BOLETIN PARROQUIAL Nº 181 - Maio 2015 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS REFLEXIÓN ANTE AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS A nosa parroquia está de aniversario, o 30 de Agosto teremos, oficialmente, vintecinco anos. Con este motivo, o próximo día 7 de Xuño (XIX aniversario da bendición do com- plexo parroquial), teremos unha gran celebración ás 12, en torno a mesa eucarística, pre- sidida polo Sr. Vicario territorial de Santiago, o noso veciño José Antonio, e ás 14, na mesa do xantar. Unha comisión traballou arreo para facer un gran programa xa coñecido. Pero esta efemérides non remata ata o 4 de Outubro, festa do noso patrón, S. Francisco de Asís. Ese día presidirá a misa de 12, D. Julián, o noso arcebispo, e, ademais, entronizaremos a Cruz de S. Damián que trouxemos de Asís o verán pasado. Rematada a Eucaristía teremos, no salón de actos, a “festa do compartir”. Todas estas celebracións que tiveron, dende hai dous anos, unha serie de actos preparato- rios: camiño de Santiago, peregrinación a Roma e a Asís, ciclo de Cineforum, concurso de redacción infantil sobre a figura de S. Francisco, etc., débennos levar a unha profunda reflexión. Vintecinco anos de vida dunha comunidade deben significar madurez, compromiso, expe- riencia, reflexión sobre o realizado e o non realizado; todo isto non só a nivel comunitario senón tamén a nivel individual. Pero este mirar non debe quedarse en reflexión sobre o pasado senón tamén sobre o futuro. Agora que temos vintecinco anos, que estamos en plena xuventude, ¿que debemos corrixir?, ¿que novos retos ante tempos novos? Ser cristián non é un título que gardamos na carteira da nosa intimidade, ser cristián signi- fica ser testemuña do Resucitado coas palabras e cos feitos; ser cristián implica celebralo polo menos, dominicalmente, na Eucaristía e coa comunidade parroquial. Para que unha parroquia teña Vida precisa do Pastor, pero tamén de apóstolos: coa Palabra, coa Caridade, co compromiso evanxelizador. ¿Non che parece unha boa ocasión para dar un paso adiante para formar parte das distin- tas actividades parroquiais, e ofrecerte a servir á comunidade no teu tempo libre? Sería unha boa maneira de celebrar as vodas de prata parroquiais. Grazas pola vosa comprensión, polo voso cariño e pola vosa axuda de todo tipo. ¡Moitas grazas, e que o Señor “bo pagador” volo premie! Benjamín CONTAS PARROQUIAIS - Ano 2014
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
BOLETIN PARROQUIALNº 181 - Maio 2015
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
REFLEXIÓN ANTE AS VODAS DE PRATA PARROQUIAIS
A nosa parroquia está de aniversario, o 30 de Agosto teremos, oficialmente, vintecinco
anos. Con este motivo, o próximo día 7 de Xuño (XIX aniversario da bendición do com-
plexo parroquial), teremos unha gran celebración ás 12, en torno a mesa eucarística, pre-
sidida polo Sr. Vicario territorial de Santiago, o noso veciño José Antonio, e ás 14, na mesa
do xantar. Unha comisión traballou arreo para facer un gran programa xa coñecido. Pero
esta efemérides non remata ata o 4 de Outubro, festa do noso patrón, S. Francisco de Asís.
Ese día presidirá a misa de 12, D. Julián, o noso arcebispo, e, ademais, entronizaremos a
Cruz de S. Damián que trouxemos de Asís o verán pasado. Rematada a Eucaristía teremos,
no salón de actos, a “festa do compartir”.
Todas estas celebracións que tiveron, dende hai dous anos, unha serie de actos preparato-
rios: camiño de Santiago, peregrinación a Roma e a Asís, ciclo de Cineforum, concurso de
redacción infantil sobre a figura de S. Francisco, etc., débennos levar a unha profunda
reflexión.
Vintecinco anos de vida dunha comunidade deben significar madurez, compromiso, expe-
riencia, reflexión sobre o realizado e o non realizado; todo isto non só a nivel comunitario
senón tamén a nivel individual. Pero este mirar non debe quedarse en reflexión sobre o
pasado senón tamén sobre o futuro. Agora que temos vintecinco anos, que estamos en