www.localdemusicapontevedra.nos.gl 1 Un “Rider técnico” non é mais que una lista dos aspectos técnicos do grupo para que o encargado de montar/facer o son no recinto saiba con precisión cal é a composición do grupo, onde se coloca e que tipo de microfonía usar en cada un dos instrumentos. Deste xeito o primeiro que debemos indicar é o numero de canais individuais da banda, de tal forma que non indicamos “unha batería” se non que enumeramos as pezas individuais deste xeito: (indicamos numero de canal e instrumento) A outra cousa importante é a unha vista aérea do escenario, podedes facer como queirades, ferramentas como “PAINT” valen de sobra, non tratedes de ser demasiado creativos, o importante é que sexa claro.