 11: Contos de Samaín

A NENA QUE DÁ MEDO

Esta historia de medo pasoume a min. Todos os días ás 18:30 fago os deberes no despacho, onde hai unha fiestra. Cando miro cara fóra vexo sempre a mesma nena na estrada. Sempre leva a mesma roupa; leva un camisón de HOSPITAL e está descalza. A esa nena nunca a vira na miña vida, ten o pelo despeiteado e os ollos en branco.

Un día, cansada de vela, decidín baixar e falar con ela. Ela decatouse de que eu ía saír onda ela e antes de abrir a porta oína falar. Eu non a entendía, asusteime e voltei atrás.

Estaba subindo as escaleiras cando a escoitei berrar o meu nome. Eu asusteime aínda máis e empecei a correr para o piso de arriba. Cando xa estaba no piso de arriba dende o corredor vin a nena na terraza. Eu non sabía como fixera para subir ata alí tan rápido. Sen dicirlle nada á miña nai saín á terraza e deille un empuxón e a nena caeu da terraza contra as pedras e alí quedou. Eu pensei que morrera. Fun correndo onde a miña nai e conteille todo o que acababa de pasar. A miña nai non o cría. Collina da man e baixamos. Saímos pola porta e alí non estaba.

A miña nai pensou que era un problema persoal meu así que decidiu que mudaramos de casa.

(ZOE SANÍN QUINTÁNS, 5ºA)

Page 12: Contos de Samaín

HISTORIA DE PANTASMAS

Unha noite de tronos e chuvia dous nenos perdéronse nun campo de millo. Eles ían andando dando voltas, cando viron un tractor dado a volta. Entón miraron para outro lado e había un home morto. Ignorárono e seguiron andando. Oíron un ruído e viron o home que estaba tomado por unha pantasma. Correron sen rumbo, viron un muíño e metéronse nel. Alí pensaron que estaban a salvo e un andou para mirar pola fiestra pero chocou contra algo. Os outros prenderon a súa lanterna e viron a un home que estaba aforcado. Saíron correndo do muíño gritando ata a súa casa. Intentaron dicirllo á súa nai pero non puideron co susto que levaban. Pasaron tres días e puideron contalo, pero pola noite o home atacounos e comeunos vivos.

(DARÍO FERNÁNDEZ SUÁREZ, 5ºB)

Page 13: Contos de Samaín

A MANSIÓN EMBRUXADAHabía unha vez dous nenos que eran irmáns. En fronte da súa casa

había unha mansión abandonada. Un día de Samaín foron á mansión para meterlle un susto a un amigo. Cando entraron na mansión acendeuse a luz e viron unha tumba rodeada de candeas cunha gaiola e un paxaro, dentro da gaiola había un loro. Cando viron que se achegaba o seu amigo metéronlle un susto.

Ao día seguinte miraron pola ventá e viron un coche diante da casa. Máis tarde volveron a mirar pola ventá e diante da mansión había un coche fúnebre, Álex díxolle a Brais:

– Mira, o veciño xa morreu. De súpeto saiu co coche fúnebre un home cun loro no ombreiro, cando abriu a boca Álex díxolle a Brais:

-É un vampiro. Brais díxolle:– Pon o pixama e apaga a luz.

Pola mañá foron á mansión e abriron a porta e caeron nun burato no que no fondo, en vez de haber unha parede, había reixas dende as que se podía ver.

– Quen es? E o home díxolles:

– Eu son un vampiro. E Brais empezou a chorar e a dicir:

– Imos morrer. Ao vampiro déronlle mágoa e díxolles que se lle levaban a alguén con quen bailar liberábaos. Estiveron buscando e dixéronlle á súa curmá:

– Sabes bailar? A súa curmá díxolles:

– Si. Álex díxolle se quería bailar cun amigo seu; en realidade mentiulle porque dixo cun amigo seu pero era cun vampiro. Ao día seguinte levárona a xunto do vampiro e bailaron unha hora. Pero ao chegar á casa Álex e Brais, a súa nai díxolles:

-Estades castigados sen televisión por non vir. Álex e Brais prometéronse que nunca máis sairían de noite en Samaín.

(IVÁN LIÑARES GARCÍA, 5ºB)

Page 14: Contos de Samaín

O SAMAÍNÉrase unha vez un neno chamado Xosé. Tiña dez anos e gustáballe moito

pasear. Un día no outono saíu a pasear el só polo bosque. Alí atopouse con moitas cabazas, cada unha tiña unha forma, unha cor diferente e unhas caras moi feas.

Xosé pensando que sería todo iso, e co medo no corpo botou a correr. Cando de súpeto se atopou cun cento de bruxas, todas elas con vasoiras e candeas. A bruxa xefa díxolle: “Isto é o Samaín e ti tes que facer o mesmo ca nós”. O neno non sabía que era o Samaín, pero tremendo de medo e co corazón latexando que case lle saía do peito botou a correr canto puido e viu unha casa que parecía estar abandonada. Alí, agochouse caladiño, pero moi pronto empezou a oír voces e a escoitar unha música. Era unha música moi rara e empezou a ver pantasmas e zombis. A Xosé os zombis provócanlle calafríos. O neno xa case morto de medo e sen saber que facer dixo esta rima :

“Bruxas, bruxas, Bruxas e uvas”

Con esta rima quedouse durmido e ó día seguinte xa todo volvera á normalidade .

Entón Xosé entendeu o que era o Samaín. Era a noite e a festa das bruxas.

(NOELIA ROSENDE SILVA, 5ºB)

Page 15: Contos de Samaín

O CAZAPANTASMAS

Érase unha vez un neno: eu. Resulta que era un xenio e un día, un

martes 13, ocorreu unha cousa fantasmal cando ía para cama. Era unha noite na que había tronos, un trono, dous tronos e nun instante apareceu un videoxogo tirado no chan e pensei: “Mmmmmmmm... ah, xa sei, caeulle ao meu amigo que onte visitou a miña casa”.

No xogo poñía “WARNING. MÁIS DE CORENTA E DOUS ANOS”, e dixen: “menuda tomadura de pelo” e tamén poñía lobos, pantasmas, espectros e persoas ocultas na noite; non xoguei pero porque... bah, non importa.

Deixei a caixa do xogo aberta. Fun ao baño; a luz do baño apagouse e saín correndo á cama dos meus pais. Non estaban, ah, claro, é que foran a un bar. Púxenme a chorar, “BUUUUUAAAAA!”, fun correndo ata a miña cama, como sempre vin un puntiño vermello na tele, ACENDEUSE OUTRO... CASE ME DÁ UN INFARTO!

Oín isto... “un trono auuuuuuuu, dous tronos, pum, tres tronos, fiuuuuu, catro tronos, uuuuuuuuuu”.

Vestinme, fun á biblioteca ás doce e deixei o can na casa; collín un libro que poñía : “Paso un: colle sal; dous: bótao polo chan do lugar máis escuro da túa casa; tres: se saíron dalgún obxecto pon unha bombilla con electricidade, conéctaa a catro enchufes, un en cada esquina”. Eu o catro vino así, “3” como un tres só, como torcido. Volvín a casa, puxen os tres cables e o aceite máis o sal sonou pum, uuu e fìuuuu. Pasábame algo por alto pero non sabía o que era.

Cacei tres das pantasmas, deiteime cinco minutos despois, meu can lambeume e deixou de lamber e fun ó baño e... atopei o can nun charco de SANGUE. Volvín e en dez minutos volveume lamber, pero non era o meu can, non, era o lobo.

Ah, claro, era o lobo o que pasara por alto, NOOOOOOOOON... MORRÍN.

(JAVIER OTERO LÓPEZ, 5ºB)

Page 16: Contos de Samaín

O CORVO

Éranse unha vez un neno e unha nena chamados Carlos e Cristina. Eles dous ían ir para a cama cando Cristina oíu un ruído que viña do faiado.

No faiado todo estaba escuro e non se vía nada. Marcos acendeu unha lanterna pero rapidamente se lle acabaron as pilas. Nese momento Cristina viu uns ollos amarelos. Pero o seu pai decatouse de que non estaban na cama e chamounos. Entón esperaron a que seu pai se durmise para volver ao faiado, pero cando chegaron xa non estaban os ollos.

Cando se dirixían á cama caeron por unha portiña. Cristina viu un rato e caeu ó chan ao escapar. E alí estaban outra vez os ollos amarelos. Nese momento Carlos atopou o interruptor, acendeu a luz e ao final só era un corvo que entrara por unha xanela aberta.

(MIGUEL CANEDA PAZOS, 5ºB)

Page 17: Contos de Samaín

A CASA ENCANTADA

Había unha vez un neno chamado Nico e unha nena chamada Nina. En fronte da súa casa había unha casa chea de lóstregos; conta a lenda que ninguén se atreveu a ir alí desde que morreu un home. Seus pais dixéronlle que non foran, pero unha noite con lúa chea Nico e Nina foron dentro. Nina tiña moito medo. Había unha momia comendo, e escaparon para o monte que había detrás da casa.

No monte encontráronse ao lado dun bidueiro, detrás do bidueiro había unha chea de cabazas ríndose e alumeando a noite. Os nenos tentaban escapar.

Nesta, os nenos foron para unha cova. Na cova había ratas, morcegos, leóns e lobos. Os nenos escaparon outra vez.

Chegaron a unha igrexa chea de arañas. A dous quilómetros estaba a momia xunto a casa encantada, seguiron correndo.

E resulta que a momia eran os seus tres amigos, Leonardo, Paco, e Fabia. O home morto era o seu pai e os lobos, leóns e morcegos, súa nai e os seus profes. E resulta tamén que a lenda era do Samaín.

FIN

(MARÍA GONZÁLEZ GARCÍA, 5ºB)

Page 18: Contos de Samaín

A MAN INVISIBLE

A noite en que lle ocorreu isto a Lorena, estaba durmindo. Estaba na cama coa súa irmá pequena. Abrazouse á almofada deixándose levar polo sono, estaba estirada e co seu pelo facía un pequeno teito.

Levou un golpe seco no embigo que a despertou de súpeto. Estivo a punto de levantarse, pero permaneceu deitada na cama quieta mirando ao seu arredor. Ela seguía abrazada á almofada, estaba soa, ninguén tiña tempo de entrar, pegarlle e saír.

Cando xa eran as dez e media da noite, Lorena foi a unha festa cos seus compañeiros celebrar o aniversario de Xesús, que cumpría vinte e cinco anos. Viñeron ás dúas e media, cando Lorena se deitou non fixo outra cousa máis que botarse a durmir. Púxose pegada á parede, pechou a porta cunha chave, pero como era unha casa de un só piso, Lorena olvidouse de pechar a ventá. Despois sentiu outro golpe seco no pé; Lorena non durmiu máis, estaba deitada na cama abrazada á almofada.

Finalmente pasaron xa moitos días nos que non sentiu nada, e Lorena tan tranquila puido durmir na súa cama sen ningún problema.

(IVÁN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 5ºA)

Page 19: Contos de Samaín

O RAPOSO E AS GALIÑAS

Era unha vez unhas galiñas que vivían nun galiñeiro debaixo dun establo.

As galiñas eran tres: Zac, Yac e Pak. A elas molestáballes moito o ruído dos cabalos e, claro, como os cabalos vivían enriba delas a todas horas estaban “pum, pum, pum”.

Un día as galiñas foron cos cabalos para que non fixesen ruído.

Zac: “Podedes parar de facer tanto ruído?”Cabalos: “Non”.Zac: “Ai, si! Xa veredes o ruído que facemos nós!”Cabalos: “A ver”.As galiñas volveron ao galiñeiro, pero cando chegaron e

abriron a porta había un raposo dentro e quería comelas.Entón a galiña Yac dixo “Correr!!!”; as galiñas correron como

nunca o fixeron na súa vida.Despois atopráronse nun bosque e Pak tiña moito medo

porque alí calquera as podía coller, comer... Entón encontraron unha cova e metéronse dentro dela, pero o raposo viunas e correu detrás delas como un tolo.

Resulta que esta cova ía dar ao establo dos cabalos. Entón as galiñas contáronlles aos cabalos o que pasaba e os cabalos axudáronlles. Nese intre os cabalos viron ao raposo e déronlle cacho patadas que o raposo non volveu máis por alí.

(BRAIS PÉREZ NIETO, 5ºA)

Page 20: Contos de Samaín

CONTO DE MEDO

Érase unha vez dous nenos aos que os seus pais non lles deixaban ir disfrazados e pola noite. Tiñan que ir con roupa normal.

-Eu non quero ir con roupa normal.-Así arruínanos o Samaín.Entón, os nenos no Samaín decidiron ir ás agachadas cos disfraces.Ao chegar o día do Samaín, cando os seus pais foron para a cama, os

nenos levantáronse, colleron os seus disfraces e saíron da casa para ir polas casas a pedir truco ou trato.

No medio do bosque había unha casa. Estaba moi lonxe da súa casa. No bosque oíanse ouvidos de lobos, bufos e xabarís. Cando chegaron á casa petaron á porta e había un señor que non oía ben e non escoitou a porta.

Os nenos abriron a porta moi lentamente e chirriaba moito. Tiñan moito medo, buscaron se había alguén pola cociña, polo baño, e ata por todas as habitacións, agás nunha habitación que estaba chea de teas de araña. Entón un señor tolo perseguiunos ata que chegaron á casa dos seus pais e dixeron:

-Que facedes disfrazados e con tantas chuches?A nai dixo:– Castigados un mes sen maquiniñas!

(VÍCTOR GARCÍA FERREIRO, 5ºA)

Page 21: Contos de Samaín

O ESPELLO ENCANTADO

Había unha vez unha nena que tiña un espello na súa habitación. Ese espello pertencera á súa avoa. Ela xa lle contara que ese espello era máxico. Ese día a nena invitara a unhas amigas a unha festa de disfraces. Cando chegaron todas ensinaron os disfraces; había unha bruxa, dúas vampiresas e unha muller loba. A nena ía disfrazada cun bonito disfraz de demonia.

Cando se estaban mirando ao espello unha vampiresa tropezou facendo que todas caesen dentro do espello. Cando se levantaron, o espello xa non estaba pero había unha nota que poñía: “Ides ter que poñer a proba a vosa valentía e medo; se queredes saír ides ter que pasar por tres probas, a primeira é esta: cruzar toda a sala chea de areas movedizas escapando de zombies, boa sorte”.

As nenas botaron a correr, todas agás unha, e quedaron atrapadas nas areas movedizas. A nena (que era a vampiresa) viu unha corda e colgouse dela, salvou ás demáis e escaparon da primeira proba. Entón empezaron a saír serpes que as intentaban durmir para despois comelas.Todas quedaron durmidas menos a muller loba que tiña unha nai que era especializada en facer durmir. Durmiu ás serpes, despertou ás nenas e saíron da segunda proba. Na última proba ao fondo da sala estaba o espello. Entón a outra vampiresa ía ir collelo, cando viñeron os zombies, as serpes e a maiores cans de tres cabezas. As nenas estaban perdidas. Pero a bruxa e a demonia colleron a vasoira e o tridente e empezaron a apartar aos monstros. Rápidas como raios entraron no espello e nada máis tocar o chan metéreno nunha caixa con cadeas e dixeron:

-Non o imos volver tocar!

(UXÍA MONTERO SILVA, 5ºA)

Page 22: Contos de Samaín

A CASA ENCANTADA

Un día de Samaín, uns nenos foron a unha casa que dicían que estaba encantada. Os nenos entraron sen facer ruído, porque tiñan un pouco de medo; de súpeto un dos nenos tirou algo e comezaron a abrirse e pecharse as portas e ventás coma se houbese unha pantasma. Eles co medo intentaron saír da casa pero aparéceronlles momias, zombis, cabazas, bruxas... Os nenos corrían pero estaban por todas partes; escondéronse nunha habitación. Cando chegaron a ela escondéronse debaixo da cama, ata que chegaron a esa habitación, con todas as súas forzas empurraron a porta ata abrila. Os nenos estiveron calados e chorando co medo, debaixo da cama había unha momia, os nenos déronlle unha patada pensando que era a parede. Logo a momia espertou e asustounos. Saíron de debaixo dela; alí rodeáronos, non tiveron por onde saír e transformounos en monstros.

A casa quedou pechada para que ninguén entrase e lle pasase o mesmo que ós nenos. Endexamais ninguén se atreveu a entrar.

(ÉRIKA ANDRADE PÉREZ, 5ºA)

Page 23: Contos de Samaín

A CASA EMBRUXADA

Unha noite un neno entrou nunha casa. Soou o teléfono e o neno colleuno, falou unha voz dicindo: “Vas morrer”. O neno, todo asustado, subiu as escaleiras. Cando chegou arriba había gotas de sangue; cando as viu correu para abaixo coma un neno valente, escondeuse detrás do sofá e... Cando mirou viu un zombi. O neno berrou: “ah,ah,ah...!” O zombi oíu berrar e perseguiuno ata a súa casa.

Cando chegou á súa casa só quedou un pelo da súa nai e un anel que poñía: “Como chames á policía non ves máis á túa nai”. O neno asustado correu á casa do seu amigo Javier e preguntoulle por que había tantos morcegos, vampiros e xente disfrazada. Javier díxolle: “Porque é noite de Samaín”. O neno calmouse e volveu para a súa casa.

Cando chegou, todo aquelo que pasara era mentira, só que o prepararon a nai dos rapaces e os seus amigos. Cando descubriu que eran eles fixeron unha festa con tarta, caramelos e fixeron cabazas para engalanar a casa.

O neno preguntouse como fixeran a casa, e a verdade é que era unha igrexa.

(MANUEL DEVESA CABO, 5ºA)

Page 24: Contos de Samaín

UN CONTO DE MEDO

Un neno chamado Mauro vivía nunha casa ao lado do cemiterio.Pola noite Mauro miraba pola ventá para o cemiterio e parecíalle ver

algo que se movía entre as tumbas, e o que facía sempre era ir correndo á cama e tapábase coa manta ata os ollos e tentaba durmir.

Un día díxolle á súa avoa o que lle ocorría todas as noites, e ela respondeulle que non fixera iso e durmira sen máis.

Pero Mauro ignorouna e mirou outra vez pola ventá, pero esta vez viu catro figuras que se achegaban cara o muro. Entón Mauro pechou a persiana e cando se dispoñía a ir para a cama deuse de conta de que a persiana estaba totalmente subida e as catro figuras mirábano con rostros desorientándose. Mauro pegou tal berro, que espertou aos seus pais e cando entraron no cuarto non había nada.

Os seus pais preguntáronlle que ocorría pero co medo non podía falar, e dende entón non podía falar e ninguén soubo que pasou ese día.

(BRAIS FERNÁNDEZ COPONS, 5ºB)

Page 25: Contos de Samaín

UNHA SITUACIÓN SOSPEITOSA

Esta historia pasou no ano 1985, un martes 13.Todo empezou nunha escola do concello de Boqueixón, mentres a

mestra Cristina daba a súa clase de matemáticas, ás 10:45 da mañá.Todos os rapaces estaban en silencio, facendo un exame, cando de

súpeto Fermín ergueuse da cadeira e comezou a comportarse dunha forma moi rara.

Púxose de pé na mesa, movía os brazos, berraba frases sen sentido, os ollos xirábanselle a toda velocidade e ata botaba un noxento líquido pola boca.

De súpeto, os libros dos andeis comezaron a voar, as palabras dos dicionarios saían disparadas, as persianas baixábanse e subíanse soas e incluso fíxose noite en cousa de segundos!

Os rapaces estaban moi asustados, a mestra non sabía como podía calmalos, porque ela tamén estaba moi asustada ao ver semellante cousa.

Intentou abrir a porta varias veces para sacalos da aula, pero non puido porque quedara atascada.

Pasados uns minutos, Fermín comezou a calmarse, baixou da mesa e todo volveu á normalidade.

Todos empezaron a facerlle preguntas, pero el explicoulles que non recordaba nada, que non sabía o que pasara alí.

Desde ese día, nesa escola de Boqueixón, os días martes 13 non se poden abrir as portas, xa que cada vez que o fan un rapaz volve a subir á mesa, a mover os brazos, a xirar os ollos, as portas péchanse, faise noite, voan as palabras dos dicionarios...

Por que? Nunca se saberá...

FIN

(SERGIO ROSENDE SÁNCHEZ, 5ºA)