COMO ATRAPAR UNHA ESTRELA Este ano no CEIP Fontes Baíña estamos disfrutando moito co proxecto a nivel de centro: “O Universo”, e en infantil os corredores transformáronse en túneles do tempo que transpórtannos ao espazo…que sorpresa levamos todos!! Luces, unha nave espacial, estrelas, ata unha árbore! Para que sería todo iso? Non comprendíamos nada… Ata que chegou a profe, apagou todas as luces é… …descubrimos as peripecias dun rapaciño que lle gustaba tanto as estrelas que quería unha para él: subíndose a unha árbore, pedindo axuda a unha gaivota, en cohete… e sobre todo moitísima paciencia, foron algunhas das cousas que precisou o neno para poder atrapar unha estrela… Despois da escoitar o conto o pasamos en grande xogando coas luces e a oscuridade…