Top Banner
A CONT R ACORRENTE información alternativa para a mocidade traballadora ETT’s e precariedade Breves Entrevista a dous traballadores do metal Contidos ABR 2009 [email protected] CIG-Mocidade volta à carga! Desde inícios deste ano as mozas e mozos organizados na CIG na comarca de Vigo retomamos a actividade con forzas renovadas, incorporando novos compa- ñeiros e compañeiras das que teiman en facer frente á ofensiva dos patróns por moi complica- da que estea a situación no mundo do traballo. Tu tamén podes achegarte até as nosas asem- bleas e participar do proxecto. A clase traballadora vivemos unha nova mani- festación da crise estrutural inerente ao modo de producción capitalista, sendúbida a máis vio- lenta das que se lembra. E máis unha vez, a mo- cidade padecemos as consecuencias máis duras e imediatas desta crise e pagamos un alto prezo en desemprego, precariedade, temporalidade e represión laboral. Encabezamos as listaxes de despidos por ERE, a nosa indemnización por despido improcedente chega para convidar a unha ronda e pouco máis, caímos de cabeza nas garras das ETTs, asinamos contratos de escravi- tude se temos a sorte de que nos fagan contrato, muitos e muitas de nós non temos nin casa nin hipoteca nin posibilidade de tela... Como non vamos estar impacientes por armala? É por isto que tés nas mans un novo número do A CONTRACORRENTE, porque na mocidade obreira de Vigo algo se está a mover e contamos contigo para que se mova ainda máis, porque só a autoorganiza- ción xuvenil nos pode dar o papel revolucionario que a mocidade da Galiza ten que representar, porque temos a determinación e a enerxía para parar os pés aos empresarios, negociantes, explotadores e demais samesugas. Nestes meses promovimos ae participamos en distintas mobilizacións contra a crise, o 10 de marzo, analisamos a realidade desde a nosa propia óptica, desde a mocidade, puxemos en marcha un plano de formación para converternos en activistas sindicais e moito máis está ainda por vir. Ven loitar co sindicalismo nacional e de clase! Avante coa CIG-Mocidade!
4

A CONTRACORRENTE Abril 2009

Mar 08, 2016

Download

Documents

CIG Mocidade

Informaçom alternativa para a mocidade trabalhadora
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: A CONTRACORRENTE Abril 2009

A CO

NT

RACOR

RENT

Ein

for

ma

ció

n a

lte

rn

ati

va p

ar

a a

mo

cid

ad

e t

ra

ba

lla

do

ra

ETT’s e precariedade BrevesEntrevista a dous

traballadores do metal

Co

nti

do

s

ABR2009

[email protected]

CIG-Mocidade volta à carga! Desde inícios deste ano as mozas e mozos organizados na CIG na comarca de Vigo retomamos a actividade con forzas renovadas, incorporando novos compa-ñeiros e compañeiras das que teiman en facer frente á ofensiva dos patróns por moi complica-da que estea a situación no mundo do traballo. Tu tamén podes achegarte até as nosas asem-bleas e participar do proxecto.

A clase traballadora vivemos unha nova mani-festación da crise estrutural inerente ao modo de producción capitalista, sendúbida a máis vio-lenta das que se lembra. E máis unha vez, a mo-cidade padecemos as consecuencias máis duras e imediatas desta crise e pagamos un alto prezo en desemprego, precariedade, temporalidade e represión laboral. Encabezamos as listaxes de despidos por ERE, a nosa indemnización por despido improcedente chega para convidar a unha ronda e pouco máis, caímos de cabeza nas garras das ETTs, asinamos contratos de escravi-tude se temos a sorte de que nos fagan contrato, muitos e muitas de nós non temos nin casa nin hipoteca nin posibilidade de tela... Como non vamos estar impacientes por armala?

É por isto que tés nas mans un novo número do A CONTRACORRENTE, porque na mocidade obreira de Vigo algo se está a mover e contamos contigo para que se mova ainda máis, porque só a autoorganiza-ción xuvenil nos pode dar o papel revolucionario que a mocidade da Galiza ten que representar, porque temos a determinación e a enerxía para parar os pés aos empresarios, negociantes, explotadores e demais samesugas. Nestes meses promovimos ae participamos en distintas mobilizacións contra a crise, o 10 de marzo, analisamos a realidade desde a nosa propia óptica, desde a mocidade, puxemos en marcha un plano de formación para converternos en activistas sindicais e moito máis está ainda por vir.

Ven loitar co sindicalismo nacional e de clase!

Avante coa CIG-Mocidade!

Page 2: A CONTRACORRENTE Abril 2009

A CONT RACORRENTE información alternativa para a mocidade traballadora

Hai catorce anos, cando se introdu-cen as ETT´s, rexeitamos a sua implantación pois profundizaba na precarización, cun vínculo laboral superfluo dándose ademais unha diferencia salarial respecto d@s contratad@s diretamente pola em-presa, o que implicaba pagar por tra-ballar. Posteriormente, impediuse esta discriminación salarial, mais perdura o doado xeito de se desfacer da xente por elas contratadas. A través dos convenios téntase impedir esta modalidade de contratación (con repetidos incumprimentos por parte da patronal). A luita sindical está a ser asi a contramedida, mais tamén está a ser obxecto de medidas antipopulares e limitadoras do seu pulo.

Xa que o vínculo laboral non é coa empresa ususaria, @s contratad@s por ETT´s non computan para a determinación do número de delegad@s ou membros do comité de empresa, sendo as ETT´s unha ferra-menta antisindical empregada con frecuencia. Estamos a ver como nas negociacións dos convenios a patro-nal tenta introducir medidas que avanzan na precarización, non só na cuestión da temporalidade, tamén na criación de categorias inferiores para as novas contratacións, aos que lles pagarían menos cartos polo mesmo traballo que realizan as con-tratacións vellas.

Na actualidade é moi doado e barato despedir a un/ha temporal, e tendo en conta que durante estes anos foron subvencionadas nas grandes empresas as contratacións temporais

tras as realizacións de “cursillos”, incentivouse a temporalidade até o punto de levar a Galiza xa non a cola dos niveis estatais, senón europeos. Unha vez mais a loita sindical é a única vía que á marxe de gobernos e da situación económica, pode com-bater o avanzo desta lacra.

Temos que avogar por penalizar con indemnizacións maiores as extincións de contratos temporais para pór en valor o emprego estábel. E xa que a patronal está a recorrer a todos os mecanismos para extinguir ou sus-pender os contratos, non debemos ceder e permitir a contratación tem-poral cando a súa extinción vai ser sustituida por outra temporal, ou cando a modalidade de contratación non se axuste á necesidade a cubrir. Existen unha ampla variedade de tipos de contrato (a tempo parcial, indefinido, substitución...) que se axustan ás posíbeis necesidades da man de obra dos sistemas produtivos. Ainda así, segue a tirarse de contra-tacións temporais que xeran grande indefensión, potencian o individua-lismo e a división da clase traballado-ra.

Os efectos da precariedade van dende a perda de capacidade produ-tiva, xa que o tempo de formación e de adaptación ao posto supón un des-censo da produtividade, até proble-mas na saúde e na integridade d@s traballador@s. Os estudos sinalan a alta sinistralidade entre @s precari@s respecto d@s demais traballador@s, derivada da inexpe-riencia e da maior presión a que están sometid@s. Tamén xorde a

oportunidade de expolas/os aos tra-ballos máis insalubres, xa que estes efectos negativos sobre a saúde non perdurarán nos indicadores de salu-bridade das mutuas mais tempo que a permanencia do traballador/a na empresa. Os efectos sobre a saúde psicolóxica son difíciles de cuantifi-car, máis doados de entender. O con-tinúo cambio de traballo, a inestabi-lidade económica, a continua frus-tración derivada das extincións con-tractuais... arrastran ao eido persoal inseguridade e estrés, e truncan o normal desenvolvemento da vida familiar e persoal.

Ante este panorama a nosa primeira obriga é denunciar e facer públicos todos estes problemas, no traballo e na rúa, achegar as nosas denuncias ao sindicalismo de clase e galego, e participar de xeito activo nas asem-bleas e seccións sindicais para rema-tar coa lucrativa precariedade.

Precariedade, mocidade e telemárketing en Vigo, tres realidades que van da mánCon 1.256 contratos temporais sobre un cadro de persoal total de 1.414 persoas a decembro de 2008, o Centro de chamadas da multinacio-nal Bosch na cidade de Vigo, encabe-za o ranking de temporalidade. Na empresa de telemárketing Bosch, hai 158 persoas con contrato indefinido, 511 teñen un contrato temporal e hai 745 que teñen contratos de posta a disposición (ETT's). O Convenio de Contact Center establece que un 30% do persoal de operacións debe ter contrato indefinido, pero Bosch non computa os contratos de posta a dis-posición para este cálculo. Situacións

semellantes, con contratos por obra e a través destas empresas de traba-llo temporal, tamén se viven noutros

centros de traballo de telemárketing da nosa cidade, onde se vulneran todo tipo de dereitos laborais e as presións son múltiples, mesmo polo tipo de traballo, que en grande parte é o de dedicarse á televenda. Denun-ciar estas situacións, organizarse e dar a batalla desde os centros de tra-ballo debe ser unha prioridade. Desde a CIG-Mocidade animamos a participar a estas mozas e mozos nas súas respectivas seccións sindicais, mais tamén das asembleas da CIG-Mocidade. Xuntas combateremos máis e mellor!

Page 3: A CONTRACORRENTE Abril 2009

información alternativa para a mocidade traballadora

Este 10 de marzo os mozos e mozas traballadoras que participamos da CIG-Mocidade saimos ás rúas de novo, para lembrar a loita que no 1972 deron Amador e Daniel. Participaban dunha folga en Bazán, en Ferrol, para demandar un convenio xusto, no que reclamaban un salario digno, menos xornada e máis liberdade. Amador e Daniel foron asasi-nados pola policía español nunha das mobilizacións que convocaron para

acadar os seus obxectivos. E saíndo este 10 de marzo do 2009, 37 anos despois, recolliamos nós tamén ese espiríto, esa vontade de decidir o noso futuro, de mobilizármonos e reaxir como mozos e mozas, como traballadores e traballado-ras, como sindicalistas. Desde a CIG Moci-dade denunciabamos na mobilización convocada pola CIG de Vigo nesa data, que saiu ás 20 da tarde de Via Norte, que sempre somos as persoas máis febles na

cadea de explotación (mozos e mozas, mulleres, migrantes) as que máis sofre-mos a crise e a precariedade. E subliña-bamos “precisamos facernos visíbeis, dar a coñecer a nosa situación e problemáti-ca como mozos e mozas, porque quere-mos ser presente e non só futuro. Temos todo por gañar e moito que perder senón comezamos desde xa a dar unha batalla polos nosos dereitos e para que se escoite a nosa voz”.

A crise económica, que foi gañando forza segundo pasaban os meses, deixou na Galiza 211.484 desempregados/as, segundo datos do mes de marzo, e que é a cifra máis alta en once anos. Este grande incremento no desemprego, que se iniciou coa crise da construción, amosa agora a súa faciana industrial, nomeadamente pola crise da automoción na comarca de Vigo, que tivo o maior incremento anual de desemprego neste sector, cun 39% de suba en doce meses. Entre as áreas de Pontevedra e Vigo, un total de 328 empresas presentaron expe-dientes de regulación de emprego, que afectan a 7.426 traballadores e traballa-doras. A esta situación hai que engadirlle o peche de tres importantes factorías deste sector como son Valeo, Draka Cables e Prevent, que deixaron na rúa a

uns 400 empregados e empregadas. Asi, os patróns da automoción levan meses falando de que é preciso “mellorar a competitividade”, para non diminuir os seus beneficios millonarios, e anuncian a necesidade de medidas urxentes: expe-dientes de regulación de emprego, des-pedimento de eventuais e conxelación de salarios como única posibilidade para

garantir a viabilidade das empresas, sempre baixo a ameaza da deslocaliza-ción e desvio da produción a outras facto-rías. Un total de 6.000 postos de traballo do tipo eventual destruíronse desde des-pois do verán.

Contra esta situación, a CIG-Mocidade insiste na necesidade da mobilización porque “a situación que se está a vivir é o suficientemente grave como para que o automóbil tome as rúas da nosa cidade, e alí onde sexa preciso, porque as axudas dos gobernos só continúan a encher os petos dos xefes que nos explotan, e para nós as solucións pasan polos ERE's e os despedimentos. Loitaremos pola defensa deste sector, e para que aínda por riba non sexamos os mozos e mozas, as tem-porais, as que paguemos a súa crise”.

10 de marzo, a CIG-Mocidade tamén lembrou a loita de Amador e Daniel de 1972

Folga xeral da maioría sindical basca par ao 21 de maio, mobilizacións enPortugal e xa levan dúas folgas xerais en Franza

Máis de 6.000 empregos temporais destruíronse no sector da automoción

A maioría sindical basca representada por ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, EHNE e HIRU decidiu convocar unha folga xeral para o próximo día 21 de maio no conxunto de

Hego Euskal Herria. As organizacións con-sideran que a situación de crise exixe unha resposta contundente por parte do mundo do traballo, principal víctima dunha situación social e económica que non provocou. A destrucción de emprego e a chantaxe patronal, a ausencia de políticas sociais e orzamentarias e a exixencia de instrumentos para abordar a crise en Euskal Herria constituirán os eixos reivindicativos da xornada.

Tamén en Portugal, na cidade de Lisboa, o venres 13 de marzo, máis de 200.000 traballadores e traballadoras portugue-ses manifestáronse para pedir “mudar de rumo”, como parte da campaña de mobi-

lización e denuncia da CGTP-IN para denunciar a actual situación de perda de dereitos e de crise.

Ademais, o 29 de xaneiro tiña lugar a primeira das folgas xerais en Francia, onde se convocou unha segunda folga xeral en menos de dous meses, o 19 de marzo, nas que se solicitaban medidas reais contra a crise, e na que se criticou con dureza as políticas do goberno de Sarkozy.

A CIG-Mocidade amosa a súa solidarieda-de con estas loitas, e aposta pola necesi-dade de que no noso país se comecen a dar pasos firmes xa para camiñar cara unha folga xeral no noso país.

Page 4: A CONTRACORRENTE Abril 2009

Loita con nós!

Entrevistamos para Contracorrente a dous mozos do metal. Levan 7 anos traballando no sector, desde os 19. Brais é electricista nunha empresa de electricidade naval e industrial, e Manuel traballa de caldeireiro nunha auxiliar de Barreras. Nesta conversa achegan as súas opinións sobre a

Que situación hai no naval?Manuel: Cada vez vai a pior, hai moita falta de conciencia. Eu desde que levo traballando no sector nunca vin xornadas de sábados e domingos como se fora unha xornada normal de traba-llo.

Brais: Respecto á conciencia hai de todo no sector, pero é que aqui viñeron moita xente doutros sectores traballar para o naval, como os da construción, que non teñen o nivel de traballo sindical que temos aqui, e esa xente non se move como nós no estaleiro. Na miña empresa as condicións laborais melloraron nos últimos anos, pero agora mesmo o problema que temos é que é unha empresa na que baixou moito o choio, e levamos ano e pico sen facer horas extras.

Que futuro vedes para o sector?Brais: O futuro do sector será o que queiran os empresarios, e aínda que aí os traballadores temos moito que dicir, o problema é que con isto da crise vanse querer aproveitar todos.

Manuel: Choio hai, e non sei até que punto é certo todo iso que falan dos problemas da financiación, porque o que parece é que estes empresarios o que andan a buscar tamén é receber axudas como o resto.

Como vedes a negociación do conve-nio?Manuel: Vai ser difícil porque temos moitas cousas en contra, pero hai que

tirar para adiante. O naval está forte, pero igual de aqui a alá pode que haxa un baixón polo tema este da financia-ción e pola súa vontade de chuchar subvencións, mais tamén sabemos que a outra parte do convenio do Metal, o automóbil, etc. está pasando proble-mas reais, pero tamén temos que saber que non podemos dar nin un paso atrás. Defendemos a unidade do sector porque é importante sermos os mais posibeis nas rúas para presionar, e porque nos sentimos parte do mesmo e somos compañeiros de traballo e de loita, aínda que non compartamos os mesmos centros de traballo.

Brais: Aqui o que van tamén tentar é que perdamos dereitos que gañamos na negociación colectiva anterior, e van propor flexibilidade e quitarnos dereitos.

Por que participades da CIG-Mocidade e por que credes que é interesante que a xente nova participe do move-mento sindical?Brais: Comecei sendo delegado, e logo xa enganchei nesta dinámica. Eu creo que é importante, porque os mozos e mozas temos que aprender a tirar do carro cando hai que tirar.

Manuel: Eu tiña xa tradición familiar, para min é a referencia, a CIG sabe o que di e é quen mellor preparada está para defender este convenio. Partici-par da CIG-Mocidade foi unha boa maneira de ter contacto con este mundo sindical fora do meu estaleiro e de ter máis formación.

situación do naval, o futuro do sector, e da negociación colectiva, entre outras cuestións.

Nome:.....................................................................

Teléfono:.................................................................

Correo electrónico:.....................................................

Quero

Recibir información de CIG-Mocidade Colaborar con CIG-Mocidade

Recorta e envía nun sobre que indique CIG-Mocidade a Rúa Gregorio Espino, 47 CP: 36205 VIGO, ou estes mesmos datos por correo electrónico [email protected]