Co obxecto de mellorar a comunicación do centro educativo coas familias en temas relacionados coas tarefas enviadas dende a web vimos de habilitar un correo por ciclo. No caso de Educación Infantil o correo será [email protected] para comunicarse con Carmen Latas Neira para 3 A, Dª Purificación Sánchez Galán para 3 anos B, Pilar Brenlla Sánchez 4 anos A, Susana Cabo Martínez 4 anos B, Ermitas Álvarez Souto 5 anos A, Ana Fernández Santiso 5 anos B. O horario de atención preferente será de 10:00 h a 14,00 h. Na medida do posible (dependendo do volume de correos) respostarase neste horario. Cando non sexa posible a resposta enviarase o seguinte día lectivo. Si as consultas van dirixidas ao profesorado especialista ( ingles,música,E.F., relixión,PT, AL valores) o titor trasladará a pregunta a estes e enviará posteriormente a a resposta. NESTES CORREOS SÓ SE TRATARÁN TEMAS ACADÉMICOS. OS TEMAS ADMINISTRATIVOS ( QUE TEÑEN OS PRAZOS EN SUSPENSO) E RESTO DE ASUNTOS SERÁN ATENDIDOS, SI É POSIBLE, EN [email protected]. Estes son correos exclusivamente para a atención , mellora educativa e evolución do alumnado neste período complicado que nos toca vivir. Ola, unha semana máis, propoñemos algunha actividade para facer na casa, recordade que vos votamos de menos nenos e nenas. Pais e nais, ánimo e divertídevos cos vosos fillos e fillas. Facer crebacabezas (de máis ou menos pezas segundo a idade). Cartas (baralla) . Ordenar e clasificar por paus, números... Boca abaixo buscar dous iguais. Quen saca a carta máis alta entre varios xogadores. Tres en raia, parchís, oca. Cos ollos cubertos: • Adiviña polo oído: quen fala, que son eu ? • Adiviña polo tacto: obxectos, distintas superficies (suaves, ásperos...) • Adiviña polo olfacto : café, froita, comida... • Adiviña polo gusto: diferentes comidas Debuxamos no chan un camiño e saltamos cara adiante (ou atrás) o número que saia nos dados.