ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA PAZ CONCELLEIRAS/OS DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN D. ARGIMIRO SERÉN MERA DONA PAOLA MARIA MOCHALES D. LINO MOURIÑO SANTIAGO DONA SONIA OUTÓN CASAL D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ D. TOMÁS FOLE DÍAZ DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ DONA MARÍA MOSQUERA LEAL D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ DONA LUCÍA CESAR VELOSO D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA SECRETARIA DONA ROSA LOSADA SUÁREZ INTERVENTORA DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa, sendo as 17:00 horas do día 26 de novembro de 2015, e coa asistencia da Secretaria, reuníronse, en primeira convocatoria, os señores Concelleiros, que á marxe se relacionan como asistentes, co obxecto de celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada ó efecto. A continuación procédese a trata-los asuntos que figuran na Orde do Día: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 19 e 29 de outubro de 2015. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes outubro de 2015. 3. Dación de conta de designación de representantes municipais nos órganos colexiados. 4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 5. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Asociación con Eles na Rúa Sobreira nº 24. 6. Aprobación, se procede, da declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no IES Armando Cotarelo Valledor. 7. Adopción de acordo, se procede, en relación coa Moción aprobada polo Pleno da Corporación de Meaño, sobre a Depuración da Ría de Arousa. 8. Adhesión, se procede, en relación coa proposición de Lei de iniciativa lexislativa promovida polos sindicatos CC.OO e UGT, para establecer unha prestación de ingresos mínimos no ámbito da protección da seguridade social. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU para que os Colexios que prestan servizo de comedor sexan equipados con cociña propia. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m² de uso comercial. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE para reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o montante da subvención anual que recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do SPAD de Vilagarcía. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de convocatoria dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de Galicia. 13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación co Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.
29
Embed
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA …1).pdfACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015 Sras./Sres. Asistentes: ALCALDE-PRESIDENTE D. ALBERTO VARELA
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
ACTA DA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2015
Sras./Sres. Asistentes:
ALCALDE-PRESIDENTE
D. ALBERTO VARELA PAZ
CONCELLEIRAS/OS
DONA TANIA GARCÍA SANMARTÍN
D. ARGIMIRO SERÉN MERA
DONA PAOLA MARIA MOCHALES
D. LINO MOURIÑO SANTIAGO
DONA SONIA OUTÓN CASAL
D. JUAN ANTONIO PÉREZ CALLÓN
DONA LUZ Mª ABALO PÉREZ
D. TOMÁS FOLE DÍAZ
DONA ROCÍO A. LLOVO DEL RÍO
DONA ELENA SUÁREZ SARMIENTO
D. JESÚS LONGA SÁNCHEZ
DONA ANA Mª GRANJA GUILLÁN
D. ANGEL BENITO PÉREZ DORGAMBIDE
DONA SAGRARIO CASTRO VIDAL
D. JESÚS LÓPEZ RODRÍGUEZ
DONA MARÍA MOSQUERA LEAL
D. JUAN MANUEL FAJARDO RECOUSO
D. XAVIER RÍOS GONZÁLEZ
DONA LUCÍA CESAR VELOSO
D. GASPAR ANTONIO GONZÁLEZ SOMOZA
SECRETARIA
DONA ROSA LOSADA SUÁREZ
INTERVENTORA
DONA TRINIDAD GÓMEZ REIRIZ
Na Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa,
sendo as 17:00 horas do día 26 de novembro
de 2015, e coa asistencia da Secretaria,
reuníronse, en primeira convocatoria, os
señores Concelleiros, que á marxe se
relacionan como asistentes, co obxecto de
celebrar Sesión Plenaria Ordinaria convocada
ó efecto.
A continuación procédese a trata-los
asuntos que figuran na Orde do Día:
1. Aprobación, se procede, das actas das
sesións anteriores de datas 19 e 29 de
outubro de 2015.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da
Alcaldía emitidos no mes outubro de 2015.
3. Dación de conta de designación de
representantes municipais nos órganos
colexiados.
4. Toma de coñecemento da solicitude de
participación cidadá presentada por parte
de asociacións ou entidades en relación
con un punto da orde do día que lle afecte
directamente e posterior intervención a
través dun único representante das
mesmas.
5. Aprobación, se procede, da declaración de
obras de especial interese ás promovidas
pola Asociación con Eles na Rúa Sobreira
nº 24.
6. Aprobación, se procede, da declaración de
obras de especial interese ás promovidas
pola Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria, no IES Armando
Cotarelo Valledor.
7. Adopción de acordo, se procede, en relación coa Moción aprobada polo Pleno da
Corporación de Meaño, sobre a Depuración da Ría de Arousa.
8. Adhesión, se procede, en relación coa proposición de Lei de iniciativa lexislativa promovida
polos sindicatos CC.OO e UGT, para establecer unha prestación de ingresos mínimos no
ámbito da protección da seguridade social.
9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU para que os
Colexios que prestan servizo de comedor sexan equipados con cociña propia.
10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU sobre a
paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m² de uso comercial.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE para
reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o montante da subvención anual que
recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do SPAD de Vilagarcía.
12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP de convocatoria
dunha reunión urxente para resolver a ubicación definitiva do obelisco na Praza de Galicia.
13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PP en relación co
Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e
elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.
14. Aprobación, se procede, da proposta presentada polo representante sindical dos
traballadores da plantilla de Diario de Arousa (Editorial la Capital, S.L.) mostrando o
rexeitamento aos despedimentos realizados.
15. Interpelacións.
16. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
17. Rogos e preguntas.
18. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE DATAS 19 E
29 DE OUTUBRO DE 2015..- Polo Sr. Alcalde pregúntase se hai algunha proposta de
rectificación das actas, comezando pola sesión plenaria extraordinaria de 19 de outubro de 2015
e despois pola acta da sesión plenaria de 29 de outubro de 2015.
Non habendo ningunha proposta de rectificación quedan aprobadas por unanimidade.
2.- TOMA DE COÑECEMENTO DOS DECRETOS DA ALCALDÍA EMITIDOS NO MES DE
OUTUBRO DE 2015: Pola Secretaria dáse conta ao Pleno da Corporación dos Decretos emitidos
a bonificación no Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras pola obra “REFORMA E AMPLIACIÓN
DO IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR”, con fundamento en que se trata dunha obra de especial
interés público.
Consultada a normativa de aplicación, o art 4.2 da Ordenanza Fiscal nº I.3, reguladora do Imposto, dispón,
en concordancia co art. 103.2.a) do RDL 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da
Lei Reguladora das Facendas Locais, o seguinte: “O Pleno da Corporación poderá declarar, previa
solicitude dos interesados e os informes dos técnicos municipais, que determinadas construccións,
instalacións ou obras son de especial interés ou utilidade pública municipal por concorrer circunstancias
sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego. Dita declaración requiere o voto favorable
da maioría simple dos seus membros.
Declarada dita utilidade a Xunta de Goberno Local poderá aplicar unha bonificación do 50% da cota en
atención ós documentos existentes no expediente e que motivaron a declaración de especial interés ou
utilidade pública municipal.”
A obra consiste na ampliación das instalación destinadas a ser utilizadas para as actividades educativas
propias do centro, o que ten un claro interés social e cultural, polo que se considera a procedencia da
bonificación solicitada.
PROCEDE se adopte acordo plenario no que se declare dito carácter, co fin de que por parte da Xunta de
Goberno Local se determine a porcentaxe a aplicar no cálculo do ICIO.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP e BNG informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais de EU e Somos Maioría, din que se manifestarán no Pleno e
polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da solicitude de UTE PRADO
LAMEIRO, S.L.-ACTIVIDADES, CONSTRUCCIONES Y VOLADURAS, S.L. de declaración de obra de
interese social a efectos de bonificación do ICIO.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21) acórdase
aprobar a declaración das obras de Reforma e ampliación do IES Armando Cotarelo Valledor
como de interese social aos efectos de bonificación no ICIO (Imposto sobre Construccións,
Instalacións e Obras) á licenza de obra.
7.- ADOPCIÓN DE ACORDO, SE PROCEDE, EN RELACIÓN COA MOCIÓN APROBADA
POLO PLENO DA CORPORACIÓN DE MEAÑO, SOBRE A DEPURACIÓN DA RÍA DE
AROUSA.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e
Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Meaño de aprobación da moción
presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Consellería do Medio Rural e do
Mar, apoiándose no Grupo de Acción Costeira, que proceda á tan necesaria limpeza e
depuración da Ría de Arousa, facendo extensible esta moción aos Concellos da Comarca para
de xeito conxunto facer esta solicitude á Consellería do Mar.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes do grupo municipal do PSG-PSOE informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU, BNG e Somos Maioría din que se manifestarán no
Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a moción presentada polo grupo municipal do
PSdeG-PSOE no Concello de Meaño, sobre a depuración da Ría de Arousa.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que apoia a Moción de Meaño, e se debe limpar a Ría
e limpar o medio ambiente, e débese protexer e coidar a Ría.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG ven reclamando medidas para paliar a
contaminación que sofre a ría. Instan a tomar medidas para paliar este efecto dunha vez por
todas.
- Intervén o Sr. Fajardo Recouso dicindo que EU apoia a iniciativa. Un Concello insta a este
Concello, e reclaman á Xunta de Galicia o saneamento da Ría de Arousa, e a Xunta de Galicia
debe actuar e executar os orzamentos.
Que actúe sobre o río Ulla e sobre as depuradoras que non funcionan e verten directamente á
Ría. E hai un expediente aberto pola Unión Europea.
Non entende que se faga a través do GAC. O GAC fixo en Sanxenxo un SPAD que á sua vez
contamina a Ría.
Votarán a favor e a Xunta de Galicia que execute as súas competencias. Hai unha situación
dramática.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que o PP apoia a Moción, e a contaminación require
investimentos grandes. A Xunta de Galicia ten que facer estas melloras na Depuración da Ría.
En Meaño se insta só a Consellería do Mar, e débese instar á Xunta de Galicia no seu conxunto
ou que se amplíe tamén á Consellería de Medio Ambiente.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que o Sr. Agustín Hernández comprometeu 11.000.000
€ dos que non se veu nin un céntimo para a Ría máis productiva do mundo. Instan á Consellería
que reciba ao Alcalde da 8ª cidade de Galicia
Que veña o Conselleiro de Política Social a Vilagarcía de Arousa, e que avise ao voceiro da
oposición e non ao Alcalde, esas non son actitudes.En Bamio tampouco invitaron ao Alcalde.
Teñen que recibir ao Alcalde, ten pedida cita dende xullo, á Consellería de Medio Ambiente.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que teñen que comezar a xestionar, porque deixaron moitas
cousas comezadas. Non ten medios para marcar a axenda dos Conselleiros e Ministros. Se
enteirou que ia a estar o Conselleiro de Política Social e foi a saudalo. O Conselleiro preferiu vir él
á Fundación e non viceversa.
- Intervén o Sr. Fajardo Recouso pedindo que lamenta que o Conselleiro non ten en conta ao
Grupo de Goberno.
- Intervén a Sra. García Sanmartín pedindo ao Sr. Fole que sexa oposición e defenda a Vilagarcía
dende a oposición.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos Concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Apoiar o acordo adoptado polo Pleno do Concello de Meaño de aprobación da
moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE para instar á Consellería do Medio
Rural e do Mar, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Augas de Galicia),
apoiándose no Grupo de Acción Costeira, que proceda á tan necesaria limpeza e depuración da
Ría de Arousa, facendo extensible esta moción aos Concellos da Comarca para de xeito
conxunto facer esta solicitude á Consellería do Mar e á Consellería de Medio Ambiente.
9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DE
EU PARA QUE OS COLEXIOS QUE PRESTAN SERVIZO DE COMEDOR SEXAN EQUIPADOS
CON COCIÑA PROPIA.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Economía,
Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte
teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de EU 18 de novembro de 2015, do
seguinte teor:
Grupo Municipal de Esquerda Unida, propón para o seu debate no Pleno a presente Moción.
D. Jesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Juan M. Fajardo Recouso, en nome e
representación do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a
presente veñen a presentar a seguinte MOCIÓN para a posta en marcha“ dun servizo de Cociña
Municipal” en base a seguinte consideración de motivos:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O recente e lamentable episodio de comida en mal estado nalgúns comedores escolares deste
Concello pon ao descuberto unha serie de feitos que xa foron obxecto de critica e denuncia no
pasado. A realidade é que deixar en mans de empresas privadas un servizo público como é o do
comedor escolar, demostra o que defende este grupo: externalizar os servizos non implica
mellorar o servizo que se presta. E neste caso o empeoramento chegou a extremos de
converterse nun problema de saúde pública de primeiro orde, pois é intolerable que aos colexios
chegue comida fermentada para ser servida aos nenos e nenas.
Evidenciase o pouco interese da Administración Autonómica en que o servizo sexa prestado cas
máximas garantías, pois non se estableceron os controis necesarios e obrigados para evitar
situación como a ocorrida. Pero o que evidencia é que as empresas que optan a prestar servizos,
que na nosa lóxica, deben estar en mans da Administración, só buscan obter un beneficio
empresarial sen importar se para elo se baixa a calidade do servizo, se retira a auga embotellada,
ou se merman ou descoidan os dereitos laborais das persoas contratadas para os servizos de
comedor nos colexios, tamén dependentes destas empresas.
Por elo no pasado, en pleno Goberno Municipal do Bipartito PSOE-BNG, o Grupo Municipal de
Esquerda unida chegou a un acordo para que se aproveitase o edificio do Balneario da Praia
Compostela como Escola de Hostalería, e nos seus baixo se instalase unha cociña municipal que
prestase servizo aos comedores escolares do noso concello. Acordo que obviamente non se
chegou a cumprir.
Hoxe queda máis claro que non é certa a teoría que defenden os políticos máis lacazáns, que din
que o público non funciona ou non e viable. Neste concello o servizo de comedor escolar cun
maior índice de satisfacció entre os pais dos seus usuarios é o do colexio de A Lomba, e seguro
que ten moito ou todo que ver con que ese centro é o único en todo Vilagarcía onde se dispón de
cociña propia, evitando así os inventos actuais que se aplican no resto de centros, onde a
comida faise en Málaga e conxélase para ser distribuída en Galicia. Por elo compre recuperar o
servizo dende o público, e facer valer o acordo alcanzado por EU co bipartito.
Estamos convencidos de que os servizos públicos, en mans das diferentes administracións, con
vontade política de que funcionen, son a mellor garantía para o propio servizo e tamén para as
condicións de traballo dos empregados e empregadas necesarios para prestalo. Sometemos a
debate no Pleno Municipal, e solicitamos que se aprobe a adopción do seguinte acordo:
PROPOSTA DE ACORDO
1º.- Promover ante a Xunta de Galicia, que todos os colexios que prestan o servizo de comedor
sexan equipados con cociña propia que atenda o comedor dese centro, seguindo o modelo do
Colexio de A Lomba, ou que se estude a posibilidade de que dende a cociña do colexio de A
Lomba se realicen todas as comidas dos diferentes comedores existentes no noso concello, cas
adaptacións e ampliacións tanto das instalacións como do persoal que fose necesario para
atender o incremento de traballo.
2º.- En caso de que non se cumpra o recollido no punto 1º, retomar e cumprir co contido do
acordo promovido no seu dia por Esquerda Unida para crear e poñer en marcha unha cociña
municipal, que prepare a comida que logo será servida nos comedores deste concello que non
dispoñan de cociña propia, garantindo un servizo completo e de calidade.
En Vilagarcía a 16 de novembro de 2015.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes do grupo municipal de EU informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, PP, BNG e Somos Maioría, din que
se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada
polo grupo municipal de EU para que os Colexios que prestan servizo de comedor sexan
equipados con cociña propia
- Intervén o Sr. López Rodríguez indicando que é intolerable o que pasou nas últimas semanas.
Rescindiuse o contrato, pero segue funcionando mal. O Colexio A Lomba ten comedor con
cociña propia. Existe un acordo da época de Dona Dolores García para fixar unha cociña no
balneario, que está en litixio, pero pode ser en Fexdega. Hai que intercambiar o comedor escolar
co catering do Parlamento.
Pode haber un servizo de cociña municipal para o Concello e Concellos próximos.
Pide que se adopte este acordo de poñer en marcha unha cociña industrial.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que é un tema sangrante o dos comedores. Se centra
esta xestión no importe da comida.
Pide que se estenda o modelo de A Lomba a tódolos comedores de Vilagarcía.
Apoia a Moción.
- Intervén a Sra. César Veloso dicindo que vense os resultados da política de recortes do PP. Non
se pode consentir que se dea comida en mal estado nos comedores e que veña un catering de
Málaga.
Débese proporcionar cociña en tódolos centros e o responsable é a Consellería, e que a
Consellería asuma o custe económico.
Débese engadir isto á Moción.
- Intervén a Sra. Llovo del Río dicindo que o PP está de acordo co fondo da Moción. É unha
competencia impropia e non hai informe. Cociñas nos colexios a maiores, se debe investir en
goteiras, pavillóns e logo comedores, e se deben controlar os catering.
Pregunta onde se vai facer esa cociña, queren que o Balneario teña un uso hostaleiro.
No fondo están de acordo coa moción, na forma non.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que ante a gravidade da situación houbo que tirar o
caldo e retirar a comida.
O PSOE apoiará a moción se se exclúe o partado nº 2 por ser unha competencia impropia.
Non teñen problema co apartado 1º.
Os socialistas se puxeron en contacto cos Deputados socialistas do Parlamento de Galicia e o
voceiro do PsdeG-PSOE puxo a situación en coñecemento do Conselleiro e rescendiuse o
contrato coa empresa.
O PSOE acepta a moción se retiran o 2º apartado.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que onde existe cociña municipal se recorre a
provedores locais (Praza de Abastos). Queren a ferramenta e non duplican. A pelexa e dar
calidade e non desviar a empresas privadas. Se hai cociñas nos centros poden ter comida san e
saudable.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que o grupo de goberno ten a responsabilidade de decidir e
levalo a cabo, e hai que dar exemplo e axustarse á legalidade. O catering sae dun concurso
público e é tan lícito como a xestión directa.
EU pode gobernar co PSOE e asinar ese tema.
Non se pode contratar persoal e cumprir requisitos sanitarios. Eles sempre opinaron no mesmo.
Se debería retirar o asunto.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que demandaron diante da Administración competente
a prestación dos seus servizos. O PP leva gobernando na Xunta de Galicia e a Sra. Llovo fala de
goteiras. Demandaron á Xunta de Galicia que ten a competencia.
E unha competencia da Xunta de Galicia. AGE presentou unha iniciativa de comedores o 19 de
novembro , despois do tratamento que se da á polémica dende os medios de comunicación e os
requerimentos dos socialistas levaron a cabo a rescisión do contrato.
Retiren o 2º punto da moción.
- Intervén o Sr. Fajardo Recouso dicindo que o tema falouse na sesión de control ó Goberno
Galego. Trasladaron ao Presidente por AGE este tema.
Toda a oposición se dirixiu ao Conselleiro e dixo que se ía a rescindir.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que apoian o 1º apartado, e o 2º non. O Concello esixe á Xunta
que cumpra coas súas obrigas. Son competencias impropias. Se formulou unha empresa de
servizos no ano 2010, a Lei mudou e a LRSAL non lle permite asumir competencias impropias ao
Concello e o Concello debe estar alerta.
Sometido a votación os dous apartados da moción por separado, da o seguinte resultado:
1º Apartado:
VOTACIÓN.- Con catorce votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos
municipais do PSdG-PSOE (8), EU (3), BNG (2) e Somos Maioría (1) e sete votos en contra dos
membros pertencentes ao grupo político municipal do PP (7)
ACÓRDASE: Por maioría aprobar o 1º apartado da moción presentada polo grupo municipal de
EU e promover ante a Xunta de Galicia, que todos os colexios que prestan o servizo de comedor
sexan equipados con cociña propia que atenda o comedor dese centro, seguindo o modelo do
Colexio de A Lomba, ou que se estude a posibilidade de que dende a cociña do colexio de A
Lomba se realicen todas as comidas dos diferentes comedores existentes no noso concello, cas
adaptacións e ampliacións tanto das instalacións como do persoal que fose necesario para
atender o incremento de traballo.
2º Apartado:
VOTACIÓN.- Con tres votos a favor dos membros pertencentes o grupo político municipal de EU
(3), tres abstencións dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais do BNG (2) e
Somos Maioría (1) e quince votos en contra dos membros pertencentes ós grupos políticos
municipais do PSdG-PSOE (8) e PP (7)
ACÓRDASE: Por maioría rexeitar a aprobación do 2º apartado da moción presentada polo grupo
municipal de EU.
10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DE EU SOBRE A PARALIZACIÓN DAS LICENZAS DE OBRAS QUE SUPEREN OS 2.500 M²
DE USO COMERCIAL.: Dáse conta do ditame emitido pola Comisión Informativa de Urbanismo
e Servizos, en sesión celebrada o día 23 de novembro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal de EU coa data de 18 de novembro de
2015, do seguinte teor:
D. Xesús López Rodríguez, Dª. María Mosquera Leal e D. Juan M. Fajardo Recouso, en nome e
representación do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Vilagarcía, mediante a
presente veñen a presentar a seguinte MOCIÓN polo problema urbanístico da parcela de Megasa
en base a seguinte consideración de motivos:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende fai xa tempo algúns vimos reclamando unha solución urbanística para a parcela de
Megasa acorde a súa ubicación, e sempre en base a un modelo de cidade que algúns temos
claro, e outros aínda dicindo tamén telo claro, os seus feitos non demostran o mesmo.
E non o demostran porque van deixando pasar oportunidades de poñer freo ao que a todas luces
pode ser impedimento para poder aplicar o modelo de cidade máis axeitado, incluso o modelo
de cidade que o actual goberno di ter. Non pretendemos reproducir todo o dito ata o de agora de
porque non acabamos de coincidir cos usos que se lle pretende dar a esa zona de Vilagarcía, que
son moitos e fundados, e xa de sobra coñecidos. Queremos destacar o feito de como nos está a
parecer que certas iniciativas que este Grupo presentou en relación a este tema non recibiron
resposta, ni tan sequera en sentido negativo. Dáse á calada por resposta e que pase o tempo. E
isto non nos parece ben porque estando calado, un faise cómplice do resultado, aínda que siga
dicindo pola boca pequena, e cada vez máis pequena, que non se está de acordo, pois xa non
resulta crible.
Concretamente este Grupo solicitou formalmente unha xuntanza de portavoces para valorar a
posibilidade de adoptar unha determinación con respecto ás licenzas de obra para construcións
de máis de 2.500 metros cadrados. A finalidade era poñer freo ás obras e infraestruturas que
poden condicionar de forma severa e por moitos anos o deseño desa cidade que todos dicimos
ter claro. Pois non é xusto que se no deseño do futuro da cidade proxéctase unha zona verde,
por exemplo, esta se vexa imposibilitada porque alguén construíu con carácter previo a esa
modificación un almacén ou un edificio de 7 plantas. A lóxica di que si existe a ferramenta que
poida conxelar as obras que polo seu volume condicionen o futuro, debe empregarse para que
impere o ben común e non o beneficio particular e interesado.
Este Grupo Municipal está convencido de que a ferramenta existe, e pode empregarse para
conxelar esas licenzas polo período máximo que a lei establece ou en todo caso ata que o novo
PXOM estea rematado e teñamos claro os usos e destinos do noso solo municipal.
De forma simultánea a esta inactividade do Goberno Municipal á hora de responder ás peticións
deste grupo, e na toma de decisións que eviten interferencias insalvables no futuro do PXOM,
coincide isto co anuncio de que a asociación Zona Aberta anuncia que non vai proseguir con
máis procesos legais. Son trámites moi custosos para as súas arcas, e con razón, pois si algo
dificulta neste país o acceso á xustiza é precisamente o elevado custo desta. Neste caso faise
máis inxusto, valga a redundancia, polo feito que eses cartos estanse a gastar para loitar contra
decisións prexudiciais para este colectivo, tomadas pola propia Administración, que en principio
debe favorecer os intereses dos seus veciños e veciñas, incluídos os colectivos de comerciantes,
que son un motor económico clave nesta vila.
Por elo é importante que nestes casos nos que se busca o amparo da xustiza ante decisións
tomadas pola Administración, esta debería estar libre de taxas xudiciais, e favorecer o acceso a
asistencia letrada mediante a quenda de oficio baixo determinadas circunstancias económicas, e
sobre todo tratándose de asociacións que coma neste caso defenden os intereses dun colectivo.
Coñecedores de que este acceso á xustiza non depende da Administración Local, máis alá do
feito de que os grupos políticos poidan e deban tramitar as reformas que consideren xustas, si
parece lóxico que dende un concello coma este poida existir un servizo de axuda, asesoramento
e financiamento dos procesos que unha persoa física con poucos recursos, ou as organizacións
que defenden intereses colectivos teñan a súa disposición para poder afrontar estes largos e
caros trámites. Só así garantiremos que a xustiza o sexa de verdade, pois se non accede todo o
mundo por igual, non se pode chamar xustiza e xera máis rabia e impotencia nos administrados.
Por todo elo, sometemos a pleno estas cuestións para ser debatidas, e aprobar a seguinte
proposta de acordo:
PROPOSTA DE ACORDO
O pleno da corporación insta ao Goberno Local a:
1º.- Adoptar a medida de paralización de todas as licenzas de obras que superen os 2.500
metros cadrados de uso comercial, polo tempo máximo permitido ou ata a aprobación do novo
Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo ca
única finalidade de que en este tempo de estudio e posta en marcha do novo PXOM ningunha
obra poda alterar o futuro planificado da cidade.
2º.- Establecer un sistema de axuda e asesoramento para favorecer que as persoas e
asociacións poida acceder a defenderse e actuar xudicialmente na defensa dos seus dereitos
diante da Administración, para que ninguén teña que renunciar ao dereito de acceso á xustiza
polo mero feito de non poder pagala.
En Vilagarcía a 18 de novembro de 2015.
Dáse conta do informe da Secretaria Xeral de data 7 de outubro de 2015, coa seguinte
CONCLUSIÓN:
1.- Estariamos ante un caso de suspensión potestativa de licenzas derivada do estudo do PXOM, polo que
só procedería suspender as licenzas de obras, de parcelación e demolición.
Existe numerosa xurisprudencia que resolve que a suspensión do procedemento do outorgamento de
licenzas, como norma restritiva de dereitos que é, debe ser interpretada restritivamente e non pode ser
aplicada de forma analóxica.
Por outra banda a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ditou
diversas sentenzas nas que indicou que a aprobación inicial dun plan xeral, implica no só a suspensión do
procedemento do outorgamento das licenzas de parcelación, edificación e demolición, senón que tamén
implica a suspensión da tramitación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento (plans parciais,
estudos de detalle...) e dos instrumentos de xestión urbanística (proxecto de urbanización) (Sentenzas
TSXG 464/2008 de 19 de xuño, sentenza TSXG 870/2008, de 20 de novembro que tratou de impedir a
aprobación de instrumentos urbanísticos incompatibles coa nova ordenación)
Debe reseñarse que as sentenzas citadas fan referencia a suspensión derivada da aprobación inicial dun
PXOM, non de suspensión derivada do estudo do PXOM.
De aplicarse restritivamente o artigo 77 da LOUGA, neste momento a suspensión de licenzas non afecta a
ningunha solicitude presentada por MEGASA, pois non están pendentes de tramitación ningunha licenza
de obra, de parcelación nin demolición.
De aplicarse as sentenzas do TSXG relativas aos efectos de aprobación inicial do PXOM consistentes na
suspensión da tramitación dos instrumentos de xestión urbanística (proxecto de urbanización), aínda que
neste caso nos atopamos ante una suspensión para o estudio do PXOM, podería conlevar a suspensión da
tramitación do proxecto, urbanización promovido por MEGASA, que se atopa pendente de resolución.
Todos estes aspectos deben concretarse na documentación técnica e xurídica que no seu caso se elabore
(zonas afectadas, efectos de suspensión) aínda que descoñecendo esta e tendo en conta o caso que se
estuda debe precisarse o seguinte:
A) Ao suspenderse as licenzas de obras nese ámbito, o Concello debería decidir todas as cuestións
derivadas deste acordo (art. 89 LRJPAC) e que decisión adoptar sobre o estudo de detalle e o proxecto de
urbanización aprobada e por suposto sobre o proxecto de urbanización en tramitación, xa que, se deduce
que o Concello no estaría de acordo coa plasmación dos tres documentos citados.
B) Se o acordo municipal de suspensión de licenzas se estende aos documentos citados a decisión tamén
afectaría ós expedientes promovidos por MEGASA que se atopan en tramitación ante a Xunta de Galicia
Dirección Xeral de Comercio e Dirección Xeral de Medio Ambiente.
2 .- As dificultades xurídicas que conlevan as decisións anteriores, que suporía de adoptarse, apartase do
disposto no art. 77 da LOUGA e aplicar unhas sentenzas derivadas da aprobación inicial do PXOM (que
neste caso non estamos nese suposto), se engade os prazos aos que se ve cinguido o Concello para levar
a cabo a aprobación inicial do PXOM (dentro do ano da suspensión de licenzas) o que parece a todas luces
de moi difícil cumprimento, dado o estado actual dos traballos de revisión do PXOM.
3.- Para finalizar e coas cautelas precisas, por non dispoñer da documentación que reflicta dun modo
claro a área afectada pola suspensión, os cambios nos usos do solo, as propostas municipais sobre os
documentos aprobados (estudo de detalle e proxecto de urbanización) ou en tramitación (proxecto de
urbanización) que conlevaron no seu día a adquisición gradual de dereitos por parte dos promotores de
MEGAS o Concello pode estar ante unha decisión de suspensión ilegal de licenzas que podería conlevar o
pago dunha indemnización por responsabilidade patrimonial.
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes do grupo municipal de EU informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, BNG e Somos Maioría, din que se
manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
As/os representantes do grupo municipal do PP informan desfavorablemente.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada
polo grupo municipal de EU sobre a paralización das licenzas de obras que superen os 2.500 m²
de uso comercial.
- Dáse conta da emenda presentada polo grupo municipal de EU seguinte:
1º.- Instar ao Goberno Local a defender os postos de traballo estables no pequeno comercio de
Vilagarcía iniciando o trámite que conclúa coa suspensión de licenzas para calquera obra que
supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona urbana e que implique unha
modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo permitido ou ata a aprobación do
novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo
coa única finalidade de que en este tempo de estudo e posta en marcha do novo PXOM ningunha
obra poida alterar o futuro planficado da cidade.
2º.- Instar ao Goberno Local a que presente un informe de un técnico independente sobre o
impacto urbanístico e medioambiental da construcción do centro comercial e a viabilidade de
paralizar a licenza ata ter aprobado o PXOM.
3.- Establecer un sistema de axuda e asesoramento para favorecer que as persoas e asociacións
poidan acceder e defenderse e actuar xudicialmente na defensa dos seus dereitos diante da
Administración, para que ninguén teña que renunciar ao dereito de acceso á xustiza polo mero
feito de non poder pagala.
- Intervén o Sr. López Rodríguez pedindo unha xuntanza de voceiros. É indignante que para
defender os seus intereses gasten cartos os comerciantes.
Se informa pola Secretaria Xeral a instancia de EU. A Secretaria deixa posibilidades.
As ferramentas deben poñerse, o informe sinala que a suspensión afecta aos que estean en
trámite pero non aos resoltos. Hai un inmobilismo polo grupo de goberno municipal.
Dende o Concello que se artellen medidas para apoiar aos colectivos.
Instan ao goberno que elabore a documentación técnica e evalúe a posibilidade. Modificaron a
súa posición inicial limitando ao solo urbano a suspensión.
Defenden un modelo de cidade para que non teña un centro comercial en solo urbano.
Hai xa un centro comercial baleiro.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que o actual goberno se escuda en informes técnicos.
Somos Maioría apoia ao pequeno comercio estable. O centro comercial non vai a traer máis
traballo, vai traer contratos de miseria. Entende que o texto poida ter defectos de forma pero o
apoia, pois iría en contra do seu electorado.
O goberno local que teña en conta o 2º punto da moción, cando menos.
Vota a favor.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que o BNG mantén o seu compromiso co comercio local e
se opoñen á implantación da área comercial. Non van insistir nas consecuencias.
Lles preocupa que renunciaran por non asumir os custes na defensa da cidade. Debe o grupo de
goberno defender o modelo de cidade e os postos de traballo e están a favor da moción.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que traen a Pleno unha moción e o Alcalde coñece a conclusión
dese informe pola súa formación xurídica.
O modelo de cidade debe respectar o estado de dereito.
A responsabilidade patrimonial a paga o Concello e pode existir unha responsabilidade penal.
Agora se hai algún impedimento aí se verá, a Secretaria o explicou na Comisión Informativa
reiteradamente.
Esta moción causa prexuízos económicos ao Concello e impide a actividade económica e
procede que retiren a moción da Orde do Día.
O 2º apartado é imposible. Hai moitas persoas que teñen menos recursos e o Concello non o
pode asumir.
- Intervén o Sr. Alcalde dicindo que a suspensión pode darse, só pode utilizarse unha soa vez, se
se levanta a suspensión pasado un ano se presentarían solicitudes de licenzas. Aprobouse unha
suspensión inicialmente no ano 1996 e definitivamente no ano 2000. Se presentaron moitas
solicitudes de licenzas. O PXOM hai que cambialo en moitas cousas, EPTISA presentou o
documento o 4 de setembro de 2013 para aprobación inicial, non se remitiu á Xunta de Galicia
nin para informe.
Estaba previsto para MEGASA na revisión do PXOM outra cualificación urbanística como solo
residencial.
Sr. Fole, o PSOE seguirá estudando as posibilidades, acompañaron á Asociación á Xunta de
Galicia. Se lles fixo saber que non encaixaba no modelo de cidade. A suspensión non é viable e
empraza a todos a estudar unha solución se a atopan.
O sistema de axuda xudicial non se pode asumir polo Concello, empraza a falar e buscar unha
solución entre todos.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que o 30 de setembro pediron sentarse a explorar este
tema e que se faga a documentación técnica. Lendo o informe atopan posibilidades para
suspender.
Débese ademais acceder ás peticións económicas.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que a aprobación incial estaba enriba da mesa e a Xunta de
Galicia dixo que non aceptaba o convenio de LANTERO e se tratou de formulalo coa aveniencia
dos técnicos municipais.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que é un desastre, que o goberno tome a iniciativa e non
se implante esta grande área.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo simplemente que coa data de 30 de setembro de 2015
pediron unha reunión e non se respondeu. Formularon abordar isto e que se estude a suspensión
de licenzas tamén para unha modificación puntual do PXOM.
Non van en contra de MEGASA e ALCAMPO, é xenérico para todo o Concello. Non vai contra
ningunha empresa.
- Intervén a Secretaria Xeral dicindo que o seu informe é desfavorable con respecto a suspensión
de licenzas plantexada.
- Intervén o Sr. Alcalde pedindo que non se vote a Moción. Ocultou o Sr. Fole que era un
ALCALMO. Non foi como asesor xurídico nin unha soa vez a esa reunión do PXOM, e vostede
SR. Fole se reuniu dúas veces.
Que se poña data esta semana para esa reunión coa Asociación Zona Aberta, grupos políticos e
técnicos municipais.
- O Sr. López Rodríguez propón o seguinte acordo:
Instar ao Goberno Local a:
1.- Defender ao noso pequeno comercio local e os seus postos de traballo estables. 2.- Evaluar as posibilidades nunha xuntanza urxente coa finalidade de levar a cabo a suspensión
de licenzas para calquera obra que supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona
urbana e que implique unha modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo
permitido ou ata a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o
Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo coa única finalidade de que en este tempo de estudo e
posta en marcha do novo PXOM ningunha obra poida alterar o futuro planficado da cidade.
3.- Retirar o apartado nº 2 da moción.
Sometido a votación a proposta citada anteriormente da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Defender ao noso pequeno comercio local e os seus postos de traballo estables
evaluando as posibilidades nunha xuntanza urxente coa finalidade de levar a cabo a suspensión
de licenzas para calquera obra que supere 2.500 metros cadrados de uso comercial en zona
urbana e que implique unha modificación de estradas e accesos á vila, polo tempo máximo
permitido ou ata a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segundo o
Goberno Municipal xa iniciou. Todo elo coa única finalidade de que en este tempo de estudo e
posta en marcha do novo PXOM ningunha obra poida alterar o futuro planficado da cidade.
11.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DO PSG-PSOE PARA RECLAMAR Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE MANTEÑA O
MONTANTE DA SUBVENCIÓN ANUAL QUE RECIBÍA O EQUIPO DE PREVENCIÓN DE
DROGODEPENDENCIAS DO SPAD DE VILAGARCÍA: Dáse conta do ditame emitido pola
Comisión Informativa de Economía, Facenda e Especial de Contas, en sesión celebrada o día 23
de novembro de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PSG-PSOE coa data de 19 de
novembro de 2015, do seguinte teor:
MOCIÓN PARA RECLAMAR Á CONSELLERÍA DE SANIDADE QUE MANTEÑA O MONTANTE DA
SUBVENCIÓN ANUAL QUE RECIBÍA O EQUIPO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS
DO SPAD DE VILAGARCÍA, QUE PRESTA O SERVIZO DE PREVENCIÓN EN RIBADUMIA,
CAMBADOS, MEIS E VILAGARCÍA DE AROUSA
O Grupo Municipal do Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE, en base ó disposto nos artigos
91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades
Locais e demais normativa de aplicación, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en
Pleno.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Servizo de Prevención do SPAD de Vilagarcía de Arousa leva anos encargándose de executar
toda a programación e actividades informativas e formativas en relación a prevención do
consumo de drogas que se levan a cabo no Concello de Ribadumia, especialmente co alumnado
do Centro Educativo Julia Becerra Malvar. Estas accións forón posibles grazas ao financiamento
que a Consellería de Sanidade destina aos diferentes centros de atención as drogodependencias
e tamén ao convenio de colaboración asinado entre os Concellos de Ribadumia, Cambados,
Meis e Vilagarcía de Arousa.
No día de hoxe acabamos de coñecer a resolución pola que a Consellería de Sanidade informa
das subvencións concedidas para os anos 2015 – 2015 e 2017 a todos os proxectos de
prevención das drogodepencias e condutas adictivas en Galicia e na misma figura un recorte de
máis dun 40% na axuda que se concede ao SPAD de Vilagarcía de Arousa para accións de
prevención.
O Servizo de Prevención de Vilagarcía de Arousa e un referente a nivel galego, tanto polo número
de accións que leva a cabo en todolos concellos, como polo bo facer e profesionalidade das
súas técnicas e pola zona “sensible” na que están a traballar. Por estes motivos, e pesares dos
diferentes cambios no período é modalidade de concesión da subvención (pasouse de convenio
de cofinanciamento a convocatoria en concurrencia competitiva) a subvención de prevención
viña manténdose nos últimos anos en cifras similares, arredor de 61.000 – 62.000 € ano. De
feito, no ano pasado concedeuselle 61.805,51 € para un período de 15 meses.
Pois ben no presente ano, a Consellería fixo un cambio na convocatoria das subvencións,
establecendo un período a subvencionar maior, de 25 meses que abarca os anos 2015 – 2016 e
parte de 2017 e tamén se ampliaron as categorías de Concellos a subvencionar. Por este motivo,
a pesares de que o proxecto presentado polo SPAD de Vilagarcía de Arousa tiña a máxima
puntuación da súa categoría, o resultado e que a achega da Consellería de Sanidade para todo
este período de 25 meses e de 63,020,67 € o que traducido supón un recorte dun 42,90%.
Este recorte brutal, que se quere disimular ampliando os meses da subvención (para que figure
un importe total similar), supón por en grave risco a continuidade das accións que viña
desenvolvendo o Servizo de Prevención tanto no noso Concellos, como nos demáis da zona de
referencia do SPAD.
A cuestión e grave se temos en conta a importancia de realizar accións preventivas e informativas
entre a xente máis nova, para evitar o aumento de usuarios consumidores de drogas, nunha zona
ademais como o Salnés, das máis castigadas pola lacra da drogodependencias e na que hai un
acceso facíl a determinadas sustancias. Sempre se está a incidir na importancia da labor
preventiva e en fomentar habitos saudables de vida e logo resulta que a administración que ten a
responsabilidade de levalo a cabo non fai máis que aplicar recortes aos programas.
E polo anteriormente exposto que se propón a corporación municipal de Ribadumia a adopción
do seguinte acordo:
• O CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA DIRIXIRASE A DIRECCIÓN XERAL DE
SAUDE PUBLICA, A CONSELLERÍA DE SANIDADE E A XUNTA DE GALICIA PARA COMUNICAR
O REXEITAMENTO DO RECORTE NA AXUDA QUE SE APORTA AO SPAD DE VILAGARCÍA
PARA REALIZAR ACCIÓNS DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE SUSTANCIAS E RECLAMAR
QUE SE MANTEÑA, COMO MÍNIMO, A APORTACIÓN QUE SE VIÑA FACENDO OUTROS ANOS.
Vilagarcía de Arousa 17 de novembro de 2015
Non habendo intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE e BNG informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PP, EU e Somos Maioría, din que se
manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción presentada
polo grupo municipal do PSG-PSOE para reclamar á Consellería de Sanidade que manteña o
montante da subvención anual que recibía o equipo de Prevención de Drogodependencias do
SPAD en Vilagarcía.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que supón un recorte do 40% da financiación. É un
recurso fundamental, é un recorte que afecta a catro Concellos (Ribadumia, Cambados, Meis e
Vilagarcía de Arousa).
Existía unha contía de 60.000 €/ano e agora pasa a ser bianual.
Necesitaríanse máis técnicos e pide o amparo da Corporación.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que está de acordo coa Moción. Reclama á Xunta de
Galicia que conceda mais fondos. É unha proposta do grupo de goberno de Ribadumia.
Apoia o texto, recorta a Xunta de Galicia en ámbitos vitais.
É mellor a prevención que paliar o problema.
- Intervén a Sra. Cesar Veloso dicindo que os máis desfavorecidos pagan as políticas de recorte.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que estamos acostumados a recortar en dependencia
cos colectivos desfavorecidos.
Se manteñen gastos noutras cousas (concordatos, etc.)
- Intervén a Sra. Suárez Sarmiento dicindo que o PP apoia a moción, no 2013 tamén apoiaron
neste sentido unha moción do PSOE. O PP de Vilagarcía de Arousa asumiu o compromiso de
asumir a prevención. Antes eran 6 Concellos, pero Catoira e Caldas deixaron de formar parte
deste Convenio.
Quere agradecer ás técnicas do SPAD o traballo.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que esta iniciativa é do PSOE. Non é un reaxuste é un
recorte.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Por unanimidade de tódolos concelleiros presentes no Pleno (21 de 21)
ACÓRDASE: Dirixirse á Dirección Xeral de Saúde Pública, á Consellería de Sanidade e á Xunta de
Galicia para comunicar o rexeitamento do recorte na axuda que se aporta ao SPAD de Vilagarcía
para realizar accións de prevención do consumo de substancias e reclamar que se manteña,
como mínimo, a aportación que se viña facendo outros anos.
13.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL
DO PP EN RELACIÓN CO ACONDICIONAMENTO, MELLORA E REHABILITACIÓN DOS
PARQUES INFANTÍS DAS ZONAS RURAIS E ELABORACIÓN DUN PLAN PLURIANUAL DE
EXECUCIÓN ORZAMENTARIA E MATERIAL DOS MESMOS: Dáse conta do ditame emitido
pola Comisión Informativa de Urbanismo e Servizos, en sesión celebrada o día 23 de novembro
de 2015, do seguinte teor:
Dáse conta da moción presentada polo grupo municipal do PP coa data de 19 de novembro de
2015, do seguinte teor:
Os concelleiros integrantes do Grupo Municipal Popular, ao amparo do establecido no artígo 97
do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais,
formulan, para a súa discusión e, no seu caso, aprobación no Pleno Ordinario a celebrar o
próximo dia 26 novembro de 2015, a seguinte MOCION:
Acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís das zonas rurais e elaboración
dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material dos mesmos.
EXPOÑEN:
Ao longo destes últimos 4 anos do goberno de Partido Popular no noso Concello, é
perfectamente visible o cambio que os parques infantís da nosa vila experimentaron,
adaptándose ás novas esixencias e normativas que lle afectaban, e sobre todo, atendendo aos
milleiros de peticións de nais, pais, avós, avoas, e demais familia, que solicitaban estas melloras,
concretamente demandaban o cambio no material empregado no solo destes parques,
cambiando a area por o caucho, céspede e outros materiais similares.
O Partido Popular, recolleu esta demanda cidadá e iniciou, como recollía o seu programa
electoral co que se presentou as eleccións municipais do 2011, o cambio progresivo do solo
destes parques, así como mellora nos elementos dos mesmos, así podemos ver o cambio no
Parque Miguel Hernández, Parque da Xunqueira (en dúas fases), o Parque do Piñeiriño ou o
Parque infantil dos Duráns, que multiplicaron a presenza de cativos nestes parques tanto pola
calidade do solo, como dos elementos de ocio.
Estes cambios, que foron unha decidida aposta deste grupo, puideron ser realidade grazas ao
esforzo e saneamento económico efectuado polo Partido Popular e cristalizaron no momento en
que houbo dispoñibilidade orzamentaria. Así a través dos Plans de Inversión da Deputación de
Pontevedra, o goberno Popular priorizou estas actuacións, e no seu primeiro orzamento con
posibilidades reais de fondos, dedicáronse partidas para seguir coa mellora doutros parques da
nosa vila, como por exemplo o que está diante do Hotel Carril, no paseo marítimo.
Unha vez iniciadas estas melloras, é intención do noso grupo, aínda agora en tarefas de
oposición, conseguir que se actúe no resto dos parques do entorno urbano, e sobre todo, nos
moitos que existen nas zonas máis rurais, de maneira que ningún cidadán sinta que utiliza
parques de menor calidade.
Por estes motivos, proponse ao Grupo de Goberno, continuar actuando nos parques que contan
con partida orzamentaria, como é o caso do de Carril, e impulsar a progresiva adecuación dos
demais.
Para isto é necesario a elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen
no noso concello, o seu estado actual, as necesidades de mellora, orzamentos das mesmas, e
programalo nun Plan Plurianual de mellora dos parques, de xeito que ao longo deste mandato,
poidan estar a totalidade dos mesmos adaptados no seu solo, como están os novos parques
urbanos, antes mencionados.
Polo exposto anteriormente, o grupo municipal do PP SOLICITA:
1. A elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen no noso
concello, o seu estado actual, as súas necesidades de mellora e orzamentos das mesmas.
2. A elaboración dun Plan Plurianual de execución destas melloras, en función do recollido
no documento do primeiro punto, de xeito que ao longo deste mandato se efectúen a totalidade
das mesmas.
3. Que se recolla nos orzamentos dos exercicios económicos do 2016 a 2019, partidas
orzamentarias necesarias para a execución deste Plan Plurianual.
O Sr. Fole Díaz explica que considera importante este tema.
Non habendo máis intervencións, sométese este asunto a votación co seguinte resultado:
VOTACIÓN:
Os/as representantes do grupo municipal do PP informan favorablemente.
As/os representantes dos grupos municipais do PSG-PSOE, EU, BNG e Somos Maioría din que
se manifestarán no Pleno e polo tanto abstense.
En consecuencia e por maioría infórmase favorablemente a aprobación da moción do grupo
municipal do PP en relación co acondicionamento, mellora e rehabilitación dos parques infantís
das zonas rurais e elaboración dun Plan Plurianual de execución orzamentaria e material do
mesmos.
- Intervén o Sr. Longa Sánchez dicindo que no anterior mandato do PP adaptaronse os parques
atendendo suxerencias, cambiaron area por caucho. Os socialistas ningunearon os parques.
O PP deixou partidas orzamentarias, e le as propostas da moción.
- Intervén o Sr. González Somoza dicindo que hai unha discriminación entre o centro e o rural. En
catro anos non elaboraron un documento e tiveron tempo de facelo.
Vai votar en contra.
- Intervén o Sr. Ríos González dicindo que ao BNG lle preocupa o abandono do rural e alegranse
que o PP se acorde agora do rural. Son necesarios os parques para os pequenos, pero tamén
precisaban os nenos outras cousas.
Apoian a moción.
- Intervén o Sr. López Rodríguez dicindo que EU non comparte a autoproclama. Non se deben
utilizar elementos de 2ª man nalgúns parques da cidade.
De todos modos se opoñen.
Non apoian a Moción.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo que lle sorprende que dende o PP non saben onde
están os parques despois de catro anos. Estáse a facer o inventario e unha auditoría de parques
infantís. A normativa europea fala de diferentes pavimentos para os parques. Débese recuperar o
parque infantil en O Centenario aprobado polo Pleno da Corporación.
Os gobernos socialistas dotaron de parques infantís o Concello.
- Intervén o Sr. Fole Díaz dicindo que agora vai a ser todo de nova compra nos parques infantís.
Puideron facer algo en 2014, antes non se puido facer nada por que houbo que pagar as
facturas.
Formulan un Plan Plurianual, se se pode facer no primeiro ano non hai problema.
- Intervén a Sra. García Sanmartín dicindo ao Sr. Fole que hai que reutilizar. Para o rural os vellos
e para o centro os novos xogos infantís, esa non é a política dos socialistas.
Sometido a votación o asunto polo Sr. Alcalde da o seguinte resultado:
VOTACIÓN.- Con nove votos a favor dos membros pertencentes ós grupos políticos municipais
do PP (7) e BNG (2), e doce abstencións dos membros pertencentes ós membros dos grupos
políticos municipais do PSdG-PSOE (8), EU (3) e Somos Maioría (1)
ACÓRDASE:
1. A elaboración dun documento que recolla o número de parques que existen no noso
concello, o seu estado actual, as súas necesidades de mellora e orzamentos das mesmas.
2. A elaboración dun Plan Plurianual de execución destas melloras, en función do recollido
no documento do primeiro punto, de xeito que ao longo deste mandato se efectúen a totalidade
das mesmas.
3. Que se recolla nos orzamentos dos exercicios económicos do 2016 a 2019, partidas
orzamentarias necesarias para a execución deste Plan Plurianual.
15.- INTERPELACIÓNS.
Non se presentaron
16.- MOCIÓNS PRESENTADAS POLOS GRUPOS POLÍTICOS MUNICIPAIS POR RAZÓNS DE
URXENCIA. En cumprimento do preceptuado no artigo 91.4º do Regulamento de Organización,
Funcionamento e Réxime xurídico das Corporacións Locais, concluído o exame dos asuntos
incluídos na Orde do Día, e antes de pasar á rolda de rogos e preguntas, a Sra. Alcaldesa
preguntou se algún grupo político desexaba someter á consideración do Pleno por razóns de
urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba a convocatoria e que
non teña cabida no citado punto de rogos e preguntas, non presentandose ningunha moción
polos grupos municipais.
17. ROGOS E PREGUNTAS. Por parte dos/as Sres./as Concelleiros/as formúlanse os
seguintes rogos e preguntas:
- Intervén o Sr. Fole Díaz preguntando se van a estar nas Mesas de Negociación os grupos da
oposición.
- O Sr. Alcalde contesta que o decidirá el, por ser unha competencia da Alcaldía.
- O Sr. Fole Díaz pregunta se se convocaron as mesas de negociación.
- O Alcalde contesta que non.
- O Sr. Fole Díaz pregunta se convocaron grupo de traballo para as propostas restantes.
- O Alcalde contesta que non.
- O Sr. González Somoza fai os seguintes rogos e preguntas:
Que se eliminen as ratas na Rúa Vista Alegre.
Que se repoña o servizo de edición polo Concello.
Os actos homenaxe a Manuel Blanco Mariño que sexa sentido.
Cartel AROSA PARK, está en castelán e débese corrixir.
¿Augas de Galicia respondeu sobre a situación do regato do Facho?
- Contesta o Sr. Alcalde que está solicitada unha reunión en Augas de Galicia.
18. QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS ENTRE O PÚBLICO ASISTENTE Á SESIÓN.
Por parte do público asistente formúlanse rogos e preguntas.
E sen máis asuntos que tratar, ás 21:30 horas, levantouse a sesión da que se estende a presente