Top Banner
O nome de “Románico” déuselle no século XIX (moito tempo despois) porque “recordáballes á arte romana”. Predomina durante os séculos XI e XII en Europa Occidental. ARTE ROMÁNICA
116

ARTE ROMÁNICA

Jul 20, 2015

Download

Education

Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: ARTE ROMÁNICA

O nome de “Románico” déuselle no século XIX (moito tempo despois) porque “recordáballes á arte romana”.

Predomina durante os séculos XI e XII en Europa Occidental.

ARTE ROMÁNICA

Page 2: ARTE ROMÁNICA

RAOUL GABLER, TESTEMUÑA DO GRAN PULO

CONSTRUTIVO A PARTIR DO SÉCULO XI,

DEIXOUNOS ESCRITO ALÓ POLO ANO 1000

“EUROPA CÓBRESE DUNHA BRANCA ROUPA DE

IGREXAS”.

O CAMIÑO DE SANTIAGO VAI SER A VÍA DE

ENTRADA DO NOVO ESTILO, O ROMÁNICO, NA

PENÍNSULA.

A CONSTRUCIÓN ROMÁNICA MÁIS IMPORTANTE NA

PENÍNSULA VAI SER A CATEDRAL DE SANTIAGO.

Page 3: ARTE ROMÁNICA

CARACTERÍSTICAS: CONSTRUCCIÓN EN PEDRAARCOS DE MEDIO PUNTOGROSOS MUROSPOUCA LUZ INTERIORUSO DE CONTRAFORTESESCULTURA E PINTURA CON FUNCIÓN

DIDÁCTICA

Page 4: ARTE ROMÁNICA

Xa dixemos de onde viña o nome de románico “parecido ao romano”, imos ver algúns elementos que teñen unha base romana: sistema abovedado, arco de medio punto, etc, pero iso non nos debe confundir a arte romana coa románica.

Page 5: ARTE ROMÁNICA

CONSTRUCIÓN EN PEDRA

Page 6: ARTE ROMÁNICA

Recordamos que os muros van ser reforzados con contrafortes exteriores. Predomina o macizo sobre o oco. Os vanos son pequenos e escasos. De aí, que a luz dos interiores sexa pouca. Son espazos sombríos que nos achegarían ao recollemento espiritual. .

Page 7: ARTE ROMÁNICA

VANOS CON ARCOS DE MEDIO PUNTO

Page 8: ARTE ROMÁNICA

FIESTRAS CON ARCOS DE MEDIO PUNTO.

Page 9: ARTE ROMÁNICA

*ARCOS DE MEDIO PUNTO*BÓVEDAS De canón De aresta*CONTRAFORTES EXTERIORES*PILAR CRUCIFORME*PLANTA DE CRUZ LATINA Cimborio Xirola Ábsidas

ELEMENTOS DA ARQUITECTURA ROMÁNICA

Page 10: ARTE ROMÁNICA
Page 11: ARTE ROMÁNICA

ARCOS DE MEDIO PUNTO

PORTADAS: Sen Tímpano

Con Tímpano

Page 12: ARTE ROMÁNICA

Partes dun arco e dunha portada románica.

Page 13: ARTE ROMÁNICA

BÓVEDA DE CANÓN

Page 14: ARTE ROMÁNICA

Bóveda de canón. Bóveda crucería

Page 15: ARTE ROMÁNICA

ARCOS FAXÓS

Page 16: ARTE ROMÁNICA

BÓVEDA DE ARESTA

Page 17: ARTE ROMÁNICA

CONTRAFORTES

Page 18: ARTE ROMÁNICA

PIAR CRUCIFORME

Catro columnas adosadas cada unha a un lado dun

piar cadrado

Page 19: ARTE ROMÁNICA

OS CAPITEIS PODEN SER DE DIFERENTES TIPOS: os máis habituais son os historiados (esquerda.) e os corintios (dexenerados).

Page 20: ARTE ROMÁNICA

PLANTAS DE CRUZ LATINA

Igrexas de 3 ou 5 naves

Page 21: ARTE ROMÁNICA

CIMBORIO: Construción de planta cadrada ou octogonal que se coloca sobre o cruceiro da igrexa.

Page 22: ARTE ROMÁNICA

A XIROLA ou DEAMBULATORIOProlongación das naves laterais ao redor do altar maior.

Page 23: ARTE ROMÁNICA

Exterior Interior

ÁBSIDAS

Page 24: ARTE ROMÁNICA
Page 25: ARTE ROMÁNICA

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Page 26: ARTE ROMÁNICA

Las diferentes rutas europeas convergen en Puente la Reina (Navarra), localidad que se puede considerar verdadero punto de arranque del Camino de Santiago.

Page 27: ARTE ROMÁNICA

TRES ERAN AS RUTAS DE PEREGRINACIÓN IMPORTANTES NA ÉPOCA: - Terra Santa, para visitar os Santos Lugares da vida de Cristo. Era unha peregrinación fatigosa e, ademais, bastante perigosa.

- Compostela, para visitar as supostas reliquias de Santiago o Maior, discípulo de Cristo, descuberto pouco tiempo atrás.

- Roma, para venerar as reliquias de san Pedro e san Pablo, situadas renas asílicas paleocristianas de san Pedro e san Pablo extramuros, que aínda existían. 

Page 28: ARTE ROMÁNICA

San Clemente de Taull

Page 29: ARTE ROMÁNICA

Taúll (Lleida), iglesia románica.

Exterior e interior, con fresco do

Pantocrátor

Page 30: ARTE ROMÁNICA
Page 31: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Xaca

Page 32: ARTE ROMÁNICA

A catedral de Xaca (Huesca, s. XI) é un dos primeiros puntos do Camiño de Santiago.

Jaca (Huesca). catedral, portada románica

Page 33: ARTE ROMÁNICA
Page 34: ARTE ROMÁNICA

Claustro beneditino de Santo Domingo de Silos (Burgos, principios s. XII).

Page 35: ARTE ROMÁNICA
Page 36: ARTE ROMÁNICA
Page 37: ARTE ROMÁNICA

Neste relevo represéntase A dúbida de Santo Tomás de Aquino. O relevo adáptase ao marco da arquitectura. Cristo aparece con maior tamaño para resaltar a súa figura (perspectiva xerárquica: o máis importante : o máis grande).

Page 38: ARTE ROMÁNICA

San Martín de Fromista

Page 39: ARTE ROMÁNICA
Page 40: ARTE ROMÁNICA

Zona do cruceiro, que no exterior se manifesta cun cimborrio, cuberta por cúpula sostida por trompas.

Canzorros

Page 41: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Toro.

Catedral de Toro. Zamora. S. XII

Page 42: ARTE ROMÁNICA

San Isidoro de León. A colexiata de San Isidoro de León destaca, sobre todo polas súas pinturas, a chamada “capela Sixtina do Románico”.Neste enlace de ArteHistoria temos moitas imaxes do interior e do exterior.

Page 43: ARTE ROMÁNICA

Decoración mural na cripta. Trátase do Panteón dos Reis. As pinturas adáptanse á arquitectura.

Son pinturas planas, sen volume. De cores vivas. Moi expresivas en ollos e mans. .

Page 44: ARTE ROMÁNICA
Page 45: ARTE ROMÁNICA

O anuncio aos pastores do nacemento de Cristo.

Page 46: ARTE ROMÁNICA
Page 47: ARTE ROMÁNICA
Page 48: ARTE ROMÁNICA

A CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Page 49: ARTE ROMÁNICA

Santiago: unha catedral románica. 1070 - 1188

Page 50: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Plantas: Románica e actual. 1070 - 1188

Page 51: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Sección lonxitudinal. 1070 - 1188

Page 52: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Reconstruccións do testeiro e

da fachada oeste. 1070 – 1188.

Page 53: ARTE ROMÁNICA
Page 54: ARTE ROMÁNICA
Page 55: ARTE ROMÁNICA

ETAPAS CONSTRUTIVAS 1075 -1088. A Catedral románica iníciase, trala destrución da basílica

anterior, co bispado de Diego Peláez. Os mestres desta primeira fase foron o Mestre Bernardo “o vello” e Roberto. As obras céntrase na cabeceira, construíndose parte da xirola e das absidiolas. Trabállase nestas datas nas dúas portadas do transepto: Portada de Acibechería (norte) e Portada de Praterías (sur). A norte centrada no tema de Creación e a sur no tema da Redención. As obras realentizáronse coa destitución de Diego Peláez.

1092 – 1124. O gran pulo construtivo sería a partir do 1100 co bispado de Diego Xelmírez. Os mestres desta segunda etapa son o Mestre Estevo e Bernardo “o xoven”. Constrúese practicamente todo o conxunto catedralicio. Quedan por finalizar os derradeiros tramos das naves lonxitudinais. As obras volven a relantizarse e ata chegan a deterse.

1168 – 1211. O mestre Mateo finaliza a construción da catedral románica mediante a Cripta (salva o desnivel) e o Pórtico da Gloria. A catedral conságrase definitivamente en 1211.

Page 56: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Detalle dos arcos formeiros e do triforio.

1070 – 1188.

Page 57: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Vista cara a capela maior.

1070 – 1188.

Page 58: ARTE ROMÁNICA
Page 59: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago.

Vista da nave maior do cruceiro.

1070 – 1188.

Page 60: ARTE ROMÁNICA
Page 61: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Detalle do deambulatorio.

1070 – 1188.

Page 62: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Detalle do ciborio.

1070 – 1188.

Page 63: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Detalle da tribuna lateral.

1070 – 1188.

Page 64: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago.

Bóveda do Pórtico da Gloria.

1070 – 1188.

Page 65: ARTE ROMÁNICA
Page 66: ARTE ROMÁNICA

CARACTERÍSTICAS DA CATEDRAL DE SANTIAGO. Planta de cruz latina, de 3 naves. A nave central máis ancha e

elevada que as laterais.

Transepto destacado en planta, de 3 naves. Capelas/absidiolos nos seus brazos.

Cabeceira con xirola/deambulatorio e cinco capelas radiais ao seu arredor.

Cubertas: bóveda de canón, reforzada por arcos faixóns na nave central (que marcan os tramos nos que se divide a nave central) e as laterais cubertas por bóveda de aresta. Absidiolos cubertos por bóveda de cuarto de esfera ao igual que a tribuna. A xirola está cuberta por bóveda de aresta que se dispón en curva.

No centro do cruceiro, o ciborio (moi transformado) disponse sobre trompas.

Page 67: ARTE ROMÁNICA

Alzado: dous niveis.

1º nivel: os tramos quedan articulados polos soportes (piares cruciformes) con

columnas arrimadas que reciben as presións dos arcos faixóns da bóveda.

2º nivel: tribuna, aberto á nave central a través das ventás xeminadas de medio

punto.

Ao exterior a igrexa románica está desvirtuada polos engadidos do XVI e barrocos

(claustro plateresco, fachada do Obradoiro, etc.).

Das súas portadas destacan PLATERÍAS e o PÓRTICO DA GLORIA.

Algunhas das imaxes desta presentación foron tomadas do

blogue do profesor Xosé Antón García (Ies Neira Vilas, Oleiros).

Page 68: ARTE ROMÁNICA

Portada S. da catedral de Santiago. Praterías

1070 – 1188.

Page 69: ARTE ROMÁNICA
Page 70: ARTE ROMÁNICA
Page 71: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías. Tímpano dereito

Page 72: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías. Tímpano esquerdo.

1070 – 1188.

Page 73: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías.

Detalles do tímpano esquerdo: Mala herba e muller adúltera.

1070 – 1188.

(Mestre Estevo)

Page 74: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías. Detalles do friso:

(Esquerda Expulsión do paraíso). 1070 – 1188.

Page 75: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías.

Creación de Adán e Eva. 1070 – 1188.

(Mestre Estevo) (Mestre do año)

Page 76: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías.

Cristos laterais.

Page 77: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Portada de Praterías.

Rei David. (Mestre Estevo)

1070 – 1188.

Page 78: ARTE ROMÁNICA

O PÓRTICO DA GLORIA

O 23 de febreiro de 1168, o rei Fernando II asigna ao Mestre Mateo unha xenerosa pensión vitalicia para acometer a última etapa da fábrica da basílica románica de Compostela.

El sería o encargado de construír a fachada occidental, resolta cun nártex monumental flanqueado por torres xemelgas.

A estrutura consta de tres pisos: unha cripta, o nártex -onde se atopa o Pórtico da Gloria- e unha galería alta que comunica coa tribuna.

Page 79: ARTE ROMÁNICA

O Pórtico da Gloria é unha obra a medio camiño entre o románico e o gótico. Podemos dicir que é unha obra protogótica.

Do románico pervive a adaptación ao marco arquitectónico, o horror vacui, a fidelidade á narración bíblica, o hieratismo, a xerarquización das personaxes, a solemnidade.

O dinamismo das personaxes, a relación entre elas, o detalle e o naturalismo dos rostros e das anatomías, un maior volume, así como o indicios de independencia do marco arquitectónico (unhas figuras máis libres, máis autónomas respecto á arquitectura, respecto o muro ou a columnas) fannos anunciar o gótico. O sorriso de Daniel anuncia a expresión de sentimentos que xa aparecerá na escultura gótica.

O tema da portada monumental do Pórtico da Gloria é a Parusía ou segunda vinda de Cristo á Terra para xulgar aos homes, baseado na Apocalipse de San Xoan.

Page 80: ARTE ROMÁNICA

O arco central está divido polo parteluz/mainel onde aparece representada a árbore de Jessé coa xenealoxía de Cristo. Na base do parteluz aparece unha figura barbada entre as fouces dun león, foi identificada como Hércules (Santiago veu predicar ás terras de Hércules, entendo que as columnas de Hércules estaban no estreito de Xibraltar) ou tamén como Moisés ou Sansón. Na parte superior do parteluz, represéntase a Santiago. Na parte posterior do parteluz aparece unha figura axeonllada, mirando cara o altar, trátase do propio Mestre Mateo que pide perdón pola súa obra (o único arquitecto posible na Idade Media era Deus).

O tímpano correspóndese coa Xerusalén Celeste. Cristo xuíz, mostrando as chagas, rodeado polos Evanxelistas cos seus símbolos (Tetramorfos), os anxos que portan os instrumentos da paixón de Cristo, os benaventurados (que xa contemplan a Xesús na Gloria), os 24 anciáns da Apocalipse cos instrumentos musicais.

No arco lateral esquerdo represéntase o Xuízo Final. Nas claves do arco a cabeza de Cristo e a cabeza do arcanxo Miguel separan os xustos dos pecadores, os primeiros acompañados de anxos, mentres que os segundos aparecen cos demonios.

No arco lateral dereito represéntase o descenso da alma de Cristo aos infernos para recuperar aos xustos do Antigo Testamento e levalos á Gloria. Aparecen Adán, Eva, Abraham, Moisés.

Page 81: ARTE ROMÁNICA

As estatuas columna da parte central representan aos profetas (esquerda) e aos Apóstolos (dereita).

No zócalo aparecen animais salvaxes e fantásticos, representando o mundo pagano e o pecado.

Na contraportada: a reina de Saba, a Sibila Cumana, San Xoán Bautista, Virxilio, etc. Diferentes personaxes que intuíron a “chegada” do Mesías.

A lectura que se pode facer de todo o conxunto pode ser tanto lateral como horizontal. Horizontal: de Adán e Eva ata o Xuízo Final. Vertical: Infernos/mundo Terrenal (Profetas e Evanxelistas)/mundo Celestial (A Gloria).

Page 82: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.

Vista xeral.

1168 – 1188.

Page 83: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.

Parteluz: Árbore de Xessé e Apóstolo. 1168 – 1188.

Page 84: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria, arcada central.

1168 – 1188.

Page 85: ARTE ROMÁNICA
Page 86: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria, arcada central:

Anxos cos instrumentos da paixón. 1168 – 1188.

Page 87: ARTE ROMÁNICA

Mestre Mateo. Músicos da arcada central do Pórtico da Gloria, Catedral de Santiago. 1168 – 1188.

Page 88: ARTE ROMÁNICA
Page 89: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria, arcada central:

Pantocrátor. 1168 – 1188.

Page 90: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.

Arco esquerdo. 1168 – 1188.

Page 91: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.

Arco dereito: Xesús Cristo e San Miguel. 1168 – 1188.

Page 92: ARTE ROMÁNICA
Page 93: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.

Arco dereito: Anxos portando ós benaventurados.

1168 – 1188.

Page 94: ARTE ROMÁNICA
Page 95: ARTE ROMÁNICA
Page 96: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria. Mestre Mateo.

Columnas con Profetas e detalle de Daniel. 1168 – 1188.

Page 97: ARTE ROMÁNICA
Page 98: ARTE ROMÁNICA

CATEDRAL OURENSE

Page 99: ARTE ROMÁNICA

Comeza a construírse entre mediados do século XII e o século XIII xa avanzado.

É do románico tardío,

continuándose en estilo gótico, e engadidos e modificacións posteriores.

Page 100: ARTE ROMÁNICA

A catedral románica era en orixe un edifico de tres naves con transepto e cabeceira con tripla ábsida. Na actualidade está moi modificada pola construción da xirolaAs naves teñen bóvedas de crucería e arcos apuntados. O cimborrio gótico é de finais do século XV.

Page 101: ARTE ROMÁNICA
Page 102: ARTE ROMÁNICA
Page 103: ARTE ROMÁNICA

A influencia da escola mateana (do Mestre Mateo) vese, sobre todo, na escultura, e, especialmente, na Portada do Paraíso.

A portada do Paraíso (portada occidental) conserva a policromía.

Page 104: ARTE ROMÁNICA
Page 105: ARTE ROMÁNICA
Page 106: ARTE ROMÁNICA
Page 107: ARTE ROMÁNICA

Catedral de Tui.

Page 108: ARTE ROMÁNICA

A catedral de Tui comezou a construírse na primeira metade do século XII, polo tanto en pleno románico. Sen embargo, a fachada occidental é gótica, ao igual que o claustro.

Page 109: ARTE ROMÁNICA
Page 110: ARTE ROMÁNICA
Page 111: ARTE ROMÁNICA
Page 112: ARTE ROMÁNICA

OS MOSTEIROS CISTERCIENSES

Page 113: ARTE ROMÁNICA

Mosteiro de Armenteira. Portada. S. XII.

Page 114: ARTE ROMÁNICA

Mosteiro de Armenteira. Interior. S. XII.

Page 115: ARTE ROMÁNICA

Mosteiro de Oseira. Interior. S. XII - XIII.

Page 116: ARTE ROMÁNICA

Mosteiro de Sobrado. Sala capitular. S. XIII.