Número 461 IX lexislatura 7 de maio de 2015 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.2. Proposicións de lei Resolución da Presidencia, do 6 de maio de 2015, pola que se amplía o prazo de presentación de emendas ao articulado á Propo- sición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia [09/PL-0000237 (34779)] 112643 1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular Resolución da Presidencia do Parlamento, do 6 de maio de 2015, polo que se amplía o prazo de presentación de emendas ao articulado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia [09/PPL-000036 (33678)] 112643 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.1. Control sobre as disposicións da Xunta con forza de lei 1.3.1.1. Decretos lexislativos Debate do ditame en Pleno - 33672 (09/DLEX-000001) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido das dispo- sicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade 112643 - 33702 (09/DLEX-000002) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido das dispo- sicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial 112644
136
Embed
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA€¦ · BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2.
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Número 461 IX lexislatura 7 de maio de 2015
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.2. Proposicións de lei
Resolución da Presidencia, do 6 de maio de 2015, pola que se
amplía o prazo de presentación de emendas ao articulado á Propo-
sición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de
estradas de Galicia [09/PL-0000237 (34779)] 112643
1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular
Resolución da Presidencia do Parlamento, do 6 de maio de 2015, polo
que se amplía o prazo de presentación de emendas ao articulado á
Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá
no Parlamento de Galicia [09/PPL-000036 (33678)] 112643
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.1. Control sobre as disposicións da Xunta con forza de lei
1.3.1.1. Decretos lexislativos
Debate do ditame en Pleno
- 33672 (09/DLEX-000001)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido das dispo-
sicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de
igualdade 112643
- 33702 (09/DLEX-000002)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido das dispo-
sicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de
política industrial 112644
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas
1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
- 36600 (09/PRE-009655)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre a relación de parques empresariais xestionados polo IGVS
nos que se van aplicar as bonificacións de ata o 50 % nos prezos
acordadas polo Consello da Xunta de Galicia do 23 de abril de 2015
para a posta en marcha da segunda fase do programa de venda de
solo empresarial, así como a porcentaxe que se vai aplicar en cada
un deles 112650
- 36597 (09/PRE-009656)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as medidas lexislativas que vai implementar a Xunta de Gali-
cia para gravar o uso especulativo de bens inmobles e garantir o
dereito da cidadanía a unha vivenda digna, a planificación da Axen-
cia Tributaria para fiscalizar os grandes patrimonios inmobiliarios e
as demandas formuladas polo Goberno galego ao Goberno central
ao respecto, así como as previsións de elaboración dun rexistro
especial de vivendas baleiras e o seu gravame 112652
- 36640 (09/PRE-009657)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 6 máis
Sobre as carencias que presentan os novos servizos ferroviarios do
eixe atlántico postos en marcha entre Vigo e A Coruña; nomeada-
mente, a estación de tren de Urzáiz, en Vigo, a insuficiencia dos
horarios e frecuencias para os desprazamentos laborais e dos estu-
dantes, e as previsións do Goberno galego respecto da demanda ao
Goberno central das melloras necesarias 112655
- 36650 (09/PRE-009658)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre a información emitida nos telexornais da TVG en relación coa
dimisión do alcalde de Cualedro como deputado provincial na Depu-
tación Provincial de Ourense e o anuncio da súa decisión de volver
ser candidato nas eleccións municipais 112658
- 36658 (09/PRE-009659)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre a incidencia para Galicia da redacción que presenta o pro-
xecto de real decreto polo que se regulan as características xerais
das probas de avaliación final de Educación Primaria, Educación
Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, coñecido como ‘real decreto
de reválidas’, e as actuacións previstas polo Goberno galego ao
respecto 112660
- 36665 (09/PRE-009660)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 3 máis
Sobre a información e as xestións que está a levar a cabo o
Goberno galego para acadar a posta en marcha dun novo proxecto
empresarial no contorno industrial da antiga empresa Ecesa, no
concello de Burela 112663
- 36704 (09/PRE-009661)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a opinión do Goberno galego en relación co ritmo e deseño
das obras de modernización do ferrocarril en Galicia, así como a
adaptación dos actuais horarios ás demandas da poboación, e as
previsións respecto do exercicio das súas competencias en materia
de ferrocarril interior 112665
- 36752 (09/PRE-009662)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre as medidas levadas a cabo polo Goberno galego para con-
sensuar un novo plan de recuperación da pesqueira do polbo
112668
- 36786 (09/PRE-009663)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis
Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para
acadar a readmisión dos traballadores despedidos da empresa
Atento na cidade da Coruña e unhas condicións laborais dignas
para o seu cadro de persoal, o cumprimento do acordo parlamenta-
rio referido á deslocalización da atención das chamadas e facer
efectivo o dereito da cidadanía galega a ser atendida en galego en
todos os servizos de atención telefónica 112671
- 36789 (09/PRE-009664)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre os estudos realizados polo Goberno galego para avaliar o
resultado práctico da entrada en vigor do Decreto 79/2010, do 20 de
SUMARIO
maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia,
segundo o previsto na súa disposición adicional quinta 112675
- 36780 (09/PRE-009665)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da carencia de
equipamentos e medios materiais existente no Instituto de Ensi-
nanza Secundaria do Milladoiro, e as previsións ao respecto
112679
- 36772 (09/PRE-009666)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para facilitar a
realización dos trámites relacionados coa compra e posta en fun-
cionamento das embarcacións destinadas á pesca artesanal, as
previsións respecto do establecemento dun portelo único para
ese fin, así como as demandas formuladas ao Goberno central
para a rebaixa das diferentes taxas establecidas para o exercicio
desa actividade e a transferencia a Galicia das competencias na
materia 112682
- 36798 (09/PRE-009667)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a información e a valoración do Goberno galego en relación
co establecemento como obxectivo prioritario do Servizo de Preven-
ción e Branqueo de Capitais, do Ministerio de Economía, a investi-
gación da situación de Abanca 112685
- 36805 (09/PRE-009668)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia para o
cumprimento do acordo parlamentario referido á demanda da
reforma do actual modelo de financiamento local 112688
- 36814 (09/PRE-009669)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a data de encarga pola Xunta de Galicia das 25.000 plantas
de arandos para a súa plantación nos Ancares no ano 2009, a opi-
nión do Goberno galego respecto da suficiencia da reforestación
levada a cabo en varias zonas do Courel no ano 2013 e as novas
plantacións previstas, así como a fase na que se atopa o proxecto
de reforma do Plan de recuperación do oso 112691
- 36816 (09/PRE-009670)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre o número de tarxetas sanitarias adscritas na actualidade ao
Centro de Saúde do Bolo, as existentes nos anos 2010, 2011, 2012,
2013 e 2014 e os datos referidos á cobertura das ausencias do seu
único facultativo nos últimos catro anos, así como a situación labo-
ral do persoal do centro e as previsións ao respecto 112694
- 36818 (09/PRE-009671)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis
Sobre os datos referidos á atención das gardas no Centro de Saúde
do Bolo, a derivación de doentes ao Servizo de Urxencias do Hospi-
tal Comarcal do Barco e o desprazamento a este centro de doentes
por propia iniciativa nos anos 2012, 2013 e 2014, así como a aten-
ción médica e farmacéutica da Residencia da Terceira Idade do Bolo
112696
- 36826 (09/PRE-009672)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as razóns da supresión dos accesos previstos na autovía da
Costa da Morte nos lugares da Piolla, no concello de Zas e de San
Paio, e no concello de Coristanco, as da non-información á veci-
ñanza nin sometemento a exposición pública das modificacións do
proxecto, así como as previsións do Goberno galego respecto da
reconsideración desa decisión 112698
- 36834 (09/PRE-009673)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentos da
Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión do Goberno
galego respecto do cumprimento dos obxectivos políticos asignados
aos programas que tiveron baixo grao de execución 112701
- 36835 (09/PRE-009674)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego ante o Goberno
central en relación co sector naval e, en particular, para a consecu-
ción de carga de traballo para Navantia Fene 112705
- 36842 (09/PRE-009675)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme
SUMARIO
Sobre a información e as actuacións levadas a cabo ou previstaspolo Goberno galego en relación co conflito xerado por unhaempresa hidroeléctrica en Guatemala 112707
- 36846 (09/PRE-009676)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre os prazos, o orzamento real e as actuacións previstas para aexecución do novo trazado da estrada Santiago-Santa Comba, asícomo as previsións existentes para o traspaso á Xunta de Galicia dotramo Santiago-Portomouro da deputación provincial 112710
- 36848 (09/PRE-009677)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da defensa ante oGoberno central da interposición dunha demanda ante o TribunalEuropeo de Dereitos Humanos contra Noruega por discriminar enon lles recoñecere aos mariñeiros galegos os anos traballados enbarcos daquel país ou, se é o caso, a colaboración económica cosafectados 112712
- 36885 (09/PRE-009678)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a información, as inspeccións levadas a cabo ou previstas ea opinión do ente público Augas de Galicia respecto do cumprimentoda lexislación vixente en materia de depuración e tratamento deaugas residuais na Estación de Servizo Compostela, situada na AP-9 ao seu paso polo concello de Teo 112715
- 36895 (09/PRE-009679)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a candidatura dunha persoa imputada á Alcaldía do Porriño
112717
- 36902 (09/PRE-009680)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre a valoración da Consellería de Cultura, Educación e Ordena-ción Universitaria respecto da nova reválida establecida pola Leiorgánica para a mellora da calidade educativa para os alumnos de3º de Educación Primaria 112719
1.4.5. Respostas a preguntas
- 35401 - 24763 (09/PRE-006633)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre os datos da Xunta de Galicia referidos ás inspeccións levadas
a cabo e ás sancións impostas desde o ano 2005 ata o ano 2014
polo Servizo de Gardacostas de Galicia, así como as actuacións dos
seus axentes na loita contra a contaminación mariña desde a entrada
en vigor da Lei 2/2004, do 21 de abril, pola que se crea ese servizo
112721
- 35394 - 24860 (09/PRE-006788)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre as actuacións previstas pola Consellería de Cultura, Educa-
ción e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Igualdade
diante da sentenza ditada polo Tribunal Supremo en relación cos
concertos educativos con cinco centros que segregan o alumnado
por razón de sexo 112724
- 35403 - 26013 (09/PRE-007419)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis
Sobre a devolución das axudas recibidas ilegalmente nos últimos
anos por cinco centros que separan o alumnado por sexo 112726
- 35395 - 26044 (09/PRE-007423)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa e 2 máis
Sobre a decisión do Goberno galego de restituír as axudas públicas
aos centros educativos que segregan o seu alumnado en razón do
sexo 112728
- 35400 - 26714 (09/PRE-007461)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as causas da alta mortaldade de berberecho detectada na ría
de Arousa, as medidas adoptadas pola Consellería do Medio Rural
e do Mar ao respecto, así como as previstas ante a previsible caída
de recursos que vai sufrir na próxima campaña o colectivo de per-
soas mariscadoras 112730
- 35407 - 27122 (09/PRE-007477)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caamaño Domínguez, Francisco e 2 máis
Sobre as xestións ou ofertas realizadas polo Goberno galego para a
conservación do depósito da colección artística da Fundación Arco
no Centro Galego de Arte Contemporánea, así como as actuacións
previstas para suplir o baleiro que xera o seu traslado ao Centro de
Arte Dos de Mayo, de Móstoles 112732
SUMARIO
- 35413 - 27239 (09/PRE-007484)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as razóns da TVG para convocar un concurso co fin de con-
tratar o servizo de unidade móbil para eventos televisivos para Tele-
visión de Galicia, S.A., o custo deste contrato, así como o da reali-
zación das retransmisións con medios propios, e o cumprimento do
establecido na Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos
de comunicación audiovisual de Galicia 112734
- 35396 - 27244 (09/PRE-007486)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre as razóns da Xunta de Galicia para financiar a exposición titu-
lada On the Road/No Camiño, e os datos ao respecto 112736
- 35409 - 27648 (09/PRE-007533)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre a interpretación de pensión privada que está a realizar o
Ministerio de Facenda para os efectos do establecemento da obriga
de tributación do IRPF das persoas pensionistas emigrantes retor-
nadas e as propostas que vai trasladar o Goberno galego ao
Goberno central para resolver esta problemática 112738
- 35405 - 27692 (09/PRE-007538)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis
Sobre os datos referidos á trata de persoas con fins de explotación
sexual en Galicia, as medidas adoptadas e as actuacións levadas a
cabo polo Goberno galego ao respecto, así como a valoración dos
resultados do protocolo asinado no ano 2010 coa Fiscalía Superior
de Galicia para a súa erradicación 112740
- 35418 - 29136 (09/PRE-007714)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre as medidas que está a adoptar e as previstas pola Conselle-
ría do Medio Rural e do Mar en relación coa caída das capturas e
dos ingresos, así como a eventual falta de actividade das persoas
mariscadoras da ría de Vigo, o desenvolvemento nela do programa
de recuperación dos bancos improdutivos e o prazo estimado para
o impulso da identificación, promoción e comercialización dos
moluscos bivalvos extraídos nesa ría 112744
- 35414 - 29672 (09/PRE-007793)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a adxudicación da xestión de servizos públicos para a reserva
e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para per-
soas maiores en situación de dependencia e os datos referidos ás
inspeccións realizadas pola Consellería de Traballo e Benestar á
Residencia Valle-Inclán desde o ano 2013 112747
- 35406 - 29755 (09/PRE-007800)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Soneira Tajes, María Soledad e 2 máis
Sobre as afirmacións referidas á suposta pernoctación de persoas
implicadas na suposta fraude dos cursos de formación nunha resi-
dencia oficial 112748
- 35416 - 29853 (09/PRE-007808)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre os datos referidos ao custo e á composición do dispositivo de
loita contra o furtivismo na ría de Ferrol, así como os resultados obti-
dos na actual campaña, as medidas e actuacións previstas pola
Xunta de Galicia ao respecto e o desenvolvemento dalgún proxecto
específico en colaboración con outras administracións para buscar
unha solución tamén de carácter social a este problema 112749
- 35404 - 30013 (09/PRE-007817)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 3 máis
Sobre a resolución ditada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
respecto das intervencións realizadas polo Concello de Cervo dentro do
ámbito de protección do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos
112751
- 35397 - 30654 (09/PRE-007886)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre os datos referidos ao custo, financiamento e montaxe da
exposición Cinegalicia25, organizada pola Cidade da Cultura en
colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais, así como
o procedemento seguido para a elección e contratación do seu
comisariado e catálogo 112753
- 35415 - 31153 (09/PRE-007908)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Prado Cores, María Montserrat
Sobre a información emitida o 5 de decembro de 2014 no informa-
tivo da TVG Galicia Noticias en relación co uso do galego polos auto-
res dun roubo cometido en Poio 112755
SUMARIO
- 35398 - 31516 (09/PRE-007935)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego respecto do
desenvolvemento do termalismo na provincia de Ourense 112757
- 35410 - 27649 (09/PRE-008287)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da presentación de
propostas diante do Goberno central para resolver de xeito definitivo a
problemática da tributación das pensións procedentes do estranxeiro
112762
- 35092 - 28406 (09/PRE-008340)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia en relación coa
situación na que se atopa a empresa Poligal, radicada en Narón
112764
- 35408 - 30298 (09/PRE-008925)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o mante-
mento da muralla de Tui, declarada ben de interese cultural, para o
curso e paseo fluviais contiguos integrados na Rede Natura ou, se é
o caso, para a posta en marcha dun plan de mellora dese patrimo-
nio, así como sobre a apertura dalgún expediente por actuacións
neglixentes na muralla 112766
- 35399 - 31935 (09/PRE-009269)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre a valoración e as medidas adoptadas polo ente público Augas
de Galicia respecto da demora e deficiencias detectadas na execu-
ción das obras de ampliación do abastecemento de auga ao
Morrazo 112769
- 35849 - 33023 (09/PRE-009353)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas que vai impulsar a Xunta de Galicia para garantir
a titularidade e uso civil do Panteón de Galegos Ilustres 112771
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.2. Proposicións de lei
Resolución da Presidencia, do 6 de maio de 2015, pola que se
amplía o prazo de presentación de emendas ao articulado á
Proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de
xuño, de estradas de Galicia [09/PL-0000237 (34779)]
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 37010, o escrito do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda polo que solicita a ampliación do prazo para a pre-sentación de emendas ao articulado á Proposición de lei polaque se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas deGalicia [09/PL-0000237 (34779)].
A Presidencia, tendo en conta a inmediatez da conclusión doprazo —o día 11 de maio de 2015—, en uso da delegacióntemporal de competencias de xestión ordinaria da Mesa doParlamento na Presidencia da Cámara (Acordo da Mesa doParlamento do 24 de novembro de 2012, publicado no Bole-tín Oficial do Parlamento de Galicia núm. 16, do 14 dedecembro de 2012), resolve:
1º. Admitir a trámite o documento número de rexistro deentrada 37010, presentado polo G.P. da Alternativa Galegade Esquerda.
2º. Ampliar, por primeira vez, o prazo de presentación deemendas ao articulado á Proposición de lei pola que semodifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Gali-cia ata o 21 de maio de 2015, ás 18:30 horas.
3º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios.
4º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015
Pilar Rojo NogueraPresidenta
1.1.2.1.5. Proposicións de lei de iniciativa popular
Resolución da Presidencia do Parlamento, do 6 de maio de 2015,
polo que se amplía o prazo de presentación de emendas ao arti-
culado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular e parti-
cipación cidadá no Parlamento de Galicia [09/PPL-000036 (33678)]
No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 37009, o escrito do G.P. Mixto polo que solicita aampliación do prazo para a presentación de emendas ao arti-culado á Proposición de lei de iniciativa lexislativa populare participación cidadá no Parlamento de Galicia [09/PPL-000036 (33678)].
A Presidencia, tendo en conta a inmediatez da conclusión doprazo –o día 9 de maio de 2015–, en uso da delegación tem-poral de competencias de xestión ordinaria da Mesa do Par-lamento na Presidencia da Cámara (Acordo da Mesa do Par-lamento do 24 de novembro de 2012, publicado no BoletínOficial do Parlamento de Galicia núm. 16, do 14 de decem-bro de 2012), resolve:
1º. Admitir a trámite o documento número de rexistro deentrada 37009, presentado polo Grupo Parlamentario Mixto.
2º. Prorrogar, por cuarta vez, o prazo de presentación de emen-das ao articulado ata o día 11 de maio de 2015, ás 18.30 horas.
3º. Dar conta deste acordo á Mesa e á Xunta de Portavocesna vindeira reunión das mesmas que teñan lugar.
4º. Notificar este acordo aos grupos parlamentarios.
5º. Publicar este acordo no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015Pilar Rojo Noguera
Presidenta
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.1. Control sobre as disposicións da Xunta con forza de lei
1.3.1.1. Decretos lexislativos
O Pleno do Parlamento, na sesión do 5 de maio de 2015,adoptou os seguintes acordos:
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 4617 de maio de 2015
112643
Debate do ditame en Pleno
- 33672 (09/DLEX-000001)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDecreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido dasdisposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia enmateria de igualdadeBOPG nº 418, do 18.02.2015
O Pleno do Parlamento aprobou, por 40 votos a favor, 33votos en contra e ningunha abstención, o seguinte
DITAME
Rexeitada a obxección, enténdese que a Xunta de Galicia fixoun uso correcto desta delegación lexislativa contida na dispo-sición derradeira décimo terceira da Lei 14/2013, do 26 dedecembro, de racionalización do sector público autonómico.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015Pilar Rojo Noguera
Presidenta
O Pleno do Parlamento, na sesión do 5 de maio de 2015,adoptou os seguintes acordos:
Debate do ditame en Pleno
- 33702 (09/DLEX-000002)Dirección Xeral de Relacións Institucionais e ParlamentariasDecreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido dasdisposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia enmateria de política industrialBOPG nº 418, do 18.02.2015
Decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido dasdisposicións legais da Comunidade Autónoma en Galicia enmateria de política industrialBOPG nº 418, do 18.02.2015
O Pleno do Parlamento aprobou, por 40 votos a favor, 33votos en contra e ninguna abstención, o seguinte
DITAME
Rexeitada a obxección, enténdese que a Xunta de Galiciafixo un uso correcto desta delegación lexislativa contida na
disposición derradeira décimo terceira da Lei 14/2013, do 26de decembro, de racionalización do sector público autonó-mico.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015Pilar Rojo Noguera
Presidenta
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 4 de maio de2015, adoptou os seguintes acordos:
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas
1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito
Admisión a trámite e publicación
- 36600 (09/PRE-009655)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre a relación de parques empresariais xestionados poloIGVS nos que se van aplicar as bonificacións de ata o 50 %nos prezos acordadas polo Consello da Xunta de Galicia do23 de abril de 2015 para a posta en marcha da segunda fasedo programa de venda de solo empresarial, así como a por-centaxe que se vai aplicar en cada un deles
- 36597 (09/PRE-009656)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as medidas lexislativas que vai implementar a Xuntade Galicia para gravar o uso especulativo de bens inmoblese garantir o dereito da cidadanía a unha vivenda digna, a pla-nificación da Axencia Tributaria para fiscalizar os grandespatrimonios inmobiliarios e as demandas formuladas poloGoberno galego ao Goberno central ao respecto, así como asprevisións de elaboración dun rexistro especial de vivendasbaleiras e o seu gravame
- 36640 (09/PRE-009657)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 6 máisSobre as carencias que presentan os novos servizos ferroviariosdo eixe atlántico postos en marcha entre Vigo e A Coruña;nomeadamente, a estación de tren de Urzáiz, en Vigo, a insufi-ciencia dos horarios e frecuencias para os desprazamentos labo-
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
112644
Número 4617 de maio de 2015
rais e dos estudantes, e as previsións do Goberno galego res-pecto da demanda ao Goberno central das melloras necesarias
- 36650 (09/PRE-009658)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre a información emitida nos telexornais da TVG enrelación coa dimisión do alcalde de Cualedro como depu-tado provincial na Deputación Provincial de Ourense e oanuncio da súa decisión de volver ser candidato nas elec-cións municipais
- 36658 (09/PRE-009659)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme EladioSobre a incidencia para Galicia da redacción que presenta oproxecto de real decreto polo que se regulan as característi-cas xerais das probas de avaliación final de Educación Pri-maria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato,coñecido como ‘real decreto de reválidas’, e as actuaciónsprevistas polo Goberno galego ao respecto
- 36665 (09/PRE-009660)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 3 máisSobre a información e as xestións que está a levar a cabo oGoberno galego para acadar a posta en marcha dun novoproxecto empresarial no contorno industrial da antigaempresa Ecesa, no concello de Burela
- 36704 (09/PRE-009661)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a opinión do Goberno galego en relación co ritmoe deseño das obras de modernización do ferrocarril enGalicia, así como a adaptación dos actuais horarios ásdemandas da poboación, e as previsións respecto do exer-cicio das súas competencias en materia de ferrocarril inte-rior
- 36752 (09/PRE-009662)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre as medidas levadas a cabo polo Goberno galego paraconsensuar un novo plan de recuperación da pesqueira dopolbo
- 36786 (09/PRE-009663)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galegopara acadar a readmisión dos traballadores despedidos daempresa Atento na cidade da Coruña e unhas condiciónslaborais dignas para o seu cadro de persoal, o cumprimentodo acordo parlamentario referido á deslocalización da aten-ción das chamadas e facer efectivo o dereito da cidadaníagalega a ser atendida en galego en todos os servizos de aten-ción telefónica
- 36789 (09/PRE-009664)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, CosmeEladioSobre os estudos realizados polo Goberno galego para ava-liar o resultado práctico da entrada en vigor do Decreto79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino nonuniversitario de Galicia, segundo o previsto na súa disposi-ción adicional quinta
- 36780 (09/PRE-009665)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, CosmeEladioSobre a valoración do Goberno galego respecto da carenciade equipamentos e medios materiais existente no Instituto deEnsinanza Secundaria do Milladoiro, e as previsións ao res-pecto
- 36772 (09/PRE-009666)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para faci-litar a realización dos trámites relacionados coa compra eposta en funcionamento das embarcacións destinadas ápesca artesanal, as previsións respecto do establecementodun portelo único para ese fin, así como as demandas for-muladas ao Goberno central para a rebaixa das diferentestaxas establecidas para o exercicio desa actividade e a trans-ferencia a Galicia das competencias na materia
- 36798 (09/PRE-009667)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco Xesús
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 4617 de maio de 2015
112645
Sobre a información e a valoración do Goberno galego enrelación co establecemento como obxectivo prioritario doServizo de Prevención e Branqueo de Capitais, do Ministe-rio de Economía, a investigación da situación de Abanca
- 36805 (09/PRE-009668)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Jorquera Caselas, FranciscoXesúsSobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia parao cumprimento do acordo parlamentario referido á demandada reforma do actual modelo de financiamento local
- 36814 (09/PRE-009669)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a data de encarga pola Xunta de Galicia das 25.000plantas de arandos para a súa plantación nos Ancares no ano2009, a opinión do Goberno galego respecto da suficienciada reforestación levada a cabo en varias zonas do Courel noano 2013 e as novas plantacións previstas, así como a fasena que se atopa o proxecto de reforma do Plan de recupera-ción do oso
- 36816 (09/PRE-009670)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre o número de tarxetas sanitarias adscritas na actuali-dade ao Centro de Saúde do Bolo, as existentes nos anos2010, 2011, 2012, 2013 e 2014 e os datos referidos á cober-tura das ausencias do seu único facultativo nos últimos catroanos, así como a situación laboral do persoal do centro e asprevisións ao respecto
- 36818 (09/PRE-009671)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 4 máisSobre os datos referidos á atención das gardas no Centro deSaúde do Bolo, a derivación de doentes ao Servizo deUrxencias do Hospital Comarcal do Barco e o despraza-mento a este centro de doentes por propia iniciativa nos anos2012, 2013 e 2014, así como a atención médica e farmacéu-tica da Residencia da Terceira Idade do Bolo
- 36826 (09/PRE-009672)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, FranciscoXesúsSobre as razóns da supresión dos accesos previstos na autovíada Costa da Morte nos lugares da Piolla, no concello de Zas ede San Paio, e no concello de Coristanco, as da non-informa-ción á veciñanza nin sometemento a exposición pública dasmodificacións do proxecto, así como as previsións doGoberno galego respecto da reconsideración desa decisión
- 36834 (09/PRE-009673)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as razóns do baixo nivel de execución dos orzamentosda Xunta de Galicia para o ano 2014, así como a opinión doGoberno galego respecto do cumprimento dos obxectivospolíticos asignados aos programas que tiveron baixo grao deexecución
- 36835 (09/PRE-009674)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións previstas polo Goberno galego ante oGoberno central en relación co sector naval e, en particular,para a consecución de carga de traballo para Navantia Fene
- 36842 (09/PRE-009675)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do CarmeSobre a información e as actuacións levadas a cabo ou pre-vistas polo Goberno galego en relación co conflito xeradopor unha empresa hidroeléctrica en Guatemala
- 36846 (09/PRE-009676)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre os prazos, o orzamento real e as actuacións previstaspara a execución do novo trazado da estrada Santiago-SantaComba, así como as previsións existentes para o traspaso áXunta de Galicia do tramo Santiago-Portomouro da deputa-ción provincial
- 36848 (09/PRE-009677)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 2 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da defensaante o Goberno central da interposición dunha demanda ante
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
112646
Número 4617 de maio de 2015
o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra Noruegapor discriminar e non lles recoñecere aos mariñeiros galegosos anos traballados en barcos daquel país ou, se é o caso, acolaboración económica cos afectados
- 36885 (09/PRE-009678)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a información, as inspeccións levadas a cabo ou pre-vistas e a opinión do ente público Augas de Galicia respectodo cumprimento da lexislación vixente en materia de depu-ración e tratamento de augas residuais na Estación de Ser-vizo Compostela, situada na AP-9 ao seu paso polo concellode Teo
- 36895 (09/PRE-009679)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a candidatura dunha persoa imputada á Alcaldía doPorriño
- 36902 (09/PRE-009680)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre a valoración da Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria respecto da nova reválida estable-cida pola Lei orgánica para a mellora da calidade educativapara os alumnos de 3º de Educación Primaria
1.4.5. Respostas a preguntas
Coñecemento da resposta, remisión ás deputadas e aos depu-
tados e publicación
- 35401 - 24763 (09/PRE-006633)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre os datos da Xunta de Galicia referidos ás inspecciónslevadas a cabo e ás sancións impostas desde o ano 2005 atao ano 2014 polo Servizo de Gardacostas de Galicia, asícomo as actuacións dos seus axentes na loita contra a conta-minación mariña desde a entrada en vigor da Lei 2/2004, do21 de abril, pola que se crea ese servizo
- 35394 - 24860 (09/PRE-006788)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme, e Pombo Rodríguez,Cosme EladioSobre as actuacións previstas pola Consellería de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeralde Igualdade diante da sentenza ditada polo TribunalSupremo en relación cos concertos educativos con cincocentros que segregan o alumnado por razón de sexo
- 35403 - 26013 (09/PRE-007419)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre a devolución das axudas recibidas ilegalmente nosúltimos anos por cinco centros que separan o alumnado porsexo
- 35395 - 26044 (09/PRE-007423)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e 2 máisSobre a decisión do Goberno galego de restituír as axudaspúblicas aos centros educativos que segregan o seu alum-nado en razón do sexo
- 35400 - 26714 (09/PRE-007461)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre as causas da alta mortaldade de berberecho detectadana ría de Arousa, as medidas adoptadas pola Consellería doMedio Rural e do Mar ao respecto, así como as previstasante a previsible caída de recursos que vai sufrir na próximacampaña o colectivo de persoas mariscadoras
- 35407 - 27122 (09/PRE-007477)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaCaamaño Domínguez, Francisco e 2 máisSobre as xestións ou ofertas realizadas polo Goberno galegopara a conservación do depósito da colección artística daFundación Arco no Centro Galego de Arte Contemporánea,así como as actuacións previstas para suplir o baleiro quexera o seu traslado ao Centro de Arte Dos de Mayo, de Mós-toles
- 35413 - 27239 (09/PRE-007484)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre as razóns da TVG para convocar un concurso co finde contratar o servizo de unidade móbil para eventos televi-
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 4617 de maio de 2015
112647
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
112648
Número 4617 de maio de 2015
sivos para Televisión de Galicia, S.A., o custo deste con-trato, así como o da realización das retransmisións conmedios propios, e o cumprimento do establecido na Lei9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comuni-cación audiovisual de Galicia
- 35396 - 27244 (09/PRE-007486)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre as razóns da Xunta de Galicia para financiar a exposi-ción titulada On the Road/No Camiño, e os datos ao respecto
- 35409 - 27648 (09/PRE-007533)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a interpretación de pensión privada que está a realizaro Ministerio de Facenda para os efectos do establecementoda obriga de tributación do IRPF das persoas pensionistasemigrantes retornadas e as propostas que vai trasladar oGoberno galego ao Goberno central para resolver esta pro-blemática
- 35405 - 27692 (09/PRE-007538)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre os datos referidos á trata de persoas con fins de explo-tación sexual en Galicia, as medidas adoptadas e as actua-cións levadas a cabo polo Goberno galego ao respecto, asícomo a valoración dos resultados do protocolo asinado noano 2010 coa Fiscalía Superior de Galicia para a súa erradi-cación
- 35418 - 29136 (09/PRE-007714)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre as medidas que está a adoptar e as previstas pola Con-sellería do Medio Rural e do Mar en relación coa caída dascapturas e dos ingresos, así como a eventual falta de activi-dade das persoas mariscadoras da ría de Vigo, o desenvolve-mento nela do programa de recuperación dos bancos impro-dutivos e o prazo estimado para o impulso da identificación,promoción e comercialización dos moluscos bivalvos extraí-dos nesa ría
- 35414 - 29672 (09/PRE-007793)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María MontserratSobre a adxudicación da xestión de servizos públicos para areserva e ocupación de prazas no servizo de atención resi-dencial para persoas maiores en situación de dependencia eos datos referidos ás inspeccións realizadas pola Conselle-ría de Traballo e Benestar á Residencia Valle-Inclán desdeo ano 2013
- 35406 - 29755 (09/PRE-007800)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad e 2 máisSobre as afirmacións referidas á suposta pernoctación depersoas implicadas na suposta fraude dos cursos de forma-ción nunha residencia oficial
- 35416 - 29853 (09/PRE-007808)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María MontserratSobre os datos referidos ao custo e á composición do dispo-sitivo de loita contra o furtivismo na ría de Ferrol, así comoos resultados obtidos na actual campaña, as medidas e actua-cións previstas pola Xunta de Galicia ao respecto e o desen-volvemento dalgún proxecto específico en colaboración conoutras administracións para buscar unha solución tamén decarácter social a este problema
- 35404 - 30013 (09/PRE-007817)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVal Alonso, José Ramón e 3 máisSobre a resolución ditada pola Dirección Xeral de Patrimo-nio Cultural respecto das intervencións realizadas polo Con-cello de Cervo dentro do ámbito de protección do ConxuntoHistórico-Artístico de Sargadelos
- 35397 - 30654 (09/PRE-007886)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre os datos referidos ao custo, financiamento e montaxeda exposición Cinegalicia25, organizada pola Cidade daCultura en colaboración coa Axencia Galega das IndustriasCulturais, así como o procedemento seguido para a eleccióne contratación do seu comisariado e catálogo
- 35415 - 31153 (09/PRE-007908)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Prado Cores, María Montserrat
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 4617 de maio de 2015
112649
Sobre a información emitida o 5 de decembro de 2014 noinformativo da TVG Galicia Noticias en relación co uso dogalego polos autores dun roubo cometido en Poio
- 35398 - 31516 (09/PRE-007935)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego respectodo desenvolvemento do termalismo na provincia de Ourense
- 35410 - 27649 (09/PRE-008287)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre as previsións do Goberno galego respecto da presen-tación de propostas diante do Goberno central para resolverde xeito definitivo a problemática da tributación das pen-sións procedentes do estranxeiro
- 35092 - 28406 (09/PRE-008340)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSestayo Doce, Beatriz e 2 máisSobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia en rela-ción coa situación na que se atopa a empresa Poligal, radi-cada en Narón
- 35408 - 30298 (09/PRE-008925)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 3 máisSobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para omantemento da muralla de Tui, declarada ben de interesecultural, para o curso e paseo fluviais contiguos integradosna Rede Natura ou, se é o caso, para a posta en marcha dunplan de mellora dese patrimonio, así como sobre a aper-tura dalgún expediente por actuacións neglixentes namuralla
- 35399 - 31935 (09/PRE-009269)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre a valoración e as medidas adoptadas polo ente públicoAugas de Galicia respecto da demora e deficiencias detecta-das na execución das obras de ampliación do abastecementode auga ao Morrazo
- 35849 - 33023 (09/PRE-009353)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre as medidas que vai impulsar a Xunta de Galicia paragarantir a titularidade e uso civil do Panteón de GalegosIlustres
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015Miguel Ángel Santalices Vieira
Vicepresidente 1º
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán
Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento
da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta
escrita.
Segundo a información feita pública polo presidente da Xunta ao remate do
Consello celebrado o 23 de abril deste ano, informa o Sr. Feijoo, da posta
en marcha no mes de maio da segunda fase do programa de venda de solo
empresarial que establecerá bonificacións de ata o 50 % nos parques
empresariais xestionados polo IGVS, é dicir, “establecerá prezos
bonificados en 21 parques empresariais -500.000 metros cadrados
aproximadamente- e os dous grandes polígonos que se van beneficiar son o
Porto Seco de Monforte e o parque empresarial de Pazos, en Verín”.
Como queira que o IGVS é propietario de 33 parques industriais solicítase
resposta ás seguintes preguntas:
1ª) Cales son os parques empresariais nos que se vai aplicar esta
bonificación?
2ª) Que porcentaxe se aplicará en cada un deles?
Pazo do Parlamento, 23 de abril de 2015
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Sánchez Bugallo na data 24/04/2015 10:26:24
Raúl Fernández Fernández na data 24/04/2015 10:26:52
112650
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Patricia Vilán Lorenzo na data 24/04/2015 10:27:04
112651
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa
Galega da Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 157 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á garantir o dereito á
vivenda da cidadanía galega.
As case 300.000 vivendas baleiras no noso país supoñen unha emenda á totalidade á
xestión realizada pola Xunta para garantir o dereito de todas e todos nós a dispor
dunha vivenda digna. Casa coas que se especula e familias na rúa. Os máis de 11.000
desafiuzamentos que pode recoller a estatística do Consello Xeral do Poder Xudicial –
sesgada á baixa nos primeiros anos - e as respostas do goberno Núñez Feijóo acerca de
235 solicitudes e 126 expedientes completos ao abeiro do programa Reconduce son
elocuentes da radical insuficiencia da súa actuación. Os 2.519 lanzamentos recollidos
nas estatísticas dos xulgados de 1º instancia no 2014 supuxeron un aumento respeito o
ano precedente do 4,78%.
Detéctase unha clara correspondencia entre o proceso de concentración da propiedade
inmobiliaria e a incesante vaga de desafiuzamentos hipotecarios e de aluguer que sufre
a sociedade galega dende o comezo da recesión e crise no 2008. Vaga que pon en
cuestión os dereitos constitucionais e estatutarios que a nosa cidadanía ten a dispor
dunha vivenda digna e do mandato conferido aos poderes públicos de combater a
especulación.
Os dados son dunha elocuencia obscena e poñen en cuestión as políticas en materia de
vivenda desenvolvidas polos gobernos do Estado e da Xunta: falla a garantía social para
que non haxa familias sen un teito, afúndese a política de vivenda pública de carácter
social e atopámonos nun rampante exercicio especulativo que beneficia a un puñado
de grandes propietarios.
No entanto o goberno galego practica a ortodoxia do deixar facer, deixar pasar… con
protocolos de papel, programas minúsculos e en xeral nun abandono das súas
responsabilidades para co interese xeral. Complicidade gubernamental que permite
engordar os beneficios duns poucos especuladores a costa do sufrimento da xente
corriente e dos seus dereitos.
112652
Cos dados do rexistro catastral, o número de propietarios de inmobles en Galicia, baixo
a fórmula de persoas físicas, entidades financeiras ou sociedades mercantís, que
posúen máis de 11 propiedades son 20.600 titulares (cando no comezo da crise e
recesión eran algo máis de 11.000 titulares).
AGE acredita no contido recollido no artigo 33 da Constitución, formalmente en vigor
aínda que materialmente en vías de derrogación, que subordina o dereito á
propiedade privada á utilidade pública e o interese social. Cadro normativo que cadra
ben coa situación que detentan no noso país menos dun milleiro de persoas que
posúen cada unha delas máis de 50 bens inmobles, nun uso claramente especulativo.
Polo sinalado, o grupo parlamentario da AGE presenta a seguinte pregunta escrita:
- Que medidas lexislativas vai implementar a Xunta para gravar o uso
especulativo dos bens inmobles e garantir o dereito da cidadanía galega a unha
vivenda digna?
- Cal é a valoración que realiza a Xunta do acelerado proceso de concentración
inmobiliaria sucedido ao abeiro da crise e correspondente a unha incesante
vaga de desafiuzamentos?
- Que planificación ten a axencia tributaria galega en orde a fiscalizar as persoas
físicas, mercantís e financeiras que posúen eses elevadísimos patrimonios
inmobiliarios?
- Interesou a Xunta de Galicia, por medio de comunicacións das que haxa
constancia fehaciente, ao goberno central algunha actuación conducente a
fiscalizar os patrimonios inmobles destas vinte mil persoas?
- Vai elaborar a Xunta un rexistro especial de vivendas baleiras?
- Vai aprobar o goberno galego unha taxa que grave as vivendas baleiras que
integren ese rexistro especial?
- Contempla a Xunta aprobar unha lexislación que fundada no interese público e
a utilidade social permita o recurso ao aluguer forzoso e a expropiación de bens
inmobles adicados a actividades especulativas?
En Compostela, a 23 de abril do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
112653
Yolanda Díaz Pérez na data 24/04/2015 09:38:24
112654
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Carmen Gallego Calvar, Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego
Lomba, José Luis Méndez Romeu, Raúl Fernández Fernández,
Patricia Vilán Lorenzo e José Antonio Sánchez Bugallo, deputadas e
deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por
escrito.
A recente posta en marcha dos novos servizos ferroviarios do eixo
atlántico, están a presentar varias carencias e debilidades que son precisas
solucionar, para ofertar un servizo de maior calidade.
Así na recente estreada estación de tren de Urzáiz en Vigo, que xestiona o
trafico de trens rápidos, evidénciase unha escaseza de persoal para atención
ao público, xa que so dúas persoas en cada quenda (mañá e tarde) para
venta de billetes para os trens inmediatos, para venda de prazas anticipadas,
para atender incidencias, para dar información...., o que acaba provocando
largas colas e, nalgunhas ocasións, que os pasaxeiros e pasaxeiras suban ao
tren sen billete, ante o risco certo de quedarse sen poder embarcar.
Tampouco existe en tal estación ningún dos servizo mínimos co que debe
contar unha instalación destas características (nin cafetería, nin prensa),
sendo unha estación baleira.
Por outra banda os trens postos en servizo non están adaptados para as
persoas con dificultades de mobilidade, como si o están os que fan o
percorrido máis lento entre a estación de Guixar e a de Coruña.
En relación aos horarios e frecuencias, resultan claramente insuficientes
pensando nos desprazamentos laborais ou de estudantado. Resulta pouco
comprensible que a nova oferta ferroviaria do eixo atlántico, soamente
mellore nun 4 % ao percorrido de quilómetros realizados con anterioridade,
cando agora existe dobre vía na totalidade dos tramos entre Vigo a A
Coruña. Incluso as viaxes completos entre ambas cidades se reducen.
Por exemplo, entre Vigo e A Coruña non hai ningún tren as oito da mañá
(nin rápido nin lento), horario demandado por traballadores e traballadoras
112655
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
e o último tren rápido entre Vigo e Coruña pola tarde é as sete e media e,
en sentido contrario, entre as seis da tarde e as nove da noite non hai
ningún tren rápido e de ningún dos dous destinos saen trens despois das
nove e nove e media respectivamente.
Ademais existen nos novos horarios con “ocos” dificilmente xustificables.
Ante esta situación, as deputadas e os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta escrita:
1. Coñece o Goberno o que acontece nas instalacións recentemente
inauguradas da estación ferroviaria de Urzáiz?
2. Cal é motivo para que non existan servizos como nas demais
estación e cando se ten previsto, no seu caso, que se poñan en
funcionamento?
3. Cree o Goberno galego que con so dúas persoas traballando en
taquilla – tal e como acontece na actualidade - se pode prestar un
servizo de calidade ? Sabe si haberá modificacións na cadro de
persoal a este respecto ? Si é así, en que consistirán?
4. Sabe cales son os motivos polos que os trens que fan este novo
servizo rápido non están adaptados para persoas con mobilidade
reducida, tal e como acontece cos do percorrido máis lento e con
máis paradas que saen de Guixar?
5. Interesouse o Goberno galego pola nova oferta ferroviaria posta en
marcha e a súa adaptación aos horarios laborais e do estudantado,
principais usuarios deste servizo?
6. Sabe o Goberno si se van a modificar os horarios e/ou tarifas deste
servizo? Si é así, en que consistirán estas modificacións e cando se
van levar a cabo?
112656
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
7. Reclamará o Goberno galego as melloras demandadas nesta
iniciativa ao Goberno central?
Pazo do Parlamento, 24 de abril de 2015
Asdo.: Carmen Gallego Calvar
Abel Losada Alvarez
José Manuel Gallego Lomba
José Luis Méndez Romeu
Raúl Fernández Fernández
Patricia Vilán Lorenzo
José Antonio Sánchez Bugallo
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Carmen Gallego Calvar na data 24/04/2015 12:49:56
Abel Fermín Losada Álvarez na data 24/04/2015 12:50:04
José Manuel Gallego Lomba na data 24/04/2015 12:50:10
Jose Luis Méndez Romeu na data 24/04/2015 12:50:22
Raúl Fernández Fernández na data 24/04/2015 12:50:38
Patricia Vilán Lorenzo na data 24/04/2015 12:50:45
José Antonio Sánchez Bugallo na data 24/04/2015 12:50:51
112657
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Carmen Acuña do Campo, María Quintas Alvarez, Concepción Burgo
López, Manuel Vázquez Fernández e Raúl Fernández Fernández,
deputadas e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.
O pasado oito de abril, o alcalde de Cualedro dimite como deputado
provincial na Deputación de Ourense, tras saberse que pagou con cartos do
concello numerosas facturas nunha gasolineira da que é propietario xunto a
outras persoas. O rexedor de Cualedro, sen embargo, anunciou que volverá ser
candidato á alcaldía polo Partido Popular, malia recoñecer as devanditas
irregularidades. Esta decisión provocou un notable debate político con ampla
repercusión nos medios de comunicación galegos. Sobre a oportunidade de
que volva a concorrer ás eleccións municipais pronunciáronse os líderes dos
principais partidos galegos, incluído o presidente do PP e da Xunta de Galicia,
Núñez Feijóo, o portavoz do PP neste Parlamento, Pedro Puy, e o secretario
xeral de PSdG, Xose Ramón Gómez Besteiro.
Por todo o exposto, as deputadas e os deputados que asinan formulan a
seguinte pregunta para a súa resposta escrita:
Cantas informacións e canto tempo dedicaron os informativos de referencia da
TVG, o telexornal mediodía e o telexornal serán, ó abandono da Deputación
Provincial de Ourense do alcalde de Cualedro e a posterior polémica política
xerada pola súa decisión de volver a ser o candidato do PP nese concello?
Pazo do Parlamento, 23 de abril de 2015
Asdo.: Carmen Acuña do Campo
María Quintas Alvarez
Concepción Burgo López
Manuel Vázquez Fernández
Raúl Fernández Fernández
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
112658
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
María del Carmen Acuña do Campo na data 24/04/2015 13:09:23
Maria Remedios Quintas Alvarez na data 24/04/2015 13:09:28
María Concepción Burgo López na data 24/04/2015 13:09:33
Manuel Vázquez Fernández na data 24/04/2015 13:09:35
Raúl Fernández Fernández na data 24/04/2015 13:09:41