-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
ACTA DA SESION ORDINARIA CELEBRADA POLO PLENO DA CORPORACIÓN O
DIA 9 DE XUÑO DE 2016
Na Vila de Guitiriz, cando son as 19.30 horas do día 9 de xuño
de 2016, reúnense no Salón de Sesións deste Concello, previa
convocatoria realizada ó efecto nos termos legalmente establecidos,
os membros integrantes do Concello en Pleno que a continuación se
relacionan, en sesión ordinaria e primeira convocatoria, baixo a
presidencia da Sra. Alcaldesa dona Regina Polín Rodríguez, asistido
por min, don Rafael del Barrio Berbel, secretario. Asiste tamén o
interventor municipal don Juan Antonio Rey Rivas.
ASISTENTES:
Presidencia:Dona Regina Polín Rodríguez, Grupo Socialista.
Concelleiros:Dona Laura Ageitos Miragaya, Grupo Socialista.Don
Carlos Plácido Buján López, Grupo Socialista.Don Pedro Pérez
Fanego, Grupo Socialista.Don Daniel Díaz Méndez, Grupo
Socialista.Don Xosé María Teixído Núñez, Grupo Popular.Don Roberto
Sanmartín Barro, Grupo Popular.Don Francisco José Penas Pardo,
Grupo Popular.Dona María Manuela Carballeira García, Grupo
Popular.Don Jordi Blengua Penedo, Grupo Compromiso por Guitiriz.Don
Xosé Lois González Souto, Grupo BNG.Don Jesús Veres Vázquez, Grupo
Independente-CG.
Ausentes:Don José Manuel Saa Devesa, Grupo Socialista, que
xustificou a súa ausencia.
Pola Presidencia declárase aberta a sesión e pásase a despachar
os asuntos que integran a Orde do Día, que a continuación se
indican:
A) SECCIÓN RESOLUTIVA
1º.-Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior de data
14/04/2016.
A Sra. alcaldesa pregunta se algún membro da Corporación ten
algunha observación ao borrador da acta da sesión anterior.
Non habendo intervencións enténdese aprobada por
unanimidade.
2º.-Dar conta da composición da comisión informativa de
participación cidadá e control das mocións plenarias.
O Sr. Secretario sinala que conforme a moción aprobada no Pleno
anterior de data 14/04/2016, a comisión informativa de
participación cidadá e control das mocións plenarias, queda
constituída da seguinte forma, con 5 membros máis a Presidencia da
mesma que corresponde á Sra. Alcaldesa, correspondendo 1 membro a
cada grupo, con sistema de voto ponderado como o resto de comisións
informativas atendendo á proporcionalidade do Pleno:
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Presidencia: Dona Regina Polín Rodríguez. Suplente: Dona Laura
Ageitos Miragaya.
Grupo municipal socialista:Don Daniel Díaz Méndez. Suplente: Don
Jose Manuel Saa Devesa
Grupo popular:Don Francisco Penas Pardo. Suplente: Don Roberto
Sanmartín Barro
Grupo Compromiso por Guitiriz:Don Jordi Blengua Penedo
Grupo Bloque Nacionalista Galego: Don Xosé Lois González
Souto
Grupo independente:Don Jesús Veres Vázquez
Secretaría:Dona Eva Losada Rivas. Suplente: Dona Yolanda Novo
López
A comisión reunirase bimensualmente previa convocatoria nos
termos legais, nos meses que non hai plenos ordinarios as 19.30
horas, coa obrigación de realizar un informe de desenvolvemento e
execución das mocións trimestrais e publicalo na web municipal. Na
citada comisión, os seus membros poderán ser coñecedores, a través
dos informes técnicos, da maneira de actuar e na correcta
aplicación dos acordos plenarios ou ben, si fora o caso, da súa
reformulación ou retirada por falta de oportunidade, posibilidade
ou legalidade.
3º.-Creación de ficheiros con datos de carácter persoal na
implantación da plataforma de administración electrónica
“Gestiona”.
A proposta de alcaldía de data 18/05/2016 que foi informada
favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de
data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a
seguinte:
“CREACION DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSOAL NA
IMPLATACION DA PLATAFORMA DE ADMINISTRACION ELECTRONICA
“GESTIONA”
A entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de
procedemento administrativo común das administracións públicas (o
próximo 2 de outubro de 2016) implica que todas as administracións
públicas deben adecuar á mesma todos os procedementos
administrativos para a súa tramitación telemática antes de dita
data, o que suporá, entre outras cosas, a substitución paulatina
dos expedientes en formato papel por expedientes electrónicos. Por
acordo da Xunta de Goberno Local de data 15/03/2016 adxudicouse á
empresa “Auloce, SAU” o contrato menor de “Servizo de implantación
e mantemento da plataforma de administración electrónica “Gestiona”
nas dependencias municipais” para a prestación do servizo mediante
unha plataforma que facilita a xestión por medios electrónicos dos
procesos administrativos e a adaptación desta administración á
lexislación reguladora da administración electrónica. A plataforma
componse dos módulos de Xestión Administrativa, Sede Electrónica, e
Interoperabilidade.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
A implantación da plataforma “Gestiona” que afecta directa ou
indirectamente a todos os departamentos e traballadores do
Concello, estase realizando nun prazo estimado de 3 meses de acordo
co seguinte calendario orientativo:
-Mes de Abril: Remisión polos distintos departamentos e persoal
do Concello da información necesaria para a posta en marcha da
plataforma. Os usuarios que asinan documentos deberán contar cunha
tarxeta chip de firma electrónica (DNI electrónico ou certificado
FNMT exportado a tarxeta).
-Mes de Maio: Formación por parte da empresa adxudicataria do
servizo do persoal dos distintos departamentos municipais.
-Mes de Xuño: Posta en marcha inicial da plataforma que suporá a
tramitación electrónica dos procedementos administrativos de forma
paulatina, coa supervisión por parte da empresa.
Vista a necesidade de regularizar a situación dos ficheros
existentes no Concello e que conteñen datos de carácter persoal de
acordo coa Lei Orgánica de Protección de Datos.
De conformidade co disposto no artígo 20 da Lei Orgánica
15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter
Persoal, en concordancia co artígo 52 do Real Decreto 1720/2007, de
21 de dicembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento
da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos
de Carácter Personal.
Considerando o disposto nos artigos 4.1, 21.1 e 22.2 da Lei
7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da
comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO.- Crear conforme á Lei Orgánica de Protección de Datos
de Carácter Personal, os dous ficheros que se contemplan no Anexo I
ao presente acordo e solicitar a súa inscripción no Rexistro xeral
de Protección de Datos.
SEGUNDO. Publicar íntegramente o contido do acordo no Boletín
Oficial da Provincia de Lugo e notifícalo á Axencia Española de
Protección de Datos.”
Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que
van a votar a favor, xa que a implantación de Plataforma
Electrónica nas dependencias municipais facilitará a xestión por
medio electrónicos de todos os procesos administrativos que se
fagan. Di que a a Plataforma compoñerase de dous ficheiros: Un
ficheiro denominado “Rexistro de entrada e saída”, e outro
denominado “Xestor de expedientes”, para todos os procesos
administrativos. Por outra banda, di que nos dous ficheiros, o
sistema de tratamento é mixto e normal, polo que o usuario poderá
decantarse polo sistema que queira. Pregunta se vai haber un
sistema que permita a conservación da documentación e durante
cantos anos. Non sería necesaria que unha parte pequena da
documentación estivese conservada en formato papel, dada que a súa
conservación é máis perdurable no tempo. Está demostrado que a
informática vai máis rápida, avanza máis no tempo, que as
administracións e tamén que os procedementos para cambiar esa
documentación xerada, son moi custosos. Iso significa que se non se
fai en tempo poderíase perder. Polo tanto, debería conservarse
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
parte en papel, tales como datos, nomes, datas, etc., xa que é
menos custoso e perdurable no tempo.
O voceiro do grupo CxG di que como xa decidiu na comisión
informativa de asuntos do pleno do pasado luns, o apoio de CxG á
creación dos ficheiros de datos e como obriga a Lei 15/1999 do 13
de decembro de Protección de Datos de carácter persoal así como o
Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro que se aproba o
Regulamento de desenvolvemento da mencionada Lei Orgánica. Por
tanto é o primeiro paso procedimental de todo o proceso de
implantación da e-administración no Concello. Iso non quita que
esteamos atentos a todo o proceso, xa que é moi importante para a
modernización da nosa administración municipal, e que a empresa
contratada de un servizo de calidade, cun catalogo amplo de
prestacións e servizos a todos os usuarios da plataforma como
indica e pon en coñecemento Dirección Xeral de Modernización
Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración
Electrónica dependente da Secretaría de Estado de Administracións
Públicas.
O voceiro do grupo BNG di que vai votar a favor, que o marca a
lei de protección de datos, que a nova plataforma ten que estar
funcionando antes do día dous de outubro deste ano, que a empresa
que vai a implantar o sistema vai cobrar 8.000 euros, e que
aforrarase moito papel.
O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor como
xa dixo na comisión informativa.
A Sra. Alcaldesa explica que a documentación vaise a conservar e
parte dela fora do Concello. Di que polo momento tramitaranse
algúns expedientes en papel, pero que en uns meses a tramitación
será toda electrónica aforrándose moito papel e moito gasto. Di que
a Deputación de Lugo vai subvencionar a implantación da
administración electrónica e que corresponden uns 5.000 euros para
Guitiriz, máis da metade do custe, e que obrigatorio e importante
facelo.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12
membros presentes.
4º-Expediente de recuperación da posesión pública dun espazo
público entre as as rúas Casás e Amor de Deus.
A proposta de alcaldía de data 18/05/2016 que foi informada
favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de
data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a
seguinte:
“EXPEDIENTE DE RECUPERACIÓN DA POSESIÓN PUBLICA DUN ESPAZO
PUBLICO ENTRE AS RÚAS CASÁS E AMOR DE DEUS.
Con data 14/05/2014 por dona Irene María de Bilbao Bergantiños
ponse en coñecemento do Concello a “… existencia dun muro de peche
cortando o acceso á vía pública, e recentemente realizáronse obras
de colocación de postes atendendo á mesa finalidade…” . A denuncia
foi reiterada con data 20 de febrero de 2015.
Pola Policía local a medio de informe de data 2 de marzo de
2015, constátase mediante reportaxe fotográfico a existencia do
peche impedindo o acceso desde o “callejón” a rúa dos Casás; así
como tamén a colocación de columnas con cadea na parte oposto do
mesmo, é dicir, na comunicación coa rúa Amor de Deus.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Con data 8 de agosto de 2015, emítese informe urbanístico pola
Arquitecta técnica municipal no que se constata:
“As obras consisten na execución dun muro de bloque e ladrillo
revestido recentemente por unha das súas caras, con malla metálica
en coroación dunha altura total aproximada de 1,50 m. Colocáronse
tamén dous postes metálicos cunha cadea e executouse unha beirarrúa
na zona de acceso da vivenda situada na Praza do Hecce Homo na 14,
que ocupa toda a fronte da mesma de aproximadamente 1,00 m. de
largo. Neste mesmo inmoble realizouse tamén un chapado de
paramentos de fachada a modo de zócalo.Segundo a certificación
catastral este inmoble consta a nome de herdeiros de María Josefa
Prado Méndez.Consta un informe do axente da Policía Local do
concello de 2 de marzo de 2015, onde se aprecia que estas obras
estaban nese momento en execución, atopándose no momento da
inspección aparentemente rematadas a beirarrúa, os postes e cadea e
o chapado do zócalo de paramentos de fachada. O muro atópase
aparentemente aínda en execución.Non consta neste servizo de
urbanismo existencia de Iicenza de obra outorgada ou solicitada,
nin comunicación previa presentada ou verificada para as obras
executadas ou en curso de execución, polo que os feitos poden
supoñer unha infracción urbanística nos termos que establece o
artigo 209° e 210° da LOUG, que establece o seguinte (art.
209°.1)…///…… As obras obxecto deste informe sitúanse en zona
clasificada polos NSPM vixentes como Solo Urbano regulado polo
Ordenanza de Casco Antigo, polo que segundo o establecido na
disposición transitoria primeira, apartado b) da Lei 9/2002 LOUG, a
este tipo de solo, toda vez que cumpre as condicións establecidas
no artigo 12.0) da Lei, se lle aplicará o disposto na mesma para o
solo urbano consolidado, sen prexuízo de respectar a ordenación
establecida no planeamento vixente…///…… -A súa aparencia e trazado
correspóndese cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de
acceso ao edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así
como outros inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver
planos e fotos adxuntas) - No plano de ordenación das NSPM vixentes
aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se
determinan aliñacións específicas nesa zona.- No plano do rueiro
aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada
como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún
nome específico.- Na cartografía de catastro non consta a
existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando
representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha
parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña.- No plano
do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de
2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado
existente actualmente.- Todo elo con independencia da posibilidade
de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo,
por medio de algún medio de proba válido en dereito…”
Visto o informe do secretario-interventor asesor do Servizo de
Asistencia a Municipios da Deputación Provincial de Lugo de data
2/02/2016 no que sinala que no presente suposto tanto o informe da
policía local como o informe da Arquitecta técnica municipal,
resultan concluíntes:“1. A súa aparencia e trazado correspóndese
cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de acceso ao
edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así como outros
inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver planos e fotos
adxuntas) .2. No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece
grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se
determinan aliñacións específicas nesa zona.3. No plano do rueiro
aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada
como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún
nome específico.4. Na cartografía de catastro non consta a
existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando
representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha
parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña.5. No
plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de
xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo
trazado existente actualmente.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
6. Todo elo con independencia da posibilidade de que algún
particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio de
algún medio de proba válido en dereito.D.- A rúa ten un definición
clara e precisa, na medida en que está consolidada, en ámbalas dúas
marxes, por edificacións que teñen acceso directo desde a mesma, de
forma que non sería preciso acudir ao deslinde administrativo da
mesma.”
Vistas as conclusións do citado informe xurídico:“Primeira.-
Entendemos que o Concello vén obrigado á recuperación
administrativa da posesión pública da rúa obxecto deste
informe.Segunda.- A efecto, pola señora Alcaldesa debe proponerse á
Xunta de Goberno, se a competencia está delegada, ou ao Pleno, a
incoación do correspondente expediente de recuperación de
oficio.Terceira.- O procedemento para a recuperación da posesión
-artigo 71 do RB- podará iníciarse a través das formas previstas no
artigo 46 deste, por denuncia dos particulares como no caso que nos
ocupa.A recuperación require acordo previo da Corporación ao que se
xuntarán os documentos acreditativos da posesión e que están
contidos tanto na denuncia formulada (reportaxe fotográfico) como
no informe da policía Local e, especialmente, no informe da
Arquitecta técnica municipal.A respecto proponse que se ordene a
policía local emita informe sobre o usa da rua polos vecinos tanto
para paso de persoas como de vehículos, no seu caso.No mesmo
sentido que polo responsable de obras do concello se emita informe
sobre a realización de obras de afirmado, reparación etc. da rúa
por parte do Concello Cuarta.- Esta prerrogativa da recuperación
habilita ás Corporacións Locais para que utilicen todos os medios
compulsivos legalmente admitidos, segundo a LRXPA (artigo 96) que
relaciona ditos medios de execución forzosa, entre os que se atopa
a execucíón subsidiaria e a multa coercitiva.Quinta.- O apartado 3
do citado artigo 96, establece que si fose necesario entrar no
domicilio do afectado, as Administracións públicas deberán de obter
o consentimento do mesmo ou no seu defecto a oportuna autorización
xudicial, a teor do exixido polo artigo 18.2 da Constitución.“
Visto o informe da Policía Local de data 17/02/2016 e o informe
do arquitecto técnico do Concello de data 21/04/2016.
Considerando o disposto na seguinte normativa de aplicación:a
Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións
Públicas.b Regulamento da citada Lei, aprobado por Real decreto
1373/2009, do 28 de agosto.c Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora
das bases do réxime local.d Ley 5/1997, de administración local de
Galicia.e Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba
o Regulamento de bens
das Entidades Locais.
Considerando o disposto nos artigos 21.1 e 22.2 da Lei 7/1985 do
2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da
comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO.- Incoar expediente de recuperación de oficio do vial
pechado cun muro de bloques e unha cadea entre as rúas dos Casás (á
altura do nº5) e Amor de Deus. Segundo consta no expediente o peche
de bloques e ladrillos realizouse nun espazo público e sen licenza
municipal de obra, polo que os promotores do mesmo deberá proceder
ao seu derrubo deixando libre o espazo público.
SEGUNDO.-Requirir aos herdeiros de dona María Josefa Prado
Méndez como titulares catastrais do inmoble que da fronte ao citado
espazo pechado para que no prazo dun mes procedan ao derrubo do
muro executado sen licenza e deixen libre o espazo público quitando
a cadea e demais elementos que impidan o paso de vehículos ou
peatóns.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
TERCEIRO.-Conceder un trámite de audiencia aos interesados para
que no prazo máximo de 15 días aleguen o que estimen oportuno ou
aporten a documentación que consideren procedente en defensa dos
seus dereitos e intereses lexítimos, tendo durante o citado prazo o
expediente a súa disposición na secretaría municipal para a súa
consulta.
CUARTO.-Advertir aos interesados que no suposto de non atender
ao requirimento municipal o Concello poderá utilizar os medios
compulsivos legalmente admitidos segundo proceda para a execución
forzosa do acordado, entre elos a execución subsidiaria e a multa
coercitiva, sendo os gastos que se xeren ao seu cargo.”
Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP sinala
que o expediente que consta no concello de fai bastante tempo con
informes da Policía Local e informes da Técnico municipal. Segundo
varios comentarios do seu informe, no plano do rueiro do 2004, está
gravada como o resto das vías públicas, aínda que non se lle asigna
ningún nome específico. Segundo informe da técnica, no plano do
documento da aprobación inicial do PXOM do 2009, dito espazo consta
como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente. Dicindo
un dos puntos do informe, con independencia da posibilidade de que
algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por
medio dalgún medio de proba valido en dereito. Vistos on informes
do secretario, interventor e asesor do Servizo de Asistencia a
Municipios da Deputación de Lugo, no seu informe do 2/02/2016,
sinalase que no presente suposto, tanto o informe da Policía Local,
como o informe da Arquitecta resultan concluíntes. Vistos os
informes, a nosa posición esta baseada no punto 3º, o cal concede
un trámite de audiencia os interesados que aporten a documentación
que consideren procedente, en defensa dos seus dereitos. Pola
contra, se esta documentación non é presentada aplicaranse os
expedientes correspondentes os titulares do espazo pechado.
O voceiro do grupo CxG sinala que unha vez realizada a lectura
de todo o expediente de recuperación do espazo público e cos
informes oportunos do secretario-interventor asesor do Servizo de
Asistencia a Municipios da Deputación, así como os informes
achegados pola policía local e a Arquitecta técnica municipal, CxG
apoia a adopción do acordo nos seus catro puntos que se axustan a
dereito e marcando os prazos de actuación, tempos de alegacións e
achega de documentación para a defensa dos interesados, polo que é
un proceso claro e o noso voto, como xa expresamos na comisión
informativa, é a favor.
O voceiro do grupo BNG di que levantouse un muro que non debía,
e menos sen licenza de obra. Di que é un espazo público e que
agarda que o expediente se resolva pronto porque é ilegal.
O voceiro do grupo Independente-CG di que se fagan as cousas
segundo din os técnicos
A Sra. Alcaldesa di que o muro leva moito tempo e cando
aprobouse o rueiro non se lle puxo nome porque un grupo de persoas
dixeron que era privado, e o ano pasado fixeron obras de recebado e
puxeron a cadea sen licenza. Di que agora apróbase inicialmente e
poden defenderse con documentos para acreditalo, e teñen tempo para
facer alegacións.
Na segunda quenda, o voceiro do grupo PP di que as veces se
busca o enfrontamento entre os veciños, que se o poden acreditar
que o acrediten.
O voceiro do grupo BNG di que teñen que demostrar que teñen
licenza, e que antes moitos terreos que eran privados pasaban a ser
públicos co tempo.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
O voceiro do grupo Independente-CG di que iso pasa por non ter
un inventario de camiños ben feito.
A Sra. Alcaldesa di ao voceiro do grupo PP que non se busca o
enfrontamento, que a solicitude era de maio de 2014 cando era
vostede alcalde e non se tramitou.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12
membros presentes.
5º.-Adhesión ao convenio de colaboración de data 6/05/2016 entre
o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa de Vivendas
Baleiras.
A proposta de alcaldía de data 1/06/2016 que foi informada
favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de
data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a
seguinte:
“ADHESIÓN AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O INSTITUTO GALEGO
DA VIVENDA E SOLO E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS
PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS NO ÁMBITO
DO PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DO ACCESO Á
VIVENDA 2015-2020.
Vista a necesidade de adherirse ao convenio de colaboración de
data 6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no
Programa de Vivendas Baleiras, establecido no Programa 4 Alugueiro
de Vivenda do Eixo 1 Acceso á vivenda do Plan Rehavita, Plan galego
de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020,
que persegue poñer a disposición dos concellos as vivendas
desocupadas que, existindo no seu ámbito municipal, sexan da súa
titularidade, así coma tamén daquelas outras das que poidan
dispoñer libremente do seu uso e das que teñan habilitación para a
súa xestión para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou
de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de
xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións
hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de
alugueiro da súa vivenda habitual.
Por providencia de alcaldía de data 27/05/2016 incoouse
expediente para adherirse ao convenio de colaboración de data
6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa
de Vivendas Baleiras.
Considerando o disposto en canto ao réxime xurídico nos artigo
25 e 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de
Réxime Local, en relación cos artigos 3 a 9 da Lei 30/1992, de 26
de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de
Procedemento Administrativo Común.
Considerando a atribucións concedidas á alcaldía polo no artigo
21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime
Local, no artigo 24 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de
abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia
de Réxime Local, e no artigo 61 da Lei 5/1997, de 22 de xuño, de
Administración Local de Galicia.
Considerando o disposto nos artigos 21.1 e 22.2 da Lei 7/1985 do
2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Esta Alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame da
comisión informativa correspondente, a adopción do seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO.- Adherirse ao convenio de colaboración de data
6/05/2016 entre o IGVS e a FEGAMP para a participación no Programa
de Vivendas Baleiras.
SEGUNDO.- Facultar á Sra. Alcaldesa para a sinatura do anexo de
adhesión e adopción dos actos e acordos procedentes para súa
execución, e comunicar o presente acordo aos servizos municipais
afectados para o seu coñecemento e efectos oportunos.”
Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que a
adhesión a este convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo
e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para o aluguer e
mellora do acceso á vivenda, aplicarase a aquelas persoas,
prioritariamente, que sufran un desafiuzamento, unha execución
hipotecaria, unha catástrofe natural ou artificial. Nos tamén
incluiriamos ás persoas vítimas de violencia de xénero e
gustaríanos que os nosos Servizos Sociais tramitasen na maior
brevidade e celeridade posible estes casos.
O voceiro do grupo CxG di que non ten nada que obxectar a este
convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo
e a FEGAMP e o total apoio de CxG a este programa de “Vivendas
Baleiras” e por tanto á adhesión do noso Concello a esta boa medida
adoptada, para tentar solucionar o grave problema de acceso á
vivenda a unidades familiares con dificultades económicas e en
especial as afectadas por execucións hipotecarias ou por falta de
pagamento de rendas por aluguer da súa vivenda habitual.
O voceiro do grupo BNG di que o convenio é moi interesante e
necesario para as persoas que non teñen a posibilidade de acceder á
vivenda polas políticas do PP na Xunta e no Estado. Di que hai
moita xente xente necesitada en Guitiriz e que se espera que con
esta medida algunha familias poidan vivir mellor.
O voceiro do grupo Independente-CG di que está favor e felicita
ao IGVS e á FEGAMP por este acordo.
A Sra. Alcaldesa di que non era necesario traer este acordo ao
Pleno pero que o considerou procedente para que o coñeceran todos
os concelleiros e colaborar para difundilo e que se busquen
vivendas. Di que Guitiriz é un dos primeiros concellos en adherirse
a este convenio e que é necesario fomentar o aluguer a prezos
razoables.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12
membros presentes.
6º.-Recoñecemento extraxudicial de créditos nº4/2016.
A proposta de alcaldía de data 1/06/2016 que foi informada
favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de
data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a
seguinte:
“ASUNTO: RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 4/2016.
Consta a esta Alcaldía a existencia de facturas presetadas por
diversos acreedores municipais que se indicarán de seguido e que se
atopan pendentes de pago, e tendo en conta a vontade deste grupo de
goberno de efectuar tódolos pagos pendentes aos acreedores
municipais, e á vista das consecuencias negativas que poidan
derivarse do
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
incumprimento da normativa reguladora da morosidade nas
administracións públicas, tanto para o Concello como especialmente
para os proveedores municipais:
Código Relación: 57 Descripción: PLENO R.E. DO 15-19/02/2016
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
173 16/02/2016 A/1 04/01/2016 33321302Y CASA GAIBOR (Mª Pilar
García Bermúdez) 01 120,00 0,00 0,00
Concepto: COMIDAS ARTESANOS NA FESTA DA TORTA DE MILLO Operación
: ADO Imp. Líquido: 120,00
Partidas Presupuestarias
338 22601 ATENCIONES PROTOCOLARIAS Y REPRESENTATIVAS 120,00
174 16/02/2016 A/2 04/01/2016 33321302Y CASA GAIBOR (Mª Pilar
García Bermúdez) 01 240,00 0,00 0,00
Concepto: MENUS DE NOITEBOA SERVIDOS A XENTE QUE VIVE SOA
Operación : ADO Imp. Líquido: 240,00
Partidas Presupuestarias
231 22601 ATENCIONES PROTOCOLARIAS Y REPRESENTATIVAS 240,00
180 17/02/2016 S16-001 15/01/2016 76568403T DOMINGO LOPEZ MORADO
01 237,04 0,00 0,00
Concepto: FLORES PAA XARDINS MUNICIPAIS Operación : ADO Imp.
Líquido: 237,04
Partidas Presupuestarias
171 22199 OTROS SUMINISTROS 237,04
181 17/02/2016 S16-002 15/01/2016 76568403T DOMINGO LOPEZ MORADO
01 29,92 0,00 0,00
Concepto: PRODUTOS PARA XARDINS Operación : ADO Imp. Líquido:
29,92
Partidas Presupuestarias
171 22199 OTROS SUMINISTROS 29,92
Total Relación… Imp. Presupuesto: 626,96 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00
Imp. Líquido: 626,96
Código Relación: 59 Descripción: PLENO VIESGO 2014-2015
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
193 18/02/2016 209076783 18/06/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 838,66 0,00 0,00
Concepto: SUMINISTRO DE LUZ PAVILLON MUNICIPAL DO 13-05-2015 AO
13-06-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 838,66
Partidas Presupuestarias342 22100 ENERGIA ELECTRICA 838,66
194 18/02/2016 206497604 10/07/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 207,97 0,00 0,00
Concepto: ALUMEADO PCO EN GRAL. FRANCO BJO 001 DO 21-05- 2014 AO
14-06-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 207,97
Partidas Presupuestarias165 22100 ENERGIA ELECTRICA 207,97
195 18/02/2016 207033353 19/09/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 223,32 0,00 0,00
Concepto: ALUMEADO PCO EN GRAL. FRANCO BJO 001 DO 14-08- 2014 AO
14-09-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 223,32
Partidas Presupuestarias
165 22100 ENERGIA ELECTRICA 223,32
196 18/02/2016 319954535 18/06/2014 B39702436 VIESGO
COMERCIALIZADORA DE REFERENCIA SL 01 98,19 0,00 0,00
Concepto: SUMINISTRO DE LUZ DEPOSITOS PARGA DO 02-05-2014 AO
14-06-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 98,19
Partidas Presupuestarias
161 22100 ENERGIA ELECTRICA 98,19
197 18/02/2016 207203929 14/10/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 156,44 0,00 0,00
Concepto: SUMINISTRO LUZ DEPURADORA DE PARGA DO 21-08-201 4 AO
21-09-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 156,44
Partidas Presupuestarias161 22100 ENERGIA ELECTRICA 156,44
198 18/02/2016 208677731 01/05/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 1.614,56 0,00 0,00
Concepto: SUMINISTRO LUZ DEPURADORA DE PARGA DO 27-03-201 5 AO
27-04-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 1.614,56
Partidas Presupuestarias
161 22100 ENERGIA ELECTRICA 1.614,56
199 18/02/2016 206249710 04/06/2014 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 380,48 0,00 0,00
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Concepto: SUMINISTRO LUZ CAMPO FUTBOL GUITIRIZ DO 2 6-03-2014 AO
27-05-2014 Operación : ADO Imp. Líquido: 380,48
Partidas Presupuestarias
342 22100 ENERGIA ELECTRICA 380,48
200 18/02/2016 210353112 24/11/2015 B39540760 VIESGO ENERGÍA,
S.L. 01 287,86 0,00 0,00
Concepto: SUMIN. LUZ CAMPO FUTBOL DE GUITIRIZ DO 13-10-2015 AO
13-11-2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 287,86
Partidas Presupuestarias
342 22100 ENERGIA ELECTRICA 287,86
Total Relación… Imp. Presupuesto: 3.807,48 I.V.A: 0,00 Dctos:
0,00 Imp. Líquido: 3.807,48
Rexistro Data rexistro Proveedor Partida presupostaria Importe
(€)
2314/2015364/2016 21-12-2015 GUITEC, S.L. 165.22112 854,30
TOTAL 854,30
Código Relación: 79 Descripción: FACE Nº 20160223 ESPROADE PLENO
REX DO 11-02-2016
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
166 11/02/2016 5 31/10/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 7.389,68
0,00 0,00
Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE OUTUBRO 2015 Operación :
ADO Imp. Líquido: 7.389,68
Partidas Presupuestarias
334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 7.389,68
167 11/02/2016 6 30/11/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 8.356,37
0,00 0,00
Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE NOVEMBRO Operación : ADO
Imp. Líquido: 8.356,37
Partidas Presupuestarias
334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 8.356,37
168 11/02/2016 7 31/12/2015 B15664816 ESPROADE, S.L. 01 4.861,89
0,00 0,00
Concepto: ESCOLA DE MUSICA DO MES DE DECEMBRO Operación : ADO
Imp. Líquido: 4.861,89
Partidas Presupuestarias
334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 4.861,89
Total Relación… Imp. Presupuesto: 20.607,94 I.V.A: 0,00 Dctos:
0,00 Imp. Líquido: 20.607,94
Código Relación: 66 Descripción: GAS NATURAL PLENO RE DO
24-02-2016
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
217 24/02/2016 DECEMBRO 15 31/12/2015 A65067332 GAS NATURAL
S.U.R. SDG, S.A. 01 8.655,15 0,00 0,00
Concepto: ALUMEADOS PUBLICOS DO MES DE DECEMBRO 2015 Operación :
ADO Imp. Líquido: 8.655,15
Partidas Presupuestarias
165920
2210022100
ENERGIA ELECTRICAENERGIA ELECTRICA
8.478,17176,98
Total Relación… Imp. Presupuesto: 8.655,15 I.V.A: 0,00 Dctos:
0,00 Imp. Líquido: 8.655,15
Código Relación: 70 Descripción: PLENO R.E. DO 29-02-16 AO
04-03-16
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
255 04/03/2016 16IF/20 15/02/2016 B27357391 IG 10 GESTIÓN
SERVICIOS SLU 01 544,50 0,00 0,00
Concepto: ACTIVIDADES DE NADAL 2015 Operación : ADO Imp.
Líquido: 544,50
Partidas Presupuestarias
334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 544,50
256 04/03/2016 16IF/21 15/02/2016 B27357391 IG 10 GESTIÓN
SERVICIOS SLU 01 1.512,50 0,00 0,00
Concepto: ACTIVIDADE DE PAPA NOEL DE NADAL 2015 Operación : ADO
Imp. Líquido: 1.512,50
Partidas Presupuestarias
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
334 22609 ACTIVIDADES CULTURALES Y DEPORTIVAS 1.512,50
Total Relación… Imp. Presupuesto: 2.057,00 I.V.A: 0,00 Dctos:
0,00 Imp. Líquido: 2.057,00
Código Relación: 119 Descripción: PARA PLENO
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
275 09/03/2016 4 24/08/2015 J27466077 BOA MANEIRA CREACIÓNS
AUDIOVISUAIS 01 242,00 0,00 0,00
Concepto: GRABACIÓN DE VÍDEO HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA
Operación : ADO Imp. Líquido: 242,00
Partidas Presupuestarias
338 22799 OTROS TRABAJOS REALIZADOS POR OTRAS EMPRESAS Y PR
242,00
Total Relación… Imp. Presupuesto: 242,00 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00
Imp. Líquido: 242,00
Código Relación: 104 Descripción: PLENO R.E. DO
04-10/04/2016
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
638 05/04/2016 61365 29/09/2015 B27207489 SISTEMAS MACROCOPIA,
S.L. 01 979,97 0,00 0,00
Concepto: ALUGUER FOTOCOPIADORAS E CARGO POR COPIAS DE SETEM BRO
2015 Operación : ADO Imp. Líquido: 979,97
Partidas Presupuestarias
920920
2030022000
ARRENDAMIENTOS MAQUINARIA Y UTILLAJEORDINARIO NO
INVENTARIABLE
371,94608,03
Total Relación… Imp. Presupuesto: 979,97 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00
Imp. Líquido: 979,97
Código Relación: 125 Descripción: PLENO R.E. DO
18-24/04/2016
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
719 20/04/2016 16/00082 31/03/2016 E27454834 PASTOR LOPEZ PEREZ
C.B. 01 438,07 0,00 0,00
Concepto: REPARACION MAQUINARIA XARDIÑEIROS Operación : ADO Imp.
Líquido: 438,07
Partidas Presupuestarias
171 21300 MAQUINARIA, INSTALACIONES, UTILLAJE 438,07
Total Relación… Imp. Presupuesto: 438,07 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00
Imp. Líquido: 438,07
Código Relación: 63 Descripción: LOPEZ TORCIDO R.E DO
26-02-16
Reg Fec. Reg. Nº Factura Fec. Fac. Dni/Cif Razón Social Área
Importe I.V.A Dctos.
224 26/02/2016 16/A 20/02/2016 B27230838 LOPEZ TORCIDO, S.L. 01
466,99 0,00 0,00
Concepto: MATERIAIS E REPARACIÓNS VARIAS Operación : ADO Imp.
Líquido: 466,99
Partidas Presupuestarias
920450150
221992100022199
OTROS SUMINISTROSREPAR., MANTENIMIENTO, CONSERVACIÓN
INFRAESOTROS SUMINISTROS
364,1490,7512,10
Total Relación… Imp. Presupuesto: 466,99 I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00
Imp. Líquido: 466,99
Á vista do anterior, mediante Providencia do 30 de maio de 2016,
ordenouse á intervención municipal que se efectuase a tramitación
oportuna para a aprobación dos gastos derivados das facturas
anteriores. Unha vez efectuada a tramitación oportuna, a
Intervención municipal emitiu Informe con Referencia JARR 88/2016 o
30 de maio.
Á vista do informe de fiscalización esta Alcaldía considera
necesario facer constar que: a) as facturas, a pesar de
corresponderse con gastos de exercicios anteriores, foron
presentadas polos acreedores no presente exercicio; b) se ben non
consta xustificación documental a Festa da Torta de Millo foi
organizada íntegramente polo Concello; c) as actividades prestadas
polo contratista da Escola de Música que difiren da
programación
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
inicial contida no Prego de prescripcións técnicas pola foron
encomendadas directamente pola Alcaldía; d) que os prezos
consignados nas facturas se corresponden en realidade cos prezos
previstos no prego, se ben nas facturas consta erro material; e e)
estáse traballando conxuntamente cos servizos administrativos para
a regularización contractual daqueles contratos de tracto sucesivo
que o precisen.
Tendo en conta a regulación contida nos artigos 163 e 176 do
Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado
polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, así como o
artigo 60.2 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, segundo os
cal “[…] Corresponderá al Pleno da la Entidad el reconocimiento
extrajudicial de créditos, simpre que no exista dotación
presupuestaria, […]”
Considerando que a imputación ao exercicio corrente dos gastos
aos que se refire este expediente, en principio non prexudica á
atención das necesidades do exercicio corrente, e tendo en conta a
efectiva prestación dos servizos por parte dos emisores das
facturas nos termos do establecido na Base 20 das de execución do
vixente orzamento municipal
PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
Primeiro.- Aprobar o recoñecemento extraxudicial dos créditos
correspondentes ás facturas indicadas máis arriba polo importe
total de 38.735,86 €.
Segundo.- Dar traslado do presente acordo á Alcaldía aos efectos
de que se proceda á Ordenación de pagos nos termos do artigo 61 do
Real Decreto 500/1990.”
Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP sinala
que levamos cinco meses do ano 2016, catro recoñecementos
extraxudiciais de crédito, porque este pleno corresponde o mes de
maio. Pero agora faise todo tan ben, que aínda seguen sen pagar as
facturas do primeiro semestre do ano 2015. Facturas que quedaban
coa correspondente retención de crédito. Vexo que agora se fan as
cousas como vostede quere. Porque estas facturas están rexistradas
máis ou menos no primeiro trimestre do 2016. Páganse antes as do
primeiro trimestre e quedan outras sin pagar. Non diga que non ten
cartos, ten que poñer vontade de poder pagalas. Os provedores teñen
que cobrar, pero tamén vemos os reparos de intervención. Algo que
vostede sempre criticou, agora tamén estamos vendo a súa maneira de
traballar. Pódeme explicar algo da factura de Papá Noel por importe
de 1.512 €?
O voceiro do grupo CxG di que xa quedou clara a posición de CxG
no Pleno do pasado 14 de abril no asunto de pago a provedores, non
é ningunha casualidade a lexislación existente que obriga ao abono
por parte da administración aos seus acredores en prazos concretos
e por tanto non é que o diga este portavoz, é que estamos ante unha
posible sanción se non se realiza, ademais como xa dixen o deber
moral de bo pagador en tempos que debe ser un principio dunha boa
organización, neste caso con máis razón ao ser o sector público.
Pero estamos ante as batallitas de sempre das facturas. Despois do
informe de fiscalización, a Alcaldía fai unha serie de
consideracións que me gustaría comentar, en primeiro lugar as
facturas teñen todas unha entrada de rexistro do 2016 por tanto
ninguén ten mais culpa que os propios acredores na demora ocorrida,
en segundo lugar a escola de música contratouse por concurso
público e se non cumpre o prego de prescricións técnicas é pola
falta de vixilancia por parte deste goberno que debería velar polos
intereses públicos.
O voceiro do grupo BNG di que o recoñecemento extraxudicial de
créditos ten que pasar polo Pleno, pero que o informe de
intervención di que non consta a tramitación de expediente de
contratación, que non cumpren a normativa, que facturan conceptos
non engadidos no contrato, que facturan por actividades que non
pode organizar o Concello,
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
etc.. e isto empaña o deber de recoñecer, aínda que vai a votar
a favor e pide que se rectifiquen estas prácticas non
recomendadas.
O voceiro do grupo Independente-CG di que os proveedores teñen
que cobrar e pregunta se teñen prioridade as facturas de 2015
rexistradas en 2015.
A Sra. Alcaldesa di que admite as queixas e di que o goberno
quere pagar en prazo e hai cartos, pero que non se poden pagar se
hai reparos. Di que a actividade de Papá Noel gustou moito. En
canto as facturas da escola de música di que a escola a controla o
goberno e que as clases de preparación para o conservatorio se
autorizaron porque eran necesarias e estaban dentro do límite de
horas máximas, que as facturas non se pagaron porque viñan mal e
pediuse que as enviaran de novo. En canto aos reparos polas
fotocopiadoras, alumeado, ascensores, etc.. se están facendo moitos
contratos, pero é imposible sacar todo a licitación e vai
solucionándose pouco a pouco cos medios que temos. En canto as
facturas de 2015 di que son moitas facturas e é complicado, que
cando estea o informe da asesoría xurídica da Deputación o
traeremos ao Pleno, que o está facendo o secretario da Deputación
de Lugo.
Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que non se contestou
a pregunta sobre Papá Noel, que este é o cuarto recoñecemento
extraxudicial de créditos, que hai moita xente que quere cobrar e
que o PP deixou máis dun millón de euros.
A Sra. Alcaldesa di que foi unha actividade para os nenos que
custou iso e que derrocharon case 30.00 euros no PXOM polo capricho
de non aprobalo en 2011, e case outros 30.000 euros pola rúa
Mercado e as custas xudiciais.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12
membros presentes.
7º.-Modificación orzamentaria por crédito extraordinario nº
1/2016.
A proposta de alcaldía de data 26/05/2016 que foi informada
favorablemente pola comisión informativa de asuntos do Pleno de
data 6/06/2016, á que dá lectura o secretario en extracto, é a
seguinte:
“MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO 1/2016
Visto o expediente tramitado para modificar créditos dentro do
vixente orzamento desta Corporación, consistente en Crédito
Extraordinario por importe de 200.000,00 € derivado da necesidade
de facer fronte determinados gastos para os que non existe
consignación orzamentaria suficiente, e que non poden demorarse ata
o exercicio seguinte, tal e como queda acreditado no expediente, e
tendo en conta a existencia de recursos financieiros suficientes
para financiar a dita modificación consistentes en Remanente
Líquido de Tesourería para Gastos Xerais
Considerando o disposto no artigo 177 do Texto refundido da lei
reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto
lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (TRLRFL, en diante), na Lei
Orgánica 2/2012 de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e
sustentabilidade financieira, no artigo 37 do Real decreto
500/1990, na Base 9 das de execución do vixente orzamento, e demáis
normas concordantes e os Informes da do Intervención municipal (Ref
JARR 92/2016 e 96/2016) e o resto de documentación que obra no
expediente.
PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO:
PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente a modificación do vixente
orzamento municipal consistente en Crédito Extraordinario por
importe total de 200.000,00 € de acordo co detalle que se indica
de
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
seguido, financiado íntegramente con Remanente de Tesourería
para gastos xerais conforme ao detalle de aplicacións e gastos que
se indican de seguido:
INCREMENTO EN GASTOS APLICACIÓN DESCRIPCIÓN DO GASTO IMPORTE
(€)160 72100 Aportación Municipal ao Convenio de Colaboración
entre a Confederación hidrográfica
Miño-Sil, a Deputación de Lugo e o Concello de Guitiriz para a
realización das obras do Colector do río Veiga, con vixencia
prevista inicialmente para os anos 2016 e 2017
200.000,00
INCREMENTO EN INGRESOS
APLICACIÓNDESCRIPCIÓN IMPORTE
(€)87000 Remanente de Tesourería para Gastos Xerias
200.000,00
SEGUNDO.- De conformidade co establecido no artigo 177.2 do
Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado
polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, en relación co
artigo 169 do mesmo texto legal, ordenar a publicación do presente
acordo mediante inserción de edicto no Boletín Oficial da Provincia
de Lugo e no taboleiro de edictos deste Concello, quedando exposto
ao público durante un período de 15 días hábiles dende o día
seguinte ao da publicación naquel Boletín Oficial.
TERCEIRO.- O expediente de modificación orzamentaria entenderáse
definitivamente aprobado no caso de que durante o período de
exposición pública non se presenten reclamacións.”
Aberto o debate pola presidencia o voceiro do grupo PP di que
conste en acta que cando nos chamen as cousas estean primeiro
tratadas para informarnos, e non no aire. Di que estamos ante a
primeira modificación orzamentaria de crédito extraordinario de
200.000 €. Xa foi consensuado en reunións anteriores, porque
creemos que é algo moi necesario para solventar un problema que xa
ven de fai moitos anos. É algo moi necesario para rematar cos
vertidos que se producen nos momentos de enchente do colector do
río Forxá. Por cambios de goberno quedou sen facer no ano 2015. Xa
había fondos destinados da Comunidade Económica Europea a través da
Confederación Hidrográfica Miño Sil. Onde esta mesma cantidade
(200.000 €) xa estaba destinada e aprobada no concello no ano 2015.
Agradecer a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Deputación de
Lugo esta aportación, para que esta obra se poida levar a cabo no
seguinte ano. Obra a cal representa un total de 1.000.000 € para o
noso concello, onde 600.000 € corresponden a confederación, 200.000
€ a Deputación e 200.000 € ó remanente de crédito do concello.
O voceiro do grupo CxG explica que neste tema CxG xa deixou
clara a súa posición a favor na reunión de concelleiros do pasado
18 de maio, este convenio de saneamento desde os “Sete Muiños” ata
a depuradora obriga a achega económica por parte do concello do 20%
do total presupostado para a obra, que se traduce en 200.000 euros,
e obrigaba en principio un pago de 40.000 euros para este ano como
así o expuxo a Sra. Alcaldesa. Pero claro sen consultar antes con
intervención quería proceder a abonalos cun diñeiro pendente de
cobro doutra administración, ao que o Sr. Interventor contestoulle
que non podía ser pois ese diñeiro debía ir directamente ás
partidas correspondentes de Tesourería, polo que se improvisou
sobre a marcha que se fixese con cargo, este incremento de gasto,
ao remanente de caixa, xa que os tempos volvíansenos outra vez en
contra e as axudas da Confederación Hidrográfica e da Deputación
poñíanse en perigo se non se empezaban as obras antes de final de
ano. Ao que Sr. Teixido afirmou, con gran acerto desde o meu punto
de vista, que a achega do Concello se fixese nun único pago e
evitar volver repetir esta confusa tramitación para o próximo ano.
Desde logo non teño ningún problema en asistir a cantas reunións se
me convoque, na medida das miñas posibilidades, pero espero que
nas
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
próximas a Sra. Alcaldesa leve os temas ben planificados, ou por
dicir doutra maneira cos deberes feitos, porque para todo o mundo o
tempo é importante.
O voceiro do grupo BNG di que está de acordo pero que como xa
dixo no ano pasado eses 200.000 euros que ten que poñer o Concello
debería poñerlos Augas de Galicia, e que o Concello ten bastante
con ter que manter a obra, e destaca que a Xunta non vai colaborar
en nada.
O voceiro do grupo Independente-CG di que a obra é necesaria e
que se faga.
A Sra. Alcaldesa di que considerou conveniente tratar o tema
antes do Pleno para poder opinar e decidir consensuadamente. Di que
os deberes estaban feitos e que se fixeron moitas xestións para
traer aquí o convenio, e que non pode sabelo todo e por iso
preguntouse ao interventor. Di que non vale a pena debater algo no
que se está de acordo, e que se ven a Pleno algo pechado critícase,
e se hai varias opcións e se intenta consensuar tamén o
critican.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 12
membros presentes.
B) SECCIÓN DE CONTROL
8º.- Dación de conta de comunicados oficiais e resolucións de
alcaldía:
8.1. Dar conta das resolucións de alcaldía dende o día 1/04/2016
ata o día 27/05/2016.
8.2. Dar conta de comunicados oficiais.
-A Sra. Alcaldesa da conta do estado do PXOM, indicando que a
Xunta requiriu completar a documentación enviada e que o equipo
redactor dixo que o podía facer en dous meses.
-A Sra. Alcaldesa da conta de varias sentenzas desfavorables
para o Concello relacionadas con traballadores do GES, da brigada
verde e co protección civil.
9º.- Mocións:
9.1.- Moción do grupo CxG para a eliminación dos representantes
políticos das mesas de contratación. Grupo Compromiso por
Guitiriz.
“EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA evolución da percepción da política e
dos políticos polos cidadáns lastrou a reputación dos
representantes públicos. Os casos de corrupción que se produciron
alimentaron un hartazgo social que fai que as persoas que agora
teñamos responsabilidades públicas debamos tomar medidas para
corrixir esa percepción social e evitar comportamentos indignos.É
necesario realizar unha rexeneración política que impulse unha
maior calidade democrática baseada en reformas que permitan centrar
a acción política nas persoas. Esta nova política ten que servir
para abrir un novo tempo cunha nova forma de facer e de entender a
política.A Constitución Española fai unha distinción entre o
Goberno e a Administración Pública. O Goberno ten como obxectivo
realizar a acción política e de goberno da Administración. A
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Administración debe articularse para poder levar a cabo as
políticas ditadas pola dirección política.Realizar esa distinción
entre a dirección política reservada ao Goberno e a da
Administración Pública como canalizadora dos procedementos
administrativos adecuados para cumprir coa acción gobernamental,
fai reflexionar sobre a necesidade da presenza de políticos nas
mesas de contratación.Como xa sabemos, as mesas de contratación son
un instrumento de control financeiro, do gasto público e de
legalidade en tempos de crise económica. Un dos problemas máis
graves do panorama político deste país é o desorbitado gasto en que
incorreu o Sector Público español, e por tanto unha das partes en
que se pode mellorar neste sentido, como vimos no pasado pleno do
14 de abril, no caso da contratación pública.Por exemplo a
utilización abusiva dos contratos menores, non poden utilizarse
para eludir os procedementos habituais de contratación,
especialmente si se trata dun fraccionamento.Os contratos menores
deberían de facerse de forma electrónica, dunha forma automática e
así habería menor marxe de erros humanos ou intentos de
manipulación. A posibilidade de cruzar datos e de establecer
mecanismos de control sería moito maior. Desta maneira calquera
veciño podería observar e analizar todos os contratos que se
realizan.A transparencia da contratación pública apareceu na Lei
30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público,
regulándose como principio inspirador dos procedementos de
contratación pública. E co Real Decreto 3/2011 do 14 de novembro no
que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector
Público no que se califica como órgano de asistencia e podería ser
resolutivo no caso de que se constitúa en Xunta de Contratación.
Polo que xa sabemos que esta mesa pode estar exclusivamente
constituída por persoal técnico-xurídico. Desta forma os veciños
non perderán nada, ao contrario porque as decisións que se toman
son en base de criterios técnicos e axilizarán o proceso, evitando
a suspicacia pola presenza política. Hai que considerar que a
contratación ha de ser de carácter público. Por tanto o ideario
inspirador desta moción, como xa dixen anteriormente, é que “o
político di que facer” e “o funcionario a mellor forma de facelo”.
Polo que en termos de transparencia non só vale a aparencia, senón
o compromiso de que só sexan os técnicos os que asumen o tramo
final da contratación sen a presenza “da man invisible” dos
políticos nas decisións da mesa. Este é o modelo que Compromiso por
Guitiriz defende por unha administración transparente, eficiente e
democrática. A adxudicación dos contratos públicos debe erixirse
unicamente polos principios de obxectividade, publicidade,
eficiencia e transparencia dos obxectos contractuais e nunca de
decisións de ámbito político. Polo tanto, que os políticos non
formen parte das mesas de contratación é unha forma de que non
formen parte da toma de decisións sobre a quen adxudicar un
contrato. Polo exposto, o Grupo municipal Compromiso por Guitiriz
solicitamos ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos:
-PRIMEIRO: Instar a este Concello a non contar con políticos nas
mesas de Contratación e que as reunións da mesa teñan un carácter
público permitindo a calquera veciño a asistencia ás
mesmas.-SEGUNDO: Solicitar aos partidos políticos con
representación parlamentaria nas Cortes Xerais a modificación do
artigo 320 sobre Mesas de contratación nas Entidades Locais, do
Real Decreto 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto
refundido da Lei de Contratos do Sector Público, para que os
políticos non formen parte da mesa de contratación.-TERCEIRO:
Realizar a solicitude ao Ministro de Facenda e Administracións
Públicas para promover a devandita modificación
lexislativa.-CUARTO: Enviar o presente acordo á Federación Española
de Municipios e Provincias e á Federación Galega de Municipios e
Provincias para promover esta práctica en todas as entidades
locais.”
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Aberto o debate pola Presidencia, o voceiro do grupo PP di que
os representantes políticos nas mesas de contratación non teñen
voto, pero calquera cidadán pode presenciar cando é un contrato
aberto. Por tanto, é ilóxico que un representante político do
goberno municipal non poida estar presente. De todas maneiras o Sr.
Secretario pode dicirnos algo xuridicamente.
O voceiro do grupo BNG di que está de acordo en que os políticos
non deban intervenir, pero que non estar na mesa é outra cousa.
O voceiro do grupo Independente-CG di que non tivo nin voz nin
voto nas mesas de contartación e que está de acordo coa moción.
A Sra. Alcaldesa di que se ten que cumprir o que di a exposición
de motivos non se dedica á política, e que hai corruptos en todos
os ámbitos. Di que están traballando para as persoas e que por ser
político non son peores persoas ou menos obxectivos que os
funcionarios e tamén hai que comprobar se o fan ben. Di que os
informes son técnicos e a mesa de contratación resolve segundo os
informes.
Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que neste Concello se
fan as cousas ben e os políticos non teñen voto, se adxudican os
contratos segundo os informes técnicos.
O voceiro do grupo BNG di que o BNG levaba esta proposta no seu
programa electoral, pero unha cousa é que non decidan e outra que
non poidan estar presentes.
O voceiro do grupo CxG di que Besteiro e a alcaldesa de Lugo
fixeron esta proposta en Lugo e non incriminan á clase
política.
Sometida a moción a votación foi rexeitada por 5 votos en contra
do grupo PSOE, 3 votos a favor dos grupos CxG, BNG e
Independente-CG, e 4 abstencións do grupo PP.
9.2.-Moción do grupo CxG para a elaboración duns orzamentos
municipais participativos para o ano 2017.
A moción que foi ditaminada favorablemente pola comisión
informativa de asuntos do Pleno de data 9/06/2016 é a seguinte:
“EXPOSICIÓN DE MOTIVOSA administración local é a máis próxima
aos cidadáns. Os servizos municipais ao ser os máis próximos aos
veciños dun territorio, son os que máis repercusión teñen nas súas
condicións de vida. Por iso as persoas percibimos estes servizos
como fundamentais para a convivencia, e aos concellos como
entidades básicas da organización territorial do Estado, que deben
promover as condicións que facilitan a participación individual,
colectiva e a igualdade desde o ámbito público.Todo iso realízase a
través do orzamento municipal, o diñeiro público para destinar a
servizos colectivos e municipais que beneficien a toda a cidadanía,
e especialmente aqueles sectores máis desfavorecidos ou aquelas
obras que máis repercusión van ter no conxunto dos veciños. A
decisión en que se gasta o orzamento municipal é a decisión
fundamental da política cidadá. A que define cales son os
intereses, preocupacións e prioridades dun concello, é dicir “a que
se lle da importancia e a que non se lle da importancia”.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Partindo de que o obxectivo prioritario son os intereses dos
veciños, xa que o que se está xestionando é o común, o que é de
todos. A calidade da democracia débese medir pola participación de
todos no goberno. Pero participar non só como mero receptor de
información, senón que se debe facilitar aos veciños a
participación no político, no económico, no cultural e no social.
En definitiva poñer os medios para establecer a participación na
construción dunha sociedade mellor.Cos orzamentos participativos o
Concello asumirá a obrigación de darlle voz e voto aos veciños, en
como se gastan e se xestionan os seus impostos. Cos mecanismos e a
organización adecuada, a sociedade de Guitiriz decidirá, na parte
que lle corresponda, na elaboración dos próximos orzamentos
municipais. Á hora de desenvolver esta moción gustaríame
previamente dar unhas pinceladas de onde e como nace a idea dos
Orzamentos Participativos e como se desenvolven ata os nosos
tempos.A Constitución Española de 1978, no seu artigo 23, proclama
o dereito de todos os cidadáns a participar nos asuntos públicos
directamente ou por medio de representantes, libremente elixidos
por sufraxio universal en eleccións periódicas.No ámbito municipal,
o art.69 da Lei 7/1985 das Bases de Réxime Local, establece que as
corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a
súa actividade e a participación de todos os cidadáns na vida
local. Ao que se engade no seu art.70 bis 1, que os Concellos
deberán establecer e regular normas de carácter orgánico,
procedementos e órganos adecuados para a efectiva participación dos
veciños nos asuntos da vida pública local.Na cidade de Porto Alegre
(Brasil), no ano 1989 os seus gobernantes chegaron ao acordo de
cambiar a toma de decisións en relación ao orzamento municipal, xa
que as organizacións territoriais esixíronlles maior transparencia
e mellor xestión dos ingresos e gastos municipais. Apostouse para
facer novos espazos cidadáns onde se tivese a capacidade de
propoñer e decidir a que se destinaba o diñeiro do municipio. Desta
maneira a cidadanía víase claramente implicada en todo aquilo que
se realizaba cos recursos municipais, favorecíase a inclusión
social dos barrios máis desfavorecidos e facíaselles participes de
todas as políticas públicas.Aquela experiencia foi estendéndose por
América Latina e por Europa e así foi que a partir do ano 2006
foron desenvolvéndose diversas experiencias municipais en España,
ata chegar a establecerse unhas bases fundamentais a nivel
internacional coa Declaración de Bogotá de 2011.En diversos
concellos ao longo da xeografía española, como xa dixen, xa se
articularon mecanismos participativos para que a cidadanía se
implique activamente na toma de decisións. Estes son os casos de
Rivas Vaciamadrid, Sabadell, Córdoba, Sevilla, Fuenlabrada, Getafe,
Cabezas de San Juan (que foi galardoada pola ONU polas súas boas
prácticas de participación), Aspe, Alacante, Málaga, Villafranca do
Penedés, Artá, Castellar do Vallés, Conil de la Frontera por citar
algúns dos exemplos.En resumidas contas, a democracia real ten
sustancia cando se exerce nos espazos de toma de decisións. Se a
participación dos veciños non desborda a mera achega de iniciativas
para propostas ou se concibe, simplemente, como unha ferramenta de
consulta, en realidade estamos a facer uso dunha concepción
empobrecida do que debe ser a participación. O exercicio da
democracia cotiá debe tentar diminuír as diferenzas entre
administradores e administrados, e para iso quizais poderiamos
partir da premisa de que os veciños, articulados en procesos e
medios facilitadores, poidan ser capaces de intervir eficientemente
na xestión do seu municipio.Os concellos son un lugar onde con máis
frecuencia os veciños entran en contacto coa representación
política ou co persoal técnico da Administración e onde se
organizan redes de cotidianidade. A apertura virá dada pola
incorporación do Orzamento Participativo ás organizacións e
colectivos formais con presenza e capacidade legal de actuación
dentro do municipio. Desde experiencias minimalistas, nas cales se
debate publicamente menos do
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
2% do orzamento total, o que representa ata o 20% do orzamento
de Investimento, ou outras máis significativas que chegan ata o 10%
do orzamento total o que equivale o 100% do orzamento de
Investimento.Tal e como pode observarse por todo o exposto, a
realización do Orzamento Participativo, por tanto, non se limita
única e exclusivamente a propostas que serán recepcionadas polo
Concello como calquera outro documento que entra por Rexistro,
senón que verdadeiramente faise necesario articular e promover a
participación dos veciños e as organizacións formais que teñan
inquietudes municipais.Por tanto débese pretender que os veciños
non sexan meros observadores dos acontecementos e decisións, senón
que se convertan en protagonistas activos, buscando entre todos as
solucións que se corresponden cos desexos reais que temos. Isto
levaranos a lograr unha maior eficiencia, eficacia e transparencia
municipal na xestión. Xa que se compartirá entre os representantes
políticos, persoal técnico e veciños un debate continuo no que se
vai a gastar o diñeiro público. E así tamén fomentar a reflexión
activa e solidariedade entre os veciños. E desta forma terán a
oportunidade de coñecer e dialogar sobre os problemas e demandas do
resto. Ademais de mellorar a comunicación entre a Administración e
os veciños, polo que se xerarán espazos de debate que nos servirán
a todos para unha mellor xestión municipal.Por todo iso, desde
Compromiso por Guitiriz propoñemos ao pleno do Concello de Guitiriz
os seguintes acordos:ACORDOS
- PRIMEIRO: Que o Concello elabore unha proposta de regulación e
articulación dos mecanismos necesarios de participación veciñal, co
obxecto de conseguir implantar no noso municipio os Orzamentos
Municipais Participativos ao longo da presente lexislatura. Para
iso basearase nas seguintes liñas: A- Tanto na súa elaboración como
no seu seguimento e desenvolvemento, atenderase a unha estrutura de
programas que especifique claramente obxectivos, períodos e
recursos. B- Creación de xuntas veciñais que se encarguen, coa
axuda de técnicos especializados, de recoller as demandas veciñais
para a elaboración dos orzamentos. C- Acomodación dos prazos de
elaboración orzamentaria á participación veciñal. D- Establecemento
duns criterios claros que permitan valorar cuantitativa e
cualitativamente o cumprimento dos obxectivos. E- Deberán garantir
de forma efectiva o equilibrio e solidariedade entre as distintas
parroquias e núcleos de poboación do termo municipal. F- Incluirán
políticas encamiñadas a distintos colectivos atendendo a razón de
xénero, idade, dependencia, etc. G- Realizar campañas informativas
de sensibilización e formación sobre Orzamentos Participativos.
“
Aberto o debate pola Presidencia, o voceiro do grupo PP di que
os orzamentos municipais participativos son unha ferramenta para
dar voz e voto a todos os nosos/as veciños/as. É unha idea moi boa.
A cidadanía o que quere son bos xestores pero a hora de participar
a contestación é que para iso depositan o voto, delegando esa
función nos representantes políticos. O ideal sería a realización
de campañas informativas e formativas a todos os/as veciños/as do
noso concello. Concienciar a xente da necesidade de que todas as
propostas, suxestións, etc. son moi necesarias e dende logo serán
beneficiosas para todos.Sabemos que concienciar os nosos veciños/as
é unha tarefa difícil, pero como dixemos anteriormente con boa
información e formación pódese conseguir. Será a mellor maneira de
repartir os presupostos do noso concello en beneficio de toda a
veciñanza.
O voceiro do grupo BNG di que esta proposta a levaba o BNG no
seu programa electoral e que lle parece ben, aínda que é so papel e
non aclara nada. Di que o BNG leva 2 meses
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
elaborando unhas bases e que conste en acta se pódense presentar
estas bases para ser aprobadas, que supoñen un reparto equitativo
dos investimentos entre as distintas parroquias segundo os núcleos
e a poboación como se está facendo en San Sadurniño.
O voceiro do grupo Independente-CG di que lle parecen ben uns
orzamentos participativos para que opine a xente, pero que ten que
haber colaboración entre todos os concelleiros de todos os
grupos.
A Sra. Alcaldesa di que non lle poden dar leccións de orzamentos
participativos porque en Guitiriz se fixo dende o ano 2009 mandando
invitacións as asociacións e veciños para que deran ideas. Di que a
moción é moi bonita pero que neste Concello temos moitos servioz e
pouco orzamento, e os servizos se levan case todo o orzamento e non
se poden suprimir porque son necesarios. Explica que a
administración está cargada de traballo e de papeleo, e que para
calquera cousa se precisan moitos trámites, polo que non se debe
complicar máis os procedementos. Di que non hai problema en
aprobalo pero coas limitacións que hai de cartos e de persoal e
tendo en conta que será difícil de facer.
Neste momento ausentase da sesión o concelleiro don Roberto
Sanmartín Barro, sendo 11 os concelleiros presentes na sesión.
Na segunda queda o voceiro do grupo PP di que o que se fixo coas
asociacións en 2009 foi para dar diñeiro as asociacións, non para
participar na elaboracións dos orzamentos. Di que están de acordo
pero que habería que consensuar as bases antes entre os grupos
políticos.
O voceiro do grupo BNG di que vai votar a favor e que vai a
presentar as bases cando as teña preparadas, e que a cantidade para
investimentos ten que ser significativa e un mínimo dun 10% do
orzamento.
O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor.
O voceiro do grupo CxG di ao voceiro do grupo BNG que esta
proposta non está no programa do BNG e lle pregunta se as bases
estarán antes de 7 anos. Indica que no primeiro punto di que as
bases serán reguladas entre todos e que es cuestións específicas se
regularan máis adiante segundo as preferencias dos veciños.
Sometido a asunto a votación foi aprobado por unanimidade dos 11
membros presentes.
9.3.-Moción do grupo GxG para incluir un mapa de ubicación dos
contenedores de residuos sólidos urbanos na ordenanza municipal do
Concello de Guitiriz.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOSHoxe en día xéranse grandes cantidades de
residuos, polo que chegou o momento no que hai que prestar atención
a este feito. A solución pode atoparse no que se coñece como a
regra das tres erres (3R); reducir, reutilizar e reciclar os
residuos sólidos urbanos (RSU). A forma de recoller estes residuos
é a clave para un mellor reciclado e/ou reutilización.Pero para
este traballo débese realizar unha metodoloxía para organizar a
recollida dos RSU, empregando as ferramentas que nos proporcionan
os Sistemas de Información Xeográfica (SIG). Desenvolvéronse
diferentes modelos para as zonas de uso urbana, rural, comercial e
industrial. Na análise en redes para localizar, cubicar e recoller
con menos custo os RSU, baséanse en dous parámetros fundamentais
que marcan a localización dos
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
colectores que son a equidade e a eficiencia, a sabendas que
haberá máis condicionantes que farán variar os diferentes modelos e
chegando a estruturalos para que sexan máis óptimos.Sinalaremos que
se terá que decidir por equidade ou por eficiencia segundo os
diferentes tipos de residuos e cantidades. En xeral para a demanda
de colectores de restos aplícanse principios de equidade, pola
lóxica que son os residuos de máis produción. E para os colectores
de plásticos, vidros e papel-cartón baséanse en principios de
eficiencia para a súa colocación, xa que neste caso a distancia
xoga un papel fundamental para a participación na reciclaxe. A
maior distancia dos colectores específicos menos cantidade en
quilogramos reciclados. Polo que hai que buscar modelos flexibles
segundo a demanda, ademais doutras características para a
localización dos colectores como é a transitabilidade das rúas,
estradas ou pistas, os espazos de manobra para os camións de
recollida, xerarquía viaria, accesibilidade aos colectores por
parte dos usuarios, etc. A Unión Europea sempre se mostrou moi
sensible coa xestión dos residuos sólidos urbanos. Debido a iso
promulgouse a Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do
Consello do 19 de novembro, integrando todas as normas nesta,
denominada “Directiva marco de residuos”. Esta directiva fai
fincapé na prevención, entendendo o conxunto de medidas adoptadas
antes de que un produto se converta en residuo, para reducir a
cantidade así como o contido de sustancias perigosas do mesmo. Todo
iso como paso previo á reciclaxe, a reutilización e outras formas
de valorización como o aforro enerxético, emisións de CO2, etc.A
transposición desta directiva ao noso ordenamento xurídico levase a
cabo a través da Lei 22/2011 do 28 de xullo, de Residuos e chans
contaminados, na que se indica a política de residuos e as
competencias administrativas. A Lei desenvolve os plans de xestión
a nivel nacional, autonómico e local. Ademais a nivel galego a Lei
10/2008 do 3 de novembro, de Residuos de Galicia, que implica o
desenvolvemento lexislativo desta temática medioambiental na nosa
comunidade autónoma.Como xa sabemos o marco competencial básico
nesta materia vén previsto nos artigos 22.2L e 26.1B da Lei 7/1985
do 2 de abril, de Bases de Réxime Local ao determinar que o
municipio exercerá en todas as súas competencias, en termos da
lexislación do Estado e das C.C.A.A., entre outras en materia de
recollida de residuos.En canto ao noso ordenamento municipal
atopámonos ante tres ordenanzas de diferente empaquetado
técnico-xurídico. Así é a “Ordenanza Municipal de limpeza e ornato
de espazos públicos e de disfrute colectivo” do 10 de febreiro de
2009, a “Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación de
servizos de recollida e tratamento do lixo e residuos urbanos”, do
25 de febreiro de 2012 e por último a “Ordenanza municipal de
residuos”, do 10 de abril de 2015. Co que todo iso conforma a nosa
legalidade vixente. Pero isto non quere dicir que estean
actualizadas nosas ordenanzas e por tanto que non existan certas
lagoas importantes. E explícome; na sesión plenaria do 14 de abril,
Compromiso por Guitiriz fíxolle varias preguntas á alcaldía sobre o
tema da acumulación de colectores de restos e específicos nun punto
da Rúa do Concello e en dúas da Avenida da Coruña, sumando os tres
puntos 23 colectores. Segundo a resposta da Sra. Alcaldesa a
decisión tomouse a partir dunha reunión con catro veciños que foron
os que acudiron á convocatoria feita por Concello. Quen son estes
catro veciños que tanto coñecemento teñen a nivel de RSU, reciclaxe
e localización de colectores?. Como se pode pasar por alto tanta
lexislación medioambiental e estudos sobre a materia para que nunha
reunión na que só destaca a nocturnidade e aleivosía, para a toma
de decisións?Polo tanto queda claro en toda a redacción desta
moción que Compromiso por Guitiriz desexa o respecto ás normas e ao
traballo lexislativo tanto europeo, estatal, autonómico e local. E
que as cousas non se fan porque si, senón que hai un labor de
estudo e sobre todo de causa-efecto nas políticas medioambientais e
non nos podemos guiar por impulsos máis ou menos interesados. Hai
que utilizar os condutos regulamentarios como son propostas ou
iniciativas nos emprazamentos adecuados que son as comisións e os
plenos.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
Por todo o acontecido e evitando máis erros unilaterais
desexamos que se actualice a ordenanza municipal de residuos
incluíndo un plano de localización/situación dos colectores de
residuos de todo o Concello. Para que a distribución se faga dunha
forma equitativa e eficaz para todos os usuarios, e emprazándoos a
localizacións onde teñan menos impacto visual, como se fai en todos
os concellos deste país.A lexislación exposta ten elementos
preventivos e de responsabilidade ambiental que implican unha
continua actualización das ordenanzas municipais, nesta cuestión
dos residuos que é unha das máis sensibles de dominio público. A
velocidade en que cambian as necesidades de usuarios e empresas,
así como os servizos que ofrece a administración, obriga a que se
teña que regular ao mesmo ritmo, e por tanto desde Compromiso por
Guitiriz solicitamos os seguintes acordos ao Pleno do
Concello:ACORDOS-PRIMEIRO: Actualizar as ordenanzas municipais de
residuos e limpeza en períodos a determinar en base á produción
lexislativa nesta materia. -SEGUNDO: Realización dun mapa de
localización/ubicación dos colectores de residuos, indicando o tipo
e número de cada un deles (xa sexan de restos, de plásticos, de
vidro ou de papel cartón).-TERCEIRO: Realización dun informe
técnico semestral que inclúa: 1- Impacto estético visual negativo
que se detectou na localización dos colectores. Indicando as
medidas para adoptar (soterramento, colectores especiais, cambio de
localización, etc.)2- Indicar o número máximo de colectores que se
sitúan agrupados, e sobre as delimitacións das zonas reservadas
para o depósito de residuos.3- Informar sobre as queixas ou
reclamacións que se reciben semestralmente respecto da inadecuada
localización dos colectores de RSU, concretando o trámite que se
lles da a cada unha delas.4- Indicar sobre o número de reubicacións
de colectores que se efectúan cada semestre, especificando as
causas que xustifican dita reubicación”
Aberto o debate pola Presidencia,
O voceiro do grupo PP di que o Partido Popular de Guitiriz vai
votar a favor da moción presentada por CXG e gustaríanos engadir
que nese Mapa de Ubicación dos contenedores de residuos sólidos
tamén apareza a planificación do mantemento e limpeza dos
contenedores. Di que será difícil de levar a cabo e que o custe dos
contenedores é alto.
O voceiro do grupo BNG di que estaría ben que se actualizara
conforme á lei pero para todo o Concello.
O voceiro do grupo Independente-CG di que vai votar a favor pero
que é dificil, que faltan contenedores amarelos nas aldea, e de
vidrio e de cartón, pero que é bo ir facendo isto.
A Sra. Alcaldesa di que xa existe un mapa de contenedores e que
é inviable cumprir con isto. Di que a distribución fíxose nos
lugares máis idóneos e por motivos de seguridade, e os que se
queixan non asistiron á reunión.
Na segunda quenda o voceiro do grupo PP di que a moción é
complicada de levar a cabo cos medios que hai, e que apoia que se
cambie a ubicación dalgúns contenedores e que se proceda á limpeza
sobre todo os do casco urbano, e que o custe dos contenedores é moi
alto.
O voceiro do grupo BNG di que nunca chove a gusto de todos e que
hai que buscar a mellor ubicación e pouco a pouco ir repoñéndoos en
todas as parroquias.
-
CONCELLO DE GUITIRIZ Rúa do Concello, 4
27.300 GUITIRIZ – LUGO TEL. 982.370.109 FAX 982.372.178
O voceiro do grupo CxG di ao voceiro do grupo BNG que a moción
está redactada para todo o Concello, e á Sra. Alcaldesa que se faga
un mapa de situación xa que os contenedores no mesmo punto non
teñen utilidade e a xente mezcla, 23 contenedores en 3 puntos non é
xusto, é un castigo.
A Sra. Alcaldesa di que o equipo de goberno vaise abster porque
hai cousas que non se van a poder facer.
Sometida a moción a votación foi aprobada por 6 votos a favor
dos grupos PP, GxG, BNG e Independente-CG, e 5 abstencións do grupo
PSOE.
9.4.-Moción do grupo BNG para declarar este Concello libre de
circos con animais e contrario as touradas.
“EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A cuestión do respecto cara aos animais levou a cidadanía a
demandar novas accións en diferentes eidos normativos. O uso de
animais en espectáculos é, quizais, un dos aspectos máis
surrealistas que teñen lugar no noso país, nomeadamente os circos,
que ofrecen unha imaxe radicalmente distorsionada do que supón a
fauna silvestre.
A vida destes animais nos circos caracterízase polo illamento, o
castigo, o medo e o cativerio. As exhibicións de animais nos circos
ofrecen tamén unha mensaxe educativa negativa. Aínda que os
espectáculos circenses non amosen condutas de violencia explícita á
vista do público espectador, os actos que os animais teñen que
realizar durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e,
para obrigalos a se comportaren deste xeito, sométenos a métodos de
adestramento baseados no castigo físico, a privación de alimento e
ao illamento do resto dos seus conxéneres.
Os animais que viven nos c