COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 16 DE NOVEMBRO DE 2015 (pendente de aprobación) Presidida pola Sra. Decana, na Sala de Xuntas da Facultade de Química, ábrese a sesión as 16:30 h do 16/11/2015, cos asistentes que se relacionan ao marxe. Bermejo Barrera, Mª Pilar (Decana) Peña Gil, Diego Barciela Alonso, Mª del Carmen Fernández Ramos, Antonio Casais Laíño, Mª del Carmen Ríos Rodríguez, Mª del Carmen Rodríguez Dafonte, Pedro Bastida de la Calle, Rufina Vila Abad, José Manuel Sanmartín Matalobos, Jesús (Secretario) Desculpan a súa asistencia os membros da Comisión que continuación se relacionan: García Deibe, Ana Mª Villaverde Cameron-Walker, Mª Carmen ORDE DODÍA 1 – Aprobación de actas de sesións anteriores. 2 – Informe da Sra. Decana 3 – Informe anual de seguimento do Grao en Química 4 –Rogos e preguntas. Recóllese a continuación o desenvolvemento da sesión. 1. Aprobación de actas de sesións anteriores. A Sra. Decana abre a sesión sometendo a aprobación a acta da sesión celebrada con data 15/10/2015, resultando aprobada por asentimento. 2. Informe da Sra. Decana.
27
Embed
COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN … · 2015-11-18 · COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 16 DE NOVEMBRO DE 2015 (pendente de aprobación)
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
COMISIÓN ACADÉMICA DO GRAO EN QUÍMICA ACTA DA SESIÓN DO 16 DE NOVEMBRO DE 2015
(pendente de aprobación)
Presidida pola Sra. Decana, na Sala de Xuntas da Facultade de Química, ábrese a sesión as 16:30 h do 16/11/2015, cos asistentes que se relacionan ao marxe.
Bermejo Barrera, Mª Pilar (Decana)
Peña Gil, Diego Barciela Alonso, Mª del Carmen Fernández Ramos, Antonio Casais Laíño, Mª del Carmen Ríos Rodríguez, Mª del Carmen Rodríguez Dafonte, Pedro Bastida de la Calle, Rufina Vila Abad, José Manuel Sanmartín Matalobos, Jesús (Secretario)
Desculpan a súa asistencia os membros da Comisión que continuación se relacionan:
García Deibe, Ana Mª Villaverde Cameron-Walker, Mª Carmen ORDE DODÍA 1 – Aprobación de actas de sesións anteriores. 2 – Informe da Sra. Decana 3 – Informe anual de seguimento do Grao en Química 4 –Rogos e preguntas.
Recóllese a continuación o desenvolvemento da sesión.
1. Aprobación de actas de sesións anteriores. A Sra. Decana abre a sesión sometendo a aprobación a acta da sesión celebrada con data 15/10/2015, resultando aprobada por asentimento.
2. Informe da Sra. Decana.
A Sra. Decana informa de que, un documento elaborado polo Comité consultivo no que se analizan as posibles causas da deficiente formación do alumnado que accede ao Grao en Química foi enviado aos centros de formación secundaria galegos, e entregado en man ao Director Xeral de ensino secundario. A raíz da entrevista co Dtor. Xeral solicitouse da CIUG información sobre a porcentaxe do alumnado do Grao en Química que nos últimos anos cursou Física, Química e Matemáticas. Os membros da comisión amosan a súa sorpresa ao comprobar que tan so o 38% do alumnado do Grao en Química do curso 2015/2016 cursou Física, Química e Matemáticas, e apuntan a este dato como causa da deficiente formación do alumnado. A continuación, a Sra. Decana informa de que recentemente asistiu a unha reunión cos profesores das materias de 1º curso e cos coordinadores dos módulos do Grao en Química na que se abordaron as posibles causas da reducida taxa de éxito, especialmente en 2º curso, e as medidas a adoptar. 3. Informe anual de seguimento do Grao en Química. O responsable de calidade do centro explica que ven de producirse un cambio que afecta ao modelo de informe anual de seguimento, e que acorde co novo modelo elaborou unha serie de informes que detallará a continuación, rogando se aporten as suxestións que se consideren oportunas. O responsable de calidade do centro vai comentando polo miúdo os informes, que a continuación se citan, e que se achegan anexados a acta desta reunión. INFORME Nº E3 (Anexo 1): Análise do perfil real de ingreso/egreso. Criterio 1 - Organización E Desenvolvemento
INFORME Nº E10 (Anexo 2): Análise das enquisas de satisfacción Criterio 3: Sistema de Garantía de Calidade Criterio 7: Indicadores de Satisfacción e Rendemento
INFORME Nº E13 xunto con informe complementario (Anexo 3): Análise das enquisas de avaliación da docencia Criterio 4: Recursos humanos
INFORME Nº E19 (Anexo 4): Análise dos resultados do título Criterio 6: Resultados da Aprendizaxe Criterio 7: Indicadores de Satisfacción e Rendemento
Despois de analizados polos membros da comisión os datos recollidos nos informes
aportados, propóñense as seguintes accións de mellora:
CRITERIO 1 (INFORME NºE3)
Revisados os indicadores e evidencias de perfil real de ingreso e tendo en conta que
(1) a matrícula de novo ingreso supera o nº de prazas ofertadas
(2) está aumentando o nº de traslados de expediente (continuación de
estudios)
(3) a reunións de coordinación e os informes propios detecta un baixo nivel
de coñecementos previos dos alumnos
Proponse como acción de mellora:
AM-1: Mellorar o perfil de Ingreso para o cal se propón:
(a) Solicitar á Vicerreitoría a diminución do 5% de prazas ofertadas
(b) Mellorar a comunicación cos responsable da ensinanza secundaria
Analizado os datos de mobilidade entrante e saínte e como continuación da AM-
6 (Curso 13-14) proponse como acción de mellora:
AM-2: Incrementar a nivel de internacionalización do Grao en Química:
(a) Participación en Foros e Rankings internacionais.
(b) Solicitar axudas á Calidade para a adaptación da web na súa versión en inglés.
(c) Revisar acordos ERASMUS mediante o contacto co profesorado do Grao
CRITERIO 3 e 7 (INFORME NºE10)
Os indicadores e evidencias de prácticas externas indican que a coordinación dos
coordinadores é mellorable. Ademais dende o centro, na anterior reunión da
comisión de Grao (15/10/2015) xa se propuxo mellorar estas prácticas e unificar
criterios de valoración. Proponse como acción de mellora:
AM-3: Incrementar a coordinación das prácticas externas. Establecer un protocolo
de comunicación entre titores e realizar reunión de coordinación.
As enquisas de satisfacción propias apostan datos valiosos para o seguemento
dos títulos. No próximo curso trataremos de evitar solapamentos. Acción de
mellora proposta:
AM-4: Enquisas de satisfacción propias.
CRITERIO 4 (INFORME NºE13)
As enquisas de avaliación da docencia recibida e impartida indican que a
coordinación dentro das materias debería ser mellorada. Á acción de mellora
proposta a imos a incluír no criterio 7, xa que se trata de mellorar a coordinación
que tamén afecta ós indicadores de resultados.
CRITERIO 6/7 (INFORME NºE19)
E preciso continuar mellorando a coordinación horizontal e vertical. Tal e como
se debateu en anteriores reunións da comisión de grao pódese analizar taxas de
éxito e rendemento por materias. Analizar a evolución temporal de indicadores.
Nas materias onde se detecten cambios significativos co tempo, taxas moi baixas
ou altas propóñense reunións e posibles solucións. En definitiva aplicar as
medidas que a comisión de Grao propoña durante o curso.
AM-5: Mellora da coordinación do grao: (1) Reunións de coordinación da
Comisión de Grao (2) Establecemento de contidos mínimos en primeiro curso.
As enquisas a egresados confirman, unha vez máis, que o peor valorado son as
infraestruturas do centro. Tamén ofrecen resultados pouco satisfactorios a
xestión de reclamacións no centro. O curso 14-15 se creou a caixa de queixas na
Facultade. Tamén se tramitaron numerosas e diversas reclamacións por outra
vías. Recordamos que as enquisas a egresados se realizan 2 anos despois de
finalizar o Grao.
AM-6: Mellora das infraestruturas: (1) Aulas, (2) Laboratorios, (3) Pantallas
informativas, (4) Material Informático e de apoio en aula, (5) Software Aula
informática, (6) Biblioteca
4. Rogos e preguntas. A profra. Bastida de la Calle roga que no taboleiro da Facultade de Química reservado para o Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial non se expoña material que non corresponda ao citado máster.
E non tendo mais asuntos que tratar, ás 17:52 h do 16 de novembro de 2015 levántase a sesión, do contido da cal dou fe como Secretario co visto e prace da Sr. Decana.
Secretario da Facultade Vº e Pr. Decana da Facultade
No informe E10 anticipamos os indicadores de avaliación da docencia. Agora, se queremos
analizar en detalle ditos indicadores (IN46G-S01-PM-01 e IN47G-S01-PM-01) do curso 2014-
2015, necesitamos revisar os informes INF.13 e INF.14.
O informe INF.13 de satisfacción do alumnado coa docencia recibida ofrece as seguintes
respostas:
O informe INF.14 de satisfacción do profesorado coa docencia impartida, pola súa banda,
ofrece as seguintes respostas:
Informe Complementario
CRITERIO 4: RECURSOS HUMANOS
Este documento é un informe complementario ós informes de análise necesarios para a
preparación do Informe de seguimento do Grao en Química. A comisión de Grao pode ter en
conta o informe para a proposta de Accións de Mellora do Grao.
Os indicadores que se recollen neste informe son relativos ós Recursos Humanos. Na seguinte
táboa se mostra a evolución de datos do profesorado.
Nas seguintes gráficas mostramos a evolución dos indicadores IN30G-PS-01, IN31G-PS-01 e
IN32G-PS-01. A media destes indicadores na USC e de 6,4 para o ratio de estudantes por
profesor a tempo completo, 66 estudantes para a media de alumnos por grupo de teoría e 31
a media de alumnos por grupo de docencia interactiva .
Indicador Nome 2009-2010 2010-2011 2011-2012 2012-2013 2013-2014 2014-2015
IN24G-PS-01 Porcentaxe de PDI con sexenios sobre o PDI total con docencia no título 86,7% 86,9% 92,9% 95,9% 94,4% 94,5%
IN25G-PS-01 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total 100% 100% 97,7% 99,0% 99,1% 100%
IN26G-PS-01 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total 86,7% 86,9% 90,6% 89,8% 86,9% 82,6%
0
1
2
3
4
5
6
4,03 4,024,31
4,614,92 5,17
IN30G-PS-01 - Ratio de estudantes por profesor a tempo completo
01020304050607080
58 60
7467
76 66
IN31G-PS-01 - Media de alumnos por grupo de teoría
Nas seguinte gráfica mostramos a evolución do grao de satisfacción do PDI do centro coa
formación recibida durante o curso 2014-2015.
O 30 % do profesorado realizou cursos e foron os seguintes:
05
101520253035
30 31 33 31
IN32G-PS-01 - Media de alumnos por grupo de docencia interactiva
11,5
22,5
33,5
44,5
54,16 4,22 4,09 4,25 4,42 4,47
IN28-PS-01 - Satisfacción media do PDI coas actividades formativas desenvolvidas
Nas seguinte gráfica mostramos a evolución do grao de satisfacción do PAS do centro coa
formación recibida durante o curso 2014-2015.
O 67% dos PAS do centro fixeron cursos de formación durante o ano 2014, sendo os que se
indican na seguinte táboa.
Para finalizar facemos referencia ao enlace do SGIC da web da Facultade de Química onde se mostra unha enquisa interna de grado de satisfacción con esta formación recibida: