A CRISE DO ANTIGO RÉXIME DURANTE O REINADO DE CARLOS IV Motín de Aranjuez 19 de marzo de 1808
A CRISE DO ANTIGO RÉXIMEDURANTE O REINADO DE CARLOS IV
Motín de Aranjuez19 de marzo de 1808
O IMPERIO DOS AUSTRIA
CARLOS IOU
CARLOS VFELIPE II FELIPE III FELIPE IV CARLOS II
1516-1556 1556-1598 1598-1621 1621-1665 1665-17001519 Emperador de Alemaña.1520-1521 Comunidades e xermanías (1521-1523)1525 Batalla de Pavía1547 Batalla de Mülhberg1555 Paz de Augsburgo1556 Abdicación
1557 Batalla de San Quintín1566 Rebelión en Flandres1571 Batalla de Lepanto1581 Anexión de Portugal1588 Armada invencible
1609 Expulsión dos mouriscos.Tregua dos 12 anos.
1626 Vitoria de Breda1640 Levantamentode Catalunya e Portugal1643 Derrota en Rocroi1648 Paz de Westfalia1659 Paz dos Pireneos
1673 Novas guerras con Francia.1678 Paz de Nimega
ACTIVIDADE
Fíxate atentamente no eixe: Que reis da dinastía dos Austria dirixiron a Coroano s. XVI? E no s. XVII?
CONCURSO: MISTER AUSTRIA
Elixe ao Austriamáis guapo.que característicasfísicas cres que teñenen común?
Carlos I ou V Filipe II Filipe III
Filipe IV Carlos II
O EMPERADOR CARLOS V VISTO NO FINAL DA SÚA VIDA POLO EMBAIXADOR ITALIANO BADOARO
• É de estatura mediana e de aspecto grave. Ten a fronte espaciosa, os ollos azuis, nariz aquilina e un pouco torcida; a mandíbula inferior longa e ancha, o que lle impide xuntar os dentes e fai que non se entenda ben o final das palabras. Os dentes de diante son escasos e con carie; a pel é fermosa a barba curta e apuntada. É ben proporcionado. A súa complexión é flegmática, de orixe melancólica. Padece case continuamente de hemorroides e, a miúdo ten gota no pescozo e nos pés, polo que ten contraídas as mans. Escolleu retirarse a Iuste porque o aire deste lugar é o máis propicio de España para o restablecemento da súa saúde (...) Tiña por costume tomar, pola mañá, ao espertarse, unha cunca de zume de capón con leite, azucre e especias e despois volvía a repousar. A mediodía comía gran variedade de pratos; merendaba pouco despois de vésperas e ceaba á unha da madrugada, tomando nesas diversas comidas toda clase de cousas apropiadas para enxendrar humores espesos e malignos
• (Relación sobre Carlos I. 1557)
O DUQUE DE RIVAS SOBRE FILIPE IIUna noche de Madrid de 1578 (1841)
• Macilento, enjuta, grave• rostro como de ictericia;• ojos siniestros que a veces• de una hiena parecían;• otros vagos, indecisos• y de apagadas pupilas.• Hondas arrugas, señales• de meditación continua,• huella de ardientes pasiones• mostraba en frente y mejillas.• Y escaso y rojo cabello,• y barba pobre y mezquina,• prestaba a su semblante• expresión rara y ambigua.
SOBRE O FEITIZAMENTO DE CARLOS II
• CARLOS II EL FEITIZADO ERA ESTÉRIL PORQUE SÓ TIÑA UN TESTÍCULO
• O rei Carlos II O Feitizado (1661-1700), último dos Austrias, era estéril porque só tiña un testículo e ademais atrofiado, segundo o primeiro estudo multidisciplinar médico e histórico da vida do monarca, realizado por Pedro Gargantilla, médico internista do Hospital Clínico San Carlos de Madrid.Gargantilla sostén que a esterilidade de Carlos II debíase a unha patoloxía xenital e en ningún caso a un hechizamiento.
"Non tiña o cadáver nin unha pinga de sangue, o corazón aparece do tamaño dun gran de pementa; os pulmóns corroídos; os intestinos putrefactos e gangrenados; un só testículo, negro como o carbón, e a cabeza chea de auga", dicía o texto da necropsia realizada ao rei, unha proba médica inusual naquela época pero que Gargantilla cre que fixeron a Carlos II polo seu suposto "hechizamiento".
Carlos II padeceu raquitismo infantil, "como queda constancia na súa avultada cabeza e en que non puidese camiñar con normalidade ata os 10 anos, a pesar de que o herdeiro de Felipe IV tivo unha lactancia que durou case catro anos e contou con 28 amas", sinala Gargantilla na súa análise.
A súa esterilidade"Sen embargo, o auténtico calvario do rei foi a súa esterilidade, que se atribuíu a que estaba feitizado", sinala Gargantilla, quen lembra que a primeira muller do rei, María Luisa de Orleans, continuaba sendo virxe ao ano de matrimonio.
"Nunha operación de alto espionaxe internacional, o diplomático francés Rabenac apodérase duns calzóns do rei e manda que sexan examinados por dous cirurxiáns da embaixada: un dictamina que o rei pode ter descendencia, e o outro non", de forma, di Gargantilla, que a polémica está servida, ao que se suma que a propia raíña confesou a seu camarera que Carlos II padecía de "eyaculación precoz que impedía consumar o matrimonio".
Aí, sostén o estudoso, comezou a lenda do feitizamento de Carlos II e así un astrólogo de Bohemia sostivo que a causa da esterilidade estaba en que non se despedira do seu pai no seu leito de morte, "polo que o rei se dirixiu ao mosteiro do Escorial, mandou sacar a momia de Felipe IV e durante uns minutos estivo contemplándoo".
RETRATO DE CARLOS IICarta de Millini, nuncio de Roma en España. 1680
• O rei é máis ben baixo que alto, fraco, mal formado, feo de rostro; ten o pescozo longo, a cara longa, o queixo longo e como encorvado cara a arriba; o labio inferior típico dos Austrias; ollos non moi grandes, de cor azul turquesa e cute fino e delicado. Mira con expresión melancólica e un pouco aombrado. O cabelo é rubio e longo, peiteado cara atrás, de modo que as orellas quedan ao descuberto. Non pode enderezar o seu corpo máis que cando camiña, a non ser que se arrime a unha parede, unha mesa ou outra cousa. O seu corpo é tan feble como a súa mente. De vez en cando dá sinais dalgunha intelixencia, de memoria e de certa vivacidade; polo común ten un aspecto lento e indiferente, paracendo estupefacto. Pode facerse con el o que se desexe, pois carece de vontade.
CARLOS II O ENFEITIZADO Frei Antonio Álvarez Argüelles. Resposta ao Inquisidor
• Díxome o demo pola noite que o rei está maleficamente enfeitizado para gobernar e para enxendrar. Foi enfeitizado cando tiña 14 anos cun chocolate no que se disolveron sesos dun home morto para quitarlle a saúde e os riles, para corromperlle o seme e impedirlle a procreación. Os efectos do bebedizo renóvanse por lúas e son maiores durante as lúas novas.
BUSCA DIFERENCIAS
María Ruíz ElviraEl País 15/04/2009
A endogamia matou aos AustriasO primeiro estudo xenético indica que Carlos II era como un fillo incestuoso
M. RUIZ DE ELVIRA - Madrid - EL PAÍS 15/04/2009
Carlos II O Feitizado foi unha das vítimas dos repetidos cruzamentos entre parentes próximos que se deron nos seus antepasados, tanto recentes como remotos. O seu coeficiente de consanguinidade era altísimo, similar ao do froito dunha relación entre pai e filla ou entre irmán e irmá, acharon científicos españois. O primeiro estudo que aplica a xenética a unha dinastía española, a dos Austrias, confirmou a hipótese de moitos historiadores de que a consanguinidade foi o factor clave na súa extinción, cando morreu Carlos II en 1700 sen descendencia. Tamén permitiu esclarecer os principais trastornos que sufría o rei.
"Na análise da consanguinidade remontámonos 16 xeracións desde Carlos II, cun total de 3.000 personaxes", explica Gonzalo Álvarez Jurado, catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela e seareiro á historia. O que atoparon Álvarez e os seus colegas, Francisco Ceballos e Celsa Quinteiro, e publican en Plos One, é que pesan tanto as relacións de parentesco entre o pai e a nai do suxeito como as acumuladas ao longo das xeracións.
Desde que Felipe o Fermoso inaugurou a dinastía ao casar con Juana La Loca, os matrimonios entre parentes nas diferentes casas reais europeas, para conservar o poder, foron a norma. O coeficiente de consanguinidade indica a proporción de xenes idénticos que se reciben do pai e da nai. Coa xenealoxía na man, en porcentaxe, vai aumentando desde o 2,5 de Felipe o Fermoso ao 21 de Felipe III. En Felipe IV baixa a un 11,5 e Carlos II, a pesar de ser só fillo de tío e sobriña, ten o máximo (25,4), 10 veces maior que o do fundador.
"Para probar a influencia da consanguinidade, fomos aos efectos", indica Álvarez. "Analizamos a mortalidade infantil nos descendentes de cada rei ata os 10 anos e observamos unha relación directa entre o coeficiente de consanguinidade e a taxa de mortalidade". Xa os testemuños da época se estrañaban da cantidade de abortos e de nenos que nacían mortos ou morían pronto na familia mellor coidada da España de entón.
Ademais, os científicos españois estudaron desde o punto de vista xenético os trastornos dos reis e, sobre todo, de Carlos II. "Dispoñemos dos mellores retratos de todos eles, de grandes pintores, que son moi informativos para os médicos", lembra Álvarez. Sen embargo, aclara, o queixo prominente de Carlos I non está relacionada coa consanguinidade.
Dúas doenzas imputables a mutacións xenéticas recesivas, que necesitan herdarse dos dous proxenitores, explicarían os trastornos de Carlos II, que era raquítico, non puido ter fillos e aos 30 anos parecía un vello. Son un déficit hormonal múltiple da hipófise (da hormona de crecemento, entre outras) e unha acidose tubular renal, causa de raquitismo.
Na lotería xenética saíu mellor parada a infanta Margarita, irmá do rei e unha das famosas meninas de Velázquez, que se casou e tivo fillos.
Hai un grao de incertidume inevitable no estudo, debido á imposibilidade de asegurar a paternidade dos descendentes, pero Álvarez cre que é pequeno, dado o marco da realeza na época. Agora, os investigadores están ampliando o estudo aos Austrias austríacos, que teñen aínda maior consanguinidade. Un primeira análise indica que nos Borbóns é moito menor
A HERDANZA DE CARLOS V
Límites do Imperio
A HERDANZA DE CARLOS VCarlos V recibe en herdanza dos seus avósOs seguintes territoriosSabela a Católica: Castela, Canarias, Melilla, Orán, Trípoli e IndiasFernando o Católico: Aragón, Nápoles, Sicilia e Cerdeña.María de Borgoña: Países Baixos, Franco-Condado e CharolaisMaximiliano I: estados dos Habsburgo (Tirol e Austria), dereitos sobre Milán e dereitos ao título imperial
Archiduque Carlos
A Guerra de Sucesión (1701-1714) (páx. 18)
Carlos II
Felipe V
Guerra de sucesiónO conflito en Europa
A Guerra de Sucesión (1701-1714) (páx. 18)
• Castela amosouse, polo xeral, fiel ao monarca borbónico. Pola contra, a maioría dos territorios da Coroa de Aragón apoiaron o candidato austríaco temerosos de que se lles privase dos seus foros. No interior a guerra foi favorable ás tropas de Felipe que lograron a vitoria na batalla de Almansa en 1707, tras a cal, ocuparon Valencia e Aragón.
• Cataluña resistíu as tropas do rei Felipe V, que ocuparon a cidade de Barcelona, tras catorce meses de asedio, o 11 de setembro de 1714 (Diada de Catalunya).
• Como consecuencia disto, Felipe V estableceu os Decretos de Nova Planta que supuxeron a supresión dos foros e institucións de Aragón, Valencia e Catalunya. Neste último caso o catalán deixou de ser lingua oficial na administración.
Tratado de UtrechtPerdas territoriais
Felipe V 1700-1746
Luís I1724
Fernando VI1746-1759
Os primeirosBorbón
AQUÍ VIVIRÁN FELIPE V E FAMILIAO palacio de oriente
AQUÍ VIVIRÁN FELIPE V E FAMILIA
CARLOS III (1759-1788) CARLOS IV (1788-1808)
O RESTO DOS BORBÓN DO XVIII
O absolutismo borbónico• Os primeiros Borbón españois (Felipe V e Fernando
VI) implantaron o modelo de absolutismo centralista francés. Todos os poderes residían no monarca e as Cortes quedaron case anuladas.
• Para gobernar, o rei axudábase duns asesores ou secretarios, nomeados directamente polo monarca e que se reunían no Gabinete, antecedente do Consello de Ministros.
• As Cortes desapareceron, agás as castelás. Os Consellos mantivéronse, en especial o de Castela, pero a súa función era simplemente consultiva.
A Ilustración en España
• Coma no resto de Europa, na España do século XVIII xurdiu un grupo de pensadores ilustrados.
• Os ilustrados españois fixáronse como obxectivos o crecemento económico, a reforma da sociedade, a mellora do ensino e a modernización da cultura española.
• Pero a ausencia en España de amplos grupos burgueses, o conservadorismo dos medios intelectuais e o enorme peso da Igrexa católica dificultaron a expansión destas ideas.
• A maioría dos ilustrados acabou colaborando coa monarquía e estes atoparon un eficaz apoio no rei Carlos III. Algúns nomes foron: Aranda, Floridablanca, Pablo Olavide ou Jovellanos este no reinado de Carlos IV.
Conde de Aranda
Conde de Floridablanca
Jovellanos
Pablo de Olavide
A Ilustración galega• Durante o século XVIII, moitos intelectuais amosaron a súa
preocupación polos problemas de Galicia e procuraron a reforma da sociedade. Son os ilustrados galegos.
• A figura máis sobranceira foi o padre Benito Feixoo, autor de numerosos ensaios sobre Medicina, Ciencias Naturais, Xeografía e Historia, etc.
• A obra de Feixoo foi continuada polo seu discípulo o padre Sarmiento. Os seus traballos están máis relacionados co estudo de problemas propiamente galegos.
• Outros ilustrados foron Cornide e Lucas Labrada.
• Creáronse as Sociedades Económicas de Amigos do País.
Benito Feijoo
Martín Sarmiento
Cornide Saavedra
Lucas Labrada
O Padre Sarmiento
O galego no século XVIII. Correspondencia dunha fidalga compostelá
Raimundo Ibáñez
Manuel GodoyFrancisco de Goya
A familia de Carlos IV retratada por GoyaIntrigas na corte de Carlos IVUn xantar en palacioVisita a San Antonio de la Florida. 1798O salón segredo de GodoyC 1807 Conspiración do EscorialC 1807 Conxura do Escorial1808 Motín de Aranjuez
Plano deLondres
Trafalgar SquareLondres
Trafalgar SquareLondres
Monumento aoAlmirante Nelson
Faro Cabo Trafalgar
Cádiz
Tarifa
Xibraltar
Ceuta
Situación docabo Trafalgar
onde se desenvolveu
a batalla
Faro do cabo Trafalgar (Cádiz)
Batalla de TrafalgarAuguste Mayer. 1836
21 Outubro 1805
Na literatura
Pérez GaldósJoaquín Sorolla
EPISODIOS NACIONALES
Colección de cuarenta e seis novelas históricas escritas por Pérez Galdós redactadas entre 1872 e 1912. Divididas en cinco series e tratan a historia de España dende 1805 ata 1880. Inserta vivencias de personaxes ficticios nos feitos históricos de la España del XIX como, por exemplo, a guerra da Independencia, período que Galdós coñeceu de neno a traves das narracións do seu pai, militar que combatiu nesta.
Primeira serie. Carlos IV e a Guerra Independencia Publicada
Trafalgar 1873
La Corte de Carlos IV 1873
El 19 de marzo y el 2 de mayo 1873
Bailén 1873
Napoleón en Chamartín 1874
Zaragoza 1874
Gerona 1874
Cádiz 1874
Juan Martín el Empecinado 1874
La batalla de los Arapiles 1875
El equipaje del rey José (2ª serie) 1875
Palacio de Fontainebleau
Firma do Tratado de Fontainebleau1807
COMPOSICIÓN DE TEXTOS. COMENTARIO Nº1TEXTO Nº 1
Art. 1. A provincia de Entre-Douro e Miño coa cidade de Porto darase en toda propiedade e soberanía ó rei de Etruria co título de rei da Lusitania Setentrional.Art.. 2. A provincia do Alentejo e o reino dos Algarves daranse en toda propiedade e soberanía ó príncipe da Paz (Godoy), para que as disfrute co título de príncipe dos Algarves.Art. 3. As provincias de Beira, Tras-os-Montes e a Estremadura portuguesa quedarán en depósito ata a paz xeral, para dispor delas segundo as circunstancias e segundo conveña ás dúas altas partes contratantes. (...)Art. 13. As dúas altas partes contratantes entenderanse para facer un repartimento igual das illas, colonias e outras propiedades ultramarinas de Portugal.
Tratado de Fontainebleau. 27-7-1807 (cast.)
TEXTO Nº 2
O príncipe Fernando prepara un movemento en Palacio: a coroa de VM periga: a raíña Mª. Luísa corre o risco de morrer envelenada: urxe impedir tales intentos sen perder un instante: o vasalo fiel que dá este aviso non está en posición nin en circunstancias para poder cumprir doutra maneira os seus deberes.
Anónimo atopado por Carlos IV no seu escritorio da súa residencia real de El Escorial. 28-10-1807 (cast.)
Motín de Aranjuez19 de marzo de 1808
TEXTO Nº 3
Como os achaques de que adoezo non me permiten soportar por máis tempo o grande peso do goberno dos meus reinos e cómpre para reparar a miña saúde, gozar dun clima máis temperado e da tranquilidade da vida privada, determinei despois da máis serie deliberación, abdicar a miña coroa no meu herdeiro e moi caro fillo o príncipe de Asturias. Por tanto é a miña vontade que sexa recoñecido e obedecido como rei e señor natural de tódolos meus dominios.
CARLOS IV. Decreto de abdicación. 19-3-1808. (cast.)
TEXTO Nº 4
Señor meu irmán: VM saberá sen dúbida con pena os sucesos de Aranxuez e as súas resultas (...) Eu non renunciei en favor do meu fillo senón pola forza das circunstancias cando o estrondo das armas e os clamores dunha garda sublevada me facían coñecer a necesidade de escoller entre a vida ou a morte e a esta última seguiría a da raíña. Eu fun forzado a renunciar.Dirixo a VM unha protesta* contra os sucesos de Aranxuez e contra a miña abdicación. Entrégome e enteiramente confío no corazón e amizade da VM.
CARLOS IV. Decreto de abdicación. 23-3-1808. (cast.)‘A protesta fóra efectuada noutro documento o 21-3-1808 no que consideraba nula a abdicación do 19 de marzo.
TEXTO Nº 4
Art.1. SM o rei Carlos que non tivo en toda a súa vida outra mira que a felicidade dos seus vasalos (...) resolveu ceder, como cede pola presente, tódolos seus dereitos ó trono das Españas e das Indias á SM o emperador Napoleón, como o único que, no estado a que chegaron as cousas, pode establecer a orde; entendéndose que dita cesión só ha de ter efecto para facer gozar ós seus vasalos das condicións seguintes:1. A integridade do reino será mantida (...).2. A relixión católica, apostólica e romana será a única de España (...).3. SM o Emperador obrígase a dar asilo nos seus Estados ó rei Carlos, a súa familia, ó Príncipe da Paz (...), os cales gozarán en Francia dun rango equiparable ó que tiñan en España.
Convenio entre Carlos IV e Napoleón. 5-5-1808. (cast.)
TEXTO Nº 5O príncipe de Asturias adhírese á cesión feita polo rei Carlos dos seus dereitos ó trono de España e ds Indias a favor da SM o Emperador dos franceses, rei de Italia e Protector da Confederación do Rin e renuncia a tódolos dereitos que posúe como príncipe de Asturias á Coroa de España.
Convenio entre Fernando, príncipe de Asturias e Napoleón. 10-5-1808. (cast.)