1 ILUSTRADORES VALORES AUTOR Autor María Solar Páxinas 108 páxinas Editorial Galaxia Colección Árbore · serie azul Idade A partir de 10 anos A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE AUTORA DA FICHA: TAMARA MARTÍNEZ VILLAR A VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE www.editorialgalaxia.es/autores/ autor.php?id_autor=952 SINOPSE Divertida historia protagonizada por unha mosca que é unha estrela da televisión. Estaba afeita a aparecer nos programas de máxima audiencia amolando aos presenta- dores e a voar polo plató, ata que un día, por un accidente, remata viaxando nun avión e coñecendo outros insectos. MARÍA SOLAR María Solar naceu e vive en Santiago de Compostela. É presentadora e coordina- dora do programa cultural Zigzag Diario da TVG. Licenciouse en Xornalismo e Bioloxía ademáis de ser diplomada en Maxisterio e ter o título de Especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. A súa actividade profesional sempre se centrou no xorna- lismo e ten unha longa traxectoria en radio e televisión. Na Radio Galega presentou e dirixiu durante oito anos o magacine As tardes da Galega e na TVG presentou diversos programas como Ciencia nosa, En pé de festa, Que boa tarde ou Os directos da Galega, entre outros. É ademáis actriz de dobraxe Como autora, céntrase no público infantil e xuvenil. Ten publicado entre outros O Fillo do Pintamonas, Boa Sorte (Baía, 2008), O tempo do revés (Baía, 2008), As meigas de Lupa (Xerais, 2012) e os libros divulgativos O libro do noso mar (Lea, 1999) e Ecoloxía na aula (Lea, 1998). ANA FRANCISCO E JORGE VÁZQUEZ Jorge Vázquez e Ana Francisco, (Vigo 1983), licenciados en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, forman equipo dende o ano 2005, traballando xuntos coma ilustradores e artistas, realizando diferentes exposicións conxuntas e proxectos de ilustración, combinando esta actividade co seu traballo coma mestres de pintura e informática. Por fin no ano 2010 publican o seu primeiro traballo coa editorial Galaxia, Un soño na bandexa de Mariné Lorenzo Corcoba. Actualmente acaban de ilustrar A ver- dadeira historia da mosca da tele, de María Solar, dentro da colección Árbore da mesma editorial. • Respecto por todas as formas de vida. • Valoración da laboura dos insectos na cadea de transformación dos residuos orgánicos. • A importancia da amizade. • O goce coas viaxes e co coñecemento doutras culturas. • A solidariedade. EXPRESIÓN ORAL • ¿Que sabemos sobre as moscas? Un por un imos dicindo nomes de insectos coñe- cidos tentando facer unha enorme cadea de insectos diferentes. ANTES DE LER O LIBRO www.editorialgalaxia.com