1 ALUMNADO DE 3º ESO CURSO 2011/2012 Bueu é un concello que se atopa na comarca do Morrazo, limita ao sur co concello de Cangas, ao norte e ao leste cos concellos de Marín e Moaña e ao oeste coa Ría de Aldán. Ó norte a localidade atópase bañada pola ría de Pontevedra, onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
1
ALUMNADO DE 3º ESO
CURSO 2011/2012
Bueu é un concello que se atopa na comarca do Morrazo,
limita ao sur co concello de Cangas, ao norte e ao leste cos
concellos de Marín e Moaña e ao oeste coa Ría de Aldán. Ó
norte a localidade atópase bañada pola ría de Pontevedra,
onde se atopa a Illa de Ons, que forma parte do Parque
Nacional das Illas Atlánticas.
2
Bueu é unha vila mariñeira de máis de 13.000 habitantes,
cunha área de 31 quilómetros cadrados, dos cales 10
aproximadamente son illas.
A nosa vila estutúrase en 3 parroquias: San Martiño de
Bueu, Santa María de Beluso, e Santa María de Cela.
A súa principal fonte de riqueza é a pesca.
Nos últimos anos, grazas ao seu clima suave e á súa
ampla gastronomía, empezouse a producir un aumento do
número de turistas. As moitas praias que temos no concello
fan que no verán sexa un lugar de referencia para o ocio e a
diversión.
3
HISTORIA
Na historia de Bueu, Vila por Real
Cédula en 1856, sempre estivo moi
presente o mar e a pesca, pero é a
partir do século XVIII cando comeza o
seu despregamento económico grazas
ás factorias de manufacturas de conservas, que convertirán a
principios de século pasado o porto de Bueu nun dos portos
máis importantes de Galicia.
JOHAN CARBALLEIRA
Así foi coñecido o periodista, escritor,
político e ex alcalde de Bueu. O seu nome
real era José Gómez de la Cueva, pero
asinaba as súas obras e artigos co
pseudónimo de Johan Carballeira. Naceu en
Vigo en 1902 e foi asasinado o 17 de abril de
1937 polos franquistas, debido á súa coñecida tendencia
política galeguista e republicana (gobernou en Bueu co
Partido Galeguista).
En forma de homenaxe, o noso instituto e unha rúa do
centro da vila levan o seu nome. Tamén ten un monumento
adicado na vila.
4
SAN MARTIÑO DE BUEU
Paseando pola zona urbana desta parroquia do concello
de Bueu, atopamos a Casa Consistorial, inagurada en 1903.
Un pouquiño máis abaixo, sería recomendable visitar a Lonxa
e a Praza. A frescura e variedade do pescado que se vende na
praza, incluso polas tardes, é unha estampa que non podemos
perder.
Non podemos esquecer a capela de San Xosé, ao lado do
actual centro de ensinanza náutico-pesqueira da localidade, e
a igrexa de San Martiño, de 1880, de rasgos neoclásicos; e a
ermida dos Santos Reis, un templo moi orixinal.
CAPELA DE SAN XOSÉ ERMITA DOS SANTOS REIS
CASA CONSISTORIAL
5
O MUSEO MASSÓ
A sede do Museo é un antigo edificio que formaba parte
da factoría de conserva de peixe Massó. Presenta unha
exposición permanente relacionada co mar como fonte de
recursos económicos: dende obxectos procedentes das
antigas fábricas de salga e de conservas, ata outros
vinculados coa actividade pesqueira.
6
SANTA MARIA DE BELUSO
Na parroquia de Beluso podemos atopar a igrexa de
Santa Maria de Beluso, a ermida de San Amedio, o Pazo de
Ouril, os petróglifos de Bon e os castros de Udra e de Bon.
IGREXA SANTA MARÍA DE BELUSO
7
CABO UDRA
Este cabo pon fin á ría
de Aldán e sinala o comezo
da ría de Pontevedra.
Xunto co cabo Home,
cabo Udra é un dos lugares
que tes que visitar se pasas
pola península do Morrazo.
Podemos atopar unha variedade de praias moi bonitas, onde
respirar aire puro.
8
SANTA MARIA DE CELA
Cela é unha parroquia do
concello de Bueu. A maior parte
dos seus habitantes adicáronse á
pesca de altura.
A igrexa de Santa María de
Cela é románica e está situada no
alto da parroquia.
As festas máis importantes eran
feitas entre os mozos de Cela e
Ardán, as chamadas Festas dos
Mozos, e nelas os mozos
cantaban “as vivas”.
En Cela hai dúas praias importantes: Agrelo e Portomaior
PRAIA DE AGRELO
PRAIA DE PORTOMAIOR
IGREXA SANTA
MARÍA DE CELA
9
PRAIAS
As praias son paisaxes paradisíacas: Agrelo,
Ancoradouro, Area de Bon, Banda do Río, Beluso, Bueu,