-
Número 628 IX lexislatura 8 de abril de 2016
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza
normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei polo que
se
modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de
policías locais
— Do G.P da Alternativa Galega de Esquerda (doc. 48757)
146689
— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. 48761) 146701
— Do G.P. Popular de Galicia (doc. 48763) 146711
— Do. G.P. Mixto (doc.48764) 146713
— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. 48767) 146722
1.3. Procedementos de control e impulso
1.3.6. Proposicións non de lei
1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión
1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO
AMBIENTE E SERVIZOS
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 44189 (09/PNC-003683)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en
rela-
ción coas axudas destinadas ás persoas afectadas por procesos
de
desafiuzamento 146687
Rexeitamento da iniciativa
- 24135 (09/PNC-002008)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
xgarciaTexto escrito a máquina
xgarciaTexto escrito a máquina
xgarciaTexto escrito a máquina
-
Gallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboración
coa
Deputación Provincial de Pontevedra, cos concellos e coas
comuni-
dades de montes de Marín e Vilaboa, dun plan de recuperación
inte-
gral do parque de Cotorredondo, e a súa dotación
orzamentaria
146687
- 41710 (09/PNC-003466)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio, e seis deputados/as máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas oportunas
para
coñecer e axustar os niveis de gas radon das vivendas e
edifica-
cións públicas de Galicia aos establecidos pola Organización
Mun-
dial da Saúde 146687
- 48012 (09/PNC-003996)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén, e dous deputados/as máis
Sobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego en
relación
coa execución do proxecto denominado Dragaxe ambiental dos
sedi-
mentos da ría do Burgo, elaborado polo Ministerio de Medio
Ambiente
146688
- 48225 (09/PNC-004013)
Grupo Parlamentario Mixto
Martínez García, María Consuelo, e Fernández Rodríguez,
Mónica
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia
para
garantir a paralización do derrubamento de calquera vivenda
sus-
ceptible de legalización coa aprobación do planeamento
urbanístico
e a colaboración na redacción e tramitación dos plans xerais
de
ordenación municipais 146688
- 48377 (09/PNC-004025)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón, e cinco deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en
rela-
ción coa proposta presentada pola Comunidade de Montes de
Coto-
rredondo para a construción dun xardín botánico-arboredo no
espazo ocupado polo Centro de Recuperación da Fauna Salvaxe
no
concello de Marín 146688
- 48535 (09/PNC-004043)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
García García, Pablo, e tres deputados/as máis
Sobre a modificación polo Goberno galego da disposición
transitoria
cuarta da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, coa
incor-
poración do solo de núcleo rural 146688
SUMARIO
-
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza
normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas ao articulado formuladas ao Proxecto de lei polo que
se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de
poli-
cías locais
A Mesa da Comisión 1ª, Institucional, de AdministraciónXeral,
Xustiza e Interior, na súa sesión do día 5 de abril de2016, adoptou
o seguinte acordo:
Cualificación de emendas ao articulado ao Proxecto de leipolo
que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordi-nación de
policías locais (doc. núm. 47240, 09/PL-000036)
Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos
requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa
admisión co seguinte detalle:
Emendas ao articulado (un total de 96)
— Do G.P da Alternativa Galega de Esquerda (doc. 48757)— Do G.P.
dos Socialistas de Galicia (doc. 48761)— Do G.P. Popular de Galicia
(doc. 48763)— Do. G.P. Mixto (doc.48764)— Do G.P. do Bloque
Nacionalista Galego (doc. 48767)
Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016
Miguel Ángel Santlices VieraPresidente
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non
de lei
1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión
1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO
AMBIENTE E SERVIZOS
A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio
Ambiente e Servizos, na súa sesión do 7 de abril de2016, adoptou os
seguintes acordos:
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 44189 (09/PNC-003683)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega
de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre a actuación que debe levar a
cabo o Goberno galegoen relación coas axudas destinadas ás persoas
afectadas porprocesos de desafiuzamentoBOPG nº 560, do
26.11.2015
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola
unanimidade dos 14 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implemen-tar
medidas informativas e de coordinación suficientes paragarantir un
coñecemento efectivo por parte tanto dos profe-sionais do mundo da
xustiza canto da cidadanía das axudaspostas á disposición das
persoas afectadas por procesos dedesafiuzamento hipotecario ou por
alugueiro.»
Rexeitamento da iniciativa
- 24135 (09/PNC-002008)Grupo Parlamentario dos Socialistas de
GaliciaGallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máisSobre
a elaboración pola Xunta de Galicia, en colaboracióncoa Deputación
Provincial de Pontevedra, cos concellos ecoas comunidades de montes
de Marín e Vilaboa, dun plande recuperación integral do parque de
Cotorredondo, e a súadotación orzamentariaBOPG nº 304, do
18.06.2014
Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8
votos en contra e 0 abstencións.
- 41710 (09/PNC-003466)Grupo Parlamentario do Bloque
Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio, e seis
deputados/as máisSobre a adopción polo Goberno galego das medidas
oportu-nas para coñecer e axustar os niveis de gas radon das
viven-das e edificacións públicas de Galicia aos establecidos
polaOrganización Mundial da SaúdeBOPG nº 527, do 30.09.2015
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 6288 de abril de
2016
146687
-
Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8
votos en contra e 0 abstencións.
- 48012 (09/PNC-003996)Grupo Parlamentario do Bloque
Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e dous deputados/as
máisSobre as medidas que debe impulsar o Goberno galego enrelación
coa execución do proxecto denominado Dragaxeambiental dos
sedimentos da ría do Burgo, elaborado poloMinisterio de Medio
AmbienteBOPG nº 613, do 09.03.2016
Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8
votos en contra e 0 abstencións.
- 48225 (09/PNC-004013)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García,
María Consuelo, e Fernández Rodríguez,MónicaSobre as actuacións que
debe levar a cabo a Xunta de Gali-cia para garantir a paralización
do derrubamento de calqueravivenda susceptible de legalización coa
aprobación do pla-neamento urbanístico e a colaboración na
redacción e trami-tación dos plans xerais de ordenación
municipaisBOPG nº 617, do 16.03.2016
Sométese a votación e resulta rexeitada por 2 votos a favor,8
votos en contra e 4 abstencións.
- 48377 (09/PNC-004025)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega
de EsquerdaSánchez García, Antón, e cinco deputados/as máisSobre a
actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa
proposta presentada pola Comunidade deMontes de Cotorredondo para a
construción dun xardínbotánico-arboredo no espazo ocupado polo
Centro de Recu-peración da Fauna Salvaxe no concello de MarínBOPG
nº 620, do 22.03.2016
Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8
votos en contra e 0 abstencións.
- 48535 (09/PNC-004043)Grupo Parlamentario dos Socialistas de
GaliciaGarcía García, Pablo, e tres deputados/as máisSobre a
modificación polo Goberno galego da disposicióntransitoria cuarta
da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solode Galicia, coa
incorporación do solo de núcleo ruralBOPG nº 620, do 22.03.2016
Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8
votos en contra e 0 abstencións.
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016
María Soledad Soneira TajesVicepresidenta 2ª
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
146688
Número 6288 de abril de 2016
-
1
EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS
ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA AO PROXECTO DE LEI POLA
QUE SE MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE
COORDINACIÓN
DE POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).
Emenda nº1, ao apartado novo, de Adición. Artigo único Proponse
engadir un novo apartado a remate do artigo 16 que quede redactado
da seguinte maneira: " Exercer as actuacións de inspección precisas
para as función de coordinación e para garantir o cumprimento dos
parámetros establecidos nesta lei. Establecer as medidas de control
e seguimento necesarias para garantir que os concellos apliquen e
cumpran coas normas de coordinación e cos mínimos establecidos
nesta lei, así como determinar o sistema de información que asegure
a efectividade das mesmas. As actuacións de inspección e as medidas
de control estableceranse regulamentariamente."
__________________________________________ Emenda nº2, ao apartado
novo bis), de Adición. Artigo único Proponse a modificación do
punto cuarto do actual artigo 18 da lei 4/2007, que quedaría
redactado como segue: “4.º) Sete representantes dos membros dos
corpos das policías locais designados polos sindicatos máis
representativos nas policías locais de Galicia. Enténdese por
sindicatos máis representativos todos aqueles que teñan máis de 75
afiliados e afiliadas no total dos planteis das policías locais de
Galicia. As persoas representantes repartiranse en principio en 1
por cada un dos sindicatos, en caso de non acadar o número de
representantes o total de 7 , os restantes serán atribuídos de
forma proporcional aos sindicatos en base a maior numero de
afiliación nos planteis das policías locais de Galicia."
__________________________________________ Emenda nº3, ao apartado
novo ter), de Adición. Artigo único
146689
-
2
Proponse a engádega dun novo apartado 4 bis ao actual artigo 18
que diga así: " 4 bis) Unha persoa designada polas Asociacións
Porfesionais de Policías Locais de Galicia que conten no total da
Comunidade Autónoma con máis de 100 socios e socias, e estean
legalmente constituídas."
__________________________________________ Emenda nº4, ao apartado
novo, de Adición. Un Proponse engadir un novo artigo 22 bis, que
queda redactado da seguinte forma: "Artigo 22 bis. Asociacións de
municipios en materia de policía local. 1.- Os municipios que non
dispoñan de recursos suficientes para prestar os servizos de
policía local poderán asociarse cos municipios limítrofes para a
execución das funcións asignadas a esta policía, de acordo co
establecido na lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e
corpos de seguridade. 2.- A competencia para autorizar a asociación
para a prestación de servizos de policía local corresponderá á
consellaría competente en materia de coordinación de policías
locais, mediante unha resolución, e require, ademais dos requisitos
determinados pola lexislación vixente, un informe previo da
Comisión de Coordinación das Policías Locais de Galicia. 3.- O
exercicio das funcións de coordinación operativa dos servizos
asociados de policía local corresponderá ao alcalde ou alcaldesa do
municipio que se determine no acordo de colaboración para a
prestación conxunta dos servizos de policía local. 4.- Nas Áreas
Metropolitanas para unha mellor eficiencia na prestación do servizo
de policía local, os concellos integrantes poderán establecer un
servizo asociado de Policía Local, cumprindo os requisitos
establecidos segundo a lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de
forzas e corpos de seguridade, coa única excepción do límite de
habitantes establecido nas ordes de desenvolvemento da propia
normativa. __________________________________________ Emenda nº5,
ao apartado novo, de Adición. Dous
146690
-
3
Proponse a adición dun punto 1 bis no actual artigo 19 cuxa
redacción sería a seguinte: 2.- Os niveis mínimos para o persoal
funcionario das policías locais de Galicia, en función da súa
categoría, serán os seguintes: 1. Policía, nivel 20. 2. Oficial,
nivel 22. 3. Inspector/a. nivel 24. 4. Inspector / Principal, nivel
26. 5. Intendente, nivel 27. 6. Intendente Principal, nivel 28. 7.
Superintendente, nivel 30.
__________________________________________ Emenda nº6, ao apartado
novo, de Adición. Tres Proponse engadir previo ao texto un apartado
1 bis ao actual artigo 30 que queda redactado como segue: “1bis. Os
Concellos que conten con corpo de policía local, e superen a cifra
de 5.000 habitantes, estarán obrigados a manter un ráteo permanente
mínima de 1,4 policías por cada 1.000 habitantes. Esta ráteo mínima
tenderase a incrementar ata acadar a de 1,8 policías por cada 1.000
habitantes, en funcións das posibilidades de cada Concello.”
__________________________________________ Emenda nº7, ao apartado
novo, de Adición. Tres Ao remate do texto, proponse a engádega dun
novo artigo 32 bis coa seguinte redacción: “Artigo
32.Bis.Principios sobre a mobilidade 1.Poderase acceder así ás
categorías encadradas na escala básica, executiva, superior e
técnica polo procedemento de mobilidade, tal e como se establece
nos artigos 35, 37, 38, 39, 40, 41 e 42 da presente Lei. 2. En
todas as categorías anteriores reservarase unha porcentaxe mínima
dun 20% para o acceso polo procedemento de mobilidade. 3.Requisitos
para poder acceder polo procedemento de mobilidade:
146691
-
4
a) Ter una antigüidade mínima de 3 anos na mesma categoría á que
se pretenda acceder en calquera corpo das policías locais de
Galicia. b) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle
falte menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación
forzosa. c) Non estar no plantel de orixe en situación de 2º
actividade por razón de idade ou diminución de capacidades
psicofísicas. d) Non estar incurso nun procedemento disciplinario
sen finalizar. e) Non estar separado ou inhabilitado para o
exercicio da función publica. 4. Forma de provisión polo
procedemento de mobilidade: a) A forma de provisión será por
concurso. b) O máximo de puntos no concurso será de 35 puntos. Os
méritos acadados a través de calquera curso de formación terán unha
caducidade de 6 anos. c) En caso de empate entre o persoal
funcionario na puntuación final do concurso, este resolverase coa
realización dun exame tipo test, que versará sobre os contidos dos
temarios regulamentados para o acceso á categoría á que se pretende
acceder. En caso de persistir o empate, resolverase por sorteo. d)
Unha vez acadada a praza por esta modalidade, en todo caso,
requirirá tomar posesión da praza obtida e exercer servizo activo
na mesma durante 3 anos. 5. Os mínimos anteriormente expostos sobre
o procedemento de acceso por mobilidade serán definidos
regulamentaríamente.” __________________________________________
Emenda nº8, ao apartado novo bis), de Adición. Tres Proponse
engadir, previo ao texto, unha modificación á redacción actual do
artigo 31, que quedaría como segue: “1. A consellería competente en
materia de seguridade, con carácter excepcional, poderá dispensar
dos requisitos mínimos contemplados nos artigos anteriores, en
canto á estrutura do respectivo corpo de Policía local, a aqueles
concellos que o solicitasen e xustificasen motivadamente a
imposibilidade do seu cumprimento, previo informe da Comisión de
Coordinación das Policías Locais.”
__________________________________________
146692
-
5
Emenda nº9, ao apartado novo ter), de Adición. Tres Proponse a
engádega, previa ao texto, dun novo apartado dous ao artigo 31, que
queda redactado da seguinte maneira: “2. Os concellos que se atopen
na situación descrita no apartado anterior desenvolverán, no prazo
máximo de 2 anos dende a declaración de dispensa de requisitos, as
tarefas conducentes a unha formula de asociación para a prestación
do servizo con Concellos limítrofes para poder acadar os mínimos
esixidos nesta Lei. A Consellería competente en materia de
seguridade asesorará e acelerará os tramites precisos para a
constitución desta asociación e así acadar os mínimos legais
establecidos.” __________________________________________ Emenda
nº10, ao apartado novo, de Adición. Cinco Proponse, ao remate do
texto, a seguinte redacción para o apartado 4 do actual artigo 35:
“4. Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso, reservarase
como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da Comunidade Autónoma.
Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e
unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº11, ao apartado
alínea C, de Modificación. Seis Proponse a modificación da
redacción da alínea C do proxecto de lei, que quedará como segue:
“c) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros
corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do
corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría
de policía, reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte
por cento das prazas convocadas.”
__________________________________________ Emenda nº12, ao apartado
alínea B artigo 37, de Modificación. Seis
146693
-
6
Proponse modificar a actual redacción da alínea b do artigo 37:
“b) Para seren cubertas mediante concurso, reservarase, como
mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas para persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma.
Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e
unha antigüidade mínima nela de tres anos”.
__________________________________________ Emenda nº13, ao apartado
alínea D, de Modificación. Sete Proponse modificar a redacción
proposta na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 38, que
quedará como segue: “d) Mediante concurso-oposición, entre persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma
para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de
antigüidade na categoría de oficial, entre funcionarios e
funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia
que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4
anos na categoría de Policía para os pertencentes ao concello
convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de policía
para o persoal que pertenza a outro plantel distinto do convocante,
reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento
das prazas convocadas.” __________________________________________
Emenda nº14, ao apartado alínea B artigo 38, de Modificación. Sete
Proponse modificar a alínea B do artigo 38, que quedaría como
segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso,
reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas
para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da
comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á
da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº15, ao apartado
alínea D, de Modificación. Oito Proponse modificar a redacción
achegada na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 39, para que
reste como segue:
146694
-
7
“d) Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario
doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros
do corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na
categoría de inspector ou inspectora, entre funcionarios e
funcionarias do concello convocante e doutros concellos de Galicia
que dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4
anos na categoría de Oficial para os pertencentes ao concello
convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de Oficial
para o persoal que pertenza a outro plantel distinto do convocante,
reservarase para esta modalidade, como mínimo, un vinte por cento
das prazas convocadas.” __________________________________________
Emenda nº16, ao apartado alínea B artigo 39, de Modificación. Oito
Porponse modificar a alínea B do artigo 39, para que quede como
segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso,
reservarase, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas
para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da
comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á
da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº17, ao apartado
novo, de Adición. Nove Logo do texto, proponse a engádega dunha
nova alínea C do actual artigo 41, que quedaría como segue: “c)
Mediante concurso-oposición, entre persoal funcionario doutros
corpos da Policía local da comunidade autónoma para membros do
corpo que teñan un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría
de intendente, entre funcionarios e funcionarias do concello
convocante e doutros concellos de Galicia que dispoñan da
titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4 anos na
categoría de Inspector ou Inspectora Principal para os pertencentes
ao concello convocante , e unha antigüidade de 5 anos na categoría
de Inspector ou Inspectora Principal para quen pertenza a outro
plantel distinto do convocante, reservarase para esta modalidade,
como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.”
__________________________________________
146695
-
8
Emenda nº18, ao apartado novo, de Adición. Nove Ao remate do
texto, engadir unha nova alínea C no actual artigo 42 da lei, coa
seguinte redacción: “c) Mediante concurso-oposición, entre persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma
para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de
antigüidade na categoría de inspector ou inspectora principal,
entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros
concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha
antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Intendente para os
pertencentes ao concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos
na categoría de Intendente para o persoal que pertenza a outro
plantel distinto do convócante, reservarase para esta modalidade,
como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.”
__________________________________________ Emenda nº19, ao apartado
alínea D, de Modificación. Nove Proponse modificar a redacción
proposta na nova alínea D do proxecto de lei ao artigo 40, que
quedará como segue: “d) Mediante concurso-oposición, entre persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma
para membros do corpo que teñan un mínimo de tres anos de
antigüidade na categoría de inspector ou inspectora principal,
entre funcionarios e funcionarias do concello convocante e doutros
concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha
antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Inspector para o
persoal pertencente ao concello convocante , e unha antigüidade de
5 anos na categoría de Inspector ou inspectora para o que pertenza
a outro plantel distinto do convocante, reservarase para esta
modalidade, como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas.”
__________________________________________ Emenda nº20, ao apartado
alínea B artigo 40, de Modificación. Nove Proponse a modificación
da alínea B do artigo 40, que quedaría así:
146696
-
9
“b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase
como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para persoal
funcionario doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma.
Este persoal deberá ter unha categoría igual á da convocatoria e
unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº21, ao apartado
alínea b artigo 41, de Modificación. Nove Ao remate do texto,
proponse modificar a alínea B do artigo 41, que quedaría como
segue: “b) Así mesmo, para seren cubertas mediante concurso,
reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas
para persoal funcionario doutros corpos da Policía local da
comunidade autónoma. Este persoal deberá ter unha categoría igual á
da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº22, ao apartado
alínea b artigo 42, de Modificación. Nove Proponse modificar a
alínea B do actual artigo 42 da lei, coa seguinte redacción: “b)
Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase como
mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios
doutros corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes
funcionarios deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e
unha antigüidade mínima nela de tres anos.”
__________________________________________ Emenda nº23, ao apartado
novas, de Adición. Dez Proponse engadir varias alíneas novas no
actual punto terceiro do artigo 48, coa seguinte redacción: “Estes
criterios materializaranse nos seguintes complementos: a)
Complemento específico (penosidade do traballo nocturno, festivo e
a perigosidade propia do posto de traballo).
146697
-
10
b) Complemento de posto de traballo. c) Complemento de xefatura.
d) Complemento de turnicidade. e) Complemento de prolongación de
xornada. f) Complemento persoal transitorio pola situación de
segunda actividade. Ditas retribucións remuneran o desempeño do
posto de traballo que as teña asignadas e, en consecuencia,
deixarán de percibirse ao cesar no mesmo. Outras retribucións: a)
Indemnización dos gastos realizados por razón do servizo. b)
Indemnización pola realización de viaxes relacionados directamente
co servizo. c) Compensación por horas extraordinarias. d)
Compensación por realización de quendas en horario nocturno ou en
día festivo. e) Compensación por realización de gardas de presenza
física e gardas localizadas. f) Compensación por participar en
tribunais de selección e por impartir cursos de formación. As
retribucións d),e) e f) poderanse retribuír como complemento de
produtividade.” __________________________________________ Emenda
nº24, ao apartado novos , de Adición. Dez Antes do texto, proponse
engadir os puntos 2 e 3 ao actual artigo 43 da lei para que quede
como segue: “2.Aplicarase do mesmo xeito o establecido no paragrafo
anterior cando non fose posible cubrir as vacantes coas porcentaxes
sinaladas en referencia o acceso dos membros funcionarios de outros
corpos de policía local de Galicia polo procedemento de
concurso-oposición. 3.Tanto os procedementos convocados por
mobilidade, como pola modalidade de concurso-oposición para membros
funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia que
quedasen vacantes, as prazas acumularanse á quenda de promoción
interna. En caso de acceso a categoría de policía, as prazas non
cubertas pola modalidade de mobilidade acumularanse á quenda
libre.” __________________________________________
146698
-
11
Emenda nº25, ao apartado alínea C, de Supresión. Dez Proponse
suprimir a alínea C do artigo 44 da lei.
__________________________________________ Emenda nº26, ao apartado
apartado 2 artigo 48, de Modificación. Dez Proponse modificar o
actual apartado 2 do artigo 48, que queda coa seguinte redacción:
“2. As retribucións básicas terán idéntica contía para todos os
membros dun mesmo grupo.Serán retribucións básicas: a) Soldo
inicial correspondente ao nivel. b) Retribución correspondente ao
grao. c) Antigüidade. As retribucións persoais básicas constitúen
un dereito adquirido inherente á condición de funcionario.”
__________________________________________ Emenda nº27, ao apartado
nova alínea F artigo 44, de Adición. Dez Proponse a engádega dunha
nova alínea F no artigo 44 coa seguinte redacción: “c)Que a
ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte menos de
cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa.”
__________________________________________ Emenda nº28, ao apartado
nova disposición , de Adición. Dezasete Proponse, ao remate do
inciso dezasete, engadir unha nova disposición adicional terceira
co seguinte texto: “Disposición adicional terceira: As corporacións
locais que dispoñan de Corpo de Policía elaborarán e aprobarán un
Regulamento de organización e funcionamento do mesmo, que deberá
axustarse ao establecido nesta Lei e ás disposicións
regulamentarias que a desenvolvan.
146699
-
12
O Regulamento de cada Corpo deberá conter, cando menos, os
seguintes aspectos; a) As unidades en que, no seu caso, se
estruture o Corpo e as funcións que corresponden a cada unha delas.
b) O emprego que corresponda aos distintos postos de mando e as
súas funcións. c) A liña xerárquica de mando e o réxime de
substitución en caso de ausencia, incluíndo ao Xefe do Corpo. En
todo caso, será o Alcalde quen ostente a superior xefatura. d) O
sistema de provisión de postos do Corpo, incluídos os de mando e o
do Xefe do Corpo. e) A regulación dos sistemas de traslado entre as
distintas unidades e demais postos do persoal.”
__________________________________________ Asinado dixitalmente
por:
Jose Javier Ron Fernandez na data 23/03/2016 10:49:34
Anton Sánchez García na data 23/03/2016 10:49:43
146700
-
1
EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO
SOCIALISTAS DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE
MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE
POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).
Emenda nº1, de Adición. Artigo único Modifícase o punto 2 do
artigo 9. Onde di: ".... excepcionais en que o órgano ...."; debe
dicir: ".... excepcionais en que polo alcalde ou alcaldesa ou polo
órgano...." __________________________________________ Emenda nº2,
de Adición. Artigo único Modifícase a alinea a) do artigo 16. "Onde
di:.... seguimeto necesarias ....", debe dicir: "... seguimento e
inspección necesarias..."
__________________________________________ Emenda nº3, ao apartado
Un quater), de Adición. Artigo único Adición dun novo apartado 5.ª
bis) ao punto 1 do artigo 18., que qudará redactado co seguinte
contido: "5.º) bis. Un representante designado polas asociacións
profesionais de Policías locais e Galicia."
__________________________________________ Emenda nº4, ao apartado
Un bis), de Adición. Un Adición dun novo artigo 22. bis), que
quedará redactado co seguinte contido:
146701
-
2
"Artigo 22.bis. Asociacións de concellos en materia de Policía
local. 1. Os concellos limítrofes que non dispoñan separadamente de
recursos suficientes para prestar os servizos de Policía local
poden asociarse para a execución das funcións asignadas a esta
Policía, de acordo co establecido na Lei Orgánica 2/1986, do 13 de
marzo, de forzas e corpos de seguridade. 2. A competencia para
autorizar a asociación de concello para a prestación de servizos de
Policía local corresponde ao conselleiro ou á conselleira
competente en materia de coordinación de Policías locais, mediante
unha resolución, e require, ademais dos requisitos determinados
pola lexislación vixente, un informe previo da Comisión de
Coordinación das Policías Locais de Galicia. 3. O exercicio das
funcións de coordinación operativa dos servizos asociados de
Policía local corresponderá ao alcalde ou alcaldesa do concello que
se determine no acordo de colaboración para a prestación conxunta
dos servizos de Policía local. 4. Os concellos integrantes en Áreas
Metropolitanas, para unha mellor eficiencia na prestación de
servizo de Policía local, poderán establecer un servizo asociado do
mesmo, cumprindo os requisitos establecidos segundo a Lei Orgánica
2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, coa única
excepción do limite de habitantes establecido nas ordes de
desenvolvemento da propia normativa."
__________________________________________ Emenda nº5, ao apartado
Dos bis), de Adición. Dous Modífícase o artigo 30, que qudará
redactado co seguinte contido: "Artigo 30. Número mínimo de
membros. 1. O número mínimo de efectivos con que contarán os corpos
de Policía local será de 4 policías e un oficial en concellos de
5.000 habitantes cando se cree o corpo de Policía local. 2. Os
concellos que conten cun corpo de Policía local e superen a cifra
de 5.000 habitantes, estarán obrigados a
146702
-
3
manter un ratio permanente mínimo de 1 policía por cada 1.000
habitantes. Este rátio mínimo tenderase a incrementar en función da
dispoñibilidade orzamentaria de cada concello. 3. O número máximo
de vixiantes municipais que poderán ter os concellos que non teñan
creado o corpo de Policía local será de dous."
__________________________________________ Emenda nº6, ao apartado
Dous ter), de Adición. Dous Modifícase o artigo 31. que quedará
redactado co seguinte contido: "Artigo 31 Dispensa de requisitos.
1.A consellería competente en materia de seguridade, con carácter
excepcional, poderá dispensar dos requisitos mínimos recollidos nos
artigos anteriores, en canto á estrutura do respectivo corpo de
Policía local, a aqueles concellos que o solicitasen e xustificasen
motivadamente a imposibilidade da súa cumprimento, previo informe
da Comisión de Coordinación das Policías Locais. 2.Os concellos que
se atopen na situación anteriormente exposta, no prazo máximo de 2
anos dende a declaración de dispensa de requisitos, buscaran a
formula de asociación para a prestación do servizo con concellos
limítrofes para poder acadar os mínimos esixidos nesta lei. A
consellería competente en materia de seguridade acelerara e
promovera todos os tramites para a constitución desta asociación e
así acadar os mínimos legais establecidos."
__________________________________________ Emenda nº7, ao apartado
Tres bis), de Adición. Tres Adición dun novo artigo 32. bis), que
quedará redactado co seguinte contido: "Artigo 32. Principios sobre
a modibilidade.
146703
-
4
1.Poderase acceder ás categorías encadradas na escala básica,
executiva, superior e técnica polo procedemento de mobilidade, tal
e como establecen os artigos 35, 37, 38, 39, 40, 41 e 42 desta lei.
2. En todas as categorías anteriores, reservarase un porcentaxe
mínimo dun 20 % para o acceso polo procedemento de mobilidade.
3.Requisitos para poder acceder polo procedemento de mobilidade: a)
Ter una antigüidade mínima de 3 anos na mesma categoría á que se
pretenda acceder en calquera corpo das Policías locais de Galicia.
b) Que a ningunha das persoas que pretendan a permuta lle falte
menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa. c)
Non estar no no cadro de persoal de orixe en situación de 2º
actividade por razón de idade ou diminución de capacidades
psicofísicas. d) Non estar incurso nun procedemento disciplinario
sen finalizar. e) Non estar separado ou inhabilitado para a función
publica. 4.Forma de provisión polo procedemento de mobilidade: a) A
forma de provisión será por Concurso. b) Os méritos acadados a
través de calquera curso de formación, terán unha caducidade de 6
anos. c) En caso de empate entre varios funcionarios na puntuación
final do concurso, este resolverase coa realización dun exame tipo
test, que versara sobre os contidos dos temarios regulamentados
para o acceso á categoría á que se pretenda acceder. En caso de
persistir o empate, resolverase por sorteo. d) Unha vez acadada a
praza por esta modalidade, en todo caso, requirirá tomar posesión
da praza obtida e exercer servizo activo na mesma durante 3 anos.
5.Os mínimos anteriormente expostos, sobre o procedemento de acceso
por mobilidade, serán regulados regulamentariamente."
__________________________________________ Emenda nº8, ao apartado
Cuatro bis), de Adición. Catro
146704
-
5
Modifícase o punto 4. do artigo 35, que quedará redactado co
seguinte contido: "4. Así mesmo, para ser cubertas mediante
concurso, reservarase como mínimo un vinte por cento das prazas
convocadas para funcionarios doutros corpos da Policía local da
comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría
igual á da convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres
anos." __________________________________________ Emenda nº9, ao
apartado Seis bis), de Adición. Seis Modifícase a alinea b) do
artigo artígo 37, que quedará redactado co seguinte contido: "b)
Para ser cubertas mediante concurso, reservarase, como mínimo, un
vinte por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros
corpos da Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios
deberán ter unha categoría igual á da convocatoria e unha
antigüidade mínima nela de tres anos."
__________________________________________ Emenda nº10, ao apartado
sete bis), de Adición. Sete Modifícase a alinea b) do artigo 38,
que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser
cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por
cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán
ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade
mínima nela de tres anos."
__________________________________________ Emenda nº11, ao apartado
oitro bis), de Adición. Oito Modifícase a alinea b) do artigo 39,
que quedará redactado co seguinte contido:
146705
-
6
"b) Así mesmo, para ser cubertas mediante concurso, reservarase
como mínimo un vinte por cento das prazas convocadas para
funcionarios doutros corpos da Policía local da comunidade
autónoma. Estes funcionarios deberán ter unha categoría igual á da
convocatoria e unha antigüidade mínima nela de tres anos."
__________________________________________ Emenda nº12, ao apartado
nove bis), de Adición. Nove Modifícase a alinea b) do artigo 40,
que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser
cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por
cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán
ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade
mínima nela de tres anos.2
__________________________________________ Emenda nº13, ao apartado
nove ter), de Adición. Nove Modifícase a alinea b) do artigo 41,
que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para ser
cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte por
cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán
ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade
mínima nela de tres anos."
__________________________________________ Emenda nº14, ao apartado
nove quater), de Adición. Nove Adición dunha nova alinea b) bis, ao
artigo 41, que quedará redactado co seguinte contido: "b) bis.
Mediante concurso-oposición, entre funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma membros do corpo que teñan un
mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de intendente,
entre funcionarios do concello convocante e doutros concellos de
Galicia que
146706
-
7
dispoñan da titulación requirida e unha antigüidade mínima de 4
anos na categoría de Inspector Principal para os pertencentes ao
concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na categoría de
Inspector Principal para os que pertenzan a outro cadro de persoal
distinto do convocante, reservarase para esta modalidade, como
mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas."
__________________________________________ Emenda nº15, ao apartado
nove quinquies), de Adición. Nove Modifícase alinea b) do artigo
42, que quedará redactado co seguinte contido: "b) Así mesmo, para
ser cubertas mediante concurso, reservarase como mínimo un vinte
por cento das prazas convocadas para funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma. Estes funcionarios deberán
ter unha categoría igual á da convocatoria e unha antigüidade
mínima nela de tres anos."
__________________________________________ Emenda nº16, ao apartado
nove sexies), de Adición. Nove Adición dunha nova alinea b) bis. ao
artigo 42., que quedará redactado co seguinte contido: "b) bis.
Mediante concurso-oposición, entre funcionarios doutros corpos da
Policía local da comunidade autónoma membros do corpo que teñan un
mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de inspector
principal, entre funcionarios do concello convocante e doutros
concellos de Galicia que dispoñan da titulación requirida e unha
antigüidade mínima de 4 anos na categoría de Intendente para os
pertencentes o concello convocante, e unha antigüidade de 5 anos na
categoría de Intendente para os que pertenzan a outro cadro de
persoal distinto do convócante, reservarase para esta modalidade,
como mínimo, un vinte por cento das prazas convocadas."
__________________________________________ Emenda nº17, ao apartado
nove septies), de Adición. Nove
146707
-
8
Modifícase o artigo 43, que quedará redactado co seguinte
contido: " rtigo 43. Garantía da mobilidade e de acceso a categoría
superior. 1. Para garantir o dereito á mobilidade dos membros dos
corpos de Policía local de Galicia, reflectido nos artigos 35 e 37
a 42, cando non fose posible cubrir as vacantes coas porcentaxes
sinaladas, as fraccións sobrantes acumularanse á seguinte ou
seguintes convocatorias. 2. Aplicarase do mesmo xeito o establecido
no paragrafo anterior cando non fose posible cubrir as vacantes
coas porcentaxes sinaladas en referencia o acceso dos membros
funcionarios de outros corpos de policía local de Galicia polo
procedemento de concurso-oposición. 3. Tanto os procedementos
convocados por mobilidade, como pola modalidade de
concurso-oposición para membros funcionarios de outros corpos de
policía local de Galicia que quedasen vacantes, as prazas
acumularanse a quedan de promoción interna. En caso de acceso a
categoría de policía, as prazas non cubertas pola modalidade de
mobilidade acumularanse á quedan libre."
__________________________________________ Emenda nº18, ao apartado
Dez, de Modificación. Dez Modifícase a alinea c) do artigo 44, que
quedará redactado co seguinte contido: "c) Que a ningunha das
persoas que pretendan a permuta lle falte menos de cinco anos para
cumprir a idade de xubilación forzosa."
__________________________________________ Emenda nº19, ao apartado
Dezaseis bis), de Adición. Dezaseis Adición dunha nova disposición
adicional primeira bis), que quedará redactada co seguinte contido:
"´Disposición aciononal primeira bis).
146708
-
9
1. Poden ingresar por oposición libre nos Corpos ou escalas de
persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que
estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico. 2. Poden
acceder por promoción interna ou mobilidade aos corpos e escalas de
persoal funcionario do subgrupo de clasificación C1 as persoas que
estean en posesión da titulación de bacharel ou técnico, ou
calquera outra que sexa equivalente ou correspondente ou dea acceso
segundo a lexislación xeral. 3. Poden acceder por promoción interna
ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario dos
subgrupos de clasificación A2 ou A1 as persoas que estean en
posesión da titulación de grado, ou calquera outra que sexa
equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación
xeral. A clasificación en cada subgrupo estará en función do nivel
de responsabilidade das funcións a desempeñar e das características
das probas de acceso." __________________________________________
Emenda nº20, ao apartado dezasete bis), de Adición. Dezasete
Adición dunha nova disposicón adiconal segunda bis), que quedará
redactada co seguinte contido: "Disposición adicional Segunda bis).
As corporacións locais que dispoñan de Corpo de Policía elaborarán
e aprobarán un Regulamento de organización e funcionamento do
mesmo, que deberá axustarse ao establecido nesta Lei e ás
disposicións regulamentarias que a desenvolvan. O Regulamento de
cada Corpo deberá sinalar e regular como mínimo os seguintes
aspectos: a) As unidades en que, no seu caso, se estruturará o
Corpo e as funcións que corresponden a cada unha delas. b) O
emprego que corresponda aos distintos postos de mando e as súas
funcións. c) A liña xerárquica de mando e o réxime de substitución
en caso de ausencia, incluíndo ao xefe do Corpo. En todo caso, será
o alcalde quen desempeñe a superior xefatura. d) O sistema de
provisión de postos do Corpo, incluídos os de mando e o do Xefe do
Corpo.
146709
-
10
e) A regulación dos sistemas de traslado entre as distintas
unidades e demais postos do persoal."
__________________________________________ Asinado dixitalmente
por:
Jose Luis Méndez Romeu na data 23/03/2016 11:24:32
146710
-
1
EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE MODIFICA A LEI
4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS
(NUM. EXPE. 09/PL-000036).
Emenda nº1, de Modificación. Dez "Débese suprimir a letra c) do
apartado Dez do Artigo único "
__________________________________________ Emenda nº2, de Adición.
Disposición adicional única "Débese engadir unha nova disposición
adicional única bis, co seguinte texto: Disposición adicional única
bis.- Acceso aos Corpos de Policía Local do persoal funcionario
previsto no artigo 53.3 da Lei Orgánica 2/1986 Sen prexuízo do
disposto no artigo 35 desta lei, os concellos que conten con
persoal funcionario previsto no artigo 53.3 da Lei Orgánica 2/1986,
do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, para o exercicio
exclusivo das funcións establecidas no parágrafo b) do apartado 1
do citado artigo, poderán efectuar, no prazo de dous anos a partir
da entrada en vigor desta Lei, procesos selectivos para o acceso
deste persoal ao respectivo Corpo de Policía Local a través dun
procedemento de concurso-oposición. En todo caso este persoal
deberá contar cos seguintes requisitos: - Antigüidade mínima de
tres anos continuados nestes postos. - Titulación académica de
acceso para o Grupo C1. Por orde da persoa titular da consellería
competente en materia de seguridade se determinarán aqueloutros
requisitos de carácter específico para este procedemento especial
de acceso, que en todo caso incluirán a superación de probas
teóricas e prácticas equivalentes ás que se esixan para o acceso
libre ao respectivo Corpo de Policía Local e a superación tanto dun
curso de formación na Academia Galega de Seguridade Pública como de
un período de prácticas".
__________________________________________
146711
-
2
Emenda nº3, de Modificación. Exposición de motivos "Débese ser
substituído o parágrafo 4 polo seguinte texto: Onde di “Por outra
banda, o Estatuto básico do empregado público, aprobado pola Lei
7/2007, do 12 de abril…” debe dicir “Por outra banda, o Real
Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o
texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado
Público...”". __________________________________________ Asinado
dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 23/03/2016 12:49:06
146712
-
1
EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS GRUPO
MIXTO AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE MODIFICA A LEI 4/2007,
DO
20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE.
09/PL-000036).
Emenda nº1, ao apartado Un bis), de Adición. Un Modifícase o
artigo 9 ao que se lle engade un novo punto 7 co seguinte texto: 7.
Todas as persoas membros da policía local disporán das EPIs
pertinentes para a prevención de riscos laborais, e nomeadamente de
chalecos antibalas. __________________________________________
Emenda nº2, ao apartado Un ter), de Adición. Un Modifícase o artigo
11 ao que se lle engade un novo parágrafo no punto 1 co seguinte
texto: Para garantir a súa formación continua e práctica os
concellos poderán proceder mancomunadamente dunha galería de tiro.
__________________________________________ Emenda nº3, ao apartado
4, de Substitución. Tres Debe ser substituída no punto 4 do número
Tres do artigo único a expresión “...poden...” por “...deben
incluír...” __________________________________________ Emenda nº4,
ao apartado 4, de Substitución. Tres Debe ser substituída no punto
4 do número Tres do artigo único a expresión “...Así mesmo,
deberase demostrar o coñecemento do idioma galego.” polo seguinte
texto: “...Así
146713
-
2
mesmo será obrigatorio o coñecemento oral e escrito da lingua
galega do nivel que determine a lexislación vixente”.
__________________________________________ Emenda nº5, ao apartado
2, de Substitución. Catro Debe ser substituída no punto 2 do número
Catro do artigo único a expresión “... así como a demostración do
coñecemento da lingua galega.” polo seguinte texto: “... e o
coñecemento oral e escrito da lingua galega do nivel que determine
a lexislación vixente”. __________________________________________
Emenda nº6, ao apartado 4, de Adición. Cinco Debe ser engadido ao
final do punto 4 do número Catro do artigo único o seguinte
seguinte texto: “...Unha das persoas que exerza como vogal será
designado pola representación sindical do concello”
__________________________________________ Emenda nº7, ao apartado
Dez bis), de Adición. Dez Modifícase o artigo Artigo 55 engadíndose
unha nova aliña 4 co seguinte texto: 4. No caso de embarazo das
funcionarias dos corpos de policía local ou de funcionarias
policías dos concellos que non teñan constituído corpo de policía
local, seralles de aplicación o que dispón a Lei 31/1995, do 8 de
novembro, de prevención de riscos laborais, en materia de
protección da maternidade.
__________________________________________ Emenda nº8, ao apartado
Dez ter), de Adición. Dez Modifícase o artigo Artigo 55 engadíndose
unha nova aliña 4 co seguinte texto: 4. O establecemento da
xornada, o horario, os descansos e o resto de condicións de
traballo serán obxecto de
146714
-
3
negociación cos representantes sindicais, nos termos previstos
pola lexislación vixente.
__________________________________________ Emenda nº9, de
Substitución. Doce Debe ser substituída no número Catro do artigo
único a expresión "... e sempre que se achegue informe médico
favorable." por "...informe médico do/a profesional facultativo do
Sergas correspondente." __________________________________________
Emenda nº10, de Substitución. Trece Debe ser substituída no número
Catro do artigo único a expresión "...ou doutro tipo...” polo
seguinte texto: “...enfermidade ou accidente, de orixe común ou
laboral...” __________________________________________ Emenda nº11,
de Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 4 do artigo
77 do número Catorce a expresión“...en falta de inferior grao...”
pola seguinte: "...grave ou grave..."
__________________________________________ Emenda nº12, de
Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra h) do artigo 79
do número Catorce polo seguinte texto: h) A violación do segredo
profesional e a falta do debido sixilo respecto aos asuntos que
coñezan por razón do seu cargo, sempre que prexudique o desenrolo
da labor policial, cause prexuízo á administración, ás persoas
detidas e/ou investigadas ou a calquera outra persoa afectada pola
investigación policial ou se utilice dito coñecemento en proveito
da propia persoa funcionaria.
__________________________________________ Emenda nº13, de
Supresión. Catorce Debe ser suprimida a letra j) do artigo 79 do
número Catorce.
146715
-
4
__________________________________________ Emenda nº14, de
Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra l) do artigo 79 do
número Catorce a palabra “...tóxicas...”
__________________________________________ Emenda nº15, de
Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra m) do artigo 79 do
número Catorce a palabra “...tóxicas...”
__________________________________________ Emenda nº16, de
Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra ñ) do artigo 79
do número Catorce polo seguinte texto: ñ) O acoso sexual e o acoso
laboral, consistente este último el acoso laboral en toda conduta
que constitúa agresión ou hostigamento reiterados, exercida pola
persoa empregadora ou por un ou máis traballadores/traballadoras,
en contra doutro/a ou doutros/as traballadores/as, por calquera
medio, e que teña como resultado para a persoa ou persoas afectadas
o seu menoscabo, maltrato ou humillación, ou ben que ameace ou
prexudique a súa situación laboral ou as súas oportunidades no
emprego. __________________________________________ Emenda nº17, de
Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79
do número Catorce coa seguinte redacción: q) A non prestación de
auxilio con urxencia naqueles feitos ou circunstancias graves nas
que sexa obrigada a súa actuación.
__________________________________________ Emenda nº18, de Adición.
Catorce
146716
-
5
Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79 do número
Catorce coa seguinte redacción: q) A reincidencia por 3 veces en
falta grave. __________________________________________ Emenda
nº19, de Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao
artigo 79 do número Catorce coa seguinte redacción: q) Exhibir
armas sen causa que o xustifique, así como utilizalas en acto de
servizo ou fora del, infrinxindo as normas que regulan o seu
emprego. __________________________________________ Emenda nº20, de
Adición. Catorce Debe ser engadida unha nova letra q) ao artigo 79
do número Catorce coa seguinte redacción: q) Dar lugar ao extravío,
perda ou substracción por neglixencia inescusable da arma
regulamentaria. __________________________________________ Emenda
nº21, de Adición. Catorce Debe ser engadido ao final da letra a) do
artigo 80 do número Catorce o seguinte texto: “...ao concello e/ou
á Xunta de Galicia” __________________________________________
Emenda nº22, de Adición. Catorce Debe ser engadido na letra g) do
artigo 80 do número Catorce o seguinte texto: “...manifesta e
inxustificada...” quedando redactada a alínea do seguinte xeito: g)
A falta de rendemento reiterada, manifesta e inxustificada, que
ocasione un prexuízo á cidadanía, ás entidades con personalidade
xurídica ou á eficacia dos servizos.
146717
-
6
__________________________________________ Emenda nº23, de
Supresión. Catorce Debe ser suprimida a letra l) do artigo 80 do
número Catorce. __________________________________________ Emenda
nº24, de Supresión. Catorce Debe ser suprimida na letra m) do
artigo 80 do número Catorce a seguinte expresión “...ou da arma
regulamentaria.” __________________________________________ Emenda
nº25, de Substitución. Catorce Debe ser substituída a letra z) do
artigo 80 do número Catorce polo seguinte texto: z) A non
prestación de auxilio con urxencia naqueles feitos ou
circunstancias que sen ser graves, estea obrigada a súa actuación.
__________________________________________ Emenda nº26, de Adición.
Catorce Debe ser engadida unha nova letra z quinquies) ao artigo 80
do número Catorce coa seguinte redacción: z quinquies) A
reincidencia por tres veces en falta leve
__________________________________________ Emenda nº27, de
Substitución. Catorce Debe ser substituído na letra c) do artigo 81
do número Catorce a expresión “...nos 30 días precedentes.” por
“...nos últimos tres meses.”
__________________________________________ Emenda nº28, de
Substitución. Catorce Debe ser substituído na letra b) do punto 1
do artigo 83 do número Catorce a palabra “...seis...” por
“...tres...”
146718
-
7
__________________________________________ Emenda nº29, de
Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 2 do artigo 83
do número Catorce a expresión “...tres meses.” por “...un ano.”
__________________________________________ Emenda nº30, de Adición.
Catorce Debe ser engadida un novo punto 4 ao artigo 83 do número
Catorce coa seguinte redacción: 4. As sanciones inscribiranse nos
respectivos expedientes persoais con indicación das faltas que as
motivaron. __________________________________________ Emenda nº31,
de Substitución. Catorce Debe ser substituído o texto do punto 1 do
artigo 84 do número Catorce polo seguinte: 1. As faltas moi graves
prescribirán aos dous anos desde a data da súa comisión, as graves
ao ano e as leves ao mes.
__________________________________________ Emenda nº32, de
Substitución. Catorce Debe ser substituído no punto 3 do artigo 84
do número Catorce a palabra “...seis...” por “...tres...”
__________________________________________ Emenda nº33, de
Substitución. Catorce Debe ser substituído o texto do punto 1 do
artigo 85 do número Catorce polo seguinte: 1. As sancións moi
graves prescribirán aos dous anos, as graves ao ano e as leves ao
mes. O prazo de prescrición das sancións comezarase a contar desde
o día seguinte a aquel en que adquiran firmeza.
__________________________________________
146719
-
8
Emenda nº34, de Substitución. Catorce Debe ser substituído no
punto 2 do artigo 86 do número Catorce a expresión “...dous e
tres...” por “...un e dous...”
__________________________________________ Emenda nº35, de Adición.
Disposición adicional única Debe ser engadida unha nova disposición
adicional única bis) coa seguinte redacción: Disposición adicional
única bis). Servizos policía local mancomunados 1.- Todos os e as
axentes da policía local de Galiza recibirán obrigatoriamente
formación en Igualdade de Xénero e Prevención e Loita contra a
mesma. Ademais, en todos os corpos de policía local de Galiza
existirá un grupo de axentes cunha avaliación positiva en formación
e sensibilización específica de igualdade de xénero e violencia de
xénero que atenderá as demandas xeradas en relación á prevención e
protección das vítimas, garantindo dito servizo durante as 24 horas
dos 365 días do ano. Para garantir a prestación de dito servizo, os
concellos poderán proceder a subscribir un acordo de colaboración
de xeito que permita prestar un servizo mancomunado que garanta a
mellor proteccións ás vítimas.
__________________________________________ Emenda nº36, de Adición.
Disposición transitoria única Debe ser engadida unha nova
disposición transitoria única bis) coa seguinte redacción:
Disposición transitoria única bis). Revisión de oficio de sancións
Na data de entrada en vigor desta lei, se da súa aplicación
resultasen efectos máis favorables para a persoa funcionaria
sancionada, revisaranse de oficio as resolucións, aínda que sexan
firmes, cuxo cumprimento non se iniciase ou finalizase na devandita
data. Non será posible a revisión de resolucións nas que se
impuxese a sanción de separación do servizo.
146720
-
9
__________________________________________ Emenda nº37, de
Adición. Disposición derradeira primeira Debe ser engadido a
seguinte expresión na disposición derradeira primeira do apartado
único "...no prazo de un ano desde a entrada en vigor..." quedando
redactada a disposición do seguinte xeito: Facúltase o Consello da
Xunta de Galicia para realizar, no prazo de un ano desde a entrada
en vigor, o desenvolvemento regulamentario que se derive das
modificacións". __________________________________________ NOTA:
Emendas presentadas por Consuelo Martínez García e Mónica Fernández
Rodríguez Asdo.: Consuelo Martínez García Voceira Grupo Mixto
Parlamento de Galicia Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 23/03/2016 12:57:45
146721
-
1
EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO BLOQUE
NACIONALISTA GALEGO AO PROXECTO DE LEI POLA QUE SE
MODIFICA A LEI 4/2007, DO 20 DE ABRIL, DE COORDINACIÓN DE
POLICÍAS LOCAIS (NUM. EXPE. 09/PL-000036).
Emenda nº1, de Adición. Un Bis) Artigo único. Un. Engadir un
novo punto co seguinte texto: “Un. Bis). O punto 2 do artigo 9
queda redactado como segue: Todas as persoas membros dos corpos de
Policía Local vestirán o uniforme regulamentario cando estean de
servizo, agás nos casos de dispensa previstos na Lei orgánica de
corpos e forzas de seguridade e naqueles casos excepcionais en que
a persoa que ostente a Alcaldía se autorice o contrario. Neste
suposto deberá identificarse co documento de acreditación
profesional.” __________________________________________ Emenda
nº2, de Adición. Un Ter) Artigo único. Un. Engadir un novo punto co
seguinte texto: “Un.Ter). O punto 1.c) 4º) do artigo 18 queda
redactado como segue: 4º) Catro representantes das persoas membros
dos corpos das policías locais de concellos de máis de 50.000
habitantes e outros catro de concellos de menos de 50.000
habitantes, designados polos sindicatos máis representativos na
Administración local no ámbito da Comunidade Autónoma de Galiza.
4º) Bis. Un representante designado por cada un dos sindicatos máis
representativos no ámbito da Administración local no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galiza.”
__________________________________________ Emenda nº3, de Adición.
Tres
146722
-
2
Artigo único. Tres. Engadir in fine artigo no apartado 4 do
artigo 32 o seguinte texto: "En todo caso incluirase no proceso una
proba de lingua galega." __________________________________________
Emenda nº4, de Adición. Catro Artigo único. Catro. Engadir in fine
no apatado 2 do artigo 33 o seguinte texto: “a través da
celebración dun exame.” __________________________________________
Emenda nº5, de Supresión. Catorce No artigo 79 suprimir o apartado
j) __________________________________________ Emenda nº6, de
Substitución. Catorce Artigo único. Catorce. Substituír o texto do
artigo 80 p) polo seguinte: “Artigo 80. Faltas graves ...... p)
Embebedarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou
substancias psicotrópicas durante o servizo ou sempre que
prexudiquen a súa prestación; facelo en dependencias policiais ou
fóra de servizo cando teñan carácter habitual e afecten á imaxe do
corpo policial. Enténdese que existe habitualidade e afecta á imaxe
do corpo que se acrediten máis de tres episodios nun ano e que
estes fosen nun lugar público e se producisen molestias a outras
persoas ou actitudes escandalosas.”
__________________________________________ Emenda nº7, de
Substitución. Catorce
146723
-
3
Artigo único. Catorce. Substituír o texto do artigo 79. h) polo
seguinte: “Artigo 79. Faltas moi graves .... h) A violación do
segredo profesional sempre que prexudique o desenvolvemento do
labor policial, cause prexuízo á cidadanía, á administración ou ás
entidades con personalidade xurídica, ás persoas detidas ou
investigadas ou se utilice o seu coñecemento en proveito da propia
persoa funcionaria.” __________________________________________
Emenda nº8, de Substitución. Disposición adicional única
Disposición adicional única. Substituír o texto polo seguinte:
“Disposición adicional única. Equivalencia de titulacións para os
efectos do acceso aos corpos e escalas de persoal funcionario dos
subgrupos de clasificación profesional A1, A2 e C1 1.Poden ingresar
por oposición nos corpos ou escalas de persoal funcionario do
subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión da
titulación de bacharel ou técnico. 2. Poden acceder por promoción
interna ou mobilidade aos corpos e escalas de persoal funcionario
do subgrupo de clasificación C1 as persoas que estean en posesión
da titulación de bacharel ou técnico, ou calquera outra que sexa
equivalente ou correspondente ou dea acceso segundo a lexislación
xeral. 3. Poden acceder por promoción interna ou mobilidade aos
corpos e escalas de persoal funcionario do subgrupo de
clasificación A2 e A1 as persoas que estean en posesión da
titulación de grado, ou calquera outra que sexa equivalente ou
correspondente ou dea acceso segundo a lexislación xeral. A
clasificación en cada subgrupo estará en función do nivel de
responsabilidade das función a desenvolver e das características
das probas de acceso." __________________________________________
Asinado dixitalmente por:
María Tereixa Paz Franco na data 23/03/2016 13:27:50
146724
-
4
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 23/03/2016 13:27:57
146725
-
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións:
Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.
Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00.
Fax. 981 55 14 25
Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727