Top Banner
Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 Edita: edicións embora | Director: Miguel Toval | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación Departamento comercial: Bucle Comunicación | Depósito Legal: C 4370-2007 | [email protected] | Nº 74 • Ano VI A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos. GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | MARZO 2014 74 Pablo Carbonell, en concerto na sala Super 8 Coque Malla trae ao Jofre a súa xira “Mulleres” Juan Diego representa “La lengua madre”, de Juanjo Millás Los Mácbez en Narón
12

Aí marzo 2014

Mar 26, 2016

Download

Documents

Guía de cultura e ocio de ferrolterra
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Aí marzo 2014

Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 Edita: edicións embora | Director: Miguel Toval | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación Departamento comercial: Bucle Comunicación | Depósito Legal: C 4370-2007 | [email protected] | Nº 74 • Ano VI

A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos.

GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | MARZO 201474

Pablo Carbonell, en concerto

na sala Super 8

Coque Malla trae ao Jofre a súa xira

“Mulleres”

Juan Diego representa “La lengua madre”,

de Juanjo Millás

LosMácbez

en Narón

Page 2: Aí marzo 2014

2 # MARZO 2014

As bibliotecas son unas institucións marabillosas”

ENTREVISTA

TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Kiko Delgado

AÍ. Como naceu un libro como “Café Só”, AA. Café só naceu un pouco sen pensar. Non fixen os relatos esperando publicalos, aínda que supoño que sempre escribes pensando nun posible lector. Cando xa tiña uns cantos relatos, decidín darlles un formato de libro, e como son un pouco preguiceira, pensei en mandalos a un premio literario, o que me obrigaba a deixar o traballo rematado nunha data determinada. Para iso recorrín á axuda e consello dalgúns amigos. Naturalmente non gañei o premio, pero un daqueles amigos, Alfredo, que debía ter máis confianza ca min en “Café Só”, mandou o orixinal á editorial Morgante que á volta dun tempo decidiu editalos. AÍ. Que che aportou a publicación?AA. Entrar en contacto co mundo lector desde outra perspectiva. Presentei o libro en varias bibliotecas e clubes de lectura de diversos lugares de Galicia. Sendo como é unha obra con personaxes que non son felices a xente identificouse con eles ou incluso veu que nesas pequenas traxedias tamén había cousas cotiás e naturais.AÍ.Agardabas as excelentes críticas?AA. Non as agardaba, a verdade. Iso fixo que aínda fose máis agradable recibilas. Alimentaron a miña vaidade e conseguiron que acabase de crer que escribira un

CO VOLUME DE RELATOS “CAFÉ SÓ”, A SÚA PRIMEIRA OBRA, ANABEL ALONSO SORPRENDEU Á CRÍTICA.

FOI A DESCUBERTA DUNHA AUTORA QUE VIVÍA MOI PRÓXIMA AOS LIBROS DESDE A BIBLIOTECA

MUNICIPAL DAS PONTES, UN DOS MOTORES CULTURAIS DA VILA

Anabel Alonsolibro. Foron moi boas en Galicia e o libro traduciuse ao castelán (en Pulp Books), en breve o fará ao éuscaro, e as que apareceron tamén foron boas. Penso que libro entendeuse moi ben. AÍ. Como boa lectora, e profesional dos libros, “Café Só” era a obra que imaxinabas como o primeiro que farías? AA. Non imaxinara nunca escribir un libro, moito menos velo publicado. Será que eu teño un gran respecto pola literatura e non pensaba que fose posible chegar a formar parte dela como creadora, ademais de lectora. Pero xa postos a fantasear seguro que imaxinei nalgún momento ter escrito un libro mellor e seguramente unha novela, non un conxunto de relatos. AÍ. Haberá continuidade literaria? Tes máis proxectos? AA. Teño proxectos na cabeza. Pero de momento teñen pinta de quedar aí. Estes últimos meses foron persoalmente complicados e non acabo de poñerme a escribir. A literatura como lectora ten para min un valor

Page 3: Aí marzo 2014

MARZO 2014 # 3

“Como lectora, a literatura é terapéutica; me axuda a levar os contratempos”

“A música tradicional axudoume a comprender a miña identidade

ENTREVISTA

terapéutico, importante, que me axuda a levar os contratempos, pero como escritora non é tan doado. Teño certa tendencia a poñer moito do meu estado de ánimo no que escribo e ás veces iso é un pouco… complicado. AÍ. Como valoras o traballo que levades a cabo na Biblioteca das Pontes?

AA. Na biblioteca, no traballo de todos os días, tentamos

facer chegar aos nosos usuarios o amor que

sentimos polos libros. As bibliotecas son unhas institucións marabillosas. Unhas das poucas que quedan gratuítas, nas que o acceso á información, á cultura, á formación,

ao ocio, etc., é igual para todos e todas. Nesta sociedade da que cada vez máis xente parece quedar excluída, traballar nun lugar aberto a todo o mundo e moi gratificante. AÍ. Como ves a vida cultural da vila, que semella bastante activa. AA. A vida cultural das

Anabel Alonso “Teño grande respecto pola literatura, así que non pensaba escribir un libro”

Pontes é certamente activa. Creo que as miñas compañeiras do Departamento de Cultura fan un traballo excelente. Pero non temos só o que se programa desde o Concello, senón tamén o que xeran os propios veciños a través das asociacións. Por exemplo, o Grupo Poético Alalá vén de cumprir dez anos de existencia achegando a poesía aos ponteses a través dos seus recitais. A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume leva xa publicadas seis revistas anuais que recollen información histórica e social da comarca e organizan xornadas sobre patrimonio. Tamén fan este tipo de xornadas a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes. As dúas traballan na defensa do patrimonio. Pero hai moitas máis asociacións que traballan en diversos eidos, musicais, asociacións de artistas, de fotógrafos, asociacións xuvenís. Creo que somos unha vila privilexiada. Temos acceso a moitas cousas que ver pero tamén facemos moitas cousas. AÍ. Ademais dos libros, formas parte do grupo de cantareiras de Alende. A música amansa ás feras? AA. Non sei se ás feras, pero a min si. Hai moitas cousas que me interesan dese tempo que paso coas cantareiras. En primeiro lugar que é un grupo de amigos que se xunta para cantar sen moitas máis pretensións. Iso faime sentir cómoda e gozo de cada ensaio. Non somos un grupo de cantareiras moi ao uso. Tamén creo que o meu achegamento á música tradicional axudoume a comprender mellor parte da miña identidade.

Page 4: Aí marzo 2014

4 # MARZO 2014

Clínica veterinaria

CANTÓN C/ Carmen, 2 bajoFerrol (A Coruña)T 981 35 11 44 / 630 03 20 21

TEATROPazo da Cultura | 08.03.2014 | 20.00 h | 9,5 euros

EL(L)AS CONFIDENTIALDÚAS COÑECIDAS ACTRICES GALEGAS, ISABEL

BLANCO E MARIANA CARBALLAL, INTERPRETAN

A ÚLTIMA COMEDIA DO DRAMATURGO NARONÉS

JOSE LUÍS PRIETO

Ironía, confesións, contos e chismes do mundo da televisión e do cine enchen dúas horas de humor escritas por Jose L. Prieto.Confidencias dende o backstage de dúas “actrices atroces” no gran teatro do mundo, historias de dúas mulleres que ven como, co paso dos anos, todo vai cambiando ao seu derreredor; como o ve o espectador e como pasa de verdade.

TEATRO FAMILIARTeatro Jofre | 09.03.2014 | 18.00 h | 8 euros

O MUSICAL DO LIBRO DA SELVACINCO ACTORES DAN VIDA AOS PERSONAXES CON MÁIS PROTAGONISMO NA

NOVELA DE KIPLING (MOWGLI, BAGHEERA, BALOO, SHERE KHAN E KAA), QUE

TANTO SERVIU PARA INSPIRAR ALGUNHAS ICONAS DO MOVEMENTO SCOUT

COMO PARA DAR PULO Á FACTORÍA CINEMATOGRÁFICA DE DISNEY.

“O libro da selva” é o novo proxecto teatral do produtor Mario Sanchis Císcar, que xa puxera en pé “Pinocho, un conto musical”, co que fora finalista dos Premios Max, e “Cenicienta, o musical”. A versión para os escenarios da historia máis famosa do Nobel de Literatura Rudyard Kipling combina os ingredientes tradicionais do mellor teatro familiar cos máis recentes recursos do espectáculo escénico. Os espectadores poderán gozar en pouco máis dunha hora dunha das aventuras máis emocionantes e tenras dos contos de sempre: a historia de como un neno crece na selva rodeado de animais, aprendendo a distinguir o ben do mal, mentres intenta descubir quen é e que lugar ocupa no mundo. Unha viaxe de música, xogos, risa e aventuras.

Page 5: Aí marzo 2014

MARZO 2014 # 5

MÚSICATeatro Jofre | 22.03.2014 | 20.30 h | 15 ,12 euros

AS MULLERES DE COQUEO CICLO “SONS DO JOFRE” TRAE Á ESCENA A

COQUE MALLA, QUE ESTÁ A XIRAR POLOS TEATROS

DE ESPAÑA CO SEU ESPECTÁCULO “MULLERES”,

BASEADO NO DISCO HOMÓNIMO

A evolución de Coque Malla desde o éxito do artista adolescente ata o recoñecemento popular como icona do rock español adulto é digna de admirar. O antigo líder de Los Ronaldos gravou “Mulleres” o ano pasado, e no disco expresa toda a sensibilidade que xa foi amosando desde moi novo nas letras das súas cancións, un magnífico traballo no que o acompañaron artistas como Leonor Watling, Ángela Molina e Annie B. Sweet. Ferrol é a única localidade galega que acolle a xira “Mulleres 2014”, na que Malla fai versións en acústico dos seus mellores temas e homenaxea a grandes músicos da historia do rock acompañado únicamente dun pianista.

TEATROPazo da Cultura | 21 e 22.03.2014 | 20.30 e 20.00 h | 18 euros

OS MACBEZO ÚLTIMO PROXECTO DO DIRECTOR ANDRÉS LIMA (UN DOS ARTÍFICES DE

“ANIMALARIO”) É UNHA ADAPTACIÓN DUN DOS TEXTOS MÁIS COÑECIDOS DE

WILLIAM SHAKESPEARE, REVISADO POLO DRAMATURGO JUAN CAVESTANY E

INTERPRETADO POR CARMEN MACHI E JAVIER GUTIÉRREZ.

Unha noite de sábado, mentres a muller prepara a súas xoias para ir ao bingo, o home pasa o ferro á camisa para ir de putas. Os Macbez, descendentes daqueles escoceses de Shakespeare, viven en Xinzo de Limia. O señor e a señora Mácbez senten que chegou o seu momento. O presidente da Xunta de Galicia deu ao conselleiro Mácbez un posto mellor, pero a señora Mácbez convence ao seu marido de que non é suficiente e que merece chegar máis alto. El tamén o desexa, no fondo. Pero ningún dáse de conta de que telo todo, en realidade, tampouco é suficiente. Corrupción e ambición, ben e mal... esta coprodución do Centro Dramático Nacional con catro empresas (Volpone Producións, Carallada Show, Mama Floriana e Asuntos Culturais) achega a Macbeth á nosa terra e costumes para que vexamos como o desexo de poder e a superstición seguen sendo motores no ser humano, como a cobiza, a violencia e a falta de escrúpulos son escocesas, galegas e universales, como homes e mulleres corrómpense por conseguir o poder e unha vez nas súas mans seguen corrompéndose para ter a seguridade de conservar ese poder, e de como unha vez corruptos do todo só quedan a tolemia e o medo. Interpretada por Carmen Machi, Javier Gutiérrez, Chema Adeva, Rulo Pardo, Rebeca Montero e Jesús Barranco, a obra chega ao Pazo de Cultura de Narón en estrea absoluta.

Page 6: Aí marzo 2014

6 # MARZO 2014

MÚSICA INFANTILTeatro Jofre | 23.03.2014 | 18.00 h | Gratuíto

TOC TOCPABLO DÍAZ, QUE HAI ANOS PRESENTARA O SEU

LIBRO-DISCO “TIC-TAC” TRAE AO JOFRE A SÚA

NOVA OBRA “TOC-TOC”, PENSADA PARA O GOCE

DOS CATIVOS

O álbum presenta 15 temas de nova composición e 2 cancións con letra de temas tradicionais como “O piollo e a pulga” e “Mazarico”. Unha banda composta de guitarra, baixo, batería, clarinete, gaita e as voces de Pablo Díaz e Olga Kirk inculcará valores como o ecoloxismo á vez que lles procurará ilusión e diversión. A proposta da banda de Pablo Díaz busca achegarse aos nenos, co galego como lingua de expresión, de forma lúdica e intelixente.

TEATROPazo da Cultura | 29.03.2014 | 20.00 h | 12 euros

LA LENGUA MADREINTERPRETADA POR JUAN DIEGO BAIXO A DIRECCIÓN DE EMILIO HERNÁNDEZ,

“LA LENGUA MADRE” É UN MONÓLOGO ESCRITO POR JUAN JOSÉ MILLÁS

SOBRE A NOSA DIGNIDADE AMEAZADA

Durante unha hora e vinte minutos Juan Diego vai manter a atención do espectador cun magnífico e afilado texto de Juan José Millás que reúne o sentido do humor, causticidade e surrealismo habitual nos seus textos. Para Juan Diego, tan protagonista é el como os espectadores, “que interveñen cos seus silencios absortos, coas súas risas e coas súas toses”, dicía antes da estrea ao diario El País: “o meu personaxe parece un espontáneo saído do patio de butacas que se puxo a dar unha conferencia”. Unha conferencia na que aparecen neoloxismos como “hipoteca subprime” ou se critica con mordadice que se chame “crecemento negativo” ás perdas. Unha obra sobre a lingua que aprendimos de cativos e que hoxe, tantas veces, se usa para ocultar a realidade ou, polo menos, para disfrazala.

MÚSICATeatro Jofre | 28.03.2014 | 20.30 h | 15, 12 e 6 euros

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAPIERO LOMBARDI DIRIXE NESTA OCASIÓN A ORQUESTRA

COMPOSTELÁ, QUE OFRECERÁ UN PROGRAMA CLÁSICO CON

OBRAS DE MENDELSSOHN, HAYDIN E MOZART

Lombardi (Estocolmo, 1989) estudou piano e violín na Coruña e na actualidade reside en Manchester, onde obtén a Junior Fellow in Conducting no Royal Northern College of Music. Traballou con importantes directores como Sir Mark Elder, Juanjo Mena e Vasily Petrenko e con orquestras como a Hallé Orchestra, a BBC Philharmonic, a Royal Liverpool Philharmonic Orchestra e a Manchester Camerata.

Page 7: Aí marzo 2014

carmen machi e javier gutiérrez

Los Macbez

venres21/03 • sábado22/03

adaptación conteMporánea

rababiero produccións

el(l)as confidential

coMedia

sábado08/03p.a. triana

La lengua madre

teatro conteMporáneo

sábado29/03carlos blanco e luis dávila

Menú do día

coMedia

venres04/04els joglars

el coloquio de los perros

teatro cLásico

venres11/04

máis información en: www.padroadodacultura.esfacebook/padroadodeculturaconcellodenaron

Page 8: Aí marzo 2014

8 # MARZO 2014

PRACERES SOLITARIOSPRACERES SOLITARIOS

NOVELA

A LÚA DA COLLEITAEsta novela foi galardoada co prestixioso premio García Barros de novela.“A lúa da colleita” é unha das obras maiores dunha autora que sabe facer as preguntas axeitadas para encetar unha narración que absorbe desde as primeiras páxinas e fala, co misterio da literatura, da configuración do carácter. Á beira de obras súas galardoadas como a colección de artigos “Anxos de garda”, que lle valeu o Premio da Crítica, e a novela breve “Así nacen as baleas”, co que obtivo o certame Repsol narrativa breve, esta narración supón un novo fito na súa traxectoria. A trama sitúase no verán de 1992. Unha decisión precipitada, case inconsciente, leva a Nuria, a protagonista da novela, a pasar as vacacións nun apartamento nunha praia da ría de Arousa. Necesita descansar pero, ademais do descanso buscado, atoparase con sombras e con estrañas revelacións que a farán dubidar de si mesma. A súa especial percepción do tempo e do espazo, a súa forma de sentir, que ás veces é unha auténtica tormenta de emocións, farán que cuestione se todo o que a rodea é realidade ou é simplemente pura ficción. Un feito que converte esta dúbida sensorial en todo un motor da narración. Unha obra evocadora que incide na importancia que ten o que sucede na adolescencia para configurar o carácter na madurez

AUTOR: ANXOS SUMAI

EDITORIAL: GALAXIA

PÁXINAS: 242

PREZO: 19 EUROS

TEATRO INFANTIL

O REFUGALLO“O refugallo” foi o texto co que a fenesa Paula Carballeira gañou o premio Manuel María de Literatura dramática infantil, e que posteriormente levou aos escenarios coa súa compañía Berrobambán. Esta deliciosa historia sobre o poder da imaxinación narra a vida de catro amigos, Isolda, Hipatia, Borobonte e a súa tartaruga Lustucrú, nun espazo ao que a xente guinda aqueles obxectos que xa non quere e semella que perderon o seu valor. A peza inclúe as sempre estimulantes ilustracións do gran Dani Padrón.

CIENCIA FICCIÓN

EL PAÍS DE LOS CIEGOSEstamos ante un dos relatos favoritos de Borges, un conto longo que emprega a cegueira como metáfora. Esta soberbia historia de H.G. Wells, ambientada nun remoto val na cordilleira dos Andes, aborda temas como o coñecemento humano e a sociedade, e mostra de que maneira a comunidade somete ao diferente ás súas crenzas, eliminándoo por ser diferente. A presente edición, bilingüe en castelán e inglés, preséntase con espléndidas ilustracións a cargo de Elena Ferrándiz que incrementan o lado escuro da historia.

AUTOR: PAULA CARBALLEIRA

EDITORIAL: XERAIS

PÁXINAS: 76

PRECIO: 15 EUROS

AUTOR: H. G. WELLS

EDITORIAL: NÓRDICA LIBROS

PÁXINAS: 118

PRECIO: 16,50 EUROS

Page 9: Aí marzo 2014

PRACERES SOLITARIOS

MARZO 2014 # 9

PRACERES SOLITARIOS

DELICIAS SONORAS

TÓRTEL “La gran prueba” (2014)

O valenciano Jorge Pérez semella “the next big thing” da música independente española. Ademais de colaborar con xente como Julio Bustamante ou Josh Rouse, fixo dous discos como “Lugar nuevo” (2008), gravado co Surfin´Bichos e Mercromina Joaquín Pascual, e “Entusiamo” (2012). Agora aposta por un novo son co terceiro “La gran prueba” (El Volán /Gran Derby Records), que veu presentar o mes pasado a Ferrol nun excelente concerto. Definido pola crítica como un álbum de “pop expansivo e reflexivo”, Pérez alíase con varios músicos de bandas independentes da súa terra para xogar con sons máis luminosos, mesturando un arrecendo latino e tropical, que ninguén se asuste, con toques electrónicos. Con estes estraños ingredientes o resultado é un disco dunha enorme frescura, cunhas fermosas letras que falan do mundo deste artista mediterráneo. Cancións como “No es mi culpa”, “La vieja escuela” ou “Queríamos más” recuperan o espírito intenso de referentes como Surfin´Bichos. Un disco bendecido polo establishment indie (Radio 3, Rockdelux…) e, por unha vez, con razón.

MÚSICA

RONNIE LANE & SLIM CHANCE,O GRANDE REGRESO AO BÁSICO

Un dos músicos británicos máis talentoso e aprezados dos anos 60 e 70 foi para que quen o coñeceron Ronni Lane. Cantante e compositor das iconas do movemento mod, Small Faces, viviu unha segunda etapa de éxito a comezos dos 70 cos Faces, canda dúas rock stars como Ron Wood (Rolling Stones) e Rod Stewart. Farto deles, no 73 retírase a unha granxa en Gales e comeza a formar unha banda de acompañamento con amigos e un son campestre, entre o folk, o rock e o country. Un proxecto de música axitanado baixo o nome de Slim Chance. Con eles publicaría tres discos e faría unha mítica xira, “The passing show”, un circo con animais, pallasos e concertos. Un proxecto do que nunca se recuperou economicamente. Polo medio foron caendo obras como “Anymore for anymore”, “One for the road” e “Ronnie Lane´s Slim Chance”, hoxe difíciles de atopar a prezos normais. Nelas había xoias como “The poacher”, “Oh, La La” ou “How come”, o seu grande éxito, e moitas cancións capaces de inxectar alegría e bo ánimo aos oíntes. Este mesmo mes edítase o dobre “Ooh La La: An Island Harvest”, artefacto que contén unha boa escolma do traballo coa banda, máis pezas inencontrables e rarezas. Trátase dun disco ideal para achegarse a este xenio da música popular. A finais dos 70 e nos 80 publicaría discos con Eric Clapton e Pete Towsend ata que unha esclerose múltiple terminou con el en 1998. Para moitos a súa etapa con Slim Chance representa o exemplo de cómo un gran artista de éxito é capaz de illarse do ambiente que o rodea para crear cancións marabillosas e un son silvestre e natural, dos que lle deixan a un un sorriso pampo na boca.

Page 10: Aí marzo 2014

HORARIOS

Fundación Caixa GaliciaLuns a venres: de 12.00 a 14.00 h e 16.00 h a 21.00 h.Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h.

Centro Cultural Torrente BallesterMartes a domingo: (incluído festivos) de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.Luns pechado.

Centro Cultural Carvalho CaleroLuns a venres:de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.

Ateneo Ferrolán (Oficina provisoria por obras)Luns a venres:de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.30 h.Real Coro Toxos e FrolesLuns a venres:de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h.Sábados: de 12.00 a 14.00 h.

Galería SargadelosLuns a sábado:de 09.00 a 21.00 h.

Casa das Palmeiras de Neda: De luns a domingo: de 17.30 a 19.30 h.

Casa da Cultura de Valdoviño:De luns a venres: de 16.00 a 18.00 h.Luns e mércores tamén en horario de mañá:de 10.00 a 13.00 h.

Casa da Cultura de Fene:De luns a venres: de 16.00 a 21.30 h.Martes e xoves tamén en horario de mañá:de 10.00 a 12.30 h.

13 XOVES

FERROL

CINE A novia cadáver. (VOS) Ciclo Tim Burton. Cines Duplex, 20.30 h.

20 XOVES

FERROL

CINE Sombras tenebrosas. (VOS) Ciclo Tim Burton. Cines Duplex, 20.30 h.

21 VENRES

NARÓN

TEATRO Los Macbez. Centro Dramático Nacional. Pazo da Cultura, 20.30 h.

FERROL

MÚSICA Costas (Ex-Siniestro Total). Sala Super 8, 22.30 h

22 SÁBADO

FERROL

MÚSICA Coque Malla. Mujeres. Teatro Jofre, 20.30 h

NARÓN

TEATRO Los Macbez. Centro Dramático Nacional. Pazo da Cultura, 20.00 h.

1 SÁBADO

FERROL

TEATRO O xardín das pernas roubadas. Tuerka Teatro. Teatro Jofre, 20.30 hMÚSICA Los Zentholos. Festa pop-Rock. Sala Super 8, 22.30 h

6 XOVES

FERROL

CINE A gran aventura de Pee-Wee. (VOS) Ciclo Tim Burton. Cines Duplex, 20.30 h

7 VENRES

FERROL

MÚSICA Pablo Carbonell en concerto. Sala Super 8, 22.30 h

8 SÁBADO

FERROL

MÚSICA Triángulo de Amor Bizarro + Carrero Bianco en concerto. Sala Super 8, 22.30 h

NARÓN

TEATRO El(l)as Confidential. Rababiero Prodicciones. Pazo da Cultura, 20.00 h

9 DOMINGO

FERROL

MUSICAL El libro de la selva. Eventime Teatro. . Teatro Jofre, 18.00 hMÚSICA Los Frik&Paldis (Tributo a Fito & Fitipaldis). Sala Super 8, 22.30 h

23 DOMINGO

FERROL

MÚSICA INFANTIL Pablo Díaz. Toc-Toc. Teatro Jofre, 18.00 h

27 XOVES

FERROL

CINE Mars Attacks! (VOS) Ciclo Tim Burton. Cines Duplex, 20.30 h.

28 VENRES

FERROL

MÚSICA Real Filharmonía de Galicia. Teatro Jofre, 20.30 h.

29 SÁBADO

FERROL

MÚSICA Certame de bandas de música de Semana Santa. Auditorio de Ferrol, 19.00 hMÚSICA Tachenko+ Teléfono Rojo. Sala Super 8, 22.30 h

NARÓN

TEATRO La lengua madre. Juan Diego. Pazo da Cultura, 20.00 h

EXPOSICIÓNS

FERROLGRAVADOS DA COLECCIÓN DE ARTE DO CONCELLO DE FERROL Centro Cultural Torrente Ballester, do 14 de marzo ao 27 de maio.

PUNTOS DE PINTURA Centro Cultural Torrente Ballester, do 14 de marzo ao 27 de maio.

DA FANTASÍA Á REALIDADE. PINTURA EN GALICIA DE 1833 A 1936 Fundación Novacaixagalicia, ata o 3 de maio.

Page 11: Aí marzo 2014
Page 12: Aí marzo 2014

01 sábadoteatro/comedia 8 €

20:30 horas

tuerka teatroo xardín das pernas roubadas

08 sábado20:00 horas

día internacional da mullerconcellería da muller

09 domingomusical 8 €

18:00 horas

eventime teatroel libro de la selva

16 domingociclo de monólogos 10 €*

20:00 horas

david amorFuera de sitio

22 sábadoson’s do joFre 12 €**

20:30 horas

coque mallamujeres

23 domingomúsica inFantil gratuíto***

18:00 horas

pablo díaztoc toc

28 venresmúsica clásica 15/12/6 €

20:30 horas

real Filharmonía de galiciaen concerto

información e venda de entradas: t 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | taquilla: teatro Jofre e auditorio de Ferrol

axenda teatro Jofre

Programa cultural Marzo 2014

/ferrolcultura

*12 € o día da actuación **15 € o día da actuación ***Previa retirada de entrada

axenda auditorio de Ferrol

axenda Centro Cultural torrente Ballester

s 15 12:00 h gratuíto Música pepitas 2014v 21 19:00 h gratuíto xx aniversario teima-downs 29 19:00 h gratuíto Música certame de música semana santa

14/03/14 ao 27/05/14 Exposiciónexposición de gravados da colección de arte do concello de Ferrol

14/03/14 ao 27/05/14 Exposición puntos de pintura