Top Banner
AS CANTIGAS DE AMOR AS CANTIGAS DE AMOR DEFINICIÓN ORIXES O AMOR CORTÉS DIFERENZA CANÇÓ – CANTIGA DE AMOR CONTIDO VOZ PERSONAXES CAMPOS SÉMICOS CLASIFICACIÓN FORMAL RECURSOS
14

As cantigas de amor[1]

Jun 18, 2015

Download

Loli Cid Cid
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: As cantigas de amor[1]

AS CANTIGAS DE AMORAS CANTIGAS DE AMOR

DEFINICIÓN

ORIXES

O AMOR CORTÉS

DIFERENZA CANÇÓ – CANTIGA DE AMOR

CONTIDO VOZ

PERSONAXES

CAMPOS SÉMICOS

CLASIFICACIÓN FORMAL

RECURSOS

Page 2: As cantigas de amor[1]

DEFINICIÓN

A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a

unha dona, mostrando o seu amor por ela. Unha amada

inalcanzable, á que se rende vasalaxe como se fose un señor

feudal.

En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico

é masculino.

Estamos ante un xénero prestixioso. Constitúen a maior parte

das 1679 cantigas profanas que conservamos e dedícaselle en

exclusiva o Cancioneiro de Ajuda.

Page 3: As cantigas de amor[1]

ORIXES

A) TRADICIÓN CLÁSICA: o mundo antigo infúe no pensamento do home da IM de aí que vexamos nas composicións a erótica latina, o amor platónico e as consecuencias tormentosas do desamor.

B) TRADICIÓN MEDIEVAL: a influencia do idealismo cristiá fai que teñamos un culto á muller como un ser divino. E seguindo esta liña temos tamén a influencia da sociedade feudal.

D) TRADICIÓN PROVENZAL: ademais dos numerosos provenzalismos temos a introdución da teoría do amor cortés.

C) TRADICIÓN POPULAR: Gaston París ve unha influencia na celebración das maias, xa que a invocación da primavera favorece o amor libre e o pracer.

Page 4: As cantigas de amor[1]

O AMOR CORTÉS

Este ideal baséase na concepción do amor como servizo. O home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. A amada é representación de todas as virtudes e bens. Hai que exaltar a muller como suma de calidades positivas. O poeta aspira a través dun camiño de aprendizaxe amorosa ao grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor. Aínda que non sempre é así.

O amor cortés configúrase como unha arte con graos diferentes que o amante vai superando na escada amorosa:FENHEDOR: limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela.PRECADOR: diríxese a ela rogándolle o seu amor.ENTENDEDOR: a dama corresponde o seu amor.DRUDO: prodúcese contacto físico.

A característica fundamental do amante é a mesura e a vontade de servir polo pracer de facelo, para realizarse a un mesmo mediante o amor, orixe da perfección.

Page 5: As cantigas de amor[1]

DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR

A muller da lírica provenzal a quen se dirixen as composicións é real e casada. Na nosa o poeta diríxese a unha dona idealizada , solteira ou casada.

Na cantiga de amor, o gozo de amar e a sensualidade son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor. O namorado nunca é correspondido e na cançó si; non, pois, hai contacto físico nin adulterio.

Ausencia de descrición física da dama, é algo intocable e etéreo. Só se describe moralmente.

Ausencia de locus amoenus e exordium primaveral.

Os nosos poetas case nunca superan a fase de fenhedor, como moito chegan a precadores.

Maior sinxeleza formal: na cançó composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras unisonants ou dobras, rima consonante e 800 esquemas estróficos diferentes. Na cantiga de amor cantigas de mestría ou refrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só 200 esquemas estróficos diferentes

Page 6: As cantigas de amor[1]

CONTIDO: A VOZ

Na cantiga de amor a voz presente é a masculina: é o home quen

expón a súa coita amorosa a unha muller.

A palabra senhor, que fai referencia á amada, adoita aparecer

nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na marca

de xénero.

Grave día naceu, senhorQuen de vós ouv ´a partir […]

Pero García de Ambroa

Page 7: As cantigas de amor[1]

CONTIDO: OS PERSONAXES

A senhor: descrita de xeito vago e impreciso. Só sabemos que é moi bela, case perfecta (bon semelhar, ben talhada). Da súa psicoloxía tampouco temos adxectivos nin positivos nin negativos (bon sen, bondade).

O namorado: desempeña o papel de vasalo (seer vosso) e preséntase á dama como un ser fiel e honesto para gañar o seu favor. Expresa repetidamente o seu amor pola senhor aínda que ás veces o oculta por medo á saña. Pode chegar á morte por amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)

Os miscradores: eran os competidores do poeta polo amor da dama. Cualificados de mentireiros porque así o autor atraía a atención da amada sobre el.

Page 8: As cantigas de amor[1]

CONTIDO: CAMPOS SÉMICOS

A LOANZA DA DAMA: A LOANZA DA DAMA: aparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á beleza física ou moral:

CARACTERÍSTICAS EXEMPLO

Eloxio da beleza física Normalmente caracterización abstracta:

mia senhor do bon parecere do cos ben talhado

Xudeu de Elvas Vidal

Eloxio da beleza moral Faise énfase en calidades coma a bondade (boa, valor, prez…) e a intelixencia (sabedora, mesurada, mansa, ben falar…)

Sempre mui mansa e de mui boa razónmellor falar de quantas outras son,dizede.-mi, das boas a mellor

Paio Gómez Charinho

Page 9: As cantigas de amor[1]

CONTIDO: CAMPOS SÉMICOS

O O AMOR DO POETA: AMOR DO POETA: transmítese a través de breves enunciados ao longo

das composicións: amar muito, querer ben, amor… Case sempre son fórmulas

estereotipadas.

Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar

Fezestes, quan muit´amo, ua molher

Pedro Amigo de Sevilla

Page 10: As cantigas de amor[1]

Am´eu tan muito mia senhor

que sol non me sei conselhar

ela non se quer nembrar

de min… e moiro-me de amor.

E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben.

Nuno Fernández Torneal

A RESERVA DA DAMA: A RESERVA DA DAMA: diferentes realizacións:

*O segredo, a prudencia e a discreción preside a relación de amor: mesura, razón, non dicir…

*A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama ao poeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir…

*O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do namorado, a indiferenza…: ser sañuda, desamar, desamparar, non nembrar, fazer mal…

CONTIDO: CAMPOS SÉMICOS

Page 11: As cantigas de amor[1]

CONTIDO: CAMPOS SÉMICOS

A COITA DE AMORA COITA DE AMOR: : preséntanse diferentes graos de sufrimento por amor:

o pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns elementos léxicos comúns son:

coita, doo, penar, sofrer, lazerar, chorar, sandecer (tolear), perder o sen,

morrer…

Ora non moiro, nen vivo, nen sei

como me vai, nen ren de mi, se non

tanto que ei eno meu coraçon

coita d´amor qual vos ora direi:

tan grand´é que me faz perder o sén

e mia senhor non sab´ ende ren.

Nuno Fernández Torneal

Page 12: As cantigas de amor[1]

CLASIFICACIÓN FORMAL

ATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁNATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN

CANTIGA DE REFRÁN Composicións que levan un ou varios versos que se

repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas

ás cantigas de amigo.

CANTIGA DE MESTRÍA Non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de

sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos.

Estas son máis parecidas ás composicións provenzais.

Page 13: As cantigas de amor[1]

CLASIFICACIÓN FORMAL

ATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMAATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMA

COBRAS

UNISONANTES

Repiten as mesmas rimas en todas as estrofas.

COBRAS

SINGULARES

Teñen rimas diferentes coa mesma distribución en cada

estrofa.

COBRAS DOBRAS As mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas

estrofas.

COBRAS ALTERNAS Repiten unha combinación de rimas para as estrofas

pares e outra para as impares.

Page 14: As cantigas de amor[1]

RECURSOS

DOBRE Repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa.

Est´a dona que quero bene con pavor de vos pesarnon lhis ouso dixer per rensenhor, que vos eu quero ben […]

MORDOBRE Repetición, en posicións simétricas, dun mesmo lexema, con variación nos afixos ou nos morfemas.

Mais sol non poss´eu enganarMeu coraçon, que me enganou,Por quanto me fez desejarA quen me nunca desejou: […]

FINDA Versos ao remate da composición como unha conclusión. Mantén a rima do refrán ou nas de mestría a da última cobra.

COBRAS CAPCAUDADAS

O primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do derradeiro verso da anterior.

COBRAS CAPFINIDAS

Cando o primeiro verso da segunda cobra retoma algunha palabra ou secuencia de palabras do último verso da anterior. Se ten refrán, o verso anterior ao refrán.

COBRAS CAPDENALS

Dúas ou máis cobras posúen versos que comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras.