O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE Adán Gonçalves
O SER HUMANO: A NOSA ESPECIE
Adán Gonçalves
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
Microscopio utilizado por Robert Hooke (1665)
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
En 1674 Leuwenhoek
observou hematías,
espermatozoides,
protozoos e mesmo
describiu unha bacteria.
Todo elo grazas a un
microscopio de maiores
aumentos fabricado por él.
Esquemas dos microorganismos
obsevados por Leeuwenhoek
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
A teoría celular está vencellada á invención das lentes e á
construcción dos microscopios que permitiron ter unha visión moi
ampliada destas estructuras, podendo observar características
totalmente imperceptibles ó ollo humano.
En 1838-39 Schleiden e Schwann enuncian a primeira
teoría celular segundo a cal, a célula é a unidade
estructural e funcional dos seres vivos, capaz de manter
unha existencia propia e independente
O DESCUBRIMENTO DA CÉLULA
1858 Virchow completa o postulado anterior afirmando
que todas as células se orixinan a partir dunha
preexistente.
A TEORÍA CELULAR
A teoría celular resúmese nos seguintes puntos:
A célula é a unidade estrutural dos seres vivos
A célula é a unidade funcional de todos os
seres vivos.
Toda célula procede doutra preexistente e
contén o material xenético dun ser vivo.
A Teoría Celular
A TEORÍA CELULAR
Sen embargo, a
universalidade da
teoría celular non foi
completa ata que
Santiago Ramón y
Cajal demostrou a
individualidade das
neuronas.
Agora si podíamos dicir que todos os tecidos
están formados por células!
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Son os distintos graos en que se organiza a materia.
Niveis Abióticos: (Non sustentan vida)
Nivel molecular: referido ás moléculas (unión de átomos). As
moléculas que forman parte da materia viva denomínanse
biomoléculas .
Hainas inorgánicas (auga e sales minerais) e orgánicas (glícidos,
lípidos , proteínas e ácidos nucleicos)
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Niveis Bióticos: (sustentan a vida)
Nivel Celular: o das células. Unidade básica de vida. A este nivel
pertencen os organismos unicelulares. É habitual que os unicelulares
formen colonias (agrupación de células que manteñen a independencia).
Nivel Pluricelular: inclúe a todos los organismos constituidos por máis
dunha célula (organismos pluricelulares); neles as células non son
independentes, hai especialización.
Dentro do nivel pluricelular hai distintos graos de complexidade:
- Tecidos: conxunto de células que realizan unha función. P.e.
tecido nervioso.
- Órganos: asociación de tecidos para levar a cabo un acto
concreto. P.e. corazón.
- Sistemas: conxunto de órganos parecidos, nos que hai un tecido
predominante, que se asocian para realizar unha función. P.e. sistema
circulatorio.
- Aparellos: conxunto de órganos que poden ser moi diferentes,
pero cuxos actos están coordinados para levar a cabo unha función máis
xeral que nos sistemas. De feito,é frecuente que inclúa varios sistemas.
P.e.: aparello circulatorio: sistema circulatorio e linfático.
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Nivel de poboación: conxunto de individuos dunha mesma especie que
son coetáneos.
Nivel de comunidade: conxunto de poboacións (comunidade ou
biocenose).
Nivel de ecosistema: biocenose que vive nun determinado lugar (biotopo) e
as súas interrrelacións.
Biosfera: todolos ecosistemas do planeta.
OS NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
En que se parecen?
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
Todas as células
teñen en común:
Membrana
plasmática
Citoplasma
ADN que contén
a información
xenética da
célula
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
A partir disto a diferenciación máis
básica das células establece dous niveis
de organización: célula procariota e
célula eucariota.
Características procariotas:
Carecen de verdadeiro núcleo.
Apenas posúen orgánulos
(ribosomas)
Son bacterias e similares. Reino
Moneras.
Unicelulares ou colonias (Moi
pequenas)
Características eucariotas:
Posúen verdadeiro núcleo, con
envoltura nuclear.
Numerosos orgánulos.
Poden ser uni ou pluricelulares.
(Máis grandes)
Conforman os reinos restantes:
Protoctista, fungo, vexetal e animal.
Dous tipos básicos: animal e
vexetal.
NIVEL CELULAR: MODELOS DE ORGANIZACIÓN
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Estruturas celulares
Membrana plasmática: estrutura que separa á célula do medio
externo. Formada por unha bicapa lipídica con colesterol e proteínas.
As proteínas que posúe cada célula confírenlle especificidade de
resposta a estímulos.
Citoplasma: fluído acuoso no que se atopa o citoesqueleto (proteínas
que dan forma e movemento ás células) e os orgánulos.
Núcleo: Dobre membrana que encerra o material xenético ou ADN
(cromatina) no que reside toda a información do que fai a célula.
Cromosomas: a cromatina durante a división celular condénsase e
forma os cromosomas que se reparten igualitariamente entre as células
fillas. Nós posuímos 46 cromosomas.
Mitocondrias : son alongadas e nelas lévase a cabo a respiración
celular.
Ribosomas : sintetizan proteínas.
Retículo endoplasmático : conxunto de tubos e canles
conectados. Pódese nel diferenciar dúas zonas:
- Retículo endoplasmático rugoso : asociado a ribosomas no
que se sintetizan e almacenan proteínas.
- Retículo endoplasmático liso : non asociado a ribosomas no
que sintetizan e almacenan lípidos.
Aparello de Golgi : conxunto de sacos aplanados que constitúen o
almacén das substancias procedentes do retículo endoplasmático.
Encárgase tamén da súa secreción cara o exterior celular.
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Orgánulos celulares
Vacúolos : Sacos onde se acumulan auga e substancias disoltas. Son
típicos das células vexetais, pero tamén aparecen nas animais.
Lisosomas : son vesículas dixestivas.
Centrosoma : estrutura formada por dous centríolos e fibras proteicas.
Atópase preto do núcleo e participa no reparto de material xenético na
división e na formación de cilios e flaxelos. Os centríolos só aparecen nas
células animais.
Cloroplastos : Orgánulo cun sistema de membranas que no seu interior
conteñen clorofila, o pigmento que lles permite realízar a fotosíntese. É
exclusivo das células vexetais.
Flaxelos e cilios: prolongación citoplasmáticas relacionadas co
movemento. Os flaxelos son máis grandes e menos numerosos. Nos
procariotas hai flaxelos (que son distintos), pero non cilios.
COMPOÑENTES CELULARES DAS CÉLULAS EUCARIOTAS
Orgánulos celulares
Estrutura
dun
cloroplasto
Estrutura dunha mitocondria
CÉLULA EUCARIOTA ANIMAL E VEXETAL
ANIMAL VEXETAL
Teñen formas máis irregulares
que nas vexetais.
Adoitan ter unha forma prismática.
Non teñen parede vexetal.
Posúen unha parede vexetal de
celulosa por fóra da membrana
plasmática que lles da resistencia e
rixidez.
Non posúen cloroplastos.
Posúen cloroplastos, onde se realiza a
fotosíntese.
Non teñen vacúolos tan grandes
como nas vexetais, pero teñen
vesículas pequenas de distintos
tipos.
Teñen un gran vacúolo que ocupa boa
parte do citoplasma.
Teñen centríolos Non teñen centríolos
AS FUNCIÓNS VITAIS
A célula, como vimos, constitúe a unidade funcional dos seres vivos. Esto significa
que leva a cabo todas as funcións: nutrición, relación e reprodución.
A nutrición son o conxunto de procesos polos cales os organismos (e as súas
células) toman substancias do exterior e transformanas en materia propia e
enerxía.
O metabolismo son o conxunto de procesos químicos que sofren os nutrientes
dentro das células. Divídese en:
Catabolismo: son reaccións de degradación. De moléculas orgánicas complexas a
moléculas inorgánicas sinxelas para obter enerxía. Esta enerxía será empregada
en levar a cabo as funcións celulares.
Anabolismo: son reaccións de construción de moléculas. Convértense as
substancias máis sinxelas en substancias orgánicas complexas propias da célula
que serán empregadas na renovación, reparación e construción de estruturas da
célula. Necesitan enerxía.
AS FUNCIÓNS VITAIS
A relación é a función vital que permite aos organismos , e as súas
células, captar determinados cambios (estímulos) dentro ou fóra do
seu corpo e responder o mellor posible para garantir a súa
supervivencia.
As células posúen na súa membrana plasmática proteínas capaces de
recibir estímulos do exterior para que poidan respostar do modo máis
axeitado.
O esquema xeral das fases desta función sería:
Estímulo-Receptor-Coordinador-Efector-Resposta
AS FUNCIÓNS VITAIS
A función de reprodución é a
capacidade dos seres vivos de xerar
novos individuos semellantes aos
proxenitores para perpetuar a
especie.
En relación ás células, durante o ciclo
celular, hai unha fase na que a célula se
reproduce por división celular
orixinando células “fillas”. En eucariotas
esta división pode suceder por mitose
(da células fillas iguais) ou por meiose
(orixina células fillas distintas)
CICLO CELULAR
NIVEL PLURICELULAR: TECIDOS
Un tecido é un conxunto de células semellantes que realizan unha
mesma función de xeito coordinado.
No noso organismo diferenciamos os seguintes tecidos:
Epitelial: de revestimento e glandular.
Conectivo: conxuntivo, cartilaxinoso e óseo.
Muscular: liso, estriado e cardíaco.
Nervioso
TECIDO EPITELIAL
Formado por células intimamente unidas, con pouca substancia
intercelular.
As células son en xeral de forma xeométrica.
Non leva vasos sanguíneos nin nervios, polo que vai sempre
asociado a tecido conxuntivo.
Segundo a súa función hai dous tipos:
A) Epitelios de revestimento
B) Epitelios glandulares
A) EPITELIOS DE REVESTIMENTO
As súas células están fortemente unidas.
A súa función é principalmente protectora. Recobre as superficies
externas e os condutos internos. Son exemplos:
Mucosas: epitelio que recobre a cavidade bucal, o intestino, as
vías respiratorias.
Epiderme: epitelio que forma a parte externa da nosa pel.
Endotelio: epitelio que recobre o interior dos vasos sanguíneos e o
corazón.
MUCOSAS
Todas as células están vivas
Células
mortas
EPIDERME
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido conxuntivo
Tecido epitelial
ENDOTELIOS
Alveolo pulmonar
Teñen unha única capa de células para
facilitar o paso de substancias.
B) Epitelios GLANDULARES
Son epitelios con función secretora, é dicir que segregan
substancias.
As glándulas poden ser fundamentalmente:
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Exócrinas
O producto fabricado nelas sae por condutos secretores ó exterior do
corpo ou a unha cavidade (sudoríparas, salivares, gástricas…)
Endócrinas
Nelas fabrícanse as hormonas. Non teñen conductos secretores, polo
que o producto formado pasa ó torrente circulatorio (glándula tiroides,
hipófese…).
Ademais adoitase a diferenciar outro tipo máis:
Mixtas
Actúa como glándula exócrina e endócrina simultáneamente (páncreas).
Pel. Glándulas sebáceas
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
TECIDOS CONECTIVOS
Tecidos variados, con funcións protectoras ou de soporte.
Formados por células pouco diferenciadas rodeadas de
substancia intercelular de composición moi variable.
Hai catro tipos fundamentais de tecidos conectivos:
a) Tecido conxuntivo.
b) Tecido adiposo (variante do conxuntivo)
c) Tecido cartilaxinoso
d) Tecido óseo
Tecido conxuntivo: rodea é protexe os órganos. É o “cemento” do
noso corpo. Atópase nos tendóns, nos ligamentos ou na derme.
Tecido adiposo: a súa función primordial é acumular graxa nos
adipocitos (células especializadas nesta función). É reserva
enerxética, illante térmico e ten función protectora dalgúns
órganos.
Tecido cartilaxinoso: as súas células, os condrocitos, producen
unha substancia intercelular resistente e flexible: a cartilaxe.
Atópase nas articulacións dos ósos, no nariz, na tráquea ou no
pavillón auricular.
Tecido óseo: as súas células, os osteocitos, elaboran unha
substancia intercelular ríxida e compacta formada por sales
minerais de calcio e fósforo: os ósos.
TECIDO CONXUNTIVO
TECIDO ADIPOSO
TECIDO CARTILAXINOSO
TECIDO ÓSEO
TECIDO MUSCULAR
Tecido muscular liso
Tecido muscular estriado (esquelético)
Tecido muscular cardíaco (miocardio)
Células fusiformes. Máis común en
invertebrados. Nos vertebrados forma os
músculos de contracción involuntaria e
lenta, recobre cavidades internas
(dixestivo, respiratorio, vasos, útero,
vexiga urinaria...)
Formado por células
alongadas chamadas
fibras musculares,
especializadas na
contracción grazas ás
miofibriñas
proteicas de actina e
miosina.
Células plurinucleadas de aspecto
estriado (bandas claras e escuras).
Músculos de contracción voluntaria e
rápida.
Exclusivas do corazón dos vertebrados.
Células uni ou binucleadas, de aspecto
estriado. Son máis curtas e máis anchas
que as estriadas e son ramificadas.
Contracción involuntaria. I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
TECIDOS MUSCULARES
Tecido muscular liso
Fibras lisas
I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido muscular estriado I.E.S. Otero Pedrayo.
Ourense
Tecido muscular cardíaco
Células da neuroglía
ou da glía: células non
nerviosas con funcións
metabólicas, de soporte
e protección.
Neuronas:
células
nerviosas
TECIDO NERVIOSO
Rede complexa composta
por dous tipos de células:
NIVEL PLURICELULAR: ÓRGANOS, SISTEMAS E
APARELLOS
Os órganos son asociacións de tecidos para levar a cabo unha función
particular. Exemplos: o corazón, o estómago, os pulmóns…
Os sistemas son asociacións de órganos compostos polos mesmos tipos de
tecidos (mesma orixe) que fan unha función determinada. Os principais
son:
Circulatorio
Linfático
Muscular
Esquelético ou óseo
Nervioso
Endócrino
Inmunitario
Sistema circulatorio: formado polo corazón e os vasos sanguíneos. Conduce o
sangue por todo o corpo, distribúe as subtancias nutritivas e recolle o CO2 e os
refugallos do metabolismo.
Sistema linfático: composto polos ganglios, os vasos e os capilares linfáticos.
Devolve o exceso de líquido extracelular ao sangue, transporta graxas e intervén
na defensa.
Sistema muscular: é a parte activa do aparato locomotor. Formado polos
músculos esqueléticos, axúdanos a manter a nosa posición e participa na
locomoción.
Sistema esquelético: é o soporte do locomotor. Composto por ósos. Ten función
locomotora, de protección de órganos e de reserva de Ca.
Sistema nervioso: formado polo encéfalo, a médula espiñal e os nervios.
Percibe estímulos do medio interno e externo, conduce impulsos e elabora
respostas.
Sistema endócrino: composto polas glándulas endócrinas. Colabora co nervioso
na coordinación mediante as hormonas que segrega ao sangue e que actúan
sobre células diana.
Sistema inmunitario: atópase por todo o organismo, protexe fronte patóxenos.
Os aparatos están formadas por un conxunto de órganos moi diferentes que
actúan de xeito coordinado para levar a cabo unha función superior.
Aparello respiratorio: constituído polas vías respiratorias e os pulmóns. Capta o
O2 e expulsa o CO2 producido durante o metabolismo celular.
Aparello dixestivo: formado polo tubo dixestivo e as gándulas dixestivas
(glándulas salivares, fígado e páncreas). Capta o alimento, degradao e absorbe os
nutrientes e elimina os restos non dixeribles.
Aparello circulatorio: composto polo sistema circulatorio (arterial e venoso) e o
sistema linfático. Formado polo corazón, os vasos sanguíneos, o sangue, os vasos
linfáticos, a linfa...
Encárgase de distribuir os nutrientes polo organismo e de recoller os refugallos do
metabolismo celular que serán eliminados nos órganos correspondentes. Tamén
participa na defensa e no control da temperatura corporal.
Aparello reprodutor: Formado polas gónadas, vías xenitais e xenitais externos.
Produce os gametos (óvulos nas femias e espermatozoides en animais). A unión dos
gametos (fecundación) orixina un novo individuo.
Aparello excretor ou urinario: formado polas vías urinarias, os riles e
outros órganos excretores (p.e. as glándulas sudoríparas).
Mantén o equilibrio hídrico do corpo e intervén na eliminación de
substancias de refugallo (excreción).
Aparello locomotor: constituído polos sistemas muscular e esquelético.
Posibilita a locomoción e mantén a postura corporal.
O MEDIO INTERNO
Os organismos unicelulares realizan o intercambio de substancias directamente co
medio externo cos rodea.
Nos pluricelulares, como a nosa especie, a maioría das células que os constitúen
non teñen un contacto directo co medio externo do organismo, polo que é
indispensable dispoñer dun medio extracelular no que se poida producir ese
intercambio. Este medio extracelular está formado nos pluricelulares máis
complexos (con un gran nº de células) por diversos líquidos que fan de
intermediarios entre as células do organismo e o medio externo.
O conxunto destes líquidos é o que denominamos medio interno.
Polo tanto, o medio interno prové as células de substancias nutritivas e O2, a vez
que recolle as substancias sobrantes e o CO2 procedentes do metabolismo.
O noso organismo rexistra constantemente todas as nosas constantes vitais. Cando
unha delas se altera reacciona aplicando mecanismos para contrarrestrar esa
alteración e reestablecer a homeostase (o equilibrio do medio interno).
DOAZÓN DE CÉLULAS, TECIDOS E ÓRGANOS
Actualmente é factible substituír algunhas células, tecidos e órganos que
non funcionan polos doutra persoa. A acción da cesión de células,
tecidos e órganos denomínase doazón.
As células que se doan com maior frecuencia son os gametos para
resolver problemas de infertilidade.
Os trasplantes de tecidos empréganse para reparar zonas alteradas.
Adoitase a utilizar tecido do propio paciente para evitar o rexeitamento.
Os órganos máis demandados son: corazón, ollos, fígado, riles,
pulmóns e páncreas.
O maior problema nos trasplantes é a insuficiencia de doadores.
CLASIFICACIÓNS: UN POUCO DE HISTORIA
O naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na
súa obra Systema naturae establece as bases da
sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos
en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira
xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel
abarca un ou máis do nivel inferior.
En 1731 crea a nomenclatura binomial que aparecerá
publicada na súa obra Species plantarum (1753). Este
xeito de asignar nome as especies segue a ser o que
utilizamos na actualidade:
Nome científico= nome xenérico + nome da especie
HOMO SAPIENS: A NOSA ESPECIE
Especie: dous individuos son da
mesma especie cando poden
reproducirse e dar lugar a
descendencia fértil.
Dominio: Eucariota
Reino: Animal
Filo ou división:
Cordados
Clase: Mamíferos
Orde: Primates
Familia: Homínidos
Xénero: Homo
Especie: Homo
sapiens
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
http://docplayer.es/2772955-Analogia-celula-vegetal-fabrica.html
http://www.portalsaofrancisco.com.br/alfa/endocitose/endocitose.p
hp