I.E.S. ESPARÍS-VICESO Un colectivo de veciñas/os e ex-alumnas/os do antigo IES Esparís-Viceso, no concello de Brión, quere expresar ante a opinión pública a preocupante situación na que se atopa o citado centro, branco de continuos roubos, saqueos e actos vandálicos, tanto no interior como no exterior do edificio, así como na vivenda do conserxe e o ximnasio, ámbolos dous ubicados en edificios anexos. Roubáronse ventanas, sillas, mesas, encerados… ata unha caldeira da calefacción e cadros de luces; rompéronse cristais, persianas e practicamente a totalidade do material que aínda persiste no centro, reducindo todo a escombros. Calquera que se acerque ó complexo poderá ver todos os desperfectos (xa que os edificios carecen de portas).
Presentación do estado do antigo I.E.S Esparís Viceso
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
I.E.S. ESPARÍS-VICESOUn colectivo de veciñas/os e ex-alumnas/os do antigo IES Esparís-Viceso, no concello de Brión, quere expresar ante a opinión pública a preocupante situación na que se atopa o citado centro, branco de continuos roubos, saqueos e actos vandálicos, tanto no interior como no exterior do edificio, así como na vivenda do conserxe e o ximnasio, ámbolos dous ubicados en edificios anexos. Roubáronse ventanas, sillas, mesas, encerados… ata unha caldeira da calefacción e cadros de luces; rompéronse cristais, persianas e practicamente a totalidade do material que aínda persiste no centro, reducindo todo a escombros. Calquera que se acerque ó complexo poderá ver todos os desperfectos (xa que os edificios carecen de portas).
O centro comezou a súa andaina como Colexio
Público alá polo ano 1989, converténdose
integramente en instituto no ano 1999. Ata o ano
2008, no que se produzo o traslado do alumnado ó
novo IES Brión, en Pedrouzos, veu pasar moitas
xeracións de xoves polas súas aulas, as mesmas que
estamos agora preocupadas e cansadas pola ausencia de mantemento por parte da Consellería de Educación, entidade á que pertence o
complexo.
Ésta é a súa nova imaxe
As aulas polas que pasamos
Non se libra a cafetaría…
…nin os baños
Máis exemplos:
Isto non é todo…O ximnasio novo no que tantos cartos se invertiron no seu momento:
Ata a vivenda do conserxe:
Os veciños e veciñas non podemos ditar a política dos partidos, nin do concello, e non podemos por nós mesmos solucionar determinados problemas. Pensamos que é un acto de responsabilidade pola nosa parte denunciar a situación ante a opinión pública, o mesmo que para os organismos competentes solucionar esta situación, en vez de botar as culpas ao bando contrario. Por iso mesmo reclamamos a posta en marcha inmediata de medidas para, entre todos, veciñanza, Concello de Brión, Xunta de Galicia e as respectivas oposicións ó goberno, atopar unha solución ante esta inxustiza.
QUE NINGUÉN PECHE OS OLLOS ANTE O QUE ACABA DE VER
PÁSAO A AQUELA PERSOA QUE COÑEZA O IES ESPARÍS-VICESO.
ENTRE TODAS E TODOS CONSEGUIREMOS ADICAR O CENTRO A ALGO ÚTIL.