Letras Galegas 2012: “Valentín Paz Andrade” “Ven o ar ateigado de palabras, Cada mañá chamando aos nosos vidros, Para por a xermolar son e semente. As palabras decote están falando E somos nós xordos á mensaxe Que no seo das sílabas carrexan” Valentín Paz Andrade
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Editorial Mal sabía quen elexiu este nome, hai xa 18 anos, para o
xornal que hoxe editamos, que nos ía definir tan ben. Non sei se foi premonitor ou fatalista…Porque sí, aquí estamos, outra vez e, coma sempre,
“ ”
Con présas sí, pero non efémero porque xa vamos co nº 18. … Con présas, embarcados en varias cousas á vez:
proxectos, grupos de traballo, blogs, traballos, traballos…
Nestes tempos que corren é importante manter as ganas e manter a unión, manter vivo o lema que nos define dende hai anos: ser una auténtica comunidade educativa, construíndo educación coas achegas de todos.
Este foi un ano diferente: tocounos sacar unha pancarta
que no sentir nos acompañou todo o ano, “
” e que cos tempos que corren
teremos que seguir enarborando. Pero, esta pancarta puxo a
proba a comprensión. Foi un ano duro:
, e para non perder a
perspectiva: estamos xuntos no mesmo e queremos o mesmo: a mellor educación para os vosos fillos.
Este xornal quere ser un anuario, unha revista, un repaso por todo aquelo que pasou no cole, pero moitas cousas quedan “no tinteiro” porque un ano é moi longo aínda que pasa voando…
Un ano que iniciamos con obras e que rematamos con outra pendente… pero esperamos que as nosas paciencia e insistencia se vexan recompensadas cunha mellora substancial do noso patio.
Rematamos un proxecto, o de Potenciación da Língua Galega en E. Infantil do que nos sentimos orgullosos por telo ofertado; continuamos proxectos afianzados como as Seccións Bilingües, cun pulo novo grazas a Gillian, a nosa Profesora Visitante, e o Programa de Acompañamento Escolar coa ampliación ao segundo ciclo; seguimos, de vagar pero seguro, coa introducción das novas tecnoloxías e as aulas Abalar e iniciamos proxectos novos como o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar e o Obradoiro do Conto e da Fala…
, que entre todos
seguiremos a desenvolver para seguir tendo un cole onde nos dé gusto traballar, nos dé gusto aprender e do que nos sigamos sentindo orgullosos:
A primeira vez que te vin, e aos ollos te mirei, sentín por ti un agarimo, que xa nunca olvidarei. Espero terche dado todo o amor posible pero darche a liberdade, iso, era imposible. Así que eu dispúxenme, só por verte feliz, a deixarte correr ao teu aire: correr, voar, vivir. Egua que voa polo aire, traspasa as nubes que nos meus soños viven, consola, consola vela voar, coa súa amazona ás costas. Eu estiven.
Os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron entre todos un fermoso conto.
Todo comezou un día de outubro cando os veu visitar a contacontos Sabela Gago dentro da actividade de Animación á Lectura: “Dálle forma aos teus contos”.
Os nenos e nenas pasárono moi ben e animáronse a facer este conto que mereceu estar na Exposición do IES Otero Pedraio.
Aquí vos presentan o dereito e o revés de cada unha das súas follas.
OS AFIADORES A profesión de afiador e tradicional en Galiza
E característica da provincia de Ourense
Temos constancia da existencia de afiadores ambulantes galegos desde hai tres séculos. Con frecuencia proviñan da provincia de Ourense, en especial dos actuais concellos de Nogueira de Ramuín, A Peroxa, Esgos, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Castro Caldelas, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e Manzaneda. Por ser un oficio ambulante, os afiadores galegos percorreron as terras de Castela, Navarra, Cataluña, Valencia ou Andalucía. As súas saídas eran eventuais, traballaban durante uns meses e retornaban ós seus lugares de orixe. O seu aparello de traballo era unha roda chamada tarazana ou toura, en barallete. Anunciábanse na rúa tocando o chifre.
En 1950 trasládanse a Vigo onde exerce como procurador. Escribe unha biografía de Curros Enriquez, consciente de que a recuperación da figura do poeta podería xogar un papel importante no despertar da conciencia colectiva do país naquel momento.
En 1954 en “O soño Sulagado” atopamos alguns dos millores poemas escritos por Celso Emilio, que falan de problemas existenciais, de inquietud vital, intimista (amor a súa mai e á muller)
En 1962 sae “Longa Noite de Pedra” , do que este ano se cumplen 50 anos. O impacto desta obra foi enorme. Esgotouse en poucos días e correron fotocopias de man en man . Pasou a ser símbolo e referente citada dentro e fóra do país. Un libro con unha poesía contundente, de protesta, de denuncia. Moita xente empeza a tomar conciencia da realidade cultural, social e política de Galicia.
AR
TIGO
S DE
CO
LAB
OR
AC
IÓN
Consuelo Cid Álvarez “Chelo”
1912-1936 Celanova
Nace o 6 de xaneiro de 1912 na rúa Enriba, preto da casa onde nacera en 1851 Curros Enriquez, en Celanova. Foi o menor de sete irmáns. A súa familia, acomodada, mandouno estudar cos Escolapios.. Con 17 anos xogaba no Sporting de Celanova e traballaba nunha tenda de retais situada na Praza.
En 1934 funda co seu amigo Xosé Velo a “Federación de Mocedades Galeguistas”, e dirixe o seu periodico quincenal “Guieiro”, iniciando así unha actividade marcada polo compromiso con Galiza e cos homes e mulleres máis desfavorecidos.
En 1935 e procesado por un artigo, pero o proceso quedou sin efecto.
1936-1940 Oviedo
Estala a guerra, Celso Emilio é chamado a filas no bando franquista e, en contra dos seus ideais, participa coas columnas galegas na conquista de Oviedo.
En 1937 coñece, por teléfono, a Moraima, natural de Olloniego.
Nun permiso que lle concederon para visitar a sua nai, que estaba enferma, falou polas tascas da Vila sobre asasinos e asasinatos. Por elo foi denunciado e sentenciado a morte, pero só pasou catro días na cadea no Mosteiro de Celanova.A súa familia e amigos conseguiron a anulación da sentenza. Eses días foron o xermolo de Longa noite de Pedra.
1966-1973 Caracas
En 1966 viaxa a Venezuela, invitado
por a “Hermandad Gallega” para
asumir a dirección do “Patronato
de Cultura” . O desencanto faille
escribir “Viaxe ao país dos ananos”.
1973-1979 Madrid
Instálase en Madrid desenvolvendo unha intensa actividade en prol da cultura e a literatura galega, adícase por completo á actividade literaria e xornalistica. Publica en 1975 o último libro en vida “Onde o mundo se chama Celanova” que segue unha liña sarcástica, irónica e crítica. É quizais a máis sentimental.
Morre en Vigo no verán de 1979.
“...mais o lume que alampea xamais o veredes morto.”
Animando aos nenos a ler Andrea Justo-5ºB. PONTIÑA PRESS. O club de lectura é un club no que os alumnos de 5º e 6º que queren participar se xuntan cada certos días para ler un libro (todos leen o mesmo), e, cando termina o plazo, xúntanse outra vez para comentar as súas opinións e deciden o próximo libro que queren ler. Tamén vemos de vez en cando vemos xuntos a película do libro que lemos; este ano vimos a película de Matilda: os nenos trouxeron golosinas e os profes fixeron palomitas. ¡¡ Que ricas !!
As veces os alumnos do club preparan doces (galletas, tartas, bica…).A verdade e que é divertido, comentar as opinión cos compañeiros, estar con eles e ler libros… e tamén a comida está rica.
PLA
N D
E MELLO
RA
DE B
IBLIO
TECA
S ESCO
LAR
ES
PLA
N D
E MELLO
RA
DE B
IBLIO
TECA
S ESCO
LAR
ES
Fixemos préstamo
interbibliotecario e
chegáronnos libros
dende Moaña e dende
Mende. GRACIAS! ¡Faremos o noso recetario de “recetas compartidas”!
¡Qué boas as tertulias con galletas!
David-6ºA. PONTIÑA PRESS. Este ano, no Club
de Lectura reunímonos cinco veces. Somos uns
vintecinco nenos e nenas aos que nos gusta
ler. Somos máis ca o ano pasado. As reunión
celébranse na biblioteca durnate a hora do
recreo, e sempre hai moitas cousas que
comentar…
Mario-6ºA. PONTIÑA PRESS. Todo comezou en setembro de 2010…Eu uninme ao club co meu irmán. O ano pasado limos cinco libros e este ano limos outros cinco. Estou moi contento do meu paso polo club.
Este ano limos:
“El valle de los lobos” de Laura Gallego
“O Principiño” de Antoine de Saint Exupêry
“Matilda” de Roald Dalh
“El Gabinete de las Curiosidades” de Marie Rutkoski e
…O Día das Bibliotecas Escolares baixamos á nosa biblioteca para celebralo vendo una presentación do funcionamento e as normas, e atopamos algo sorprendente: a Pontiña convertírase en nena! Moitos participamos nun concurso para averiguar que lle pasara á Pontiña e acertamos tantos que ao final tivemos un gañador/a por cada clase! Velaí tedes algúns dos gañadores e gañadoras recollendo o seu premio e, como mostra, un dos contos premiados…Podían estar todos, porque son xeniais, pero non nos collen na páxina! Poderedes lelos cando inauguremos a nova biblioteca. Seguimos tendo a nosa Pontiña de sempre, pero ás veces, cando nos quere dicir algo ou está farta de estar quieta, transfórmase de novo en nena.
Este ano visitounos a “Ecopatrulla”. Tivemos unha charla na que nos explicaron como coidar o medio ambiente, canta auga utilizamos ao ducharnos, ao bañarnos, cando pomos a lavadora... Presentáronnos algúns dos personaxes da Ecopatrulla e ensináronnos o peor dos malvados Mis Contamina. A nosa opinión é que esta actividade foi moi chula e que nos fixo pensar se queríamos ser do bando da Ecopatrulla ou do bando de Mis Contamina. Fixemos un xogo, no que nos facían preguntas para saber como coidar o medio ambiente e para probar o ecolóxicos que somos. Axudounos a saber como coidalo e a non contaminalo .
Consistía en contarlles un conto aos nenos e nenas máis pequenos.
Os de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria lémoslles un conto aos nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º. A esta actividade nomeámola "Padriños e Madriñas Lectores". Elixiamos quen era o afillado, a sorteo: dous ou tres días antes iamos á clase que nos tocara e alí a profesora tiña unha cesta chea de papeles con todos os nomes da súa clase; cada un dos maiores collía un papel e así coñecía ao seu afillado ou afillada.
Algúns nenos e nenas pequenos eran moi tímidos pero eses foron os que despois máis atentos estiveron ao conto.
Os contos que lles lemos eran contos coñecidos de cando eramos pequenos, algúns curtos, outros longos. Os libros que máis se repetiron foron os que traían varios contos.
Contabámoslle o conto moi despaciño, ensinándolles os debuxos e ao final faciámoslles preguntas sobre as cousas que pasaban no conto, se había algo que non entendían, se lles gustou ou non…
Esta actividade axudou a mellorar a lectura dos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Por outra parte, os nenos e nenas de infantil e de 1º e 2º de primaria melloraron a súa comprensión lingüística. A actividade gústounos moito a todos porque foi divertida e á vez educativa, entón tanto as profesoras e profesores como os nenos e nenas participamos moi contentos.
Os pequenos comportáronse moi ben e non querían andar a correr polo patio, xogar ou falar con algún compañeiro..., só querían escoitarnos.
A todos nos quedaron ganas de repetir pero arranxando algunhas cousas para mellorar.
Quizais deberíamos invertir un pouco máis de tempo porque os máis pequenos querían escoitar outro conto.
Esta actividade pareuceme cariñosa porque coñecemos nenos pequenos e abrazámolos para lerlles o conto. Ademais fíxonos recordar o que faciamos de pequenos e como nos comportabamos.
A min pareceume unha das mellores actividades do ano. Foi divertida, educativa, cariñosa, artistica...
…Recordareina sempre. Aldán Baliñas – 5ºA
…
Para celebrar o Día do Libro no noso colexio, o CEIP A Ponte, fixemos unha actividade moi orixinal e divertida, tanto para os que lían como para os que escoitaban con moita atención.
Este ano por primeira vez fixemos unha actividade de apadriñamento polo Día do Libro. Cada curso apadriñou a outro máis pequeno.
O apadriñamento consistiu en que os padriños e madriñas(alumnos de 3º a 6º) léronlle un conto aos seus afillados/as (alumnos de infantil, 1º e 2º). Esta actividade foi moi produtiva, xa que ademais de animar ós nenos/as pequenos á lectura, os maiores practicámola.
Foi divertida, educativa e fíxonos pasar un bo rato.
Iago López Santos foi o noso contacontos de Nadal, patrocinado pola editorial Anaya, e así engaiolou aos pequenos coas súas historias:
O actor e autor teatral Inacio estivo cos nenos e nenas de Infantil e 1º o 30 de marzo, interpretando a súa obra “Fábula Galénica”, que lles descubriu a máxica historia do burro da tía Lola.
PPAA
SS OOUU
NNOO
CCOO
LL EE
Para conmemorar o Día do Libro e para que os nosos nenos e nenas se achegasen aos libros e á lectura a través das persoas que os fan posibles grazas ao seu talento, a Biblioteca do centro convidou a disfrutar do encontro con autores, contacontos e ilustradores/as. Antes xa nos visitara o “Contacontos de Nadal”, en decembro, e Jacobo Fernández Serrano en febreiro.
Dende Bueu, Kalandraka trouxonos o 16 de abril a Olalla
González adaptadora dos títulos de Kalandraka Chibos
chibóns e Garavanciño e Mark Taeger ilustrador de A
verdadeira historia de carapuchiña, Aquiles o puntiño,
Artur, Tic tac e Garavanciño que levaron a cabo unha
sesión de Contos ilustrados onde contaron e ilustraron
Por sexto ano consecutivo celebráronse no noso cole as Xornadas do Ponteatro. E, por sexto ano consecutivo pasámolo moi ben e puidemos disfrutar dunha ampla mostra de teatro no que non faltou o teatro escolar, cada vez máis representado, o teatro “amateur”, os contacontos e, como non, o grupo de teatro dos nenos e nenas do noso colexio que, se non é profesional, parece... Grazas a Sole, a Yovana, a Concha, a Eva, a Mar…que dedicástedes tempo, MOITO, e esforzo, MOITO, para que todo saira ben.
Saiu MOI BEN!
1.Luns 21: O grupo do CEIP AS MERCEDES
representa un clásico “O Principiño”
CEIP A PONTE CEIP AS MERCEDES
ANXO MOURE
3.Luns 28: “TITIRICLETA”
O Ponteatro non sería o mesmo sen él: é o noso
clásico que sempre engaiola!
CEIP O COUTO
4.Martes 29: Canto nos gustou e como bailaron!
Na obra “Las joyas de la selva”
ESCOLA M. DE
ARTES ESCÉNICAS
5.Mércores 30: “O tren das ilusións”
Entre eles tamén estaba algún talento do noso cole.
Chegou o derradeiro ano no colexio e con el o momento da despedida. Aínda nos acordamos do primeiro día que empezaron as clases, esos
nervios, esas dúbidas de saber onde iamos, despedirnos dos nosos pais pensando porque se ían, onde nos deixaban …Todos estábamos nerviosos pero fascinados. Pero alí estaba a profesora Sonsoles para consolarnos e tranquilizarnos.
No colexio coñecimos a persoas maravillosas como os nosos mestres e mestras ou os nosos amigos, que ao principio eran uns extraños para nós. Agora podemos dicir que somos como unha gran familia. Coñecimos a persoas que todavía están con nos e persoas que marcharon pero das que aínda gardamos gratos recordos.
Ao longo destes anos tivemos un montón de mestres e mestras como Maite, que estivo con nós en segundo e terceiro curso de Infantil. Ao pasar a primaria, en primeiro e segundo ciclo, tivemos como titora a Mari Carmen que sempre nos divertía contando as historias do seu gatiño Dodi. Cando Mari Carmen se lesionou veu Cristina coa que estivemos un ano.
Despois, en terceiro ciclo colleunos Carmen, una titora moi especial coa que pasamos ratos moi bos. En Mates e Educación Física carlos, con el sempre rimos pero tamén sabemos cando nos debemos por serios. En Coñecemento do Medio e Música Carmela. Con ela ás veces, tivemos algún rife-rafe, pero pronto nos pasaba. A profe de Relixión, Montse, tivo algún problemas de saúde, pero sempre se recuperou. En Inglés contamos con Teresa Carmen, Carmen Calleja, Patricia, Inés e Gillian, una profesora visitante dos Estados Unidos de América, que nos ensinou inglés da mellor maneira posible. Aínda que rifemos cos mestres e as mestras todos os días, querémolos moito a todos, e todos ocupan un oco especial no noso corazón que nunca olvidaremos.
Vaiamos onde vaiamos sempre levaremos o recordo do noso colexio, porque nel aprendimos a escribir, a falar ben, e aínda que non foi fácil, intentaron ensinarnos a comportarnos e a ser educados. Nesto último puxémosllo moi difícil pero non se rendiron e intentaron ensinarnos o mellor posible ata o final. Nós sempre lles estaremos agradecidos polo maravilloso traballo que fan todos os días.Agora o que toca e marcharse deste gran colexio e continuar as nosas vidas. Algúns xuntos, outros separados pero, intentando continuar da mellor maneira posible e tendo en conta os bos consellos dos nosos mestres e mestras. Cosellos que nos acompañarán o resto das nosas vidas.
Por último, os alumnos de 6º A só querenos dicir unha palabra sinxela pero poderosa: GRAZAS. Grazas por estes nove anos. Grazas aos mestres, ás mestras; grazas aos compañeiros e grazas a todas as persoas que sempre estiveron ahí. Grazas as xefas de estudos, ás directoras destes anos e aos nosos conserxes. Para a última deles, Manoli, temos un recordo especial. E tamén para o señor Luis. A todas as persoas que pasaron polas nosas vidas estes anos, moitas grazas e hasta sempre.
Estas son algunhas das mellores lembrazas que nos levamos
do “NOSO COLEXIO”. Comezamos no ano 2003. Os primeiros días estabamos moi
nerviosos, pero á vez, ledos.Tiñamos uns mandilóns co noso nome bordado, e tamén uns coxíns no que nos sentabamos para escoltar contos e para durmir. Aos poucos días de comezar o curso tivemos que trasladarnos “A ANEXA” debido a que ían construir o terceiro andar. Connosco tamén veu a nosa profe, Pilar. Xa tiña os seus anos pero era moi boa. Sempre ía acompañada dunha profesora en prácticas chamada Rebeca.
Rematamos o curso e remataron as obras no “noso colexio” así que en setembro volvemos. Xa tiñamos 4 anos e unha nova profe, Covi, entrou nas nosas vidas. Foi unha das mellores, recordamos que nos contaba historias dos seus cans, e cando nos portabamos ben traía unha bolsa de patacas fritidas que compartíamos entre toda a clase.
Acabouse a boa vida e pasamos a 1º, nova profe, Puri: empezaron os deberes. Aprendemos a sumar, a restar e tamén fixemos a excursión máis longa da “nosa vida” fomos en tren a Monforte.
En 2º nova titora, Ánxeles. Estricta, pero amable. Aquí, tocoulle á táboa de multiplicar.
Cambiamos de curso pois pasamos a 3º e outra titora, Fina. Unha profesora moi estricta e esixente coa que aprendemos moito. Fixemos a mellor actuación; “O rap do cole”, fomos tamén ao Paco Paz a unha actividade de educación vial e montamos en uns kars.
En 4º seguimos con Fina e representamos “A boa Paulina”. Foi un curso un pouco difícil.
Xa chegamos ao terceiro ciclo, 5º e 6º, onde nos tocou como titora Mª Jesús. A máis divertida, traballadora e mañosa que tivemos.
Con ela fixemos moitas actividades: volcáns, planetarios, cestas, broches… Pero o máis difícil e o que máis nos gustou foron “os cabezudos”. Con eles participamos no desfile do Entroido de Ourense e quedamos segundos. ¡Gañamos 400 €! Este diñeiro ímolo gastar nunha excursión de fin de curso a “Os Biocos” onde nos divertiremos moito.
Xamáis nos esqueceremos de Montse, Rafa, Carmela e Carmen e. sobre todo, dos nosos compañeiros e dun modo moi garimoso de IAGO.
Os alumnos/as de 6º B
Queridos amigos e amigas:
Levamos moitos anos xuntos e dame moita pena que nos separemos. Espero que veñades a visitarme e que teñamos algunha cita para xogar un partido. Eu quero que vos vaian as cousas moi ben na vida. Un abrazo e moitos bicos do voso amigo para sempre.
Se somos fillos dos días, en case todos os vosos días está este colexio. Se estades feitos por historias, moitas delas transcurriron aquí.
Esperamos que levedes con vós nove anos feitos de boas historias,
historias de respecto, de compañeirismo, de amizade, de curiosidade… das que serven para aprender, para ser bos compañeiros,
para valorar o noso, para serdes boas persoas.
Esperamos que sempre lembredes con agarimo o voso cole porque xa sempre estaredes vencellados a él, e que xunto cos amigos e amigas, cos coñecementos e os valores, coa educación e as vivencias, levedes unha
chea de recordos, de bos recordos…
Medrastedes con nós.
Sodes un pouco nosos, moitas veces pensamos que de todo, por eso vos botaremos de menos e, por enriba dalgún enfado e outra rifa,
Querémosvos.
Esperamos ter ben feito o noso traballo para que na nova vida que iniciades