Top Banner
cousiñas feitas na casa Mon Daporta
64

A rata luísa mariñeiros

Aug 06, 2015

Download

Education

iesasorey
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: A rata luísa mariñeiros

cousiñas feitas na casa Mon Daporta

Page 2: A rata luísa mariñeiros

Cousas da rata Luisa

Page 3: A rata luísa mariñeiros

MARIÑEIROS (por un día)

Page 4: A rata luísa mariñeiros

O outro día Luisa trouxo unhas vieiras, e os nenos, curiosos, queren saber como as pescan.

Page 5: A rata luísa mariñeiros

Roxelio contoulles como se facía…

Page 6: A rata luísa mariñeiros

e quedou cun amigo para iren velo un día.

Page 7: A rata luísa mariñeiros

E aínda que madrugaron, case máis que o Sol, xa os estaba agardando, no seu posto, o patrón

Page 8: A rata luísa mariñeiros

O primeiro que fan, ao saltaren a bordo e vestir roupa de augas, botas e gorro.

Page 9: A rata luísa mariñeiros

Saen ao mar, que está como un plato, e poñen rumbo ás marcas para empezar o traballo.

Page 10: A rata luísa mariñeiros

Preparan os rastos, lárgannos ao mar…

Page 11: A rata luísa mariñeiros

E mentras o barco arrasta… non hai máis que agardar!

Page 12: A rata luísa mariñeiros

-Xa vai tempo abondo. Hai que levantar. A ver que sae hoxe do fondo do mar!

Page 13: A rata luísa mariñeiros

Meten o rasto a bordo, baleiran a rede, volven a largar, e escollen o que entre.

Page 14: A rata luísa mariñeiros

-Non veu moita cousa. Que lle imos facer! Pero no medio do lixo hai cousas que ver.

Page 15: A rata luísa mariñeiros

conchelos pequenos (que volven ao mar), gradicelas, cunchas, cangrexos ermitáns,…

ás veces ven un chopo, algún día unha ostra, unha zamburiña, unha buguina, ou… calquera outra

cousa.

conchelo

gradicela

cunchas

cangrexo ermitán

chopo

buguina

ostra

zamburiña

Page 16: A rata luísa mariñeiros

Aproveitado o que serve, botan o lixo ao mar

Page 17: A rata luísa mariñeiros

e mentras segue a rastada… volta a agardar.

Page 18: A rata luísa mariñeiros

E os nenos, que non acougan co que lle está a pasar, queren sabelo todo e preguntan sen parar.

Page 19: A rata luísa mariñeiros

-Como se chama esto? -Que é esto outro? -Que fai aquel barco? -Cal é aquel pobo?

-Cal é ese paxaro? -Que comen os peixes? -Que hai nas bateas? -Como pescan as redes?

Page 20: A rata luísa mariñeiros

Con tanta pregunta volven ao amigo tolo queren, só nun día, aprendelo todo.

Pero el, todo pacencia (é un día especial), cóntalles do traballo, e doutras cousas do mar.

Page 21: A rata luísa mariñeiros

E sen desatender, para nada, a faena, vailles contando nos tempos de espera.

Page 22: A rata luísa mariñeiros

-Para pescar aos peixes que viven en mandas úsanse os cercos, redes longas e largas.

Page 23: A rata luísa mariñeiros

-Rodéase o peixe, péchase a rede por baixo, e xa non ten saída… xa está encerrado!

Page 24: A rata luísa mariñeiros

Logo gáñanse os panos

Page 25: A rata luísa mariñeiros

para xuntar o peixe na enxagua

e, co salabardo, cóllese para as caixas.

Page 26: A rata luísa mariñeiros

Así péscanse sardiñas, xurelos e xardas, bocareus, tranchos, ollomoles e piardas, bolos, veladores, burases e chinchos…;

sardiñaxurel xarda

bocareu tranchoollomol

piardaburás

bolo

veladorchincho

Page 27: A rata luísa mariñeiros

…e na gran altura: atúns e bonito.

atúnbonito

Page 28: A rata luísa mariñeiros

-para pescar aos outros usanse moitas artes: de enmalle, con engado e redes de arrastre.

Page 29: A rata luísa mariñeiros

As redes de enmalle, lárganse entre augas, ou cálanse no fondo, e os peixes, ao non velas, préndense eles solos.

Page 30: A rata luísa mariñeiros

Así pescan os miños e máis os tramallos,

Page 31: A rata luísa mariñeiros

as volantas, o xeito, as betas e os rascos.

Page 32: A rata luísa mariñeiros

Que, según e onde, pescan: raias, sargos, maragotas, fanecas, xoubas, tranchos,

linguados, centolos, nécoras, corobelos, barbos, rinchas, rodaballos e vellos.

raia

sargo maragota faneca

xoubatrancho linguado

centolo

nécora corobelo

barbo rincha

rodaballovello

Page 33: A rata luísa mariñeiros

-As artes de arrastre, ao ir polo fondo, a según a altura pescan de todo.

Page 34: A rata luísa mariñeiros

Cope dun arrastreiro de altura

Page 35: A rata luísa mariñeiros

Os grandes arrastreiros que traballan na altura pescan: bacallau, pescada, peixe sapo, lura,… polbo, maruca, bacalada, escacho, palometa, lirio, cigala, langostino, linguado, castañeta…

bacallaupescada

peixe sapo lura

polbo

maruca

bacalada

escacho

palometa

lirio

cigala

castañetalangostino

linguado

Page 36: A rata luísa mariñeiros

-O chinchorro

Page 37: A rata luísa mariñeiros

e o bou de vara, que traballan preto de terra,

Page 38: A rata luísa mariñeiros

Pescan luras, xibas, conguitos, chopos, sollas, volandeiras e fanecas.

lura

xibaconguito

chopo solla volandeira

faneca

Page 39: A rata luísa mariñeiros

-Aos peixes que comen carne póñenselle trampas ata ás que se atraen cun engado, a carnada.

Así pesca o palangre, as liñas, as canas, o medio mundo, a cangrexeira e as nasas.

palangres

liñas canas

medio mundo

cangrexeira

nasas

Page 40: A rata luísa mariñeiros

A nasa é coma unha gaiola que se deixa no fondo e o peixe, pola carnada, métese dentro el solo.

nécora

centolo

camarón

polbo

Page 41: A rata luísa mariñeiros

O medio mundo é unha bulsa que se isca co engado para pescar, xurelo, burás, piarda, faneca, sargo …

xureloburás

piarda

faneca

sargo

Page 42: A rata luísa mariñeiros

A cangrexeira, xa o di o nome, pesca cangrexos, camaróns, anguías e “lorches”.

anguía

cangrexo

camarón

lorcho

Page 43: A rata luísa mariñeiros

As picas, os anzois, son un arte sinxeloque ofrece o engado coa trampa dentro.

Page 44: A rata luísa mariñeiros

A liña pesca, na area: robaliza, linguado,…; na pedra : faneca, maragota, sargo…

robalizalinguado

faneca maragota sargo

Page 45: A rata luísa mariñeiros

Pescadores de cana

Page 46: A rata luísa mariñeiros

E o palangre, no fondo: bertorella, abadexo,congro, pescada,…e a flote: castañeta, marraxo, quenlla, peixe espada…

abadexo bertorella

congro

pescada

castañeta marraxo quenllapeixe espada

Page 47: A rata luísa mariñeiros

Hai algúns peixes, que son tan comellóns, que engulen calquera cousa que se lle mova arredor.

Page 48: A rata luísa mariñeiros

As luras e os chopos, as poteiras;

lura chopo

Page 49: A rata luísa mariñeiros

o polbo ás rañas

Page 50: A rata luísa mariñeiros

Pescando ao correcán

e ao correcán abadexos, bonitos e xardas.

abadexo bonitoxarda

Page 51: A rata luísa mariñeiros

E aos que conseguen fuxir de tantas trampas, aínda os pescamos co truel e a francada.

truel

francada

Page 52: A rata luísa mariñeiros

-E para pescar o que vive enterrado usamos rastos, fisgas, sachos, ganchelos, angazos, forquillas e raños.

Page 53: A rata luísa mariñeiros

fisga

Page 54: A rata luísa mariñeiros

sacho

Page 55: A rata luísa mariñeiros

ganchelo

Page 56: A rata luísa mariñeiros

angazo

Page 57: A rata luísa mariñeiros

forquilla

Page 58: A rata luísa mariñeiros

raño

Page 59: A rata luísa mariñeiros

Así pescamos ameixas, berberichos, carneiros, relós, ademáis de navallas …e tamén longueiróns.

ameixa finaameixa blanca ameixa xapónica ameixa rubia

berbericho

carneiro

reló

navalla

longueirón

Page 60: A rata luísa mariñeiros

E con esto que contei queda case todo dito do traballo do mar e dos nosos oficios.

-Non hai nada no mar, que se coma ou se aproveite, que non se poida pescar con liña, nasa, rasto ou rede.

Page 61: A rata luísa mariñeiros

E con unha e outra cousa, rematou a xornada. Volveron ao porto e…

Page 62: A rata luísa mariñeiros

cada un para a súa casa.

Page 63: A rata luísa mariñeiros

E toda a familia, ata Luisa e Roxelio, nunca esquecerán todo o que aprenderon.

Page 64: A rata luísa mariñeiros

fin

Moitas das imaxes foron collidas da Internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta