Citas e referencias bibliográficas e webgráficas Begoña Otero Riobó Elena López Vara Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U. SERVICIO DE BIBLIOTECA DE LA UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA , Citar, [en liña], Flickr, CC BY NC SA 2.0
Citas e referencias bibliográficas e webgráficas
Begoña Otero RiobóElena López Vara
Licenza Formación 2015-16Consellería de Educación e O.U.
SERVICIO DE BIBLIOTECA DE LA UNIVERSIDAD DE LA LAGUNA, Citar, [en liña], Flickr, CC BY NC SA 2.0
Citas e referenciasCita
Facer unha cita consiste en copiar literalmente un fragmento dunha fonte. Hai que facelo entre comillas e engadir ao pé de páxina ou ao final do libro unha nota bibliográfica, que recolla os datos da fonte da que se tomou a cita.
Citas e referencias
EXEMPLO DUNHA CITA TEXTUAL
Na redacción do meu traballo copio literalmente o que dí Leonor
Prieto sobre unha estratexia cooperativa: “Cada alumno del grupo escribe el inicio de una historia en el tiempo
previsto indicado por el profesor” (Prieto, 2007, p. 46) Logo, cando fagamos a bibliografía aparecerá a referencia
bibliográfica completa: PRIETO, L. El aprendizaje cooperativo. 2007. Madrid: PPC
Cando incluímos unha fotografía ou imaxe nos nosos traballos, debemos poñerlle ao pé, en letra pequena, a referencia do autor.
EXEMPLO DUNHA IMAXE
Imaxe: FIORE S. BARBATO: Selva di Val Gardena, en Flickr, CC BY SA 2.0
Citas e referencias
FIORE S. BARBATO: Selva di Val Gardena, en Flickr, CC BY SA 2.0
AUTOR TÍTULO DA FOTO
REPOSITORIO ONDE
ATOPAMOS A FOTO (enlace
activo)
LICENZA (enlace activo)
Citas e referencias
Referencias bibliográficas
Se non copias literalmente o que dí o autor, pero pos coas túas propias palabras a idea do autor, non necesitas poñer unha cita pero sí debes mencionar a ese autor como fonte na bibliografía do teu traballo.
Citas e referencias
EXEMPLO DUNHA CITA COAS NOSAS PROPIAS PALABRAS Así aparecería no noso traballo:
Prieto (2007), pon como exemplo de estratexia circular na área de lengua castelá, que cada alumno do equipo escriba o inicio dunha historia no tempo estipulado.
Igualmente, cando fagamos a bibliografía aparecerá a referencia bibliográfica completa:
PRIETO, L. El aprendizaje cooperativo. 2007. Madrid: PPC
Bibliografía e webgrafía
A bibliografía é unha lista das fontes de información que usaches para facer o teu traballo: libros, documentos, revistas, enciclopedias, páxinas web…
Bibliografía e webgrafía
A bibliografía figurará ao final do teu traballo nunha folla aparte
Farase un listado dos documentos usados por orde alfabético dos autores.
Primeiro, un apartado coa listaxe de autores de documentos impresos e multimedia e a continuación outro apartado coa listaxe de documentos de internet.
Bibliografía e webgrafía
Cando fago unha bibliografía estou dando creto aos autores que usei para facer a miña investigación.
Así, evitamos cometer plaxio, que é unha violación dos dereitos de autor.
Ademais, axuda a reforzar a credibilidade do nosos traballo.
COMO SE REFERENCIAN OS DOCUMENTOS NUNHA BIBLIOGRAFÍA
Documentos impresos
LIBROS
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. (Ano de Publicación), Título. Lugar de publicación: Editorial
DAVILA, L. (2010), O bicheiro. Outra ronda. Pontevedra: FECIMO.
BARRIO, M. e HARGUINDEY, H. (2006), Antoloxía do conto popular galego. Vigo: Editorial Galaxia.
Documentos impresos
ENCICLOPEDIAS
Título do artigo. Título da enciclopedia. Lugar de publicación: editorial, ano de publicación, nº de volume da enciclopedia, nº da primeira páxina do artigo-nº da última páxina do artigo.
Mimetismo y otros comportamientos curiosos. Enciclopedia Visual de los seres vivos. Madrid: Santillana, 2004, volume II, 110-111
Documentos impresos
ARTIGO DE REVISTA OU XORNAL
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do artigo. Título da revista ou nome do xornal, ano de publicación, nº de revista, nº da primeira páxina do artigo-nº da última páxina do artigo.
COMESAÑA, T. Memoria viva. 6 asasinados, 5 viúvas e 20 orfos. Ollos de auga, 2015, nº13, 92-94
Documentos electrónicos
PÁXINA WEB
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Nome da páxina [tipo de soporte]. <enderezo url>, [consulta: dd/mm/aa].
PUNSET, E. El neurólogo que amaba escuchar. Redes para la ciencia. [web]. <http://www.eduardpunset.es/> (08/10/15)
Documentos electrónicos
ARTIGO REVISTA DIXITAL
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do artigo. [tipo de soporte]. Título da revista ou nome do xornal, ano de publicación, nº da revista, <enderezo url>, [consulta: dd/mm/aa].
VILAVEDRA, D. Darlle volta á identidade [web]. El País, 2012, <http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/02/galicia/1328207060_457385.html> (08/10/15)
Documentos electrónicos
CDROM / DVD
APELIDO DO AUTOR, Inicial ou iniciais do nome. Título do CDRom ou DVD [tipo de soporte]. Lugar de publicación: Editorial, ano.
RAPPENEAU, J.P. Cyrano de Bergerac [DVD]. Francia: Suevia Films, 1990