boletín do ceesg Nº15 | Abril de 2008 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia abril 3ª escola de primavera
boletín do
cee
sg
Nº15 | Abril de 2008 | Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
abril
3ª escola de primavera
O TEMA DO MES
Unha vez ao ano os educadores e educadoras sociais de
Galicia reunímonos para repensar na nosa profesión
unidos por un espacio de encontro que se chama Escola
de Primavera. Xa imos pola terceira edición desta activi-
dade, e despois de que en anos anteriores fixésemos un
percorrido polas metodoloxías de participación socioe-
ducativa e os servizos sociais, nesta ocasión centraré-
monos na intervención no ámbito escolar e comunita-
rio.
Así, como vén sendo habitual, utilizaremos este espazo
para o traballo conxunto, o intercambio de experiencias
e a reflexión, centrándonos nestes dous ámbitos.
Paso a paso, os/as educadores/as sociais imos abrindo
camiño e facéndonos co noso sitio, tanto no medio es-
colar coma no comunitario, o que converte en necesa-
rios estes espazos de encontro para debater e compar-
tir experiencias sobre o noso quefacer profesional.
Os obxectivos que se plantexan para esta edición son:
• Reflexionar sobre o ámbito educativo e comunitario
da educación social.
• Dar a coñecer experiencias que se están a desenvol-
ver dentro destes ámbitos.
• Dar a coñecer a figura do/a educador/a social no
ámbito educativo e repensar sobre a mesma figura
no ámbito comunitario.
Ademais das mesas redondas e conferencias recollidas
no programa provisional, terán lugar tres obradoiros (a
elixir un) centrados en habilidades sociais, resolución de
conflitos e educación ambiental a través do teatro.
Como novidade, este ano pretendemos organizar unha
actividade paralela e de acceso libre (non fará falta ins-
cribirse), que terá lugar precisamente durante o desen-
volvemento dos obradoiros: o espazo aberto. Terá
lugar no salón de actos e pretende ser un punto de en-
contro no que flúa indistintamente o intercambio de
experiencias, o diálogo e a reflexión.
Todos aqueles axentes que estean levando a cabo al-
gunha experiencia que consideren interesante dar a co-
ñecer, teñen este espazo á súa disposición para expoñe-
la e abrir o debate en torno a ela. As persoas interesa-
das en facer algunha presentación simplemente deben
enviar ao colexio un resume da exposición.* Nos días
previos á súa celebración, prepararase un pequeno pro-
grama que estará dispoñible a través da web do colexio.
A 3ª Escola de Primavera está dirixida principalmente a
educadoras e educadores sociais, así coma ao estudan-
tado de educación social. Pero, por suposto, a participa-
ción queda aberta a todas aquelas persoas interesadas
en coñecer ou compartir experiencias dos ámbitos es-
colar e comunitario.
O programa provisional e outra información relevante
está xa dispoñible na web www.colexioeducadores.com,
e irase actualizando a medida que se fagan avances.
O encontro terá lugar na Facultade de Ciencias de Edu-
cación (Campus Sur) da Universidade de Santiago de
Compostela, os días 29 e 30 de maio de 2008 (xoves e
venres). Esperámosvos.
Área de Desenvolvemento Profesional.
3ª ESCOLA DE PRIMAVERA EDUCACIÓN SOCIAL E CIDADANÍA. INTERVENCIÓN NA ESCOLA E NA COMUNIDADE
* CARACTERÍSTICAS DOS RELATORIOS DO ESPAZO ABERTO: Deberán ser enviados por correo electrónico ao CEESG antes do 16 de maio en formato word ou pdf, coas seguintes características: - extensión máxima: 2 páxinas - tipo de letra: Times New Roman tamaño 12 - interliñado: 1,5 - marxes: 3 cm. (en todas)
ACTUACIÓNS REALIZADAS
ARTIGO DE INTERESE: REDE EUROPEA DE LOITA CONTRA A PROBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL European Anti Poverty Network é o que significa EAPN, ou o que
é o mesmo: é a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a
Exclusión Social.
Fai un tempo, convidaron ao CEESG a participar dun primeiro en-
contro-foro para a creación do grupo promotor da Rede en Gali-
cia. Pero para empezar, deberemos poñernos en situación. Qué é
EAPN e qué fai en España? Sobre todo, EAPN quere agrupar ás
entidades do Terceiro Sector implicadas na loita contra a pobreza e
a exclusión social. A máxima pretensión é traballar en rede para
coordinarse, intercambiar experiencias, cualificar aos seus mem-
bros, elaborar proxectos comúns e constituír un grupo de presión
con capacidade de interlocución, informando e denunciando as
situacións de pobreza e exclusión, propiciando o debate sociopolíti-
co e presentando alternativas válidas para superar esas situacións.
A grandes rasgos, os seus obxectivos son:
• Introducir a loita contra a pobreza e a exclusión social na axenda
política da Unión Europea.
• Promover e intensificar a efectividade das accións contra a po-
breza e a exclusión social.
• Presionar a favor e coa xente e os grupos que traballan contra a
pobreza e a exclusión social.
Como vedes, as palabras más recurrentes de esta entidade son
POBREZA e EXCLUSIÓN SOCIAL. E para indicarvos algo máis: a
rede española está composta por redes territoriais e organizacións
estatais. Neste momento, Cantabria e Extremadura tamén están en
proceso de constitución. Só faltan moi poucas comunidades que se
sumen á iniciativa, e nós non queremos quedar á cola. Por iso, ve-
mos interesante a posibilidade de aparecer en colaboración con
outras organizacións que traballan arredor da mesma temática, polo
que podemos aunar esforzos e combinar sinerxias para un ben co-
mún.
E se queredes saber algo máis, podedes consultalo en www.eapn.es.
Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia
Colabora co Boletín do CEESG enviando o teu “Artigo de interese” a [email protected]
• Menores vulnerables: desprotección e responsabilidade penal. Informe Extraordinario do Valedor do Pobo. • “Infoxove” Nº 24. Abril 2008. • “Entre Mayores. Hablamos de ti” Nº 78. Abril 2008. • LEGARRETA IZA, M. e GARCÍA SAINZ, C. (2008): Traballo e xénero. Fundación Galiza Sempre. • “Educar(NOS)”. Nº 40. Outubro/decembro 2007. • “Pedagogía Social”. Nº 15. Monográfico Educación Social en la escuela. • Resumo de actividades 2007 da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Xunta de Galicia. • “Boletín CDD” Nº 149. Marzo 2008. Centro de Documentación de Drogodependencias. • “Perfiles. Revista general de Política Social” Nº 240. Abril 2008. • “Cadernos de intervención social” Nº 3. Xaneiro 2008. Monográfico Infancia en dificultade social. Cruz Vermella.
NOVAS PUBLICACIÓNS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA DO CEESG
▫ Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima na súa totalidade o recurso de apelación interposto contra a sentencia desestimatoria do proceso contencioso-administrativo, a través do cal o CEESG solicitaba que o acceso ás prazas de Educador/a Profesor/a Especial convocadas pola Xunta de Galicia no DOG nº 57 do 22/03/06 estivese limitado a titulados/as ou habilitados/as en Educación Social.
▫ Escrito á Residencia de Maiores Volta do Castro, ubicada en Santiago de Compostela e dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benes-tar, en relación á convocatoria dunha praza de Animador/a Sociocultu-ral na que se establecía como titulación de acceso a de Técnico Supe-rior de Animación Sociocultural. No escrito infórmase e xustifícase que as funcións de animación sociocultural deben ser desenvolvidas por Educadores/as Sociais.
▫ Recurso de reposición contra as bases de convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra e as bases específicas para cubrir unha praza de Educador/a Social. Solicíta-se o dereito dos habilitados/as polo CEESG a participar no proceso selectivo.
▫ Admisión do recurso de reposición interposto contra as bases de se-lección de postos de traballo no Concello de Vilanova de Arousa. Re-coñece o dereito dos habilitados/as a participar no proceso selectivo nos postos de Educador/a Familiar e Orientador/a Laboral.
▫ Asistencia á conferencia impartida por Dna. Rosalía Guntín sobre a EAPN-España e sobre a posible constitución dunha Rede de Loita con-tra a Pobreza en Galicia, que tivo lugar o día 18 de abril en Santiago. Asistiu Sofía Riveiro, Vogal do CEESG.
▫ Asistencia ao Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas, que tivo lugar o día 26 de abril en Vigo, organizado polo Observatorio Galego dos Medios. Asistiu representando ao CEESG Ania Piñeiro, directora comercial de Xeneme.
▫ Envío á Secretaría Xeral do Benestar de aportacións ao Proxecto de decreto polo que se crea o Observatorio Galego da Infancia.
▫ Asistencia á inauguración da exposición Mestras: unha biografía repleta de soles, que tivo lugar o 11 de abril no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago. Asistiu Paloma Seijo, Tesoureira do CEESG.
▫ Difusión dun comunicado sobre a actuación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, coa creación de “poboados de transición”, para o realoxo de familias xitanas, como medida de erradicación do chabolismo.
▫ Envío á Vicepresidencia da Igualdade e Benestar, conxuntamente co Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, dunha carta de posicionamento en relación á creación de “poboados de transición” para o realoxo de familias xita-nas, como medida de erradicación do chabolismo.
▫ Participación na mesa redonda A inserción laboral dende a óptica dos profesionais, que se organizou como parte do Programa Oficial de Postgrado Especialista en Inserción Sociolaboral de Colectivos de Inclusión Social, impartido pola Universidade de Santiago. Tivo lugar o día 4 de abril e participou Mª José Fernández, Presidenta do CEESG.
▫ Encontro con D. Alberto Tizón, Subdirector Xeral de Menores, o día 21 de abril, para facer chegar as nosas propostas e opinións sobre diversos aspectos relacionados coa infancia. Asistiron Pilar Cañas, Águeda Valín e Alberto Fernández-Sanmamed, Vogais do CEESG.
▫ Organización e desenvolvemento, xunto co Colexio de Avogados de Santiago, da Xornada sobre Mediación, que tivo lugar os días 17 e 18 de abril nas instalacións do Colexio de Avogados de Santiago.
▫ Encontro con Dna. Milagros Blanco, Vicepresidenta do Consello Esco-lar de Galicia, o día 22 de abril, para solicitar o seu apoio na nosa rei-vindicación de incorporar educadoras/es sociais no sistema educativo. Asistiron Alfonso Tembrás e Montse Sánchez, Vogal e empregada do CEESG.
▫ Participación no tribunal de selección dun Educador/a Familiar para o Concello de A Pastoriza (Lugo). Representou ao CEESG Mª Jesús Gu-tiérrez, Vogal do CEESG.
Organiza: Universidade de Santiago, Concello de Xermade e Asociación de Veciños de Cabreiros. Lugar: Cabreiros - Xermade (Lugo) Datas: 31 de maio e 7 e 14 de xuño Información: AA.VV. Cabreiros Chus Gato: 626672257 / Mar Franco: 626720088 / Antonio Alonso: 696916005 / Suso Rodríguez: [email protected] / (Todos os días de 19 a 22 h.)
Organiza: Universidade de A Coruña e Escola de Estudos Sociais e Sanitarios Datas: de xuño de 2008 a marzo 2009 Prezo: 1750 €. Os colexiados/as do CEESG terán un desconto do 10% sobre esta cifra. Prazo de inscrición: 30 de maio de 2008. Información: Escola de Estudos Sociais e Sanitarios. Tlf.: 981168445 Fax: 981168446 / www.dependencia.es
Organiza: Universidade Complutense de Madrid Lugar: Madrid Datas: do 3 ao 9 de xullo Información: Universidade Complutense de Madrid Tels: 913941027 / 91394 1171 / Fax: 913941171 [email protected] http://www.mmww08.org
Organiza: CEESG
Lugar: Santiago de Compostela (Facultade de Ciencias da Edu-cación - Campus Sur) Datas: 29 e 30 de maio Prezo: Colexiadas/os e estudantes: 15 €. Desempregadas/os: 20 €. Outros profesionais: 40 € Información: CEESG
FORMACIÓN CONTINUA
Colabora:
Concello de Ortigueira (A Coruña): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2008. Unha praza de Encargado Teatro e Animador Sociocultural. Unha praza de Director de Servizos Sociais. BOP de 02/04/2008
Concello de Pontedeume (A Coruña): Anuncio da Oferta de Empre-go Público 2008. Unha praza de Animador/a social. Unha praza de Educa-dor/a social. Unha praza de Orientador/a laboral. DOG de 04/04/08
Concello de O Rosal (Pontevedra): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2008. Unha praza de Informador/a xuvenil e animador/a sociocul-tural. Unha praza de Educador/a Familiar. DOG de 14/04/08
Concello de Baralla (Lugo): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2008. Unha praza de Axente de emprego local. BOP de 14/04/08 Concello de Becerreá (Lugo): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2008. Unha praza de Director/a de Centro de Servizos Sociais. BOP de 14/04/08
Concello de Lugo: Anuncio da Oferta de Emprego Público para 2008. Unha praza de Educador/a Social. Unha praza de Animador Sociocultural. Unha praza de Orientador/a Laboral. BOP de 19/04/08
Concello de Ribadumia (Pontevedra): Bases xerais e específicas regu-ladoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de Técnico de Xes-tión Cultural e Xuvenil. BOP de 21/04/08 Concello de Moaña (Pontevedra): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2007. Unha praza de Técnico de animación xuvenil. BOP de 24/04/08 Concello de Baiona (Pontevedra): Anuncio da Oferta de Emprego Público 2008. Unha praza de Axente cultural. BOP de 30/04/08
Consellería de Traballo: Orde pola que se establecen as bases regula-doras do programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. DOG de 01/04/08 Consellería de Traballo: Orde pola que se establecen as bases regula-doras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade. DOG de 02/04/08
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se con-vocan subvencións destinadas a entidades locais para a realización de acti-vidades dirixidas á xuventude, para a promoción da información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías. DOG de 08/04/08
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Resolución pola que se establecen as axudas para a realización de actividades culturais con destino aos lugares en que estean radicadas as entidades gale-gas no exterior. DOG de 09/04/08 Ministerio de Educación e Ciencia: Resolución pola que se convocan axudas de viaxes para maiores do Programa de maiores e dependentes. BOE de 10/04/08
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que se regulan as bases para a concesión da axuda económi-ca establecida no artigo 27 da Lei orgánica de medidas de protección inte-gral contra a violencia de xénero e se procede á súa convocatoria. DOG de 10/04/08 Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais: Resolución pola que se publi-ca o acordo de modificación do ámbito temporal e sobre a clasificación profesional do I Convenio colectivo marco estatal de acción e intervención social. BOE de 14/04/2008 Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre. DOG de 15/04/08 Consellería de Traballo: Orde pola que se establecen as bases regulado-ras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario. DOG de 16/04/08 Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais: Convenio entre o Instituto da Muller e o Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, para o desenvolvemento do programa “Clara” 2007. BOE de 16/04/08 Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se convo-ca a III edición do premio Eu tamén navegar: para unha Galicia sen violencia de xénero. DOG de 17/04/08
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: Orde pola que se apro-ban as bases e se convocan bolsas e axudas para a realización e difusión de estudos e investigacións e á organización de xornadas ou congresos en ma-terias relacionadas coas mulleres. DOG de 17/04/08
Xefatura do Estado: Ratificación da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade, feito en Nova York o 13 de decembro de 2006. BOE de 21/04/08
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Resolución pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subven-cións para o retorno á formación das mulleres que abandonaron o proceso educativo para seren nais. DOG de 23/04/08
NOVAS DOS BOLETÍNS
OUTROS
MASTER EN DEPENDENCIA E XESTIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS (A distancia)
EMPREGO
3ª ESCOLA DE PRIMAVERA: Educación Social e cidadanía. Intervención na escola e na comunidade
IV XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS “APRENDENDO COS NOSOS MAIORES”
10º CONGRESO INTERNACIONAL INTERDISCIPLINAR SOBRE AS MULLERES. MUNDOS DE MULLERES 2008
FORMACIÓN CON DESCONTOS PARA COLEXIADOS/AS