Top Banner
ARAÑAS NO CINEMA
17

Arañas no cinema

Jan 22, 2018

Download

Education

lingualiza
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Arañas no cinema

ARAÑAS NO CINEMA

Page 2: Arañas no cinema

Na ciencia-ficción normalmente explotouse a natural aversión que a maior parte da xente experimenta cara a elas. Dous exemplos curiosos, dentro do cinema clásico, son o do INCRIBLE HOME MENGUANTE (Jack Arnold, 1957), onde o minúsculo protagonista vese obrigado a loitar contra unha xigantesca tarántula que o supera en tamaño,

Page 3: Arañas no cinema

ou o da primeira versión de A MOSCA (Kurt Newman, 1958), na que o protagonista, convertido nun híbrido metade humano metade mosca, vese fatalmente atrapado nunha arañeira.

Page 4: Arañas no cinema

Pero o cinema de ciencia-ficción, sobre todo o de serie B, foi moito máis lonxe, facendo a estes animais os verdadeiros protagonistas en forma de razas alieníxenas perversas ou perigosas, cando non se trata simplemente de devoradores de humanos, por suposto convenientemente agrandados. Como exemplo do devandito, vaian os seguintes títulos: TARANTULA! (Jack Arnold, 1955);

Page 5: Arañas no cinema

EARTH VS. THE SPIDER (1959, Bert I. Gordon, existe outra película do mesmo título, dirixida en 2001 por Scott Ziehl); THE GIANT SPIDER INVASION (Bill Rebane, 1975);

Page 6: Arañas no cinema

KINGDOM OF THE SPIDER (John Bud Cardos);

ARACNOFOBIA (Frank Marshall, 1990);

Page 7: Arañas no cinema

SPIDERS (Gary Jones, 2000);

Page 8: Arañas no cinema

ARACHNID (Jack Sholder, 2001);

Page 9: Arañas no cinema

ARAC ATTACK (Ellory Elkayem, 2002),

Page 10: Arañas no cinema

ou a única achega hispana que atopamos, as mexicana ARAÑAS INFERNAIS (Federico Curiel, 1966).

Page 11: Arañas no cinema

Os vehículos utilizados polos marcianos na GUERRA DOS MUNDOS (Byron Haskin, 1953) son tamén de inspiración arácnida ou as arañas mecánicas cuspidoras de ácido de RUNAWAY (Michael Crichton, 1984) ou as arañas espía de MINORITY REPORT (Steven Spielberg, 2002) .

Page 12: Arañas no cinema

Ademais destas películas, tamén destacan as adaptacións dalgúns dos libros, como O Señor dos Aneis, Harry Potter e a cámara dos segredos, (unha especie de araña ficticia chamada acromántula),

Page 13: Arañas no cinema

Na novela de terror de Stephen King, It, o personaxe principal (un monstro alieníxena que cambia de forma llamado Pennywise), transfórmase nunha xigantesca araña case ao final do libro.

Page 14: Arañas no cinema
Page 15: Arañas no cinema
Page 16: Arañas no cinema

A Outra Nai, criatura de orixe descoñecida, principal antagonista da historia de Coraline ten figura de araña, cunha cara osuda, mans feitas por agullas e catro patas afiadas. Secuestra nenos a través do tempo para comer a súa vitalidade. É capaz de transformarse (como o fai ao tomar a forma exacta da nai de Coraline cando ela busca aos seus pais) e conforme se debilita adopta a súa verdadeira forma.

Page 17: Arañas no cinema

E xa para rematar, a famosa arañeira de Carlota (Charlotte' s web), libro e película de animación para o público infantil. Charlotte é una araña que se fai amiga dun porquiño e decide axudalo para que non o coman.

Tamén foi levado ao cine Spiderman.