Top Banner
Número: 64- Ano: IV - 5 de outubro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. ATLETISMO Páx.8 Segunda xornada da Liga Internacional de judo O Ourense recibe ao Sporting B coa necesidade de sumar Páx.6 [páx. 10] Valeria López, nº1 do circuíto Babolat de tenis Páx.12 Cid e Teijeiro venceron na carreira do campus do “Correndo x Ourense” Regresa a LEB Ouro [Páx.2-3]
16

4 Outubro 2012 - BD Nº64

Feb 18, 2016

Download

Documents

En este nuevo número hablamos del regreso del COB a la LEB Oro después de un año en Plata. El ABO y Pabellón Ourense son los otros protagonistas del baloncesto ourensano. En fútbol sala destacamos el bache de resultados y juego que está atravesando el Ponte Ourense y el inicio liguero del Cidade As Burgas. El CD Ourense, a pesar del buen juego desplegado no le están acompañando los resultados; por contra el Barbadás a sumado su primera victoria en casa, mientras que el CD Barco se muestra intratable en la Regional Preferente.
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

Número: 64- Ano: IV - 5 de outubro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 19 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

ATLETISMO Páx.8

Segunda xornada da Liga

Internacional de judo

O Ourense recibe ao Sporting B coa necesidade de sumar Páx.6

[páx. 10]

Valeria López, nº1 do circuíto Babolat de tenis

Páx.12

Cid e Teijeiro venceron na carreira do campus do “Correndo x Ourense”

Regresa a LEB Ouro[Páx.2-3]

Page 2: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

� BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

BALONCESTO

4 Axenda deportivaFútbol- Día 7 de outubro. O Couto -17.30h.- CD Ourense - Sporting Gijón B.- Día 14 de outubro. Estadio Miguel Anxo (Os Reme-dios) -1�.00h.-. Pabellón Ourense - Laredo.- Día 14 de outubro. Os Carrís. UD Barbadás - Céltiga.- Día 14 de outubro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Club Xuventú Sanxenxo.- Día 14 de outubro. O Barco. CD Barco - CD Choco.- Día 14 de outubro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Cultural Areas.Baloncesto- Día 5 de outubro. Paco Paz -�1.00h.- COB - Palencia. Liga LEB Ouro.- Día �0 de outubro. Os remedios -�0.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Aros León. Liga Feminina �.- Día �8 de outubro. Os Remedios -1�.00h.- Ourense Capital Termal - Fundación Baloncesto León.Fútbol sala feminino- Día 6 de outubro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Ciudad de Alcorcón.- Día 13 de setembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Viaxes Amarelle.- Día �0 de outubro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Atlético de Madrid.

Atletismo- Día 7 de outubro. Amoeiro -10.30h.-. Camiñada dos Pazos de Amoeiro. Saída no Campo do Souto.- Día �0 de outubro. O Carballiño -16.30 horas-. 4ª Ca-rreira do Arenteiro, O Carballiño.- Día �8 de outubro. A Carballeira -1�.00 horas-. Circuí-to Correndo por Ourense.

Hoquei Herba- Día 7 de outubro. Mariñamansa -1�.00 horas-. Calda-ria Barrocás - Club Egara. División de Honra A.- Día �0 de outubro. Mariñamansa -16.00 horas-. Após-tol Ourense - Real Club Jolaseta. División de Honra B.Tiro- Días 6 e 7 de outubro - Club Eiroás - XXIV Copa Dipu-tación de Ourense de Pistola e Carabina Neumáticas.- Día 6 de outubro - Club Eiroás - Open nacional IPSC -Tiro práctico IPSC-.- Día 14 de outubro - Club Eiroás - Campionato Autonó-mico de pistola standard.- Día �8 de outubro - Club Eiroás - Final Campionato Autonómico pistola e carabina.Balonmán- Día 6 de outubro - Os Remedios -19.00h.- Balonmán Pabellón -Deza. Primeira Autonómica.- Día 14 de outubro - Os Remedios Pabellón Indomogal Ourense - Las cinco Jotas Lavadores.

O xogador Julio González entra a canastra no partido fronte ao Breogán./RAMSÉS.

Regresa o baloncesto4 O COB recibe ao Palencia na primeira xornada da LEB Ouro 2012-2013.R. Torres

Xa non hai máis que esperar. Regresa a com-petición de baloncesto a Ourense da man do Club Ourense Baloncesto, que se mide este venres a partir das �1 horas ao Palencia no Paco Paz, na primeira xornada da LEB Ouro.

Atrás xa queda unha longa pretempada na que o COB mostrou luces e sombras no seu xogo, con minutos brillantes e par-tidos para olvidar. Aínda que o equipo está en cons-trucción, as gañas dos xo-gadores de agradar á afec-ción son máximas.

Na previa do partido,

o adestrador Rafa Sanz desvelou que “os xogado-res teñen moitas ganas de que esto comece”, e advir-te “que o exceso de ganas pode pasarnos factura”. Para o partido contra o Pla-sencia, Sanz espera que os seus xogadores impoñan o ritmo por que así “teríamos máis posibilidades de ven-cer” e cre que a chave es-tará “nas perdas de balón e no rebote”.

Co obxectivo da perma-nencia no horizonte, o téc-nico móstrase ambicioso e cos pés no chan non des-carta cotas máis grandes, iso sí, indo partido a parti-do. Todo dependerá do que sean capaces de crecer xo-

gadores, que como o propio adestrador cordobés di “al-gúns deles teñen serias cor-nadas neste deporte”, polo que para eles “Ourense é a terra das oportunidades”, remarcaba Rafa Sanz en alusións a xogadores como Alfonso Sánchez (e a tortu-ra das lesións) ou mesmo Andi Ogide (que vén dun-ha campaña irregular no Breogán, primeiro e Lagun ARO, despois). O equipo carente dunha individuali-dade determinante terá que tirar como bloque en cada partido, e sacar o máximo rendemento de xogadores como Julio, Mena, Rai, Ke-dzo, e o irregular durante a pretempada, Barbour.

Festa de presentaciónComo cada ano, antes de

que comece a competición, xogadores, corpo técnico e directiva tiveron unha cita ineludible cos seus searei-ros. A cita tivo lugar na pra-za Paz Nóvoa, no centro da capital ourensá.

Centos de afeccionados, na súa maioría cativos, es-tiveron nesta festa que con-tou cun stand central para a captación de socios e ven-ta de merchandising, unha zona de xogos con premios para todos os participantes, unha zona de baile cun ta-ller de danza moderna e hip-hop para os más peque-nos e un espazo para o acto de firmas dos xogadores

Page 3: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

3BALONCESTO

O venres 5, ás 21 horas, o COB estrea a liga no Paco Paz fronte ao Palencia

O Pabellón Ourense queda fóra da Copa Galicia4 Logo de caer derrotado ante Ensino e Ferrol.Redacción

A falta de preparación fí-sica foi o talón de Aquiles das xogadoras do Pabellón Ourense no seu paso pola XX Copa Galicia Sénior Femenina. As de Gonzalo González intentárono, pero

os seus esforzos non foron suficientes.

A primeira das derrotas veu da man do Ensino lugués, que visitou Os Remedios o sábado �9 de setembro, nun encontro no que a pesar de que o Pabellón comezou por diante no casilleiro as visi-

tantes dominaron con clari-dade.

O resultado final de 58-84 dío todo. O Ensino fixo os deberes durante os adestra-mentos e iso comprobouse en todas as facetas do seu xogo. Unha defensa asfixian-te, poder ofensivo e acerto no

e corpo técnico do COB. No stand habilitado para a ocasión os afeccionados puideron adquirir bufandas, bandeiras, camisetas, pins, fundas de móbil e multitude de produtos tanto da Fede-ración Española de Balon-cesto como do COB.

A escola de baile ourensá Estilo Libre realizou unha clase de baile moderno e hip-hop para todos os afec-cionados coa aportación dun impresionante espec-táculo audiovisual que tivo como colofón a presenta-ción de todos os xogadores e corpo técnico do COB para a temporada �01�-�013. Antes, os xogadores firmaron o póster oficial do club a todos os que ata alí se achegaron; tamén re-partiron entradas aos máis cativos para o encontro da primeira xornada.

ConvenioO COB chegou a un

acordo de colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro para esta tempada.Esta colaboración orientada á promoción conxunta de ambas as entidades, inclúe unha edición especial e lLi-mitada de viños do Ribeiro, embotellada e etiquetada para o Club Ourense Ba-

loncesto. Todos os afec-cionados que o desexen poderán facer a reserva deste viño exclusivo, que se presenta en botella de 75 cl, nas oficinas do club e na súa web.

Ambas entidades orga-nizarán accións conxun-tas ao longo da tempada, como sorteos e concursos para os asistentes ao Paco Paz, así como a participa-ción directa de grupos de socios e afeccionados do COB en rutas de enoturis-mo na D.O. Ribeiro.

Probas biomecánicasOs xogadores cobistas

sometéronse a un estudo biomecánico para correxir mediante plantillas adap-tadas ás botas os posibles problemas nos pés. Co uso de plantillas personaliza-das permitirán mellorar o rendemento dos xogado-res e previr alguna lesión, evitanto sobrecargas. Unha axuda moi valiosa para o corpo técnico.

tiro combináronse nas xoga-das das lucenses.

Ferrol -PabellónA última oportunidade do

Pabellón Ourense de seguir adiante na Copa Galicia tívoa na cita do � de outubro ante o Universitario de Ferrol, pero as cousas tampouco remata-ron ben.

O comezo non puido ser mellor para as ourensás, que dominaron a primeira parte (acadando o descanso cun claro �4-34) mediante a achega ofensiva de Bolonio e a dirección de Pallardó. Nembargantes, o partido deu un xiro radical na segunda metade e o Pabellón non foi capaz de frear a contundente remontada do Ferrol, que lo-grou un 64-58 de resultado final.

Dúas derrotas que acur-taron considerablemente o percorrido do conxunto ourensán na Copa, o cal (de ter podido adestrar en condi-cións) tería dado moito máis de si nunha cita coma esta.

Os xogadores cobistas presentan a camiseta desta tempa-da./RAMSÉS.

María José Bolonio destacou no partido do Pabellón fronte ao Ensino.

O ABO ficha a Gana4 Debutou contra o Chanta-da na Copa Galicia.

R.T.

O pívot senegalés Gana Ndiaye (�08 centímetros) e o ABO de Ourense chega-

ron a un acordo para que o xogador compita esta tem-pada no grupo A-B da liga EBA de baloncesto.

Gana xa disputou a pasa-

da tempada a liga EBA no mesmo grupo que o ABO, pero co Rosalía.

O senegalés tivo os seus primeros minutos coa ca-misola do ABO na segunda xornada da Copa Galicia EBA �01� ante o CB Chan-tada Galicia Vento.

O equipo ourensán caeu derrotado por un aplastan-

te 48-88 contra o cadro lu-cense nos Remedios. Nin o novo pívot ourensán nin os seus compañeiros tiveron unha boa noite contra os chantadinos. Os visitantes levaron a iniciativa en todo momento e xa no descanso vencían por �7 puntos de diferenza (�5-5�).

O ABO comeza a liga nos Remedios, o 28 de outubro (12.00h.) contra o LeónRubén Vila no partido da Copa Galicia contra o Chantada. /RAMSÉS

Gana Ndiaye. /RAMSÉS

Page 4: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

4 BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

FÚTBOL SALA

Zaida defende o balón fronte a unha xogadora do Valla-dolid./RAMSÉS

O Cidade busca a segunda vitoria ante o Alcorcón4 Recibe ás madrileñas na cuarta xornada.R. Torres

O Cidade As Burgas buscará este sábado 6 de outubro a segunda vitoria da tempada na Primeira División do fútbol sala fe-minino. O rival, o Ciudad de Alcorcón enfrontarase ás ourensás a partir das 17 horas nos Remedios.

Pasada xornadaO Cidade As Burgas su-

friu a derrota (3-1) na se-gunda xornada fronte ao Diamante Logroño. Malia que era lonxe de casa e ante o Logroño, que ocupa a se-gunda posición empatado a puntos co líder, Atlético de Madrid, a primeira parte

remataría con �-0 para as locais. Bea Martín no inicio e Carmen contra o final da primeira parte daban van-taxe ás locais.

O Cidade acusou no pri-meiro tramo do segundo acto o pau do segundo gol dun Diamante que opta-ba entón por prolongar as súas posesións tratando de evitar os roubos en metade de cancha. A catro minutos do final, Codeso optaba por alternar o xogo de cinco en busca dun tanto que lle me-tese na pugna polos puntos en xogo. Este chegaba a dous minutos da final obra de Sonia. O tanto engadía emoción ao desenlace dun envite que non se pecharía

ata que a escasos segundos do final Iria, no seu intento de despexar un balón colga-do á área, anotaba en propia porta o definitivo 3 a 1 para as rioxanas.

Ciudad de AlcorcónO Alcorcón chega aos

Remedios como un dos equipos que aínda non co-ñecen a derrota neste liga. Na primeira xornada em-patou a ceros co Universi-dad de Alicante; na segun-da venceu ao Valladolid a domicilio por dous goles a catro e na terceira desfíxo-se do Femeni Centelles por seis goles a dous.

Nas filas do Alcorcón ate-rrou este ano Eva Tamayo,

ex do Ponte Ourense co que logrou a Liga �010-�011, a Supercopa de España e a Supercopa Ibérica. Ta-mén militou en Valladolid, Pinto e Móstoles, amais de ter sido internacional coa selección española. Para o adestrador de Alcorcón, “a súa gran experiencia na categoría, a súa calidade e o seu carácter fixo que para min fora fundamental no proxecto que iniciamos”. Natalia Orive, Lorena e Paloma son as últimas in-corporacións dun conxunto que quere plantar batalla a todos os equipos da catego-ría. O Ciudad de Alcorcón é un recén ascendido da Se-gunda División.

Para o adestrador do Ci-dade As Burgas, Manolo

Sonia regatea fronte ás xogadoras do Valladolid./RAMSÉS

Codeso o Alcorcón é “un bo equipo que xa me gusta-ba fai dous anos cando des-cendeu. O ano pasado en Prata paseáonse”. Para Co-deso “este ano están máis experimentadas e serán un duro rival”.

As franxiverdes non po-derán contar con María Romero aínda convalecente dunha fisura no dedo gordo do pé esquerdo, que a man-terá afastada dos terreos de xogo alomenos dúas sema-nas máis. O resto estará a disposición do técnico, que neste arranque ligueiro es-talle a dar minutos a todas as integrantes da primeira plantilla.

Partido contra o Alcorcón, este sábado 6 de outubro ás 17 horas nos Remedios

Page 5: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

5FÚTBOL SALA

Anita driblando a unha xogadora do Burela /RAMSÉS 4 Xornada 4 - 6 de outubroBurela - La RiojaSoto del Real- Ponte OurenseViaxes Amarelles - GironellaMóstoles - Lacturale OrvinaU. de Alacante - DescansaValladolid - Futsi NavalcarneroFemeni Centelles - RoldánCidade As Burgas - Ciudad de Alcorcón

4 Xornada 5 - 13 de outubroBurela - Soto del RealPonte Ourense - Viaxes AmarellesGironella - MóstolesLacturale Orvina - U. de AlacanteDescansa - ValladolidFutsi Navalcarnero - Femeni CentellesRoldán - Cidade As BurgasLa Rioja - Ciudad de Alcorcón As pontinas Vanessa, Chiqui e Anita preparando unha xogada./RAMSÉS

Primeira División FSF 3ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º At. Madrid 9�º Logroño 93º Orvina 74º Burela 75º Alcorcón 76º Valladolid 67º Gironella 68º U. de Alacante 49º Cidade As Burgas 310º Móstoles 311º Soto del Real 01�º Roldán 013º Ponte Ourense 014º Centelles 015º Amarelle 0

O Ponte visitará o vindeiro 6 de outubro ao Soto del Real, conxunto que tampouco coñece a vitoria

R. Torres

Duro revés para o Pon-te Ourense. O conxunto ourensán perdeu na tercei-ra xornada de liga contra o Burela por un claro 0-6. No primeiro derbi galego da tempada as cousas non puideron saír peor para os intereses do equipo di-

4 O Ponte Ourense sufriu unha dura derrota contra o Burela na casa.

rixido por Óscar Vivián. Xa no primeiro minuto de encontro, Peque adiantaba as lucenses. Lucía e Dany poñían o 0-3 antes do des-canso. De novo Dany, xa no segundo tempo, facía o 0-4. Vivián decidíuse por alternar o xogo de cinco, pero sen resultado. Peque e Ana, en propia porta, sen-

tenciaban o partido para un Burela que demostrou que este ano vai en serio para loitar pola liga. O Ponte, ante as baixas de Marta e Laura, mostrouse un equi-po inferior físicamente des-arbolado en todo momento polas xogadoras de Javier Pardeiro que mostráronse moi superiores físicamente.

O Ponte tentou facer unha presión desde moi arriba, pero a rápida circulación de balón das burelesas im-pedía roubar pronto e saír á contra. Pola súa banda, a presión das visitantes surtía efecto impedindo que che-garan as pontinas con oca-sións claras ao marco rival.

Pequena criseEste inicio de tempada

está sendo un suplicio para o Ponte Ourense. A derrota na primeira xornada contra o Gironella (3-1) trouxo a lesión de Marta no último intre do encontro; fractura de peroné que a terá afasta-da dos terreos de xogo du-rante dous meses.

Na segunda xornada, nova derrota. Esta vez en casa contra o Diamante por dous goles a tres. E contra o Burela xa descrita nas liñas anteriores.

Tocará sufrir esta tempa-da a un Ponte que xa non conta nas súas filas con Ampi, Souza, Eva Tamayo e Bea, pero que aínda ten equipo para loitar na zona alta. Se as lesións as respec-tan e collen a forma estarán moito máis arriba do que a clasificación reflicte nestes momentos.

Soto del RealA vindeira xornada as

pontinas desprázanse ata Madrid para xogar contra o Soto del Real. O conxunto madrileño ten nas súas filas a expontina, Raquel de Sou-za. As madrileñas, ao igual que as ourensás teñen o ca-silleiro de puntos vacío. Na primeira xornada descansa-ron, e perderon en casa con-tra o Orvina (�-4) e na casa do Gironella por 3-�. Amáis de Souza, o Soto conta nas

súas filas con Patricia Gon-zález “Pitu”, xogadora que xa foi convocada coa selec-ción española.

Duro correctivo

Page 6: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

6 BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

FÚTBOL

O Ourense xoga este domingo 7 de outubro no Couto contra o Sporting B, a partires das 17.30 horas

O CD Ourense non logra vencer desde a primeira xornada. /RAMSÉS

Axustada disputa do balón entre un xogador do Barbadás e outro do Vilalbés./RAMSÉS.

R.T.

Fíxose esperar maila espera mereceu a pena. Houbo que agardar ata a sexta xornada para ver a primeira vitoria do Barba-dás nos Carrís, diante do seu público, non sen pouco suspense. O partido contra o Vilalbés decorreu duran-te os primeiros 80 minutos sen un dominador claro. Ambas as dúas escuadras dispoñían de ocasións que non se materializaban. O Racing Vilalbés chegaba á Valenzá como cuarto cla-sificado, pero durante o en-contro non deu mostras de ser un equipo temido.

Cando o final do encontro achegábase, cando todo fa-cía indicar que se remataría con empate, abríase o telón dun novo encontro. Os lo-cais adiantábanse no marca-dor grazas ao gol de cabeza de Vieytes, no 8�. Nese intre todo facía presaxiar que a primeira vitoria nos Carrís en Terceira División xa es-taba no peto, pero chegou a expulsión de Berto. O cancerbeiro local tivo que derribar na área ao diantei-ro visitante; penalti e ex-pulsión. Minuto 94 e Pablo empata para o Vilalbés ao transformar a pena máxima á que nada puido facer Fe-

TERCEIRA DIVISIóN

Primeira vitoria, e de infarto, do Barbadás na casa4 O equipo ourensán logra os tres primeiros puntos nos Carrís no tempo de desconto.

lipe (en substitución de Ber-to). A bancada cría que outra vez íase sen ver un triunfo do equipo, pero un minuto máis tarde do empate, Fran (de cabeza) lograba o �-1 definitivo facendo estallar a algaravia na bancada.

Con esta vitoria o Barba-dás é decimocuarto con sete puntos. A vindeira xornada, os de Jorge Regal visitan a provincia da Coruña para enfrontarse ao Negreira na sétima xornada do campio-nato.

Rexional PreferenteNo grupo sur da Rexio-

nal Preferente sorte dispar para os equipos ouren-sáns neste inicio de liga. O Barco marcha “vento en popa” nestas seis pri-meiras xornadas ao contar todos os partidos por vito-rias.

O Verín é 15º con seis puntos, mentres que o Ponte Ourense é o pecha-cancelas cun só punto.

Na vindeira xornada, o líder CD Barco, visita o campo do Cultural Areas; o Verín xoga en Redon-dela contra o Choco, e o Ponte Ourense xoga na casa do Lalín.

Xogo sen resultado4 A CD Ourense non lle están acompañando os resultados ao xogo despregado.R. Torres

O CD Ourense vén de perder na sexta xornada da Segunda División B contra o Marino de Luanco.

Esta derrota leva aos de Luis Míguez “Luisito” a ocupar a decimosexta pra-za, a que xoga a promoción de descenso.

En seis partidos, os ‘roji-llos’ perderon dous encon-tros (Tenerife e Marino), empataron tres (Guijuelo, Getafe B e Coruxo) e ven-ceu un (Atlético de Ma-

drid B). A única vitoria dos ourensáns remóntase á pri-meira xornada do campi-nato contra o filial colcho-neiro. No último encontro, contra o Marino de Luanco o Ourense tivo as súas oca-sións na primeira metade, pero sen fortuna.

O xarro de auga fría che-garía no tempo de prolon-gación do primeiro acto; os locais adiantábanse no marcador e deixaban toca-dos animicamente aos de Luisito. Se mala fortuna tivo o Ourense neses intres,

os primeiros minutos da se-gunda metade foron máis aciagos aínda. O Ourense vía como en 10 minutos os locais deixaban en fran-quicia a contenda con dous goles máis e deixaban aos galegos sen reacción. O gol de Jona, de penalti, tan só fixo maquillar un partido no que o Ourense sumaba a súa primeira derrota como fóráneo da tempada.

Falta de acertoA pesar de que o CD

Ourense leva nas seis pri-

meiras xornadas sete goles a favor (por oito en contra), o certo é que necesita de moitas ocasións para ba-ter a meta rival. O Ouren-se desprega o seu xogo no centro do campo tendo o balón a meirande parte do encontro, pero non logra chegar con suficiencia aos metros finais. Álex Fernán-dez e Yebra están a callar un bo inicio ligueiro, pero a súa contención no medio do campo non ten continuida-de en territorio rival. Jona postúlase como o dianteiro

favorito de Luisito; pouco a pouco o andaluz foi collen-do minutos en detrimento de Sanginés e de Quintai-ros. Dous dos seis goles do Ourense na liga levan a súa firma; outros dous mar-counos en sendas elimina-torias da Copa do Rei.

Sporting BNun grupo, como o pri-

meiro da 3ª División cheo de filiais ao Ourense tócalle nesta ocasión medirse no Couto (domingo 7 ás 17.30 horas) a un deles. Esta vez

o rival é o Sporting B, que ten en Adama, con tres tantos, ao seu referente na dianteira. De conseguir os tres puntos o cadro ‘rojillo’, adiantaría na clasificación ao equipo asturiano.

Page 7: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

7BALONMAN

Redacción

Certo é que as primei-ras xornadas do Balonmán Pabellón na Primeira Au-tonómica non eran nada sinxelas. Certo tamén é que o conxunto ourensán non estreou o seu casilleiro de puntos nas tres primeiras xornadas disputadas.

Pabellón - Viña VosteiraNo derbi ourensán contra

o Viña Costeira, os capita-linos non tiveron o seu me-llor día e cederon finalmen-te por 18-�1.

Coas bancadas do anexo abarrotadas o encontro resultou moi igualado. A alternancia no electrónico sucedíase.

A conexión da primei-ra liña do Ribeiro co seu pivote marcou o inicio do partido. Unha vez asenta-da a defensa pavillonista, o marcador foise equi-librando até chegar ao descanso 8-8. A segunda parte tivo a mesma inten-sidade que a primeira pero cinco minutos malos dos locais, fixeron que os ri-badavienses se escapasen a catro goles, factor deter-minante no resultado final. O xogador máis destacado do partido foi Celso So-telo (Viña Costeira), que se botou ao seu equipo ás costas nos momentos

decisivos. Unha defensa in-dividual sobre el, achegou novamente aos pavillonis-tas, que lograron porse a un só gol de diferenza (18-19). As imprecisións nun mal final dos locais marcou a vitoria final (18-21).

Derrota en CamariñasNa terceira xornada, o Pa-

bellón Balonmán tiña unha das saídas máis difíciles do campionato; os homes de Zarra desprazábanse ata a provincia da Coruña para xogar contra o Camariñas. Durante a primeira parte os locais lograban distanciarse mentres que os ourensáns mediante arreóns lograban achegarse por momentos no marcador; 13-10 foi o resultado na primeira me-tade. Nos primeiros mi-

nutos da primeira metade, os visitantes aguantaron o tipo ante un equipo que vén de descender da Primeira Nacional. Na recta final, o baixón físico dos pavi-llonistas foi un lastre, que

xunto ao pouco acerto dos extremos condearon aos ourensáns a caer derrotados por 30-�1.

Este sábado, o Balonmán Pabellón recibirá nos Re-medios, a partir das 19.00 horas, ao Deza coa idea de sumar a primeira vitoria da tempada.

Indomogal PabellónO Indomogal Pabellón de

Primeira Autonómica tam-pouco leva sumado puntos neste arranque de campio-nato. Contra o Tui, e a pe-

sares, dun bo comezo da extremo Raquel Serejo, as ourensás remataron sucum-bindo ante as pontevedresas por 14-�0.

Na terceira xornada, contra o Carballal de Vigo tampouco puideron sacar algo positivo e caeron de-rrotadas por 1� a �3. As de Manuel Quintana só puide-ron aguantar o empuxe das viguesas os 15 primeiros minutos.

Este sábado 6 de outubro, o Indomogal enfrontanse ao Rasoeiro no Grove.

BALONMáN

Arranque negativo do Balonmán Pabellón na Primeira Autonómica4 Suma tres derrotas noutras tantas xornadas.

Viña Costeira e Camariñas foron os dous últimos verdugos do Pabellón Balonmán.

O Pabellón Balonmán recibirá o 6 de outubro ás 19 horas ao Deza

Page 8: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

8 BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

ATLETISMO

Redacción

Un golpe de calor acabou coas esperanzas de Alejan-dro Fernández de acadar un gran resultado no Campio-nato de España de Medio Maratón. A proba celebrouse na localidade vallisoletana de Tordesillas.

Os 30 graos de temperatu-ra na saída da proba, amais dun circuíto moi esixen-te, foron os verdugos que impediron que Alejandro Fernández lograra un gran resultado no nacional de medio maratón. Foi sobre o quilómetro 15 cando Fer-nández víuse golpeado pola forte calor facendo acto de

Redacción

O ourensán David Gon-zález foi o vencedor abso-luto da XV Milla Urbana Concello de Marín, dis-putada na localidade pon-tevedresa. O académico impúxose na liña de meta ao atleta do Celta, Ismael Costas, e a Álvaro Prieto, do EAMJ Fuerteventura, por unha marxe de dous segundos con respecto aos dous. Na quinta po-sición entrou o veterano Elías Domínguez, a catro

R. Torres

Despois do parón esti-val, o circuíto de Carrei-ras populares “Correndo x Ourense” retomou a ac-tividade. Nesta ocasión o enclave foi a zona univer-sitaria, con saída e chegada de todas as probas na pista de atletismo.

A XV Milla de Marín, para David González

segundos do vencedor, lo-grando ademais o primeiro posto da categoría de vete-ranos.

Na proba feminina, Le-ticia Fernández facíase co segundo posto final, ao non poder coa atleta do Bikila Solange Andreia Pereira. Leticia realizou un tempo de 5:09 minutos, o que sig-nifica nova marca do club na distancia.

González venceu por 2 segundos

Alejandro Fernández, superado polas altas temperaturas4 Viuse obrigado a abandonar un medio maratón nacional.

presenza a deshidratación, o que lle levou a abandonar a proba nunha ambulancia da organización.

O atleta do Ourense Atle-tismo Academia Postal, que tiña preparada esta proba con moita ilusión, tivo que parar cando ía escapado con Jaume Leiva e Chema Martínez, á postre campión e subcampión, respectiva-mente.

Mellor académicoO mellor atleta do Acade-

mia Postal en Tordesillas foi Manuel Hurtado, chegando á liña de meta na oitava po-sición cunha marca arredor de unha hora e dez minutos.

4 Cid e Teijeiro foron os vencedores da proba do campus.A primeira das carreiras,

como sempre, foi a dos pi-tufos, con preto de cen par-ticipantes que fixeron da recta de 100 metros a súa particular aventura.

Despois chegaría a dos benxamíns e alevíns na que Manuel Prieto e Elsa Pena foron os primeiros en per-correr as dúas voltas e me-

Medio millar de persoas “Correndo x Ourense”

dia no tartán para completar 1.000 metros. A de infantís e cadetes traería a Abraham Rodríguez e Aida Martínez como os máis rápidos nos 3.�00 metros da proba. Para o final chegaría a proba ab-soluta; nesta ocasión, Ale-jandro Cid e Sonia Teijeiro foron os máis rápidos en completar dúas voltas a un

percorrido de 3.�00 metros, facendo un total de 6.400.

A CarballeiraA última proba do “Co-

rrendo x Ourense” será á da Carballeira, que terá lugar o �8 de outubro. Na categoría feminina, Sonia Teijeiro xa ten na súa man alzarse co título de cam-

pioa desta segunda edición; pola contra, na categoría masculina hai un abano de atletas que se pode facer co triunfo final: José M. Ca-sado, Saturnino González e Óscar Ramos (segundo, terceiro e quinto na cita universitaria, respectiva-mente) son os máximos favoritos.

A vindeira, e última, destas carreiras populares celebrarase no barrio da Carballeira o 28 de outubro

Alejandro Fernández nunha proba anterior./ARQUIVO

Os máis novos deron moi bo exemplo./S.TORRES

Page 9: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

9MOTOR

Redacción

Os irmáns González arrancaban o Rali de Gali-cia coa esperanza de facer un bo resultado e afianzar-se nos postos de arriba da clasificación xeral. Pero a realidade fixo que un pro-blema eléctrico levara ao traste todas as ilusións que os ourensáns tiñan deposi-tadas nesta proba.

Na primeira pasada a Ma-roxo o Ford Escort RS �000 arriba de voltas non corría o que debía, até que se parou precedido dunha pequena explosión. O que nun pri-meiro intre creíase que era do motor, xa en asistencia verificaron que se trataba dunha avaría eléctrica que afectou as dúas bombas da gasolina. A pesar dos problemas, Ricardo e José Luis, remataron ese primei-ro tramo en primeira posi-ción, polo que a decepción era dobre.

Na segunda xornada do rali, coa intención de non

Sen fortuna en Melide4 Os González abandonan no Rali de Galicia.

defraudar a familiares e amigos que ata alí se de-prazaron, reengancharon na fórmula “Superrrallye” sen opcións na clasificación. De novo reproducíuse o fallo e tiveron que decir adeus de-finitivamente.

A proba foi liderada ta-mén polo ourensán Marcos Fernández, ata que un gol-pe na ponte traseira do seu Escort obrigouno a abando-nar cando só faltaban dous tramos para finalizar o rali. Así pois, o camiño quedaba despexado para Gorroño/Oleaga (os máximos rivais dos irmáns González no campionato) que finaliza-ban en primeira posición co seu Escort MKII, seguidos dos asturianos Campos/Gutiérrez, con Porsche 911 RS. Completaba o podio de Regularidade Sport a pare-lla Palacios/Díaz a bordo do seu BMW 3�3i.

Como consecuencia des-tes resultados, os integran-tes do Ourense Capital Ter-mal tomaron a decisión de

non acudir ao Costa Brava Histórico, última cita do campionato, debido ás nu-las opcións de pisar podio esta tempada na xeral.

Novos retosLogo de que se faga

unha nova instalación eléctrica do Escort RS �000 e se dea unha volta ao motor de cara á nova tempada; o Ourense Ca-pital Termal fará balance dos éxitos logrados (sub-campionato en �010 e ter-ceiros en �011).

Despois de tres anos, os irmáns González non volverán competir en re-gularidad Sport. Reuni-ranse cos patrocinadores en busca de apoio para novos retos, o que os po-dería levar o ano próximo ao debut no campionato de velocidade.

Un problema eléctrico obrigou a Ricardo e José Luis González a abandonar na proba de Melide.

Os irmáns González durante un momento da primeira pasada.

Redacción

Sergio Vallejo, ao man-do do seu Porsche 997 GT3 CUP R, conseguía a vitoria no Rali Villa de Llanes logo dunha tempa-da para olvidar.

Baixa unhas nefastas condicións metereolóxi-cas o piloto da Escude-ría Ourense proclamouse vencedor na proba cele-brada en Asturias. Grazas á boa elección dos neu-máticos, fronte á mala dos seus adversarios (sobre todo Alberto Hevia) foi-se cimentando unha vi-toria tan merecida. E iso que foron penalizados un minuto por un pinchazo. Aínda así, os Vallejo foron os primeiros cun minuto de diferenza con respecto a Miguel Fuster, que con

Con bo sabor en Llanes4 Sergio Vallejo, da Escudería Ourense, fíxo-se coa vitoria na cita asturiana.

este segundo posto continúa líder do Campionato Nacio-nal. En terceira posición, a dous minutos, remataría Al-berto Hevia por unha mala elección de neumáticos na última sección e unha saída de pista que o retrasou un minuto.

Irmáns PaisOs irmáns Pais, Álex e

Santi, logran co Mitsubis-

Un dos participantes no Rali de Llanes, ante a atenta mirada do numeroso público.

hi Lancer Evo X recuperar o liderato do nacional do grupo N trala disputa do rali de Llanes, no que bus-caban sumar puntos sen correr moitos riscos. Deste xeito remataron segundos no grupo. A falta de dúas probas, os galegos loitarán polo título do N e buscarán estar entre os 10 primeiros da clasificación xeral abso-luta.

A elección dos neumáticos foi chave./KIKE SALGUEIRO

Page 10: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

10 BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

POLIDEPORTIVO

Un dos encontros do II Torneo Cidade de Ourense.

Redacción

O Marbel comezou con mal pé na Liga Internacio-nal de Judo “Trofeo Cida-de de Ourense”. O pavillón municipal de Oira foi o lu-gar onde se celebrou a pri-meira xornada da Liga.

O resultado do único re-presentante ourensán -Mar-bel- foi dunha vitoria por cinco derrotas. Os ouren-sáns chegaron á cita seria-mente mermados; as baixas de Christian Álvarez, Tono Fernández ou Guillermo Pérez, todos fóra da cidade por motivo de estudos ou laborais, foron unha lousa imposible de superar para o cadro local. A novidade do equipo foi a incorpo-ración ás súas filas de Roi Rodríguez, procedente do Shiai Coruña.

O Marbel disputou seis encontros, cun resultado dunha vitoria e cinco de-rrotas (unha delas aos pun-

tos tralo empate). Perdeu contra tres dos favoritos ao triunfo na liga: Famu Vigo A (0-4), Parque Sport Valladolid (1-3) e Arteixo (1-3). Tamén contra o Fe-rrolterra (0-3). Perderon aos puntos contra o Famu Vigo B (�-�) e venceron ao Vicus Vigo (3-1).

Trala primeira xornada, o Marbel é 15º; en primei-ra posición encóntranse o Famu A e Arteixo.

Segunda xornada A segunda xornada da

Liga Internacional de Jugo, competición que reúne aos mellores clubs de judo de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal, terá lugar o 6 de outubro. No pavi-llón municipal de Oira, a partir das 16.00 horas, dis-putaranse os combates da segunda xornada de liga.

O representante provin-cial, o Marbel-Ourense Judo Club, preséntase se-

riamente minguado á cita pola ausencia de Issol Mayáns, que se une aos tres do comezo de tem-pada: Christian Álvarez, Tono Fernández e Mi-guel Baldemar. Repetirá a fichaxe Roi Rodríguez, procedente do Shiai Co-ruña.

O Marbel disputará seis encontros contra rivais de nivel predominantemente alto: Lourdes Tuvasa Va-lladolid (terceiro na clasi-ficación), Bitácora Ferrol (cuarto), Avilés B (sexto), Shiai Coruña (sétimo), Barcelos Portugal (16º) e Avilés A (18º).

Redacción

O �9 de setemebro cele-brouse no campo de Ma-riñamansa o II torneo de base de hockei Cidade de Ourense, cun gran éxito de participación.

O torneo que se dispu-tou en xornada matutina congregou a máis de 100 rapaces das categorías ca-dete, alevín e benxamín. Os clubs participantes foron o Barrocás, Albor e Cidade de Ourense.

O torneo estivo pa-trocinado polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, e contou coa co-laboración da Federación Galega de Hockei.

Metais para os taekwondistas ourensánsO pasado 15 de setembro celebrouse en Noia o Campionato galego de combate cadete

(clasificatorio para o nacional), ao que acudiron preto 150 deportistas de 24 clubs. De-les, Lucía Dafonte, do Ximnasio Couto, acadou a medalla de ouro en -47 quilos.

Sete días máis tarde tivo lugar en Moaña a Copa Galicia de combate na que estiveron máis de 150 competidores, entre os que había varios campións e subcampións de Espa-ña. Na categoría júnior, en -48 quilos, Andrés Álvarez obtivo a medalla de prata e Sergio Álvarez logrou a de bronce en -55 quilos, ambos os dous do Ximnasio Couto.

O Marbel comeza con mal pé a liga de clubs4 Unha vitoria e cinco derrotas foi o seu re-sultado na primeira xornada.

O hoquei base congregouse en Mariñamansa4 Máis de 100 rapaces participaron no II Tor-neo Cidade de Ourense.

O sentido desta xornada foi o de fomentar a confra-ternización entre os rapaces

que practican o hockei e a promoción do deporte do stick.

O Marbel ocupa a 15ª posición

O 6 de outubro, ás 16 horas, 2ª xornada da liga no pavillón de Oira

Primeira xornada da liga de clubs de judo.

Dous taekwondistas ourensáns obtiveron prata e bronce na Copa Galicia de combate, disputada na localidade pontevedresa de Moaña.

Page 11: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

11POLIDEPORTIVO

Os ximnastas ourensáns que participaron na Copa Galicia de Trampolín.

Redacción

Os saltadores do Club Xim-nasia Pavillón de Ourense se-guen colleitando éxitos. Nes-ta ocasión foi na Copa Galicia de Trampolín onde lograron 11 finais e catro medallas.

Os resultados máis desta-cados nestra proba celebrada en Pontevedra foron María Salas, terceira en trampolín e terceira en dobre mini-tramp na categoría de 8 a 1� anos. Nicolás Cid, cuarto en trampolín na categoría de 8 a 1� anos. Daniel Fernández,

XIMNASIA

Catro metais para o Pavillón na Copa Galicia de Trampolín4 Logo de optar a 11 finais.

quinto en trampolín na cate-goría de 8 a 1� anos. Lucas Domuro, cuarto en dobre minitramp na categoría de 8 a 1� anos. Paula Blanco, quinta en dobre minitramp na categoría de 8 a 1� anos.Eduardo Novelle, segundo en Trampolín e cuarto en do-bre minitramp na categoría de 13 a 14 anos. Iago Sousa, cuarto en trampolín na cate-goría de 13 a 14 anos. Marta Rodríguez, segunda en tram-polín e cuarta en dobre mini-tramp na categoría de máis de 16 anos.

Os medallistasEn canto aos medallis-

tas, a pequena María Salas, que, pese a súa curta idade, sorprende coa súa madurez competitiva e a súa regula-ridade logrou dous bronces; Eduardo Novelle e Marta Rodríguez sendos subca-mopionatos. Pero tamén é digna de mención a par-ticipación de Daniel Fer-nández, xa que o inicio da súa carreira deportiva viu-se truncado o ano pasado por una infortunada lesión que o apartou dos adestra-mentos durante sete meses impedindo a súa participa-ción nos campionatos da tempada �01�, pero o sor-prendente tesón deste rapaz axudouno a superar unha pausada pero efectiva posta a punto que desencadeou na súa excelente actuación neste campionato.

Redacción

O 30 de setembro cele-brouse na Coruña a quin-ta edición da travesía da Coruña, proba que pe-chaba o circuíto galego de travesías.

Nesta cita os pavillo-nistas Laura Pimente e Marc Ciurana foron os

NATACIóN

Ciurana e Pimentel vencen na Coruña4 Os pavillonistas lograron a vitoria ante 100 participan-tes.

vencedores. Pero, ade-mais, os terceiros postos tanto na categoría femini-na como na masculina fo-ron a parar aos nadadores do CN Pabellón, Ana Mª Santiso e Borja González, respectivamente.

Pola súa banda, Alberto Taboada foi cuarto e Aitor Rodríguez 13º.

En definitiva, un gran resultado para os seis inte-grantes do Club Natación Pabellón Ourense que par-ticiparon nesta proba.

Circuíto GalegoCon esta proba pechába-

se o circuíto galego de tra-vesías, no que a nadadora ourensá Laura Pimentel alzouse co triunfo final logrando un total de 169 puntos.

En categoría masculina, o tamén ourensán Borja González, con 148 puntos, rematou en segunda posi-ción.

O CN Pabellón subiu a 4 podios

Cinco dos nadadores do CN Pabellón que participaron na Travesía da Coruña.

Page 12: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

1� BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

TENIS / PáDEL

Os grandes resultados de Valeria López durante este ano situárona como a 7ª mellor raqueta galega.

Valeria foi a mellor tenista galega cadete

Redacción

A tenista Valeria López vén de vencer no torneo celebrado no complexo Bamio reafirmando o seu dominino no circuíto Ba-bolat.

A vitoria na categoría cadete confírmaa como a mellor tenista galega da súa idade. López acadou ao longo da súa primeira tempada como cadete tres títulos, dúas veces finalis-ta e unha vez semifinalis-ta, logrando deste xeito a primeira posición do cir-cuíto.

Devandito circuíto está composto por seis torneos e o máster final que reuníu ás 16 mellores raquetas

4 Fase final da Copa DeputaciónO pasado �� de setembro celebrouse no Paco Paz de

Ourense a fase final da Copa Deputación. O torneo estivo dividido en dúas categorías: os federados - con 16 partici-pantes- e afeccionados -na que participaron sete-.

Na categoría federados, Ramón Becerra foi o campión, seguido de Emilio Diéguez, terceiro foi Miguel López e cuarto, Antonio Gómez. En afeccionados o mellor foi Pa-blo Mosquera; segunda, Nerea González e Jacobo Freire e José Carlos Vázquez, terceiro e cuarto, respectivamen-te.

Valeria, unha número un4 A tenista fíxose co circuíto Babolat.

de cada categoría. Na final cadete, Valeria impúxose sobre a lucense Paula Arias por 6/4 e 7/6; grazas a este triunfo recibíu un vale por valor de 600 euros en mate-rial deportivo.

Gran anoNeste ano, a tenista

ourensá está explotando o seu xogo logrando, ademais dos títulos na súa categoría, grandes actuacións en tor-neos de categoría absoluta, o que lle levou a ser a sé-tima mellor raqueta galega de todas as idades.

R.T.

O pasado sábado �9 de setembro comezou a tem-pada de tenis de mesa tan-to para as ligas nacionais como para as autonómicas, nas que o club Galmédica Ourense ten representa-ción.

O Galmédica Ourense T.M. de �ª División Na-cional está encadrado no Grupo � xunto con outros � equipos de Lugo, 1 de Monforte, 4 de Asturias e 1 de León.

Para o primeiro encontro da tempada desprazáronse

O Galmédica comeza a tempada con vitoria4 Venceron os dous equipos do club.

a Monforte os xogadores ourensáns Ramón Becerra, Emilio Diéguez e Lalo Pé-rez.

A pesar de ter un mal co-mezo, empezaron perdendo os dous primeiros partidos, conseguiron darlle a volta ao marcador, finalizando cun resultado de � a 4 a fa-vor do equipo ourensán. Os puntos do Galmédica T.M. foron para Ramón Becerra (�), Emilio Diéguez (1) e Lalo Pérez (1).

Galmédica BPola súa banda, o Galmé-

dica B, que se estreaba na 1ª División Autonómica des-pois de conseguir o ascenso a pasada tempada, recibiu no pazo dos deportes Paco Paz ao Xoiaría Enrique, de Cambados, un equipo xa asentado na categoría.

Os compoñentes do equi-po ourensán, Rodrigo Al-varez (�,5), Diego Gómez (�,5) e Antonio Gómez (1), impuxéronse con solvencia aos cambadeses por 6 a 1.

Vindeira xornadaO vindeiro sábado o Gal-

médica T.M. recibe no Paco Paz ao Padre Isla de León, mentres o Galmédica B

desprazarase a Pontevedra para enfrontarse ao Mon-teporreiro B.

Monforte e Xoiaría Enrique foron as súas vítimas

Redacción

O P�1 Padel Club vén de anunciar a creación da primeira Liga de Pádel de Ourense. A sede de todos os encontros serán as insta-

O P21 Padel Club, sede da 1ª Liga de Pádel de Ourense4 Dará comezo 20 de outubro.

lacións do propio club e co-mezará o �0 de outubro.

Disputarase en categorías masculina e feminina, cun total de 10 equipos en cada división (crearanse varias di-visións en función dos equi-

pos inscritos). Cada equipo contará con tres integrantes, os cales deberán xogar un mínimo de partidos durante a tempada (o �0% dos en-contros).

Fase regularAs xornadas celebraran-

se desde o sábado ás 10 da mañá até o venres seguinte ás 11 da noite, cun partido cada equipo en cada xor-nada. Os equipos que se enfronten entre sí deberán porse dacordo para fixar a hora e o día da disputa do encontro.

Haberá premios para os campións e subcampións, así como agasallos para to-dos os participantes.

Ao remate da fase regular

o último clasificado da Pri-meira División descenderá á Segunda e o primeiro desta ascenderá a Primeira. Os equipos clasificados en penúltima e antepenúltima posición de Primeira xoga-rán contra os clasificados en segunda e terceira posi-ción da Segunda división. Os gañadores dos devan-ditos partidos xogarán na Primeira División en fu-turas edicións e os perde-dores xogarán a Segunda División.

InscriciónsAs inscricións deben rea-

lizarse ata o 15 de outubro, ao prezo de 10 euros para os socios do P�1 e de 15 euros para os non socios.

A I Liga de Padel de Ourense terá lugar nas instalacións do P21 Pádel Ourense. /ARQUIVO

Haberá categoría masculina e feminina, e 10 equipos en cada división

Page 13: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

13POLIDEPORTIVO

Redacción

Os próximos 1�, 13 e 14 de outubro celebrarase no Aeródromo de Requena, Valencia, o Campionato de España Absoluto de F3C, e o Open Nacional F3N, de acrobacia con he-licópteros de radiocontrol. Até alí desprazarase Da-vid Prada Martínez, piloto na categoría B, co seu hel-per Anxo Mon Iglesias, do Club Aeromodelismo Ourense. Ambos serán os únicos representantes ga-legos da cita. Martínez e Mon tentarán mellorar os seus resultados do ano pa-sado, segundo e cuarto.

En Valencia celebraran-se dúas modalidades, F3C, acrobacia de precisión e F3N, voo acrobático puro, en tres categorías, A, B e C. O campionato é pun-tuable para a constitución da selección que represen-tarán a España nas próxi-mas competicións interna-cionais.

AEROMODELISMO

Ourense participará no Nacional de Helicópteros de Radiocontrol4 Será en Valencia do 12 ao 14 de outubro.

Os días 12,13 e 14 de outubro celebrarase no aeródromo de Requena, Valencia, o Cam-pionato de España Absoluto de F3C e o Open Nacional F3N, nos que se buscan as mello-res acrobacias con helicópteros de radiocontrol./ARQUIVO

David Prada e Anxo Mon serán os únicos galegos que acudirán a Valencia

Redacción

Un total de 133 persoas participaron o pasado do-mingo 30 de setembro en Verín no I Circuíto de An-dainas Saudables, orga-nizado polo Plan Galicia Saudable, Vegalsa-Eros-ki, a área de Deportes do Concello de Verín e a Aso-ciación Ruta das Augas.

Esta ruta saudable, dunha distancia de nove quilómetros, tivo un tra-zado circular, con saída do Pavillón Municipal de Deportes de Verín, para percorrer a Fonte do Sapo, A Rasela, Vilela, A Pousa, río Támega e retorno ao punto de inicio.

Esta iniciativa deportiva estivo orientada a iniciar aos veciños dos diferen-tes concellos adheridos ao Plan Galicia Saudable na actividade de camiñar para mellorar a saúde a través da actividade física.

UPESEste circuíto de andai-

nas busca promover a rede galega de Unidades de Promoción do Exercicio Saudable (UPES) muni-cipais. Os percorridos son circulares, voltando ao lu-gar de saída, e discorren polo contorno municipal máis próximo e grazas ao seu perfil baixo son per-fectos para incorporar há-bitos saudables de activi-dade física na vida cotiá.

ANDAINAS

Verín demostra que andar é o mellor plan de domingo4 Un cento de persoas participaron no I Circuíto de Andainas Saudables, que constaron de ata 9 quilómetros de percorrido.

Esta iniciativa busca concienciar aos veciños da importancia de camiñar para mellorar a súa saúde Os andaríns a piques de comezar o percorrido.

Page 14: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

14 BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

POLIDEPORTIVO

Juan Bello e J.Luis Carnicero, segundo e terceiro

Redacción

A escola JA Hermida pe-cha a tempada de mini BTT coas vitorias de Iván Feijoo e Aida González nos arre-dores do lago Castiñeiras de Marín.

Iván González, en cate-goría infantil, foi o gran do-minador das probas galegas ao longo da tempada, sendo este o seu primeiro ano de infantil. O mesmo ocorría con Aida González en prin-ciantes féminas, logrando unha nova vitoria para a súa conta particular. Ade-mais destas vitorias, desta-cadas foron as actuacións Antía Martínez e Breogán Diz, con sendos podios en alevín e principiantes, res-pectivamente.

Durante toda a tempada foron case que unha trin-tena de corredores e co-rredoras da escola macedá participaron no calendario galego, colleitando nume-rosos triunfos e podios.

Redacción

O domingo �3 de setem-bro celebrouse no circuíto de Loñoa o Campionato provincial de ciclismo. Sobre unha corda de 6.700 metros os 95 corredores tiveron que dar 10 voltas para completar unha dis-tancia de 67 quilómetros nesta última proba do ano da Copa Deputación de ci-clomaster.

Desde o principio, todos querían lograr o triunfo nesta última proba ouren-sá do ano, polo que o forte ritmo impedíu escapada algunha. Xa na última volta, a choiva fixo acto de presenza, facendo máis duro se cabe o final.

Á recta final chegaba un pelotón dunhas 60 unida-des, sendo o ciclista do CC Chantadino, José Ramón Caamaño o máis rápido de todos eles. Caamaño alzárase fai unhas datas co Campionato do mundo -non oficial- celebrado en Ourense pola asociación Ado-Moure.

En segunda posición

Iván Feijoo e Aida González pechan a tempada con vitoria4 Na última proba celebrada en Marín.

Sete podios en MosDe exitosa pódese cata-

logar a participación dos integrantes da Escola JA Hermida no IV Mini BTT celebrado en Mos, no que participaron 150 nenos e nenas de toda Galicia. O equipo macedán logrou na localidade viguesa un total de sete podios, dos cales dous -os de Iván Feijoo e Aida González- foron de

ouro.En principiantes, Aida

González era primeira, Noela Saa, cuarta e Aixa González, quinta; en ne-nos, Breogan Diz, cuarto. En alevíns, Antía Martí-nez rematou en quinta po-sición. Na categoría raíña, a de infantís, nova vitoria de Iván Feijoo, acompa-ñado por Aarón López, que entraba quinto.

Aida González mostrando o seu trofeo no alto do podio.

4 O primeiro ourensán, e campión provincial, foi Javier González.

Caamaño logra en Loñoa a vitoria ao sprint

atravesou a liña de meta, Juan Bello, do CC Castro-sua; terceiro foi o corredor do Porriño, José Luis Car-nicero.

O primeiro ourensánO primeiro ourensán en

cruzar a liña de meta foi Javier González López

4 Gañadores por categorías SéniorIgnacio García - CC TurisleónAdrián García - CC VigomasterSamuel García - CC Bici o Con

- Máster 30Juan Bello - CC CastrosuaJavier González - CC OrensanoLuís E. Larrán - CC Ría de Vigo

Máster 40José Ramón Caamaño - CC ChantadinoJosé Luís Carnicero - CC PorriñoCarlos Manuel Caamaño - CC Chantadino

Máster 50César Mendoça - PortugalErnesto Ortíz - CC OrensanoCarlos Moure Castro - CC Orensano

Máster 60Luís Benito Iglesias - Asturias

de CC Orensano o que lle otorgou o campionato pro-vincial. González López rematou en cuarta posición da xeral.

Redacción

O Campus Ourense Rug-bi cae derrotado en Lugo contra o Muralla RC.

Nun disputado partido, o Campus Ourense Rugbi co-lleitou a súa segunda derro-ta nesta pretempada.

O encontro comezou ben contra Muralla RC para os ourensáns, que dominaban a posesión do balón, com-pensando o poderío lugués

RUGBI

O Campus perde contra o Muralla

na melé cun xogo dinámi-co e incisivo. Mediado o primeiro cuarto chegou o primeiro ensaio dos ouren-sáns, Patxi pousou o balón nunha boa penetración da terceira liña.

Pouco a pouco o Muralla facíase dono da posesión, aínda que as oportunidades máis claras de anotar se-guían pertencendo aos visi-tantes, cun xogo moi direc-to que deu o seu premio ao

comezo do terceiro cuarto cando Abraham conseguía o segundo ensaio cunha longa carreira pola banda.

Os ourensáns cun xoga-dor menos por lesión de David e moi cansados fí-sicamente foron perdendo protagonismo no céspede e tiveron que aplicarse arreo fronte á ofensiva local, intensificada no úl-timo cuarto.

Non puideron os visi-tantes evitar os dous en-saios transformados polo Muralla nos minutos finais e víronse superados por 14 a 10 despois de estar a maior parte do partido por diante no marcador.

Page 15: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO5 de outubro de �01�

15NOVAS / ARTIGOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo.Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº64- Ano: IV - 5 de outubro de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 5. Os riscos do deporte-espectáculo

Dentro da sociedade industrial, unha de cuxas características é a masi-ficación, o deporte-espec-táculo está ameazado des-de todos os ángulos. Por unha banda, corre o risco de que poida converterse nun mero artigo máis de consumo; por outro, que se transforme en simple negocio. A partir do mo-mento en que pode ser unha profesión, o deporte subordínase á necesidade de dar diñeiro, e, en canto se supedita a esta posibi-lidade, oriéntase cara a aquilo que máis gusta á xente, o cal non sempre é o máis deportivo, limpo.

Sábese que favorecendo certas condicións e permi-tindo algunhas trampas, o deporte pode resultar máis espectacular e, por tanto, o espectador divírtese máis.

Hai certas especialida-des deportivas nas cales se pon en xogo mecanismos de satisfacción deste tipo que serven para saciar a agresividade reprimida. Dunha revista especiali-zada tomamos o seguinte parágrafo sobre o hockei sobre xeo en Estados Uni-dos: “Dado o carácter su-mamente bruto deste de-porte, a súa práctica esixe deportistas rudos que non retrocedan ante a dor nin ante a visión de sangue.

Un verdadeiro profesional distínguese polos puntos de sutura que adornan o seu rostro”.

No boxeo, segundo unha investigación realizada en Gran Bretaña en 1973, cau-sou conmoción ao pór de manifesto que todos os an-tigos boxeadores -uns tres-centos- examinados polo mesmo médico padecían trastornos cerebrais máis ou menos serios, e que, nun 70%, a diminución das facultades mentais situá-balles en correspondencia con persoas con vinte anos máis dos que realmente tiña cada boxeador.

Riscos colaterais a estes son as manipulacións dos resultados, as trampas moi frecuentes en especialida-des en que a decisión ou o veredicto final dependen do criterio subxectivo dun ár-bitro ou uns xuíces. Tamén, a manipulación do rende-mento propio, o suborno, é dicir, deixarse gañar a cambio de diñeiro. Igual-mente, a manipulación da constitución física dos deportistas, con prácticas como o doping.

Outra fraude fisiolóxica descuberto na práctica de-portiva foi a participación, en probas da categoría fe-minina, de mulleres trata-das con hormonas mascu-linas para mellorar o seu desenvolvemento muscular.

Alfonso Vilachá

Deporte e realidade (V)

Permitindo algunhas trampas, o deporte pode resultar máis espectacular

Aprazado o torneo de golf benéfico da Cruz VermellaRedacción

O torneo de Golf Be-néfico Cruz Vermella / V Memorial Lalo foi apraza-do ao próximo sábado �7 de outubro, grazas á cola-boración.

A inscrición para parti-cipar no torneo será de �5 euros, e poderá realizarse nas oficinas do Hotel Bal-neario de Augas Santas.

O torneo disputarase a partir do nove da mañá na modalidade de xogo “stableford” a 18 foxos, segundo o hándicap de cada competidor: Primei-ra categoría (até hándicap de xogo 11), Segunda ca-tegoría (de 1� a 18) e Ter-ceira categoría (de hándi-cap 19 a 30).

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, durante a xornada os gol-fistas poderán degustar un aperitivo no foxo dez do percorrido, e participarán no sorteo de agasallos ao termo da competición.

O obxectivo da cele-bración do campionato é a captación de fondos a beneficio da Institución. O carácter benéfico deste evento permite incremen-tar os recursos que Cruz Vermella Ourense desti-na aos proxectos sociais que desenvolve na nosa provincia. O recadado por este torneo dedicara-se a accións para paliar as necesidades xurdidas nos colectivos máis des-favorecidos a raiz da crise económica.

Na Escola de Baile & Fit-ness Sabrosura queremos fomentar a motivación e creatividade desde a idade máis temperá, axudando a traballar a psicomotricida-de dos máis pequenos da forma máis divertida, até os máis grandes, median-te o deporte con activi-dades dirixidas de fitness (como (aerobic, step, to-nificación, GAB, zumba), pilates, e con diferentes modalidades de baile para todos os gustos.

Todas as actividades da escola destacan pola súa personalización, xa que os grupos son reducidos e cun persoal especializado a disposición dos usuarios en todo momento.

Sabrosura ofrece cur-sos trimestrais para todas as idades nas seguintes modalidades: predanza,

modern jazz, new style, street/breakdance, danza contemporánea, ritmos la-tinos, danza oriental, e Bo-llywood.

Vantaxes do baile As vantaxes e beneficios

do baile son entre outras:- Bailar estimula a cir-

culación sanguínea e por tanto mellorará todo o or-ganismo.

- É unha boa forma de queimar calorías. Combate o sobrepeso, a obesidade e os niveis elevados de coles-terol.

- Bailar axuda a corrixir as malas posturas derivadas da vida diaria, no traballo e por falta de exercicio, ade-mais, aumenta a flexibilida-de, forza e resistencia.

- O baile contribúe a me-llorar a axilidade e coordi-nación de movementos, así

Esta tempada anímate a bailar con SabrosuraA Escola de Baile e Fitness comeza un novo cur-so con actividades para pequenos e grandes

como o equilibrio. É un bo exercicio para o cerebro, pois mellora a concentra-ción e memoria.

- Bailar é unha exce-lente forma de superar a timidez e establecer novas relacións.

- O baile permite re-laxarse e liberar tensións, axudando a reducir a ten-sión, a ansiedade e a de-presión. Bailar levanta o ánimo.

Ademais de todos os beneficios físicos e men-tais expostos, o mellor do baile é a diversión. É prac-ticamente imposible bailar sen sorrir.

Outras das actividades que se realizan no centro son coreografías persona-lizadas para noivos e ani-mación de eventos para os cales a escola conta con Disco Móbil propia.

Instalacións de Sabrosura, na rúa Benito Vicetto, no campus ourensán.

Page 16: 4 Outubro 2012 - BD Nº64

BARRIOS DEPORTIVO�1 de setembro de �01�