Top Banner
ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 Bicentenario do nacemento de Nicomedes Pastor Díaz
36

ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

Dec 02, 2018

Download

Documents

phunghanh
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011

Bicentenario do nacementode Nicomedes Pastor Díaz

Page 2: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

Estrada Nacional 634 - Km. 621GOIRIZ -VILLABA (Lugo) - 982 511252

Bispo Sarmiento, 35

MONDOÑEDO (Lugo)

Teléfono 982 521 014

Teléfonos: 988 286 059 - 988 286 060 - 988 286 132Fax: 988 286 060

Estrada Ourense - Lugo, km. 14

32102 - READEGOS - Ourense

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 3: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R editan:REALSEMINARIO CONCILIAR

DE SANTA CATALINAe

ASOCIACIÓN CULTURALAMIGOS DE «AMENCER»

----------Praza do Seminario, 1

Apartado, 227740 - MONDOÑEDO (Lugo)

director:VICTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

subdirector:LUIS TORREIRA GARCÍA, 3º ESO

redactor xefe:JUAN JOSÉ MONTOUTO CHAVEZ, 2º ESO

consello de redacciónXAIRO FORMOSO PENA, 4º ESOCRISTIAN FERNANDEZ LÓPEZ, 3º ESOJACOBO CHAO LOMBADERO, 2º ESOERNESTO BARRO JIMÉNEZ, 1º ESODANIEL DÍAZ VILLAMEL, 1º ESO

profesores responsables:OSCAR SANTIAGO SANMARTÍNFÉLIX VILLARES MOUTEIRA

depósito legal: LU -1609-82

número 214setembro-outubro

2011

taboleiro

. tapa: de novo entre os libros

. taboleiro, 1

. a xeito de cancela, 2

. Pastor Díaz: vida e obra, 3

. escolma, 5

. falamos con... Carlos Nuevo Cal, 17

. a carón do lume,25

. faise saber..., 27

. chispa, 29

. colaboraron, 31

sumario

- 1 -

A M E N C E R

Page 4: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A XEITO DE CANCELA

- 2 -

A M E N C E R

Outra vez entre os libros. Acabamos de iniciar un novocurso e tamén a fronte de AMENCER está un novo equipo queterá a tarefa de levar adiante a xestión da nosa revista nocurso 2011/2012, no que se cumprirán os trinta anos danosa revista.

Neste curso xa imos estar cos nosos lectores cada dousmeses, o que quere dicir que de aquí a xuño publicaremoscinco números, entre os que vai estar o especial conmemorati-vo dos trinta anos.

Este primeiro número deste curso está dedicado, na súamaior parte, a Nicomedes Pastor Díaz Corbelle xa que o pasa-do día quince de setembro cumpríronse os douscentos anos doseu nacemento na cidade de Viveiro.

Pastor Díaz estudiou no noso Seminario. É, xa que logo,un dos «nosos escritores». Na sección Escolma reproducimosíntegra toda a súa obra en galego que chegou a nós: «A Albora-da» e a «Egloga de Belmiro e Benigno» xa que non é doadoacceder a ela. Deste xeito damos a coñecer e facemos accesiblepara todos a obra deste poeta galego, que, aínda que é pequena,ten moita importancia polo momento en que foi publicada.

a redacción

Page 5: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 3 -

A M E N C E RPastor Díaz: vida e obra

Nicomedes Pastor Díaz e Corbelle naceu en Viveiro o 15 de setembro de1811. Foi oprimeiro de dez irmáns. Era fillo de Antonio Díaz Insua, funcionariodo Corpo Administrativo da Armada, e de María López Corbelle. Foi bautizadoo mesmo día na igrexa parroquial de Santiago de Viveiro por Nicolás Abadín yThoxeyro, con licencia de Juan Zaragoza, cura propio da devandita parroquia.Cando ten sete anos cumpridos, ingresa no Colexio Insigne de la Natividad deNuestra Señora, que fundara en Viveiro, no século XVI María Sarmiento Osorioy Ribadeneira. Alí fixo os primeiros estudios e máis tarde, entre 1822 e 1825cursa os tres anos de Filosofía no Seminario Santa Catarina de Mondoñedo. NoSeminario é onde comeza a compoñer versos. Deixa o Seminario e vai facerDereito á Universidade de Santiago. Acada o grao de Bacharel en Leis o novede xuño de 1828. Rematará os estudios na Universidade de Alcalá de Henares,onde o 31 de outubro de 1833 recibe o título de avogado.

Unha vez que remata a carreira, ponse a traballar como funcionario, sendodestinado a Cáceres en 1834 e máis tarde, en 1836, a Santander e Toledo. En1840 vai destinado a Madrid.

Vive en Madrid onde colabora en diversos xornais El Siglo, La Abeja,El Artista. Fundou os xornais El Heraldo e El Sol. Destaca moi axiña comoxornalista e como político. Foi Conselleiro de Estado, deputado nas Cortes,Ministro en tres ocasións, embaixador en Italia e Lisboa. O' Donnell nomeounosenador vitalicio. O 18 de marzo de 1847 foi elexido membro numerario daReal Academia Española na que tomará posesión o 17 de novembro.O seupasamento tivo lugar en Madrid o vintedous de marzo de 1863. Foi soterrado

Ro

tulo

u

V

ÍCT

OR

AM

IEIR

O M

AS

ED

A, 4

º ES

O

Page 6: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 4 -

A M E N C E R Pastor Díaz: vida e obra

na Sacramental de San Xosé e San Lourenzo de Madrid ó día seguinte. O 15 desetembro de 1923 os seus restos foron trasladados a Viveiro e repousan nunsartego de mármore na igrexa de San Francisco. As Cortes concedéronlle á naie ás súas irmás unha pesión anual de 15.000 reais.

Pastor Díaz foi un home crente, dunha profunda fe. Isto influiu dun xeitodecisivo na súa vida e na súa obra.

Tiña, entre outras, as seguintes condecoracións: A Cruz de Carlos III, a de SanXenaro de Nápoles, a do Cristo de Portugal, a de San Xurxo de Parma, a da SanMauricio e San Lázaro de Sardeña. En 1890 colocaron na Praza Maior de Viveirounha estatua na súa honra, obra do escultor catalán José Camponey, que estabasituada no centro da Praza. Desde hai uns anos está arrecantada nunha esquina.

Pastor Díaz escribiu versos en castelán, galego e francés, pero fundamen-talmente en castelán. O seu poema "La inspiración" foi considerado por moitoscomo o paradigma do romanticismo. Os seus poemas en castelán reuniunos nolibro Poesías (1840). Entre as súas novelas salientan Una cita (1837) e De

Villahermosa a la China (1855). Son tamén importantes os seus escritos políticos.

En galego só escribiu o poema titulado «A Alborada» en 1828 e a «Églogade Belmiro e Benigno». Ata 1951 só se coñecía o poema «A Alborada», peronese ano Xosé María Álvarez Blázquez publica en Edicións Monterrei, en Vigo,a «Égloga de Belmiro e Benigno» cun limiar no que xustifica debidamente que oautor da Égloga é o mesmo que o da Alborada. Hoxe en día todos os críticosadmiten a autoría de Pastor Díaz.

Aínda que a obra literaria en galego de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle épequena, cómpre salientar a súa importancia polo momento en é escrita: en ple-no Séculos Escuros. Por iso, o autor vivariense é considerado como un precur-sor do Rexurdimento. O profesor Xesús Alonso Montero e Francisco Fernándezdel Riego considérano coma un adiantado do Rexurdimento.

. JACOBO CHAO LOMBARDERO, 2º ESO

. DIEGO CORNIDE CABANAS, 2º ESO

. JUAN JOSÉ MONTOUTO CHÁVEZ, 2º ESO

Page 7: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 5 -

A M E N C E Rescolma

ALBORADA

¡Ai, miña pequeniña!¡Que ollos bonitos tes! ¡Que brilladores!¡Case salta a alma miña,e vendo os teus colores,ver me parece todos os amores!

Agora que á alboradaos dulces paxariños xa cantaron,e da fresca orballada,nas perlas os ramiños se pintaron,agora, ¡que diviñosbrillarán os teus ollos cristaliños!

¡Ai! asoma esas luces,asoma a esa ventana, miña hermosa,

Rotulou: DIEGO GARCÍA LÓPEZ, 3º ESO

Page 8: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 6 -

A M E N C E R escolma

tu que sempre relucescon elas máis lustrosaque a Luna, cando nace silenciosa.

Verasme aquí cantando,xunto estas augas craras, estas penas,verasme aquí agardandoque se rompan as lúgrubes cadenasda noite que me apartade quen nunca a alma miña se veu farta.

Mírame, si, querida,cando do blando sono te levantes,máis fresca, e máis garrida,que estas frores fragantes,que a espuma destas ondas resoantes.

¿E aínda non pareceneses olliños teus? ¿Dormes rosiña?¿Dormes, e resplandecenos campanarios altos da mariña?¿Aínda non oícheaquela dulce voz que me aprendiche?

¿Déixasme que aquí soloás augas lles dirixa os meus acentos,e non vés ao meu colofartarme de contentos,e amante aproveitar estes momentos?

Desde aquí vexo os maresserenos, estenderse alá no ceo;oio de aquí os cantaresda píllara fugaz, do merlo feo;pero o teu sono lindonon o vexo, meu ben, que estás durmindo

Xa se foi o luceiro;desperta desa cama, miña rosa;desperta, e vén primeiro

Nicomedes Pastor Díaz Corbelle

Page 9: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 7 -

A M E N C E Rescolma

abrir a venturosaventana do teu cuarto: ven graciosa.

Sal como sempre salesmáis diviña que a diosa de Citerasalindo dos cristales,máis galana que a leda primaveraesparcindo rosales:Venus pra min, amante,primavera, mañán, e fror fragante.

Xa te vexo salindomirarme, e retirarte avergonzada,¿e de quen vas fuxindotontiña arrebatada?¿Do teu amor que canta na enramada?

Non fuxas, non, querida;ven aquí: baixa a escala sin temores:esa frente garridaa miña man a cubrirá de frores;xa as teño aquí xuntiñas;¡que venturosas son! ¡Que bonitiñas!

Vén despeinada aíndadarme o primeiro abrazo, darme a vida.¡Canto es así máis linda!Ven que a mañán froridasolo prás que se queren foi nacida.

Non, non, durme, descansa,naide turbe o repouso do teu peito:Plácida quietud mansasin cesar vele o teu hermoso leito:Durme, que non tes penas,e acaso en min soñando te enaxenas.

Repousen os teus ollos,eses ollos diviños, venenosos:Tamén finos cogollosnos rosales pomposos

Page 10: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R

- 8 -

escolma

agardan por abrirse recelosos.

Si, miña prenda amante:Eu cantarei aquí mentras que dormes.¡Ai que o Landro brillantenon é o dourado Taxo; nin o Tormesalinda o meu retiro!Durme, si, durme, mentras que eu suspiro.

Maio 11 de 1928

EGLOGADE

BELMIRO E BENIGNO

I

Xa por detrás dos montes se escondíaO rubo pai da luz en carro de ouro;De nubarrós o ceo se cubría,Tendía a noite ó lexos manto mouro,Enterraba o TesouroO avaro gardador, medio ás escuras,E polas espesurasXa non cantaban ledos paxariños;As ovellas, balando co os filliños,Pra os curros dos lindeiros se escapaban;O traballo os paisanos xa deixabanPra volver xunta as mais dos seu neniños,E os barcos preparandoPró mar o mariñeiro iba cantando.

II

Cando sentado en unhas altas penasQue o mar batía con feroz ruxido,Ardendo en lume vivo as súas venas,

Detalle da estatua dePastor Díaz en Viveiro

Page 11: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R

- 9 -

escolma

Centellándolle os ollos encendidos,Xamais adormecidos,Belmiro, labrador, se lamentabaE os seus gritos alzabaOs ceos dos seus males causadores,Contándolles ós aires seus dolores.Xa tamén revolcándose na area,Das súas báguas empapada e chea,Xa ás rocas lles contaba os seus amores,Xa o triste delirabaE en semexantes voces se expresaba:

III

BELMIRO

¡Ai!, ¡nunca che eu nacera! ¡Ai!, ¡sorte dura!¡En mala hora a luz viron os meus ollos!Dade ó meu corpo blanda sepultura,Ondas que reventades nos escollos;Líbrame dos embrollos,Líbrame das desgracias de esta vida,¡Ouh, morte apetecida!,E xuntádeme á miña compañeira,Augas que combatides a ribeira,Augas queridas, pois que fostes lousaDonde por sempre o meu amor repousa.Eu te vin espirar desde a monteira,¡Xulia miña querida!,Eu morrer te mirei, e teño vida.

IV

¿Aínda Belmiro triste ten alento?¿Aínda fala, aínda xime, aínda chora?¿Porque non fun servir xa de sustentoÓs tragós peixes? ¿Porque aínda agoraTras da miña pastoraNon me quero botar? Alma adorada,

Page 12: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 10 -

A M E N C E R escolma

Xa máis nesta moradaPasar non quero, non; xa nada teño,Nin campo, nin cabaña, gado ou leño.Xa o perdín todo, pois que te morriche,Perdinme a min tamén; pois perecicheEu a seguirte vou, nelo me empeño.Nas ondas ou nos toxosLogo abandonarei fracos despoxos.

V

Outros gritos e voces exhalaba,Tolo e sin sentimento, o bon Belmiro,E a noite, a máis andar, se adelantaba.E aínda non se fora ó seu retiro,Daba cada suspiroQue o máis duro a chorar se movería,Cando veu que corríaHacia el con gran presa un compañeiroQue, errante, estraviado, e sin sendeiro,Aganchaba os penedos con presteza.Ergueu Belmiro entonces a cabezaE, á escasa luz dos raios do luceiro,Conoceu a Benigno,Dos seus pesares confidente digno.

VI

Como cando do alto dun navíoO seu país descubre o naveganteQue pensara quedar no Polo frío,Que o peito alegre salta, e aínda distanteCon corazón amanteÁs súas prendas de lonxe abraza,Así, de alegre traza,E ó tempo enternecido, o amigo vendo,O llanto suspendeu, as maos erguendo.Estreitouno no seo con dulzuraSin poderlle falar, que a desventuraEmbargáballe a voz,a así, detendo

Nicomedes Pastor Díaz Corbelle

Page 13: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 11 -

A M E N C E Rescolma

As báguas que asomaban,Os dous ternos amigos se abrazaban.

VII

BENIGNO

¿Que fas aquí, Belmiro, meu querido?- Benigno dixo en fin-, ¿por que fuxiche?¿Por que deixache o vale máis garridoE entre as penas máis feras te metiche?¿Porque, louco, escondicheDos teus tristes amigos o consoloE coas bestas soloTe viñeche a vivir? ¿Que che fixeronNa túa dulce patria?; ¿que che deron,Que te fixo escapar das portas nosasPra estas ribeiras feas e escabrosasDonde nunca contigo dar puideron?Vente, Belmiro, vente;Vén consolar á túa triste xente.

VIII

Vente pra casa que te veu na cuna,Vén pra a porta en que tanto traveseabas,Vente pra os campos donde festa algunhaN-houbo compreta si é que tu n-estabas.O río en que pescabas,Cando a min, do septembre nas tardiñas,As olorosas viñasQue contento conmigo vindimache;

As copudas nogueiras que aganchachePra facer os rolís en San MartiñoOu pra pillar o descuidado niño:Todo en mutua tristeza sepultache.Todo a gritos te chama;Todo, Belmiro, a túa volta clama.

Page 14: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 12 -

A M E N C E R escolma

IX

BELMIRO

Deixa, Benigno, de aflixirme cesa-Belmiro suplicou con fero acento-¿Que importa que na fraga espesa,Nas ondas ou nas lousas do conventoDeixe do meu tormentoAs reliquias e o cárcel da alma miña?Fuxo da patria miñaPorque ningunha patria teño agora,Pois en ningunha está a miña pastora.¡Ai!, si, amigo, xa se foi do mundoO rostro hermoso que non ten segundo.¿E donde me hei de ir eu? ¿Mellor non foraQue no mar me tirasesOu con ese cuitelo me clavases?

X

Clava este peito, quítame da terraE morrerei contento, pois reciboO máis precioso don que hoxe me esperaDas maos piedosas do mellor amigo.Non sea máis abrigoDo dolor máis acerbo este meu peito;Sea presto desfeitoEste corpo, este barro: é terra impura.Líbrame así, por Dios, da desventuraDe estar morrendo sempre; fire logo,Fire sin compasión, mata este fogo.Saca a miña razón de esta loucura...Axiña.... pronto..., clava.Clava..., ¿que te detés?... ¡mátame!, ¡acaba...!

XI

Decindo estas palabras, parecía

Page 15: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 13 -

A M E N C E Rescolma

Que do seu sitio os ollos lle saltaban.Suspiraba, choraba, enmudecía,E logo, enfurecido, se estancabanO llanto que brotabanSeus ollos cando estaba máis tranquilo.Sin poder resistilo,Chorou tamén de compasión BenignoE ó amigo de mellor sorte dignoConsolaba oficioso. Xa contandoDa ausencia del as novas, xa falandoDa cabana, do campo, do moíño,Da súa alegre aldea,Calmaba de aquel ánimo a pelea.

XII

Contáballe tamén as súas penas,Pra que Belmiro máis se consolaseCo padecer alleo, aunque pequenasXunta as propias as xuzgase.

BENIGNO

Que eu tamén me lamentaseEstaba polo ceo destinado,E chorase ó teu ladoA miña mala sorte -lle decía-.Víronme estos penedos algún díaCorrer alegre ás súas verdes faldas;Vironme engalanado coas guirnaldasDe conchiñas e fror, con que solíaA miña dulce amantePremiar garrido o meu amor constante.

XIII

Todo alegría entonces no meu alborozo................................................................................................................................

Estatua de Pastor Díazen Viveiro

Page 16: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 14 -

A M E N C E R escolma

Eu non previña, non, o pesar duro,Pero, ¡ai!, seu manto oscuroNon tardou en tenderse na mariña.Marchou a gloria miña,De esta aldea se foi a hermosa Ana.¡llusiós dulces, esperanza vana!Xa non houbo máis pracer pra min na Terra,E o único contento que me espera,E o que do meu pesar aínda me sana,E o dulce desahogoCun compañeiro do meu triste fogo.

XIV

E tu deixarme queres neste estado.¿Qués que no mundo solo ó triste imiteE siga tal proceder desesperado?¿Queres que impío a morte soliciteE que ó gran Dios irrite,Árbitro das fortunas e das vidas,Porque as nosas queridas,Unha ausente, outra morta, suspiramos?¿Qués que tamén nosoutros nos morramos?Volve en ti, caro amigo, volve axiña,Que asoma xa o albor da mañaíña;Á nosa dulce choza pronto vamos,A espesura deixemosE nunca por máis nos separemos.

XV

Tu os meus pesares aliviandoE eu consolando as túas rudas penas,Felicidad á vida vamos dando;Faremos as desgracias máis pequenas.Nas ribeiras amenasDo apacible Landrove, virá un díaQue con tenra alegríaE con lágrimas dulces, sin tristuraMe digas: - Xa se foi a desventura,

Page 17: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 15 -

A M E N C E Rescolma

A calma renace de entre os dolores,Con amistad non necesito amoresE as miñas afliciós xa teñen cura.Vente, Belmiro, vamos;Ven ser feliz, querido. ¿Que tardamos?

XVI

Xa por fin naquel golfo tempestuosoA calma da amistad se introducía;Recobraba aquela alma o seu reposoE do amigo ós consellos acedía.

BELMIRO

Lévame -respondía-,Lévame logo de estas rocas negras,Xa que solo tu me alegras;Lévame ó sitio donde amistad santaEncha o meu corazón; e si entre tantaDulzura a veces o dolor asoma,Con mutuo suspirar verás cual tomaAumento o meu valor, e se quebrantaEsta dura cadea.Xa te sigo; esa mao, vamos á aldea.

XVII

As brillantes estrellas xa se foranDos ceos que alborarse comenzaban,E as flores que O Febeo carro doranDo oriente as rubas portas franqueaban.Alegres saludabanO resplandor primeiro as aveciñas;Brillaban as gotiñasQue o rocío nos árboles fixera,E o grande mar, con maxestad severa,Bramando, á primeira luz reflectía.A este augusto espectáculo se erguía

Estatua deNicomedes Pastor Díaz Corbelle

na praza de Viveiro

Page 18: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 16 -

A M E N C E R escolma

Unha alma boa hacia o Criador da terra.Todo a Dios anunciabaTodo as súas grandezas predicaba.

XVIII

Cando dos teus braciños agarradosÁs súas casas iban os amigos,E diante o Ser eterno posternados,Dos seus votos de paz foron testigosOs árboles, os trigos,O mar, as rocas, e natura toda,Xa da cúpula godaDo templo patrio a punta divisaron.A esta vista os seus ollos destilaronLágrimas de dolor e de ternuraE as ideas do ben e da amarguraNo seu peito aún non sano se encontraron.E, en fin, a aldea viron,Entraron nela e sempre en paz viviron.

XIX

Don do bondadoso ceo, amistad puraQue endulzas os pesares desta vida,¡Case enches o meu seo de dulzura!¡Canto nos meus dolores me es querida!Por sempre bendecidaSeas dos corazós que padeceron,E os que en ti paz tuveronEnsálcente cen veces e outras cento;Fuxa amor e o seu folgo violento,Que trai ás almas boas solo males,E da amistad os goces celestialesDeixe lugar tan fero sentimento.¡HOMES DO MUNDO, UN BON AMIGO, UN CAMPO:HE AQUÍ A FELICIDAD BUSCADA TANTO

Page 19: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R

-1 7 -

falamos con...

Rotulou: BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESO

«Debemos valorar as dúascomposicións en galegocomo un feito de grande amore reivindicación da falagalega, nuns momentos nosque os precedentes erancertamente ben escasos»

«Actualmente Pastor Díaz está moiesquecido e pouco valorado, o cal nondeixa de seren unha inxustiza»

CARLOS NUEVO CAL, Cronista Oficial de Viveiro

Page 20: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R

- 18 -

falamos con...

- ¿Que destacaría da personalidade dePastor Díaz?

- Sen dúbida, non resulta nada doado des-tacar algún aspecto concreto da personalidadede Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, dado que éunha figura moi poliédrica, é dicir, que presentamúltiples facianas intelectuais, sacrificadas, engrande medida, en aras da actividade política nasúa condición de home de estado. Xa nos seusinicios dende as escalas máis baixas da Admi-nistración Civil, pasou por diversos cargos comosecretario dos Gobernos Civís de Santander eToledo, oficial da Secretaría de Gobernación deMadrid, xefe político (gobernador civil) deSegovia, Cáceres e Toledo, deputado en repeti-das ocasións, en 1843 pola provincia da Coruña,ministro en tres gobernos liberais conservado-res, secretario do banco de Isabel II, presidentedo Real Consello de Agricultura Industria e Co-mercio, ministro plenipotenciario (embaixador)das Legacións de España en Parma, Cerdeña,Córsega, Turín e Portugal, Conselleiro de Esta-do e Senador vitalicio, condecorado con seisgrandes cruces da época. En resumo, todo uninmenso currículo como funcionario público, po-lítico e orador ao que teríamos que engadirlle

Carlos Nuevo Cal é profesor,historiador e conferenciante. É oCronista Oficial da Cidade de Viveiro e,desde a súa fundación, do Seminario deEstudos Terra de Viveiro. É experto entodo o relacionado con Viveiro, a súacidade nativa.

Non resultanada doado

destacar algúnaspecto

concreto dapersonalidadede Nicomedes

Pastor DíazCorbelle, dado

que é unhafigura moipoliédrica

Page 21: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 19 -

A M E N C E Rfalamos con...

ademais o seu contributo intelectual e literariocomo xornalista, poeta, novelista, ensaísta, his-toriador e crítico literario. Ademais foi taménReitor da Universidade Central e membro nume-rario das Reais Academias Española da Linguae de Ciencias Morais e Políticas.

- ¿E da súa obra?

- Con respecto á súa obra pasa outro tan-to: serían moitos os aspectos a destacar na súainxente carreira político-literaria, pero dun xeitomoi sintético podemos dicir que Pastor Díaz éun dos adiantados do romanticismo en España,que pese a terse esquecido na actualidade benpuidera considerarse á altura doutros autores dasúa época como Espronceda ou Zorrilla. Si istoé así, ¿por qué motivos o viveirés non foi quende acadar un lugar máis destacado dentro dopanorama das letras?. A resposta, seguramen-te, tería que ver moito co seu "sacrificio" persoalcomo home de estado, nunha época certamenteconvulsa, que o privou grandemente dunha maiordedicación ao mundo da literatura como o pro-pio autor desexaría. Feito ao que lle teríamos quesumar o seu prematuro pasamento, pois finoucon tan só cincuenta e dous anos e con grandeparte da súa obra literaria sen rematar, segundoteñen contado moitos dos seus biógrafos, algúnstan destacados como Juan Valera ou Pedro An-tonio de Alarcón, autores, xunto con Zorrilla eGertrudis Gómez de la Avellaneda, aos que opropio Pastor Díaz lles tiña dado a alternativacomo escritores e protexidos.

Dende o punto de vista político e social,destacaría entre os seus logros o deseño epromulgación do primeiro articulado da ensinanzasecundaria no Estado, así como as súasaportazóns ás reformas lexislativas da mariñeiríae do mundo do mar.

Pastor Díaz éun dosadiantados doromanticismoen España.

Dende o puntode vista políticoe social,destacaría entreos seus logros odeseño epromulgacióndo primeiroarticulado daensinanzasecundaria noEstado

Page 22: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 20 -

A M E N C E R falamos con...

- A obra en galego de Pastor Díaz, quechegou a nós, é pequena ¿influiría nisto ovivir fora de Galicia?

- Si, realmente a obra coñecida de PastorDíaz, na actualidade, redúcese ás composiciónspoéticas «Alborada», datada en 1828 e a «Égoglade Belmiro e Benigno», achada casualmente porXosé María Álvarez Blázquez, en 1951. Estasdúas composicións son, a día de hoxe, as úni-cas coñecidas en galego do autor viveirés, perosabemos por Waldo Insua que Nicomedes Pas-tor tamén fora autor doutra composición intitula-da O paxaro da morte, escrita tamén en galegoe que acadara moita sona naquela época, pordesgraza hoxe está perdida. Sabemos, igualmen-te, que Pastor Díaz destruíu a maior parte da súaobra poética inicial, feita nos anos mozos deViveiro, Mondoñedo e Compostela. Os motivos?,seguramente deberíamos buscalos nos cambiosideolóxicos que experimentou o noso protago-nista logo do seu ingreso na carreira administra-tiva e na vida social e política da corte. Estesfeitos que poderían mesmo explicar a súa pos-terior evolución ideolóxica dende o liberalismomáis exaltado dos anos mozos en Galicia, ata oliberalismo conservador ou puritano desenvolvidocomo cargo público e gobernante.

- ¿Cómo valora vostede esta obragalega?

- A súa contribución á poesía galega data,como dixemos, dos seus anos de xuventudeentre 1825 e 1828, motivo polo que debemos va-lorar as dúas composicións como un feito degrande amor e reivindicación da fala galega, nunsmomentos nos que os precedentes erancertamente ben escasos. Nese sentido

A súacontribución ápoesía galega

data, comodixemos, dosseus anos de

xuventude entre1825 e 1828,

motivo polo quedebemos

valorar as dúascomposicións

como un feito degrande amor ereivindicación

da fala galega,nuns momentos

nos que osprecedentes

eran certamenteben escasos.

Page 23: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 21 -

A M E N C E Rfalamos con...

chámanos a atención o feito de que o mozoNicomedes Pastor fixese o esforzo de versificar engalego unha poesía culta que bebía directamenteda tradición renacentista e neoclásica. Unscoñecementos que ben puidera ter iniciado noColexio de Latinidade de Viveiro ou nas aulas doSeminario Conciliar de Santa Catuxa, enMondoñedo.

- ¿E a obra en castelán?

- En canto á obra en castelán coidamos quea súa poesía completa, publicada por vez primeiraen 1840, acada un nivel certamente elevado, tal é ocaso de composicións tan significativas como: Miinspiración, A la muerte, La mariposa negra, A laLuna, La mano fría ou La Sirena del Norte, entreoutras. Non menos interesante resulta o Album lite-rario, colección de escritos en prosa que contén orelato curto Una Cita, o prólogo das obras de JoséZorrilla, artigos de crítica literaria e filosóficos, bio-grafías e os discursos pronunciados no Liceo daCoruña, así como na recepción da Real AcademiaEspañola da Lingua. Destacaríamos igualmente asúa obra política, sobre todo Diez años de contro-versia parlamentaria, prologada por Juan Valera eLos problemas del socialismo, leccións pronuncia-das no Ateneo de Madrid en 1848. Son meritorias,por suposto, a novela psicolóxica De Villahermosaa la China. Coloquios de la vida íntima e a súaderradeira obra Italia y Roma: Roma sin el Papa,

En canto áobra encasteláncoidamos quea súa poesíacompleta,publicada porvez primeiraen 1840,acada unnivelcertamenteelevado

Page 24: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 22 -

A M E N C E R falamos con...

verdadeiro tratado explicativo das difícilesrelacións entre os estados europeos e o Pontifi-cado, nos tempos da unificación italiana.

- Hai quen di que o poema en castelántitulado "Mi inspiración" foi considerado pormoitos como o paradigma do romanticismo¿que lle parece esta afirmación?

- Si, en certa medida podemos afirmar queMi inspiración é a máis extremada das visiónspoéticas de Pastor Díaz, na que a fantástica musase lle aparece flotando sobre o mar, axitado en-tre tempestuosas tebras e fulgurantes lóstregos,predestinándoo para sempre, co seu bico, na dore na soidade pola perda da amada. Evidentemen-te, a composición reúne toda a paixón, o léxico,e a escenografía tipicamente románticos.

- Pastor Díaz practicou o xornalismo¿Cómo valora esta faceta do escritorvivariense?

- Aínda que P. Díaz ten colaborado en di-versas revistas literarias, realmente onde máisdestacou foi na prensa escrita, escribindo en pe-riódicos de marcada tendencia política liberal con-servadora como El Español, El Conservador, ElSol, El Heraldo, etc. Moitos dos seus artigos foronrecollidos posteriormente no seu libro: Memoriasde una campaña periodística, onde o autordesenrolou unha esgotadora xeira xornalística aprol da tendencia puritana.

- ¿Cómo cualificaría o labor político dePastor Díaz?

- O labor político de Pastor Díaz foi real-mente importante, pois estamos a falar dun home

O labor políticode Pastor Díaz

foi realmenteimportante, poisestamos a falar

dun home deestado

Page 25: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 23 -

A M E N C E R

de estado, dun constitucionalista que tiña moi cla-ras as ideas de pluralismo político de defensa dosistema parlamentario, da necesidade de supera-ción do pasado e de confianza no futuro, da liberdadecomo concepto político e moral, do respecto á leicomo norma suprema do xogo político, da separa-ción de poderes, do intento de conxugar catolicis-mo e liberalismo, e, nunha palabra: a constante bus-ca de consenso e eclecticismo político que exerceuao longo da súa vida, en especial nuns momentoshistóricos complicados ao estaren a cotío condicio-nados polas intrigas palacegas e o control militardos denominados "espadóns".

- Pastor Díaz, aínda que foi un importantehome de Estado, morreu, como din as crónicasda época, sendo pobre de solemnidade ¿non éeste un exemplo para os políticos de hoxe endía?

- Un "pobre de solemnidade" como di a pala-bra é todo aquel que é notoriamente pobre, que nondispón de nada, en absoluto. Pastor Díaz nunca foipobre, naceu nunha destacada familia da burgue-sía comercial viveiresa e no momento do seupasamento facía escasamente dúas semanas quedimitira como ministro, por mor dos achaques físi-cos que sufría. Polo tanto non podía ser pobre e me-nos de solemnidade, outra cousa moi distinta foi ofeito de que o parlamento, aproveitando a situaciónna que quedaban a nai e irmá máis nova de PastorDíaz, aprobase, por vez primeira na historia da ins-titución, a concesión dunha pensión vitalicia paratodas as viúvas ou familiares directos dosdeputados. Ademais, debo dicir que o irmán máisnovo do noso protagonista, Felipe Benicio, taménfoi deputado representando a Viveiro e o seu xenroPedro Pastor Maseda, foi, igualmente, un alto car-go da Administración e mesmo o seu fillo rematoupor converterse en conde de Sepúlveda.

falamos con...

Un "pobre desolemnidade"como di apalabra étodo aquelque énotoriamentepobre, quenon dispón denada, enabsoluto.Pastor Díaznunca foipobre.

Page 26: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 24 -

A M E N C E R falamos con...

- Segundo a súa opinión ¿Cómo influíuen Pastor Díaz o seu paso polo Seminario deMondoñedo?

- En Mondoñedo, entre 1821 e 1825, cursouestudos de Filosofía onde reforzou e amplioumoitísimo os sólidos coñecementos queaprendera con anterioridade no "Colexio Insigneda Natividade de Nosa Señora" en Viveiro.Persoalmente, creo que a composición poéticaMi reclusión fíxoa no Seminario mindoniense quedebeu influír moito nel, sobre todo no amor aogalego -pensemos na tradición dos nenos can-tores de Nadal e na estela que deixara no Semi-nario o profesor e crego de Argomoso AntonioMaría de Castro e Neira, verdadeiro introdutordo prerromanticismo en Galicia a través de Ca-dalso.

- ¿Cre que a figura de Pastor Díaz estásuficientemente valorada? ¿Por qué?

- Actualmente está moi esquecido e poucovalorado, o cal non deixa de seren unha inxustiza.Os motivos poden ser múltiples, mais semellaunha absoluta contradición que un político, esta-dista e escritor da categoría de Pastor Díaz pasepor esta situación, quizabes sexa tamén polodesignio dos tempos actuais.

- ¿Coñece algunha anécdota curiosa dePastor Díaz?

- Algunha si, pero non as considero de in-terese e ademais sempre se corre o risco deaxudar a terxiversar ou mistificar en exceso áspersoas e os historiadores nunca debemos faceriso.

a redacción

Persoalmente,creo que a

composiciónpoética Mi

reclusión fíxoano Seminariomindoniense

que debeuinfluír moito nel,

sobre todo noamor ao galego

Page 27: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

-2 5 -

A M E N C E Ra carón do lume

Rotulou:ADRIAN CARBALLEIRA MONTENEGRO, 3º ESO

Miña avoa contoume que cando ela era pequena oíuna casa que un curmán de miña bisavoa viña de noite dever á moza e diante del cruzáronselle tres cadeliños brancosmoi miúdos e, ó chegar á casa, encontrou a súa nai mortana casa.

Recollido no GROVE - VILAMOR

por BRAULIO CASABELLA AMIEIRO, 2º ESO

PREMONICIÓN

Mondoñedo é bon pueblo,dá de comer a quen pasa:se levas cartos no petopan branco haino na praza.

Page 28: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 26 -

A M E N C E R a carón do lume

* En xaneiro, non metas obreiro. Non por falta de día, senón por-que está a pedra fría.

* De home coxo e can rabelo líbrame del coma do demo.* O que ben se agradece medra e solece; o que non se agrade-

ce logo podrece.* O que ben ata, ben desata* A carne de calceta que a coma quen a meta. (A carne de calce-

ta é a carne da morralla)* Regalo comido non fai amigo* Sopas pra home de oficio, pape o demo a quen as fixo.* O que non cre na boa nai, cre na mala madastra.* Por un anaco de pan, baila o can.* Vale máis o veciño do pé da porta que o irmao de trás da Costa.* Gaiteiro serás e alegre andarás, pero rico non morrerás.* Máis quero burro que me leve que cabalo que me deixe.* Cando a esmola é grande ata os santos desconfían.* Van as leis pra onde queren os reis.* Unha fouce non fai sega.* Gárdate de can que non ladra e de home que non fala.* Sete pitas e un galo comen o penso dun cabalo.* Vale máis ser cura dun fento que capelán dun convento.* Facéndose o parvo non se perde nada, facéndose o listo ó

mellor se apaña.* Sabe máis o vello no esquecido que o novo no recordado.* O que non fai as cousas dunha vez fainas en dúas ou tres.* Non pidas o que negaches nin negues o que pediches.* Onde se saca e non se pon logo se acaba o montón* Cando o moucho canta de día, auga pro outro día.* Tres cousas tes que coidar: oír, ver e calar.* O que bailou ben de mozo, aínda de vello é xeitoso.* Amor de nai, outro mellor non hai.* Se queres vivir tranquilo, deixa en paz ó teu veciño.

R E F R A N S

Recollidos na zona de VILALBApor FÉLIX VILLARES MOUTEIRA

Page 29: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 27 -

A M E N C E Rfaise saber...

... que foi noticia:

... a presentación do número 213 da nosa revista, dedicadomonograficamente a Alvaro Cunqueiro co gallo dos cen anos do seunacemento, que tivo lugar o pasado día vinte e dous de xuño, na Aula«Losada Quiroga» do noso Seminario. Presidiu o acto o Bispo daDiocese, monseñor Sácnhez Monge, e estiveron presentes oDeputado-Delegado de Cultura da Deputación Provincial, AntonioVeiga Outeiro; o Alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz; oDirector da revista, David Machado Montero, e os profesores res-ponsables, Oscar Santiago Sanmartín e Félix Villares Mouteira. Asistiunumeroso público.

... a viaxe cultural de fin de curso, que tivo lugar do trece ódezasete de xuño, a Portugal. Chegamos ta Lisbos por aquilo de que«o que non ve Lisboa, non ve cousa boa».

... a xuntanza de verán que celebramos os días dez, once e docede agosto na casa reitoral de San Pedro de Benquerencia, noConcello de Barreiros. Estiveron con nós o Reitor do Seminario, Car-los Gómez Iglesias, e o formador, Oscar Santiago Sanmartín.

... a inauguración oficial do curso 2011/2012 na noso Seminario

Rotulou:CRISTIÁN A. FERNÁNDEZ LÓPEZ 3º, ESO

Page 30: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

- 28 -

faise saber...A M E N C E R

que tivo lugar o pasado día un de outubro. O acto de inauguracióncomezou na Aula «Crecente Vega» co saúdo do Bispo e logo léronseas Memorias do curso 2010/2011 do Seminario Menor e do Maior. Acontinuación, o Vigairo Xeral da Diocese, Antonio Rodríguez Basanta,tivo un relatorio sobre «Educación máis que en valores?». Despois,nunha das capelas do Seminario, o Bispo presidiu unha Eucaristía,na que concelebraron os Reitores dos Seminarios, os Formadores evarios sacerdotes da Diocese. Rematou o acto de inauguración cun«viño galego».

... a saída cultural que fixemos o pasado día vinte e sete de outubrona que visitamos a empresa local FINSA. Vimos os distintos proce-sos que se levan a cabo nela, as normas de seguridade, etc. Ó rema-tar a visita á fábrica fomos ata o vello cemiterio mindoniense, agoraconvertido nun parque. Alí vimos as campas dos escritores AlvaroCunqueiro e Leiras Pulpeiro e a do músico Pascual Veiga.

... que é noticia:

... a lotería que xogamos no sorteo de Nadal para xuntar cartospara a nosa viaxe cultural de fin de curso. Xogamos nos números24.220 e 19.473. A ver se toca.

... que vai ser noticia:

... os concursos literario e de debuxo convocados co gallo dacelebración da festa de santa Catarina de Alexandría, Patrona do nosoSeminario.

. VÍCTOR AMIEIRO MASEDA, 4º ESO

. BRUNO ESTEVES FERNÁNDEZ, 4º ESO

. XAIRO FORMOSO PENA, 4º ESO

. DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

Page 31: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

SOPA DE LETRAS

por DAVID OTERO LÓPEZ, 4º ESO

Busca o nome de NOVE poetas que estudiaron no Seminario

RPUIPANTEOZTDO

AAAFEBOTYLMIIR

MRKERTRCUFRMAI

ATRANBI

GRITIZE

ROCHAOLEDOCRCP

IRYNSI

GTIHAAAL

EDARNSAESLAOSU

NIVOI

AALLEVSTP

OAOAEGEOUTRNRS

RZNQTEROSCILOA

TOMSOIIRDESIRR

SSATAROLECRABI

AATABORTACOTAE

CRECENTEVEGAÑL

chispa

- 29 -

Rotulou:MANUEL TRIGO BELLO, 3º ESO

A M E N C E R

Page 32: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

A M E N C E R chispa

- 30 -

* Os ricos teñen os cartos; os listos, administranos,e os necesi-tados imos buscalos.

* Díxolle a caixa ó morto: - ponte cómodo que a viaxe é longa.

* Na porta dun xordo un mudo cantaba e un que pasaba, mirábaoscon disimulo.

* ¿En que se lle nota a un coxo que é coxo?- Só con velo andar.

* Por enriba a galea e por debaixo a zamarra (dise dunha persoaque cambia a roupa e non se lava).

* Se ti viras o que eu vin na Fraga de Manxarín: unha cabra cunharoca e un castrón cun violín.

* A primavera vén e vai, a mocidade vén e non volve

MANUEL VIGO CHAO

D I T O S

UN GALEGO E UN ANDALUZ

Unha vez, un galego e un andaluz foron comer xuntos.Pedironuns bistés. Serviúllelos un camareiro nunha bandexa redonda. Un dosbistés era máis grande que o outro e quedou do lado onde estaba ogalego. Entón o andaluz púxose a darlle voltas a bandexa ata deixar obisté máis grande do seu lado e díxolle ó galego:

- Mira, gallego, el mundo da vueltas.Respondeulle o galego con moita sorna:- Oes ti, se o mundo dá voltas, déixao que as dea, pero a

bandexa déixaa estar como estaba.

Page 33: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

colaboraron

de 1º de ESO

Ernesto Barro Jiménez

de 2º de ESO

Braulio Casabella AmieiroJacobo Chao LombarderoDiego Cornide CabanasJuan José Montouto Chaves

de 3º de ESO

Adrián Carballeira MontenegroDiego García LópezCristian A. Fernández López

de 4º de ESO

Manuel Vigo ChaoFélix Villares Mouteira

Debuxou da tapa:Ernesto Barro Jiménez, 1º ESO

A M E N C E R

- 31 -

Víctor Amieiro MasedaBruno Estevez FernándezXairo Formoso PenaDavid Otero López

Page 34: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DE «AMENCER»Socios honorarios:

Page 35: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

CORTINAS - HOGAR:Camiño Real, 53 Campo de Puente, 11Tfno.: 982 245 354 Tfno.: 982 512 82927004 LUGO 27800 VILALBA

ALFOMBRAS: PINTURAS E DECORACION:Camiño Real, 37 Curros Enríquez, 40Tfno.: 982 221 272 Tfno.: 982 245 35427004 LUGO 27004 LUGO

ESPERÁMOLOS NAS NOSAS TENDAS:

CONGELADOS TROULO, S.A.Polígono Industrial de Rábade, F-1, P-1227.370 - Rábade (Lugo)

Luisa Fernández LeiradoResponsable ComercialTel: 982-39-20-08Fax: 982-39-22-97Móbil: 677-583-061e_mail: [email protected]

Page 36: ANO XXIX - NÚMERO 214 setembro - outubro 2011 · e non vés ao meu colo ... O rubo pai da luz en carro de ouro; De nubarrós o ceo se cubría, ... Non me quero bot ar? Alma adorada,

Publicidade

Imprenta SUC. MANCEBO - Mondoñedo

A revista AMENCER está subvencionada por: