OS MAIOS “Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur. Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos. Os maios máis tradicionais e característicos teñen forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc...