Top Banner
TEMA 10: AS AUGAS DO PLANETA.
16

As augas do_planeta

Jul 24, 2015

Download

Education

susanaef
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: As augas do_planeta

TEMA 10: AS AUGAS DO PLANETA.

Page 2: As augas do_planeta

INDICE.

1. Distribución das augas do planeta.

2. Os ríos: cuestións previas.

3. A Hidrografía de España.

4. A Hidrografía de Galicia.

5. Aproveitamento e obtención da auga.

6. Os problemas da Auga.

Page 3: As augas do_planeta

1. Distribución das augas do planeta.

A Hidrosfera é o conxunto de augas que forman os mares e océanos, os ríos, os lagos e lagoas, os casquetes polares. os glaciares, as augas subterráneas e o vapor de auga que hai na atmosfera.

Page 4: As augas do_planeta

A auga é a substancia máis abundante que hai na Terra, xa que ocupa dúas terceiras partes da superfície do planeta. É a única que se pode atopar: - Estado sólido: xeo - Estado gasosos: vapor - Estado líquido: augaAdemais, preséntase en forma de auga doce e auga salgada. Pero, a proporción de cada unha é moi desigual: o 97,3% é salgada e só un 2,7% é doce.

A Auga non aparece na natureza de forma espotánea, nin é un recurso inesgotable.A auga forma parte dun proceso circulatorio chamado Ciclo da Auga e, resulta imprescindible para a vida de tódolos seres vivos.

Page 5: As augas do_planeta
Page 6: As augas do_planeta

2. OS RÍOS: Cuestións previas para entender mellor o estudo dos ríos.

Un río é unha corrente contínua de auga. A auga chega a éstes procedente de fontes e manantiais, da chuvia ou da fusión da neve.

A cantidade de auga que leva un río é o caudal. O caudal dun río depende das características da súa cunca.

A cunca é o conxunto de terras que teñen a auga que vai parar a devandito río.

O réxime dun río son as variacións que experimenta o seu caudal ao longo do ano.

Page 7: As augas do_planeta

Canta auga leva un río?Cando un río ten un réxime pluvial as súas augas proceden da chuvia.

Así, os ríos de réxime pluvial dependerá entre outras cousas das precipitacións. Se nesa zona as chuvias son moi abundantes será un río caudaloso e regular.En cambio, se as chuvias non son regulares todo o ano, o río terá enchentes na época de chuvia e estiaxes nas épocas secas.

Cando un río ten un réxime nival, as súas augas proceden da fusión da neve.

Estes ríos teñen enchentes na primavera e principio do verán e, un baixo caudal no inverno.

Page 8: As augas do_planeta

O CURSO DUN RÍONo percorrido dun río dende o lugar onde nace ata a súa desembocadura podemos diferenciar 3 fases:

1. Curso Alto:2. Curso Medio:3. Curso Baixo:

Page 9: As augas do_planeta
Page 10: As augas do_planeta

3. HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA.

Na Península Ibérica os ríos agrúpanse en tres vertentes, segundo o mar ou océano no que desembocan.

1. VERTENTE CANTÁBRICA: ríos que desembocan no mar Cantábrico.

2. VERTENTE ATLÁNTICA: ríos que desembocan no Océano Atñéntico.

3. VERTENTE MEDITERRÁNEA: ríos que desembocan no mar Mediterráneo.

Page 11: As augas do_planeta

A VERTENTE CANTÁBRICA

- Ríos curtos dado que as montañas nas que nacen están moi preto do mar Cantábrico.

- Ríos caudalosos debido a que a chuvia nestas terras é abundante todo o ano.

- En canto á extensión, é a máis pequena das tres.

Ríos máis relevantes: "EO"

- Bidasoa- Nervión- Besaya- Nalón- Navia- Eo

Page 12: As augas do_planeta

A VERTENTE MEDITERRÁNEA.- Agás o Ebro, o resto son ríos curtos, de escaso caudal e moi irregulares.

- As enchentes destes ríos son notables cando chove de xeito torrencial na primavera e no outono, mentres sofren fortes estiaxes durante o verán.

- En canto á extensión ocuparia unha posición intermedia.

Ríos máis relevantes: NS

- Ter- Llobregat- Ebro- Turia- Xúcar- Segura- Guadalhorce

Page 13: As augas do_planeta

A VERTENTE ATLÁNTICA.- Ríos en xeral longos porque nacen lonxe da desembocadura.

- Polo xeral, son Ríos caudalosos ainda que algúns sofren estiaxes no verán.

- Os galegos son os máis caudalos e cun réxime regular, debido ás numerosas precipitacións ao longo de todo o ano, son de curso curto.

- Os que nacen na Meseta, que son os máis longo, sufren fortes estiaxes no verán.- Os andaluces son máis curtos e tamén con estiaxe.- En canto á extensión, é a máis grande das tres.

Ríos máis relevantes: NS- Miño - Douro- Texo - Guadiana- Guadalquivir

Page 14: As augas do_planeta

AS VERTENTES EN IMAXES.

Page 15: As augas do_planeta

4. HIDROGRAFÍA DE GALICIA.Os ríos galegos pertencen, a maioría, á Vertente Atlática e, outros á Vertente Cantábrica.

Page 16: As augas do_planeta

5. O APROVEITAMENTO DAS AUGAS